A Nova Peneira 82. Finais de xullo 2017

Page 1

ANO 6 - nº 82

finais de xullo 2017- 2€

xornal galego de informaciÓn xeral

O día da nosa nación

25 de xullo editorial artigos rubÉn cela mero

entrevistas ana pontÓn (bng) eva solla (en marea) Joám peres (causa galiZa)

entrevista a vicKY alonso, nova secretaria local do psdeg de mos páx. 7 entrevista a tere pÉreZ, concelleira de salceda páx. 17 entrevista ao tenente alcalde de cangas mariano abalo páx xxII a ii carreira ribeira do tea unirá salvaterra e ponteareas páx. 23 tomiño investe máis de 100.000€ en reformas mantemento dos colexios do municipio páx.xIV 4 de agosto: noite de compras en redondela

páx.V

festas en fornelos de montes páx. Ix festas do monte na guarda páx. xI especial nigrán JaZZ entrevistamos ao director do festival páx. xxVIII escultura de ángeles valladares da serea de castelao na fachada da sociedade labrega e cultural de reboreda en redondela // foto: a.a.


2

FINAIS DE XULLO 2017

editorial Tino Lago Director de A Nova Peneira

25 de xullo En defensa da nación galega

“As fronteiras primeiras, orixinais e realmente naturais dos estados son sen dúbida algunha,as súas fronteiras internas.As persoas que falan a mesma lingua ,están unidas entre si por unha serie de nós invisibles, simplemente por natureza e moito antes de calquera artificio humano. Enténdese e son capaces de entenderse cada vez con maior claridade, pertencen a un conxunto e constitúen por natureza un todo único” Johan Gottlieb Fitche; XIII Discurso á nación alemá.

Se buscamos no “Diccionario de la lengua española”, da RAE, o significado da palabra nación, vemos como na súa primeira acepción, o concepto é definido da seguinte maneira: ”Conjunto de los habitantes de un país regido por un mismo gobierno”. A terceira das acepcións que nos ofrece di así:”Conjunto de persoas de un mismo origen y que generalmente hablan un mismo idioma y tienen una tradición común” De maneira moi sinxela, como calquera dicionario, estas definicións recollen as dúas visións filosóficas deste concepto. A primeira ven a identificar a nación co estado político, e a segunda, a concepción do romanti-

Rubén Cela Membro da Executiva Nacional do BNG

cismo alemán, defende que unha nación desborda o coiuntural dos estados políticos. O romanticismo alemán defende a existencia de nacións independentes e diferenciadas con rasgos constitutivos inmutables (lingüísticos, psicolóxicos, culturais, antropolóxicos...). É o que Herder chamou VOLKSGEIST, que sería algo así como, unha especie de espíritu de pobo que se transmitiría entre as distintas xeracións. A visión xacobina que iguala a nación ao estado político, é intelectualmente moi difícil de soster. Así pois tomemos como exemplo a tres nacións bálticas; Lituania, Estonia e Letonia, e un abano temporal minúsculo na historia da humanidade, o século XX: -Entre 1900-1918 forman parte política da Rusia zarista, polo tanto non serían nacións -Entre 1918-1940 son políticamente estados, xa que logo si serían nacións -En 1940 son anexionadas pola URSS, polo tanto non serían nacións -Entre 1941 e 1944 son ocupadas pola alemaña nazi, seguen sen ser nacións pero agora xa non forman parte da soviética senón da alemá -Entre 1944 e 1991,volven formar parte da URSS,

Autodeterminación: un dereito, unha obriga

O ser humano é un ser social (e diverso) que vive en comunidade. Unha desas comunidades é a nacional. As nacións existen, non por capricho de ninguén, senón que son realidades consubstanciais a nosa especie no momento histórico presente. Son un precipitado político consecuencia da propia esencia humana e da súa diversidade cultural. Polo tanto, negar hoxe a existencia das nacións é como negar a existencia do ser humano.

O concepto de nación non é un concepto antropolóxico, biolóxico ou racial. Fundamentalmente, é un concepto político. Nación é un concepto teórico, como conceptos teóricos son estado ou democracia. Esa abstración conceptual (como a de tantos outros conceptos das ciencias políticas e sociais) non lle resta nin un ápice ao seu carácter de realidade empírica e cunhas raíces obxectibábeis. Falamos de realidades abstractas, pero non por iso, menos reais. Unha nación non é reducíbel a observacións e os

criterios empíricos para detectalas non son unívocos. Iso fai que o concepto de nación sexa calquera cousa menos simple, mais iso non quere dicir que non sexa políticamente delimitábel, tal e como o son outros conceptos xurídicos e políticos complexos. No mundo actual, todo ser humano forma parte dunha nación porque todas nacimos e/ou vivimos no seo dunha determinada comunidade nacional. Sexamos conscientes delo ou non. Sexa esta recoñecida como tal ou non. Iso si, non ten porque coincidir co que pon o noso pasaporte, porque nación non é sinónimo de estado. Nin todas as nacións son estados, nin todos os estados se corresponden cunha nación. Existen nacións que se corresponden cun estado (Portugal), nacións sen estado (Palestina), estados sen nación (Mónaco), nacións divididas por máis dun estado (Corea) ou estados nos que hai máis dunha nación (Estado español). Unha nación non é un estado, pero toda nación –lexítimamente- pode aspirar a se converter nun.

seguen sen ser nacións -De 1991 a actualidade, son estados políticos independentes por conseguinte volven ser nacións.. Calquera lectora ou lector con honestidade intelectual, recoñecerá que non é sostible racionalmente que unha comunidade de individuos no prazo dun século mude catro veces de estatus: Non nación, si nación, non nación, si nación. Os tres estados bálticos son 3 realidades nacionais, igual que o é Catalunya, Euskadi ou Galicia.

O vindeiro 25 de xullo ducias de millerios de persoas camiñaremos polas rúas de Compostela reclamando pacificamente a liberdade para o noso pobo. Desde este humilde medio de comunicación demandamos ás mulleres e homes que voluntariamente deciden asumir as máximas responsabilidades políticas das organizacións que se din nacionalistas; responsabilidade, xenerosidade, pedagoxía, entrega e traballo a tempo completo, para que a visión de Galicia como nación, hoxe moi minoritaria na sociedade galega, sexa un día non moi lonxano un mar azul sen beiras.

opiniÓn Toda nación, polo feito de sela, ten dereito a súa autodeterminación, é dicir, dereito a decidir soberanamente sobre a súa forma de goberno, desenvolvemento económico, social e cultural, a súa organización territorial e uso dos seus recursos. Decidir sobre a súa estrutura política interna e externa sen inxerencias de outras nacións e mantendo un relacionamento con elas en pé de igualdade. Trátase dun dereito inalienábel e inherente á condición de nación. Do seu exercicio pódese dispor –ceder, delegar-, pero a súa titularidade é intransmisíbel. Pode ser negociábel a súa concreción, mais non o dereito. Ningún pobo do mundo ten que pedir permiso para existir nin para decidir o seu futuro. A ningún pobo se lle pode obrigar a renunciar a ser si propio. Toda nación ten a obriga moral de preservar a súa propia existencia, de preservar a propia identidade respectando o resto. Por ese motivo, a autoderminación é un dereito, mais tamén unha obriga que nos concerne a tod@s.


FINAIS DE XULLO 2017

3

opiniÓn Baldomero Iglesias Mero

A patria galega exercida todo o ano Chega o día Da Patria Galega, día de celebrarmos xuntos o feito de ser fillos desta Terra e deste Pobo. Día da Nosa Patria, non “día de Galicia” e outros eufemismos de calado ínfimo que xa, algúns vendidos, aceptaron e pregoan. Día tamén de honra e, que ninguén esqueza, de reclamar o noso diante da usurpación, pois veñen preparados para unha desfeita do que é público, sanidade, educación, … a desfeita do rural, a desfeita das nosas empresas, as que non dependan deles, son os mesmos que inocularon autoodio e rancor. Andan moi postos, nun poder que lles outorgaron votos conseguidos con promesas nunca cumpridas, e encamíñannos á nosa negación, á destrución dos nosos bens. Aí están axudados de traidores que se venderon e mentiron. Medios de comunicación, poder xudicial marcado polos dedos que os nomearon, amiguismos, …

O certo é que se non serven para nos protexer, diante de nós nin para o noso, para que serven eses instrumentos de protección? Aínda así, pregoan os seus feitos fachendosos. Quererán converternos en cómplices do seu desvarío? Mágoa para aqueles que, coma min, ao final agardabamos da xustiza resposta ou un algo de equilibrio, de responsabilidade. De momento non estivo á altura da Patria. Mudos todos diante da desfeita!. A mesma Xunta de Galicia, está de costas a Galicia ou contra dela, desmantela –na desprotexida lexislaciónexplotacións gandeiras e agrarias, industrias e xestión. Teñen falta de previsións e proxectos, empregan sistemas de manipulación ousados, sen que ninguén lles contradiga, crean problemas onde non os había. E fan reclamo dos medios manipulados de control informativa para vender ben a súa maioría abusadora, nun arrebato de enxeño destrutor chegan a aportar solucións máxicas que resultan maquiavélicas e supoñen a todas luces un claro retroceso nos dereitos sociais e na perda dos servizos públicos, xogando así a favor dos seus amigos, os da empresa ou banca privada, xa sabedes, os amigos. Postos xa a analizar e tomar como referencia moitas das normas introducidas, máis en concreto no caso da

Lingua Galega: crearon o problema enfrontándoo co castelán, e –por se non era de abondo- intercalando mesmo o inglés, lingua colonizadora que vende moito, cotiza á alza en bolsa, ese é o seu maior mérito xunto con ser suposta lingua de futuro (os que así se preconizaron no pasado outras linguas, saben que –aquelasmorreron de exceso, de segmentación e desavinza). Crearon un conflito inexistente: a imposición da nosa lingua. Nunca o foi nin o será, por moito que eles digan. A Nosa Lingua xamais foi lingua de imposición, como ninguna lingua do mundo está imposta na súa orixe, para a que naceu. Conseguen que se fale menos galego, que se escriba menos galego, que haxa menos actos culturais galegos.

O dano xa está feito, recuperarse será labor de xigantes. A cousa é moi descarada e fano gradualmente, nas vacacións, pola noite, como quen non quere. Suprimindo, por mor da crise, por mor da modernidade, da xestión avanzada. É inaceptable como nos desposúen da voz e da palabra Nosa, verdadeira, a única que nos é propia e representa, a que nos dá identidade. Esa que tan só é un código máis no universo lingüístico, pero que ofrece a nosa referencia identitaria e –por riba de todo- que nos sitúa no mundo. Anque só fose por iso, a diversidade dános a existencia, terían que estar agradecidos, pois pola existencia como Pobo, eles mesmos existen e, para colmo, gobernan. Dividen e demonizan, feren e insultan, menten case sempre en nome dun progreso que esnaquiza o noso Patrimonio.

Celebraremos a Patria Galega, a pesar deles, con toda a dignidade, con toda a ledicia de saber que ao final, nós seguiremos resistindo, a nosa causa é esta, en pé de Patria e Nación, sentíndonos orgullosos de ser quen somos, de estar en propiedade no que é noso, de exercer como galegos e defendéndonos dos tratantes fala baratos. Teremos memoria para lembrar culpables e feitos, e serán debidamente corrixidos. Saúde, e cante o merlo!

Un Virxilio galego en Evaristo de Sela

Xosé Abilleira Sanmartín Director do IES Pazo da Mercé das Neves

Resulta, desde a nosa perspectiva, tan “épico” o labor de Evaristo de Sela como tradutor de Homero á nosa lingua que este feito pode agochar outras versións realizadas por el mesmo. No caso do mundo grego temos a sorte de dispormos do primeiro Discurso de Demóstenes, tan modélico en canto á retórica clásica, grazas ao traballo de Teresa Amado. Igualmente podemos calibrar o seu dominio amosado nos poetas neohelénicos, como Cavafis, Elytis ou Seferis, na edición realizada pola súa filla, Stella Maris González. Mais neste ano do centenario do seu nacemento en Sela, desexo destacar o seu contributo significativo para o noso coñecemento en galego de composicións de autores latinos tan importantes como Catulo ou Virxilio.

Párome en Virxilio. Evaristo fixo en dous poemas unha adaptación persoal e poeticamente senlleira das Bucólicas, moi concretamente da primeira. Titulou a peza cunha denominación que conecta etimoloxicamente coa do autor latino, “Boieiras”. Dátaa no mes de maio de 1937, na prisión de Caldas de Reis, e nela recolle en bo grao a situación de represaliado do franquismo cun profundo dominio filolóxico e poético do xénero bucólico. Combina recursos varios (cultismos, hapax, invocacións, hipérbatos, paralelismos...), coñecementos e experiencias persoais, elementos da nosa paisaxe e antropoloxía, da nosa cultura popular e literaria. Logra evocar desde un contexto propio certas claves da obra do autor latino, establecendo conexións suxestivas. Convidamos a ler este texto inserido nos “Versos de preso e outras rimas (da guerra civil ó 1975)”, publicados pola citada Stella Maris González. E, de paso, recomendamos o goce da tradución de toda a obra bucólica de Virxilio, xunto a outros autores, realizada marabillosamente por Fernando González na colección “Clásicos en Galego”.

humor: marcos escudero

Os ¨Tonios¨ e as campañas da DGT

cousasdebuxo.blogspot.com.es


4

FINAIS DE XULLO 2017

opiniÓn Juan Karlos Pérez Álvarez Concelleiro de EAJ-PNV

Canarias sen Marea Aos alegres plurinacionais amigos da paz, a xustiza e a democracia do clan de somosaguas, posteriormente denominado Podemos funcionoulles como á maior parte dos movementos autodenominados de esquerdas noutras partes do mundo. Aquilo de xuntar diferentes agrupacións, asociacións e partidos en pos daquilo que en tempos dicíase o bloque histórico. Eles eran o pobo, a vangarda da revolución, os listos e preparados, a punta de lanza. Claro que, agora, necesítanse votos, e necesítase xuntar o máximo posible, aínda que teñan diferenzas insoportables. Claro que o asunto está en que, en casos como o actual, a boa parte do pobo, polo menos durante un tempo, as leas internas, non importan, a xente emite o seu voto. Durante un tempo polo menos. E, devandito se de paso, convén contar as historias con memoria íntegra, porque senón, non é tal cousa. Ás confluencias e mareas, hai que evidenciar a negativa a País Vasco. E, tamén, a Canarias. Si se pode Non, non se pode. Pablo dixit.

Si se pode é unha confluencia de movementos endóxenos canarios ecosocialistas (autodenominados de esquerdas e autodenominados abertzales, ou soberanistas, ou, porque non, ás veces, mesmo independen-

tistas). É dicir, algo similar ao que foi Iniciativa Per Catalunya-Els Verts. Son un conglomerado de formacións pequenas, pero con implantación local, e, con independencia do apoio electoral, tiñan unha traxectoria organizativa e discursiva propia. Cando se constitúe Podemos en canarias, dáse a confluencia entre a natural franquía, do Podemos implantado en Canarias e esta agrupación propia. Claro que, nunca foi fácil. Desde o principio o que manda, é a dirección de Madrid. Como sucede coa Rúa Xénova ou Ferraz, coas outras franquías políticas. E é así que lles ofreceron directamente, ser expulsados do proceso de primarias. Para que os membros de se se pode, non poidan votar. E, por suposto, a diferenza de galegos ou cataláns, ou coa referencia valenciana con Compromis, non teñen portavoz propio no congreso, nin foron ás eleccións cunha marca distinta, a pesar do forte sabor local que, como é evidente, incorporaban. A dirección do partido en Canarias, en mans da sindicalista Mery Pita e o clan de Quino Sagaceta, pola esquerda, ambos de mentalidade estalinista, ameazan con destruír un movemento de carácter soberanista, como xa ocorreu cando o PC destruíu e desarticulou o Movemento Canarias Libre de Fernando Sagaceta e é que quen non coñece a súa

historia está condenado a repetila. Aprender dos erros é necesario, e non se debe criminalizar o feito de cometelos. Proba e erro é un mecanismo para avanzar e fracasando unha ou dúas ou tres veces é unha vía para descartar camiños para logo poder acertar co correcto. Ninguén acerta á primeira. E se isto fose así, non pasaría sempre. É por iso que a historia, non para xustificar nada, senón para poder aprender do que se fixo ben, regular ou directamente mal, é fundamental para coñecer e poder decidir cara ao futuro. E unha decisión fundamental que hai que aprender é que por pequeno ou humilde que uno sexa, é mellor sosterse por un mesmo, que depender doutros. E máis cando esoutro vén doutra nación. Se, España é plurinacional. E Canarias, é unha nación. Tamén para isto. Os partidos políticos son ferramentas ao servizo de fins, ideolóxicos, identitarios e programáticos. Así debese verse pois, que é mellor ser poucos, pero con plena capacidade de ser para decidir, que ser algún máis, pero perder capacidade para elixir o rumbo, o chan e o impulso. É dicir, a ideoloxía, a identidade e a organización. Seguro que en Si Se Pode valorarano. A fin e ao cabo, é o seu futuro e o propio futuro de Canarias o que pode estar en xogo.

máis información en www.ceramicaverea.com

Vivendas de Miami e Florida elixen as tellas Verea Dende a súa fábrica de Mesía (A Coruña), Verea exporta as súas tellas cerámicas a máis de 20 países. A calidade e resistencia das tellas Verea conquistou mercados españois e internacionais e, na actualidade, a metade da produción comercialízase no extranxeiro. No ano 2006, comezou a exploración do mercado de Estados Unidos e América Central onde hai gran tradición pola instalación de tella cerámica e onde valoran especialmente as prestacións técnicas e a facilidade de montaxe

Urb. Altos de la Ría (Cantabria). Tella ‘S’ vermella

Vivenda unifamiliar (Miami). Tella plana gra to

das tellas Verea. Neste mercado, destacan os proxectos de vivendas unifamiliares de Florida (EE.UU). As tellas Verea tamén están presentes en rexións onde as condicións climatolóxicas son extremas, como o continente africano ou Rusia, onde aprezan a durabilidade das tellas Verea, deseñadas para soportar as condicións climáticas máis adversas. Estas tellas superaron con éxito máis de 500 ciclos de xeo-desxeo en probas realizadas en laboratorios externos.

Vivenda unifamiliar (Miami). Blend de tella curva

Vivenda (Pontevedra). Tella curva vermella

Tellas presentes en catro continentes

Verea, máis de

Verea exporta as súas tellas a máis de 20 países de catro continentes.

Verea ten capacidade para fabricar 50 millóns de tellas anualmente. A compañía, con 50 anos de experiencia, está presente en máis de 20 países e conta cun equipo de 45 traballadores. 17

anive

rs

1967

1967 0

-2

50

io

anive

rs

ar

-2

io

años 17

0

ar

Entre outros, as tellas Verea instálanse en Portugal, Gran Bretaña, Bulgaria, Rusia, EE.UU., República Dominicana, Honduras, Panamá, México, Guatemala, Costa Rica, El Salvador, Puerto Rico, Chile, Honduras, China, Corea do Sur, India, Mauritania, Egipto, Angola e Guinea Ecuatorial.

50 anos de experiencia

CERÁMICA VEREA, S.A. Lanzá s/n, 15685 Mesía A Coruña, España Telf: 981 687 053 / Fax: 981 687 071 Email: ventas@ceramicaverea.com www.ceramicaverea.com


FINAIS DE XULLO 2017

5

galicia Entrevista a Joám Peres, portavoz de Causa Galiza

“O 25 de xullo convocamos unha manifestación pola independencia nacional, á que convidamos a todos os independentistas”

Castelao defendía a finais da segunda des algún tipo de recorte nos vosos deO vindeiro día da patria, Causa Galiza volve convocar unha maniguerra mundial a necesidade dunha “loita reitos? festación diferente á do nacionalismo maioritario. A Nova Peneira Inicialmente aplícáronnos “medidas clara e aberta pola nosa independencia conversou cun dos seus portavoces, o vigués Joám Peres. nacional” na correspondencia que man- cautelares” como a suspensión da activitiña co lehendakari basco Aguirre e afastábase das ilusións “federalistas” e “confederalistas” que mantivera no pasado. Hoxe, eses postulados só os sustenta a esquerda española como barreira anti-independentista. Na España actual, semella que estamos vivindo unha etapa perigosa de involución e recorte de dereitos e liberdades. É evidente. Como independentistas vivímolo a diario en propia carne. O vigor que ten a represión política na Galiza é unha das consecuencias dunha Transición que impediu a democratización real do estado de cousas que a precedía.

No mundo alleo á política e ao nacionalismo, Causa Galiza non é unha organización moi coñecida. Cóntasnos a súa historia? Nace no 2007 como iniciativa unitaria para respostar á reforma do Estatuto, aglutinando sectores sociais e políticos que denunciaban a insuficiencia do marco autonómico e reclamaban o exercicio do dereito de autodeterminación e a soberanía. Desde o 2014 é unha organización política que traballa para xerar neste país a masa crítica necesaria para activar un proceso independentista.

E por que non desenvolver esa política dentro do BNG? No 2007, a dirección do BNG apostaba por participar na reforma estatutaria -Estatuto de Nación, ampliación do teito competencial, etc.-. Iso resolvía a túa pregunta. Hoxe entendemos que, cunha retórica mais avanzada, mantén esa perspetiva histórica de reformar o Estado. Cando se reivindica “un Estado plurinacional que permita a convivencia entre iguais” estáse a dicir isto. É obvio que o independentismo, que hoxe é un estado

joám peres

de opinión crecente mais desarticulado, ten pendente a clarificación da súa estratexia, máis conta con vontade política para facelo. Así como en outras nacións do estado as porcentaxes de persoas que apostan pola independencia son moi notables, en Galicia, obxectivamente, é moi minoritario. Non se pode aspirar a convertir en real un proceso político dese calado sen que exista masa crítica suficiente para elo, non? Se quen levantaron o sindicalismo nacionalista neste país argumentasen en 1975 que o SOG non se podía constituir porque “somos poucos”, hoxe a CIG non existiría. O factor cuantitativo pesa, mais sobre todo pesa a vontade de desenvolver un proceso dado. A resposta á minorización social non é ocultar a reclamación da independencia, nen reivindicar “máis autonomía”, senón xerar e organizar masa crítica independentista, facer pedagoxía diaria sobre a necesidade dun Estado próprio e empoderar a nación. A Hespaña con H da que falaba Castelao,non abonda?

Cando dis que o padecedes na vosa propia carne supoño que te refires á “operación Jaro” na que varias persoas de CG, entre elas ti, fostes detidos? En outubro do .015 inician esta operación alegando que facíamos parte dun suposto entramado ilegal destinado á practica da violencia política. Recentemente, a operación tivo a súa “segunda parte”. É unha montaxe política que amosa que neste estado non existen as mínimas condicións democráticas, senón unha persecución por sermos independentistas. En que situación xurídica estades agora? Somos 12 persoas investigadas na Audiencia Nacional en dous procesos distintos. Impútansenos delictos de “integración en banda armada” e “enaltecimento do terrorismo”. O xuíz prorrogou 18 meses este proceso e estamos nun limbo xudicial que pode rematar co arquivo do caso, ou o xuizo a todos ou parte de nós. No caso penso que improbábel de sermos julgados con estas acusacións, enfrentaríamos condenas de prisión de 7 a 17 anos.

Agora mesmo podedes desenvolver a vosa vida con normalidade, ou sofri-

dade política de CG (é dicir a ilegalización de facto), a prohibición de saír do territorio estatal, a obriga de notificar as mudanzas de domicilio e a retirada dos pasaportes. Hoxe, estas medidas foron levantadas, o que é tamén un sinal da inconsistencia xeral do proceso. Cales son as actividades políticas de CG, despois de tervos levantado a suspensión de actividade? Agora estamos nun proceso de reestructuración, captación de militancia e reinicio dun traballo que ten como obxectivo principal introducir na sociedade a necesidade vital da independencia para Galiza. É clarificador, por exemplo, que a decisión unánime do parlamento autonómico reclamando a titularidade da AP9 fose intrascendente frente ao parecer do Goberno español. Ese é o tipo de “autogoberno” que posibilita a autonomía. Que vai facer CG o 25 de xullo? En xuño, convidamos ao BNG e Anova para estudar a posibilidade dun Día da Patria conxunto baixo as premisas de que o estatutismo é un camiño sen saída e é preciso abrir unha vía independentista propia. Un ano máis, foi inviábel. CG decidiu entón chamar á mobilización pola independencia nacional convidando a todos os independentistas que avalen estes postulados. Que vai pasar o 1 de outubro en Catalunya? O proceso catalán evidencia desde a nosa óptica que a posibilidade dunha elevación continuada do teito competencial é fiticia, ou só é posíbel como plano B do Estado frente a un proceso independentista maduro. Esperamos que o pobo catalán vote libremente no seu referendum de autodeterminación e que gañe a opción independentista. Iso, alén de ser bó para Cataluña, agudizaría a crise do rexime e do Estado españois e abriría posibilidades reais para a liberdade doutros pobos como o noso. Moitas grazas.


6

FINAIS DE XULLO 2017

galicia Entrevista a Ana Pontón, voceira nacional do BNG

“se queremos avanzar como pobo temos que confiar en nós, e unirnos na defensa dos nosos lexítimos intereses” A piques de chegar o 25 de Xullo, día da patria Galega, conversamos con Ana Pontón, quen, como sempre, nos atendeu con moita amabilidade. Unha das viaxes máis emocionantes e enriquecedoras que tiven a oportunidade de facer na miña vida levoume entre outros sitios ao oráculo de

Delfos. Se tivera a oportunidade de volver, preguntaríalle moitas cousas,entre elas se Ana, algún día será presidenta de Galicia... Non teño dúbida de que me contestaría que Ana, ten condicións para ser unha magnífica presidenta... lego, en vez de fomentar o orgullo pola nosa lingua, que ademais nos comunica con millóns de falantes en todo o mundo. O BNG da o debate político e social desde as institucións nas que gobernamos, mais é evidente que os instrumentos máis potentes para normalizar o galego están en mans da Xunta de Galiza.

Como levas o feito de estares percorrendo o país de esquina a esquina constantemente? Entre as viaxes e o teu traballo parlamentar,quédache algo de tempo para a vida persoal? O certo é que levo uns cantos miles de quilómetros, non me deu por contalos así que non podo darche unha cifra exacta... Recoñezo que hai días que chego un pouco cansa, pero como miles de traballadores e, sobre todo, de traballadoras neste país, e teño tamén a recompensa do afecto da xente cando te achegas a ela. É fundamental escoitar e achegarse ás persoas, a proximidade axuda a avanzar e romper prexuízos contra a política. A miña vida persoal ten un espazo máis reducido, e o certo é que é algo que boto en falta. Por sorte rodéanme persoas moi compresivas, que me apoian e entenden que non teño tanto tempo libre como antes.

En relación coa pregunta anterior, e sobre a decisión dunha deputada doutro grupo parlamentar. Consideras que se pode defender os intereses das mulleres e homes que te votaron, a tempo parcial? Non son quen para valorar as decisións doutras persoas. Pola miña experiencia, a responsabilidade de deputada esixe dedicación completa, porque non concibo ser parlamentaria só para ir aos plenos e as comisións, senón para moverte e estar en contacto cos problemas e demandas do pobo.

Como sabes,nós somos un xornal do sur de Pontevedra,co teu permiso vou arrimar a sardiña á nosa área de influencia e quería pedirte que me de-

finas a modo de titular xornalístico ás seguintes persoas: Sandra González: A mellor alcaldesa do Baixo Miño, unha referente persoal e política Pepe Represas: un home que fixo de escoitar a súa principal virtude Xosé Rodríguez: un novo valor do BNG, unha gran persoa e alcalde Leticia Santos: un exemplo das novas xeracións de mulleres que veñen pisando forte, con coraxe e intelixencia. Félix Juncal: tenacidade, amante do seu pobo e cunha xestión brillante.

Manu Lourenzo de Soutomaior, será o vindeiro alcalde do BNG na nosa área de influencia? Estou convencida, vendo o traballo do BNG en Soutomaior, que Manu será alcalde neste concello e iso sería unha grande noticia para todos os veciños e veciñas.

Recentemente publicouse un estudo sobre os hábitos lingüísticos do concello de Moaña, e a conclusión era estarrecedora. Só un 4% de nenos e nenas desa vila falan en galego con regularidade.Todos os datos sobre o uso do galego nas xeracións máis novas son dramáticos. Como valoras a política lingüística da Xunta? E que está facendo o BNG para combater esa situación? A situación do galego é moi preocupante. Teño claro que a perda de falantes non é un proceso natural, responde a un deseño político que executou con frialdade o Goberno de Feijóo, e a perda de falantes ten moito a ver cun discurso que alentou todos os prexuízos contra o ga-

Cal é a túa opinión do acontecido en Sanxenxo? algunha vez viches un caso semellante, no que un alcalde dimita a metade de mandato para regalarlle a alcaldía ao xefe da oposición, e pasar el a ser tenente de alcalde? Sanxenxo é hoxe a zona cero do transfuguismo e o acontecido é un pelotazo á democracia. Demostra o nerviosismo do PP ante as municipais e demostra que están dispostos a todo, a comprar vontades ou ao que faga falta.

Oia, Sanxenxo, todo indica que Tui será o seguinte... Semella que hai unha estratexia do PP, para a través de mocións de censura ou estranos movementos como en Sanxenxo, acadar alcaldías que non conseguiron nas eleccións do 2015. Non che parece? É tal cal, o grave é que non é algo novidoso senón unha vella práctica do PP. Quizais a xustiza debería investigar estas operacións...

O da AP9 é a historia dunha frustración perpetua? O da AP9 é a historia dunha estafa legalizada e unha mostra do agravio a Galiza. Só cambiaremos a situación cando os galegos podamos tomar decisións e deixen de xestionarse desde Madrid. Se o goberno de Rajoy ten máis de 4.000 millóns de euros para rescatar as radiais madrileñas, por que non esixir o mesmo para Galiza? Se vascas e cataláns xestionan desde hai décadas autoestradas similares, por que temos que ser menos? O que máis me preocupa é que Feijóo neste tema dá a sensación de que se está marcando un farol e que todo é un paripé. E así é imposíbel avanzar como país.

Galicia é un país cun moi deficiente transporte público.Cal é a opinión do BNG da política da Xunta en relación a este tema tan importante? É evidente que o transporte público en Galiza é unha materia pendente. Non hai un plan serio e real, nin unha aposta por unha visión integral da mobilidade. A

Xunta neste terreo leva dando tombos e creou un conflito porque pon en risco o emprego no transporte por estrada e quere converter nun negocio para uns poucos un servizo público. Sería clave unha aposta polo tren, con servizos de proximidade, impulsar o transporte de ría e modernizar e adaptar as necesidades da Galiza de hoxe o transporte público, reforzando liñas, servizos e calidade do servizo.

Estes días veu a luz un estraño “estudo ”que viña a dicir que a única solución para o monte galego era o “eucalipto ou nada”.Cal é a opinión do BNG ao respecto da política forestal? A política forestal do PP é un fracaso. O monte galego precisa un cambio de rumbo, temos un potencial enorme que se está desaproveitando. A política forestal do país marcouna Ence e agora temos un grave problema ambiental, social e económico. O descontrol do eucalipto atenta contra o medioambiente, mais tamén vai provocar unha caída dos prezos. Os países máis avanzados do noso entorno apostaron por madeiras de calidade e pola multifuncionalidade do monte. Ese debe ser o camiño, así como abordar o problema da ordenación do territorio, actuar decididamente contra a fragmentación do monte galego, apoiar o potencial dos montes comunais, un Plan de usos e aproveitamentos multifuncional do monte, unha política fiscal e tributaria que alenten o coidado do monte e medidas que eviten que o noso territorio siga enchéndose de eucalipto sen control.

Rematamos Ana, velaí tes as nosas páxinas para transmitir no nome do BNG a mensaxe que estimes ás nosas lectoras e lectores? Primeiro, o meu recoñecemento a proxectos como A Nova Peneira, que son imprescindíbeis no panorama informativo galego. Segundo, invitar a todos os lectores e lectoras a participar na mobilización do 25 de Xullo en Compostela, unha manifestación aberta a todas as persoas que levan Galiza no corazón e que pensan que necesitamos forzas políticas propias. E terceiro, animo a que pensemos que se queremos avanzar como pobo temos que confiar en nós mesmas e unirnos en defensa dos nosos lexítimos intereses. Esa é a unión na que confía o BNG, a dos galegos e galegas que aspiramos a vivir na Galiza que queremos e soñamos.


FINAIS DE XULLO 2017

7

a louriña

Entrevista a Vicky Alonso, nova secretaria local do PSdeG de Mos

“Estamos firmemente decididas a artellar un proxecto serio e solvente para levar ao PSOE ao goberno de Mos” Após a dimisión do seu anterior voceiro Alfonso Parada,o PSOE de Mos, vivía sumido nunha especie de brétema sen saber moi ben que camiño seguría. Se cadra, nunha situación de analoxía mimética co resto do socialismo, en consonancia coa infausta etapa da xestora do estado que amenazou seriamente con diluir as fronteiras que aínda separan a este partido do PP. A victoria de Pedro Sánchez nas primarias semella que abre un novo tempo de esperanza para o partido socialista. As mulleres

e homes que militan no PSOE mosense, non queren quedar atrás e veñen de anovar á súa executiva. Como secretaria local elixiron, a unha rapaza moi nova, Vicki Alonso, natural de Torroso, de 28 anos de idade. Conversamos con ela para coñecela mellor. Na conversa acompañáronnos dúas persoas máis da nova dirección; Emilio secretario de acción política e Olaia, secretaria de organización.

ceso pacífico, democrático, sano e relaxado.

Eu teño a impresión de que o proceso do psdg vai quedar reducido a unha pugna entre Gonzalo Caballero, e Valentín Gozález Formoso. É probable, pero só o tempo o poderá confirmar. En calquera caso agardamos que o proceso se resolva ben.

Semella que a victoria de Pedro Sánchez abriu novas expectaivas positivas para o partido socialista? A militancia está moi motivada, hai un novo espírito de traballo e ilusión para levar ao PSOE a ser novamente un partido de goberno.

Recentemente Gonzalo Caballero amosou a súa disposición para postularse á secretaría xeral do PSDG, como o vedes? Ben, pois lícito e lexítimo, como non podía ser doutra maneira. Espero que sexa un pro-

Pero no PsdG segue habendo un clima crispado? Ás veces parece que o noso peor inimigo somos nós mesmos. Pero eu prefiro miralo en positivo. Esto non é un partido dixital como o PP. Aquí todo o mundo ten opinión e hai debate político libre e plural. Os ánimos semella que se van normalizando, pero ata hai pouco o clima estivo moi crispado. Vicki,cóntanos sintéticamente a túa historia persoal Ben, eu son de Torroso, son licenciada en ADE, estou sufrindo o cancro de nosa xeración, o desemprego. Eu sempre me sentín identificada coa socialdemocracia federalista do

PSOE, alén de empatizar coa súa historia no goberno do estado de loita pola igualdade e de beneficiar ás maiorías sociais.

Como valorades a situación política de Mos? Nós entendemos que o goberno do PP, é nefasto para este concello. Considero que a súa victoria electoral xorde máis do demérito da oposición que da súa acción de goberno. Estou firmemente decidida a artellar un proxecto de oposición serio e solvente que poña as condicións para ofrecer á cidadanía o PSOE como seria alternativa de goberno. Por outra banda, salvando honrosas excepcións, a prensa está manipulada polo PP e só contan o que interesa ao goberno municipal. A situación económica do Concello como é, ao voso xuizo? Catastrófica e vergonzosa.

Como valorades a demisión da concelleira Kelly Monzón. Responde a unha situación persoal unicamente, ou ao voso xuizo hai algo

máis? No PP ninguén dimite por problemas persoais,eso é o que nos venden, pero soa máis a excusa que a unha razón real.

A túa vontade Vicki, é ser a candidata do psoe á alcaldía de Mos, nas eleccións do 2.019? De momento non toca ese debate. Imos ver, cando alguén asúme a máxima reponsabilidade, libre e voluntariamente, dunha organización política, será por algo, non por mero afán figurativo? Claro, pero o único que te digo é que cada proceso político leva o seu tempo

E a organización detrás non, Emilio? Por suposto para todo o que precise. -Emilio Muiños, un veterano socialista, aproveita emocionado para mandar unha agarimosa aperta á familia e achegados de Alfonso, outro veterano socialista mosense recentemente falecido.Moitas grazas.


8

FINAIS DE XULLO 2017

publicidade


FINAIS DE XULLO 2017

9

galicia

A Deputación reivindica a memoria das vítimas do alzamento de 1936 coa exposición ‘Rexas, mulleres baixo o terror franquista’ A mostra, que pasará polos concellos de Silleda, Tui, Marín, Nigrán e Pontevedra, aborda a represión sufrida por 172 pontevedresas

A Deputación de Pontevedra reivindicará a memoria das vítimas do alzamento de 1936 coa exposición ‘Rexas. Mulleres baixo o terror franquista’: unha escolma da historia de represión sufrida por 172 pontevedresas que foron perseguidas, asasinadas, encarceradas e, ademais, polo feito da súa condición de mulleres, soportaron tamén vexacións de corte sexista. A mostra, que foi presentada hoxe pola presidenta Carmela Silva e o deputado de Cultura Xosé Leal no Pazo provincial, percorrerá ata final de ano os concellos de Silleda, Tui, Marín, Nigrán e Pontevedra. Esta exposición, organizada dende o departamento de Cultura, mantén o traballo do novo goberno provincial sobre a memoria das represaliadas e represaliados no primeiro plano, unha cuestión que segundo o deputado Xosé Leal “está a ser unha constante neste mandato”, xa que o tratamento da memoria e

das mulleres “son claros compromisos”. Leal destacou que as mulleres sufriron un maltrato moito máis duro que a dos seus homes ou familiares tras o alzamento, xa que ademais de soportar os asasinatos das súas persoas máis achegadas, o réxime tamén as castigou durante moitos anos “perpetuando a súa dor, sen poder chorar aos seus seres queridos porque había xente detrás que estaban azuzando para que non o fixeran. Eran realmente mulleres ‘rexas’, como di o título da exposición”. O deputado recoñeceu e louvou o traballo das asociacións por recoller os acontecementos históricos e contribuír á mostra, agradeceu aos familiares das vítimas que manteñan viva a memoria, e salientou o interese mostrado polos concellos na iniciativa da Deputación. 78 imaxes de mulleres A comisaria da exposición,

Montse Fajardo, explicou que a exposición conta as historias de 172 mulleres, algunhas delas feitas públicas por primeira vez, a través de 78 fotografías. “Somos conscientes de que moitas non aparecen, moitas quedaron no camiño, pero esta é unha homenaxe a todas as mulleres que sufriron a ditadura”, sinalou. A mostra, segundo dixo Fajardo, está dividida en tres bloques, sendo o primeiro o da contextualización histórica, que conta que o golpe de Estado supuxo unha quebra dos dereitos da República tanto no relativo ás clases como dende o punto de vista das mulleres, que despois pasaron a ser tratadas “como menores de idade ou sempre dependentes de varón”. A segunda parte da exposición, a máis longa, analiza as diferentes tipoloxías de represión e mostra que, a pesares de que as cifras amosan que os homes son maioría nas listaxes de vítimas, as mulleres non só padeceron as

mesmas tipoloxías de represión ca eles, senón que ademáis foron obxecto de vexacións de corte sexista aplicadas non só a aquelas cidadás significadas política ou sindicalmente, senón tamén ás familiares de homes perseguidos: foron rapadas, agredidas sexualmente, tatuadas, arrastradas con cordas ou obrigadas a bailar espidas diante da xente. Finalmente, a comisaria explicou que a terceira e última parte da mostra dedícase a recoñecer o labor solidario e resistente das mulleres, o seu apoio imprescindíbel á guerrilla, aos fuxidos, á xente presa e ás súas familias, ás viúvas e criaturas orfas, así como o seu protagonismo na transmisión da memoria. “O seu legado é a nosa mellor herdanza. Temos que agradecer aos familiares que comparten con nós as súas historias para que non deamos a esquecemento. Grazas por dicir sempre que si á memoria”, finalizou Fajardo.

Persoas significadas que defenderon valores de liberdade Na presentación da mostra estivo presente Pepe Pereiro, cuxas familias tanto paterna como paterna sufriron a represión: matáronlle ao avó e varias mulleres da súa familia foron rapadas. Pereiro aplaudiu á Deputación pola súa iniciativa e asegurou que “é de agradecer que se fagan estas cousas porque sempre se fala de contar a verdade, da xustiza e da reparación e estes traballos fan que haxa máis datos. Reparar non é posible porque a perda dunha vida non se repara, pero penso que a

miña avoa Elena estaría intimamente satisfeita”.

Así mesmo, Pereiro quixo tamén reivindicar que a historia da represión “comezou nas ideas progresistas que se estaban a acadar naquel tempo e que tiñan as persoas que mataron. Foi unha morte programada porque sabían moi ben a onde tiñan que ir buscar e a quen: aos que se significaran socialmente nos anos previos defendendo o laicismo, os dereitos laborais…”.

Neste sentido tamén incidiu a presidenta Carmela Silva, quen hoxe pechou o acto de presentación da exposición. Silva subliñou reivindicou a dobre represión que sufriron as mulleres no golpe do 36 e sinalou que, ao poñer nome e rostro ás vítimas ante a sociedade, estase tamén a reivindicar a II República e os seus valores de liberade, xustiza, igualdade, democracia e legalidade. “Elas defenderon o xusto, a construción dun mundo mellor. Estas mulleres eran o mellor da sociedade pero foron silenciadas, por iso paga a pena destacar a súa presenza na nosa historia”, dixo. A exposición ‘Rexas. Mulleres baixo o terror franquista’ estará do 12 ao 30 de xullo na Casa do Concello de Silleda; do 3 ao 30 de agosto na Área Panorámica de Tui; do 1 ao 30 de setembro no Museo Municipal Manuel Torres de Marín; do 13 de outubro ao 7 de novembro no Auditorio Municipal de Nigrán; e do 10 de novembro ao 10 de decembro no Pazo provincial da Deputación en Pontevedra.


10

FINAIS DE XULLO 2017

galicia

En Marea pide a dimisión do conselleiro de Educación por actuar de costas á comunidade escolar e ao Parlamento Anpas e profesorado de centros pechados declararon tralo debate que a consellería non se puxo en contacto con eles en ningún momento e que as razóns "educativas" ás que se alude non teñen sentido

luca chao sinalou que a Xunta favorece sistematicamente ao ensino privado

En Marea pediu a dimisión do conselleiro de Educación pola súa actuación no anunciado peche de centros en catro localidades galegas: As Pontes, Outes, Ribadavia e Porriño. Coa presenza na tribuna de invitados de nais e pais dos centros que pechou a consellería, Luca Chao pediu que o conselleiro dimita do seu cargo por ter ocultado á comunidade educativa e ao propio Parlamento de Galicia tras intervir no pleno anterior e non explicar os planos que tiña a consellería para esos colexios. A deputada de En Marea asegurou na

súa intervención o carácter ocultista con que se está xestionando a Consellería de Educación, ademais de ignorar ao Parlmento "Ignoran ás familias, ignoran aos sindicatos, ignoran ao profesorado, ignoran as nenas e nenas que non queren que lles pechen as escolas. Mesmo ignoran aos seus concelleiros e concelleiras, por exemplo nas Pontes, avergoñados de formar parte do seu partido". Tamén sinalou Chao que o que a consellería denomina "reorganización" vai prexudicar á comunidade escolar de todos os centros afectados. "estes peches son un erro. Son un erro porque pechar escolas

supón que outras van estar ateigadas, supón que nas aulas onde antes tiñamos vinte estudantes agora teremos 30, supón que o profesorado non vai dar abasto, supón que haxa unha atención menos personalizada. E iso, sábeo ben, redunda en prexuízos para quen máis precisa. Pechar escolas supón menor calidade para o ensino público. Supón, en definitiva, menos dereitos". Luca Chao sinalou na súa intervención no Parlamento que a política do PP está clara respecto á Educación "Dende que vostedes chegaron ao goberno o ensino público acumulou unha perda de 195 millóns de euros. 195 millóns de euros menos que teñen implicacións claras. Vostedes son os responsables de que o ensino público galego conte hoxe con 1200 docentes menos. Teñen tamén o récord de ter pechado en 8 anos 116 escolas e 562 aulas suprimidas. E isto sen sumar os deste ano. Todo en base a criterios económicos que non ven máis aló de aforros curtopracistas e comprometen o futuro de comarcas enteiras". A deputada tamén se referiu ao xeito en que o goberno disimulaba as decisións de pechar con outras denominacións,"criterios pedagóxicos, unha auténtica burla coa que tratan de disimular o despropósito deste ano polo cal deciden pechar a escola de Navascués en Outes e o Monte Caxado nas Pontes. Seica agora aforrar

non queda ben e prefiren falar de criterios pedagóxicos. Hai que ver coa neolinguaxe do partido popular. Onde hai peches vostedes falan de extincións, onde hai recortes vostedes falan de optimizar recursos e onde hai criterios políticos e económicos vostedes falan de criterios pedagóxicos". Declaracións de representantes das Anpas e profesorado tralo debate

Representantes das Anps e do profesorado dos centros que pechará a consellería explicaron que estaban "indignadas coas palabras do conselleiro de Educación sobre a situación dos centros". En primeiro lugar, porque a consellería "en ningún momento se puxo en contacto con nós antes do peche, nin co profesorado nin coas anpas". Tamén explicaron nais do centro de Outes que o explicado no pleno non se correspondía coa realidade porque coa anpa dese centro non se puxo ninguén en contacto e mesmo que "o deputado do PP e tenente alcalde de Outes explicounos que non quería falar con nós porque estabamos moi nerviosas".

As nais tamén lamentaron que as razóns "pedagóxicas" as que aluden en Educación "tampouco foron consultadas co profesorado ou coas anpas dos centros".


FINAIS DE XULLO 2017

11

galicia x. M. G.

A Irmandade Xurídica Galega reclama máis galego na Administración

Facultade de Dereito da USC, coa participación do Concello de Compostela e da Xunta de Galicia.

A lingua galega na Administración de Xustiza segue en porcentaxes inferiores ao 20%. Todos os esforzos parecen ser poucos para a normalización neste eido. Malia a existencia de gabinetes lingüísticos en audiencias provinciais ou no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o número de documentos xurídicos emitidos en galego son irrisorios.

Ante esta situación naceu a Irmandade Xurídica Galega (IXUGA), como unha expresión de profesionais do Dereito que, preocupados e comprometidos co futuro da lingua, decidiron organizarse en irmandade. En todo caso, a IXUGA intégrase nunha cons-

telación máis ampla chamada Galeguizar Galicia, que agrupa a distintas iniciativas a prol do galego en diversos sectores: sanidade, Administración, comercio, empresa... O 10 de xuño a IXUGA celebrou a súa asemblea anual. Durante o acto ingresaron trinta novos membros. Ano tras ano aumenta a presenza de persoas decididas a fomentar o galego na Xustiza. Sen dúbida un traballo que merece a máis sonora das loas.

No contexto desta asemblea tamén se homenaxeou a Fermín Penzol (rexistrador da propiedade e filántropo nacionalista). O día antes, 9 de xuño, descubriuse un busto na entrada da

A IXUGA tamén valorou a situación sociolingüística. Consuelo Castro, avogada do Estado en Galiza, reclamou a inclusión da lingua galega nos programas informáticos cos que traballan en Xustiza e nos órganos periféricos da Administración Xeral do Estado (Facenda, Seguridade Social, Tráfico...). Esta eiva, segundo indicou, provoca que un funcionario do Estado non poida presentar un informe técnico pola vía dixital ao non existir a opción do galego. A Irmandade Xurídica conxurouse ante o público e o secretario xeral de política lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, en continuar no uso, divulgación e demanda do galego. No ambiente xeral notouse que é a sociedade civil quen lidera o proceso de normalización lingüística, sen necesidade de agardar por ninguén e pasando da pasividade á acción. Porque o galego é un compromiso cotián.

Salceda homenaxea os 50 anos do Teleclub da Feira no Estourazo

O pasado sábado 15 Salceda deu o pistoletazo de saída das Festas do Cristo e fíxoo ás 22:00 horas dende o balcón da Casa da Cultura Castelao, co xa tradicional “estourazo”. Este ano os encargados de disparar ese estourazo foron os veciños e veciñas do barrio da Feira en homenaxe aos 50 anos de historia do seu “teleclub”, que hoxe en día se reflicten na Asociación Cultural A Feira. A A. C. A Feira celebraba este aniversario o pasado día 2 de xullo, e precisamente nese día o Alcalde de Salceda, Marcos Besada, aproveitou para anunciar a elección desta asociación para realizar o estourazo, nomeamento que foi agradecido polo presidente do Centro Cultural Fermín González. Salceda sempre se caracterizou polo seu dinamismo social e o seu importante tecido asociativo, que contribúe día a día na difusión de Salceda a nivel cultural, social, deportivo… Así pois, este recoñecemento vai non só para o teleclub da Feira senon para o tecido asociativo en xeral, con especial mención aos centros culturais existentes en cada unha das parroquias do muni-

cipio. O Estourazo estivo precedido do desfile da Agrupación Gaiteira de Salceda, que reúne cada ano a ducias de gaiteiros/as e percusionistas de Salceda e arredores que se xuntan anualmente para a ocasión. Salceda dá así comezo ás súas festas máis tradicionais, que culminarán o vindeiro luns 17 de xullo, festividade local en Salceda. Teresa Pérez, Concelleira de Cultura: “O do centro cultural da Feira parécenos un recoñecemento máis que merecido, pois non tódalas asociacións poden celebrar 50 anos de traballo constantes como este caso. O Concello agradece así a labor realizada, e pretendemos facer partícipes a tódolos salcedenses deste aniversario. Salcedenses distinguidos Por outra banda,dentro da programación das festas do cristo deste ano, produciuse o nomeamento das salcedenses distinguidas.Neste caso o nomeamento recaeu en tres mulleres:Leoncia Pérez;a primeira muller na corporación municipal de Salceda.Grazas a ela, as actas dos plenos comezaron a redactarse en lingua galega.Conchi Sarmiento;Mestra en distintas localidades.Desenvolveu modernos e novidosos métodos pedagóxicos de aprendizaxe.-Carolina Rodríguez;excelsa cociñeira que tivo unha grande responsabilidade en que a tradición dos callos se espallara polo noso concello.


12

FINAIS DE XULLO 2017

publicidade


FINAIS DE XULLO 2017

13

a louriña sAlcedA

O pOrrIñO

Movemento Salceda: O PP de Salceda non vai conseguir boicotear a construcción do novo Centro de Saúde

Aberto ao público o Parque Infantil do Cristo, logo dunha reforma integral e a colocación dun novo bambán para persoas con diversidade funcional

O Goberno Municipal acusa ao Partido Popular de Salceda de boicotear o proceso de construcción do novo Centro de Saúde, antepoñendo os seus intereses partidistas ás necesidades sanitarias dos veciños e veciñas de Salceda. A día de hoxe tódolos requerimentos recibidos no Concello por parte do SERGAS foron contestados, polo que non existe constancia de que sexa preciso aportar ningunha outra documentación para seguir adiante co proceso suscrito no convenio asinado polo Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña e o Alcalde de Salceda, Marcos Besada Pérez, o pasado 26 de marzo de 2016. As novas recibidas nos últimos días chegaron a través dos medios de comunicación, pero non se recibiu ningún novo requerimento no Concello. Sorprende que a nota de prensa non proveña da Consellería de Sanidade ou do SERGAS, senon do Gabinete de Prensa da Delegación da Xunta en Vigo e estea plagada de datos erróneos que máis ben fan pensar que detrás de todo existe unha estratexia de poñer excusas absurdas e ademáis imposibles de cumprir, ao dictado dos intereses do Partido Popular de Salceda e do seu portavoz que están perxudicando gravemente as necesidades sanitarias dos veciños e ve-

ciñas de Salceda e poñendo paus nas rodas á execución do Centro de Saúde comprometido no Convenio. En vista de que no Concello non consta ningún requerimento oficial de nova documentación, nin comunicación por parte do SERGAS nin da Consellaría de Sanidade da existencia de problema algún, o Concello ven de solicitar a convocatoria da Comisión de Seguemento previsat na cláusula 7ª do Convenio asinado, seguindo os criterios de seriedade e respeto mútuo institucional, criterios que se seguiron ata o momento e que entendemos deben de rexir para o obxectivo final, que non é outro que a construcción do novo Centro de Saúde de Salceda para dar resposta ás demandas dun servizo sanitario público de calidade aos veciños e veciñas de Salceda. Marcos Besada: “O PP de Salceda e o seu portavoz seguen intentando entorpecer por todos os medios ao seu alcance e á desesperada a construcción do novo Centro de Saúde de Salceda, como ven facendo dende o 12 de maio de 2011, data da cesión ao SERGAS en Pleno da parcela de 3.001,56 m2 para a construcción do Centro. Mal que lles pesenon van conseguir o seu obxectivo. O pobo de Salceda non llo vai permitir”.

proxecto, desenrolado por HPC Ibérica, un total de 34.000€, incorporando un novo chan de caucho continuo ‘anti-impacto’, o devandito bambán para persoas con diversidade funcional– orzamentado en 4.000€- o peche do perímetro e a colocación de entradas ‘anti-can’.

Dende principios de mes está aberto ao público o parque infantil do Cristo logo dunha reforma total do mesmo que abrangue a arranxo duns bambáns e substitución doutros, a retirada do chan de área e a colocación dun novo xogo adaptado a persoas con diversidade funcional, como adiantara o concelleiro de Parques e Xardíns, Orlando Márquez, hai unhas semanas. En total, o Concello investiu neste

Orlando Márquez, que este xoves estivo acompañado por Israel Mercader, que como noutros traballos do Concello, asesorou neste proxecto sobre integración e accesibilidade, sinalou que nas vindeiras semana empezará o labor para acondicionar tamén os parques do Centro Social de Atios, de Orbenlle, e A Forna, na parroquia de Budiño, os do centro social de Pontellas, o de Fontevella, na rúa Pío XII, ou o do Matadeiro, á beira do Louro.

O pOrrIñO

Convocado o Certame de Fotografía ‘Viaxando’ 2017 nizan o Certame de Fotografía Viaxando, que este ano chega a súa 11º edición.

Este concurso está destinado a mozos e mozas de 12 a 35 anos, sendo a data límite de presentación das fotografías o 22 de setembro de 2017.

Un ano máis, Oficinas Municipais de Información Xuvenil (OMIX) DO Porriño, A Guarda, Gondomar, O Rosal, Tomiño, Salceda de Caselas, Baiona e o Espazo Xove de Tui, orga-

O tamaño das fotografías debe ser de 20×30 centímetros e a temática ten que ter relación co título do certame, “Viaxando”. Este ano o premio para o gañador, ou gañadora, será unha tablet.


14

FINAIS DE XULLO 2017

negocios con historia MOs

Supermercado Puxeiros

Na rotonda de Puxeiros, a carón do histórico bar Casa Gallardo érguese unha desas encantadoras tendas de barrio, nas que podemos atopar un xénero de calidade superior alén do acubillo e o acougo de quen aínda

Eva ti es de Puxeiros? Eu nacín en Dornelas, malia que vivo en Puxeiros e durmo en Guizán.

Cando abriches o negocio? Eu collino no ano 2001. Hai xa 16 anos, pero esta tenda ten moita historia, o súper abriuno a señora Norma, hai aproximadamente 40 anos.

Antes do 2001 cal era a túa profesión? Pois eu era cociñeira nun restaurante

de Vigo, pero por esas cousas que ten a vida, enredáronme un pouco e aquí cheguei, e moi satisfeita por certo.

Como comezou todo? Comezamos unha prima miña, que foi a que me leou, e máis eu, que xa era unha moi boa clienta deste negocio cando o atendía a anterior propietaria. Ela só estivo un ano, e logo quedeime eu soa. A verdade eu arrisquei moito, deixei todo por isto.

pode presumir de entender o negocio de maneira humana. Falamos coa súa propietaria Eva Lorenzo E a valoración global destes 16 anos, como é? Enormemente positiva, especialmente os primeiros anos. Agora nótase a crise, asemade está o tema das grandes superficies que cada vez son máis numerosas. Agora non é como antes, pero en xeral a valoración é positiva.

A clientela é da contorna de Puxeiros? Si, malia que moita xente de paso tamén nos distingue coa súa compañía. Quería aproveitar a oportunidade que me da A Nova Peneira para render unha emotiva homenaxe a unha gran cantidade de clientes, máis que clientes diría amigos, que nos acompañaron fielmente ano tras ano e que xa faleceron.

Desde fóra, o alto de Puxeiros semella un lugar de paso.Hai vida de barrio en Puxeiros, a xente do alto séntese de aquí? Eu penso que si. Hai vida de barrio e a xente de Puxeiros é de Puxeiros. Fíxate, houbo un momento non moi lonxano en que este barrio foi un lugar de veraneo. En case 17 anos que levas aquí, supoño que terás vivido todo tipo de

anécdotas, non? A verdade é que si. Algunhas moi divertidas, e outras verdadeiramente desagradables. Pero ben é o que ten tratar con tanta xente diversa, durante tanto tempo. Ata quitarlle langostinos debaixo da saia a unha persoa que veu roubar...

Cales son os produtos que oferta Súper Puxeiros? Unha gran variedade. O noso forte é a alimentación pero tamén dispomos dunha ampla gama de produtos para o fogar... E a filosofía do negocio? Dar a máxima calidade ao mellor prezo posible. Eu trato de darlle o mellor aos clientes sempre.

Que vantaxes ten consumir nunha tenda como a túa no canto de facelo nunha grande superficie? Esta é unha tenda de barrio, é comercio de proximidade, e consumir no comercio de barrio, da vida e beneficios a todo o barrio. Se este se quedase sen comercios, se tivesemos que desprazarnos ata unha grande superficie para mercar, pois o barrio remataría por morrer. Remato mandándolle unha aperta enorme a toda a miña clientela. Grazas a eles existimos e aquí estamos para o que precisen.


FINAIS DE XULLO 2017

15

a louriña MOs

Os socialistas de Mos denuncian a ‘insensibilidade do PP coas persoas sen recursos’

‘As persoas con poucos ou sin recursos de mos aparte de axudas basicas tamén teñen dereito a ir os programas de termalismo organizados pola deputación’ Sinalan dende o PSdeG de Mos. A Deputación de Pontevedra puxo o servizo de todos os veciños da provincia de Pontevedra 4434 prazas dentro do programa Depotermal, das cales 434 prazas son destinadas a persoas sen recursos. Unha vez finalizado o prazo puidemos comprobar que o Concello de Mos non solicitou adherirse o programa Depotermal, onde os veciños sen recursos non poderán beneficiarse das vantaxes do programa. Os Socialistas de Mos denunciaron a pouca sensibilidade do goberno do PP de Mos, onde presumen de estar o carón dos veciños e especialmente dos máis necesitados, pero a realidade e ben distinta, xa que estes veciños foron totalmente esquecidos e desatendidos por este goberno. ‘Quédanos claro que non estamos en campaña electoral, e que a alcaldesa actúa caprichosamente en contra da Deputación. Estando o mesmo tempo moi entretida en resolver problemas nos concellos limítrofes olvidandose das necesidades primordial no seu Concello.’ En palabras do PSdeG de Mos.

Comunidades da Asociación Forestal de Galicia explícanlle aos grupos parlamentarios a situación dos montes veciñais A AFG, logo de tres anos de reunións infrutuosas con Medio Rural, opta por amosarlles aos parlamentarios, sobre o terreo, a situación real dos montes veciñais galegos Á primeira visita na que participaron parlamentarios do BNG, seguirán as de En Marea e PSdeGPSOE, quedando por concretar a do Partido Popular.

O pasado sábado, día oito de xullo, comunidades de montes do sur da provincia de Pontevedra, todas elas socias da Asociación Forestal de Galicia (AFG), acolleron a primeira das visitas forestais que a asociación e estas comunidades poñen en marcha de cara a dar a coñecer a realidade dos montes veciñais de Galicia. Logo de tres anos de reunións coa Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, “sen que estas deran en ningún momento deron o froito agardado”, afirman dende a Asociación, tomouse a decisión de convidar a todos os grupos parlamentarios a unhas visitas forestais de tal xeito que puideran coñecer, sobre o terreo “non só a situación actual dos montes veciñais de Galicia, senón tamén os problemas cos que se atopan os veciños e veciñas encargados da xestión destas propiedades e as súas demandas”. O grupo parlamentar do BNG, co deputado por Pontevedra, Luís Bará e outros cargos da organización, foron os primeiros en participar nesta iniciativa o pasado sábado, percorrendo os montes das parroquias de Ribadetea, Xinzo e Guláns (Couso) todos eles en Ponteareas, amais do da parroquia de Mos, no concello do mesmo nome.

Os parlamentarios estiveron acompañados, ademais, por representantes doutras comunidades de montes, non só de Ponteareas, senón de concellos como Salceda de Caselas, Mos e O Porriño, mentres que por parte da AFG participaban os enxeñeiros Carmen Boente e Xosé Covelo, o responsable da Área Económica, Daniel Rodríguez e o vicepresidente de Montes Veciñais de AFG, Xesús Represas. No decurso da visita, tanto o deputado Luís Bará como os cargos do BNG que o acompañaba, tiveron a oportunidade de coñecer, de primeira man, a situación duns montes veciñais que, na opinión dos seus propietarios “precisan de políticas activas que demostren que se está a tomar en serio o sector forestal galego”. Os parlamentarios nacionalistas agradeceron á organización o convite e deixaron claro o seu interese por este tipo de encontros dos que, dixeron, “serven para ter contacto directo con esta realidade que redundará na realización dun traballo político máis frutífero” Antes de rematar a visita, a AFG fíxolle entrega a Luís Bará, de dous documentos. Nun deles reflíctese a realidade económica destas entidades,

mentres que no segundo documento plásmanse unha serie de medidas de política forestal de Galicia que a Asociación hai tempo que vén reclamando sen que sexan tidas en conta dende a Administración”.A Asociación fíxolle entrega o deputado de dous documentos, un no que se reflexa a realidade económica de estas entidades e outro no que se plasman unha serie de medias de política forestal para Galicia, que dend A Asociación Forestal de Galicia amosa o seu convencemento de que é preciso facer “unha aposta decidida e valente polo monte como elemento xerador de riqueza e como canle de asentamento da poboación no rural” e, dende ese punto de vista, “como unha ferramenta útil e eficaz contra o despoboamento, un dos grandes problemas cos que se enfronta o medio rural galego”. Esas medidas, subliñan dende AFG “só son posibles de realizar contando cos propietarios dos montes”. As visitas continuaran o vindeiro día vinte e dous de xullo, coa participación do grupo parlamentar de En Marea, a que seguirá a do PSdeGPSOE, quedando pendente de concretar a dos parlamentarios do Grupo Popular.


16

FINAIS DE XULLO 2017

publicidade

Antonio palacios, 44 36400 O Porriño (Pontevedra) Tlf. 986192334

Pásate por nuestra zona Vending 24h.


FINAIS DE XULLO 2017

17

a louriña O pOrrIñO

sAlcedA

Entrevista a Tere Pérez, concelleira en Salceda

“Salceda pasou de ser unha cidade dormitorio de Vigo a converterse nun pobo cheo de vida” En plenas festas grandes, achegámonos ata a fer- como todos os anos amosou a súa exquisita amabimosa Salceda de Caselas , para conversarmos coa lidade coa Nova Peneira. concelleira de Movemento Salceda, Tere Pérez, quen lar, que permita a atención dos nosos maiores cerca da súa casa e do mellor xeito posible. Tamén en ensino queda moito camiño, como conseguir que por fin a Xunta de Galicia realice a tan necesaria ampliación do CEP Altamira, que acolle actualmente a case 600 nenos e nenas, e que precisa de máis espazo con urxencia.

Tere, acabades de celebrar os 10 anos da chegada da vosa equipa ao goberno de Salceda. Supóñote moi honrada pola confianza maioritaria da veciñanza, non? Dende logo. A mellor recompensa ao traballo é ver a aprobación da veciñanza... Entramos no Concello despois de 32 anos de goberno do PP co mesmo Alcalde ao frente; a xente estaba cansa do que estaba a acontecer e pedía un cambio a gritos, que chegou no 2007. Volver gañar as eleccións no 2011 e no 2015 foi a recompensa ao esforzo e adicación do noso equipo, polo que a satisfacción e o orgullo é moi grande.

Cales sos os feitos de goberno dos que te sintes máis orgullosa? Dende a nosa chegada ao goberno démoslle unha volta grande a Salceda. Urbanisticamente non hai máis que ver o

que cambiou o casco urbano, que agora conta con amplas zonas humanizadas, e isto, unido coa rede de sendas fluviais e de espazos públicos son sen dúbida o noso sinal de identidade. Salceda pasou de ser unha cidade dormitorio de Vigo a converterse nun pobo cheo de vida onde a calquera hora ves xente paseando e disfrutando dos espazos públicos, e ducias de nenos e nenas vaias por onde vaias. Entramos no proxecto “A Cidade dos Nenos/as”, e esa seguirá a ser a nosa premisa nas vindeiras actuacións.

Nas áreas das que es responsable, que é o que che gustaría ter feito e aínda non tiveches oportunidade? Queda moito por facer aínda, sen dúbida, a pesares dos grandes pasos que se levan dado. Na área de Benestar Social, por exemplo, intentaremos poñer en marcha un centro de día ou simi-

Como se presentan as próximas festas do Cristo? As dúas semanas de programación cultural que precederon as festas demostran a boa predisposición dos veciños e veciñas por participar nos actos, que cada noite congregaron a centos de persoas nas diferentes ubicacións. Por este motivo, e coas boas previsións meteorolóxicas, agradamos unhas festas participativas onde salcedenses e forasteiros pasen uns días de convivencia e festa, que ano a ano atraen a centos de persoas aos diferentes actos programados.

E dos Callos, xa nos podes anticipar algo? Este ano a Festa dos Callos celebra o seu 25 aniversario, polo que pretendemos que sexa unha edición memorable e chea de sorpresas. Non podemos adiantar moito polo de agora, pero dende logo que pondremos tódolos nosos esforzos en celebrar a ocasión como se merece.

Cales son as principais actividades do verán cultural? O Verán Cultural ten citas ineludibles cada ano como o Certame de Bandas de Música que este ano celebrou a súa 26ª edición ou o Festival Folclórico que vai xa pola 22ª. Pero houbo tamén actividades moi novidosas como a elaboración de mandalas de area que se levou a cabo na Praza do Concello e que reuniu a ducias de nenos e nenas nesta colorida actividade. Búscase ofrecer unha programación variada e para tódolos públicos, e pola resposta da veciñanza pensamos que estamos no bo camiño. É un pracer ver a centos de persoas en cada un dos actos organizados.

Rematamos Tere, agradecéndote un ano máis a túa amabilidade. Podes utilizar a s nosas páxinas para convidar aos lectores e lectoras do Morrazo, Redondela, Condado,V igo... a que se acheguen a desfrutar da vosa fermosa vila. Aproveito a ocasión, por suposto, para convidar a todos e todas a achegarse a desfrutar das nosas festas, e tamen da nosa vila. Salceda é un pobo hospitalario e no que estamos encantados de recibir visitas. E aos salcedenses desexarlles unhas moi felices festas do Cristo das Angurias, que son preparadas para eles e elas con todo o noso cariño. Moitísimas grazas á Nova Peneira por darnos a oportunidade de transmitir estas palabras.

A alcaldesa cualifica de “histórica” a apertura dunha Aula da UNED no Porriño

A alcaldesa cualifica esta decisión coma “histórica”, subliña que é “unha nova importantísima para O Porriño”, sinala que esta decisión é “froito do traballo realizado dende o Concello neste tempo” e adianta que o Goberno local xa ten “moi avanzado” o estudo da posible sede da Aula da UNED.

Eva García de la Torre manterá, nas vindeiras semanas, unha xuntanza cos responsábeis da Universidade Nacional de Educación a Distancia para coñecer as necesidades que considera o centro para a apertura desta aula que, asegura, “será un espazo moderno, dotado coas últimas tecnoloxías que garanta unha formación de calidade e responda á demanda das empresas contribuíndo, deste xeito, a seguir diminuindo o desemprego do Porriño”.

Confirma que o primeiro paso será que a Aula da UNED no Porriño imparta os estudos de Acceso á Universidade de Maiores de 25 anos, ao tempo, que o Concello seguirá co seu compromiso de asinar convenios de colaboración cos empresarios dos grandes polígonos industriais, “para deseñar a formación especializada” que teñan que completar os que queiran acceder a empregos de calidade nas firmas radicadas no Porriño de xeito que, ao ano seguinte, sexa posible expor á UNED a súa implantación.


18

FINAIS DE XULLO 2017

o condado

pONteAreAs

Ponteareas presenta aos veciños o seu modelo de futuro Represas e o técnico do proxecto explicaron as doce liñas de actuación na que se investirán os fondos FEDER Asociacións e colectivos de todo o Concello arrouparon onte ao Alcalde de Ponteareas na presentación da estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable” o documento de planifi-cación urbana que organizará o crecemento da cidade. “Ponteareas, Hábitat Saudable” enmárcase dentro da EDUSI (Estratexia Urbana de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado) subvencionada con 5.000.000€ polos Fondos FEDER. Acompañado do Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo F. Lores, do responsable do proxecto, o arquitecto Luciano González Alfaya, da Tenente de Alcalde, Chus Garrote e do vocerò de A Riada, Manuel Troncoso, explicouse aos asistentes o conxunto de ideas que marcan o camiño a medio e longo prazo de Ponteareas analizando os riscos e anticipándose aos problemas que poidan xurdir no futuro. Lores explicou o modelo Pontevedra que tantos premios internacionais ten recollido e deu números e exemplos das melloras e das consecuencias

beneficiosas para a veci-ñanza de Pontevedra nos últimos anos. No acto tamén estiveron presentes os Deputados, María Luisa Pierres, Abel Losada, Uxío Benítez, David Regades, Ricardo García Mira e Guillermo Meijón. Na última convocatoria de Fodos FEDER, a Unión Europea decidíu que toda cidade que quixese ser receptora dos mesmos, tiña que ter un Plan Estratéxico. Nese punto, dende o Concello de Ponteareas, asumíuse o reto como unha oportunidade para elabo-rar unha verdadeira Estratexia de Planificación Urbana co horizonte fixado no ano 2030. Arquitectos, economistas, enxeñeiros e sociólogos participaron no deseño desta estratexia que permitía solicitar os fondos FEDER”, explica o Alcalde, Xosé Represas. O primeiro paso foi detectar as debilidades: deficiente estrutura da administración local; deterioro da forma urbana pola falla de planificacion urbanística, enerxética e de mobilidade; a escasa consideración da

paisaxe (entendida como hábitat) e; a pre-cariedade da economia local. Logo identificáronse as fortalezas: posición estratéxica na comarca, alta densidade de poboación, carencias cun consumo enerxético un 50% superior a media galega, contorna medioambiental moi rica, renta por fogar un 20% inferior á media galega, se-gundo Concello galego con maior poboación inferior a 20 anos e ausencia de plan xeral desde hai 15 anos. En base a isto decidíuse apostar por doce liñas que van desde o desenvolvemento sostible á revitalización da economía pasando pola implantación de sistemas de aprovei-tamento de biomasa, a recuperación de zonas verdes, a inclusión activa e a loita con-tra a discriminación, a mellora da administración local a través das TICs, a mellora da eficiencia enerxética e mobilidade sostible, a mellora do patrimonio e da contorna do río Tea, o apoio ao comercio e a mellora do casco vello, son algunhas das liñas reco-llidas na estratexia.

Aberto o prazo de inscrición para o proxecto de Voluntariado Medioambiental e Patrimonial

A Concellería de Benestar Social de Ponteareas abríu o prazo de inscrición para o proxecto de voluntariado xuvenil medioambietal e patrimonial. Por segundo ano consecutivo os participantes introduciránse na conservación dos ríos, en conceptos e prácticas ecolóxicas e gozarán de saídas medioambientais. A matrícula está aberta a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos (aínda que se admiten doutros rangos de idade) e tódolos interesados deberán dirixirse ao primeiro andar do Centro Social de Ponteareas que ten un horario de atención ao público de 09:30 a 13:30 horas, no número de teléfono 687 764 516. A bióloga responsable do proxecto, Rosa M. Covelo, explica que o alumnado do ano pasado recibíu formación que lle permite e facilita a incorporación ao mercado laboral, “a formación que reciben de balde sérvelles para ampliar o seu currículo

e para focalizar ou redirixir a súa traxectoria profesional”. A frase que pode resumir a experiencia da primeira edición, segundo aporta R. M. Covelo, é que o alumnado concluía dicindo que “recibiran máis do agardado”Este curso de educación ambiental contempla saídas e traballos de campo que tocarán tódolos eidos da sostibilidade como o comercio xusto, o aproveitamento de plantas, as consecuencias do quecemento da agua do río para a fauna e flora que o habita, a aparición de fungos nos amieiros que os pon en perigo . “Precisamente por esta última especie de árbore, o río Tea é un referente en Europa e está catalogado como punto LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) polo importante número de ameneiros que ten. Ensinar a protexer, a coidar e a difundir o valor desta riqueza e unha das mellores medidas de prevención. Neste obradoiro, os participantes contarán cunha bióloga experta en fitoterapia que lle abrirá motivos aspectos da ecoloxía e da bioloxía pouco coñecidos”, explica a Concelleira de Benestar Socia, Verónica Carrera.


FINAIS DE XULLO 2017

19

o condado MONdArIz

Rastrexo infantil en Mondariz

Até o día 26 de xullo estará aberta a inscrición no Rastrexo infantil que por segundo ano consecutivo organiza o concello de Mondariz e terá lugar o domingo 30 de xullo. Esta actividade é gratuita e esta dirixida a rapaces de 6 a 13 anos que queiran participar sempre acompañados/as de 2 adultos ou responsables. O percorrido será circular e contará con varias probas que os equipos terán que pasar para poder avanzar. O nº máximo de equipos que se poderán anotar será de 15. Non vos perdades esta aventura! Para máis información e inscricións, pasando pola Omix Mondariz, chamando ao 986664306 ou enviando un mail á dirección de correo electrónico que aparece no cartel.

pONteAreAs

O Club Deportivo Cultural Areas

Este Club de fútbol de Ponteareas ten a súa sede no Campo da Lomba, campo que conta cunha capacidade de 1.000 persoas. Hoxe vouvos falar un pouco desta equipa. Debido á gran afección ao fútbol que había en Areas, onde hai constancia de que un equipo desta parroquia xa gañase un trofeo a Taboeja (1932), aos Once Leóns (1935), outro doado por D. Coloudino Ucha (1947), o trofeo Corpus Cristo de Ponteareas (1948), un trofeo en Salceda de Caselas e outro con motivo das festas de Sta. María de Areas, ambos en 1959, e os correspondentes ás Festas de Agosto en Areas e as dos Remedios de Ponteareas (1960), o 17 de Xullo de 1967 varios veciños de Areas reúnense na tenda de Manuel Domínguez, Manolo de Adelaida, co obxectivo de constituír unha sociedade deportiva e proceder a redactar os seus estatutos. Froito desa reunión constitúese legalmente, por unanimidade, a sociedade que pasaría a denominarse CLUB DEPORTIVO E CULTURAL DE AREAS, recaendo os cargos de presidente en Manuel Domínguez Mariño (Chiño) e Manuel Covelo Covelo (Pancho) como presidente honorario. O 28 de agosto de 1967 solicítase á Federación Galega de Fútbol, a inscrición do Club nas competicións oficiais, quedando inscrito na mesma o 8 de Setembro de 1967, coa categoría de Club adherido. Dende que se federou competiu en 1ª e 2ª rexional ata a tempada 1989-90, ano no que ascende, por primeira vez

na súa historia, a Rexional Preferente, grupo sur. Ao ano seguinte descende a Rexional de novo e ficará competindo nela ata a tempada 2002/03, ano no que ascende de novo. Aquí se afianza ata que, na tempada 2008/09 ascende a Terceira División, ano de logros para os de Areas, pois o equipo Xuvenil consegue tamén o ascenso a Liga Nacional. Quédase en Terceira División ata a tempada 2011/12, pois aquí descende un ano a Rexional Preferente de novo. Á tempada seguinte volve ascender ata 2014/15, ano no que descende ata hoxe. Cóntovos todo isto porque, este ano é moi especial para este equipo, pois acaban de conseguir o Campionato de Liga e o ascenso a 3ª División outra vez. A parte de quedar primeiros no

G.FIGUeIredO

campionato, o pasado 4 de xuño tamén se xogaron o título de Campións Absolutos Preferente contra o C.F. Noia, título que tamén conseguiron estes grandes do fútbol.

Para celebrar o ascenso a Terceira División, os xogadores e o equipo técnico, saíron en caravana percorrendo a parroquia de Areas, foron recibidos no Concello de Ponteareas polo concelleiro de Deportes, Benito Márquez, e polo alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, quen lles fixo entrega dunha placa conmemorativa polos obxectivos acadados nesta temporada, logo regresaron ao Campo da Lomba para rematar alí a festa coa actuación da Orquestra Miramar. PARABÉNS EQUIPA!


20

FINAIS DE XULLO 2017

o condado MONdArIz-bAlNeArIO

O BNG denuncia desleixo do Concello ante o grave dano ás escalinatas do Bosque dos Xardíns de Balneario como consecuencia do paso do vehículo, que deixou parte da estrutura de protección dos baixos no lugar dos feitos.

Ante a falla de actuación por parte do concello, o BNG presentará denuncias nos organismos competentes reclamando a investigación dos feitos. O BNG de Mondariz Balneario informa de que as primeiras semanas do pasado mes de xuño, a plena luz do día, ante a mirada perplexa dalgunhas persoas usuarias dos xardíns, “un desaprehensivo supostamente aloxado nunha instalación hoteleira da vila, utilizou as escalinatas do Bosque dos Xardíns de Mondariz Balneario como se dunha pista de proba de vehículos 4x4 se tratase”. O individuo, segundo indica o BNG e persoas alí presentes, “baixou co seu vehículo de alta cilindrada sobre os 5 treitos que compoñen este conxunto arquitectónico, que resultou gravemente danado como consecuencia desta incualificable actuación”. Cando menos 9 chanzos da escalinata racharon

No pleno ordinario do 6 de xullo, na quenda de rogos e preguntas ao alcalde, os concelleiros nacionalistas interesáronse polas actuacións realizadas desde o concello como consecuencia deste feito. “O alcalde era coñecedor do acontecido e da circunstancia de que o intrépido condutor era unha persoa visitante da vila, mais recoñeceu non ter feito ningunha xestión nin para aclarar o acontecido, non ter presentado denuncia, nin adoptado medida algunha para reclamar responsabilidade, nin ter previsto adoptar ningunha para previr que no futuro puidesen suceder novamente feitos como o descrito”, indica o BNG.

O portavoz municipal do BNG, Francisco Chivite, cualificou ao alcalde J. A. Lorenzo de “indolente e desleixado pola súa inacción na defensa do patrimonio arquitectónico da vila” e solicitou a adopción desde o concello de medidas para impe-

dir que volvese suceder. Así mesmo lembra que “isto acontece despois de que o BNG tivese presentado propostas para impedir a entrada de vehículos nos xardíns, e concretamente na zona do Bosque”. Neste sentido, Chivite reclamou a presentación de denuncia e que se impulse desde o concello a investigación pertinente para poder reclamar responsabilidades ao culpable dos danos así como a súa restauración.

Lorenzo xustificou a súa inacción en que a escalinata danada está dentro dunha parte dos xardíns cuxa titularidade non é municipal, mais dende o BNG lembróuselle “que esta se atopa dentro do catálogo de bens protexidos que foi aprobado recentemente polo pleno municipal, e que a Lei do Patrimonio Cultural de Galiza obriga aos concellos a actuar na defensa de todos os bens patrimoniais que se atopen dentro do seu ámbito territorial”.

Ante o desleixo do goberno municipal, os concelleiros nacionalistas presentarán a correspondente denuncia diante da Consellería de Cultura e do Seprona.

cOVelO

Ruta do Río Alén e visita ó Conxunto Abacial de San Martiño de Barcia de Mera

Dificultade Baixa. Ás 09:30 h. sairá dende a Praza do Mestre Cerviño en Covelo cara a Capela de San Xoán de Mosteiro, onde comezará a ruta.

A andaina transcorrerá polo marxe fluvial do río Alén (afluente do río Tea) rematando as 14:00 h. na parroquia de Barcia de Mera. Esta ruta encóntrase nun lugar máxico, en plena natureza, bañada polo río Alén, afluente do río Tea, catalogado como LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) e incluído na Rede Natura2000. A ruta ten unha primeira parte circular dunha hora e unha segunda parte lineal tamén dunha hora. A duración, aproximadamente, é 3 de horas (incluindo as visitas tanto a San Xoán de Mosteiro e o Conxunto Abacial de San Martiño de Barcia de Mera) . Nesta ruta, poderán admi-

rar o cruceiro e a pequena Capela de San Xoán Mosteiro, unha ponte medieval dun só arco e a chamada "Fonte Santa", rodeada de cruces, que según nos conta a lenda, “bebamos da auga da fonte que sempre ten a mesma temperatura, pidamos un desexo e coloquemos unha cruz de madeira o seu redor”. Acto seguido dirixirémonos ó Conxunto Abacial e a Igrexa de San Martiño de Barciademera, donde poderemos contemplar as grandísimas xoias do Barroco que nos ofrece Covelo.

Recoméndase levar roupa e calzado cómodos e botella de auga e algo de comer. Para inscribirse, pódeno facer a través da páxina do facebook “Covelo Tourism” cunha mensaxe privada, no correo electrónico oficinaturismocovelo@gmail.com ou no teléfono 638 015 428.


FINAIS DE XULLO 2017

21

o condado As NeVes

Recepción das estrelas do deporte nas Neves

Deportistas de alto nivel son recibidos na Casa do Concello

Brais Alves, David Durán, Ángela Soto, Lucia Rodríguez e Basilio Porto; cinco neveses cunha longa traxectoria no bádminton que acadaron un total de oito campionatos de España entre 2008 e 2017, foron recibidos na Casa do Concello. Na recepción tamén es tivo Verónica Bastos; unha nevesa de adopción, que tras coñecer que padecía escoliose, decidiu recorrer ao deporte para frear as lesións que esta doenza lle provocaba. Foi no 2011, cando comezou a practicar o Bikini Fitness, a categoría máis comercial dentro do fitness, na que se busca achegar este deporte á xente de a pé, con corpos moito mais accesibles e no que a excesiva definición muscular está penalizada. Dende 2012, ano no que comezou a competir, obtivo xa un total de 12 títulos a nivel galego, estatal e, mesmo, internacional.

O acto tivo lugar a principios deste mes, cando o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, e o concelleiro de deportes, Óscar González, déronlle a benvida a estes neveses e nevesas do mundo do deporte. Trala foto inicial nas escaleiras da entrada do edificio, tivo lugar unha xuntanza no salón de plenos, na que os responsábeis políticos, ademais de darlles os parabéns polas súas brillantes traxectorias, aproveitaron para escoitar as demandas deste grupo de deportistas de elite.

Detalle do palmarés dos deportistas: Brais Alves Estévez Campión de España sub-13 en individual masculino. Oviedo 2008. Campión de España sub-19 en dobres masculino. Ponteareas 2014. David Durán Vázquez Campión de España sub-19 en dobres masculino. Huelva 2008. Ángela Soto Martínez Campioa de España sub-19 en individual feminino. A Coruña 2011. Lucía Rodríguez García Campioa de España sub-11 en individual feminino. Ponteareas 2015. Campioa de España sub-13 en individual feminino e en dobres mixtos. Granada 2017. Basilio Porto Táboas Campión de España sub-13 en dobres mixtos. Granada 2017. Verónica Bastos: Subcampioa no campionato Galego. 2012. Terceira clasificada no campionato Norte de España. 2012. Subcampioa no campionato Galego. 2014. Premio a mellor posadora no campionato Galego. 2014. Campioa Absoluta no campionato Galego. 2015. Premio mellor posadora no campionato Galego. 2015. Terceira clasificada no campionato Norte de España. 2015. Cuarta clasificada Open Wolf Nutrition. 2016. Terceira clasificada Norte de España. 2016. Segunda clasificada no Open Nacional Musclepower . 2017. Campioa Absoluta na Copa de España . 2017. Cuarta clasificada Olympia Amateur. Marbella (Internacional). 2017.

pONteAreAs

O deputado do BNG Luís Bará visita en Ponteareas comunidades da Asociación Forestal de Galiza

O BNG propón un gran acordo de país en materia de política forestal

Luís Bará, deputado do BNG no Parlamento Galego, realizou unha visita ás comunidades de montes de Xinzo, Ribadetea e Couso, socias da Asociación Forestal de Galiza. Esta visita tivo lugar tras ser convidado o BNG a manter un encontro con estas comunidades, que amosaron o seu descontento coas políticas levadas a cabo polo Partido Popular dende a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. O deputado no Parlamento Galego informou ás comunidades de montes da proposta do BNG para abordar un gran acordo de país en materia de política forestal que, escoitando ao sector, per-

mita corrixir os erros e establecer as bases para un monte limpo, ordenado e multifuncional como mellor antídoto contra os incendios e a favor dun rural vivo. Bará indicou que esta ordenación “é fundamental para definir para que vale cada espazo de territorio e así tirar o máximo rendemento cun aproveitamento multifuncional do monte”. O deputado nacionalista lembrou que “cando o BNG estivo no goberno da Xunta, dende a Consellería de Medio Rural tomáronse medidas ambiciosas de planificación e ordenación, así como medidas de xestión integral do monte” Luís Bará, que asistiu a esta visita acompañado de concelleiros e membros da organización local do BNG, agradeceu o convite e indicou que “é unha experiencia imprescindible para coñecer ao pé do terreo a realidade do sector forestal, intercambiar opinións coas persoas que traballan nas comunidades e coñecer os seus problemas e as súas demandas para realizar un traballo político máis frutífero.”


22

FINAIS DE XULLO 2017

o condado

pONteAreAs

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo presenta a súa candidauta aos premios Agadaer co apoio da Xunta, Deputación e Concello de Ponteareas

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo (BMXX), presentou a súa candidatura titulada “A música, factor de desenvolvemento socio-económico na comarca do Condado” aos VIII premios da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) convocados a través da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. Estes premios teñen como fi- activo axente social que impulsa fiscal, laboral e administrativa de nalidade primar aquelas iniciati- ávitalidade, a promoción de va- toda a xestión da Asociación Xuvas que, no seo da comunidade lores e a oferta de servizos desta venil. Sendo a primeira Asociaautónoma de Galicia, contribúan parroquia. ción Xuvenil do eido cultural en de xeito singular ápromoción do A BMXX conta dende 1998 Galicia que procedeu a cometer medio rural e á xeración dunha con Escola de Música propia, a todo este proceso de regularizasociedade más dinámica e cohe- cal representa unha poderosa fe- ción o que significou, entre outras sionada. A candidatura da rramenta de dinamismo social, cousas, unha mellora na calidade BMXX diríxese á categoría de educativo e económico ao servizo e condicións laborais de todos os “proxectos realizados por mozos da poboación rural. Na actuali- traballadores e traballadoras. Na e/ou que teñan a ese colectivo dade, a Escola de Música de actualidade o modelo de regulacomo principal beneficiario” po- Xinzo conta con máis de 100 rización seguido pola BMXX é dendo optar a un premio de alumnos/as da maioría das po- un referente autonómico, 15.000€, ao configurarse como boacións da comarca do Con- copiándoo diferentes Bandas de unha Asociación Xuvenil que dado, con idades comprendidas Música Populares de Galicia que promove o desenvolvemento entre os 3 e os 25 anos, mantendo están iniciando este proceso de rural actuando como un axente os veciños das parroquias limítro- regularización. socio-económico que vai máis alá fes unha participación moi activa Froito do bo traballo feito do ámbito da educación e da cul- na vida socio- cultural, dende a súa fundación, a Banda tura. económica e educativa de Xinzo. de Música Xuvenil de Xinzo acaEsta Asociación Xuvenil re- Incentívase que os mozose mozas dou diversos premios e recoñecealiza ininterrompidamente dende que desexen iniciarse no estudo mentos a nivel municipal, 1979 actividades relacionadas dalgún instrumento musical, o provincial e autonómico, entre os coa música orientadas á moci- fagan en aqueles nos que a preva- que se destacan: 1o e 2o Premio dade de toda a comarca do Con- leza de sexo sexa oposta. Desta- no VIII Certame Galego Bandas dado. Conta cunha traxectoria de car que a BMXX foi a primeira de Música nos anos 2014 e 2012, case trinta anos de fecunda acti- Banda de Música de carácter Xu- 1o Premio no Certame Provincial vidade, facilitando o acceso aos venil en Galicia que contou nas de Bandas de Música nos anos estudos musicais da poboación súas filas cunha muller tocando a 2009, 2011 e 2014, ou o Premio máis nova con menos recursos tuba. Nos últimos dous anos pro- 2014 do Concello de Ponteareas económicos das zonas rurais do cederon dun xeito innovador den- pola súa contribución no eido Condado, converténdose asínun tro do seu eido, a regularización cultural.

As NeVes

O IES das Neves publica O Serodio

O IES Pazo da Mercé reiniciou a finais deste curso a revista O Serodio. Elaborada polo Equipo de Normalización Lingüística (agora chamado EDLG), reúne un conxunto de artigos feitos polo alumnado e pola redacción. As colaboracións, acompañadas de ilustracións, tratan diversos temas que inciden, entre outros asuntos, no Correlingua, no Día da Muller, ou na importancia do noso rural. Tamén se recolle unha achega ao histórico "Camiño dos Frades" ao seu paso polas Neves, con comentarios sobre a súa tradición, o seu patrimo-

nio material e inmaterial, en especial, a toponimia. Hai reseñas sobre actividades destacadas do Instituto, como a Viaxe ao Courel ou o acto de homenaxe ao alumnado de segundo de bacharelato e ciclo. Acompaña estas colaboracións unha memoria gráfica e visual nas páxinas centrais. A portada foi especialmente deseñada por Roberto Brañas, profesor de Educación Plástica e Visual. Supón este exemplar do Serodio un labor de recolleita de traballos do alumnado e profesorado que, desde o EDLG, se comprometeu activamente a traballar porque a nosa lingua teña máis presenza no ensino e na sociedade e que acade unha situación de normalidade no seu uso entre a mocidade, fronte á crecente expansión do español que se está a dar nos sectores máis xoves. Crear autoestima respecto ao noso idioma, usalo con dignidade, é unha loita da que O Serodio supón un gran de area merecente de louvanza"


FINAIS DE XULLO 2017

23

o condado

sAlVAterrA

sAlVAterrA

O Concelleiro de Deportes, Benito Márquez, anima a participar en familia xa que este ano as categorías infantil e xuvenil terán circuito propio Miño e Ernesto Groba, Mentres que para as categoConcelleiro de Depor- rías infantil e xuvenil haberá un tes, veñen de presentar percorrido de 2 km, para as cao cartel da segunda edi- tegorías absoluta e veteranos ción desta carreira que serán 16 km. unirá a Salvaterra de Miño con Ponteareas a Haberá un servizo de autotravés da Ribeira do Tea bús dende Ponteareas (no Pavio próximo domingo 30 llón Municipal de Deportes de xullo a partir das Álvaro Pino) con saída ás 9 10.00h horas que os levará ata o lugar da saída da proba en Salvaterra Este ano destacar de Miño. que como novidade os Esta carreira é un pouco esmáis cativos terán un pecial por discorrer ao carón do circuíto propio, tanto a río Tea, e deste xeito poder discategoría infantil como frutar das súas fermosas vistas e xuvenil terán un reco- o seu percorrido cambiante. rrido de 2km con saída Cando saimos de Salvaterra do e chegada no Recinto Miño temos pista de 8 metros de Amurallado ( Murallas ancho para despois, ao chegar– Paseo – Final Parque mos a Ponteareas, pasar a ser un – Paseo – Murallas), sendeiro de 1,5 metros. ademais da carreira absoluta e de veteranos A recollida de dorsais terá cun percorrido de 16km lugar o sábado 29 de xullo de 16 e que conta cun má- h a 17:30 h no Pavillón Álvaro ximo de 200 inscritos Pino de Ponteareas e o domingo A carreira discorre a 30 de xullo de 9 h a 9:50 h na carón do río Tea o que Fortaleza de Salvaterra de Miño. permite aos participanO concelleiro de Deportes tes gozar dunha incríble anima a tódolos veciños e vecipaisaxe natural e fresca. ñas a participar e incluso a parOs organizadores ticipar en familia xa que este ano sinalaron a súa inten- os máis pequenos terán o seu ción de que esta ca- propio circuito. rreira “se converta A inscrición pódese facer na Gabriel Durán Pedrosa, or- nunha cita obrigada dentro do páxina web www.championganizador da Carreira Ribeira do calendario de eventos deportivos chipnorte.com e para obter máis Tea, xunto a Marta Valcárcel, e que se dea a coñecer nos dous información deberán dirixirse á Tte de Alcalde de Salvaterra de concellos que percorremos”. páxina web.

(Sábados, domingos e festivos en horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h. Lugar: Castelo de Dona Urraca)

A II Carreira Ribeira do Tea unirá Salvaterra e Ponteareas

Exposición: “Trazos y letras”: ata o 30 de xullo

O Concello de Salvaterra de Miño dentro da súa campaña de promoción e posta en valor do seu patrimonio, a través dos diferentes usos dos mesmos, presentou unha nova exposición enmarcada dentro do Castelo de Dona Urraca baixo o lema “trazos y letras” do artista plástico Marco Santos e a escritora Elena Ojea, é unha interacción entre pintura e poesía. Trátase dunha colaboración onde se xoga a interpretar diferentes realidades sociais dende diferentes pero interrelacionadas expresións artísticas. A través dos lenzos e dos poemas poderemos achegarnos á particular visión destes dous artistas sen esquecernos do patrimonio histórico

no que se presentan.

Marco Santos (Valença, Portugal, 1981) é un artista plástico autodidacta cheo de inquietudes, cualidades que forman a un artista en continua evolución, cun estilo único e inconfundible que xa participou en numerosas exposicións en España, Portugal e Reino Unido, cun claro obxectivo, expresar as súas opinións a través da arte. Elena Ojea (Mondariz, 1980), escritora novel acaba de publicar o seu primeiro poemario “vida controvertida”, con poemas de carácter social, que pretenden sacar á luz diferentes realidades sociais que non nos son estrañas a ningún.


24

FINAIS DE XULLO 2017

publicidade


FINAIS DE XULLO 2017

25

o condado pONteAreAs

Implantación Koha na biblioteca pública municipal e nas axencias de lectura

A Biblioteca Pública Municipal e as axencias de lectura de Areas, Guillade, Ribadetea e Xinzo, están iniciando o proceso de implantación do KOHA, un novo sistema de de xestión bibliotecaria. Este proxecto, no que nesta fase se incorporan setenta bibliotecas de Galicia, ten un dobre obxectivo: por unha banda a creación dun catalogo colectivo e, por outra a creación dun carné de lector único válido para todas as bibliotecas públicas. Estes obxectivos permiten a unificación de todos os servizos que se ofrecen. A partir da integración, os usuarios disporán dun carné único que permitirá acceder aos servizos de todas as bibliotecas galegas integradas neste pro-

grama Por iso, rogamos aos socios da rede de bibliotecas do concello de Ponteareas, tanto adultos como infantís, que se acerquen ás bibliotecas para proceder actualización dos seus datos. Como socio da rede de bibliotecas públicas de Ponteareas podes gozar dos seus servizos tales como actividades de animación á lectura para os máis cativos, relatorios, exposicións, acceso wifi, hemeroteca... A concelleira de Cultura e lecer, Hortensia Bautista, invita a todos os veciños de Ponteareas, a achegarse á rede de bibliotecas de Ponteareas e a gozar este verán co pracer da lectura, escollendo entre un catálogo que ascende aos 40.000 libros entre os fondos de todas as bibliotecas.

Ponteareas consegue un préstamo de 400.000€ sen xuros

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas asinaron a concesión dun préstamos sen euros de 400.000€ Esta concesión facilítalle ao concello unha fonte de financiamento ao menor custe posible sen ningún tipo de xuros, comisións ou gastos doutro tipo.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva,vén de asinar co alcalde de Ponteareas,Xosé Represas Giráldez, a concesión dun préstamo sen xuros de 400.000 €. O Alcalde de Ponteareas explicou que “con estes cargos frase fronte ao fi-nanciamento da rede de distribución térmica (350.000 €) e a compra dunha deshumectadora para a piscina (50.000 €)”.

En concreto, o concello de Ponteareas recibirá 400.000 €, préstamo que a vila amortizará

en quince anos a razón de 26.666,67 euros anuais.Con estas axudas a Deputación de Pontevedra permite que os concellos beneficiarios, os de menos de 50.000 habitantes, poidan afrontar a execución de distintos investimentos grazas a unha partidaque no seu total ascende a 1.140.396,46 €.

Mentres que o anterior goberno concedía os préstamos e anticipos con inte-reses situados no 2%, o actual goberno decidiu suprimir os xuros co fin de contribuír a facilitar e mello-

rar a situación que están a vivir os concellos da provincia. Así mesmo, este ano adiantáronse as achegas a comezos de ano (as bases aprobáronse o 27 de xaneiro) ao considerar que se trata dun instru-mento máis da planificación de políticas públicas. En total,xunto con Ponteareas, seis concellos máisforon os destinatarios das concesións neste 2017. Deste xeito Catoira recibiu 400.000 € para o financia-mento dunha operación de tesourería, Fornelos de Montes 49.500 € para fi-nanciar o equipamento e adaptación de oficinas e impulsar a accesibilidade na praza, Arbo 30.047,76 € para o financiamento da merca dun solar en Chan para a construción da residencia de Terceira Idade,Poio 136.321,55 € para o financiamento da mellora dos servizos e urbanización da rúa Benigno Espe-rón e o concello de A Lama 124.527,15€ para a compra dun camión de recollida de lixo.

Vías e Obras executa melloras nas beirarrúas do casco urbano e arredores A Concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, adianta que estes traballos de mellora seguirán a realizarse durante o verán

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Ponteareas está a executar traballos de mellora das beirarrúas do casco urbano e arredores. Nos últimos meses Vías e Obra desenvolve unha labor de revisión do estado das beirarrúas para arranxar os tramos que están en mal estado e repor os terrazos rotos ou levantados. Nestes intres, están a cambiar o te-

rrazo nas beirarrúas do entorno do supermercado Dia na N-120 e na entrada de Canedo. A Concellería de Vías e Obras que dirixe a Tenente de Alcalde, Chus Garrote, explica que estes traballos que se realizan desde hai meses seguirán a facerse ao longo do verán. Nos últimos meses arranxáronse beirarrrúas na Avda Constitución, na Praza Bugallal, na rúa Oriente, na

Praza Maior, na rúa dos Ferreiros, Fernández Vega e Reveriano Soutullo, entre outros tramos como os das rúas Calexa, Esperanza, Santa Ana, Vázquez Fraile ou Castelao. “Ademais de respostar ás demandas dos veciños e das veciñas, Vías e Obras supervisa as beirarrúas para evitar posibles accidentes e garantir a seguridade dos peóns. Tamén fixemos ramplas de ac-

cesibilidade, dúas en Amado Garra, dúas en Virxe da Luz, unha en Senen Canido e outra na rúa Ferreiros ” sinala Garrote. Nestes días tamén se están a colocar redutores de velocidade de goma en parroquias como a de Fozara e está previsto colocar un en Bugarín. Ademais destas obras, Vías e Obras tamén está a realizar traballos nos distintos centros educativos de Ponteareas.


26

FINAIS DE XULLO 2017

entrevista Entrevista a Eva Solla. Deputada de En Marea e Secretaria Xeral de Esquerda Unida

“A constitución de En Marea como partido único é a antítese da propia confluencia” A viguesa Eva Solla, deputada de En Marea, foi recentemente escollida máxima responsable de Esquerda Unida. A Nova Peneira achegouse ata o seu local para conversarmos con ela e coñecela.

Temos que dicir que a conversa cunha persoa intelixente , amable, e de elevado nivel político como Eva Solla fixóse moi agradable. Velaí vai o que deu de si... En todas as administracións existe esa posibilidade. Eu prefiro a adicación exclusiva porque este traballo esixe moitas horas.

Non discuto a legalidade da reducción de xornada. De feito se non fose legal non podería telo feito. Pero a tí paréche un acto moral? Xa che digo que eu non o faría. Pero se ela ten a capacidade de seguir facendo ben o seu traballo pois é perfectamente válido.

Supoño que sabes que un dos articulistas habituais nosos, é un concelleiro de EU no Porriño. Eu penso que Pedro Ocampo é un home moi capaz, e que está facendo moi bo traballo no concello. Imaxino que estarás dacordo conmigo? Por suposto, Pedro é un compañeiro moi traballador, con grandes cualidades morais e intelectuais, e teño a seguridade de que a cidadanía porriñesa así o saberá recoñecer. Malia que os comezos de Esquerda Unida nese concello non foron precisamente moi afortunados, refírome á demisión de Ricardo Canosa.

Afortunadamente iso xa está resolto. A asemblea local decidiu que fose Pedro o que entrase no Concello, e penso que os feitos amosan o atinado desa decisión.

Cóntanos o máis salientable da túa historia política persoal? Ben eu son enfermeira de profesión, comecei a militar moi nova en Esquerda Unida, hai xa 10 anos, e fun adquirindo responsabilidades paulatinamente, a nivel local, comarcal e federal. Fun electa deputada nas listas de AGE no 2012 e nas de En Marea no 2016. Por que en Esquerda Unida? Sempre empaticei cos senti-

mentos republicanos e federalistas, xa que logo Esquerda Unida é a forza coa que me sentía máis identificada.

Ti, Eva, tes sona, mesmo entre os deputados do PP, de ser unha muller moi traballadora. Ben, iso din. Desde logo eu teño a conciencia de estar permanentemente traballando. Asegúroche que teño pouquísimo tempo para a miña vida persoal.

Pódese defender os intereses das mulleres e homes que che votaron, a tempo parcial? Refírome á decisión da túa compañeira de En Marea Luca Chao.

Esta entrevista facémola na sede vosa de Vigo, e ti acabas de chegar de Compostela en tren. Ao meu xuizo, Galicia presenta deficiencias moi serias no tema do transporte.Cal é a túa opinión? Estou de acordo. As redes de transporte internas, tanto por ferrocarril como por estrada son moi deficientes con nula ou escasa planificación. Non hai unha análise rigorosa sobre as necesidades reais. Perdemos todos, pero especialmente as vilas máis afastadas.

E cal sería a política de transporte acaida, para En Marea? Desde logo a potenciación do transporte público ,resultante dunha planificación adecuada das redes internas en base a un estudo rigoroso das necesidades reais.

A arrepiante traxedia do incendio de Portugal seica fixo multiplicar a intensidade das voces contrarias á multiplicación do cultivo do eucalipto. Porén, nos últimos días xorden uns estranos estudos que defenden as bondades desa árbore. Cal é a posición de En Marea en relación á política forestal? O eucalipto é un problema moi grave, empobrece o chan, consume enormes cantidades de auga, non deixa crecer a outras especies, facilita a propagación do lume...Nós estamos en contra da propagación desa árbore. Defendemos o uso do monte para a promoción do emprego e con valor ecolóxico.Defendemos a repoboación cos especies autóctonas. Canto antes se faga un plan racional de explotación forestal mellor.

Os datos sobre o uso do idioma galego nas xeracións máis novas son enormemente preocupantes. Cres que Feijoo pode pasar á historia como o presidente que lexislou para que se desen as condicións que posibiiliten a desaparición do galego? Probablemete si. Eu pregúntome moitas veces os motivos do odio que o PP amosa contra o idioma galego. Unha lingua viva ten que utilizarse en todos os eidos da vida diaria, algo que non pasa co galego, e a adminis-


FINAIS DE XULLO 2017

27

entrevista tración autonómica non fai o necesario nin de lonxe para que así sexa, alén de desenvolver unha política educativa nefasta.

Quería preguntarte polo caso en concretro do Concello de Sanxenxo. A dimisión do alcalde Gonzalo Pita, para regalarlle a alcaldía ao PP de Telmo Martín e pasar el a ser tenente de alcalde, foi algo que non vin na miña vida, e semella que aí houbo algo moi raro. Cal éa túa opinión ao respecto? Efectivamente aí hai algo moi estraño. Nós, reivindicamos outra forma de facer política, o municipalismo é outra cousa..non buscar atallos para aupar á alcaldía a certos personaxes. Ti consideras que hai unha estratexia definida do PP, para a través de mocións de censura ou movementos de difícil explicación como en Sanxenxo, tentar acadar alcaldías que non conseguiron nas eleccións do 2015? Creo que o PP xa está en campaña, e semella evidente que están tentando deslexitimar aos distintos gobernos de esquerda e facerse co poder onde non o teñen. Cando saia a túa entrevista, tamén publicaremos

unha co teu compañeiro de En Marea e tenente de alcalde de Cangas, Mariano Abalo. Supoño que ao igual que no caso de Pedro Ocampo, opinarás que o alcalde Pazos, compañeiro teu de EU está facendo moi bo traballo, e todo apunta que logrará consolidar o goberno de esquerdas nesa vila. Exactamente iso é o que opino eu.

Esta pregunta é un pouco máis difícil.Corríxeme se me equivoco, pero En Marea constrúese arredor do axioma da Unidade Popular. É posible construir a unidade popular cando un alto cargo de Anova, Raúl Asegurado, chama publicamente “tránsfugas e traidores”a compañeiros e compañeiras seus e teus de En Marea? Ben, é complexo e recoñezo que nos últimos anos os tiras e afrouxas, xeraron moitas tensións...Ese tipo de crispacións non son desexables e é algo que hai que mellorar na propia confluencia. O que está claro é quea realidade ás veces está lonxe da idealidade. Que vai pasar no plenario do 15 de xullo? Non o sei, a día de hoxe (7 de xullo) eu descoñezo o que se vai tratar nese plenario.

A posición de Esquerda Unida en relación á portavocía única de Villares, cal é? Esa portavocía incumple os acordos asamblearios dos que se dotou En Marea. A constitución de En Marea como partido único é antítese da propia confluencia.

E como se soluciona? Con díalogo honesto e constructivo.

Izquierda Unida ten futuro como organización independente, ou rematará fusionándose con Podemos? Ten futuro como movemento político e social, independentemente das confluencias con Podemos, con Equo ou con outras forzas.

Non te parece que no estado español se vive un momento de involución, un momento perigosísimo de recorte de dereitos e liberdades? Sen dúbida. Existe unha involución política moi grave que coincide co inicio da crise. O sistema , ante a previsión de maior mobilización social revólvese para protexerse a si mesmo. Hai multitude de casos que o exemplifican, fíxate aquí mesmo na nosa cidade, o caso dos sindicalistas Carlos e Serafín,con serio risco de ingresar en prisión

Ti estás sindicalizada? Estou afiliada a CCOO

tal como se formula na actualidade.

En relación á cuestión nacional que nos dis? Ben, como sabes, Esquerda Unida é unha forza federalista malia que para nós, desde logo que Galicia é unha nación.

Rematamos Eva. Como sabes, o noso xornal distribúese esencialmente nas comarcas rurais do interior de Pontevedra. Por que motivo un lector ou lectora de Traspielas, Batalláns, Coiro... debe achegarse á política e á esquerda? O rural ten un grave problema demográfico, alén de moitos outros. As decisións que afectan aos veciños das comarcas da vosa área de influencia dependen directamente da política, eu animo a todas e todos a que participen, a que nos axuden a construir unha sociedade xusta.

A posición habitualmente pactista de CCOO, paréceche correcta?, que opinas do convenio do metal que acaban de asinar CCOO e UGT? Ben,as persoas que militamos no PC temos a CCOO como sindicato de referencia de maneira historíca, aínda que a nosa posición é bastante máis ambiciosa que o pactismo. Neste momento histórico de paro e precaridade laboral, hai que ser moi escrupulosos cos acordos que se asinan. Cómpre máis mobilización.

E o tema de Catalunya como se soluciona? Nós apoiamos a posición de Catalunya Si que es Pot de entender que o dereito de autodeterminación debe ser respectado. Entendemos que é preciso facer un referendo vinculante, pero respectando o que marca a ONU, e as máximas garantías democráticas. As condicións non son as que agora se dan, por iso nós non apoiamos o referendo

Recentemente publicábase un estudo sobre os hábitos da mocidade, e a conclusión era descorazonadora.O interese das mozas e mozos pola política, seica é inexistente. Iso é perigosísimo, non te parece? É moi perigoso, efectivamente. Se as persoas afectadas polo precariado, non participan na toma de decisións, outros van decidir por eles. Os poderes públicos deberan fomentar a participación da mocidade na vida política, pero non o fan porque non lles interesa

Moitas grazas.


28

FINAIS DE XULLO 2017

publicidade


FINAIS DE XULLO 2017

29

opiniÓn

Moncho Lareu Membro de Anova e do CC da FPG

Alcaldías okupas Compostela. Capital nacional de Galiza. Finaliza maio e comeza xuño. O Partido da Orde aínda non asimilou que o goberno da cidade recaia dende hai dous anos nunha candidatura de unidade popular e provoca/inventa un conflito co movemento asociativo de base, coa especulación urbanística da cidade como causa, e cun ficticio “problema de desordes públicas” como pano de fondo. Represión. Un edificio histórico agredido e tapiado, persoas feridas, multas coercitivas, castigos exemplarizantes e unha campaña contra o goberno municipal en marcha. Contra os okupas, os “okupas do concello”.

A ninguén se lle escapa dende hai uns anos, que para o tripartito que se repartía o poder en Galiza até hai un lustro, as alcaldías rebeldes da Coruña, Compostela e Ferrol, -coma tamén as de Cangas, Teo, Sada, A Pobra ou Val do Dubra- son algo así como unha “ano-

malía inaceptábel”, unha situación de excepcionalidade que cómpre rebertir. Daí as continuas montaxes para desprestixiar, parálises institucionais e boicots de todo tipo que, polo de agora, tiveron o seu punto álxido no conflito okupa de maio/xuño. Son “alcaldías okupas”, hai que desaloxalas “polo civil ou polo penal”.

O tripartito que se repartía o pastel do poder até hai un lustro non entende que as alcaldías rebeldes son o instrumento dun suxeito social que se organiza por necesidade material e cultural da maioría social agredida e que “ruptura” implica desborde dos marcos xurídicopolíticos e da superación total do Rexime. Non queren entender que as unidades populares expresan a impugnación da representación política como fórmula de expropiar o dereito á participación política e á libre decisión: impugnación da base material do sistema, das relacións de produción e da representación política.

As alcaldías rebeldes rexeitan someterse á normalización e á estabilización do réxime, son rebeldía permanente sabedora de que non todo se muda nas institucións e que a Unidade Popular accede a elas para abrilas á toma de decisións democráticas, para participar nas institucións coñecendo os seus límites e construír outras populares alternativas. Nas institucións, as unidades populares non representan a maioría social nin falan en nome dela pois é a maioría social a que accede ás institucións para usalas no seu beneficio mediante os instrumentos Compostela Aberta, Marea Atlántica ou Ferrol en Común.

Seguirán os ataques, as agresións e as campañas de desprestixio da “Normalidade” contra a “Anormalidade”. Pero o Pobo Constituínte resistirá okupando os concellos para construír República dende a base. República Galega do Común. Aí estaremos.

galicia

A CIG non asina o convenio do metal de Pontevedra porque ‘precariza o sector e supón perda de poder adquisitivo’ Dende a central aseguran non entender as présas de CCOO e UGT para pactar un acordo coa patronal “con nocturnidade e aleivosía”

A federación de Industria da CIG rexeitou asinar o preacordo de convenio provincial da siderometalurxia de Pontevedra porque precariza o sector e supón unha perda de poder adquisitivo para os traballadores/as. Dende a central aseguran non entender as présas de CCOO e UGT para pactar coa patronal e acusan a estes dous sindicatos de facelo “con nocturnidade e aleivosía”. Lembran que as tres centrais centraran a negociación do convenio pontevedrés en rematar coa precariedade no sector, para o que pactaran un serie de medidas como a regulación das empresas multiservizos, a subrogación do persoal en empresas públicas en privadas coas mesmas condicións laborais e a mellora do plus por traballos especiais.

As empresas multiservizos foron creadas polas ETT para lograr maiores beneficios a costa dos traballadores/as que ceden a outras empresas, xa que o persoal de ETT tería que cobrar o mesmo que o da compañía principal, pero as de multiservizos pagan unicamente o Salario Mínimo Interprofesional. “Isto provoca que as empresas tradicionais queden sen carga de traballo, e os operarios/as vense na obriga de aceptar as condicións de miseria das multiservizos tras pasar unha tempada no paro, o que afonda na precarización do sector”.

Outro aspecto fundamental é a subrogación, que as centrais pretendían que fose tanto nas empresas públicas como nas privadas, para que unha vez rematada

a concesión o persoal teña que ser asumido pola nova empresa nas mesmas condicións laborais. “Isto evitaría que a nova empresa se desfixese do persoal con antigüidade e mellores condicións e o substituíse por man de obra barata”. Ademais, sinalan que deste xeito tamén se poría freo á competencia desleal entre compañías, “obrigándoas a competer en igualdade de condicións que as tradicionais”. Finalmente, aspiraban a regular o articulado do plus de traballos especiais (tóxico, penoso e perigoso), xa que agora unhas empresas abónano e outras non. “Propoñíamos que aqueles/as traballadores/as que a pesar das medidas colectivas de prevención de riscos tivesen que utilizar algún equipo de protección individual

cobrasen este plus”.

Perda de poder adquisitivo En canto á cuestión salarial, o obxectivo era recuperar o poder adquisitivo perdido -xa que a perda de poder adquisitivo dos últimos convenios fora do 2,75%- e a cláusula de revisión salarial. Mais o preacordo asinado por CCOO e UGT fixa unha suba do 2% para 2017, do 1,25% para 2018 e do 1,25% para 2019. “Porcentaxes que están moi por debaixo do encarecemento da vida, cando o IPC vai andar sobre o 2%, o que supón unha clara perda de poder adquisitivo”. Tamén critican que a cláusula de revisión pactada non vaia supoñer na realidade a recuperación da perda de poder adquisitivo.


30

FINAIS DE XULLO 2017

G.FIGUeIredO

Os lugares máis curiosos do mundo:

A illa Sentinel do Norte

A illa Sentinel do Norte é unha pequena illa de 72 km² e un 8 km de ancho pertencente ao arquipélago das illas Andamán, no océano Índico, administrada oficialmente polo goberno de India. Situada ao leste do golfo de Bengala, está a poucas millas do Gran Andamán. A illa Sentinel do Norte é o fogar da tribo de indíxenas dos sentineleses e este é un dos lugares dos que menos se sabe do planeta. En 1981, un cargueiro de Hong Kong, o Primrose, quedou atascado nun atolón coralino nalgún lugar da baía de Bengala. Tras o atolón, unha illa da que só distinguían unha praia estreita e unha selva moi densa. A pesar da proximidade da illa, aos tripulantes do Primrose non lles quedou máis remedio que esperar no barco, porque estaban en época de monzóns e non era plan que unha tormenta pilláselles na auga. Poucos días despois, uns 50 homes baixiños, de pel escura, apareceron na praia espidos e armados con lanzas e arcos, e empezaron a construír barcas. Preocupados por unha posible abordaxe violenta, o capitán do barco pediu axuda urxente por radio e un helicóptero reco-

Iniciamos unha nova xeira de reportaxes sobre os sitios máis curiosos e misteriosos de todo o mundo. A primeira reportaxe refírese a unha pequena illa do océano Índico ,na que viven completamente aillados do resto da humanidade, un pobo que aínda non saíu do paleolítico.

lleu aos tripulantes antes de que os indíxenas conseguisen establecer contacto. O Primrose segue atascado no atolón 32 anos despois. Non se coñece nada da súa xente, nin sequera o idioma que falan. Os nativos ocúltanse no bosque cada vez que unha expedición desembarca na illa, e son tan bos escondéndose que non hai maneira de atopalos. Só unha vez, en 1880, unha expedición capitaneada por un tal Maurice Vidal Portman atopou unha parella de anciáns e catro nenos que non eran capaces de correr e levounos ata Port Blair, pero os anciáns non tardaron en morrer, debido a que, polo seu illamento, (desconfíase que poderían ser descendentes directos dos primeiros humanos que chegaron a esa zona, hai 60.000 anos, polo tanto, viven no paleolítico, sen lume nin agricultura, )o seu sistema inmune non coñece a gripe, o sarampelo ou as vexigas. Aos pequechos devolvéronos á illa, non se sabe o motivo, pero supoño para que non morreran como os anciáns. Antropólogos e visitantes de todo tipo tentaron gañarse o afecto dos “sentineleses” facéndolles agasallos, normalmente plátanos e cocos, que non crecen na illa,

ou utensilios de cociña e mesmo unha moneca ou un porco, pero o desenvolvemento dos eventos é sempre o mesmo: unhas cantas persoas asustadas en lancha corren a deixalo todo na praia antes de que os nativos saian do bosque e os maten. Cando non queren correr riscos, directamente lanzan os agasallos pola borda, lonxe do alcance das frechas dos indíxenas e deixan que o mar os leve ata a praia. Dous mariñeiros que pescaban cangrexos na zona de exclusión que rodea a illa caeron durmidos sen botar a áncora, terminaron varados nunha praia da illa e ao parecer, os nativos mataron os pescadores e enterráronos na praia, segundo os gardacostas indios que tentaron recuperar os corpos en helicóptero, pero desistiron ao ver que lles disparaban frechas desde o chan e ensinábanlle os xenitais a modo guerreiro. O tsunami de Indonesia de 2004 tamén afectou á illa, así que o goberno indio mandou helicópteros para comprobar se todo estaba ben, sen saber realmente canta xente son na illa, pero pensan que a poboación anda entre 50 e 400 habitantes,

comprobaron que seguramente todo estaba en orde porque apareceron os indíxenas para dispararlles frechas outra vez. É probable que esa fose a causa pola que o goberno local das illas Andamán e Nicobar declarou en 2005 que non ten ningunha intención de interferir co estilo de vida ou o hábitat dos seus habitantes. Crese que o terremoto do océano Índico de 2004 afectou seriamente a illa Sentinel do Norte, podendo morrer moitos dos seus habitantes. Pero o voo en helicóptero uns días despois confirmou que polo menos varios sentineleses sobreviviran. Conta a lenda que os indíxenas que habitan a illa practican o canibalismo con persoas externas que tentan achegarse á illa, é por iso sumado ao seu carácter hostil e guerreiro que non se logrou ter un achegamento maior con esta pequena tribo. Debido a que non houbo nunca un tratado co pobo da illa, nin rexistro algún de ocupación física do cal os habitantes da illa recoñecesen a soberanía da India, pode ser considerada como unha entidade soberana baixo a protección do goberno da India. É, por tanto, unha das rexións autónomas de facto deste país.


FINAIS DE XULLO 2017

31

cinema Como conseguir os teus soños (II) Antes de nada - e para ir ao gran porque esta columna se me vai facendo máis pequena á mesma velocidade que eu vou acumulando sabedoría e coñecementos- vou intentar adiviñar os teus soños: unha viaxe? Un chalé? Un cochazo? Un veleiro…? A que acertei? É que non son teus, rau parva, son deles, daqueles que necesitan para encher as súas arcas que ti esteas sempre aspirando – si, tamén no outro sentido, pero ese é outro tema-, arelando, desexando o que eles venden. “Non temos soños baratos”, di un anuncio da lotaría. Claaro, diso se trata, de que os nosos soños sexan inalcanzables e teñamos que matarnos a traballar para tentar conseguir esa casa que sae no anuncio de pizza, un veleiro como o que sae no de colonia, un corpo como o que ten a xente do anuncio de calquera refresco. Porque a publicidade, amighiña, non só nos amosa un produto concreto para que ti o merques. Noon, a publicidade exhibe un tipo de vida ideal para configurar os teus desexos, as túas aspiracións. Unha vez que esa iconografía enche a túa cabeza, todo está feito. A túa vida xirará en torno a esas arelas. Ves unha imaxe dunha praia de augas transparentes e area de fariña. Non hai ninguén. Diríase que está esperando por ti para que pasees - descalza cun pareo de gasa e a melena ao ventoese encaixe de escuma que orla a orela. E traballas e aforras e pagas e vas. O que pasa é que hai miles de persoas que traballaron, aforraron pagaron e foron, e cando paseas co pareo vas chocando con elas, e non se ve moi ben o encaixe de escuma, e cheira a crema solar de coco, e vai unha calor de medo e con tanta sombrilla non ves onde están os teus fillos que non saían no soño ou as túas amigas que están deitadas ao sol suando como polos para conseguiren ese bronceado que teñen as mulleres esculturais e fermosísimas que son elas nos seus soños. Por que non soñas con cruzar a ría de Vigo a nado, en formar un cuarteto de corda coas túas amigas ou en ser ornitóloga?Por que non, en inventar gadgets para quirófanos, en crear unha rede de pisos tutelados para persoas discapacitadas ou en bailar swing ata o amencer? Eu vouche dar tres consellos infalibles para conseguires calquera deses soños ou outros que de verdade che pertenzan. O primeiro…

Atlántida, Novos Cinemas

A última edición do Festival de Cine de Cannes veu marcada pola polémica que enfrontou os defensores dos novos medios de distribución e exhibición dixital cos defensores dos medios tradicionais. O debate tivo o seu punto álxido no cruce de declaracións entre dous dos membros do xurado desta edición, que representaban cada un unha das posturas: Will Smith e Almodóvar, un "choque" a priori impensable, non porque a súa amizade parecese inquebrantable, senón porque parecía impensable que tivesen una amizade. A culpable desta polémica foi Okja, película dirixida polo talentoso Bong

Joon-ho, unha sorte de Black Mirror spielgberiano producido por Netflix que se estreou directamente nesa plataforma dixital sen pasar previamente polas salas francesas, algo que enfadou os distribuidores e exhibidores galos, que coas súas protestas conseguiron que o Festival de Cannes se comprometese a non seleccionar ningunha película que non se fose a proxectar nos cines de Francia. Co tema aínda candente arrincaron as novas edicións dos festivais Atlántida Film Fest e o pontevedrés Novos Cinemas, dous formatos moi diferentes de festival pero que comparten varias propostas e o ánimo de facer máis accesible o cinema máis invisible.

O Atlántida Film Fest é un festival online, "o maior do mundo" según Filmin, a plataforma dixital organizadora do evento, cuxa programación xira en torno ao pasado e ao presente de Europa con fin de comprender mellor a nosa realidade. Títulos tan interesantes como Godless, de Ralitza Petrova -último Leopardo de Ouro en Locarno-, Porto (Gabe Klinger), People that are not me (Hadas Ben Aroya) ou Le Parc (Damien Manivel), foron visualizados en móbiles, tablets ou televisións dixitais por moitas persoas que, doutra forma, dificilmente as tiveran podido ver. Con esa "outra forma" refírome a

Epístrofe Por ser fillo de emigrantes o neno foi criado nunha cidade fóra de Galicia.

Cando chegou á pequena aldea traía uns zapatos lustrados que brillaban como espellos, pantalón sen remendos, xersei de lá con rombos, e un peiteado que o primeiro que lle preguntaron foi se o lambera a vaca.

O neno estaba moi desgustado. Na aldea non había beirarrúas e manchaba

jOsIñO ArAújO

un cine cos seus asentos, pantalla, proxector e a luz apagada.

A homoxeneidade das salas comerciais e os intereses económicos creasupoñen unha barreira dos infranqueable para as películas máis humildes ou alternativas. Por sorte, aínda existen iniciativas como o festival Novos Cinemas de Pontevedra, que na súa segunda edición deunos a oportunidade de gozar con algúns dos títulos mencionados no parágrafo anterior e con outros moitos, como a deslumbrante Estiu 1993 de Carla Simón, con diferencia o mellor dos filmes da sección oficial. E todo isto nunha sala de cine, feito que permite gozar dos filmes tal e como foron concibidos polo seus directores e directoras, respectando o formato e a continuidade que estes lles quixeron dar, algo que moitas veces é difícil de lograr cos medios dixitais polas características dos seus soportes e polos moitos "vou mexar" ou "vou por un vaso de auga" que interrompen a reprodución. A experiencia de ver una boa película nun cine é insuperable, pero ver unha boa película na tele, tirado no sofá, tamén é unha sensación moi pracenteira. Eu agradezo tanto ao Atlántida Film Fest como ao Novos Cinemas que me dean a posibilidade de ver tanto e tan bo cine.

contos MUÍÑO DA FEIXA x.s.pArAMOs

os seus zapatos. Inda por riba, a nai non lle berregaba, como tampouco o asustaba coas arañas, nin lle preocupaban as noxentas moscas. Pero o que menos entendía era que antes, calquera cousa que collía do chan dicíanlle: -“eso es caca’’-. Encámbeo agora mandábano polos camiños na procura de bosta das vacas. unhas veces era para facer a eira de mallar o centeo e outras para tapar a porta do forno de cocer o pan. Que vida esta, nunca se sabe…


Director: Tino Lago Vargas

anovapeneirapublicidade@gmail.com

Edición, deseño e maquetación: Alberto Ardid de Cabo anovapeneira@gmail.com

Redacción: G. Figueiredo

anovapeneiraentrevistas2@gmail.com

Edita e publica: Edicións Mide S.L. Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 Vigo edicionsmide@gmail.com Teléfonos: 662187102 / 670274709

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L. Fotografía: Arquivo. Publicidade: Departamento propio.

Colaboradores: Ángel Pérez, Moncho Lareu, Vi-

cente Alló, Carlos Rey, Josiño Araújo, X. S. Páramos, Lucia Santos, Santi Mallo, Segundo González, X. C. de la Fuente, Mero Iglesias, Juan Karlos Pérez, Pedro Ocampo, José Manuel Durán, Xabier P. Igrexas, Marcos Escudero, Roger, Aarón Franco, Ana Hermida.

Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149 Depósito Legal: VG175-2012

Este xornal imprimiuse en papel reciclado


nº 52 (cuarta Xeira)

xornal galego de cultura e deporte

finais de Xullo 2017 - 2€

páx. xVII Tomiño, O Rosal e A Guarda estudan o sector do viveirismo, para convertelo na principal fonte de recursos das súas economías


II

FINAIS DE XULLO 2017

A imperturbábel continuidade das elites acostumadas a gañar

Pé do Galiñeiro pedogalinheiro.blogspot.com.es

Carlos Méixome Historiador

Carlos Velasco (Galiza na II República, A Nosa Tera, 2000) cualificou a II República como “o primeiro réxime democrático, no senso liberal-burgués, da nosa historia”. Bernardo Máiz comparte a idea e debúllaa un chisco (Amada García e os seus arredores, Embora,2017): “Nas eleccións a deputados de xuño de 1931 gañaron claramente as organizacións que trouxeran a República (...) gobernando ata fins de 1933 partidos burgueses de centro-esquerda que miraban cara ás democracias parlamentarias europeas, uns políticos modernizadores, comprometidos coa educación, dispostos a impor neutralidade política ao exército, a modificar a estrutura territorial, a separación igrexa-estado.”

Estou convencido de que aquel foi un dos escasos momentos nos que en España, no senso de estado-nación liberal, as cativas elites do nacionalismo español liberal foron quen de comprender que para asentar un réxime progresista tiñan, necesariamente, que esgazarse da matriz monárquica e recusar a hexemonía ideolóxica do nacionalismo español, conservador, católico e autoritario. Fracasaron. Foron derrotados pola revolta antidemocrática destes últimos, as armas franquistas achegadas pola Italia de Mussolini e a Alemaña nazi, o negror fascista emerxente e estendido pola Europa de entreguerras e a impericia das esquerdas, e en xeral dos progresistas, para construír procesos de conxuncións e ordenar prioridades Disto falamos hai algúns meses con ocasión da presentación da novela de Xaquín Fernández Leiceaga: Agosto de memoria e morte (Xerais, 2015). Novélanos o autor a derrota das escasas elites progresistas na súa Noia natal, a formación dunhas novas a partir dos mozos “en-fasticizados” no breve período (1933-1936), a súa consolidación no poder e enriquecemento persoal tanto nos anos da guerra como nas décadas posteriores. O mesmo Leiceaga comentábanos que a súa intención era facer un relato sobre a construción do poder durante o franquismo. Os protagonistas da novela son mozotes

en 1936; nos primeiros setenta están en retirada e na procura da perpetuación das elites. Iso será, na miña opinión, o que é a “modélica transición”. A miña xeración, que é a de Xocas, aínda que este sexa uns cantos anos máis novo, é tamén a dalgúns máis vellos ca min; aquela que viviu o seu momento fulgurante entre os finalisimos sesenta e os primeiriños oitenta non foi quen de ocupar o territorio dirixente no noso país. Un proceso pouco homologábel cunha “xeneralidade española”, por certo bastante máis complexa que a dos eufemisticamente chamados “medios nacionais”; non me refiro só ao consabido “diferencialismo” catalán ou vasco, senón tamén á ocupación de teóricos espazos progresistas por elites formadas no conservadorismo e, en especial, no nacionalismo español, por exemplo en Estremadura e Andalucía. Vindo ao noso. Van alá corenta anos das eleccións de 1977, que se converteron en constituíntes. En 2021, outubro, cumpriranse as catro décadas da elección do primeiro Parlamento Galego. Podemos facer múltiples lecturas do proceso que vai dende o asalto ao poder dende as cloacas da inmoralidade por aqueles mozos noieses dos que nos fala “Xocas” Leiceaga ata o limpo desodorizante co que perfumaron o relevo de 1978. As contas son as contas. Oitenta anos despois da derrota e exterminio das elites liberal-progresistas republicanas, unha acción modernizadora non foi quen de facer máis que tímidos xestos tanto no breve interregno de González Laxe como no mandato de Pérez Touriño abaneado este pola crise, a impericia, as desconfianzas entre aliados, as miradas de esguello dentro dos partidos gobernantes e, nos dous casos, pola conspiración do nacionalismo español conservador e católico disfrazado de progresista. Hai unha nova xeración que está a vivir o seu “momento de esplendor”. A algúns xa os colle un chisco maiorciños, será pola eternización dos procesos formativos e de emancipación?. Non sei se iso explica certas pulsións autistas centralizadoras e inmediatistas. Gus-

taríame que matinaran un chisco na frustrante experiencia da xeración dos setenta, non para imitar os seus defectos, senón para aprender algunhas das súas virtudes, como a do compromiso que os daquela mozos aínda seguen a manter hoxe en moitas ocasións. Non sei se será va a ilusión. Ao peor o momento fulgurante xa rematou. As elites galegas procuraron sempre a súa supervivencia e conseguírono ao longo de oitenta anos. Unha permanencia resultado da explícita admisión, como grupo, do seu rol subalterno ás clases e fraccións que deseñaron, dende hai dous séculos, o modelo do estado-nación España. Non tiveron nunca pretensión de cuestionar esa marxinalidade, tamén delas, sempre e cando non se puxese en cuestión o seu “mando en praza” e se permitise que algún dos seus exercesen poder administrativo na corte. Son recua: Rajoy, Joaquín Calvo Sotelo, Carrero Blanco, Franco e se imos un pouco para atrás, Casares Quiroga e Portela Valladares; podemos recuar aínda máis: Bugallal, Dato, García Prieto, Canalejas, Montero Ríos, só por citar os xefes de goberno; poderiamos engadir persoas de tanto poder como Fraga, Nieto Antúnez, José Calvo Sotelo... Mais xa foi. O caso é se somos quen de argallar unha alternativa para apartar por un tempo prudencial esas elites aínda que só sexa para que perdan o costume de gañar.Imos deixar un novo ciclo político (dúas ou tres lexislaturas) en mans de grupos que renuncian de partida a representar un sentir colectivo nacional, de persoas dispostas a entregar os recursos económicos, financeiros, produtivos ou mineiros...; mesmo dispostos a cortar calquera caste de esperanza de rexeneración vital ou territorial se esta cuestiona o máis mínimo, o seu dominio?. Esta é, na miña opinión, a cuestión central para a subalterna Galicia e as súas clases subordinadas. Á cal só se pode responder dende unha ampla alianza social que sexa quen de remediar a impericia das esquerdas, e en xeral dos progresistas, para construír procesos de conxuncións e ordenar prioridades. Andar coas aburridas brincadeiras de quen é máis de esquerda ou quen é máis nacionalista, só serve para destruír a confluencia. Hai quen estea por facelo?, haino; menos dos que o din, pero haino; porque é un clamor social. Cómpre darlle aire, reducir o peso dos grupos que, sempre os vai haber, pretendan limitar a conxunción; agardar, con tino, por aqueles que poidan tardar máis en converxer e avanzar no diálogo cos aliados necesario para formular a alternativa posible cara ás eleccións municipais e as parlamentarias de 2020. Precisase rexeneración, pero esta só a podemos construír nós. Ollando con atención pero sen deixarnos atordar polos asuntos de fóra. Non é bo que ninguén se afaga a gañar sempre, e moito menos durante décadas que fan séculos. 18 de xullo de 2017 (81 anos despois e seguimos sen botalos democraticamente para a súa casa)


FINAIS DE XULLO 2017

III

opiniÓn

Xosé González Martínez Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente do Foro E. Peinador

Irmandade Xurídica Galega Un dos moitos méritos da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística desde a súa fundación no ano 1982, foi a creación da Irmandade Xurídica Galega. Antes, como adoita acontecer con frecuencia, aparecerán algunhas asociacións profesionais de xuristas que logo desapareceron por teren como obxectivos ideais abstractos, e sobre todo non cimentados na galeguidade dos seus integrantes. A IXUGA naceu coa louvable intención de avogar por unha xustiza democrática pero galeguizada, recuperando unha tradición xurídica que en Galicia tivo servidores progresistas e galeguistas que afondaron na historia do Dereito. O seu éxito, despois de once anos de existencia foi acudir ao rescate desa tradición que nin as universidades nin as escolas de prácticas xurídicas ensinan nas súas aulas.

Outro dos éxitos que hai que endosarlle á IXUGA é o crecente número de operadores xurídicos que utilizan a lingua galega na oralidade e na escrita perante os órganos xurisdicionais, que non é menor que o transcendental labor de moitos xuíces e fiscais que ditan resolucións xudiciais na nosa lingua prestixiándoa. E iso débeselle á Irmandade Xurídica Galega. Non hai que esquecer que os primeiros cursos de lingua galega para os funcionarios xudiciais e os acordos do Consello do Poder Xudicial coa Xunta de Galicia para avaliar nos concursos de traslados os coñecementos de lingua foron unha incesante reivindicación da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística ata que estes foron materializados. Como tampouco é de menor importancia a existencia dos gabinetes de asesoramento lingüístico no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e audiencias provinciais;

zaren a partir dese momento a súa actividade profesional. Ao tempo, reivindicouse a Fermín Penzol, figura do galeguismo do que as máis das xentes interesadas pola nosa cultura identifican unicamente coa bibliografía, ignorando a súa militancia nas Irmandades da Fala e Partido Galeguista, amais de ser un reputado rexistrador da propiedade. Dúas foron as énfasis postas este ano na asemblea. A primeira, reivindicar a presenza da lingua galega nos órganos periféricos do Estado a teor da xurisprudencia do Tribunal Constitucional. A inexistente falta de políticas lingüísticas do goberno español, malia estaren as linguas caúltima asemblea da iXuga. no paraninfo da usc talana, vasca e galega consideradas patrimonio todos eles grazas a esa teimosa reivindicación da cultural de España no texto constitucional, fai que os AFNLG. órganos da Administración do Estado conculquen o dereitos lingüísticos do cidadáns que se vén impedidos Galicia ten unha historia xurídica cunha nómina de a utilizar o galego nas relacións con eses órganos. E a xuristas de moita consideración. Moitos deles milita- segunda, o enésimo chamamento ás facultades de deron nas filas das Irmandades da Fala. Coa sublevación reito galegas para que incorporen aos seus plans de esmilitar de 1936 a súa voz apagouse e a Facultade de tudos o coñecemento da linguaxe xurídica e da historia Dereito de Santiago dedicouse a formar profesionais do pensamento xurídico. amnésicos, descoñecedores dun pasado glorioso. Esta Mais a galeguización do Dereito e da Xustiza virán foi a razón da desgaleguización das oficinas xudiciais tamén determinadas pola influenza que exerzan os e despachos de avogados. Pero máis grave aínda foi seus usuarios. Sendo como é Galicia un país de milleique se producía un paradoxo imputable ao naciona- ros de propietarios galegofalantes que teñen que acudir lismo contemporáneo: moitos dos seus militantes, pro- ás notarias a formalizaren protocolos notariais, o malo fesionais do dereito, tiñan unha vida esgallada:intensa é que non demandan o uso do galego dos instrumentos actividade política nacionlista e ningún interese por xurídicos. Os datos estatísticos que nos ofrece anualgaleguizar a súa actividade. mente o Colexio Oficial de Notarios de Galicia avalan A última asemblea da IXUGA celebrada no histó- esta afirmación. rico Paraninfo da USC reuníu a máis dun cento de xuA galeguización de Galicia é cousa de todos: das ristas, celebrando o ingreso dunha trintena de novos administracións públicas e da sociedade civil coas súas profesionais que fixeron pública promesa de galegui- organizacións específicas:sindicatos, partidos,etc.


IV

FINAIS DE XULLO 2017

publicidade


FINAIS DE XULLO 2017

V

redondela

4 de agosto: Noite aberta de compras en Redondela A Asociación de Empresarios de Redondela organiza por terceiro ano consecutivo unha noite aberta de compras. O vindeiro 4 de agosto o comercio de Redondela permanecerá aberto polo noite. A apertura nocturna estará acompañada de grandes descontos, promocións, premios, sorteos e un amplo programa de animación de rúa da man do FESTIVAL INTERNACIONAL DE ARTISTAS DE RÚA.

Medio centenar de comercios participarán nesta edición e convidarán á clientela a gozar de degustacións nas súas tendas, a participar a sorteo e a aproveitar unha ocasión única de compra no tramo final das rebaixas de verá no que o comercio precisa minimizar os excedentes de campaña e non deixar mercadoría parada nos seus almacéns e, dado que a campaña estival, pola súa menor duración, acostuma a deixar un

maior excedente teñen nesta actividade a ocasión de ofrecer espectaculares descontos a súa clientela. O horario previsto contempla a apertura ata as 00:00h pero pola experiencia dos últimos anos as aperturas comerciais esténdense ata as dúas ou tres da madrugada o que sen dúbida ten suposto un gran éxito en todas as edicións deste evento e que esperamos se repita.

O comercio da Vila de Redondela, configurado hoxe como centro comercial aberto, ten unha profunda fusión ocio e nesta ocasión non podía ser menos, polo que o visitante tamén poderá gozar das actuacións que ao longo de toda a zona comercial se realizarán dende as 8 da tarde. O venres contaremos cos espectáculos itinerantes de A

TROPA DO DOUTOR MILAGRES, JUSTE KAMISHIBAI que percorrerán todas a rúas. E as 21:45h na Praza da Constitución contaremos coa actuación do MAGO RICHARD, ás 22:00h na Praza de Ponterareas LOS ALCÁNTRARA e ás 23:00h no escenario da Casa da Torre coa actuación de ADMIRAN QUARTET. Como novidade realizarase a estrea da actuación de A TROPA DO DOUTOR MILAGRES na Alameda de Chapela ás 12:30h da mañá. A programación de rúa seguirá a sábado 5 coas compañías: CAPITÁN GARFO, MISTER ESTRÓMBOLI, O VIRABAY, A ENSEMBLE MUSICAL e o ESPECTÁCULO POMPER que se localizarán ao longo de toda a vila.

Xoán Carlos González esixe a limpeza de parcelas nos arredores do casco urbán de Redondela Sinala un solar abandoado na zoa de San Xoán de Arcal, e A Telleira, “como espazos potenciais de incendios”. Acusa ao goberno de Javier Bas, de absentismo nas súas responsabilidades.

O concelleiro do BNG, constatou nas últimas semanas no entorno da rúa San Xoán de Arcal, na saída sentido Nespereira, a existencia dun solar en estado de abandono. “A proliferanción de maleza, que mesmo desborda o perímetro da parcela, xunto á falla de limpeza, convertérono nun foco de insalubridade”, sinala o concelleiro nacionalista.

Preocúpalle a situación deste espazo ao nacionalista pois un combustíbel como a maleza acumulada, xunto á seca que estamos a atravesar, podería levar a unha situación moi complicada no caso de que se producise algún lume. Para o concelleiro nacionalista, a situación adquire maior gravidade “xa que a escasos metros desta parcela, existen varios edificios e vivendas unifamiliares. Os veciños e veciñas desta parte de Redondela vén como non se leva a cabo ningunha actuación preventiva, que evite potenciais situacións de risco” Outro espazo polo que o nacionalista amosou a súa preocupación constitúeo o entorno da Telleira, en Cesantes. Sinala a existencia de restos de podas de mi-

mosa empregadas na elaboración de alfombras, expoñéndose a que se convirtan en combustible incendiario. Denuncia asimesmo, que o goberno de Javier Bas, non limpou parte dos camiños municipais da Telleira, en represalia, por teren recurrido os veciños e veciñas deste barrio a suba de taxas de recollida do lixo. Xoán Carlos González, acusa ao equipo de goberno de Javier Bas de absentismo nas súas responsabilidades. “A escasos metros do centro de Redondela, espazos insalubres, ateigados de maleza e combustibel, potencial foco de incendios, ao que non se lle presta atención”. Considera que ao alcalde de Redondela preocúpalle máis o exhibicionismo mediático, que resolver realmente os problemas dos veciños e veciñas.“Esiximos a inmediata limpeza destes espazos ante o alto risco de lumes.’’ Apuntan.

Un estudo lingüístico de Redondela A alumna da Universidade de Vigo, Sara Míguez, fixo o seu Traballo Fin de Grao (TFG) sobre Unha cala na paisaxe lingüística de Redondela. O propósito do seu traballo foi observar a visibilidade e audibilidade do galego no ámbito do comercio e bancario na rúa central de Redondela e na Avenida de Vigo de Chapela.

A autora confirma neste estudo a escasa vida do galego nos rótulos, documentación interna, propaganda etc. Entre os bancos, só Abanca e Caixabank incorporan o galego (ao carón do castelán) e só o primeiro ofrece a opción do galego nos caixeiros. O resto, só en castelán.

No comercio, Sara Míguez destaca o paradoxo de que unha empresa galega como Froiz non teña nada en galego e que Eroski, de orixe vasca, presente a rotulación ou os produtos en galego. Por outra parte, dos 27 comercios entrevistados só 8 usan o galego (7 en Redondela e 1 en Chapela). O uso oral da lingua entre clientes e propietarios cae ao 20%. En canto á documentación interna, o 90% usa o castelán. A autora xustifica este dato polo uso lingüístico das xestorías. Pero ademais indica que nun pequeño grupo de comerciantes existe a idea de que o galego non é igual de válido xuridicamente que o castelán. Matense tamén a idea de que o uso do galego conta con vantaxes fiscais aínda que os comercios non as coñezan. Finalmente, un 75% dos comerciantes apoian máis medidas a prol do galego, que segundo a autora son responsabilidade das institucións públicas (concello e Xunta).

Este modelo de estudo lingüístico tan só se realizou nos concellos de Pontevedra, Silleda e Vigo. Agora tamén se conta cunha achega dende Redondela.


VI

FINAIS DE XULLO 2017

terras de redondela FOrNelOs

Entrevista a Paula Pereira. Ceramista da Laxe, Fornelos de Montes

‘Aínda hai público que valora a beleza estética e conceptual’ Xa comentamos en numerosas ocasións que Fornelos de Montes numérosos atractivos que posúe este concello.Na parroquia da é un pobo ateigado de encantos físicos, desde o principio ao fin. Laxe, vive Paula Pereira, unha ceramista que ten o talento innato Desta volta puidemos descubrir unha cualidade engadida aos para crear pezas de exquisita beleza. non foi precisamente barato.

Unha vez que tes a peza xa feita, como fas para vendela? Véndoas na tenda online (www.cavalinhoart.com) Alí teño vendido a sitios moi diversos, ata a Escocia ou Australia. Logo tamén teño en tendas físicas en Compostela e en Vigo, na rúa Carral, e tamén en feiras.

Canto tempo levas traballando coa cerámica? Algo máis de cinco anos

Ti es natural de Arcade, como chegas á Laxe, en Fornelos? Eu teño 31 anos, malia que nacín en Arcade a miña familia materna procede de Fornelos, concretamente da parroquia da Laxe, e desde que era unha nena viña pasar tempadas a esta fermosa parroquia. Finalmente, hai máis ou menos dous anos decidín establecerme aquí. Gústame moito e síntome moi identificada coa Laxe. Cal é a túa historia profesional?

Son graduada en belas artes,rematei a carreira no ano 2010 e iniciei a miña vida profesioal cunha tenda en Pontevedra,que tiven dous anos. Chamábase ‘A formiga no carreiro’. Alí vendía artesanía elaborada por min e doutros artesáns e artesás de distintas zonas do estado e de Portugal. O que facía era moi bonito, pero era complicado vivir só diso, e preferín dedicarme só a miña marca. Como se chama a túa marca? Cavalinho do demo.

E cal é o contido de “Cavalinho do demo”? É únha marca de cerámica, fago ilus-

tracións en cerámica. Cales son as súas características máis significativas? Case toda a cerámica ten fondo branco, con ilustracións en tonos azuis ou negros. Os meus motivos preferidos son a muller e a natureza.

Pódese vivir da artesanía? É complicado, as cotas de autónomas son moi elevadas, pero con esforzo si se pode, de feito eu vivo desto.

Ti tes o obradoiro na túa casa, tiveches que mercar un forno entendo? E tanto que si, e podo asegurarte que

Que tal se porta o Concello de Fornelos contigo? Pórtase ben.Desde hai dous anos encárgame o trofeo para o gañador do premio de poesía Lueiro Rey.

Este ano vas facer o premio de xornalismo? Si ,penso que tamén o farei eu

Rematamos Paula, agradecéndote a túa amabilidade e desexándote moita sorte, cunha última pregunta. Ti pensas que nesta sociedade vorazmente competitiva e utilitarista na que nos tocou vivir, aínda queda espazo sensible para apreciar a beleza e a arte? Hai de todo,pero si que aínda hai público que valora a beleza estética e conceptual.


FINAIS DE XULLO 2017

opiniÓn

Ángel Pérez Fernández Profesor de filosofía

Corrupción

Non creo que a sociedade española sexa máis corrupta que as da súa contorna. Si creo que o sistema político español está afectado ata a medula pola corrupción. No momento de amentar esa palabra todo o mundo asocia unha morea de casos nos que homes e mulleres de partido se aproveitan da súa posición para gañar poder e ou enriquecerse cunha facilidade inversamente proporcional á resistencia que o sistema político desenvolve para remedialo.

O asunto da corrupción, cómpre deixalo claro, é un asunto político, non social. Deixando a un lado os distintos graos de corrupción observables entre os distintos pobos de España, non cabe imaxinar en ningunha parte do territorio español que, nunha tenda de moda ou na cola das entradas a un estadio de fútbol, por exemplo, os que esperan aceptasen pacientemente que alguén, por distinguido que fose, se saltase a vez e fose directamente ao mostrador ou ao portelo ou pagase un prezo distinto ao marcado.

O problema non é, pois, que o pobo sexa corrupto, os pobos non son corruptos, como tampouco non son de esquerdas ou dereitas, senón que o propio sistema político escamotea o único remedio fiable tal e como o

vemos nos países de baixos niveis de corrupción, que é algo tan sinxelo como promover a transparencia ou o control democrático das institucións de poder político, é dicir, que cada cidadá poida acceder á información que manexan as institucións.

Do mesmo xeito que nun centro educativo calquera interesado pode obter garantía suficiente da transparencia do proceso de matriculación e avaliación; nun concurso de obra pública, sometido ás mesmas esixencias de publicidade, porén, non sucede o mesmo. O que sucede é que conforme ao Observatorio da Contratación Pública os casos de corrupción incrementáronse nun 49,5% desde o 2007. Na súa opinión debido á “ausencia dun proceso efectivo de rendición de contas”. Non ocorre o mesmo que cando imos comprar as entradas dun partido de fútbol ou a comprar unha camisa. Os prezos sempre están á vista de todos e o acceso aos bens é igual para todos.

Lamentablemente non ocorre así. Non só no asunto da contratación pública, o nicho máis grande de corrupción económica en toda Europa, senón en todas as materias que o aparato dos partidos gobernantes consideren reservadas, é dicir, todas as que garanten a

redONdelA

conservación do poder político nas súas mans. Xa se sabe: é a lei de ferro das oligarquías, estúpido! Non ten sentido que en todas as negociacións políticas haxa luz e taquígrafos, e non se trata de que calquera cidadá poida coñecer quen participa en cada reunión e que di cada quen. A esixencia de transparencia non consiste niso. O asunto é, creo, que ninguén podería dar unha explicación, artellada en termos de razón pública de por que, por exemplo, o Reino de España foi o último estado da súa contorna en desenvolver unha lei de transparencia, sendo así que o artigo 105 da Constitución xa o establece. Inda máis, é difícil entender que a primeira lei de procedemento administrativo da democracia sexa de 1992, dez anos despois de pechada a transición. É dicir, os primeiros dez anos da modernización levada a cabo polo PSOE fixéronse coa lei administrativa herdada do franquismo. Aquela que os EEUU obrigaron a redactar para salvar as aparencias de estar a tratar cun estado de dereito.

A diferenza española con respecto á corrupción política non é daquela a picaresca. A diferenza está na herdanza recibida polo bipartidismo español, sen dúbida unha ferramenta de dominio moito máis eficiente do que herdaron as nacións veciñas.

sOUtOMAIOr

Xoán Carlos González responsabiliza a Javier Bas, da falla de subvencións ao servizo de normalización lingüística

VIII Torneo de Tenis e Pádel O Concello organiza xunto co Club Tenis & Padel Soutomaior o seu VIII Torneo de tenis e pádel do 5 ao 12 de agosto

A organización se reserva a facultade de realizar cambios para mellor desenvolvemento do torneo. As súas decisións son inapelables.

“Un novo capítulo do enfrontamento de Javier Bas coa Deputación, no que utiliza os servizos municipais”, afirma. No pasado mes de febreiro o departamento de cultura da Deputación de Pontevedra, publicitou as bases de subvencións de normalización lingüística dos diferentes concellos. Tanto o mantemento dos servizos xa creados, como a posta en marcha de campañas de promoción e uso do galego, formaban parte desta convocatoria. “Sorprendémonos cando se anunciaron as axudas para os diferentes concellos, e comprobamos como Redondela non aparecía entre os que recibían colaboración económica da Deputación”, afirma Xoán Carlos González. O motivo principal, constituíno o feito de que presentouse fóra de prazo a solicitude, e segundo puideron saber, por segundo ano consecutivo. Destaca que prácticamente todos os concellos que presentaron propostas foron subvencionados, “todas recibiron o cen por cen do solicitado”. “O noso concello foi un referente en Galiza da normalización lingüística, mais a evidencia é que dende que Javier Bas asumíu a alcaldía, este protagonismo esmoreceu”. Enumera Xoán Carlos González actuacións que conforman

VII

un panorama desolador. “Nun feito sen precedentes o propio alcalde escribe en xornais utilizando o idioma español. Incumprindo a ordeanza de normalización lingüística o concello publica catálogos, recibe escritos das concesionarias nese mesmo idioma; renuncia a recuperar a toponimia dos camiños redondeláns, e agora o servizo de normalización lingüística, deixa de ser subvencionado polo departamento de cultura da Deputación”. Valora esta última o atraso na presentación das solicitudes de subvención “na particular cruzada emprendida polo alcalde de Redondela, contra unha administración que non é controlada polo seu partido, como no caso da Deputación provincial”. Sinala que nesta loita non lle importa inmiscuír servizos municipais, como o caso da área de normalización lingüística. “Responsabilizamos direitamente a Javier Bas do proceso de desprestixio do idioma, que se está a vivir en Redondela. Na última restructuración de goberno, asumíu as competenzas de normalización lingüística, e á vista están os resultados”, sinala

Modalidades: Tenis Dobres / Pádel Masculino (1ª - 2ª-Iniciación) / Pádel Femenino: (1ª - 2ª Iniciación) / Pádel Mixto. No caso de que as inscricións de iniciación non somen 8 parellas como minimo pasarán ao cadro correspondente de 2ª categoría. Sorteo 3 de Agosto no Pavillón Municipal – Camisetas para todos @s participantes-Trofeos para 1º e 2º Clasificados. Inscricións: Caseta de Turismo do Peirao de Arcade do 19 de xullo ao 2 de Agosto Partidos de consolación en todas as categorías. Os participantes menores de idade deberán contar con autorización.


VIII FINAIS DE XULLO 2017

publicidade


FINAIS DE XULLO 2017

IX

terras de redondela G. FIGUeIredO

As Festas de Fornelos de Montes neste verán 2017

Fornelos de Montes é un dos sitios máis espectaculares de toda Ga- súas parroquias está ateigado de encantos de principio a fin. Nesta licia. Desde Calvos até A Laxe pasando por todas e cada unha das época Fornelos, vivirá as súas festas máis salientables.Estas son:

Comezamos falando do campionato de tute que organiza a comisión de festas de Fornelos.

Este celebrarase o vindeiro 22 de xullo diante do multiusos do concello, e se fai mal tempo haberá recinto cuberto. Animamos aos xogadores de cartas a apuntarse a este campionato, pois os premios ben pagan a pena. Agora falamos da Chafaina, que chega a Fornelos outro verán máis: Un ano máis, e xa van 15 ,o 23 de

xullo, o concello de Fornelos de Montes celebrará a festa da chanfaina e da carne do suído. Milleiros de persoas subiremos ata un dos concellos máis bonitos de todo o país galego, para apreciar unhas carnes de exquisito sabor e de primeirísima calidade, alén de gozar dos fermosos currunchos e máxicas paisaxes de Fornelos de Montes.

E por último, pero non por iso menos importante, falamos do FESTIVAL

PRESENZA E SON que será os vindeiros 28, 29 e 30 de xullo: A asociación Serhacer volve a artellar con éxito a creación dun Novo festival, encamiñado a pasar unha fin de semana diferente,

nunha contorna de luxo, en medido da natureza e a só 20 minutos de Redondela. Fornelos de Montes engalánase unha vez máis para recibir a quen queira deixarse encantar pola súa maxia.

Presenza e son presenta un marabilloso lugar no medio da natureza onde poder relaxarse e desconectar, inclúe unha nova zona de acampada gratis, praia fluvial, piscina municipal para nenos e maiores, contan este ano cunha zona privada para autocaravanas, unha ruta de sendeirismo consciente, por un dos lugares máis fermosos que hai en Galicia, e isto só é o punto de partida. No seu programa deseñado non só para pasar unhas vacacións inesquecibles, senón cara ao benestar e saúde. Concertos non faltarán como O soño de Calíope e Bhakta Sisters, haberá sesións de Risoterapia con Sheila Garrido, conferencias de médicos como Juan José Núñez, naturópatas e nutricionistas como Yoei Trigo, obradoiros de auto coñecemento danzas do mundo, concertos de cuencos tibetanos, tambores chamánicos con Ooruk Sambha, Biodanza con Sara Rodriguez, Taller de Tantra con Branca Bodelón e para quen desexe buscar o equilibrio interior, sesións de ioga con María Paraxe e Tai Chi co mestre Antonio Domínguez. Todo isto arroupado por un mercado artesanal, con comida ecolóxica, artesanías e moito máis. A asociación Serhacer consegue todo isto coa axuda do Concello de Fornelos de Montes e da Escola Internacional de Desenvolvemento Humano que forma naturópatas e masaxistas, tamén colabora a deputación de Pontevedra. Un agasallo para os seus asistentes que por só 50 Euros (se compras a túa entrada antes do 10 de Xullo, 60 Euros despois desta data), todo isto posible grazas a que son unha asociación sen ánimo de lucro e onde todos os seus membros son voluntarios. O 28, 29 e 30 de Xullo tes unha cita Importante en Fornelos de Montes, iso se, con prazas limitadas. Non só un lugar para gozar, relaxarche, senón tamén para aprender e crecer como persoa. Non podes faltar. máis información 622 093 532 www.serhacer.com.


X

FINAIS DE XULLO 2017

baixo miño A GUArdA

XX Aniversario de Acordeóns Mascarenhas

tínez e Ignacio Estévez Álvarez (D.E.P.); achegando ao grupo nova sonoridad, que lles anima a realizar no ano 2004 o seu primeiro traballo discográfico titulado " Os meus RECORDOS ", no ano 2007 realizan o seu segundo traballo co título " X ANOS XUNTOS "e no ano 2014 editan " Ou SON DO ACORDEÓN .

Tamén se realizan cursos de preparación para o enriquecemento musical dos compoñentes, baixo a dirección de José Luis Lorenzo Rodríguez e a colaboración de Marisa González Monroy, Manuel Estévez Gómes Ésteves, Roberto Comesaña Rodríguez e Manuel Olegario Escudeiro.

A principios do ano 1997 na Garda, un grupo de amigos e amantes do acordeón, fundan a Asociación Musical Mascarenhas, coa finalidade de difundir a música a través do acordeón. Estes amigos inician os ensaios abrindo camiño para formar o que despois sería o Grupo de Acordeóns Mascarenhas. Este nome é en homenaxe a D. Mario Mascarenhas, gran acordeonista e promotor da música Española en América do Sur.

Ao longo destes anos o Grupo de Acordeóns Mascarenhas fixo as delicias do público, que gozou dun repertorio moi variado que inclúe pezas como boleros tropicais, sambas brasileiras, vals clásicos, rancheiras mexicanas, polkas, rock, rumbas, tangos arxentinos, pasodobres españois, música tradicional de Galicia e creacións propias do seu fundador e di-

rector D. Jose Luís Lorenzo Rodríguez, diplomado como acordeonista no conservatorio Mario Mascarenhas e titulado como docente do acordeón polo Colexio de Músicos Profesionais de Brasil. En abril dese ano, apadriñados polo grupo Algareiros de Vigo, fai a súa primeira actuación no Teatro Cinema Avenida da Guarda. O grupo nesta ocasión estaba formado por: Fátima Daval, Sandra Pérez, Marta Trinta, Olaya Suárez, Natalia Fernández, Roberto Suárez e dirixido por José Luis Lorenzo Rodríguez. O éxito desta primeira actuación motivou ao grupo para seguir ampliando o seu repertorio, coa incorporación, anos máis tarde, de novos membros: Victor Valcarcel Carracedo, Raquel Rodríguez Baz, Ana Portela Lorenzo, Juan Luís Bande Rodríguez, Maria José Baz Mar-

Durante estes anos, o grupo tivo a ocasión de expresar a súa arte musical en diversas cidades de Galicia e Portugal. Destacamos algunhas actuacións: Teatro García Barbón en Vigo (hoxe fundación ABANCA) San Froilán en Lugo Festival do día Mundial do Acordeón en Vigo Centro Galego de Lisboa Programa Luar Televisión de Galicia Area Panorámica de Tui Concertos Benéficos Auditorio de Goián e Auditorio de Baiona Homenaxe a Celso Dominguez (D.E.P.) na Guarda Concerto homenaxe a José Luis Lorenzo Rodríguez no auditorio do Rosal

Queremos destacar como a actuación máis importante a homenaxe a D. José Luis Lorenzo Rodríguez pola súa traxec-

toria musical, fundador e director do grupo desde os seus inicios ata o día de hoxe. Participaron neste acto o acordeonista D. Jaime Vilas. compoñentes e ex compoñentes do Coro Arpegios Cantabile, baixo a Dirección de Lucia Alonso, así como alumnos e ex alumnos. Para levar a cabo todas estas actividades, durante estes anos participaron Susana Chaver Álvarez, Daniel Vilanova González, Rocío Lomba Alfonso, Ivan Rodríguez González, Antonio González Melón, Renata González Parrolini, Sofia Franco Sierpes, Rafael Martínez Rivero, Seila Domínguez Gómez, Iván Rodríguez Penteado. Na actualidade forman o grupo: Antonio González Melón (Batería), Ana Portela Lorenzo (Acordeón Baixo), Daniel Vilanova González (Acordeón Piano Baixo), Raquel Rodríguez Baz, Fátima Daval Rocha, Antolín Verde Alonso, José Fernández Juan Luís Bande Rodríguez, Andrea Silva Alonso, Claudia Fritiría Álvarez, Iván Rodríguez González, Susana Chaver Álvarez e César Verde González. Todos baixo a dirección de José Luis Lorenzo Rodríguez. Colaboraron coa Asociación Musical Mascarenhas, entre outros: Coro Cantabile, Mª José Baz, Rondalla Facho, Grupo Lembranzas, Pablo e Laura González, José Antonio Rodríguez Portela, Loli Portela González, Antón Ferreira, Ricardo Rodríguez, Infomiño, Recreo Artístico Guardés, Concello dá Garda, Concello do Rosal, Asociación Recreativa e Cultural Vos Amigos de Camposancos, Deputación de Pontevedra,


FINAIS DE XULLO 2017

XI

baixo miño A GUArdA

G.FIGUeIredO

Festas do Monte 2017, concello da Guarda Breve historia das festas:

A historia da Festa do Monte remóntase a máis de cen anos atrás. No ano 1912 o señor Julián López García funda a Sociedade ProMonte co fin de restauralos lugares sagrados, acondicionalo entorno, impulsalo enclave e melloralos accesos á cima do monte.No ano 1913, a consecuencia dos traballos de construción da estrada para accedelo monte descóbrense os restos do Castro e a sociedade impulsa os traballos arqueolóxicos que perduraron durante anos. É dende este ano cando comeza a celebrarse esta festa que cumpriu 100 anos no 2.013. As festas do Monte son as máis importantes da comarca, como amosa a súa declaración de festa de interese turístico galego no ano 2.009. Durante toda a semana organízase diferentes actividades deportivas, culturais e lúdicas. O que máis destaca desta festa é o desfile de bandas mariñeiras por toda a localidade. A festa do monte perdeu o seu carácter relixioso hai xa tempo, pero non o interese da veciñanza, que continúan o costume de subir ao monte de Santa Tegra para celebrar unha grande romaxe. Desde as páxinas de A Nova Peneira convidamos a todas as nosas lectoras e lectores a que se acheguen á fermosísima vila de A Guarda a gozar dunha festa única. Este ano cadran do 7 ao 15 de agosto e de seguido vos deixo o cartaz para que vexades a programación .

O BNG insta ao PSOE a realizar programas de apoio educativo na Guarda “Para o BNG os premios de educación promovidos polo goberno municipal, crean rivalidade entre compañeiros e compañeiras. É un modelo errado baseado na LOMCE” o BNG  presentou un escrito no Concello da Guarda instando ao grupo de goberno do PSOE a abandonar estas medidas en materia educativa como a realización duns “Premios de educación 2.017” nos que se valora o expediente académico do alumnado do concello. Para o BNG, estamos diante dunha unha política errática en materia educativa por parte do Alcalde da Guarda.

As institucións públicas deben traballar por equilibrar as desigualdades que existen entre o alumnado, potenciando medidas de apoio ao alumnado con máis dificultades tanto económicas como doutra índole. O grao de improvisación e “trapalleiría” do goberno socialista chega a tal nivel que de despois de publicar as bases dos premios, modificou as mesmas para incluír a centros excluídos nun inicio, pero deixando a posíbeis candidatos ou candidatas fora por non estar empadroados na Guarda, iso si, cursando en centros da localidade.

“Non fai sentido regalar tabletas, mentres temos alumnado con necesidades de apoio educativo que ben agradecerían a realización de programas para que axudar a que acaden os seus obxectivos”, comentou Xan Lois Lomba, concelleiro do BNG.

O BNG lémbralle que o goberno municipal que das diferentes direccións dos centros educativos da Guarda xa lle amosaron a desconformidade con esta iniciativa. “Non entendemos como habendo profesionais do ensino no goberno, se estean a potenciar este tipo de premios que fomentan competitividade entre alumnado e que para nada cumpren os obxectivos para os que se din que naceron estes premios”, sinala Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

O BNG quere amosar rexeitamento a este premio e insta ao goberno municipal do PSOE a investir os cartos dos premios na procura dun programa de apoio educativo para alumnado con máis necesidades.


XII

FINAIS DE XULLO 2017

publicidade


FINAIS DE XULLO 2017

XIII

baixo miño

tOMIñO

tOMIñO

O Festival Minho Reggae Sunsplash anuncia a súa 8ª edición, que se celebrará a primeira fin de semana de aetembro en Goián

A Aula-Museo Antonio Fernández "fala" de Historia da Arte, os venres de xullo e agosto

É o primeiro festival galego con tematica ecoloxista e sustentable, baseado nos valores e respecto á natureza utilizando material reutilizable e compostable,novamente en colaboracion co colectivo Ecosistemas que basean a súa actuación na creatividade e na sostenibilidade, dando solución a problemas reais no campo das instalacións efímeras. Céntrase na arquitectura e no deseño de producto para dar soporte a eventos e proxectos con conciencia, concebindo tódalas intervencións dende un prisma ecolóxico, técnico, audiovisual e interactivo. Este ano voltan crear un proxecto de señalética lumínica. Un proxecto para mellorar a mobilidade dos usuarios no festival; tanto o acceso ó recinto, á zona de acampada como ás zonas de traballo do persoal da organización de Minho Reggae, e tamén para revalorizar e promocionar o entorno como é o Espazo Fortaleza.

A instalación, sita en Goián, organiza tamén visitas a artistas da zona, ás que poden asistir persoas de todas as idades

A Arte en Exipto e Mesopotamia, Arte Grega e Romana, A Arte na Idade Media, A Arte do Renacemento, Arte Barroca e Rococó, O Neoclacisismo, A Arte na Idade Contemporánea, Actividades para todas as idades: Ruta Artes&Oficios (Os xoves ás 20:00h) Pintura – Eulalia Jackson (6 de xullo) Cerámica – Leandro (20 de xuño) Escultura – Magín Picallo (3 de agosto) Fundición Arte Bronce e Galría de Arte a+b (17 de agosto) Escultura – Carlos Fernández (31 de agosto)

O Festival Minho Reggae pecha o cartel musical desta 8ª edición coa incorporación das bandas internacionais como o xamaiquino Rod Taylor, a caboverdiana Mo´Kalamity e o caribeño Bob Wasa, o antillano Marcus Gad, entre moitos outros artistas nacionais e internacionais, recordando que é moito máis que un festival. É toda unha experiencia que unifica unha localización natural única cunha completa programación musical e cultural que combina a música con disciplinas como actividades deportivas e lúdicas.

A organización anuncia unha nova edición O Minho Reggae Sunsplash renovará, tamén, a súa semana cultural no concello de Tomiño, e ofrecerá unha selección de actividades; proxeccións, obradoiros, esposicións, xogos populares, coloquios, actuacións musicais, ... nunha programación pensada específicamente para o Baixo Miño. Tanto a programación como as actividades desvelaranse ó longo das próximas semanas.

Todos os venres de xullo e agosto pola mañá (de 10.30 a 11.30 horas), impartirá clases de Historia da Arte facendo un percorrido polas distintas épocas e movementos comprendidos entre a Prehistoria e a Idade Contemporánea. O programa inclúe, ademais, visitas aos obradoiros de cinco artistas da

zona. Todas as actividades son de balde e algunhas requiren inscrición previa.

Actividades para adultos: Historia da Arte (Os venres de 10:30 a 11:30h) Introducción a Historia da Arte. Concepto e Evolución. A Prehistoria

OIA

A Costa dos Castros: Visitas guiadas durante todo o verán

Para gozar de todo o que ofrece a Costa dos Castros non tes máis que poñerte calzado cómodo e saír á aventura. Pero se, en vez de visitar Oia por libre, queres descubrir todos os segredos que garda o seu patrimonio, participa nas actividades gratuítas que programan varias veces ao ano. A Asociación Costa dos Cas-

tros desenvolverá a súa campaña de visitas guiadas gratuítas do 14 de xullo ao 15 de setembro (ámbolos dous días inclusive). Haberá actividades tódalas semanas, de xoves a domingo, cos seguintes horarios: Xoves: -12.00h: castro e petróglifos da Cabeciña. Punto de encontro: A Cabeciña.

Venres: 12.00: castro e petróglifos da Cabeciña. Punto de encontro: A Cabeciña. 22.30h: petróglifos da Cabeciña nocturna. Prazas limitadas. Inscrición. Sábados: -12.00 horas: Barrio do Arrabal. Punto de encontro: zona de

aparcamento diante do Mosteiro de Oia. 22.30h: petróglifo de Auga dos Cebros nocturna. Prazas limitadas. Inscrición. Domingos: -12.00 horas: Barrio do Arrabal. Punto de encontro: zona de aparcamento diante do Mosteiro de Oia.

Importante: Os/as menores de 15 anos deberán ir acompañados dunha persoa adulta. A Aula-Museo Antonio Fernández "fala" de Historia da Arte, os venres de xullo e agosto A instalación, sita en Goián, organiza tamén visitas a artistas da zona, ás que poden asistir persoas de todas as idades,.


XIV FINAIS DE XULLO 2017

baixo miño tOMIñO

Tomiño investe máis de 100 mil euros en reformas de verán e mantemento dos colexios do municipio As obras de maior envergadura son a remodelación do patio do CRA do Seixo, e do CEIP de Barrantes, financiadas con fondos da Deputación e do Concello, respectivamente Acondicionaranse de acordo cunha nova concepción do xogo e do entretemento, e fomentando un contacto maior con elementos da natureza gola de madeira que servirá pecial e da aula de música. como área de transición; zona Estas tarefas serán realizadas de árbores e senda, etc. por persoal municipal. Pola súa banda, o patio do CEIP de Barrantes será remoEn Sobrada, realizarase o delado seguindo a mesma filo- cambio da aula de informática, sofía. Neste caso trátase dun a unha máis ampla e mellor ámbito de actuación de 264 acondicionada, e colocarase tam2, nos que se tentará repre- rima flotante noutras dúas sentar, a través de diferentes aulas do centro. elementos e materiais a unión entre a terra e o mar, con eleEn Goián, levaranse a cabo vacións do terreo, semellando pequenos arranxos na aula de unha montaña de terra e cés- inglés e mellorarase o peche do Como cada ano cando co- tiva, que agora, grazas a unha pede natural; un área de banca- colexio. meza o verán, o Concello de achega do Plan Concellos, po- das de madeira; una zona máis Por último, realizaranse Tomiño, emprende unha serie derá facerse realidade. baixa de pavimento brando si- melloras nas aulas do CRA de Trátase dun espazo exterior mulando o mar, e unha illa no Figueiró (almacén) e Vilachán de reformas, melloras e obras de mantemento nos centros de case 700 m2, que se acon- centro, na que se colocará un (instalación eléctrica), entre educativos de Infantil e Prima- dicionará coma “parque natu- tobogán de aceiro inoxidable outras. ria.Esta vez, as dúas obras de ral”, de acordo cunha nova de metro e medio de altura e un A alcaldesa de Tomiño e maior envergadura son as re- concepción do xogo e do entre- tubo de PVC, que fará as veces delegada de Educación, Sandra formas dos patios do CRA temento, fomentando un con- de pasadizo ou túnel. González, explica que aínda (Centro Rural Agrupado) do tacto maior con elementos da que o acondicionamento dos Seixo, e do CEIP de Barrantes, natureza, creando distintos niOutras obras de mellora colexios non é unha obriga financiadas con fondos da De- veis no terreo, e utilizando pa- que se levarán a cabo durante municipal, o Concello destina putación e do Concello, res- vimentos seguros (céspede o verán, son a reposición de cada ano unha partida considepectivamente, e que natural, terra vexetal na zona ventás no ximnasio do CEP rable para facer fronte ás obras significarán un investimento de horta; arena, pavimento sin- Pedro Caselles, para dotar á de mantemento e mellora das duns 80.000 euros. tético brando, de madeira de instalación dun maior illa- instalacións, seguindo unha O primeiro era unha vella pino, etc.) que fomenten o mento e luminosidade liña de prioridades que se aspiración do equipo de go- xogo participativo e a creativi- (7.500€), reforma da aula de axusta ás necesidades reais. berno e da comunidade educa- dade. Haberá tamén unha pér- psicomotricidade, cun solo es-

Once expertos en turismo escollen Tomiño para traballar na creación dun dicionario especializado

Once profesores de Turismo (todos xeógrafos) de diferentes universidades españolas (Madrid, Barcelona, Alicante, Sevilla, Mallorca, Málaga, etc.), acompañados por Rubén Lois (catedrático de Xeografía na USC), participan dende hoxe até o domingo dun encontro no Concello de Tomiño. Trátase dun grupo de expertos que ademais de traballar en rede, fan encontros periódicos en novos espazos turísticos, non masificados. No caso de Tomiño, interésalles especialmente o territorio transfronteirizo e o clima. O cometido é coñecer as novas tendencias en turismo, novos espazos non saturados, etc. para a creación do primeiro dicionariomanual de turismo en español e as outras linguas oficiais, destinado ao ámbito universitario e a profesionais especializados. Na primeira sesión de traballo foron recibidos pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quen lles deu a benvida e faloulles sobre as características da vila; os seus recursos e potencialidades económicos, naturais, etnográficos e turísticos.


FINAIS DE XULLO 2017

XV

baixo miño A GUArdA

Tomiño recupera a aula aberta do Río Furnia instalando novos paneis explicativos

O Concello e o Atlético Guardés acordan coa Xunta a reforma do vestiario do pavillón da Sangriña

Aula Aberta conta con 2 kilómetros de percorrido (ida e volta), de dificultade baixa, ao longo dos que poden atoparse máis de 20 especies de árbores e arbustos e 60 de pequenas plantas

Tomiño instala novos paneis explicativos, na Aula Aberta da Natureza do Río Furnia, afluente do Miño que conta cun dos ecosistemas máis representativos de Galicia. Os novos paneis que guiarán ao visitante, incorporan elementos naturais e etnográficos e están elaborados inte-

gramente en lingua galega, có apoio da Deputación de Pontevedra, a través dun programa de subvencións para a dinamización da lingua. A Aula Aberta do Río Furnia conta con 2 kilómetros de percorrido (ida e volta), de dificultade baixa, ao longo dos que poden atoparse máis de 20 especies de árbores e arbustos e 60 de pequenas plantas e fentos. Ademais, reúne elementos etnográficos de gran valor histórico, como son antigas pontes, muíños fariñeiros e levadas.

“O Concello de Tomiño considera de gran importancia ter unha Aula Aberta que a través de paneis explicativos, axude a coñecer e valorar o ecosistema e biodiversidade existente ao redor dos nosos ríos”, explica Mª Xosé Vázquez, delegada municipal de Medio Ambiente.

Con tal fin, a concelleira, acompañada de Xosé María Regueiro, exconcelleiro e gran coñecedor do patrimonio natural e etnográfico da zona, ofreceu hai uns días, unha charla explicativa con proxección dun vídeo, comentando as características da ruta e da intervención realizada.

O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, e o concelleiro de Deportes guardés, Javier Crespo, recibiron esta mañá á Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez, ao xefe do Servizo Provincial de Deportes, Daniel Benavides, e ao presidente do Clube de Balonmán Mecalia Atlético Guardés, José Manuel Silva, para concretar o destino dos fondos que a Xunta de Galicia facilitará ó Concello guardés para a mellora das instalacións do pavillón da Sangriña.

Os representantes da Xunta e o rexedor asinarán proximamente un convenio, cunha dotación de 50.000 euros, para acometer as obras necesarias no pavillón. Atendendo ás suxestións expostas polo presidente do Atlético Guardés, estes fondos destinaranse á reforma do vestiario, mais o rexedor quixo destacar a necesidade doutras obras urxentes, como a reforma nas instalacións eléctricas. Pola súa parte, Marta Míguez comprometeuse durante o encontro a con-

tinuar coas xestións para conseguir os fondos necesarios para realizar estas obras.

Dende o Concello confíase nun futuro compromiso por parte da Xunta co proxecto de reforma e ampliación do pavillón, que xa está a ser elaborado pola Deputación de Pontevedra.

Con todo, tanto o Concello, como os representantes da Xunta e o Clube amosaron a súa satisfacción cos resultados da reunión, na que foi posible o entendemento entre as tres partes, necesario para poder levar a cabo as melloras nas instalacións deportivas que habitualmente utiliza o Atlético Guardés nos seus encontros.

Nos próximos días, comezarase a traballar na reparación da cuberta do pavillón, unha obra que se levará a cabo contando co financiamento da Deputación de Pontevedra, con cargo ó Plan Concellos 2017.


XVI FINAIS DE XULLO 2017

baixo miño tOMIñO

A Deputación traballa xa na instalación dos redutores de velocidade do plan móvese nas estradas provinciais do concello de Tomiño

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez anunciou que a primeiros de agosto comezará o pintado de 74,2 quilómetros de sinalización horizontal nas vías da Deputación no municipio

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra está xa a instalar os dispositivos de calmado de tráfico do Plan Móvese, pasos de peóns sobreelevados e redutores físicos de velocidade

de vehículos, en varios puntos das estradas provinciais do concello de Tomiño. Segundo indicou o deputado Uxío Benítez, este concello do Baixo Miño verá finalizadas todas as actuacións nos vindeiros dez días. Os traballos en Tomiño iniciáronse a pasada semanas con tres brigadas de traballo (aglomerado, albañilería e pintado) da empresa Narom. As obras supoñen a instalación de dous pasos de peóns sobreelevados na estrada EP3102 Tomiño-Sabarís, nos puntos quilo-

métricos 0+400 e 0+500, de nove metros de lonxitude e ao mesmo nivel que as beirarrúas existentes, no lugar de Mosteiro, diante do colexio Pedro Caselles. Como novidade, no PPS vaise pintar unha lenda de advertencia aos peóns na primeira banda do paso de cebra: ‘Atención. Mirar Esquerda-Dereita’ . Tamén se instalarán na mesma estrada outros dous redutores físicos de velocidade, nos puntos 4+360 e 4+410, de seis metros de lonxitude. Por outra banda, na estrada EP31-03 entre Tabagón-Goián construiranse outro par de redutores de velocidade nos puntos 4+240 (de 7 metros de largo) e no 4+290 (de 9 metros). O deputado Uxío Benítez indicou que o Plan Móvese pretende diminuír a violencia viaria mediante o calmado do tráfico con elementos físicos. “A Deputación opta por baixar a velocidade co único elemento que ten efectos reais: os dispositivos físicos, que obrigan a parar o coche, porque os sinais ou os radares, na práctica, non funcionan”, argumentou Benítez. O nacionalista lembrou que as actuacións do Plan Móvese fixéronse a través da participación e solicitudes dos concellos, unha vez recollidas peticións veciñais, que despois foron supervisadas por técnicos provinciais. A propia

alcaldesa de Tomiño, Sandra González, visitou as obras dos PPS para vixiar a súa execución e estar en contacto coa empresa construtora. O departamento de Mobilidade executará este ano preto de 600 elementos de calmado de tráfico en toda a provincia logo de recibir máis dun milleiro de peticións. Está previsto que cara ao próximo exercicio se realice unha segunda fase do plan logo do éxito e bo acollemento da primeira edición. Ademáis do Plan Móvese, o departamento de Mobilidade da Deputación tamén está a traballar de forma simultánea no Plan de Sinalización Horizontal, polo que se vai repintar máis da metade da rede viaria provincial. No Concello de Tomiño o pintado das estradas provinciais está previsto, se a situación climatolóxica o permite, para primeiros do mes de agosto. Os traballos de renovación da pintura irán precedidos das rozas pertinentes nas estradas, realizadas tanto da man das brigadas da Deputación como das empresas contratadas.

O novo pintado suporá un investimento de 37.534,71 euros e mellorará un total de 74,2 quilómetros de sinalización nas estradas EP-3101 entre Tebra e Cristelos e EP-3102Tomiño-Sabarís.


FINAIS DE XULLO 2017

XVII

baixo miño

Tomiño, O Rosal e A Guarda “estudan” o sector do viveirismo, para convertelo na principal fonte de recursos das súas economías

A CIG do Baixo Miño reelixe por unanimidade a Serafín Fernández como secretario da Unión Local

O diagnóstico e plan estratéxico elaborado con axuda de expertos e dos propios viveiristas, foi presentado onte en Tomiño, ante os alcaldes e empresas da comarca

Os Concellos de A Guarda, O Rosal e Tomiño traballaron de forma conxunta, coa colaboración de ICSEM SL (Instituto para o Crecemento Sostible da Empresa), na Diagnose e na elaboración dun Plan Estratéxico e Operativo do Sector do Viveirismo, que determine as liñas de traballo a desenvolver coa fin de resolver puntos críticos do sector na busca da mellora de súa competitividade. Estes estudios foron presentados esta semana, no Salón de Plenos do Concello de Tomiño, ante os alcaldes dos tres municipios promotores; membros de acuBam (Asociación de Viveiros do Baixo Miño), e outras empresas afíns.

O obxectivo do estudo é “impulsar o crecemento sostible e viable do sector, como estratexia de desenvolvemento local, social, económico e ambiental”, co fin último de mellorar a calidade de vida dos traballadores do sector. Un sector que

conta con 140 empregados en empresas de planta ornamental e 70 de flor cortada (80% deles mulleres). O documento, acordado e elaborado con apoio moi representativo das empresas que integran a cadea de valor dos sectores produtivos da planta e flor cortada da comarca, parte dunha diagnose pormenorizada das condicións nas que se atopa o sector, analizando situación económica, recursos materiais, loxísticos e humanos; sistema de traballo, produción, venta e distribución, perspectivas de crecemento e expansión, etc. Na realización do plan participaron máis de 20 produtores dos tres concellos implicados no proxecto, cunha superficie cultivada dunhas 100 hectáreas, no caso da planta ornamental, e 7,5 ha. no da flor cortada. Entre as debilidades atopadas, destaca o escaso investimento en temas de inves-

tigación aplicada ao sector; baixo nivel de profesionalización nos viveiros de menor tamaño, localización xeográfica illada e baixo nivel de innovación tecnolóxica. No sector da flor, percibiuse tamén escasa colaboración a nivel produtivo e de comercialización, produto altamente perecedoiro, dependencia de pequenos produtores, baixa formación en xestión e comercio exterior. As fortalezas detectadas veñen caracterizadas pola existencia dunha comercializadora de planta ornamental que agrupa o 70% da produción total da comarca; o asociacionismo representado por ACUBAM; a Mostra de Cultivos xa consolidada e a actitude dos produtores cara á formación e ao coñecemento das tendencias de mercado e consumo.

Por último, entre as principais ameazas, atópanse, segundo o diagnóstico do sector, o pouco atractivo que este ten para a poboación moza dos concellos, que percibe negativamente traballar en viveiros e a existencia de produtos procedentes de Portugal, con prezos máis competitivos.

O Plan Estratéxico e Operativo, en base ás debilidades, fortalezas, ameazas e oportunidades, determina as accións a emprender, a curto-medio prazo, as cales teñen que ver, fundamentalmente, cunha maior profesionalización do sector, unha competitividade baseada na innovación; unha maior colaboración sectorial e un posicionamento no mercado como sector produtivo innovador, sostible e responsable, nos planos social, económico e medioambiental.

A III Asemblea da Unión Local da CIG do Baixo Miño reelixiu como secretario a Fin Fernández con 36 votos a favor dos 36 emitidos, mentres que o Informe de Xestión, que resume a actividade do sindicato na comarca nos últimos catro anos, e a nova Executiva foron ratificados con 37 votos favorábeis dos 37 emitidos. O secretario comarcal da CIG de Vigo foi o encargado de pechar un encontro que tivo lugar no Restaurante Juan do Rosal a partir das 19.00 horas e no que participaron 37 delegados/as. Alberto Gonçalves salientou que a celebración da III Asemblea marca a consolidación da CIG no Baixo Miño e fixo fincapé na importancia de que a central se atope presente en todos os conflitos laborais.

Pola súa banda, o secretario da Unión Local repasou a principal actividade do sindicato nestes últimos catro anos, con especial mención ao conflito aberto no centro educativo San Xerome Emiliani da Guarda. Ademais, destacou o incremento da afiliación nun 7% e “o bo traballo feito pola asesoría xurídica”. Composición da nova Executiva Serafín Fernández, Natalia Lomba, Olga Orduña, Adelino Rivero, Javier Vicente, Serafín de la Fuente, Sergio Guiomar.


XVIII FINAIS DE XULLO 2017

baixo miño tUI

tUI

O equipo de goberno de Tui finaliza o expediente para a apertura da primeira fase da rúa Ourense

O goberno municipal de Tui peonaliza definitivamente a zona de intramuros no conxunto histórico de Tui

O expediente expropiatorio será sometido a exposición pública durante en mes. É a primeira expropiación realizada polo Concello nos últimos 25 anos.

O equipo de goberno de Tui vén de rematar a tramitación do expediente de cara a apertura da primeira fase da rúa Ourense. Nos próximos días, tras a súa publicación nos boletíns oficiais, someterase a información pública durante un mes tempo no que se poderán presentar alegación. De forma paralela dende o Concello remitiuse xa a notificación aos propietarios dos dous inmobles afectados que será preciso derrubar. Tras a resolución das alegacións que se poidan presentar o Concello de Tui levará a cabo o pago das expropiacións e se redactará a acta de ocupación previa á licitación da obra. A execución deste proxecto – prioritario para o goberno local - suporá o investimento de máis de 984 mil euros, para os que se habilitou crédito con cargo ao remanente de tesourería. Será a primeira vez en 25 anos que o Concello de Tui leve a cabo unha expro-

piación para a execución dunha obra de interese xeral, logo das realizadas para a construción do Paseo Fluvial sendo alcalde Miguel Capón. Deste xeito en breve prazo o equipo de goberno de Tui fará realidade este proxecto ambicionado durante décadas pola cidadanía tudense, e que marcará un antes e un despois na ordenación do tráfico urbano no centro da cidade. Esta primeira fase conectará a rúa Ourense dende a rúa Colón até a rúa O Rosal. Para completar esta actuación o goberno municipal conta xa co proxecto da segunda fase da apertura da rúa Ourense que enlazaría a mesma coa Avenida da Concordia. No mesmo contémplase un vial de 160 metros de lonxitude por 21 metros de ancho, a expropiación de dúas vivendas situadas no enlace entre a rúa Ourense e a Avenida da Concordia, así coma dunha franxa da Finca Patazumba, onde amais será preciso trasladar o canizo existente. O orzamento total do proxecto desta segunda fase ascende a 1.042.225 € dos que 632.037€ corresponden a execución da obra e 410.188€ ás expropiacións.

A zona de intramuros do conxunto historico de Tui é peonil de forma permanente todos os días da semana. O equipo de goberno de Tui vén de aplicar o Plan de Peonalización de xeito definitivo tras unha primeira fase experimental que se levou a cabo ao longo de catro fins de semana. Esta medida marcará un punto de inflexión na conservación, posta en valor e promoción desta zona da cidade declarada Ben de Interese Cultural no ano 1968, e que atesoura un importante valor cultural e patrimonial. Este espazo recupérase agora novamente para os peóns e coma punto de encontro para os veciños. Ao tempo a retirada da mesma dos vehículos diminuirá a contaminación ambiental, e reforzará as súa habitabilidade, e as súas posibilidades turísticas e comerciais. De agora en diante, todos os días, o acceso en vehículos á zona de intramuros limitarase a residentes, propietarios non residentes, establecementos, servizos e permisos especiais, para labores de

carga e descarga cun máximo de estacionamento de quince minutos. Amais as zonas verdes – situadas na rúa Ordóñez, Bispo Lago, Cantón de Diomedes, Piñeiro, Martínez Padín dende o cruzamento co Arrabal ata a Avenida de Portugal, e o Paseo Fluvial, serán para aparcamento exclusivo para residentes no conxunto histórico (R) e os residentes nas propias zonas verdes (RE). Dende o Concello de Tui faise un chamamento á cidadanía a respectar as zonas verdes, ao tempo que se advirte que coa entrada en vigor definitiva da peonalización comezaranse a impor as sancións recollidas na Ordenanza Reguladora. No caso de rexistrarse algunha incidencia no acceso por parte dos vehículos autorizados estes poden comunicala á Policía Local no 986 60 36 77.

Coa peonalización definitiva nas próximas semanas, e contando sempre coa autorización da Dirección Xeral de Patrimonio, acometeranse unha serie de melloras no conxunto histórico coma a instalación de mobiliario urbano – papeleiras e bancos – e a retirada de bolardos ou sinais de tráfico existentes en distintas rúas que ao ser peonís deixan de ter unha función.

A Deputación pon en marcha un plan de rehabilitación de firmes para as estradas provinciais cun orzamento anual de preto de 4,4 millóns de euros O deputado de Mobilidade Uxío Benítez anunciou que o acordo marco aprobarase mañá no Pleno provincial e será prorrogable ata 2021

A Deputación vai poñer en marcha un Plan de Rehabilitación de firmes para as estradas provinciais cun orzamento anual de preto de 4,4 millóns de euros. Segundo anunciou hoxe o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, o acordo marco para contratar as obras aprobarase no Pleno da Corporación debido á súa alta contía, e será prorrogable ata 2021, cando o investimento chegará aos 19,6 millóns de €. Benítez explicou hoxe que a Estratexia de Mobilidade 3.0 da Deputación contempla un programa de Mobilidade segura no que o labor de conservación e mantemento da rede viaria provincial é prioritario. Neste sentido, o deputado subliñou que as infraestruturas viarias sofren problemas nos seus firmes de xeito puntual, con afundimentos, peraltes defectuosos, pavimentos deslizantes en curvas, ou fendas derivadas do uso que é necesario atallar de forma efectiva. “Pre-

cisamos instrumentos que garantan o bo estado da rede provincial de estradas, que nos fagan ser áxiles á hora de actuar e que funcionen con garantías”, dixo, para explicar que a intención da Deputación é convocar un Acordo Marco xeral que regulará a contratación das obras de conservación dos firmes. Este Acordo Marco permitirá actuar de xeito planificado ao departamento de Mobilidade para a mellora de estradas que presenten deficiencias puntuais. Así, en función dos problemas que se detecten nos asfaltados das estradas, dos seus aforos e intensidades medias diarias de vehículos, os técnicos poderán priorizar e executar as actuacións necesarias para realizar rehabilitacións de firmes en treitos e localizacións concretas. “Non se trata dun plan para actuar no continuo de toda unha vía. Iso encadraríase na planificación de estradas e das actuacións singula-

res para a mellora global das estradas. A intención deste plan é ser áxiles no mantemento cando hai unha deficiencia, realizando unha actuación localizada, xa que actuando rapidamente evítase que o deterioro vaia a maiores e que sexan precisas reformas integrais que supoñen un investimento moito maior”, subliñou. O deputado explicou que no pleno de mañá venres iniciarase a tramitación para poder iniciar as primeiras obras en 2018. Grazas ao acordo marco adxudicaranse obras por lotes a cinco empresas diferentes que terán asignadas cinco zonas de actuación na provincia, divididas e referenciadas en función da estrutura de vixiantes que ten a Deputación. A cifra de 4,4 millóns anuais é o máximo de gasto que se permitirá anualmente e calculouse segundo a estimación dos técnicos provinciais.

En función das necesidades detectadas iranse redactando as memorias de actuación e utilizando o orzamento segundo sexa preciso. Cabe a posibilidade de aprobar prórrogas dos contratos ata 2021, cando o investimento podería acadar os 19,6 millóns de euros.


FINAIS DE XULLO 2017

XIX

o morraZo

bUeU

bUeU

Bueu remata as obras de rexeneración da contorna de Ermelo

Os viais de Meiro-Ermelo e de Rúa Nova-A Rosa, prioridades do Concello e da Deputación

A obra realizouse con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación O alcalde anunciou durante a visita ás obras que o Concello dotará o espazo de bancos, marquesiña e iluminación e cerne do Morrazo. Neste sentido, os tendidos eléctricos tamén foron soterrados e creouse unha canalización, tamén soterrada, para a recollida de augas pluviais. Con motivo de inaugurar esta obra, dende o Concello de Bueu estase organizando un acto especial do que se darán a coñecer detalles nos vindeiros días. Unha aldea con moita O alcalde de Bueu, Félix Juncal, vi- historia sitou hoxe as obras de rexeneración da A revalorización do entorno da contorna de Ermelo, acompañado polo Igrexa de Ermelo responde tamén á reconcelleiro de obras e servizos, Fidel cente recuperación da súa memoria. Castro, e polo deputado de cultura e lin- Esta antiga construción constitúe un dos gua, Xosé Leal. No acto avanzouse que vestixios que aínda se conservan do anas obras, que se realizan con cargo ao tigo mosteiro. No 1104, posiblemente Plan de Obras e Servizos (PPOS 2016) despois dun ataque normando no que o da Deputación de Pontevedra, estarán templo foi destruído, foi restaurado por culminadas esta semana. Ademais, o al- mediación do arcebispo compostelán calde declarou que nas vindeiras sema- Diego Xelmírez e cambiou a súa advonas o Concello dotará o espazo de cación a San Bieito pola de Santiago. A bancos, marquesiña e iluminación para edificación actual é froito da nova rescomplementar esta actuación. tauración realizada en 1774 con recurA obra, acometida pola empresa sos do mosteiro de San Juan de Poio, Rocas Graníticas del Condado cun custe onde estaba integrada. No seu interior de 77.000 €, incluíu a substitución do destaca a pía bautismal decorada cunha pavimento de asfalto por outro de mes- cruz románica no relevo. A súa estrutura tura entre o adoquín e o enlousado de é de sillería irregular e na fachada repregranito, co que se busca unha revalori- séntase unha espadaña barroca. zación deste núcleo histórico tradicional

Os técnicos provinciais visitarono municipio para ver as obras máis prioritarias en canto ao mantemento viario. Así, o alcalde de Bueu, tamén estivo presente xunto ao concelleiro de obras e servizos, Fidel Castro, e o deputado de cultura, Xosé Leal. No marco desta visita técnica, Juncal destacou que a prioridade que dende o Concello se lle trasladou á Deputación é que se melloren as estradas que van dende a Rúa Nova ata a Rosa en Beluso,

e de Meiro ata Ermelo. Esta urxencia susténtase no mal estado de conservación, e por iso vaise mellorar a seguranza peonil nestas zonas nos que hai unha gran afluencia de xente. No caso concreto de Meiro - Ermelo, trátase dun vial no que fai unha década se aplicou un plan de ensanchamento que non se completou. Por iso, é unha actuación prioritaria que urxe rematar, e na que se van incluír tamén espazos seguros para facilitar a mobilidade das persoas.

cANGAs

Entrada en vigor do novo rueiro e a nova numeración do Concello de Cangas Foron numerosos os problemas coa correspondencia que durante anos sufriu a veciñanza canguesa (retrasos na entrega, direccións incorrectas pola falta de sinalización en rúas e camiños, etc.). Con esta problemática sobre a mesa levouse a cabo unha dura labor desde o Departamento de Estatística do Concello para definir o actual rueiro. Logo de rematar os traballos de colocación de placas cos nomes das rúas e a correspondente numeración na parroquia do Hío (nos lugares de Nerga, Donón, Pinténs e Vilanova), infórmase á veciñanza da entrada en vigor da actualización do rueiro coa nova numeración. Toda a veciñanza afectada por este cambio recibirá nos próximos días un volante-xustificante colectivo do padrón, figurando todas as persoas empadroadas nesa vivenda. Se algún veciño/a empadroado/a non recibe a presente comuni-

Antigo Bocados

cación co correspondente cambio de nome e de numeración ou detecta algún erro no mesmo, deberá poñerse en contacto co departamento de Estatística do Concello (oficina do padrón) para resolver e corrixir as posibles incidencias. A partir da recepción da notificación seráimprescindible comunicar a nova numeración ás empresas de subministración (luz, auga, teléfono, etc.), entidades bancarias, Axencia Tributaria, etc. Ademais, lembramos aos veciños/as da parroquia de Aldán e do Hío (lugares de Igrexario, Liméns e Vilariño) que deben cambiar o antes posible as comunicacións indicando o enderezo completo coa rúa e o número (por exemplo: Barreira de Donón, Barreira de Vilanova, Barreira de Liméns, etc.). Para os organismos públicos e o Concello (padrón, facenda, etc.) só existe un único enderezo oficial.


XX

FINAIS DE XULLO 2017

publicidade


FINAIS DE XULLO 2017

XXI

o morraZo Pedro M. Cortegoso Gago Colectivo Nacionalista de Marín

Marín, seis anos de desfiles e procesións

O pasado maio cumpríase un novo ano de goberno do PP no Concello de Marín, e xa van moitos. Algo que celebrar? O meu entender non, pois os logros deste 6 anos de alcaldía conservadora non se caracterizan por unha frenética actividade nin por unha transformación salientábel do noso pobo. Poden presumir de inaugurar o centro de saúde, mais é pública a dificultosa e longa tramitación do proxecto durante bastantes lexislaturas. O que si podemos poñer no seu debe é a parálise da execución do PXOM, algo que xa se vía vir estando como está sustentado na especulación e no crecemento salvaxe xusto cando a burbulla especulativa estoupaba. Por certo un PXOM parido por todos os partidos da corporación. Apesares da inmerecida boa imaxe pública, dos sorrisos da alcaldesa e da súa equipa en canta foto que sae no xornais, o PP é un lastre para o desenvolvemento de Marín. Incapaz de cumprir os grandes proxectos que nós vendeu e revendeu en campaña electoral. Non temos auditorio, nin se lle espera; a biblioteca onde se amontoan os e as estudantes en época de exa-

mes da pena e non é o edificio nin o servizo que merece Marín. Temos un transporte público propio de principios do século XX. Unha viaxe a Pontevedra é cara e en determinados momentos incerta pola pouca seriedade da empresa concesionaria. A comunicación entre a vila e as parroquias é unha aventura, o mesmo que tentar ir a outros concellos do Morrazo. E non haberá xente que se desprace dende eles ao porto de Marín. A política cultural é pouca e mala, limitándose a copiar iniciativas sociais e a tirar grandes cantidades de cartos nas festas patronais traendo música enlatada e caducada de máis alá do Padornelo. Non teñen en conta os grupos ou artistas galegos, nin tan sequera os de Marín que tamén os temos e de calidade. Marín perdeu 1.312 habitantes desde o 2006, que tiña 26.190, até o ano 2016 que somos 24.878. Esta perda de poboación ven provocada pola crise económica que sacudiu o estado español, pola política económica de recortes sociais e investimentos do goberno de España, e a desfeita dos nosos sectores produtivos.

No caso de Marín a pesca. E que fai o partido gobernante en Marín? Preocuparse por lavarlle a cara a unha empresa contaminante como Ence xustificando unha prórroga salvaxe para continuar lixando a ría, o ar e a paisaxe por 60 anos máis. Unha condena perpetua para os pobos da ría, para a pesca e o marisqueo. Porén, do continuo declive do noso porto pesqueiro non din ren, e políticas de promoción económica non saben o que son. E, teño que repetilo continuamos sen ambulancia nocturna e se hai urxencias ten que vir de Bueu ou Pontevedra. No que si temos que felicitar ao PP de Marín é da súa capacidade de retrotraernos ao pasado dos desfiles militares e as procesións, nunca tantas se viron. E teñen a “delicadeza” de felicitarnos as festas co pregón do director da Escola Naval, o máis acaido para festexar este ministerio do tempo que teñen montado no concello. O próximo que será, financiar un remake de “Botón de Ancla” para promocionar Marín?

Xabier Pérez Igrexas Activista contradiscurso.net

Só cabe a ruptura Nin España nin a Unión Europea deixan outra opción para os pobos e nacións que hoxe integramos pola forza ambas as dúas estruturas imperialistas, que non sexa a ruptura. O Estado español xa visou o seu carácter irreformábel. A clase dominante non está disposta a alterar a configuración centralista e unitaria do Estado. Nin a nivel simbólico. Desde o café autonómico para todos, da transición que legalizou o franquismo para o disfrazar de democracia formal, pasando polo rexeitamento do chamado Plan Ibarretxe, o boicot a calquera intento de reforma do estatuto galego e a máis recente ofensiva contra o procés soberanista en Catalunya, é evidente que a oligarquía española non vai tolerar ningún avance na descentralización do Estado, xa non digamos que o poida fragmentar. Esa teimosa negativa, na que se empregan todos os recursos, desde a institucionalidade formal até as cloacas, como vemos en Ca-

talunya, é precisamente a chave que clarifica o debate. A oligarquía española afánase en combater o soberanismo sabendo que é, arestora, a principal ameaza ao seu réxime de inxustiza e explotación. Porque o grande capital sabe que a ruptura da súa unidade de mercado pode abrir a posibilidade de romper co modelo neoliberal, e mesmo de avanzar na superación do capitalismo.

Malia que o capitalismo Imperialista desenvólvese sob a internacionalización do capital e na mundialización do mercado, e a pesar dos avanzos na creación de espazos políticos transnacionais, este proceso continúa a pivotar sobre os Estados como a súa célula políticoxurídica básica, como o seu marco de referencia e de dominación. A Unión Europea, malia ter avanzado nos últimos cinco lustros cara a súa configuración nunha

caste de SuperEstado, hoxe continúa a ser unha unión imperialista de Estados, que conflúen en se articular ao servizo dun programa partillado que só procura beneficiar o grande capital monopolista. Os Estados continúan a funcionar como os “consellos de administración” do capital, como con acerto os cualificara Marx. En consecuencia, calquera proceso democrático que aposte na súa ruptura ameaza o statu quo.

Neste contexto, o reclamo de soberanía nacional é unha cuestión central. Se ben a súa conquista non será suficiente para a construción dunha sociedade plenamente xusta, igualitaria e radicalmente democrática, que moitas continuamos a definir como socialista, si que é indispensábel como medio para empoderar o pobo traballador, botar abaixo este vello réxime de opresión e avanzar na construción da sociedade nova.


XXII FINAIS DE XULLO 2017

o morraZo cANGAs

Entrevista a Mariano Abalo Costa. Tenente de Alcalde de Cangas e Concelleiro de Urbanismo.

“O mellor servizo que se lle pode facer ao pobo de Cangas é botar a Feijóo e ao PP da Xunta”

Desta volta Mariano, custounos algo máis que anos anteriores comezar a entrevista, porque entre a atención ás moitísimas chamadas e visitas que recibes, vexo que case non tes tempo nin para respirar! Eu entendo que o servizo público é unha actividade que se exerce voluntariamente. E cando asumes responsabilidades cómpre decatarse que a atención aos problemas da cidadanía é prioritaria. Por desgraza hai quen non o entende e utiliza os cargos públicos para outro tipo de fins.

Como valoras entón a recente decisión da túa compañeira de En Marea, e deputada no parlamento galego, Luca Chao, de pedir a redución de xornada na súa actividade parlamentar para dedicarse á venda de bocadillos? Deséxolle sorte en ambas facetas. Pero recoñeceras que é unha decisión un tanto chocante? Eu non quero ser xuíz, quero

ser respectuoso e como che dixen antes deséxolle sorte tanto na súa actividade pública como na privada.

Dou anos e pico despois de acadarvos o goberno de Cangas, como valorarías este tempo de goberno? A situación na que o PP deixou o concello de Cangas foi pésima. E a verdade non está sendo nada doado, pero coido que xa se comezan a ver os primeiros resultados esperanzadores dun goberno diferente. Compartir goberno tampouco resulta fácil, pero non cabe dúbida que a pluralidade ten aspectos moi positivos en forma de enriquecernos coas achegas dos demais.

Cando ACE non estaba no goberno, tanto ti como o agora alcalde Pazos diciades que pretendiades pivotar a vosa acción de goberno sobre tres eixos prioritarios:-A atención ás persoas socialmente máis vulnerables-A racionalización do urbanismo –A remunicipaliza-

ción de servizos. Cóntanos? Pois creo que xa levamos dado pasos moi importantes. No que respecta á atención social, melloramos o investimento e a atención, malia estarmos coartados pola calamitosa situación económica na que o PP deixou Cangas. Con respecto ao tema do urbanismo conseguimos desbloquear a situación chegando a unha rescisión amigable con Consultora Galega e adxudicando a outra empresa os traballos de redacción do plan xeral, tamén estamos en plena constitución do Consello Social de Urbanismo. Imos tomar contacto con colectivos sociais e veciñais para comezar a promover a participación cidadá na ordenación do territorio. E no que se refire á ultima cuestión, o problema máis importante que temos é o contrato da auga. Como sabes o goberno de Sotelo deixou hipotecado ao concello por 25 anos, o que conlevou un tarifazo... E nesa pelexa coa empresa estamos agora, sempre coa perspectiva de recuperar o servizo para o pobo.

Sorprendeume moitísimo que a moción para homenaxear a Pepe Chimé non fora aprobada por unanimidade. Sorprendeume infinito que fose apoiada polo PP e por Gestido e non por ASpUN. Primeiro aclarar que a iniciativa é veciñal, presentada por persoas de distinto signo político. A abstención de ASpUN é

un erro inexplicable. Por diante de calquera argumento legalista,está a cuestión moral. E Pepe, merece sen dúbida unha homenaxe unánime do Concello. Estamos en pleno verán, milleiros de persoas ateigan as rúas, camiños, corredoiras e praias de Cangas.Que fai o concello para dar un servizo adecuado? O mellor servizo que se lle pode dar ao pobo de Cangas e botar fora a Feijóo e ao goberno do PP da Xunta. A xunta é incapaz de dotar dos servizos públicos que realmente precisa o Morrazo. A nosa península ten unha superficie limitada. Nós non podemos soportar toda a presión de vehículos que soportamos. Pero a Xunta son unha panda de incapaces que non fan o que teñen que facer un plan de mobilidade serio para o Morrazo.

O PP acúsavos de incapacidade na xestión económica do concello? Iso cae polo seu propio peso. Cando nós chegamos as arcas do Concello estaban practicamente baleiras. Aínda así tivemos unha importante capacidade de recuperación económica. Asemade como amosa a auditoría que nos fixeron tanto os remanentes de tesourería como os períodos de pago a provedores, melloraron sustancialmente. As relacións coa Deputación?

Son moi crítico. Considéroas manifestamente mellorables. En Cangas non miramos nada importante por parte deles. Como está a situación de En Marea? O PP en moitas ocasións gaña eleccións non por méritos propios, senón porque a oposición somos un auténtico desastre... En política moitas veces chega o máis mediocre, non máis capaz. O exemplo que está dando a esquerda no parlamento galego é moi deficiente. É imprescindible superar a imaxe de fraccionamento.

Mariano ti es nacionalista e levas moitísimos anos militando no nacionalismo. Recentemente a coordinadora nacional do teu partido, Anova, emitía un comunicado no que entre outras cousas dicía non recoñecer fronteiras entre nacionalistas e non nacionalistas. Eu o que digo é que non se pode ser internacionalista sen reivindicar o dereito de autodeterminación dos pobos. E se alguén non o fai nin é internacionalista nin é de esquerdas. Eu vou manter unha posición coherente sempre.

Consolidarase un goberno de esquerdas en Cangas? Eu confío plenamente en que si. Non só en Cangas senón todos os gobernos de esquerdas do país, desde A Coruña, Compostela, Moaña...


FINAIS DE XULLO 2017

XXIII

o morraZo MOAñA

bUeU

XXXIII Festival Intercéltico do Morrazo en Moaña

O alcalde de Bueu apoia á veciñanza de Meiro polo problema da falta de auga na Fontouteiro

Estes días está tendo lugar o Festival Intercéltico do Morrazo en Moaña. Con esta edición xa van 33 do histórico festival de música celta. Velaí o programa:

A veciñanza reclama unha solución a Augas de Galicia tras un problema de seca na fonte que leva así sete anos Dende o Concello solicitáronse xa tres reunións co Director do ente autonómico para ver os avances do expediente e buscar unha solución inmediata

Mércores 26 as 20:00 na Casa do Concello: A Alborada dun Soño, Libro de Fina Fernández

Xoves 27 as 20:30 no Palco da Música: Solaina, Meiramar Axóuxeres as 21:30 no Palco Principal: XABIER DIAZ e ADUFEIRAS DE SALITRE as 23:00 no Palco Principal: TEJEDOR

Venres 28 Mostra de instrumentos tradicionais nas haimas do paseo de Moaña. as 21:00 no Palco da Música: Charaviscas e Gaiteiros de Moaña as 22:00 no Palco Principal:

FIANDOLA as 23:30 no Palco Principal: RURA

Sábado 29 Mostra de instrumentos tradicionais nas haimas do paseo de Moaña. as 21:00 no Palco da Música: Moañesa de Música e Danza, Breogán as 22:00 no Palco Principal: LUNASA as 23:30 no Palco Principal: MILLADOIRO

O salón de plenos da Casa do Concello de Bueu acolleu este xoves a reunión coa veciñanza do lugar de Meiro, que se mostrou preocupada polas poucas solucións que lle dan dende o ente autonómico Augas de Galicia, en relación coa falta de auga da coñecida como Fonteouteiro, problema que foi causado por mor das obras nunha vivenda particular e que os mantén en vilo dende fai sete anos. Cunha pancarta que di “ Fontouteiro, 7 anos seca Meiro esixe

a Augas de Galicia Solución xa!”, a veciñanza esixe a Augas de Galicia unha solución inmediata ao problema, canto máis que os prazos se esgotan e a fonte segue sen auga. Dende a alcaldía, Félix Juncal destaca o apoio institucional para chegar a unha solución sempre partindo dunha posición de respecto, tal e como mostraron estes veciños e veciñas dende fai tempo. O alcalde aproveitou o encontro tamén para trasladarlles o acordo ao que chegou co Subdirector de Augas de Galicia, quen se comprometeu a manter unha reunión coa veciñanza e co Concello a vindeira semana (nunha data aínda por concretar).

A xénese do problema remóntase a novembro 2010 cando, segundo destaca Pablo Portela, presidente da Asociación de Veciños A Morada, se realizaron unhas obras nunha vivenda, na cal se descubriu que lle subía auga polo piso. Como solución, no seu momento, decidiuse facer unha perforación en

forma de drenaxe: unha perforación de 40 metros en horizontal. Inmediatamente, dende a Asociación déronse conta de que a Fontouteiro, un dos manantiais máis grandes da aldea, reduciu notablemente o seu caudal. Ao longo destes anos, dende a Asociación estiveron respectando os prazos a raíz da sentenza do 2014 na que se obrigaba aos propietarios a devolver o terreo ao seu estado orixinal. No 2015, a empresa contratada por Augas de Galicia irrompeu no circundado coa intención de levar a cabo dito taponamento. O resultado dese intento saldouse con sendas denuncias ao persoal que entrou sen autorización xudicial. A día de hoxe, en marzo de 2016 celebrouse un xuízo e ata o día de hoxe están pendentes de que se tome unha solución e que se faga antes de agosto, cando é a data límite outorgada pola sentenza. Segundo as previsións do ente Augas de Galicia, a quen compete este asunto, está previsto que en agosto “poida quedar solventado o problema”.


XXIV FINAIS DE XULLO 2017

o morraZo bUeU

cANGAs

Aberta a inscrición para participar nas clases da aula de música do Concello Os interesados poden inscribirse antes do 31 de xullo nas modalidades de solfexo, piano, canto e música activa. As clases, abertas a todas as idades, desenvolveranse do 4 de setembro ao 28 de xuño na Casa da Música Manuel Omil 2018 na Casa da Música Manuel Omil. En concreto, as clases impartidas serán de solfexo, piano, canto e música activa e as inscricións poden realizarse antes do 31 de xullo.

A Aula de Música do Concello de Bueu abre as inscricións para participar nas clases do vindeiro curso, que se celebrarán entre o 4 de setembro de 2017 e o 28 de xuño do

Convócanse un total de 68 prazas, e os criterios de admisión son: ter asistido ás clases da Aula de Música nas materias nas que se inscribe en anos anteriores, estar empadroado/a no Concello de Bueu, e o nivel de coñecementos musicais a valorar pola profesora da Aula. Unha vez aplicados os criterios de admisión, de haber prazas vacantes, estas asignaranse mediante sorteo público. Toda a información e a folla de inscrición poden descargarse na web municipal: www.concellodebueu.org.

Afundación e Abanca asinan co Concello de Cangas un convenio de colaboración cultural O Concello de Cangas vén de asinar esta mañá na Casa do Concello un convenio con ABANCA e Afundación grazas ao cal acollerá a mostra fotográfica «Oficios entre lusco e fusco», de Xosé Abad, incluída no proxecto Corrente Cultural, mediante o cal, Afundación impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade. O alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos Varela; o director da oficina ABANCA de Cangas, Pedro San Millán Lago; e a coordinadora da área de Cultura de Afundación, MaritéCores, foron os encargados de ratificar, mediante rúbrica, a colaboración das entidades. A exposición, que recolle o traballo fotográfico de Xosé Abad, éunha reflexión sobre a desaparición de múltiples oficios por mor da mecanización do traballo e a produción en masa. Esta mostra, de entrada

emprega un esquema de iluminación acorde con ese intre do día que, ademais, nomea a propia mostra. Cuns claroscuros que recordan a obra de Caravaggio, Xosé Abad suxire espazos e ferramentas, define o lugar de traballo, documenta a presenza de universos onde se libre e gratuíta, poderá visi- funden o privado e o laboral. tarse entre o 5 e o 30 do vin- «Oficios entre lusco e fusco» é deiro mes de setembro. testemuño gráfico dos derradeiros tempos da coexistencia A mostra e o artista de dous xeitos de produción «Oficios entre lusco e moi diferenciados. É, pois, a fusco» conta a través da foto- documentación da desaparigrafía a historia de cada prota- ción gradual do «traballo ben gonista. Emprega a luz, a feito, a personalización do mirada, a roupa, o traballo e trato e a orixinalidade de cada todos os elementos que reflic- peza» ten o modo de vida nun moXosé Abad, nado en 1956, mento de cambios e novidades iniciou a súa andaina profesiotecnolóxicas diarias, de con- nal como fotoxornalista en disumo rápido e fabricación ur- versos medios de xente. O traballo de Xosé comunicación na década dos Abad permite contemplar moi- oitenta. A súa obra expúxose tas profesións que, dentro de en diversas localidades galegas poucos anos, só permanecerán e en diferentes museos e instinos libros de historia. En defi- tucións estatais e nitiva, esta serie eríxese como Do 5 ao 30 de setembro poun «derradeiro raio de luz derá visitarse na nosa Vila a antes de que o saber, a súa in- exposición fotográfica de Xosé fluencia e xeito de entender o Abad «Oficios entre lusco e mundo desapareza». O autor fusco».


FINAIS DE XULLO 2017

XXV

lingua

Kike Estévez Filólogo e regueifeiro

Leonarda de Tallo, pioneira regueifeira resposta moi celebrada: “Non che é can que é cadela, mira que te engañas ben, fáltalle un coma o teu, que coma o meu xa o ten”

Segundo relatou Domingo Blanco nun faladoiro sobre regueifa celebrado o pasado mes de maio co gallo das Festiletras na aldea do Couto en Ponteceso, unha das persoas máis celebradas e lembradas polo inconsciente colectivo na arte da improvisación oral en verso na área da Baixa de Bergantiños foi unha muller. Era de Tallo, chamábase Leonarda Fuentes Couto, e alcumábana “A Negra”. Repasemos nas seguintes liñas algo da vida desta pioneira na regueifa galega. Hai máis de 90 anos, cando os homes aínda andaban “de polaina” (o Cadete e estes), polas campías de San Andrés de Tallo escoitábase moito falar de Leo-

narda, alcumada “A Negra” pola súa face morena, que tiña fama de muller afouta e brava e que traballaba de xornaleira. Contaba o afamado regueifeiro Calviño de Tallo, que sendo el neno, indo axudar á súa familia a recollelas fabas, íalle levar a “caldereta” á súa caseta. Segundo contaba, disque era unha muller alta e delgada, de voz fonda, e algo coxa porque lle picara unha cobra.

No tocante á regueifa, tamén se conta que con esta muller se metía “todo o que podía, mais case ninguén saía gañando… ”. Outro regueifeiro da comarca, Severo de Borneiro, dicía dela: “Se lle ían ao fondo, había Leonarda para rato… o que se metía con ela, tiña que termar moito porque era perigosa…”. Contan que unha vez estando ela segando cun canciño pequeno ao lado ían por alí o Camuzas e outros e cantáronlle: “Aí están as vellas de Tallo, collendo a herba coa man, como n´atoparon home, teñen de amigo o can” Ao que contestou “A Negra” nuha

Tamén hai lembranzas na aldea de Tallo do gusto de Leonarda pola bebida, cousa mal vista para unha muller. Mais ela, sempre afouta e a contracorrente, non reparaba nas faladurías e ía ás festas coas súas botellas de caña nunha cesta na cabeza: “Miña Santa Margarida, miña Santa Margarida, se a caña non sube a costa, a Negra vese perdida” A súa fama de muller contestataria e loitadora demóstrase en coplas coma esta que nos lembrou Antonio de Xornes tamén nas Festiletras, e que contan que lle botou de volta ao Paiolo, cando este a acusara de andar con moitos homes: “Todo o papel é branco, senón está manchado de tinta, que digha o mundo o que queira, se a miña cara está limpa” (Leonarda ao Paiolo, Antonio de Xornes) Tampouco se botaba nunca para atrás por moito que lle dixeran. Muller labrega, xornaleira, sen a penas estudos, era portadora da tradición oral e dun vocabulario “esquisito”, que demostraba moitas veces nas súas leas verbais: “Cando vou para Ribeira, paso sempre por Miñóns, cas amarrallas do pelo, heiche de atar os collóns” (Leonarda ao Cadete, Domingo Blanco)

Contan que morreu moi maior e senil, solteira e sen fillos, en novembro de 1937, ós 86 anos de idade. Seica, nos seus derradeiros anos, foi coidada pola xente da parroquia, que lle levaba de comer e que, cando morreu, as veciñas puxéronlle a roupa de defunta e enterrárona. Disque á súa morte non deixou testamento ningún. Nós pensamos que si. Leonarda de Tallo foi unha das pioneiras da arte regueifeira, enfrentándose aos homes como ningunha o fixera antes. A colectividade lémbraa como a primeira muller que foi quen de facelo, e aínda resoan as súas coplas hoxe en día. Muller brava e rebelde, abriu o camiño que hoxe en día continúan outras como Lupe Blanco ou Alba María.

Eis o seu testamento. Sempre Leonarda. “Se queres saber quen son, non lle preguntes a outro, son da parroquia de Tallo, Leonarda Fuentes Couto.’’


XXVI FINAIS DE XULLO 2017

val miñor bAIONA

Finalizan as obras da nova Biblioteca Municipal de Baiona para abrir ao público o vindeiro outono

A remodelación do edificio Sancti Spiritus, do século XVII, dará custodia e conservación ao patrimonio documental da Vila A rehabilitación conta cun investimento superior aos 1,1 millóns aportados polo Ministerio de Fomento grazas ao 1,5% Cultural

O Concello de Baiona poderá abrir este mesmo ano a súa nova Biblioteca Pública Municipal, co maior Arquivo Histórico da comarca e un dos máis importantes de Galicia, grazas a finalización dos traballos de rehabilitación do edificio Sancti Spiritus. A empresa UTE Orega Coviastec finalizou as obras de rehabilitación, deseñadas polo estudo de arquitectura Murado y Elvira, gañador do concurso de ideas convocado polo Concello de Baiona para a reforma do edificio Hospital Sancti Spiritus, da Magdalena e da Caridade. O edificio, que combina vanguardismo e funcionalidade, foi refhabilitado totalmente cun deseño innovador. O alcalde, Ángel Rodal; a concelleira de Infraestruturas, Ana Simons; e o concelleiro de Vías e Obras, José Ángel Bahamonde, visitaron este venres as instalacións e comezaron a planificar o traslado dende as dependencias provisio-

nais da rúa Carabela Pinta. “Estamos ante unha obra espectacular, tanto polo seu deseño como polas súas dimensións e comodidade, poucos concellos de Galicia poden presumir de ter unha dotación cultural de tanta calidade e funcionalidade”, asegurou Ángel Rodal. Nas vindeiras semanas se levará a cabo a adquisición do mobiliario e está previsto que durante o verán se efectúe o traslado para que a Biblioteca Municipal poida abrir as súas portas en outono. A rehabilitación do Hospital Sancti Spiritus levouse a cabo cun investimento superior aos 1,1 millóns aportados polo Ministerio de Fomento, grazas ao plan denominado 1,5% Cultural.

Arquivo Histórico Nas novas dependencias tamén se instalará o Arquivo Histórico de Baiona que permitirá conservar toda a documentación existente dende hai séculos, un pa-

trimonio reforzado co Fondo Local, unha colección de 220 rexistros que ven a completar esta sección como punto de referencia en estudos locais. Engádeselle outros fondos especiais cos que conta a Biblioteca, como o Fondo Arribada, creado no 2012 para catalizar os estudos vinculados con Baiona e o Descubrimento. As novas instalacións darán un mellor condicionamento para custodiar a sección do patrimonio bibliográfico que tamén foi creado no 2012 con dúas coleccións, Biblioteca Ángel Bedriñana e a colección das publicacións históricas coas que conta o fondo total da biblioteca.

Biblioteca Municipal Mentres durou a rehabilitación, a Biblioteca continuou a súa actividade cun servizo provisional organizado polo propio persoal responsable da biblioteca. Durante este tempo a biblioteca mantivo unha notable actividade. En total, durante o ano pasado a Biblioteca Municipal fixo 8.329 préstamos, tivo 115 novos usuarios, 30.419 visitas, 9.165 conexións a wifi e 934 incorporacións ao catálogo. Hospital Sancti Spiritus A historia do Hospital de Sancti Spiritus remóntase ao século XV e primeira referencia indica que non estaba no mesmo lugar no que se atopa na actualidade, xa que viuse afectado polo derribo no século XVII dos inmobles inmediatos

Baiona reinaugura a praza da Percibilleira tras os traballos de humanización O Concello reordenou a zona, levou a cabo traballos de limpeza e instalou unha pérgola e xardineiras Tamén se instalarán bandas redutoras de velocidade na contorna a petición dos veciños

A praza do barrio da Percibilleira luce unha nova imaxe despois dos traballos de humanización levados a cabo polo Concello de Baiona durante os últimos días. Esta mesma semana a zona foi reinaugurada coas novas melloras que foran solicitadas polos veciños. Operarios municipais procederon á limpeza de toda a praza e recolocaron os colectores, ademais de instalar unha

nova pérgola, bancadas de madeira, unha mesa de pedra e zonas verdes en toda a zona. Os traballos foron levados a cabo por parte das concellerías de Vías e Obras e Medio Ambiente. O Concello de Baiona atendeu así á petición popular para mellorar unha zona utilizada polos veciños como punto de encontro e reunión. “Con esta iniciativa demostramos a sensibilidade do goberno local coas parroquias de Baiona. Trátase dunha pequena actuación, pero dunha grande importancia para os veciños. Estes traballos xa se están a levar a cabo en todo o municipio e continuaremos en todas as parroquias para mellorar a ca-

lidade de vida dos nosos veciños”, apuntou o alcalde, Ángel Rodal. Bandas redutoras de velocidade Ademais, o Concello de Baiona xa se comprometeu coa veciñanza a instalar bandas redutoras de velocidade nun treito da contorna da Percibilleira despois de que os veciños solicitaran tamén esta medida para evitar que os vehículos circulen de forma inadecuada por lugares onde existe unha importante mobilidade de peóns. “Os traballos de mantemento de estradas, farois, cadros eléctricos e seguridade viaria, entre moitos outros, fanse durante todo o ano e o continuaremos facendo sen esquecer actuacións puntuais como foi a de Percibilleira”, engadiu o concelleiro de Vías e Obras, José Ángel Bahamonde.

á muralla. “O Hospital estivo en este lugar ata 1645 que foi mandado derribar para asegurar a defensa da fortaleza. Tras este primeiro derribo prodúcese un primeiro traslado ao lugar de Cortinas, ao fondo do Convento das Dominicas, solución que non resultou efectiva, xa que en 1653, o edificio ameazaba ruína”, apunta a directora. El Hospital se encontra nunha situación de desamparo dos pobres e enfermos que eran atendidos nesta institución. Ante esta situación adquírese a Doña Grimaresa Pereira de Castro unha casa con finca noutro lugar, que sería o seu actual emprazamento na rúa Costanilla, hoxe Manuel Valverde. O maiordomo do hospital solicita o 7 de agosto de 1671, autorización ao bispo Bernardo de León de la Rocha para que dicha casa sexa destinada a Hospital. “Este edificio será realizado polo Maestro Domingo Fernández, que faría a parede do frontispicio e a entrada principal. Debeu de ser en este momento cando o traslado do Hospital nas inmediacións da Colexiata, o antigo hospital uniuse ao da Magdalena, e solo un ano despois era cedido polos pais de San Juan de Dios, que cedera o seu goberno ao Concello da Vila para que o administrase”, explica Cristina Vilar en base ás referencias de estudosos como Ávila y La Cueva, Ulpiano Nogueira, Ramos, Garrido o la profesora Fernández Rodríguez.

Votación popular no concurso de embelecemento de balcóns, ventás e fachadas de Gondomar

Os balcóns e fachadas estarán engalanados ata o día 31 de xullo. Comezou a fase da votación popular, recollida das bases, que suporá o 60% da valoración final de cada balcón participante. A votación popular estará aberta do 16 de xullo ao 31 de xullo de 2017. As votacións populares realizaranse mediante sistema telemático na web do concello. Cada persoa interesada en votar poderá facelo unha única vez. Suxírese valorar: Orixinalidade e creatividade, harmonía do conxunto, deseño, laboriosidade, perdurabilidade e uso de materiais reutilizados. Entre as persoas votantes sortearase un premio que consistirá unha cea para dúas persoas no carísmatico Árdora. O gañador do sorteo será elexido ao chou por un software informático entre os participantes.


FINAIS DE XULLO 2017

XXVII

val miñor GONdOMAr

GONdOMAr

A AD Vincios de tenis de mesa, da superdivisión masculina, clasificado para la ETTU Cup Men

A AD Vincios da máxima categoría masculina do Tenis de Mesa español obtivo esta tempada un éxito sen precedentes ao clasificarse para a ETTU Cup Men, segunda competición europea en importancia despois da Champions League. Nesta competición particiapan 40 equipos europeos. O equipo gondomareño disputará a primeira fase da competición no mes de setembro en lugar aínda por designar xunto con outros tres equipos euro-

Chega a XIV ‘As delicias do Porco’’

O 13 de agosto celebrase a XIV edición da festa gastronómica “As Delicias do Porco”, na parroquia de Couso. Obrigada festa de grande interese turístico para Gondomar.

peos. Para elo o club está buscando patrocinadores que axuden a financiar os costes desta competición europea.

Este é un paso mais do equipo miñorán para facerse un oco entre os máis destacados clubs do continente nunha proba que ten unha tremenda dificultade, posto que se enfrentarán aos equipos que contan nas súas filas con xogadores que se encontran entre os 100 primeros do ránquing mundial.

os Xogadores moisés álvarez, martín pintos e ievgen pryschepas.

GONdOMAr

Segundo o informe do secretario, o Concello ten que volver a licitar os postos da Praza de Abastos

Unha vez coñecido o informe do Secretario Muncipal, no que se corrobora que o proceso era correcto e que non había razón legal para a suspensión do mesmo; a Concellaría de Comercio volverá a poñer en marcha, agora por imperativo legal, o proceso de regularización dos postos da Pza de Abastos pra rematar coa situación en precario dxs paraceirxs alí instaldos. Asemade, procederáse tamén a reanudar a licitación dos postos baleiros tan pronto se resolvan os recursos presentados. O Concello de Gondomar precisa poñer orde canto antes no seu mercado de abastos, como ferramenta imprescindible para dinamizar as relacións comerciais e de consumo dos seus veciños, e tamén como unha peza clave na economía local. Se non se houbese paralizado o procedemento, a día de hoxe Gondomar tería resolto un

problema que se arrastra dende hai décadas. Hoxe, tanto os actuais praceiros, como os novos licitantes, estarían todos cubertos pola legalidade, terían seguridade xurídica nos seus negocios, así como estabilidade laboral. Queda así demostrado que non son posibles subterfuxios nin cambalaches que trampeen a lei como propuña o PP, contradecindo o seu propio regulamento, ni existen outras posibilidades como afirmaba o Alcalde nos medios de comunicación, por certo, despois da emisión do devandito informe asinado pola Secretaría Xeral do Concello o pasado 28 de xuño. O Grupo Municipal de Manifesto Miñor, co ánimo de contribuir a unha maior clarificación neste asunto, conta cun estenso e fundamentado informe xurídico emitido polo profesor titular de Dereito Ad-

ministrativo da Univ. da Coruña, Carlos Ayumerich Cano, que coincidindo no fundamental co da Secretaria Xeral do Concello, fai fincapé: “ O único título válido para a ocupación legal dos postos do mercado municipal é a concesión demanial, outorgada a través dun procedemento público, aberto e competitivo.. E que esta regularización ten, como data límite, o 8 de marzo de 2018, día en que se cumpre o prazo de cinco anos fixado.” E vontade desta Concellaría volver a licitar canto antes os postos da Praza de Abastos, tan pronto se resolvan os recursos das persoas que se presentaron á licitación, seguindo o mandato imperativo da Lei, e que recollen os informes xuridicos citados. Isto é: a través dunha concesión, previa a un concurso público, libre, e en igualdade de condicións para todos os licitantes.

Nigrán aproba a licencia para a ampliación de Snop en Porto do Molle

A Xunta de Goberno Local do de Nigrán vén de aprobar a licencia para a ampliación da fábrica Snop Estampación en Porto do Molle e de conceder unha nova para a construción dunha nave destinada á fabricación de maquinaria pesada por parte de Industrias Nebrinox. En total, ambas suman un orzamento de execución da obra de preto de 3 millóns de euros (2.121.175 Snop e 823.917 euros Nebrinox). "Porto do Molle non só significa novas posibilidades de emprego para os veciños de Nigrán, se non que o seu propio crecemento ordenado e sostible proporciona ao Concello os ingresos necesarios para levar adiante máis e mellores políticas sociais, como é o caso. Este parque empresarial é unha parte fundamental do desenvolvemento de Nigrán e un referente en innovación, I+D ou ecoloxía que representa a mellor imaxe dun municipio dinámico, moderno e emprendedor", sinte-

tiza o rexedor, Juan González, quen defende este modelo de crecemento ordenado e sostible. Snop Estampación, firma gala de fabricación de compoñentes metálicos de automoción, ten en Porto do Molle unha parcela de 36.000 m2 e obtivo licencia para incrementar a superficie construída en 6.682,55 m2, cun máximo de 12 metros de altura. Así, esta será a terceira ampliación da planta, que actualmente conta con 18.000 m2 de superficie construída. Por outra banda, Industrias Nebrinox S.L. obtivo licencia para a construción dunha nave de 1.768 m2 e 12 metros de altura máxima na parcela 2.05. "Cada vez que unha empresa se instala aquí atrae á súa vez a novas firmas que se dan conta das grandes posibilidades que ofrece este parque que actualmente reúne a industria non contaminante de tódolos ámbitos animada polo valor engadido e localización do parque”, conclúe González.


XXVIII

FINAIS DE XULLO 2017

val miñor Entrevista a Felipe Villar. Director do Nigrán Jazz

O mellor jazz do mundo no Val Miñor O festival de Jazz de Nigrán reúne desde hai máis de 10 anos aos máis prestixiosos músicos de Jazz de todo o mundo nun entorno, o auditorio

Ti es músico profesional, vives da música? Eu son músico, efectivamente, en canto a vivir da música, pois inténtoo, pero a día de hoxe non é nada doado. O jazz é o teu estilo preferido? Si, sen dúbida

Cóntanos a historia do festival? Naceu dunha iniciativa cultural do concello arredor de Quin Alborés.Esta iniciativa, inicialmente non tiña contido.Quin, que era amigo meu achegouse a min e eu tirei polo Jazz.Comezamos de maneira moi modesta.

Corríxeme se me equivoco. Teño sensación de que no que respecta ao jazz non hai posicións intermedias, ou ámase ou rexéitase? Eu estou entre os que o aman.Penso que hai moito prexuizo, que hai persoas que din rexeitar este estilo musical sen telo escoitado nunca. De onde procede a música Jazz? O estilo é nortemericano, cun sustrato moi amplo e variado, abrangue músicas

da Foz, dunha enorme beleza.Falamos co seu director, organizador e creador Felipe Villar para que nos explicara as súas principais características. africanas, caribeñas, francesas...

E ti como chegaches ao Jazz? Como músico, grazas ao seminario de jazz de Pontevedra Tiñas , na túa familia,antecedentes de músicos? Pois non, o meu pai foi futbolista profesional. Moita relación coa música non ten, malia que sempre tiven a sorte de poder escoitar na miña casa moita e moi variada música.

Dicíasme que o festival comezou de forma moi modesta.Porén na actualidade ten unha dimensión moi notable. Como foron desenvolvéndose os acontecementos? Con moitísimo traballo e voluntarismo. E coa inestimable axuda de grandes músicos como por exemplo Jorge Rossy, ou o gran músico israelí Gilad

Hekselman. Agora son os propios músicos que me escriben a min e a verdade síntome moi orgulloso. Como levades o financiamento? Pois o que pon os cartos é o Concello, pero somos un concello pequeno, e as veces cómpre facer verdadeiros prodixios imaxinativos para que dean as contas. Onde celebrades o festival? O auditorio da Foz, un sitio realmente fermoso, no que conflúen Baiona e Nigrán. O sitio é espectacular e coido que parte do seu éxito. As características máis importantes? Non só ten concertos, tamén contamos con clases, jam sessions, o concurso de cartaces dedicado a Quin, un concerto pensado para o swing... en fin, paga a pena vir, convido a todas e todos os lectores a pasar con nós unha fin de semana inesquecible.


FINAIS DE XULLO 2017

XXIX

val miñor NIGráN

NigranJazz, 2ª parte:

G.FIGUeIredO.

Os próximos días 28 e 29 de xullo, o auditorio da Foz do Miñor en Nigrán, acollerá un dos mellores festivais de jazz de España, o Nigránjazz que traerá o máis importante do panorama musical ao Val Miñor.

Nesta undécima edición do Nigránjazz tamén haberá cabida para as exposicións ao aire libre no paseo da Foz cos carteis destas dez edicións, a maioría froito

O Mellor Jazz no Val Miñor do tradicional concurso de carteis “Quin Albores”.. O Nigránjazz, que está organizado polo Concello de Nigrán, congrega o mellor do mundo do jazz nun auditorio natural único en Galicia. Ata Nigrán achéganse centos de persoas de todas partes de España e Portugal.

Da historia deste festival vouvos seguir contando que O

Nigranjazz é o festival máis lonxevo organizado dende o consistorio e o único adicado ao jazz de toda a comarca do Val Miñor. Actualmente está considerado entre músicos, afeccionados e prensa especializada como un dos mellores do noroeste peninsular debido á calidade dos artistas que nel participan. A diferenza doutros festivais, aposta por un jazz puro, lonxano das vangardas.

Sempre con entrada gratuíta, celébrase no espazo clasificado na Rede Natura do esteiro de A Foz, na Ramallosa, dende que en 2007 o impulsasen veciños de Nigrán entusiastas desta música, manténdose activos na organización co músico Felipe Villar á cabeza. Dende entón, conseguiuse achegar a Nigrán a algúns dos mellores artistas a nivel internacional, por el desfilaron, entre outros, Peter Bernstein, Gilad Hekselman, Bill McHenry, Jorge Rossy, Marteen Hogenhuis, Joe Martin, Chris Cheek ou o afamado guitarrista americano Kurt Rosenwinkel. Pero non hai que esquencer que o festival é tamén un espazo para os cada vez máis e mellores músicos de jazz galegos, así, é xa tradición que se integren nas formacións internacionais músicos locais, compoñendo agrupacións en exclusiva para o evento e dando a oportunidade aos músicos de aquí de presentar os seus traballos. A permanencia en Nigrán ao longo destes anos xerou un especial interese por esta música na comarca, congregando cada vez a máis público no esteiro de A Foz: fieis seguidores que non faltan dende a primeira edición e veciños e turistas que cada vez fan máis multitudinario este evento, alleo por completo á música comercial. Finalmente, compre mencionar outro dos signos de identidade do festival, que é o concurso de carteis de cada edición, adicado ao veciño de Nigrán Quin Alborés, deseñador gráfico e organizador do Nigranjazz ata a súa morte. Tamén hai que suliñar a master-class que tradicionalmente imparte o conxunto estrela ou as

distendidas jam-sessions posteriores aos concertos. Por todo elo, o Nigranjazz é xa unha referencia cultural que da prestixio a Nigrán ao situar ao municipio entre os que máis apostan pola música de altísima calidade.

A comunicación do Nigranjazz é en galego. Pero fiel á súa filosofía de orixe, dende o seu comezo o Nigranjazz pretendeu ser un espazo para os cada vez máis e mellores músicos de jazz galegos, así, en absolutamente tódalas edicións se integran músicos galegos en formacións internacionais feitas ex-profeso para a ocasión. En edicións pasadas ao vibrafonista catalán Andreu Vilar acompañoulle a baterista galega Naima Acuña e o contrabaixista cubano afincado en Galicia José Manuel Díaz, e ao trío do contrabaixista chileno Pablo Menares uniuse o pianista vigués afincado en New York Yago Vázquez e o baterista do Morrazo Iago Fernández. Tamén participaron os galegos Paco Charlín, Xan Campos, Virxilio Da Silva... Xa hai tempo que os músicos galegos traballan por toda a península cos mellores músicos nacionais e europeos, xa hai tempo tamén que a relación dos músicos galegos cos mellores músicos norteamericanos goza dunha extraordinaria saúde e o Nigranjazz quere reforzalo. Ademais o jazz galego segue presentando discos notables que o festival sempre tratou de apoiar programando actuacións especiais.

Ademais, o Nigranjazz da especial relevancia á relación galaicoportuguesa, consagrando algunha edición unicamente a elo e invitando sempre a artistas lusos a participar. É de sobra coñecido que galegos e portugueses compartimos moitas máis cousas das que nos separan; historia, linguaxe , costumes... A intención do Nigranjazz é a de promover e confirmar un achegamento non só entre músicos, senón tamén entre pobos.


XXX FINAIS DE XULLO 2017

val miñor NIGráN

Nigrán aposta pola xestión sostible dos residuos entregando 50 novos composteiros e instalando un aula móbil sobre reciclaxe Os aparatos serán entregados mañá aos veciños que o solicitaron seguindo rigurosamente a orde de inscrición. Súmanse aos 30 que o Concello deu en marzo, repartindo gratuitamente un total de 80 Durante toda a tarde Sogama e Concello instalarán en Praia América-Lourido un aula móbil sobre reciclaxe e un inchable para nenos

Isto non é unha lata.

É unha oportunidade de conservar o medioambiente. Recicla.

O Concello de Nigrán, na súa aposta pola xestión sostible dos residuos, entregará mañá medio cento de novos composteiros aos veciños que previamente os solicitaron. Estes aparatos se suman aos 30 que o Concello xa repartiu tamén de xeito gratuíto no mes de marzo. "Aposta-

mos pola compostaxe doméstica porque, dadas as características do municipio, á xente resúltalle máis práctico autoxestionarse porque dispoñen de pequenas hortas ou fincas nas que poder reutilizar en xeito de compost os desperdicios que xenera a familia", explica Diego García, edil de Medio Ambiente. A entrega de composteiros será este xoves ás 20.00 horas no salón de plenos, onde se realizará un mini curso de compostaxe explicando aos asistentes o procedemento e resolvendo as dúbidas. A entrada é aberta a todo o interesado no tema e tamén para aquel que queira anotarse na lista de agarda para unha terceira remesa de composteiros. Paralelamente e tamén mañá

GONdOMAr

Concurso Gondomar En Foto

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro Valverde quere coñecer cál é ese recuncho preferido dos mozos e mozas de

Gondomar. A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar propón un concurso de fotos co móbil “GONDOMAR EN FOTO”. Con este concurso queremos promover e difundir o coñecemento do patrimonio natural, social e cultural do Concello de Gondomar a través da visión da mocidade. As fotografías que se realicen deberán plasmar aspectos da vida cotiá, paisaxes, monumentos, recunchos do Concello no que cada participante nos amose eses espazos por descubrir. As bases deste concurso estarán na páxina web do concello de Gondomar www.concellodegondomar.org . As 10 mellores fotos valoradas polo público a través dos “me gustas” serán utilizadas para fins de promoción do Concello.A data final de presentación das fotos será ata o 6 de agosto. Do 8-13 de agosto o público poderá valorar as fotos presentadas e o 17 de agosto darase a coñecer as 10 mellores fotos.

xoves, de 15.00 a 19.00 horas en Praia América, chega a campaña autonómica “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor” co obxectivo de seguir informando e formando a veciños e turistas nas boas prácticas vinculadas á xestión sostible dos residuos urbanos. Haberá un inchable para nenos e a través dun aula móbil, educadores especializados na materia amosarán as claves para reducir a produción de refugallos en orixe, para posibilitar un consumo responsable, para maximizar o aproveitamento dos produtos a través da reutilización e para separalos convenientemente, unha vez convertidos en residuos, de cara a garantir o seu posterior reciclado. Neste sentido, e debido á confusión existente en torno

aos recipientes de destino de determinados materiais, clarificaranse os que deben e non deben ser depositados en cada un deles: amarelo, para latas, briks e envases de plástico (nunca plásticos que non sexan envases nin envoltorios); azul, para envases de cartón e papel (nunca papeis e cartóns sucios e con restos de graxa, debendo ser retirados previamente elementos accesorios tales como anelas, arames e grapas); iglú verde, para envases de vidro (botellas, frascos e tarros sen tapas, tapóns ou cortizas); recipiente específico para pilas; e contedor verde convencional, para a fracción resto, que Sogama valoriza enerxeticamente, con todas as garantías medioambientais, no seu complexo industrial de Cerceda (A Coruña).

GONdOMAr

Que vas facer en agosto?

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, oferta a mocidade para o mes de agosto dúas actividades de ocio alternativo, lúdico e con marcado carácter xuvenil.Comezaremos do 1-5 de agosto cun obradoiro de percusión dirixido a mozos e mozas entre 10 e 20 anos. A través de elementos como bidóns, cubos de pintura, botellas, latas de conserva os par-

ticipantes aprenderán a facer unha batucada dando a coñecer a infinidade de elementos que poden ser empregados como instrumentos musicais. A inscrición para este obradoiro realizarase do 4-28 de xullo.Logo, ofertaremos do 7 ao 11 de agosto un obradoiro de Skateboard pioneiro neste concello. Con este deporte urbano, queremos fomentar e axudar os apaixonados do mundo do deslice a oportunidade de iniciarse nel de forma segura e con control. A preinscrición será até o 31 de xullo, para máis información chamar ao 986.369.746 Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).


FINAIS DE XULLO 2017

XXXI

val miñor

Vive Nigrán pecha un cartel de luxo na súa primeira edición

NIGráN

O festival terá lugar os próximos 26 e 27 de agosto no idílico entorno de Praia América (Nigrán) zou recentemente o seu primeiro single "All My Storms", é unha das tres artistas seleccionadas polo Proxecto Prisma, unha iniciativa que pretende dar visibilidade a artistas menores de 23 anos a través dun programa que combina a formación, a asesoría e a experiencia da música en vivo, e coa que colabora o Vive Nigrán, entre outras organizacións. Nela pode rastrexarse a elegancia e a enerxía dos clásicos do folk e do rock -desde Bob Dylan e Neil Joung a Eliott Smith, Nick Drake ou The Velvet Underground- e cantautoras como Joan Baez, Fiona Apple, Regina Spektor, Courtney Barnett, Laura Marling ou Cat Power. As súas letras, escritas en inglés -a súa outra lingua naitranspiran todo o sentimento dunha artista que ten raíces fondas a ambos os dous lados do Atlántico.

A programación musical da primeira edición de Vive Nigrán contará con catorce propostas do panorama nacional independente e catro dj’s. O concibido como un 'Picnicpop festival' terá lugar o 26 e 27 de agosto no antigo campo de fútbol de Lourido, no entorno idílico de Praia América. As novas incorporacións Na búsqueda da melodía perfecta incorpórase a coñecida formación de indie pop Tachenko. Poderemos disfrutar da calidade das suas letras pegadizas e moitos dos seus grandes éxitos como Escapatoria, Vámonos ou El Respland’or. Unha das bandas máis prometedoras da escena madrileña é Morgan, que acaba de lanzar a segunda edición do

seu disco colandose nas listas dos máis vendidos do ano e chega ao festival con un sold out na mítica Joy Eslava de Madrid na memoria. Completando a sección galega incorpórase o novo proxecto musical de Alfonso Espiño (Contrastes, Mega Purple Sex Toy Kit, Los Chavales). A faceta máis imaxinativa deste compostelán ligado ao mundo da música dende hai máis de vintecinco anos aposta pola producción propia e en galego. Pop de corte corte psiquedélico, aderezado cunhas pingas de rock progresivo e un chisco de folk-rock. A ourensá Marem Landsom, achegará ao festival a súa voz profunda e chea de matices. Esta moza de 19 anos, quen lan-

E por último, a banda novel nigranense Atlantic, formada a mediados de 2015 que pronto extendeu o seu radio de acción a toda a área metropolitana de Vigo, intercalando nos seus concertos “covers” coas súas propias composicións, dentro dun estilo ecléctico na órbita do indie rock. Súmanse tamén a esta primeira edición catro dj’s: Isaac Pedrouzo, melómano de nacemento que ten percorrido todo o circuíto de salas alternativas de Galicia como DJ convidado ata que botou raíces no Café & Pop Torgal de Ourense, cidade de orixe. O vigués Edu Romero combina o seu traballo como parte do persoal de Coconut producciones co de baixista do grupo Nadadora, picadiscos para Onda Cero e DJ en varios eventos, como o Festival de Cans. É un dos DJ’s máis coñecidos do

panorama galego; e foi tamén encargado da programación do emblemático La Iguana Club, de Vigo.

Rapariga dj é unha polifacética muller con diversa experiencia en locais de Pontevedra, Vigo e Compostela, de ecléctica selección cañeira e bailable, sempre de música feita por mulleres, independentemente do estilo e a época. Con Cristina Pontanilla escoitaremos funk, stoner, rock&roll e temazos swings que tanto nos gustan bailar. Poderemos disfrutar tamén da sesión de Picnic Pop dj, onde o arte pop e espíritu espontáneo do picnic vencéllanse nun menú especial en mantel de cadros para vivir unha tarde divertida sobre a herba.

Melodías naif e tecnopop serán elementos fixos na sesión de Juan Rivas, de ampla traxectoria no mundo da música como autor e intérprete pop, dj e programador. As primeiras confirmacións do festival foron o dueto catalán Las Bictecs, máximo exponente Electro-disgusting, definido por elas mesmas, Alba e Carla, como a corrente artística que pretede molestar e non deixar indiferente a una sociedade saturada de información, Joe Crepúsculo, herdeiro do pop de discoteca máis bailable, Viva Suecia, que marca esta cita como a única en Galicia este verán e o novo proxecto Basanta, aposta local que pretende dar voz a natureza con harmonías que recordan melodías sesenteiras. Tamén estará Da Chick, proxecto espacial con base en Lisboa de Teresa Sousa, pura provocación a ritmo de disco soul e boogie funk de di-

recto deslumbrante e a nova formación de Amparo Llanos, New Day, que xurde directamente dende o corazón cara un novo comezo para deixar claro que, tras 24 anos con Dover, inda ten moito que dicir. O folk-pop delicioso de Os Amigos dos Músicos ampliamente aclamados por crítica e público, as rancheiras e corridos ao xeito das Rías Baixas dos vigueses Los Duques de Monterrey e o R&B e hip-hop contemporáneo baixo a vangarda dixital de BFlecha, completan o sabor galego do festival. Incluído no circuito Rías Biaxas Fest, Vive Nigrán será a última parada das 8+1 que patrocina a Deputación de Pontevedra. A aposta do Concello de Nigrán que conta tamén co patrocinio da cevexeira Mahou, pretende converterse nun referente para os aficcionados á música en directo nun espazo natural único, concertos a pé de praia e actividades paralelas para toda a familia ao longo dos dóus días. Xogos ao aire libre, un market, foodtrucks, obradoiros e charlas debuxan a filosofía deste Picnic Pop Festival ideado para gozar todo o día en familia. Venda de entradas Os primeiros abonos a precio reducido de dez euros esgotáronse en só 48 horas e tras unha segunda promoción de bono a 12 euros, o prezo final das entradas é de 15 euros bono para os dous días e 10 euros a entrada de día. Xa poden adquitirse en ticketea e a venda física comezará este luns día 10 nos seguintes puntos: A Reixa (Santiago), Elepé (Vigo), Sin sat (Nigrán), Plaza Fitness Sport Center (Nigrán), Chac-Mool (playa patos), Doppler e Café Pop Torgal (Ourense), Carnaby (Pontevedra).


Director: Tino Lago Vargas

anovapeneirapublicidade@gmail.com

Edición, deseño e maquetación: Alberto Ardid de Cabo anovapeneira@gmail.com

Redacción: G. Figueiredo

anovapeneiraentrevistas2@gmail.com

miradas de estío A gañadora do encrucillado do mes pasado, Carmen Mayo, desfrutando do seu suculento premio no restaurante Val da Louriña. Un avó e a súa neta lendo A Nova Peneira (foto 2) Os nosos amigos de Adoa móstranos unha marabilla da natureza: A apertura dunha flor de loto. O noso fiel colaborador José Manuel Durán de Redondela mándanos estas dúas fermosas estampas de Moscoso, Fornelos. E un fotógrafo anónimo de Nerga en Cangas, envíanos esta marabillosa imaxe das Illas Cíes cunha luz vermella do amencer. Moitas grazas aos tres! Gústache a fotografía? Esta sección está feita para tí! Podes enviarnos as túas fotos a anovapeneira@gmail.com

Edita e publica: Edicións Mide S.L. Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 Vigo edicionsmide@gmail.com Teléfonos: 662187102 / 670274709

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L. Fotografía: Arquivo. Publicidade: Departamento propio.

Colaboradores: Ángel Pérez, Moncho Lareu, Vi-

cente Alló, Carlos Rey, Josiño Araújo, X. S. Páramos, Lucia Santos, Santi Mallo, Segundo González, X. C. de la Fuente, Mero Iglesias, Juan Karlos Pérez, Pedro Ocampo, José Manuel Durán, Xabier P. Igrexas, Marcos Escudero, Roger, Aarón Franco, Ana Hermida. Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149

Depósito Legal: VG-195-2011

Este xornal imprimiuse en papel reciclado


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.