NOTA DE PRENSA Montserrat González, nova presidenta de ASOCIM: “A nosa prioridade segue a ser a defensa da consolidación dos postos de traballo dos Centros de Información á Muller”
A Asociación de Profesionais dos CIM de Galicia denuncia a precaria situación das profesionais de moitos CIMs neste 8 de marzo
ASOCIM súmase ao manifesto da Axenda Feminista Galega
A ESTRADA, 6 de marzo, 2020 –A Asociación de Profesionais dos CIM de Galicia (ASOCIM) vén de renovar a
súa equipa directiva con Montserrat González á fronte. González, avogada e directora do Centro de Información á Muller de Bueu, pasa de ocupar a secretaría da entidade á presidencia, posto que ata o de agora era ocupado por Margarita de la Calle, responsable do CIM da Estrada. Á vicepresidencia súmase Mª Jesús Lourido e á secretaría Lucía Núñez. Na vicesecretaría, tesourería e nos cargos de vogais repiten Patricia Lores, Paula Tenorio, Ana Belén Fernández e Ana Álvarez, respectivamente. Montserrat González mantén a liña de traballo que desde o 2015, ano de fundación da entidade, se leva desenvolvendo desde ASOCIM. “A prioridade segue a ser a defensa e representación dos intereses das asociadas e asociados, a promoción do recoñecemento das/os profesionais dos CIM, a consolidación dos postos de traballo dentro da administración local, tendo en conta que a súa financiación con fondos europeos remata este ano, e a mellora da calidade dos mesmos. Así como reivindicar o reforzo dos CIM que xa existen, en función das súas circunstancias particulares e necesidades; pois non é o mesmo un Centro de Información da Muller nunha cidade que nunha pequena vila”, asegura a nova presidenta da asociación. Nesta liña, e coa mirada posta no Día Internacional da Muller, o vindeiro 8 de marzo, ASOCIM denuncia a situación laboral das traballadoras e dos traballadores dos CIM. En primeiro lugar, manifestan a necesidade de dotar aos centros de máis persoal, tendo en conta as listas de espera, que poden sumar meses, en moitos CIMs da comunidade “Non pode haber listas de espera para poder atender ás mulleres; ao final toda esta situación a quen afecta é ás propias usuarias”, denuncia González. Solicitan que os CIMs cunha alta actividade conten cunha/cun auxiliar administrativa/o e as tarefas de dirección se desenvolvan de forma independente das funcións da/o avogada/o e/ou psicóloga/a para que poidan ocuparse plenamente da atención especializada ás usuarias. Ademais, este panorama ten un impacto directo na saúde das profesionais e que se constata na síndrome Burnout, ao sentirse “saturadas, desbordadas” pola elevada carga de traballo e o estrés emocional que estes procesos provocan. Suficiente equipo humano e suficientes centros. “É necesario crear CIMs no interior das provincias de Ourense e Lugo atendendo a criterios racionais de oportunidade, non poñer en marcha centros en concellos que xa teñen outro CIM próximo porque si”, expón a presidenta de ASOCIM que volve poñer de manifesto a situación de esquecemento á que se ven abocadas as mulleres das zonas rurais. E é que os