Page 1

A MEIGA SUBMARINISTA

Ola nenas e nenos: Recordades a calor abafante que fixo este verán en canto deron as vacacións? Mi ma…!! Na Biblioteca non se aturaba, así que saín do colexio e fun refrescarme ao mar. Onde mellor se non?


Todo o mundo quedaba mirando para min. Non me extraña, con esas pintas de bruxa que levaba. Coa miña vasoira parecía que quería varrer a area da praia, e a xente debía de pensar que era unha tola escapada de vai ti saber onde. Pero iso de ser meiga ten as súas vantaxes: rapidamente botei man dos meus poderes máxicos e convertinme nunha BRUXA MARIÑEIRA...!!!!

E que delicia, rapazas e rapaces. Que fresquiño! E que agradable sensación a de navegar. Os peliños da miña vasoira funcionaban como se fosen unha aleta de peixe e, eu, “comodamente” sentada no pau, empecei a miña viaxe polo mar adiante.


Pronto atopei compañía: una tartaruga nadaba tranquilamente moi cerca de onde estaba eu. Pregunteille como se chamaba e díxome que “Tartaruga”. Eu díxenlle : -“Tartaruga” e nada máis? -“Tartaruga Boba” é como me chaman nos libros. -Amolaríate moito se te chamo “Boba”? ...Dígoo por abreviar. -E ti... como te chamas? –preguntoume ela. -Meiga Tintureira, así é como me chaman. -E amolaríate moito se te chamo “Tontureira”? Dígoo para empatar. -Vale, non te enfades... que tal se te chamo “Tarta”, ou mellor... “Taruga”. -E que tal se te deixas de contos e me dis o que queres? –dixo ela. -Onde vas, Taruga? –preguntei por cambiar de tema. -De momento ao fondo –contestou ela sen moito entusiasmo. -E...despois? -Despois a unha illa. -E podo ir contigo? -Si, aínda que che aviso que son de pouco falar. Veña, colle aire e imos xa.


Dito e feito. Como sabía que non aguantaría moito debaixo da auga, puxen gafas, tubo respirador, traxe de neopreno e... para dentro! Pasei de bruxa mariñeira a BRUXA SUBMARINA.


E que de marabillas descubrín! O fondo do mar é como outro mundo: as plantas chámanse algas, os animais peixes, e son de todos os tamaños e de todas as cores.


TamĂŠn hai cangrexos, cunchas, calamares, caracolas, ...polbos!!...


...ourizos, augamares, cabali単os, corais...


...ata estrelas hai!


As paisaxes son fermos铆simas e at贸paste con sorpresas todo o tempo:


animais xigantescos como as baleas que de sĂşpeto suben ĂĄ superficie a respirar...


...bancos de milleiros de peixes escapando dos cachalotes e dos tibur贸ns...


golfi単os nadando, saltando e sen parar de xogar...


peixes voadores...


barcos afundidos con tesouros esquecidos...


Mesmo pareceume ver ao lonxe algo parecido a unha esponxa vivindo nunha piĂąa debaixo do mar! PodĂŠdelo crer?


Eu sempre ía cerca de Taruga por medo a perderme nesa inmensidade que son os mares do mundo. Non podo dicir canto durou a travesía, que así e como se chaman as viaxes por mar. A min fíxoseme curtísima, aínda que penso que debimos de atravesar todo o océano ata chegar a “illa da tartaruga...” mellor dito, “das tartarugas” porque alí xuntáronse centos delas e pode que fosen máis de mil.


Despedinme a toda présa de Taruga porque tiñan, ela e as súas amigas, unha importantísima tarefa que facer: poñer ovos nuns buracos que fixeron na area para que nacesen unha chea de tartaruguiñas novas, e, claro, non estaban para cortesías. O malo foi que a partir de aí empezaron as complicacións.


Unha tormenta fortísima fíxome perder o rumbo, ou sexa, que non sabía nin onde estaba. Sorte que pasaba por alí un deses enormes tiburónsbalea que, a pesar do seu tamaño, son máis boíños que un cacho de pan. Agarreime a unha das súas aletas e levoume sen esforzo durante un bo treito.


Máis tarde atopei un barco veleiro e pensei que estaba salvada: polo contrario, resultou ser un barco de auténticos piratas e tiven que liarme a vasoirazos para escapar deles. Menos mal que coa miña vasoira conseguín saír voando.


Dalí a un pouco unha nova tormenta tiroume ao mar, mais non caín na auga, se non nunha enorme illa de plásticos e lixo que hai no medio do mar. Que desastre! Aí si que se precisarían unhas cantas vasoiras para limpar todo aquilo.


Logo que pasou a tormenta, e cando xa empezaba a desesperarme, apareceu na superficie un submarino amarelo con catro simpĂĄticos mĂşsicos.


Fixéronme un oco a mín e a miña vasoira e, entre canción e canción, achegáronme ata as illas Cíes.


Pedín axuda a uns pescadores que estaban por aí e que me acercaron á praia do Vao. Aínda tiven tempo de convertitrme nunha BRUXA SURFEIRA e facer os últimos metros sobre as ondas montada na miña vasoira.


Total, que houbo de todo menos aburrimento. Foi unha das viaxes máis emocionantes da miña vida. E como non quero esquecela vouvos propoñer un tema para que traballedes, aprendades e vos divirtades coma min; vouno titular así:

NAVEGANDO POLO MAR, ESTE ANO... TODOS A REMAR.


E para empezar, un encargo para os maiores: por que non axudades a decorar a Biblioteca con motivos mariñeiros? Que tal uns barquiños de papel e uns peixiños de cores? E durante o curso, xa sabedes o que me gusta: traballiños, disfraces, contos, cancións..., e todo con temas mariñeiros que son moi lucidos. Espero impaciente. Mentres tanto, recibide moitos bicos mariños con sabor a sal da vosa amiga

A meiga submarinista  

Mensaxe nunha botella que a Meiga Tintureira dirixiu aos nenos do colexio A Paz, contando a súa viaxe polo mar adiante.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you