Cancións e textos paz 2015

Page 1


ÍNDICE CANCIÓNS ➲

“One love”

“somewhere over the rainbow”

“Imagine” de J.Lennon

“Heal the world” de M. Jackson

“Nada particular” de M.Bosé

“Rosa de la paz” de Amaral

“No dudaría” de Rosario Flores

“La muralla” de Ana Belén

[Preme nos títulos para escoitalas]


TEXTOS ➲ ➲ ➲ ➲ ➲ ➲ ➲

A illa en rebelión de LANGSTON HUGHES La guerra de FRANCISCO UMBRAL Los nadie de EDUARDO GALEANO Poema nuclear de CELSO EMILIO FERREIRO Coma lobos de CARLOS CASARES El fantasma que recorre Europa de L. A. DE VILLENA Moitos xeitos de matar de BERTOLT BRECHT





LA GUERRA La guerra tiene arpones y tentáculos, la guerra tiene pinzas y venenos, la guerra es un deporte, un ideario que consume a los pueblos en su llama teológica. Ahora viene otra guerra, llena de burocracia, las pancartas más jóvenes carnavalizan paz. Aquí hay que hacer la paz aunque nos cueste un huevo, aquí hay que hacer el mar aunque nos cueste un hoyo. La guerra tiene pinchos, cadáveres atómicos,

los triunfos de la guerra sangran a las estatuas. La guerra es un aullido donde el hombre se expresa, su idioma dice muerte y gente en los caminos. La guerra tiene púas, un odio milenario, los ojos milenarios de un niño que nos mira. La guerra tiene marzos, herborizada sangre, y rompe cacerolas hogareñas donde orinaba una mujer la paz. Francisco Umbral



LOS NADIES de Eduardo Galeano Sueñan las pulgas con comprarse un perro y sueñan los nadies con salir de pobres, que algún mágico día llueva de pronto la buena suerte, que llueva a cántaros la buena suerte; pero la buena suerte no llueve ayer, ni hoy, ni mañana, ni nunca, ni en lloviznita cae del cielo la buena suerte, por mucho que los nadies la llamen y aunque les pique la mano izquierda, o se levanten con el pie derecho, o empiecen el año cambiando de escoba. Los nadies: los hijos de nadie,

los dueños de nada. Los nadies: los ningunos, los ninguneados, corriendo la liebre, muriendo la vida, jodidos, rejodidos Que no son, aunque sean. Que no hablan idiomas, sino dialectos. Que no profesan religiones, sino supersticiones. Que no hacen arte, sino artesanía. Que no practican cultura, sino folklore. Que no son seres humanos, sino recursos humanos. Que no tienen cara, sino brazos. Que no tienen nombre, sino número. Que no figuran en la historia universal sino en la crónica roja de la prensa local. Los nadies, que cuestan menos que la bala que los mata.



POEMA NUCLEAR de C. E. Ferreiro Qué ben, que a bomba ven co seu rebumbio! A bomba, ¡bong!, a bomba, bon amigo. A bomba con aramios, con formigas, con fornos pra asar meniños loiros. A bomba ten lombrices, bombardinos, vermes de tu, bombillas fluorescentes, peixes de chumbo, vómitos, anémonas, estrelas de plutonio plutocrático, esterco de cobalto hidroxenado, martelos. ferraduras, matarratos. A bomba, bong. A bomba, bon amigo. Con átomos que estoupan en cadeia e creban as cadeias que nos atan: Os outros edificios. Os outros funcionarios. Os outos fiñanceiros. Os outos ideais Todo será borralla radioaitiva! As estúpidas nais que pairen fillos polvo serán, mais polvo namorado!

Os estúpidos pais, as prostitutas, as grandes damas da beneficencia, magnates e mangantes, grandes cruces, altezas, excelencias, eminencias, cabaleiros cubertos, descubertos, nada serán meu ben, si a bomba ven, nada o amor, e nada a morte morta con bendiciós e plenas indulxencias. ¡Qué ben, que a bomba ven! Nun instantiño a amable primavera faise cinza de vagos isotopos placentarios, de letales surrisas derretidas baixo un arco de átomos triunfaes. A bomba, ¡bong! A bomba co seu bombo de setas e volutas abombadas, axiña ven, vela ahí ven, bon amigo. Estános ben! ¡Está ben! Está bon! ¡¡¡Boong!!!


COMA LOBOS de Carlos Casares Agora pasou xa e non hai paragüeiro que o arranxe e é mellor calar por se acaso, por se volven e te untan e che din veña vostede connosco, que cho poden dicir, e te levan, que te poden levar, e métente alí naquel cuartiño e pregúntanche ¿onde estaba vostede o sábado ás dúas da mañá?, iso por che preguntar algo, e ti non sabes qué dicir e sóltanche unha viaxe e aguantas porque aínda que non queiras, aguantas, Eduardo, aguantas ou pérdeste, aguantas como aguantan todos, anque despois os amigos che digan ti non tes o que ten que ter un home, porque se mo fan a min mórdolles o corazón, que todo o mundo é moi valente, todo o mundo, pero xa se viu que cando entraron na taberna e preguntaron polo Roxo, ninguén se atreveu a defendelo e iso que todos eran amigos del, pero cando lle dixeron Roxo, veña vostede connosco, ninguén protestou. E agora o Roxo está prodecendo e o mal foi del, que morreu por se meter onde non debía, que o tiñamos ben avisado, que lle tiñamos ben dito mira, Roxo, que vas acabar mal, mira que vas por mal camiño, pero el era teimudo e non fixo caso, porque volta con que todos os homes somos iguais e que temos dereitos, home si, iso sabémolo todos, me cago na puta, tamén o sei eu, pero non se pode falar, que non, home, que non se pode e hai que aguantar e deixar os dereitos e as valentías a unha beira e se mexan por ti, deixa que mexen, que para o que han levar...


E de nada che vale que vaias alí e lles digas aquí estou eu que son irmán do Roxo e veño a lles preguntar que fixeron do meu irmán, que lle como o fígado ao desgraciado que fose, que non che vale de nada e vanche dicir que eles non saben, que alá o xuíz e ao mellor cóllente e mañá apareces ti tamén tirado nunha cuneta. E ao que te azuce e che diga que non es home, que non es merecente de ser irmán do Roxo, dille que cale, que a vida é así e o que manda, manda e o que non, non manda nada, Eduardo, para nada, porque o meu fillo é testemuña de que lle dixeron ten que vir connosco para arranxar un asunto, e o teu irmán díxolles que non ía, que el estaba bebendo e que non tiña ningún asunto que arranxar fóra de alí e entón eles sacaron as pistolas e xa non falaron máis e o Roxo mirou para os compañeiros e preguntoulles ¿é que non hai homes? e eles calaron coma mortos pois outra cous non se podía facer se non querían morrer todos alí e naquel instante chegou Sara e díxolles ¿a onde levan ao meu home?, pero non lle contestaron nada, que eu penso que eles ían cocidos, que o Roxo era moito home e tiñan medo que se lles arrepuxese. Mandárono subir á camioneta branca e marcharon con el cara ao monte do Sarnadoiro. O demais xa o sabes ti. Apareceu morto dun tiro na cabeza. Agora xa pasou. E é mellor calar. Tamén calou o médico cando lle levaron ao fillo. Sonche cousas da vida e dos homes, que somos coma lobos uns para os outros, coma lobos, Eduardo, dígocho eu, coma lobos.



EL FANTASMA QUE RECORRE EUROPA de Luís Antonio de Villena

¿Qué haremos con los niñoscadáveres y los paisanos-hueso y hasta dónde caben en el bolsón los humillados y ofendidos? Y si es todo petróleo ¿por qué sangre? Y si todo Imperio ¿por qué democracia? ¿Por qué nos engaña el que engaña, tanto mentiroso cubierto de poder, gloria, bendición, altivez, ambiciones sin tasa? La gente que sufre -la inmensa legión horrorizadasabe que hay variadísimos Ejes del Mal, como siempre. La gente corriente -tú, nosotros, ellos- lo que no ve es el Bien. El Bien, amigo, no aparece por ninguna parte.



MOITOS XEITOS DE MATAR de Bertolt Brecht

Hai moitos xeitos de matar. Poden meterte un coitelo no ventre. Quitarche o pan. Non curarte dunha doenza. Metrte nunha mala vivenda. Empuxarte ata o suicidio. Torturarte ata a morte por medio do traballo. Levarte รก guerra, etc.... Sรณ poucas destas cousas estรกn prohibidas no noso Estado.




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.