NP ASOCIM ACHEGA AS PROBLEMÁTICAS DOS CENTROS DE INFORMACIÓN Á MULLER AO GRUPO PARLAMENTARIO POPU

Page 1

NOTA DE PRENSA ASOCIM ACHEGA AS PROBLEMÁTICAS DOS CENTROS DE INFORMACIÓN Á MULLER AO GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR  A entidade continúa a rolda de conversas cos parlamentarios galegos A ESTRADA, 28 de febreiro, 2019 –A vicepresidenta de Asocim (Asociación de Profesionais dos CIM de

Galicia)1, María Consuelo Cajide, e a vicesecretaria da entidade, Patricia Lores, mantiveron onte pola tarde unha xuntanza coa representante do grupo parlamentario Popular de Galicia, Paula Prado, na que lle trasladaron, entre outras cuestións, as problemáticas actuais dos CIM (Centros de Información á Muller) e o sentir desta entidade ante a controvertida figura do coordinador parental. Tras a xuntanza da semana pasada co grupo En Marea e a deste mércores co PP, ASOCIM solicitará manter reunións con representantes dos restantes grupos parlamentarios. Durante a reunión, as representantes de ASOCIM alertaron das situacións de inestabilidade e precariedade a nivel laboral que se están a dar en moitos dos Centros de Información á Muller. A vicesecretaria da entidade referiu que en diversos CIM non se está a cumprir o Decreto que regula estes espazos nin en número de horas nin de condicións de contrato de persoal. “Isto xenera unha serie de problemáticas que acaban repercutindo no servizo, nas usuarias dos CIM e na xestión diaria”, explicou Lores. As solucións propostas por esta entidade pasan por aumentar a partida económica dos CIM para que se poidan dotar de persoal suficiente e levar a cabo proxectos de dinamización dos centros; estabilizar os empregos das/os técnicas/os que traballan nos CIM e facer cumprir o Decreto. Así mesmo, as representantes da asociación reclamaron información especializada e de calidade para o persoal técnico dos CIM. Dun tempo a esta parte as competencias do persoal aumentaron ampliando o seu ámbito de actuación aos colectivos de menores e LGTBI+ pero nin se dotou aos CIM de persoal especializado nestas materias nin se formou suficientemente ao xa existente. A representante do Grupo Parlamentario Popular afirmou comprender a complexidade da situación e considerou importante achegar formación sólida e de calidade aos profesionais dos centros de información á muller de Galicia. Seguidamente, Cajide e Lores expuxeron a preocupación da entidade pola recente circular do Colexio de Avogados de Pontevedra que expulsa do turno de oficio ás avogadas/os que están nos CIM e contra a que algunhas asociadas afectadas xa interpuxeron alegacións. Esta situación supón un agravio comparativo para profesionais cun perfil máis especializado e sensibilizado coa violencia de xénero colexiados/as en Pontevedra.

1 Desde a súa constitución en 2015, ASOCIM traballa na promoción do recoñecemento social das/os profesionais dos CIM. Asi mesmo loita contra a discriminación e busca promocionar activamente a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres como garantía dos dereitos humanos e liberdades fundamentais.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.