val_de_fornela 330-fin

Page 228

550

Clodio González Pérez

Porta carreteira –por onde entraba o carro– dunha palloza de Cariseda

Cociña, corte, apousento, portal e curral: Tamén exemplar único. O aposento era unha alcoba, de seguro que separada da cociña por un sinxelo tabique (un volao). Como as anteriores, estaba teitada, era moi ampla (544 varas cadradas ou sexa 379,30 m2) e tiñan 2,5 varas de altura os muros. Cociña, palleiro, curral dos cabalos, curral e cuarto Continuamos con exemplares únicos: teitada, 14x8 varas (78,09 m2), e os muros de 3 varas (2,50 m). En vez de corte dos cabalos, neste caso era un curral, polo que é de supoñer que fose aberto e, quizais, mesmo descuberto. Aínda que non consta, tendo en conta a altura das paredes, dispoñería dun amplo parreiro para gardar a palla e a fueia para o inverno. O cuarto, tamén baixo, puidera ser unha dependencia dentro da mesma construcción, ou apegada a ela, mesmo con entrada polo exterior.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.