NOTA DE PRENSA ASOCIM CHAMA AO MELLOR REPARTO DOS FONDOS DO PACTO DE ESTADO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO E AO REFORZO DOS CIM PARA O 2020 A asociación formula 12 desexos para o novo ano apoiados na súa loita contra o machismo A ESTRADA, 30 de decembro, 2019 – Neste último tramo do ano, ASOCIM (Asociación de Profesionais dos
CIM de Galicia) mira ao horizonte do 2020 con 12 desexos no peto. Inaugura esta listaxe, a reivindicación do cese de todas as violencias machistas (psicolóxica, física, sexual, económica) e a conquista dunha sociedade igualitaria. De aí a necesidade de mellorar o reparto dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, poñendo o foco na optimización dos servizos que traballan coas vítimas e no aumento das axudas destinadas ás mulleres que están a sufrir violencia machista. Prestacións, cuxa contía e duración deben obedecer á situación real de vulnerabilidade que viven, permitíndolles atender as súas necesidades e situalas nun eido seguro desde o cal recuperar a súa liberdade e independencia. Un exemplo dos casos que necesitan unha liña de axudas específicas é o das mulleres maiores, xa que, pola súa idade e dada as altas posibilidades de que non cotizasen durante a súa vida laboral, quedan fóra do sistema de prestacións. Como terceiro desexo, ASOCIM pide reforzar os Centros de Información á Muller tanto a nivel de persoal como de recursos. Solicitan que os CIM cunha alta actividade conten cunha/cun auxiliar administrativa/o e as tarefas de dirección se desenvolvesen de forma independente das funcións da/o avogada/o e/ou psicóloga/a para que poidan ocuparse plenamente da atención especializada ás usuarias. Ademais, é imprescindible a expansión dos centros para poder atender en tempo e forma ás mulleres das zonas rurais da comunidade, en especial ás do interior de Lugo e Ourense, provincias marcadas pola alta dispersión da poboación, e, deste xeito, que todos os concellos galegos conten cun CIM. A reivindicación dunha formación continuada, especializada e de calidade para as/os profesionais dos Centros de Información á Muller é outro dos puntos que marca a axenda de ASOCIM para o 2020. Ademais, desde un tempo a esta parte, deben atender tamén aos colectivos de menores e LGTBI+ e reclaman que se lles dote aos CIM de persoal experto nestas materias. En canto aos Puntos de Encontro Familiar, é necesario mellorar o seu funcionamento marcado pola falta de traballadoras e traballadores e tamén da preparación adecuada, o cal provoca moitas situacións conflitivas, como que as vítimas teñan que cruzarse cos seus agresores. Desde a asociación mostran a súa preocupación porque aínda desde certos ámbitos da saúde e a xustiza se siga a falar da síndrome de alienación parental (SAP), cando a teoría, elaborada polo médico Richard Gardner que viña a dicir que durante un proceso xudicial pola custodia dos menores, un dos proxenitores (a