Proxecto arte na escola

Page 1

5. MELLORA DO NIVEL DE COÑECEMENTOS PARA ACADAR A EXCELENCIA PROXECTO: “ARTE NA ESCOLA “

5.1-INTRODUCIÓN E XUSTIFICACIÓN “O contrato programa de Mellora de nivel de coñecementos para acadar a excelencia” parécenos un instrumento interesante, non só para atender o nivel de coñecementos e desenvolvemento competencial do noso alumnado, senón como unha oportunidade para traballar nun proxecto común cos centros adscritos ó IES Afonso X O Sabio: CEIP Wenceslao Fernández Flores, CEIP Portofaro, CEIP O Graxal. Para esta o instituto presenta unha proposta, que suscriben os centros de primaria adscritos, pretendemos invitar a un artista plástico por trimestre, este artista cedería temporalmente ó instituto algunhas das súas obras para organizar unha exposición, sobre estas obras se desenvolverían distintas actividades:

–Exposicións temporais.

–Charlas – coloquio sobre as obras expostas, as súas influencias, reflexos noutros artistas que traballan en eidos semellantes.

–Obradoiros prácticos cos artistas.

–Deseño de traballos didácticos específicos e multidisciplinares para o estudo dende distintas materias, estas actividades poderían considerarse académicas ou complementarias da programación convencional. Estas actividades estarían abertas na organización e na participación ó profesorado e alumnado do instituto e CEIPs adscritos, así como ás familias do alumnado. Procuraremos recabar a colaboración do Concello de Cambre, e asociacións ou empresas locais para que o proxecto non sexa só pedagóxico, senón que xenere un entramado social, creando debate, reflexión e sensibilización sobre as diferentes manifestacións artísticas.


5.1-OBXECTIVOS Os principales obxectivos son: mellorar o éxito escolar do alumnado, e a sensibilización cara as manifestacións culturais e artísticas mostrando a toda a comunidade educativa que a arte non é un mundo illado e elitista senón un tema sobre o que todos podemos debatir, estudiar, disfrutar... Así mesmo con este programa conseguiremos crear un ambiente que valore o traballo colaborativo e cooperativo. 1) TÉCNICOS - Coordinación entre centros educativos, e coordinación entre o instituto e outras entidades non educativas.

–Desenvolver as destrezas necesarias para a montaxe e mantemento autónomo.

dun espazo expositivo

–Organización das charlas-coloquio, abertas a un público moi variado. Organización e coordinación de todos os detalles precisos, publicidade (deseño de trípticos e/ou carteis), notas de prensa (redacción e envío), grabación e arquivo de vídeos, fotografías dos eventos e publicación do material editado para expor nos recibidores dos centros educativos.

–Organización das infraestructuras precisas para o desenvolvemento dos obradoiros.

2) ACADÉMICOS E CULTURAIS -Investigar e analizar a realidade social e cultural da contorna e a súa historia para valoralas e estudar como se expresan a través das diferentes linguaxes plásticas. -Valorar a importancia das técnicas plásticas máis tradicionais, así como das máis innovadoras no arrequecemento cultural e na potenciación do pensamento crítico. -Desenvolver habilidades de traballo en equipo e de toma de decisións e asunción de responsabilidades.


5.1-ALUMNADO AO QUE VAI DESTINADO Este proxecto está dirixido ao alumnado do terceiro ciclo de educación primaria dos centros adscritos ao IES Afonso X O Sabio: CEIP O Graxal, Portofaro e Wenceslao Fernández Flores e ó alumnado da educación secundaria obrigatoria e Bacherelato do IES Afonso X O Sabio.

5.2-PROFESORADO IMPLICADO Esta modalidade estará coordinada por dous docentes do IES Afonso X O Sabio, quen traballará con un equipo conformado por docentes dos centros de educación primaria e o centro de educación secundaria.

5.3-ACCIÓNS CONCRETAS QUE SE VAN DESENVOLVER Para o correcto desenvolvemento do proxecto, secuenciaranse as seguintes accións: 1)Reunión dos docentes que coordinarán o proxecto. Realizarase no centro de referencia (o IES Afonso X O Sabio) 2)Selección dos alumnos e alumnas axudantes no proxecto, que aportarán o seu punto de vista, ademais de traballar activamente en todos os apartados do proxecto. 3)Constitución dun equipo de traballo, formado por: a.Docentes coordinadores do proxecto: profesor José Antonio Martínez e profesora Marta Moreira. b.Docentes participantes no proxecto, poden colaborar en moi distintas labores, vaise promover que sexan de distintos departamentos para que se enriquezca máis todavía esta experiencia. c.Estudantes (alumnado voluntario do terceiro ciclo de primaria, de ESO e de Bacherelato). O profesorado que coordine ó alumnado terá en conta as diferentes idades e capacidades individuais para optimizar as cualidades dos distintos alumnos e fomentar prácticas colaborativas. d.Pais e nais voluntarios que poderán colaborar no apartado de posta en marcha de eventos, ou acudindo como público ás charlas-coloquio.


Según as labores concretas que se desenvolvan se organizará en pequeno grupo ou individualmente, facendo postas en común periódicas, os docentes-cordinadores do proxecto centralizarán toda información para poder coordinar con maior éxito a tódolos grupos. 4)Intervirían mediante asesoramento e colaboración os docentes de distintos departamentos cando os contidos estean relacionados coas materias que imparten. 5)Nas primeiras sesións establecerase un calendario para organizar o traballo e as reunións da posta en común, concretar e definir obxectivos. As renións poderían ser mixtas para implicar máis ós participantes, tanto profesores, pais e nais, como alumnos axudantes. 6)Deseño dun calendario de reunións para o seguimento do proceso de traballo e facer os axustes debidos durante o proceso. Estas xuntanzas poderían ser unha vez ó mes. 7)Determinación de contidos e actividades. a)Selección da disciplina plástica en cada trimestre, procurando tocar diferentes artes plásticas e diferentes tendencias ou linguaxes. b)Contacto co artista e desenvolvemento das distintas actividades previstas ou outras actividades complementarias que poidan xurdir, a partir de reunións de coordinación e seguimento do proceso. c)Xuntanzas periódicas para axustar os detalles que non estén funcionando, e reflexión. Poden ser xuntanzas presenciais ou se pode traballar nunha plataforma virtual donde todos aporten ideas.

5.1-LOGROS QUE SE QUEREN ACADAR, COS SEUS INDICADORES DE MEDIDA Mellorar as competencias básicas do alumnado, incidindo nas competencias de iniciativa persoal, interacción co mundo físico, cultural e artística, aprender a aprender, tratamento da información e da competencia dixital, lingüística, social e cidadá. Os docentes que formen parte do equipo de coordinación elaborarán, ao principio de curso, unha serie de indicadores para avaliar o grao de desenvolvemento das competencias básicas nos distintos estudantes, establecendo as diferenzas que se estimen oportunas dependendo dos distintos niveis educativos e o desenvolvemento previo do alumnado. Apoiar a evolución e a integración do alumnado con maior capacidade e motivación para aprender, afondando nos coñecementos do seu contorno, mellorar a expresión escrita e oral, potenciar prácticas colaborativas e cooperativas, potenciar a súa capacidade de liderado e desenvolver a súa creatividade. Por medio desta modalidade dos contratos-programa, pretendemos respaldar ao alumnado cunhas capacidades máis desenvoltas para optimizar o seu período de estudo, integralos no centro e implicar ás súas familias. O profesorado supervisará a conformación e desenvolvemento dos distintos equipos que forman parte do proxecto e a integración do alumnado de primaria e do alumnado de secundaria. O profesorado estimará o grao de participación e implicación do alumnado, o nivel de colaboración, cooperación e responsabilidade amosado por cada un dos


membros e por último os resultados finais. Favorecer o tránsito de educación primaria á educación secundaria, implicando no proceso a profesorado de educación primaria e de educación secundaria e realizar o tránsito desde as comunidades educativas, implicando as familias, na medida en que o profesorado pedirá a colaboración das familias do alumnado nesta actividade, para que favorezan e se impliquen na aprendizaxe dos estudantes do centro. O profesorado valorará o grao de compromiso e colaboración dos distintos membros das catro comunidades educativas na súa memoria final. Por medio desta modalidade búscase mellorar a calidade da educación e os niveis de éxito escolar por medio da potenciación e desenvolvemento de nenos e nenas estudantes de ensino obrigatorio da contorna. O profesorado valorará a calidade do produto resultante e do proceso de elaboración. Por outra banda, buscarase o apoio doutros docentes pertencentes a distintos departamentos e ciclos.

5.2-EXTRATEXIAS DE COORDINACIÓN ENTRE CENTROS Desde principio de curso formarase un equipo de coordinación do proxecto, formado por docentes de todos os centros educativos participantes. Os responsables finais serán os coordinadores . En cada centro adscrito crearase unha delegación dirixida por un docente, que terá liberdade de accións para conseguir os resultados. Estableceranse reunións periódicas nas que se dictaminarán as liñas prioritarias a seguir e os distintos equipos que elaborarán o proxecto. Ao longo do curso nas reunións do equipo do proxecto coordinaranse as distintas actuacións que se realizarán desde cada centro e tamén as necesidades de desprazamentos dos distintos alumnos e alumnas participantes no proxecto ao centro de referencia. Establecerase un horario compatible cos horarios dos catro centros. O docente coordinador desta modalidade de programas-contrato, pertencente ao IES Afonso X O Sabio contará cunha reducción horaria semellante á dunha dinamización (dúas horas) para adicar semanalmente estes períodos á coordinación do equipo.

5.3-IMPLICACIÓN DAS FAMILIAS, DOUTRAS INSTITUCIÓNS OU DE EMPRESAS Para o correcto desenvolvemento do proxecto precisaremos unha clara implicación das familias participantes. Para iso poderán participar activamente tanto na montaxe das exposicións, como acudindo ás charlas-coloquio e as visitas guiadas ás exposicións previstas. Serán as familias as encargadas de realizar os desprazamentos do alumnado para acudir ás reunións, se fora necesario.


5.9-

RECURSOS NECESARIOS

Infraestructura material para a realización dunha sala de exposición desmontable. Gastos do transporte para o material artístico a expoñer. Seguros das pezas expostas. Material necesario para o desenvolvemento dos obradoiros plásticos. Gastos de desprazamento, dietas e charlas dos artistas. Ordenadores con software específico. Conexión a Internet. Impresoras. Cámaras dixitais: fotografía e vídeo. Gastos de imprenta (carteis e trípticos publicitarios) Scanner. Material funxible.

5.10- PROCESO DE SEGUIMENTO E AVALIACIÓN INTERNA O logro último é o de mellorar o nivel de coñecementos non só do alumnado implicado senón tamén de toda a comunidade educativa, especialmente na competencia cultural e artística. Para a concreción destes logros teremos en conta os seguintes indicadores:


1.Tomando como referencia os resultados das avaliacións do alumnado directamente implicado: a mellora nun 10% nas súas cualificacións na comparativa entre a primeira avaliación e a avaliación ordinaria. 2.Tomando como referencia o resultado de avaliación de diagnóstico, mellorar nun 10% en dous cursos a nota en competencia lingüística dos centros. Avaliaranse varios aspectos: 1.Xuntanzas e coordinación de grupos. Avaliarase a pertinencia das convocatorias, contidos, e acordos acadados. 2.Os traballos deseñados por cada docente e realizados polo seu alumnado. Considéranse traballos académicos e polo tanto recibirán unha cualificación, dentro da materia correspondente. 3.Os obradoiros realizados cos artistas plásticos invitados. Os coordinadores farán constar na memoria a súa valoración de cada obradoiro. Adermáis os docentes afectados avaliarán os traballos producidos polo alumnado. 4.As charlas-coloquio realizadas. Os coordinadores farán constar na memoria o grado de aceptación das mesmas mediante a análise da asistencia e da participación da comunidade educativa. 5.As exposicións trimestrais. Avaliarase o grao de pertinencia das pezas expostas, así como o grao de satisfaccción da comunidade educativa sobre cada exposición. 6.A infraestructura creada para as exposicións temporais. Comprobarase se os medios adquiridos para a creación dun espazo expositivo foron os axeitados en función da súa facilidade e comodidade de utilización.

Finalmente todo o proceso de seguimento e avaliación realizado formará parte dunha Memoria Final na que tamén serán incluidos aspectos como: os traballos realizados, as exposicións, as charlas-coloquio.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.