Issuu on Google+

Carta da  Meiga  Tintureira Outubro 2010

1


Ola rapaces, ola rapazas! Ben sabedes o moitísimo que me gusta vivir na Biblioteca.  O que nunca contei é porqué.  É ben fácil: o que máis me gusta no mundo son as historias e,   que lugar hai mellor para atopar historias  que nun sitio cheo de libros?

Por iso é que decidín xa hai algúns anos   quedarme a vivir na biblioteca do voso colexio.  E non me arrepinto pois vexo que cada ano vai mellor,   con máis libros onde atopar esas historias que tanto me gustan.

2


Pero claro, o mundo non acaba na Biblioteca,   e tamén se poden atopar historias interesantes noutros lugares.  Eu, este verán, mentre vós estabades de vacacións,  atopei unha chea delas nos cadros… Si, si, nas pinturas!

Cando miramos os cadros,   aínda que as súas figuras estean paradas,   cóntannos historias tan interesantes como se fosen   as dun libro ou dunha película. 

3


Os cadros son como ventás polas que nos asomamos e podemos ver  as paisaxes, os animais, as plantas...

4


....tamén as cidades, as casas, os monumentos,   … en fin, de todo. 

5


Os cadros son tamén como as cámaras de fotos  que fan retratos da xente,  ás veces sós,     

6


ás veces en grupos,

7


traballando...

8


ou divirtíndose.

9


Os cadros son tamén portas. Cando as abrimos podemos ver  o que hai dentro das casas: mobles, cousas... 

10


flores, froitas, comida...

11


...e a xente que vive dentro  delas.

12


Hai cadros que son como espellos. Neles aparecen os pintores  que se pintan a eles mesmos. 

13


Os cadros tamén son ás veces como un túnel do tempo.  Se o atravesamos podemos atoparnos con personaxes do  pasado, 

14


as guerras...

15


E tamén hai cadros que son como sonos.  Neles vemos seres e cousas imaxinarias... 

16


que ás veces  entendemos...  e outras non.

17


Hai pintores que lle dan máis importancia ás cores ou ás liñas 

18


e non se ven moi claras as formas que representan,  pero tamén resultan bonitos.

19


Tamén hai cadros para rir porque o pintor fai de  humorista e pinta cousas que nos resultan  graciosas.

20


Ben, como vedes hai cadros para todos os gustos  e cada un conta a súa historia que temos que imaxinar.   E iso é o que vos propoño este curso;  poderíamos titulalo algo así como:  “Escribimos cadros, pintamos historias”. 

Mirade moitos cadros, moitos libros de pintura,  escollede os que máis vos gusten e contade a súa historia.

21


Ao mellor preferides facelo ao revés:  convertir as historias en cadros…  Iso xa o veredes vós e os profes.  Eu esperarei con impaciencia para ver  eses traballiños vosos repartidos por todo o colexio.  Non demoredes…!

22


Ah…, esquecíame!: Igual que as casas dos libros son as BIBLIOTECAS,  as casas dos cadros chámanse MUSEOS.  Visitade os que poidades se tedes ocasión e veredes cantas historias e cousas bonitas  se vos ocorren alí.

E non só atopamos pinturas nos cadros.  Tamén hainas dentro de covas, en teitos ou paredes  dentro dos edificios..., ou fóra.   Cos ollos ben abertos descubriredes  historias intreresantes en todas elas.

Ben, eu xa me despido, ata pronto.

Meiga Tintureira

                                   Bicos da 

23


Carta Meiga Tintureira 2010