Guía dos coleópteros do complexo dunar de Corrubedo

Page 28

Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán

Agonum marginatum (Linné, 1758) Familia Carabidae Descrición Lonxitude 8,5-10,5 mm. Aspecto xeral alongado e aplanado. Cor verde metálica, co bordo lateral dos élitros amarelo. Fémures castaños e tibias amarelas. Pronoto pequeno, non transversal. Élitros con tres setas marcadas. Bioloxía Especie ligada a hábitats higrófilos que habita no bordo de lagos e encoros con chans arxilosos ou areentos e vexetación baixa e entre a vexetación herbácea de lagoas costeiras. Tamén a podemos encontrar no bordo dos ríos, debaixo das pedras. Ten unha grande afinidade pola calor e permanece activa durante o día. Distribución Esta especie aparece en Europa, incluídas Gran Bretaña e Irlanda. Cáucaso, norte de África, Canarias, Madeira e Azores. En Galicia aparece en todo o territorio.

28


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.