ASOCIM RECLAMA REFORZAR OS SERVIZOS DE ATENCIÓN ÁS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO ESPECIALMENTE NO V

Page 1

NOTA DE PRENSA ASOCIM RECLAMA REFORZAR OS SERVIZOS DE ATENCIÓN ÁS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO ESPECIALMENTE NO VERÁN  Entre xuño e xullo deste ano 11 mulleres foron asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 de xullo, 2019 – Dous novos casos de violencia de xénero en dous días. Cos

asasinatos de Calpe (Alicante) e Vilalba (Lugo) xa son 1009 as mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas desde 2003 e 34 no que levamos de 2019. Durante a época estival obsérvase unha preocupante tendencia: o aumento dos crimes machistas. Nos meses de xuño, xullo e agosto de 2016, 2017 e 2018, un total de 40 mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou exparellas, segundo recollen as estatísticas da Delegación do Goberno para a Violencia Machista. Concretamente, o pasado ano durante este período contabilizáronse 19 crimes machistas e este verán, aínda con xullo por finalizar, xa son 11 os casos. A que se debe este aumento? Segundo Miguel Lorente, exdelegado do Goberno para a Violencia de Xénero, varios factores inflúen no incremento de asasinatos machistas no verán, causas que facilmente poden darse noutras épocas do ano de similares características como o Nadal. Llorente destaca que o descenso do ritmo laboral ou o cese da actividade mesma pode levar a que vítima e agresor pasen máis tempo xuntas e, polo tanto, a que a violencia que se viña exercendo ata ese momento aumente, así como os conflitos vencellados á convivencia con outros membros da familia. No caso das exparellas, as rutinas vense suspendidas polas vacacións algo que o maltratador pode interpretar como perda de control sobre a vítima levándoo a reforzar máis a presión e o control. Tendo en conta a confluencia de feminicidios durante estes meses, ASOCIM (Asociación de Profesionais dos CIM de Galicia)1 reclama o reforzo de todos aqueles servizos dirixidos a atención e protección das mulleres especialmente no verán, época na que varios dos factores presentes de forma perenne na problemática da violencia de xénero vense reforzados; o que supón un aumento da vulnerabilidade das vítimas (mulleres e menores).

1

Desde a súa constitución en 2015, ASOCIM traballa na promoción do recoñecemento social das/os profesionais dos CIM. Asi mesmo loita contra a discriminación e busca promocionar activamente a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres como garantía dos dereitos humanos e liberdades fundamentais.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
ASOCIM RECLAMA REFORZAR OS SERVIZOS DE ATENCIÓN ÁS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO ESPECIALMENTE NO V by ASOCIM - Issuu