val_de_fornela 330-fin

Page 51

368

Luis Costa Vázquez-Mariño

que deixan libres os segundas, ó lado dos respectivos xuíces e guías. Iníciase o paseo ó redor dos danzantes dos extremos das filas de xeito similar ó descrito para Peranzais (gráfico 3), incluíndo o intercambio das bandeiras, ata atoparse os catro guías no centro do grupo da danza (gráfico 4); volven logo fronte ós respectivos xuíces e guías para devolverlles as bandeirolas e regresan á súa posición desprazándose os panzas á súa posición natural. Nesta figura os chaconeros permanecen fóra da acción (transcrición: Cha. B). 2. Paseo de xuíces e guías ou saludo. Logo de executar os toques de aviso (transcrición: Cha. A), que rematan cun golpe de castañolas, os guías saen pola parte exterior do grupo ata media altura, ó tempo que os xuíces entran por dentro indo cara á fronte do grupo: ó chegaren á altura do centro, os guías volven á súa posición no frontal levando consigo (por entre as dúas ringleiras) ós xuíces, quedando os catro enfrontados de cara ó muro de nacente do Santuario (gráfico 14). Logo de danzar uns momentos, a figura desfaise en sentido inverso (transcrición: Cha. A’). 3. A cruz, ou os enrames e as catro calles en forma de “X”. Esta é, probablemente, a figura que mellor identifica á danza de Chan por ser a base da súa coreografía, aínda que tamén teña outras figuras particulares, como veremos. Trátase dunha figura complexa que inclúe varios cruzamentos de filas e cambios de posición entre os danzantes. Iníciase cun xiro de cada danzante sobre si mesmo, ó que segue: a) Xiro ó redor do danzante de en fronte respectivo volvendo á súa posición. b) Os guías e xuíces saen cara ó exterior levando tras de si ós respectivos segunda e panza; trazan un círculo ata xuntarse os catro no centro do grupo, facendo un movemento ó redor da parella respectiva no momento de atoparse; mentres tanto o segunda e panza respectivo fican en liña orientados en forma de aspa respecto da posición orixinal do grupo, na seguinte orde: guía (ou xuíz respectivo), panza, segunda. O panza e segunda bailan encarados entre si, namentres os guías e xuíces fan o mesmo no centro da danza. É como se houbese por un momento cinco grupos


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.