val_de_fornela 330-fin

Page 58

As danzas fornelas. Pasado e presente

375

den por imitación e xogo. Antigamente, podíase empezar a ensaiar o 7 de setembro, para facela o 8 xa en Trascastro, e logo ensaiábase un pouco máis para o 14 e o 16. Os danzantes son xente da localidade, e coma nos outros casos pódese danzar como ofrecido por cousas de saúde. Un informante, de 33 anos, díxonos que ten habido danzas de nenos de 8 e 10 anos, pero coidamos que isto debeu de ser por causa de non haber danzantes maiores, alá polos anos 70 e 80, xa que todas as fontes sitúan a idade normal en 13 ou 14 anos; coma nos demais casos, danzábase “hasta que el cuerpo aguante” ou “hasta que te das cuenta que tienes que dejar sitio a la gente joven”. Igual que os chaconeros, os postos de cacholas adoitan ser persoas de idade, con experiencia na danza. Tampouco en Trascastro danzan mulleres: “A ellas igual les gustaría, pero no, la danza, la tradición es hacerla con hombres”. Tamén aquí existían multinas que impoñía o xuíz primeira para os que non cumprisen debidamente coa danza; pero non consta que o posto de xuíz implicase ningunha relevancia social en

Danzantes de Trascastro, facendo a danza no Campo do Santuario, mediodía do 17 de agosto de 2000


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.