Page 1

IES AFONSO X O SABIO (CAMBRE)

MEMORIA BIBLIOTECA 2012-13


1.- GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS PREVISTOS.1.1.- En relación á organización e xestión. O previsto era: “Propoñémonos como obxectivos os seguintes: -Explicar ao Claustro o traballo que se desenvolve na Biblioteca así como solicitar a integración de novos docentes no Equipo a da Biblioteca. -Completar a implantación do Meiga a todos os seus ámbitos posibles. -Continuar coa depuración da base de datos de rexistros. -Adquirir as propostas de novos fondos documentais e de ficción por propostas dos departamentos e do alumnado. -Creación de grupos de traballo informais ou internos para programar ou realizar actividades de dinamización concretas. Pensamos na posibilidade de facer un grupo de traballo, ainda que temos que estudar a realidade do tempo disponible para tal fin.

Valoración: Acadamos todos os obxectivos agás a constitución do Grupo de Traballo, principalmente póla dificultade de conquerir um horário para o desenrolo do mesmo. Aproximadamente se rexistraron 400 documentos neste curso, unha cifra similar ó ano pasado e a do ano anterior. Este ano non se comtemplou a posibilidade de adquir novas revistas co que temos un total de dez publicacións periódicas. Igual que os anos anteriores as revistas non so están na biblioteca sino tamén forman parte da sala de xogos do centro, un dos espazos utilizados para as gardas. Este ano tamén formaron parte da biblioteca de aula e dos caixóns das aulas específicas. 2.- En relación á dinamización e promoción dos recursos de biblioteca, á súa integración no tratamento do currículo e á súa contribución ao desenvolvemento das competencias básicas do alumnado. Os obxectivos propostos eran: “-En canto á dinamización: aumentar a colaboración coas Bibliotecas Municipais e as outras Biblioteca Escolares do municipio, especialmente co IES David Buján, desenvolvendo as canles de relación e informándoas das nosas actividades. Asimesmo intercambiamos libros com outros centros por exemplo o IES Monelos dentro dos clubs de lectura.


-Aumentar as relacións cos departamentos didácticos ofrecendo os nosos servizos para desenvolver actividades de promoción lectora e de busca documental. -Adquisición de bibliografía para o profesorado sobre competencias básicas.”

Traballouse en todos os obxectivos sinalados cuns resultados satisfactorios. Seguimos advertindo un aumento de uso da biblioteca por parte do profesorado, especialmente no primeiro ciclo, xa que todas as linguas teñen nos seus programas temas adicados a búsqueda de información documental. Tamén aumentou, seguindo a línea do ano pasado, de maneira significativa o préstamo de DVDs para asignaturas como proxecto interdisciplinar ou atención educativa entre outras o que nos levou a ampliar a nosa colección coas peticións do profesorado. A compra destes materiais incrementouse en 70 unidades respecto ó curso 2011-12. 1.3.- En relación á formación de usuarios e educación para o acceso á información (educación documental ou alfabetización informacional) Os obxectivos propostos eran: “-Aumentar e consolidar as actividades de Formación de Usuarios e Usuarias, introducindo o manexo do OPAC. Todos os novos alumnos do centro tiveron sesións para acadar o manexo das bases de rexistros, non so da nosa biblioteca se non tamén as das bibliotecas do seu entorno. -Desenvolvemento de máis actividades sobre Educación Documental. -Colaboración ou impartición de docencia na materia de 1º da ESO Proxecto Interdisciplinar. -Elaboración de máis actividades de reforzo de Formación de Usuarios e Usuarias e de Educación Documental (ALFIN) -Elaboración de exposicións e guías de lectura do fondo documental e de creación. -respecto o grupo de axudantes so tivemos 2 neste curso. Dous dos que tiñamos o ano pasado comezaron bacharelato e fixóselle moi difícil a compaxinación das tarefas na biblioteca. Intentaremos para o ano que ven aumentar o número de axudantes así como aumentar progresivamente as súas resposabilidades.

A Formación de Usuarios e Usuarias foi realizada para o alumnado de 1º da ESO, utilizáronse dous sesións para cada curso coa axuda dos titores. Non se desenvolveron máis actividades de Educación Documental dirixidas desde a Biblioteca. Colaborouse co profesorado que solicitou orientacións. Realizáronse, como se verá no apartado corresponde, actividades, exposicións e guías de lectura. 1.4.- En relación ao fomento da lectura e ao desenvolvemento do proxecto lector de centro. Os obxectivos propostos eran: “-Desenvolver máis actividades de fomento da lectura: continuar coa elaboración de guías de lectura, tanto temáticas como periódicas, como por exemplo sobre poesia, novidades didácticas para o profesorado, sagas de éxito, recomendacións para o nadal e as vacacións do verán, para o alumnado, pais e nais, profesorado... Continuar coas recomendacións dos fondos existentes, desenvolver e coordinar as posibles campañas da Xunta, tomar a iniciativa ou participar nas iniciativas que se tomen sobre campañas temporais de lectura (abril, Letras Galegas…), colaborar na celebración do Día do Libro, realizar lecturas en voz alta así como dramatizacións, estudar a continuidade dos clubs de lectura existentes; elaboración de cartéis para difundir poemas e pequenos textos. -Potenciar as bibliotecas de aula que xá funcionaron no presente curso de xeito regular pero só no primeiro de ESO. Intentaremos tela tamén em funcionamento en 2º ESO o ano que ven. -Estudo do grao de cumprimento do Proxecto Lector do Centro. Estudo de posibles modificacións. -Elaboración do Plan Anual de Lectura do Centro. -Avaliación do Plan Anual de Lectura do Centro. Estudar posibles modificacións. -Coordinación das Actividades anuais de lectura de cada departamento e o seu seguimento.


-Potenciamento do blog da biblioteca (http://biblioafonso.blogspot.com/) como medio de expresión das opinións, valoración e gustos do alumnado sobre as actividades realizadas na Biblioteca e as súas lectura.

Realizáronse os obxectivos previstos.Estamos a seguir con a HORA DE LER no primeiro ciclo da ESO, este ano empezamos a finais do primeiro trimestre. Igual que no ano anterior utilizamos os 15 primeiros minutos da primeira hora a primeira semana, na segunda semana utilizábase a segunda hora e así sucessivamente. Cremos que a actividade está consolidada ainda que nos gustaría ampliala o segundo ciclo da eso. Este é un tema que ten que ser estudado a fondo sobre todo no que respecta os cursos de 4º da ESO, póla complexidade do seu horario e a cantidade de optativas que teñen neste curso. Este ano solicitamos á dirección estanterías para os cursos que tiñan a hora de ler para facer unha biblioteca de aula estable como apoyo para este programa. Tamén preparamos uns caixóns co material vario para aquelas aulas específicas (debuxo, música) cuxos profesores así o solicitaron e para que a hora de ler resultara mais doada. Respecto o plan lector, pódese decir que a totalidade dos departamentos manifestan a consecución dos obxetivos mencionados no plan lector dos seus departamentos.

1.5.- Outras actuacións. O previsto era: “-Analizar o equipamento existente e estudar posibles melloras. -Potenciar a renovación dos fondos, especialmente do documental. -Potenciar o uso da documentación electrónica. -Converter á Biblioteca nun centro de actividade cultural, mantendo, entre outras actividades, os concertos.”

Cremos que podemos estar satisfeitos do traballo realizado nestes eidos. Todos os departamentos colaboraron na adquisición de documentos para a biblioteca seguindo os critérios propios dos departamentos didácticos, desde xeito a colección aumentou de forma significativa. Non tivemos neste ano a oportunidade de facer algún concerto na biblioteca pero intentaremos facelo de cara o curso que ven. Por outra banda tivemos uma achega extra para equipamento informático coa que mercamos software para o noso ordenador portátil, así como um control inalámbrico para as nosas presentacións e xogos de auriculais para escoitar música ou ver películas. Estamos tentando habilitar um espazo específico para este fin, xá que o que temos este ano non nos parece axeitado. Seguimos dándolle voltas á posibilidade de ter un punto de información da biblioteca na sala de profesores, pero de momento non somos quen de precisar como sería concebido este espazo. No último mes do curso pasado tivemos un punto de información e lectura no aulario de bacharelato e ciclos e pensabamos deixalo de forma permanente coa inclusión de mobiliário mais a dirección do centro dixo que non se pode poñer mobiliário donde nos pensabamos dado que e zona de paso e salida em caso de emerxencia e ten que estar despexada. Polo tanto habilitamos o punto de xeito que non impida a libre circulación.

1.6.- Criterios e procedementos de avaliación. Pensamos que as dous mellores formas de avaliar o traballo da biblioteca serían por un lado a elaboración de enquisas dirixidas a todos os membros da nosa comunidade, profesores e alumnado para ver o grao de consecución dos nosos obxectivos. Este ano xá temos em mente o modelo de enquisa que vamos pasar ó profesorado e tamén ó


alumnado. Serán tres ou catro preguntas sobre o uso que lle dan a biblioteca e aproveitaremos para avaliar o grado de satisfacción e consecución de obxectivos do programa HORA DE LER. No curso que vem teremos preparado um documento para coñecer o punto de partida ou situación inicial dos novos alumnos. Por outro lado o propio grupo da biblioteca fixo xuntanzas periódicas ben de todo o grupo, ben de grupos mais pequenos para planificar novas actividades ou valorar as que xá se fixeran e analizar os resultados acadados.

2.- HORARIO REAL ASIGNADO Á PERSOA RESPONSABLE E AO EQUIPO DA DA BIBLIOTECA LUNS Profesorado de Garda

MARTES Amelia Velasco

MÉRCORES XOVES Profesorado Profesorado de Garda de Garda

VENRES Profesorado de Garda

9.20-10.10

Profesorado de garda

Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

Amelia Velasco

Profesorado de Garda

RECREO

Esther Gallego

Pilar Varela

Amelia Velasco

Antonio Martínez

Adela Figueroa

10.30-11.20

Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

Profesorado Gardia

Profesorado de Garda

11.20-12.10

Profesorado de Garda

Profesorado de garda

Amelia Velasco

Profesorado de Garda

Amelia Velasco

RECREO

Adela Figueroa

Pilar Varela

Esther Gallego

Esther Gallego

Amelia Velasco

12.30-13.20

Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

Antonio Martínez

Profesorado de Garda

13.20-14.14

Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

Profesorado de Garda

8.30- 9.20

16.30-17.20

Profesor de Garda

17.20-18.10

Profesorado de Garda

A diferencia do ano pasado este ano perdemos horas de biblioteca casi todos os membros da misma. A persoa responsable da Biblioteca (Amelia Velasco) tivo 4 horas


adicadas a biblioteca e dous períodos de recreo, que no noso centro son de 20 minutos. Este ano contamos con unha persoa mais no grupo aínda así so catro compañeiros tiveron tempo na biblioteca e sempre dentro dos períodos de recreo. Consideramos este tempo absolutamente insuficiente para levar a cabo todas as actividades que nos gustaría. Tamén é salientable que tanto a coordinadora como outros membros tiveron que adicar horas a outras tarefas (como por exemplo ser tutores, con todo o que eso conleva) polo vimos bastante mermados as horas de adicación. Aínda así o grado de compromiso do grupo e moi grande e tentamos levar a cabo todo o que nos vimos capacitados para hacer.

3.- ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS Dun xeito sintético as actividades foron as seguintes: 3.1.- Guías de Lectura: Guía de Nadal das bibliotecas e dos centros escolares da zona de Cambre Guía de verán das bibliotecas e dos centros escolares da zona de cambre

3.2.- Poesía: Elaboración de carteis con poesías e debuxos relativos a paz para colgar nos corredores do primer ciclo da eso. Colaboración dos titores nas horas de titoria e tamén nas horas de plástica 3.3.- Mochilas viaxeiras Posta en marcha das Mochilas Viaxeiras para 1º da ESO en outubro.. O contido de cada mochila era o seguinte: doud libro de ficción para o alumnado, un libro de ensaio para as familias, un cómic, unha revista, unha película e un cedé de música, Este ano ademais introducimos un clásico da literatura para os país e nais. Esta ano contamos con 10 mochilas repartidas nos cinco primeiros da eso que temos (este ano reduciron un dos cursos), a razón de duas mochilas por curso. A valoración feita polas pais, nais e alumnado, escrita no folleto explicativo que ía dentro de cada mochila, é moi positiva, valorando moito os esforzos realizados para a promoción da lectura. Tamén nos valoramos as suxestións feitas polas familias que nos axudará a mellorar a oferta das mochilas cara o ano que ven. Neste apartado gustaríame salientar a axuda dos turores dos cursos, xa que foron eles os que es encargaron do control de dita actividade. De media podemos comentar que o 60% dos alumnos da cada clase levou a mochila para sua casa.

3.4.- Renovación das cortizas do exterior da Biblioteca. Exposición das novedades da biblioteca. Especialmente películas en formato DVD. Renovación periódica. 3.5.- Exposición de fondos na Biblioteca. -Exposición das novedades de comic. -Exposición novedades das compras dos distintos departamentos renovadas cada certo tempo. -Exposición de novedades de comic neste mes de maio nun punto provisional no aulario de Bacharelato e ciclos.


-aproveitando un dos clubs de lectura basado na obra do cineasta Alfred Hitchcock fixemos tamén una exposción dos novos fondos en película así como o visionado de varios documentais sobre o autor. 3.7 Encontros con contos -En Maio disfrutamos dunha interesante actuación do noso apreciado Celso Sanmartín que veu dar unha interesante sesión para os rapaces de bacharelato 3.8.- Reparto de carnets da Biblioteca e préstamo informatizado. Continuou sin problemas o préstamo informatizado. Se fixeron os carnets de biblioteca de todos os novos usuarios da mesma, Alumnado, (básicamente 1º da E.S.O. e tamán as incorporacións a outros cursos e ciclos) novo profesorado e persoal non docente. Todos os usuarios xa teñen os carnets para o presente curso e non hai ninguén que non esté rexistrado n nosa biblioteca 3.9.- Lembranza de Jose luis Sampedro. Fixemos una exposición da súa obra e una entrada no blog para recordar a este grandísimo escritor. 3.10.- Celebración do Día das Letras Galegas Exposción dos fondos que tiñamos na biblioteca sobre o persoaxe commemorado neste día. -Emisión na pantalla do hall da cinta “Un chapeu negro e un nariz de payaso” sobre a figura de Roberto Vidal Bolaño -Elaboración dun power point cos rapces de 1º sobre a figura de Vidal Bolaño -Sesións cos reguefeiros para 3º da ESO promovido polo departamento de normalización lingüística. Estaba previsto para a semana do 17 máis un problema nas datas fixo que se retrasase ata o mes de xuño. 3.11.- Semana do libro 23-29de abril. Este ano a semana do libro estivo adicada o escrito Antonio machado. Aproveitando tamèn que no 2012 se celebraba o centenario da publicación de Campos de Castilla. -Exposición dos novos fondos sobre o escritor na biblioteca. -Carteis feitos polos alumnos de 1º ESO sobre a vida e obra do escritor. -Carteis co tema “a cocina en el siglo de oro” do departamento de lingua castelá. -acto cos alumnos de 1º, 2º, 4º, e 1º de bacharelato no que recoradmos a vida e obra do escritor. Mesmo escoitamos un rap sobre un dos seus poemas feito por un dos rapaces -Concurso de microrelatos “sea breve, por favor” convocado polo departamento de lingua castelá. Duas categorías: 1º, 2º e 3º ESO e outra para 4º e 1º de bacharelato. -Paneis con poemas de Campos de Castilla. -Paneis con a biografia do autor utilizando os seus poemas. -Exposicón de Haikus feitos polo alumnado de 1º de Bacahrelato. Caligramas dos 4º da eso. -poemas de machado no corredor da biblioteca. Visionado da película os mundos sutiles. (TV2). -decoración das escaleiras e do hall co poema CAMINANTE NO HAY CAMINO. -paneis co información da época histórica de Antonio Machado. -Exposición no hall de paneis sobre a escola na época de Antonio Machado.


3.12.- comemoración do día da muller traballadora Todos os cursos da eso fixeron cos seus titores paneis que traballaron na clase sobre unha figura femenina que destacara nun ámbito calquera. 3.13.-14 de febrero Entrega dun poema da amor a cambio dos libros collidos na biblioteca nese día -Exposición de cancións de amor de todos os tempos nas columnas do hall -Exposición de películas de amor. 3.14.- Colaboración do alumnado. -Traballo na biblioteca nos recreos: mantemento da orde, préstamo, colocación e organización dos fondos. Este ano e como xa mencionei anteriormente so tivemos dous alumnos nestas labores pero esperamos que no ano que ven tengamos algún máis. O seu traballo consistiu en ordenar as estanterías, recoller os libros nos recreos e axudar a buscar documentos.. Coidamos que o ano que ven deberían ter máis responsabiblidades. 3.15.- Revista O Voceiro -Botou a andar unha revista no centro. En colaboración cos centros Wenceslao Fernández Flórez, Portofaro e Graxal púsose en marcha una revista coordinada polo noso centro e concretamente por una das profesoras do grupo da biblioteca. Todo tipo de traballos eeñen cabida nela e realmente estamos moi satisfeitos deste primer número. 3.16.- Presenza na Internet. -A Biblioteca está presente na páxina web do IES. Biblioafonso (http://biblioafonso.blogspot.com/), o blog da biblioteca sigue a medrar considerablemente. Ata final do presente curso pensamos que imos ter 40 entradas novas. A temática foi variada e non só relativa as bibliotecas. -Crece: o noso twitter (http://twitter.com/Biblioafonso), -a nosa canle en Youtube (http://www.youtube.com/user/Biblioafonso?feature=mhw5) e o noso nosoFacebook (http://es-la.facebook.com/people/Biblioafonso-O-BosqueAnimado/100001048908200).

3.17.- Publicacións. -Este curso ningún membro do grupo de biblioteca publicou ningún documento sobre temas relativos á biblioteca polo que neste capítulo cito o que está reflictido na memoria do curso 2010-11. “-J. Antonio Martínez García. “O bosque animado”. De almacén a biblioteca: Diez años de trabajo de la bilbioteca del IES Afonso X O Sabio de Cambre (A Coruña). En Boletín de la Asociación Andaluza de Bibliotecarios. Año 25, nº 98-99, enero-junio 2010, páx. 235-252. Ligazón ao pdf.: http://www.aab.es/aab/images/stories/Boletin/98_99/9.pdf”


3.18.- Colaboración co Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística. Realizáronse varias actividades cos EDNL, a organización do día das letras galegas ou a organización e difusión do XVII Certame Literario de Cambre, cuxa entrega foi no IES David Bujan. Unha das nosas alumnas gañou un dos premios de poesía e un dos premios de narrativa foi para un dos nosos alumnos do ano pasado. Tamén eles se encargaron de preparar as sesión dos reguefeiros para este mes. Un hgj

3.19.- O Club de Lectura “O Bosque Animado” Os clubs de lectura que se están a realizar no presente curso son: -Pets and wild animals. Coordinado pola profesora Amelia Velasco cun curso de 1º da ESO. -Films. Alfred Hitchcock and his work. 1º ciclo medio. Cordinado por Amelia Velasco(depart. Inglés) -A arte e a literatura coordinado por Antonio Martínez. 2º bacharelato. (departamento de xeografía e historia) -Literatura e investigación, cordinado po Pilar Varela. 4º ESO. (departamento lingua castelá) -Literatura e imaxinación. Coordiando por Manolo Santos. 3º ESO. (departamento xeografía e historia) -Literatura e adolescencia, coordinado por Adela Figueroa. 2º ESO. (departamento xeografía e historia) -Literatura e reinos de fantasia, coordiando por Adela Figueroa. 1º ESO. (departamento de Xeografía e historia) -Literatura e ficción, coordinado por Xose Manuel Vázquez. 1º ESO. (departamento de matemáticas) -Coñecer as matemáticas a través da literatura, coordinado por Fátima Cobo. 4º ESO. (departamento de matemáticas) Todos os grupos fixeron ata agora varias reunións para ler ou comentar as lecturas, e a día de hoxe a maioría aínda non rematou coas sesions.

4.- GRAO DE IMPLICACIÓN DO CENTRO E DA COMUNIDADE EDUCATIVA Dentro da vida interna do IES podemos salientar as seguintes actuacións 4.1.- No Claustro Como todos os anos a principio de curso reitérase a invitación a participar no Equipo da Biblioteca a todos os docentes. Insístese na característica de que é un grupo aberto e en permanente formación, tamén insistimos na necesidade de contar con membros dos diferentes departamentos e informamos das posiblilidades de cursos de formación. Este ano tivemos una nova incorporación que xa veu desenrolando activiades na bliblioteca dende hai dous cursos. Tamén é interesante mencionar que en xeral e fácil pedir axuda para as distintas actividades e que o claustro colabora de xeito regular. 4.2.- Na Comisión de Coordinación Pedagóxica. -Informes periódicos das actividades previstas e desenvoltas na CCP.


4.3.- Proposta de modificación PEC. Non se contemplan modificaciones no PEC 4.4.- reparto dos fondos económicos dos departamentos didácticos. Se mantiene o reparto que dende o curso 2009-2010 vense facendo co cal o noso presuposto é aproximadamente de 630 euros. 4.5.- Relación coa ANPA: colaboración económica para o mantemento da colección de publicacións periódicas como ven sendo habitual dende hai varios anos. Doazón de documentos, básicamente libros para a biblioteca. 4.6.- Equipo da Biblioteca. Realizáronse xuntanzas periódicas aproximadamente una ó mes de todo o grupo e varias a semana en pequenos grupos para a posta en marcha das diferentes actividades. As reunión mensuais están rexistradas nas correspondentes actas. O equipo estivo formado este año por oito persoas, catro das cales so tiveron horas nos recreos, períodos nos que poco máis se pode facer que atender o préstamo e o uso dos ordenadores, e tres que como explicamos anteriormente non tiñan ninguna hora dentro do seu horario lectivo para traballar na biblioteca. Consideramos que esto é insuficiente e gustaríamos ter máis horas de presenza real na biblioteca no curso que ven. No obstante coidamos que o traballo que nos propuxemos facer quedou rematado ainda que moito deste traballo fíxose en horas fora do horario. Este ano ó igual que os anos pasados contamos coa axuda dunha coidadora asignada a dous alumnos con síndrome de Down. Os seus tempos sen adicación a estes alumnos pasounos na Biblioteca desenvolvendo un importante traballo. Todo o grupo de biblioteca e o claustro recoñece e valora moito a súa axuda.

5.- GRAO DE INTEGRACIÓN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA NOS PROCESOS DE ENSINANZA E APRENDIZAXE DAS DIVERSAS ÁREAS DO CURRICULUM A intregración dos recursos documentais e de ficción na práctica cotiá da vida pedagóxica do centro e no tratamento dos contidos curriculares vai medrando de forma sistemática Este ano novamente aumentou o préstamo de documentos respecto ós anos pasado chegando case ata os 1400 documentos prestados, o cal confirma a línea ascendente dos últimos anos. Tamén constatamos o aumento do uso da biblioteca en xeral por exemplo son moitos os rapaces que nos recreos veñen a biblioteca para estudar e facer traballos nos ordenadores para as diferentes asignaturas particularmente en asignaturas como atención educativa, proxecto interdisciplinar, etc. O aumento do uso de DVDs fainos pensar como se lle pode ofertar mais axuda ós profesores que están a impartir estas materias tendo en conta os recursos da biblioteca. Outras experiencias noutros centros manteñen una liña de información sobre as películas e recursos sobre as mesmas para ser aplicados nas aulas, quixemos facer algo semellante pero aínda que a idea empezou a cobar forma non puidemos levala a cabo e claramente foi por falta de tempo. Plan Anual de Lectura


Catorce departamentos didácticos entregaron as súas actividades para desenvolver o Plan Lector e todos eles manifestaron a súa satisfacción pola consecución dos obxectivos propostos nos seu plan lector. La inclusión da hora de lectura cremos que axudará a manter todas as actividades do plan lector no vindeiro curso.

Memorias das actividades do Plan lector de cada Departamento Didáctico DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA O departamento de filosofía acadou todos os objectivos propostos no seu proxecto lector tanto nas asignaturas de primeiro de bacharelato, como nas asignaturas de segundo DEPARTAMENTO DE LENGUA Y LITERATURA CASTELLANA La evaluación del Plan Lector é positiva. Se levaron a cabo todas as actividades previstas no plan lector. En 1º y 2º de ESO traballouse coa biblioteca de aula asentando o uso dela. DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA Desenvolvéronse todas as actividades previstas relacionadas co Proxecto Lector nos diferentes cursos e niveis, aínda que se detectan certas deficiencias no proceso lector por parte do alumnado. Se considera por ello necesario incidir en este tipo de actividades para mellorar a comprensión lectora dos rapaces e rapazas. DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA E INFORMÁTICA Realizaronse tódalas actividades previstas no plan lector para fomentar os hábitos de lectura comprensiva individual e colectiva, así como a expresión oral e escrita, a descripción de obxectos, o uso da prensa como fonte de información en temas relacionados coa materia de tecnoloxía . DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA Leváronse a cabo todas as actividades propuestas sin problemas significativos en todos os cursos, tanto na E.S.O. como nos de bacharelato. DEPARTAMENTO DE FRANCÉS El departamento de francés cumplió lo fijado en la programación de contribución al plan lector en todos sus puntos salvo en la lectura obligatoria del 2º trimestre que no se llevó a cabo por falta de tiempo. Consideramos necesario estructurar los programas de modo que teñan cabida todos los aspectos relativos ó plan lector. DEPARTMENTO DE INGLÉS


SE levaron a cabo todas as propostas de lectura do plan lector. Se leron al menos un libro de lectura por curso e en algúns deles dous. DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA Cumpríronse todas as accións recollidas no punto VII da programación do Departamento. DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA Fixéronse todas as actividades previstas no plan lector do departamento. modificou nada respecto ós anos anteriores.

Non se

DEPARTAMENTO DE DEBUXO Todas as actividades previstas del plan lector deste seminario levarónse a cabo sen maiores problemas e nos tempos establecidos. DEPARTAMENTO DE MÚSICA O principal esforzo do departamento de música respecto ao plan lector consiste en que o alumno consiga reflexar a súa comprensión do lido tanto de maneira oral coma escrita. Este esforzo viuse reflectido nunha lixeira mellora na expresión das ideas por parte do alumnado, polo menos na valoración da diferencia entre unha redacción correcta e outra incorrecta. O departamento continuará para o vindeiro curso nesta liña, procurando incorporar na redacción do proxecto do ano que ven actividades a maiores, coma a valoración na calificación de resumos de textos, lectura e resume de libros, etc. DEPARTAMENTO DE RELIXIÓN -Desenvolver a competencia lingüística. - Fomentar o hábito da lectura. - Propoñerlle aos alumnado unha serie de lecturas axeitadas a súa idade e intereses. Se acadaron bos resultados nos tres apartados anteriores.

6.- ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO ÁMBITO BIBLIOTECA ESCOLAR NAS QUE SE PARTICIPOU

DA

Asistencia ás seguintes actividades: Plan mellora bibliotecas escolares, Amelia Velasco Pazos. Fancisca Filgueira, e Adela Figueroa. .Encontros bibliotecas escolares, Amelia Velasco Pazos. -Xornada de Clubs de Lectura, Adela Figueroa Paz.

7.- AVALIACIÓN REALIZADA A pesares de que neste curso so se tiveron 5 horas lectivas e os períodos dos recreos para traballar na biblioteca, desexo manifestar que o elevado grao de compromiso co traballo fixo posible o desenrolo de moitas actividades, nas que se tivo que invertir tempo fora das horas do mencionado horario. Debemos mellorar no proceso de implicación do profesorado coa Biblioteca para que esta sexa realmente un centro destinado á aprendizaxe. Tamén deberemos mellorar a situación do Proxecto Lector e o Plan Anual de Lectura.


A situación das gardas na biblioteca é manifestamente mellorable xa que cando falta algún docente o alumnado, acompañado polo profesorado de garda, pode estar na Biblioteca. Segue a ser difícil que os alumnos e os docentes entendan que a biblioteca non e una sala de xogos o charlas, e nos gustaría que esa situación cambiase de cara ó ano que ven. Temos pensado falar coa dirección para ver coo se podería solucionar a mencionada situación. O alumnado de bacharelato nos seus tempos de lecer non está ben atendido xa que, por unha banda, non hai ningún membro do equipo da Biblioteca presente e, por outra, poden compartir o espazo con alumnado da ESO que están na Biblioteca co profesorado de garda o cal fai a veces difícil que estes alumnos podan estudar. En canto á avaliación cualitativa e cuantitativa do uso da Biblioteca pola Comunidade Educativa temos pensado pasar unas enquisas para ver o grao de uso e aproveitamento da biblioteca e solicitar suxestións por parte de todo e profesorado e o alumnado.

8.- PREVISIÓNS DE FUTURO. 8.1.- En relación á organización e xestión. Propoñémonos como obxectivos os seguintes: -Realización dunha xuntanza semanal en horario lectivo do centro pero fóra do horario dos docentes. - Mellorar a coordinación entre os membros do Equipo. -Proporlle á Inspección e á Dirección a posibilidade de que a persoa responsable da Biblioteca teña unha dedicación horaria suficiente para desenvolver o maior traballo posible neste servizo. -Proporlle á Dirección a posibilidade de que os docentes membros do Equipo da Biblioteca teña unha dedicación horaria suficiente para desenvolver o maior traballo posible neste servizo. -Explicar ao Claustro o traballo que se desenvolve na Biblioteca así como solicitar a integración de novos docentes no Equipo a da Biblioteca. -Completar a implantación do Meiga a todos os seus ámbitos posibles. -Continuar coa depuración da base de datos de rexistros. -Adquirir as propostas de novos fondos documentais e de ficción por propostas dos departamentos e do alumnado. -Creación de grupos de traballo informais ou internos para programar ou realizar actividades de dinamización concretas. -Solicitar ao CEFORE da Coruña a constitución dun Grupo de Traballo sobre aspectos da Biblioteca Escolar.

8.2.- En relación á dinamización e promoción dos recursos de biblioteca, á súa integración no tratamento do currículo e á súa contribución ao desenvolvemento das competencias básicas do alumnado. Os obxectivos propostos son: -En canto á dinamización: aumentar a colaboración coas Bibliotecas Municipais e as outras Biblioteca Escolares do municipio, especialmente co IES David Buján, desenvolvendo as canles de relación e informándoas das nosas actividades. -Aumentar as relacións cos departamentos didácticos ofrecendo os nosos servizos para desenvolver actividades de promoción lectora e de busca documental. -Adquisición de bibliografía para o profesorado sobre competencias básicas.


8.3.- En relación á formación de usuarios e educación para o acceso á información (educación documental ou alfabetización informacional) Os obxectivos propostos son: -Aumentar e consolidar as actividades de Formación de Usuarios e Usuarias, introducindo o manexo do OPAC. -Desenvolvemento de máis actividades sobre Educación Documental. -Colaboración ou impartición de docencia na materia de 1º da ESO Proxecto Interdisciplinar. -Elaboración de máis actividades de reforzo de Formación de Usuarios e Usuarias e de Educación Documental (ALFIN) -Elaboración de exposicións e guías de lectura do fondo documental e de creación. -Estudos e posta en práctica, se procede, da colaboración do alumnado nos tempos de lecer para a realización do préstamo ou de outras colaboracións na biblioteca.

8.4.- En relación ao fomento da lectura e ao desenvolvemento do proxecto lector de centro. Propoñemos como obxectivos: -Desenvolver máis actividades de fomento da lectura: continuar coa elaboración de guías de lectura, tanto temáticas como periódicas, continuar coas recomendacións dos fondos existentes, desenvolver e coordinar as posibles campañas da Xunta, tomar a iniciativa ou participar nas iniciativas que se tomen sobre campañas temporais de lectura (abril, Letras Galegas…), colaborar na celebración do Día do Libro, realizar lecturas en voz alta así como dramatizacións, estudar a continuidade dos clubs de lectura existentes. -Estudo do grao de cumprimento do Proxecto Lector do Centro. Estudo de posibles modificacións. Cómpre mellorar o grao de implicación da comunidade docente no desenvolvemento do Plan Anual de Lector e do Proxecto Lector. -Elaboración do Plan Anual de Lectura do Centro. -Avaliación do Plan Anual de Lectura do Centro. Estudar posibles modificacións. -Estudo da imprantación dun tempo para a lectura en 3º e 4º ESO -Coordinación das Actividades anuais de lectura de cada departamento e o seu seguimento. -Potenciar a presenza da nosa biblioteca na internet. 8.5.- Outras actuacións. -Analizar o equipamento existente e estudar posibles melloras. -Potenciar a renovación dos fondos, especialmente do documental. -Potenciar o uso da documentación electrónica. -Converte á Biblioteca nun centro de actividade cultural, mantendo, entre outras actividades, os concertos. 8.6.- Criterios e procedementos de avaliación. -Elaboración de enquisas dirixidas a todos os sectores da comunidade educativa sobre o grao de satisfacción, eficacia, participación, sobre a biblioteca e as súas actividades. -Xuntanzas periódicas de planificación e de avaliación do traballo a realizar e do traballo realizado, analizando, a partir dos obxectivos propostos, as actividades realizadas, o seu desenvolvemento e os resultados acadados.


En Cambre, 6 de xu単o de 2013 O Responsable do PLAMBE e Dinamizador da Biblioteca

Visto e prace

Asdo.- Amelia Velasco Pazos

Alfredo Pena Iglesias


PROXECTO LECTOR IES AFONSO X O SABIO (Cambre)


El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho Miguel de Cervantes Saavedra

Proxecto lector INTRODUCCIÓN “As habilidades lectoras teñen unha influencia decisiva sobre o proceso de aprendizaxe e a necesidade de creación dun hábito no manexo da información polos cidadáns, como ferramenta imprescindible para a súa inserción nas sociedades desenvoltas. A escola, xunto co contorno familiar, é o lugar onde se deben adquirir e consolidar os hábitos lectores e onde se deben desenvolver as estratexias de acceso e uso da información como instrumento de aprendizaxe continuado.

Durante o período de escolarazación obrigatoria, o individuo adquire as pautas de persanalidade e hábitos de comportamento que o definirán durante o resto da súa vida. É, polo tanto, nesta etapa cando se deben poñer os medios para inclucar uns principios que fagan do neno un futuro cidadán capaz de seleccionar a información que día a día lle chega e de exercer unha valoración crítica desta información.”1

Como se afirma no Plan de Lectura y de Bibliotecas Escolares en losc entros educativos públicos de Andalucia “Os centros educativos xogan un papel esencial no fomento de actitudes positivas en torno ao libro e á lectura, sendo institucións claves que poden vertebrar proxectos globais de lectura a medio e longo prazo, a través da elaboración dun plan adaptado e sistemático de actuacións. Asemesmo, dispoñen de recuros como as bibliotecas escolares que garanten a existencia de fondos en soportes

1

Leer nos diferencia. Plan de fomento de la lectura de la Comunidad de Madrid. (2006) Madrid, Comunidad de Madrid, páx. 26


variados para o achegamento do alumnado tanto aos textos da literatura clásica e contemporánea, como a outros tipos de texctos de carácter informativo e documental.”2

A competencia lectora inclúe unha ampla gama de coñecementos e destrezas, poñendo en acción múltiples procesos entre os que interveñen a capacidade de rezoamento, a memoria e os coñecementos provios do lector ou da lectora. Aínda que a aprendizaxe do código faise axiña, cómpre, posteriormente, un proceso asociativo lento que que require unha práctica intencionada e sistemática.

O Proxecto Lector é un documento que debe ser operativo, flexible, realista, abarcable, progresivo. O Proxecto Lector ten entre outras as seguinte funcións: 

Ser un instrumento de planificación que parte da análise de necesidades.

Favorece a integración curricular da competencia lecto-escritora.

Ser un referente didáctico que orienta na elaboración, desenvolvemento e avaliación das programacións didácticas.

Estimular o emprego de metodoloxías máis activas e aprendizaxes máis significativas.

Estimular o traballo cooperativo dos docentes.

Dinamizar a lectura no centro e no contorno.

Coordinar o uso de recursos e a busca de apoio. (PASCUAL, 4)

Un Proxecto Lector debe partir do convencimento de que a calquera idade pode xurdir o desexo de ler e, polo tanto, o feito de poder desenvolver o hábito lector. Un Proxecto Lector non pode ser a suma interminable de lecturas recomendadas polos Departamentos didácticos. Un Proxector Lector non debe ter por consecuencia a obrigación para o alumnado de ler moitoas libros senón o de facilitarlles o acceso á lectura.

2

http://www.juntadeandalucia.es/educacion/portal/com/bin/planlyb/contenidos/PLAN_LyB/documento_pl anLyB/1170763477017_plan_lectura_y_biblioteca_23-01-2006.pdf, páx. 4


1.- Análise do contexto en materia de lectura: Contexto ou situación de partida: Analizar cada sector: alumnado, familias, profesorado e recursos

1.1 Alumnado A análise da relación do alumnado coa lectura e a escritura forma parte do eido científico da socioloxía. O profesorado temos o convencimento de que o noso alumnado le moi pouco por pracer e case nada en galego. Non obstante, e sen pretender sermos exahustivos, débese dicir que segundo o Informe do Centro de Investigación e Documentación Educativa de 2007 o grupo de idade comprendido entre os 14 e o 24 anos é o máis lector (entre un 72 e un 75% nos últimos tres anos é considerado lector habitual posto que dedica algún tempo á lectura todas as semana, esta porcentaxe vai diminuindo ata o 31 % do grupo de idade que supera os 65 anos) A un 45% de mozos e mozas de 15 e 16 anos lles gusta ler moito e mesmo a unha gran parte gustaríalles ler máis. O principal motivo que lles leva á lectura é o pracer (53%). Sen embargo netre as dez activadades en que poden pasar o tempo de lecer, a lectura ocupas o noveno posto entre as súas preferencias. Cando máis len é nas vacacións e durante as fins de semana. En canto ás súas preferencias destaca o terroo (50%), seguido das aventuras, misterio/espionaxe e o humor. Entre os 15 e os 16 anos contan cunha biblioteca mínimamente dotada, xa que só o 25% ten máis de 50 libros, cousa que non é de estrañar porto que no 56% dos fogares dos adolescentes hai menos de 100 libros. As súas lectura proveñen maioritariamente da súa biblioteca familiar posto que só o 24% utiliza o empréstito das bibliotecas. Pódese suliñar que o nivel de estudos dos pais inflúe de maneira decisiva nos hábitos lectores dos mozos e das mozas. Os fillos e fillas de pais con estudos universitarios teñen máis probabilidades de ser lectores frecuentes. Finalmente hai que destacar que o rendemento académico e os hábitos lectores están fortemente asociados. O alumnado que mellores cualificacións obtén é tamén o que máis le. Débese engadir que gran parte da actividade académica está a empregar como recuros maioritario a lectura e a escritura, polo que son a ferramentas habitual do noso alumnado.


Fronte a esta situación de lectura voluntaria polo alumnado hai que engadir unha serie de consideracións: -Lese máis nas cidades. -Lese máis canto máis elevada é a posición socio-económica da familia. -Lese máis en castelán que en galego.

1.2 As Familias Na socioloxía da lectura está moi consolidada a consideración de que uns pais lectores fan fillos e fillas que consideren a lectura como algo positivo, cando non necesario para o seu crecemento persoal. O Proxecto Lector do Centro debe artellar iniciativas que fomenten a lectura e a súa consideración no ámbito familiar.

1.3 O Profesorado Aínda que perdeu importancia como referente educativo e culural, o seu posicionamento sobre a lectura e a escritura considerase un elemento moi importante. A súa actitude sobre o libro, a escritura e os seus comentarios sobre todo o que rodea a este eido cultural (bibliotecas, programas televisivos de lectura, novidades editorais, etc) deben ser considerados como necesarios. O Profesorado non pode sentir o Plan Lector como unha necesidade imposta, como un documento burocrático máis, como un producto pechado e rematado, como unha complicación máis para o seu traballo.

Obxectivos do Plan Lector Ler e escribir son accións que supoñen e reforzan as habilidades que permiten buscar, recompilar e procesar información, e ser competente á hora de comprender, compoñer e utilizar distintos tipos de textos con intencións comunicativas ou creativas diversas. A lectura facilita a interpretación e comprensión do código que permite facer uso da lingua escrita e é, ademais, fonte de pracer, de descubrimento doutros contornos, idiomas e culturas, de fantasía e de saber, todo o cal contribúe pola súa vez a conservar e mellorar a competencia comunicativa.


Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

A responsabilidade de formar lectores e lectora non é excluiva da escola. Tamén a familia, outras institucións como as bibliotecas ou os medios de comunicación tamén teñen parte de responsabilidade. Non obstante, os centros educativos deben garantir a competencia lectora do alumnado e propiciar as condicións para que poida cultivarse o hábito lector.

O Plan Lector supón, ou ha de supor, un esforzo de sistematización e coordinación da ensinanza da lectura. A súa finalidade deberá ser que o alumnado sexa lector competente, é dicir, que sexa quen de ler con precisión e rapidez, que desenvolva a habilidade para comprender, reflexionar e interaccionar cos textos que se atope motivado cara á lectura por pracer ou porque a recoñece como un medio insustituible para a prendizaxe (IZA, 2006, 26)

1.- Acadar as compentencias básicas en lectura e escritura nas dúas linguas oficiais:o desenvolvemento sistemático da competencia lecto-escritora. 2.- Converter a lectura nunha estratexia metodolóxica para a mellora da aprendizaxe 3.- Fomentar e aumentar o interese pola lectura, incorporándoa no currículo a través de intervencións sistematizadas na aula e na biblioteca escolar coa fin de formar lectores competentes. 4.- Entender a Promoción da Lectura como unha actividade académica, e polo tanto con formulacións didácticas, pero tamén lúdica 5.- Traballar (ler e escribir) con todo tipo de textos: literarios, expositivos, xornalísticos, publicitarios, gráficos; en soporte impreso ou electrónico. 6.- Ensinar estratexias de comprensión lectora levando a cabo ao longo de todo o curso intervencións de comprensión lectora e desenvolvemento do hábito lector, evitando actividades illadas, non enmarcadas nun plan de intervención con continuidade e coherencia.


7.- Enterder a lectura como unha ferramenta para aprender, coñecer, informarse, comprender, distraerse, gozar. 8.- Aumentar o uso da biblioteca escolar e das bibliotecas municipais. 9.- Implicar ás familias no plan lector.

Compromisos do Claustro -O equipo directivo sensibiliza, innova, impulsa e sostén a filosofía do proxecto. -Todo o profesorado do centro promove a lectura nunha liña consensuada e de referencia común de actuación. -Introdúcense como puntos da orde do día das xuntanzas de departamentos aspectos relacionados co Proxecto Lector. -Inclúesen nas nas programacións docentes a lectura como elemento transversal clave para o desenvolvemento de todas as materias e planifícase o uso dos recursos bibliotecarios. -Artellaranse protocolos de coordinación entre os centros de primaria e secundaria en canto a obxectivos e principios esenciais dos proxectos lectores e uso da biblioteca.”3

2.- Incluir todas as intervencións en relación coa lectura, a escritura e as habilidades informativas de todas e cada unha das materias. 2.1 Desenvolvemento sistemático da competencia lecto-escritora: 2.1.1 Nas lingua escolares: 2.1.2 Nas outras materias: 2.1.3 Apoio ao alumnado con baixo rendimento:

2.2 Impulso da hábito lector: Para que o alumnado poda facer uso de todas as posibilidades que oferta a lectura no seu desenvolvemento persoal, cómpre ter un ambiente estimulante. Por iso, a promoción lectora “non pode consistir exclusivamente nunha serie de actividades puntuais e chamativas, senón en accións incardinadas na dinámica escolar e levadas acabo con regularidade” (IZA, 2006, 35) Semella imprecindible que para acadar o hábito lector 3

Íbidem.


débase ter unha boa competencia lecto-escritora, xa que un dos motivos do escaso hábtio lector son as dificultades de comprensión do que se le.

A promoción da lectura pódese desenvolver na aula, no centro e fóra deste. Actuando sobre estes tres aapratados poderase crear un auténtico clima lector.

2.2.1 Na aula: Clima lector, biblioteca de aula. A aula debe ser onde se desenvolvan as principais actividades do Proxecto Lector (lectura comprensiva diaria, contacto con textos diversos, debates sobre textos, etc) Ditas actividades debe estar graduadas nas súas dificultades e secuenciadas por cursos.

2.2.2 No centro: Clima lector, biblioteca de centro. Pódense contemplar, entre outras, as seguintes actividades4: *De producción: talleres creativos, elaboración de xornais, de traballo documental, creacicón de clubs de lectura, desenvolvemento do blog... *Que potencien a utilización dos recursos dispoñibles no centro, nas bibliotecas públicas(formación de usuarios e usuarias, intervencións para o desenvolvemento de habilidades de información e investiagción... *De recepción de aopios externos: visita dun autor/a, ilustradores/as, investigadores/as, editores/as, xornalistas... *De complemento e enriquecimento das experiencias dos participantes no Plan Lector a través de saídas: visitas a xornais, librerías, bibliotecas, centros de documetnación, teatros, exposicións... *Relacionadas con celebracións e efemérides: día do libro, da biblioteca, homenaxe a obras, persoaxes... *De proxección social e de peche para culminar os proxectos lectores: exposicións, xoernadas, presentación de experiencias...

2.2.3 Fóra do centro: implicación das familias, colaboración coas bibliotecas municipais e outras institucións.

4

Cfr Plan de Lectura y de Bibliotecas Escolares en losc entros educativos públicos de Andalucia (2006, 12)


Todos os departamentos didácticos e todas e cada unha das súas materias, en cumprimento da normativa en vigor, incluirán as medidas adoptadas para desenvolver esta competencia básica e determinarán como e cando lle adicarán o tempo á lectura.

A Biblioteca Continuará facendo exposicións temáticas coa súa correspondente guía de lectura en colaboración cos departamentos; recomendará libros cada mes nas súas cortizas; fará unha guía de lectura por trimestre; potenciará o seu blog como ferramenta de participación da comunidade educativa; traballará a formación de usuarios e usuarias para acadar a súa autonomía na biblioteca; ofertará, de novo, un club de lectura tanto para o alumnado como para as familas con actividades presenciais e/ou atrvés do blog..

Medidas concretas propostas: ¿Como ler en todas as materias? Deixar en tempo unha vez á semana en cada materia? ¿Que se lería?:

Recursos do Plan Lector. Os recurosos económicos serán os de cada Departamento didáctico así como os da Biblioteca. Os recurosos documentais serán os existentes en cada departamento didáctico e na Biblioteca. Ademais pódese contar cos recursos doutros centros educativos e das bibliotecas públicas. Poderanse habilitar Bibliotecas de aula ben con fondos prestados desde a Biblioteca, ben con fondos aportados polo alumnado Equipar cada aula con estanterías para a biblioteca de aula.

Criterios e procedementos de Avaliación do Plan Lector. Non se poden esperar resultados espectaculares a curto prazo sobre os obxectivos propostos.


Realizarase unha avaliación continuada dos avances ou dificultades da posta en marcha do proxecto e das súas concrecións nos plans anuais de lectura. A avaliación será anual. A persoa encargada da elaboración do Proxecto Lector elaborará unha Memoria Anual.

Para a avaliación de aspectos relacionados co hábito lector teranse en conta, non só os índices de lectura, senón tamén a capacidade do alumnado para avanzar na súa competencia literaria e ser quen de enfrontarse a textos cada vez máis complexos, así como a súa actitude diante da lectura como medio para a aprendizaxe, fonte de pracer e recurso para o desenvolvemento persoal.

Ver: http://www.ince.mec.es/pub/pubintn.htm Exemplos de avaliacións internacionais de comprensión letora

Plan Anual Todas e cada unha das medidas elaborados por cada Departamento A avaliación será anual. A persoa encargada da elaboración do Proxecto Lector elaborará unha Memoria Anual.


Anexo lexislativo -Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación (Boletín Oficial del Estado, 4-V2006) art. 26.2 (“...A fin de promover el hábito de la lectura¸ se dedicará un tiempo a la misma en la práctica docente de todas las materias) e 113.3.

-Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónma de Galicia (Diario Oficial de Galicia, 13-VII-2007) Art. 5.5. “A lectura constitúe un factor primordial para o desenvolvemento das competencias básicas. Os centros docentes garantirán na práctica docente de todas as materias un tempo dedicado á lectura en todos os cursos da etapa, de acordo co proxecto lector do centro, ao constituír a lectura un factor esencial para o desenvolvemento das competencias básicas”. Art.7.6. Sen prexuízo do tratamento específico nalgunhas das materias deste curso, a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información e a comunicación, e a educación en valores traballaranse en todas elas.

-Orde do 17 de xullo de 2007 pola que se regula a percepción da compoñente singular do complemento específico por “función titorial e outras funcións docentes” (Diario Oficial de Galicia, 24-VII-2007)


Bibliografía Animar a escribir para animar a leer, (1999), Salamanca, Fundación Germán Sánchez Ruipérez. CASSANY, D. (2006): Tras las líneas. Sobre la lectura contemporánea, Barcelona, Anagrama. CASTÁN, Guillermo (2002): Las bibliotecas escolares, soñar, pensar, hacer, Sevilla: Díada. Cómo elaborar el plan de lectura comprensiva en un instituto de secundaria. Dos ejemplos prácticos. (2006), Navarra: Gobierno de Navarra, Departamento de Educación y Cultura. Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónma de Galicia (Diario Oficial de Galicia, 13-VII-2007) EQUIPO PEONZA (2001) : El rumor de la lectura, Salamanca, Anaya. GARCÍA GUERRERO, J. (1999): La biblioteca escolar, un recurso imprescindible. Propuestas y materiales para la creación de ambientes lectores en los centros educativos, Sevilla: Consejería de Educación y Ciencia. IZA DORRONSORO, L. (2006): El plan de lectura en los centros de Educación Infantil y Primaria, Navarra: Gobierno de Navarra, Departamento de Educación y Cultura. Lei 17/2006, do 27 de decembro, do libro e da lectura de Galicia (Diario Oficial de Galicia, 10-I-2007) Leer nos diferencia. Plan de fomento de la lectura de la Comunidad de Madrid. (2006) Madrid, Comunidad de Madrid. Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación (Boletín Oficial del Estado, 4-VMACHADO, A.M. (2002): Lectura, escuela y creación literaria, Salamanca, Anaya. MORENO, V. (2003): Leer para comprender, Navarra: Gobierno de Navarra, Departamento de Educación y Cultura. MORENO, V. (2004): Lectores competentes, Madrid: Anaya. MORENO, V. (2003): Leer para comprender, Gobierno de Navarra, Departamento de Educación y Cultura. NOVOA FERNÁNDEZ, C. “Educación, lectura e compromiso. Biblioteca escolar, espazo para a utopía”, Grial. Revista Galega de Cultura, XLV, num. 173, pp.54-67.


¿Nuevas lecturas? ¿Nuevas formas de leer? Lectura y escritura multimedia en las bibliotecas públicas y escolares (XIII Jornadas de Bibliotecas Infantiles, Juveniles y Escolares) (2005), Salamanca: Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Orde do 17 de xullo de 2007 pola que se regula a percepción da compoñente singular do complemento específico por “función titorial e outras funcións docentes” (Diario Oficial de Galicia, 24-VII-2007) PASCUAL DIEZ, J. Los planes lectores de centro: entre la moda y la oportunidad para la innovación de la educación lectora. Plan de Lectura y de Bibliotecas Escolares en los centros educativos públicos de Andalucia (2006) SOLÉ, I. (1992): Estrategias de lectura, Barcelona: Graó. VALVERDE, P., CARRASCO, E., MUÑOZ, J.M. (1997): La biblioteca, un centroclave de documentación escolar. Organización, dinamización y recursos en Secundaria, Madrid: Narcea. YÁGUEZ, E. e ZAMORA, M.J. (2006): Guía práctica para el desarrollo y dinamización de la Biblioteca escolar en Secundaria, Madrid, MEC-CIDE.

Recursos electrónicos http://www.ifla.org/VII/s11/pubs/mani-s.htm Manifiesto de la Biblioteca Escolar. UNESCO/IFLA.

http://www.ifla.org/VII/s11/pubs/sguide02-s.pdf Directrices de la IFLA/UNESCO para la biblioteca escolar (2002).

http://www.sai.com.ar/bibliotecologia/boletin/imagenes/bie027_normas_escolares.pdf Sistema Nacional de Bibliotecas (2005) . Normas para bibliotecas escolares. Perú.

http://w3.cnice.mec.es/recursos2/bibliotecas/html/encuen/03conclu.htm Conclusións do Primer encuentro nacional de Bibliotecas Escolares. Madrid, 13, 14 e 15 de marzo de 1997. http://www.fundaciongsr.org/documentos/7667.pdf


Resumen y conclusiones del Primer Congreso nacional de bibliotecas escolares. Salamanca, 18, 19 e 20 de outubro de 2006.

www.edu.xunta.es/portal Sección de bibliotecas escolares no portal educativo da Xunta de Galicia. http://www.rbe.min-edu.pt/index.htm Sitio web da Rede de Bibiotecas Escolares de Portugal. Abundante, completa, selecta e precisa información sobre bibliotecas escolares, desde a formación teórica ata o custe aproximado do mobiliario necesario. Modelo a seguir.

http://w3.cnice.mec.es/recursos2/bibliotecas/ Sitio web do Ministerio de Educación que aporta a documentación imprescindible para o coñecemento das bibliotecas escolares. Ademais ofrece ligazóns con moitas bibliotecas de centros educativos.

http://www.pnte.cfnavarra.es/profesorado/recursos/biblioteca/ Sección sobre bibliotecas escolares do goberno de Navarra. Sen dúbida a sección máis interesante é a de publicacións posto que permite acceder e descargar as mesmas en formato pdf.

http://bidoc.ub.es/pub/bescolar Páxina dedicada ao mundo da biblioteca escolar, sendo moi útil para a iniciación. Conta con recursos, documentación, actividades, ligazóns de interese, etcétera. http://www.plec.es/ Bibliotecas escolares, proxecto de lectura, bibliografía básica para as bibliotecas dos centros educativos e moito máis. http://www.ince.mec.es/pub/pubintn.htm Exemplos de avaliacións internacionais de comprensión letora PIRLS, PISA http://cepaxarquia.org/proyectos_lyb/orientaciones_para_elaborar_proyectos_lectores.p df Parte do traballo sobre Bibliotecas Escolares e a Lectura da Delegación Provincial de Málaga.

2012 13memoria biblioteca ies (autoguardado)  

Memoria final biblioteca

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you