A Nova Peneira 90. Finais de Marzo 2018

Page 1

ANO 7 - Nº 90

XORNAL GALEGO DE INFORMACIÓN XERAL

eNtrevista coN Luis bará

finais de marzo 2018- 2€ BAIXO MIÑO

Tomiño comeza a súa programación de primaveira

Páx. 20

ENTREVISTAS

O nacionalismo en Porriño con Pedro Pereira (Páx. 12 e 13) e Tui con Carme Núñez (Páx. 27 e 28)

O CONDADO

Confirmada a actuación de Gran Cañón no Festival Rock Páx. 32 In Rio Tea

REPORTAXE

Especial Festas de San Telmo en Tui Páx. 23 e 24 ENTREVISTA

“Nas eleccións municipais de 2019 o bNg vai a por todas, con humildade, ilusión e convicción de acadar uns resultados magníficos" Páx. viii e ix

O Requeixo chega de novo ás Neves. Falamos co seu alcalde Páx. 34 e 3ç5

ENTREVISTAS

Suso Seixo, de Vía Galega (Páx. XXVI e XXVII)

Alejandro Lorenzo do PP (Páx. XXiV e XXV) de O Porriño Miguel Anxo Fernán Vello deputado de En Marea en (Páx. IV e V) Madrid


[ 2] Finais de marzo 2018 EDITORIAL TINO LAGO Director de A Nova Peneira

E

a FoLga De MuLLeres, o PP e ciuDaDaNos

scribo este artigo a noite do oito de marzo, profundamente emocionado polo abafador éxito da folga de mulleres que se desenvolveu o día da muller traballadora. Milleiros de mulleres participaron da xornada reivindicativa, secundando os paros convocados polas distintas centrais sindicais e ou asistindo ás manifestacións. Especialmente importante foi a celebrada na cidade de Vigo, segundo a policía local máis de 40.000 persoas ateigaron as rúas da cidade olívica reclamando igualdade e xustiza para as mulleres. Escribo e penso con tenrura e señardade en todas as mulleres que algunha vez quixen; na que me deu a vida, na que procuro educar para que sexa independente libre e feliz, nas que quixeron camiñar comigo, nas que non quixeron, nas que me amaron, nas que me rexeitaron, nas que me escoitaron, nas que non me fixeron caso, nas que me ensinaron, nas que me decepcionaron e nas que me fascinaron. Escribo e avergónzome dos meus privilexios. Escribo e recoñezo que a min nunca me preguntaron se tiña parella nunha entrevista de traballo. Escribo e afirmo que a min nunca me agrediron sexualmente nin me presionaron para ter sexo se eu non quería telo. Escribo e constato que eu nunca tiven medo de volver só camiñando á miña casa, despois dunha

noite de festa cos meus amigos. Escribo e digo que eu nunca perdín un anaco da miña liberdade individual, para facer o que me apetecera, por ter que atender as necesidades dos meus maiores. Escribo e manifesto que nunca ningunha parella atreveuse a dicirme o que tiña que facer, o que non podía facer, como debía vestir, con quen podía relacionarme ou con quen non podía. Escribo e vexo como a min nunca me quixeron humillar facendo alusión á miña condición de home. A folga de mulleres non foi un día calquera, convocouse o oito de marzo, día da muller traballadora. Ese día traballadoras do téxtil de Nova Iork saíron ás rúas a reclamar os seus dereitos laborais xa que, entre outras cousas, cobraban menos da metade cós seus compañeiros homes. A xornada rematou con máis de 120 mulleres asasinadas pola brutalidade policial. Imaxino aos avós ideolóxicos de M.Rajoy e de Albert Rivera falando de orde, estabilidade, procedementos establecidos, de radicais, violentas, apoiando á policía de Nova Iork, e falando de que hai cousas que non se poden mudar. O PP e Ciudadanos non apoiaron a folga feminista, como a dereita nunca apoiou a ningún movemento social que procurase mudar o

statu quo da orde e os privilexios establecidos. Ese modus operandi é unha constante inmutable na historia política da humanidade. Produce vergonza ver, a quen vetou a lei de igualdade catalá, ou a quen defende a abstención ante mocións que condenan a violencia machista, lucindo o lazo violeta. A dereita sociolóxica, iso é o que é tanto o PP como Ciudadanos, iso só iso e nada máis ca iso, sempre foi por detrás en todo tipo de reivindicacións sociais, primeiro as despreza e cando vese asolagada polas ondas da dignidade reivindicativa, non lle queda máis remedio que asumir como propio o que antes rexeitaban. Lembremos; o divorcio, a interrupción do embarazo, o matrimonio homosexual. ...e agora M.Rajoy e Albert Rivera, os dous líderes políticos da dereita nacionalista casposa española, locen lazo violeta na súa solapa como se fosen o que non son. Escribo e sinto a necesidade de poñer este humilde medio de comunicación ao servizo da loita feminista, porque posicionarse explicitamente en favor da igualdade radical entre os dous xéneros que formamos a humanidade é a única forma posible en que son capaz de concibir a dignidade. FEMINISMO.

OPINIÓN

A

BALDOMERO IGLESIAS Mero

ldraxes á Natureza, ás fontes de vida, minas abrasivas, urbanizacións ofensivas que xa doen nos ollos e que perturban a ollada. Estamos en mans daqueles que nos venden ao mellor postor, que rebaixaron o listón da intelixencia e do entendemento para, desde aí, negarnos como pobo, no desespero de vernos doídos no propio sangue: “Galiza morre nas mans dos seus fillos!” (X.Mª Díaz Castro). Pero ademais da deixadez, caemos en mans de depredadores, destes tan grandes irresponsables que nos colocaron a carón do precipicio, esquecidos de nós e do mundo, desconectados do porvir, sen os servizos máis básicos da existencia digna, sen traballos dignos. Seguimos ancorados en camiños obsoletos e deficientes, apartados da salubridade e transparencia, sen infraestruturas nin previsións que nos amparen, no abandono! Abandono total, tamén, dos medios de comunicación pervertidos e subvencionados, debidos aos que lles pagan. Abandonados sen infraestruturas de porvir, de esperanza, faltos de ledicia, sen vontade de ser quen somos. E todo por culpa de quen todos sabemos. Que máis necesitamos? Os políticos non fan política nin de-

soMos Parte Do seu Negocio

fenden os intereses comúns e maioritarios, como moito tentan xestionar e, isto é o peor, a súa xestión cóntase por fracasos. Si, son os fracasos perdurados xa en varias lexislaturas de perdas, de falta de horizontes, sen decisións claras pola recuperación, fracasos en sanidade, en educación –xa non digamos na defensa da Nosa Lingua e Cultura-, en dereitos sociais, en garantías para os máis débiles e marxinados, dos parados, dos que traballan con tal precariedade que resultan ser explotados e escravizados baixo os decretos excepcionais das leis que nos rexen. Ao final, esa cantidade de fracasos é froito da irresponsabilidade e do absentismo para regular e dirixir o noso potencial máis primario e o noso potencial laboral de todo tipo. Non teñen sequera previsións para o novo sistema de financiación autonómica sobre os orzamentos europeos para cando chegue o tempo marcado ata o 2027, que debera a tal altura estar procurando o seu mellor resultado posible. Seguimos ausentes de todas as previsións, moitas delas negativas como a terrible decadencia demográfica, o abandono do rural, que o deixaron imposible cargándoo de impostos

e de débedas, restándolle servizos públicos de primeira necesidade, sen unha política agraria nin unha política pesqueira que garanta a sostibilidade. Iso si, veña eucaliptos, veña incendios, veña ences e empresas de explotación irreverentes, minas (non vexan vostedes a última ocurrencia que chaman de “emprendemento empresarial” e posibilita calquera desfeita a conta da propiedade agraria), urbanizacións que rompen a paisaxe e deterioran a sostibilidade, políticas de subvencións e perdas de fondos en sectores sempre produtivos que chegan a un horizonte de grandes dúbidas. Esta lasitude que nos incapacita, só se vence se somos quen de manter viva a memoria do pasado, a dignidade do que un día fomos, do que un día sementamos. Se somos quen de darnos conta e enfrontarnos ás inxustizas que xestionan esta morte lenta do abandono a calquera xestor e prezo, recoñecer que son malas e suicidas. Resolverase se somos quen de loitar contra estes novos abusos, feitos por irresponsables que non nos consideran. Teremos que buscar quen reforce a influencia social das institucións, que lonxe da impunidade, deban estar ao noso servizo, ao

servizo do ben común e non dos cómplices desta desfeita. Agora é fame e dificultades, impedimentos, decretos que nos convulsionan e estragan que nos asolan, que nos espremen en obrigas sen traer a cambio beneficios. Esta é unha ansia especulativa e xenocida. Por riba hai outra xente aínda peor cá nós, refuxiadas e migrantes, que sen saber o que aquí se coce, foxen de terras en guerra ou de condicións peores e veñen buscando a vida que nos falta. Todo o mundo caeu na trampa capitalista, só uns poucos son beneficiarios e moitos os que buscan osíxeno para vivir, xustiza para facelo dignamente. Agora toda a man de obra é barata, estamos en saldo escravista, compartimos o comercio das armas para matarnos e que nos maten, este é o mercado da explotación humana, formas de odio, profanación de grupos e pobos por mor de ideoloxías ou credos, mercados de urxentes beneficios a custo de silencio, fame e morte. A única conclusión é que non podemos deixarnos nesta apatía, nesta quedada non participativa. A memoria é sobre todo asumir a responsabilidade que temos, e reaccionar ante estes novos traidores xenocidas.


Finais de marzo 2018 [ 3]

OPINIÓN

A

MONCHO LAREU Membro de Anova e do CC da FPG

proximadamente por estas datas fai vinte anos que comecei a militar activamente nun espazo político amplo, fragmentado e heteroxéneo denominado de sempre como esquerda independentista galega ou arredismo. Foi no marco dunhas eleccións ás xuntas de faculdade na primavera de 1998, cando no primeiro curso da licenciatura dei o paso de participar nas candidaturas da organización Estudantes Independentistas. Era nun contexto de belle époque do nacional-autonomismo –o histórico teito dos 395 mil votos sucedera meses atrás e faltaba un ano para a chegada ás alcaldías de Ferrol, Pontevedra e Vigo– que contrastaba coa máis que precaria situación das alternativas máis soberanistas. Nestas dúas décadas a esquerda independentista galega experimentou moitas transformacións e pasou por moitas eventualidades que mudaron bastante as súas caracterísiticas. Temos hoxe un independentismo substancialmente diferente ao que a duras penas loitaba por sobrevivir nos últimos anos dos ´90. Un independentismo máis maduro e extendido, pero tamén máis dividido e enfrontado. Ocorréuseme, logo, facer un pequeno

Que iNDePeNDeNtisMo? borrador de análise sobre as mudanzas experimentadas por este espazo político, ollando cara o pasado, pero coa intención de aportar para o futuro: – Continúa a ser a nosa esquerda independentista un movemento enfraquecido e pequeno se o comparamos cos seus análogos en nacións próximas, porén, conseguíu desprenderse nos últimos tempos do halo de marxinalidade ao que o condenaban dende arriba e ao que tamén se autocondenaba por si mesmo. – Continúa a ser tamén un espazo dividido e con duros desencontros entre as distintas correntes que se foron formando ao longo do tempo dende finais dos ´70. Unhas expresións independentistas participan dentro das mareas da unidade popular, outras dentro do Bloque e as máis cativas están fóra da calquera estrutura superior. – A opción do independentismo conseguíu ser aceptada por cada vez máis amplos sectores da esquerda nacional, incluso por organizacións

e colectivos que no pasado foran destacados detractores de calquera mínima proposta arredista. O fracaso da vía autonomista até 2009 foi evidente. – Conseguíu tamén, coa fundación de Anova-Irmandade Nacionalista hai case seis anos, formar por fin unha organización da esquerda independentista de entidade, cunha masa militante considerábel e cunha expansión territorial aceptábel, algo que non se conseguira antes durante máis de tres décadas de intentos fallidos. – En consecuencia, e grazas tamén a unha atrevida, herexiaca e ambiciosa política de alianzas, a esquerda soberanista acadou logo de moito tempo unha notábel presenza institucional gañada ao abeiro do empoderamento popular e da impugnación cidadá ao hermético sistema de representación do rexime. – O movemento arredista galego non se puido liberar, como xa acontecera noutras xeiras, dos golpes represivos propinados por un Estado

Concertos:

VENRES 6 DE ABRIL 23 H

A BANDA DE MAZINGER

con deficiencias democráticas que non se pode permitir unha terceira fronte secesionista dentro das súas fronteiras. Por desgraza, o termo “presas independentistas galegas”, continúa vixente en pleno 2018. Ben. Estes son tan só algúns apuntamentos nos que reparei por riba. Poderían ser máis e estar moito mellor desenrolados, pero non é esa a función do artigo. En próximos anos, as persoas que pensamos que a opción da independencia é unha necesidade urxente para solucionar os problemas de Galiza temos moito traballo por diante: correxir as eivas presentes e superar os problemas que vaian aparecendo, conseguir que ninguén teña que ir á prisión por ser independentista, liberar o independentismo das estreitas marxes do nacionalismo asociádoo co concepto republicano e, sobretodo, convencer. Convencer da urxencia independentista, convencer á xente co debate e a dialéctica, con pedagoxía, seriedade e respecto. Traballando arreo, sen présa pero sen pausa. Construíndo República.

DOMINGO 15 DE ABRIL, 13H. SESIÓN VERMÚ CON SKARA JAZ¡


[ 4] Finais de marzo 2018 OPINIÓN

P

odédesme crer que a folga non lle gusta a ninguén, sei ben do que falo. Ós empresarios e empresarias, por suposto non lles gusta, e aseguro que tampouco lles gusta ós traballadores e traballadoras. A folga é a expresión máis clara da actuación final en defensa da dignidade, neste caso laboral. É o mecanismo final que, fai ás veces, de válvula que regula a presión. Tamén para a parte empresarial é o termómetro que marca as saúde do seu proxecto, na relación coa xente, e moitas das veces serve para que o empregador se decate de prácticas que non aproba e non comparte por parte dos mandos nas empresas. As asembleas que toman a decisión de ir a folga nunca son unha festa, nunca se ven caras de felicidade. É unha decisión difícil que tomar que colle folgos na necesaria defensa da dignidade como persoa dos que a toman. Incerteza, inquedanza e preocupación, pero fa-

JUAN C. PIÑEIRO DOCAMPO Secretario Xeral de Compromiso por Galicia

FoLga

chenda de facer o xusto e o que se respira no aire. Por iso esta folga do 8M foi para min importante acertada e sobre todo necesaria, todas e cada unha das reivindicacións que a sustentan teñen que ver, xa non coa liberdade nin coa igualdade, que tamén, senón que no fondo, na esencia mesma, está a dignidade como persoas. Por iso as persoas de ben, as persoas sensibles e con capacidade de empatía, estivemos presentes onde tíñamos que estar, defendendendo a dignidade que

ten que ser igual para todas e todos. No 8M non collen escusas e posicións políticas sobre ideoloxía, non se pode permitir poñer na mesma parte da balanza a defensa do capitalismo e o dereito das mulleres

de ter unha vida digna e plena en igualdade. Mal imos se a posición política de cada quen está por riba dos dereitos das persoas e a súa defensa, o capitalismo non é tan importante, Arrimadas, como tampouco o deben ser o comunismo, o socialismo ou calquera postura. O importante teñen que ser a persoas. Compre refrescar a estes políticos de PP e C´s o “pacto internacional dos dereitos económicos, sociais e culturais de 1966” que contén palabras como: dereito, condicións equitativas, igualdade salarial, persoas, remuneración digna. .. cuxa única ferramenta de defensa senón se cumpre é a folga, percátense, diante da inacción dos políticos. Está folga foi alegre, foi forte e foi exemplar, para min un golpe de dignidade e de esperanza. O que non queira decatarse está perdido. Forza ás mulleres, exemplo de dignidade.


Finais de marzo 2018 [ 5]

OPINIÓN

Q

ÁNGEL PÉREZ FERNÁNDES Profesor de filosofía

uen teña escoitado unha intervención parlamentaria do actual presidente do goberno, especialmente nas réplicas, poderá recordalo proferindo algo do tipo de que non admite leccións de ningén. Repítea tantas veces que descartei que fose circunstancial, un momento das lides políticas, nas que non se admite amoestacións do rival, e tamén que fose unha simple lideira; debería ser algo máis estrutural, se me permiten dicir, no pensamento do rexistrador da propiedade de Santa Pola. Rajoy comezou a súa andaina na política, como é ben coñecido, nas filas da Unión Nacional Española, un partido fundado por excarlistas, que abandonou o PP por ter apoiado a Constitución Española, cunha abstención, e que defendía os principios do 18 de xullo por teren demostrado

certa LiDeira De rajoy

superar o marxismo e a democracia liberal tal como aseguraban os seus intelectuais. Gonzálo Fernandez de la Mora, "o filósofo do inmobilismo", era un deses intelectuais. Autor de dous libros de gran pegada sobre o xove deputado Rajoy da provincia de Pontevedra: El fin de las ideologías y La envidia igualitaria. Deste último publicou un breve artigo no Faro de Vigo o 24 de xullo de 1984 cuxa lectura proporciona claros indicios de como entendía e, creo, entende Rajoy a política e que explicarían o porque ou o lugar no discurso de Rajoy desa lideira. O partido socialista acababa de gañar as eleccións e a dereita tiña dúbidas de ata onde podía chegar o pulo igualitario dos socialistas. O daquela presidente da deputación de Pontevedra no artigo sobre o

libro de Fernández de la Mora afirma abertamente que "no es posible la igualdad de poder político (no hay sociedad sin jerarquía)". Non é posible, se entende,porque a natureza o impide. Así como non é posible que os lobos convivan cos años, tampouco é posible que os máis favorecidos pola xenética renuncien tranquilamente ao seu afán de superación, ao seu instinto de desigualdade. Polo tanto, esquézanse señores socialistas de tratar de mellorar a constitución escrita no ADN. Non nos veñan con leccións de humanidade que xa sabemos onde levan os intentos de impoñer a igualdade. Entendo que algo así é o que animaba e anima o discurso político do actual presidente do goberno. Son argumentos da dereita conservadora ben coñecidos, ben montados

mesmo sobre sólidas bases científicas. Pero, pese á súa repetición desde hai séculos, non son argumentos políticos en absoluto. Son pura lideira. Detrás da idea de igualdade está a envexa, di Rajoy. Pero a envexa é un sentimento natural. Todo ser humano sinte envexa, inda que ninguén o recoñeza. Daquela se a idea de igualdade é unha expresión da envexa, a idea de igualdade tamén será expresión da natureza humana, polo que non se ve porque uns terán máis dereito á desigualdade que outros á igualdade. En efecto, non é na envexa onde hai que buscar a orixe dos iguais dereitos senón na indeclinable esixencia da razón de que para que algo sexa lei debe obrigar a todos por igual. Política é cumprir esa esixencia.


[ 6] Finais de marzo 2018

Coincidindo co Día Mundial do Síndrome de Down

a cig-ensino pide salarios xustos para os traballadores da atención á discapacidade

SANTIAGO.

Fronte ao inmobilismo e mesmo á involución nas propostas da patronal na negociación do XV Convenio estatal de atención á discapacidade, delegados e delegadas do sindicato concentráronse en Compostela ante a sede dunha das patronais, FADEMGA, para esixir melloras salariais e laborais para o colectivo de traballadores e traballadoras deste sector así como unha mellora na atención aos usuarios e usuarias. Coincidindo co Día Mundial do Síndrome de Down, medio cento de delegados e delegadas da CIG-Ensino reclamaron hoxe en Santiago de Compostela que se inclúan, entre outras, as seguintes propostas na negociación do XV Convenio estatal deste sector: unha suba lineal de 531 euros/ano para os salarios inferiores ao soldo medio galego anual (sobre

17.700€) e dun 3% para o resto nas táboas salariais anuais, así como un acordo plurianual de compensación pola perda acumulada de poder adquisitivo (nun 5,2%) nos últimos anos e a recuperación do complemento de de antigüidade (trienios). Estas demandas, que foron acordadas nas asembleas que se celebraron cos empregados e as empregadas deste sector recollen tamén outras melloras no eido laboral como a redución da xornada a 35 horas semanais nos centros de atención especializada e centros especiais de emprego, igualando a xornada dos centros educativos á do ensino concertado, a eliminación dos descontos en caso de incapacidade temporal por enfermidade común ou accidente non laboral nos tres primeiros meses, o recoñecemento de enfermidades profesionais e a inclusión de

novos complementos de penosidade, perigosidade e toxicidade. A central sindical viuse abocada a esta mobilización despois de que nas tres últimas reunións celebradas no marco da negociación deste convenio non só se constatara inmobilismo por parte da patronal senón incluso certa involución nas súas propostas. No tema salarial, despois de catro anos de conxelación, para este exercicio os representantes das empresas non foron capaces de establecer a canto podía ascender a suba escudándose en que teñen que modificar as “clasificacións profesionais”. En canto á regresión que se denuncia por parte da CIGEnsino, na última reunión a patronal propuxo recortar os salarios nos contratos en prácticas ao “60%” no primeiro ano e ao “75%” no segundo, no canto do 85% e 95% que había até agora.

comparecencia na sede Nacional de cxg

SANTIAGO.

O 5 de marzo de 2018, compareceron na Sede Galeguista o Secretario Xeral de CxG, Piñeiro Docampo, e o Secretario Nacional de Organización, Orlando Villamayor para valorar a xuntanza de CxG e PNV. “É intención de Compromiso traballar na reedición da esencia política de Galeusca, nas seguintes eleccións europeas, nese mesmo camiño coincide o PNV” dixo Piñeiro Docampo. “Estamos tamén mantendo conversas con forzas de Catalunya, pero isto esta máis verde e en estado inicial”, dixo Villamayor. Aproveitando a viaxe a Euskadi a dirección de Compromiso puxo en común varias reivindicacións de Galicia para que o PNV teña en conta na negociación dos Orzamentos do Estado: “é unha pena que Galicia non teña unha voz propia en Madrid, o figurado grupo confederal de En Marea non traballa en clave galega, e non pon os problemas de Galicia no debate estatal” dixo Piñeiro Docampo. Froito desta

xestión a dirección do PNV reunirase co Comité de empresa de Navantia na próxima visita de Ortuzar á Galicia, para falar da carga de traballo de Navantia en Ferrol e as F100. Noutro senso CxG tamén manifestou o avance da campaña de pediatras no rural, a petición rexistrada por CxG xa ten o informe favorable da mesa do Parlamento e agora corresponde á xunta de portavoces dar adiante á iniciativa que conta co respaldo de 2.000 sinaturas e a dirección de Compromiso agarda chegar as 2.500 que se precisan. “entendemos que unha proposta de dotar Galicia de pediatras a 15 minutos de calquera poboación de 500 veciños, ten que ser tratada no Pleno da cámara, por iso demandamos de BNG, PSOE ou En Marea que defendan esta iniciativa para que non decaia” dixo Piñeiro. Estanse traballando en máis iniciativas para o Parlamento galego, moi pobre en acción política para o que o país necesita, e que serán anunciadas en breve.

O TEU XORNAL EN GALEGO


Finais de marzo 2018 [ 7]

OPINIÓN

VICTORIA ALONSO Secretaria local do PSOE de Mos

O

o 8 MarZo as MuLLeres eNtraMos No sÉcuLo xxi

que vivimos o pasado 8 de marzo é difícil de describir con palabras, porque o feminismo é unha filosofía, un estilo de vida. Difícil describir o que hai detrás dun berro feminista, un berro pola igualdade e a liberdade. Non podo estar máis orgullosa da época na que vivo porque quedou patente que collemos o relevo de grandes mulleres coma Clara Campoamor ou as sufraxistas que abriron o camiño do feminismo, loitaron polos dereitos laborais, educativos, loitaron contra o ideal da “superwoman”, romperon coa idea de que unha muller ten que pasar de depender dun pai a depender dun marido e derrubaron teitos que parecían inalcanzabeis. O feminismo busca alzar a voz contra o patriarcado, tan só que teñamos acceso ao que merecemos. E que merecemos? Pois as mulleres merecemos que se nos trate igual ca un home, que se nos respecte polo noso

traballo e que se nos valore polo noso esforzo. As mulleres fomos quen de continuar cunha labor que emana dunha traxectoria de reivindicacións, sabemos que queda moito polo que loitar. Que as leis de igualdade téñense que aplicar e non ser papel mollado, facer desaparecer a brecha salarial e sobre todo, lograr un cambio total na mentalidade da sociedade. O 8 de marzo paramos nos nosos empregos e colgamos o mandil nas tarefas doméstica, porque quixemos demostrar que tanto no ámbito laboral coma no doméstico non se valora todo o noso traballo. E SE NOS PARAMOS, PARA O MUNDO. Paramos polas que xa non poden facelo, polas que por diverxas cuestións non puideron e sobre todo paramos polas mulleres de mañá. Porque onte unhas loitaron por nós e hoxe tócanos a nós loitar polas nosas fillas, netas e polas mulleres en que

nos converteremos. O 8 de marzo tamén milleiros de mulleres, e homes, saimos a rúa e berramos ata quedar sen folgos que o feminismo está máis vivo ca nunca. Todas as cidades quedaron bañadas por un desexo liberdade. Éramos milleiros de mulleres berrando e podemos estar orgullosas porque nesta ocasión o día seguinte o Partido Popular non dixo “eran 4 mullerciñas afónicas querendo facer ruído”, Feijoo tivo que recoñecer que somos un colectivo que merece ser escoitado e respectado. Ao igual que Mariano Rajoy non quixo enfrontarse as mulleres... sabía que ía perder, e non apoiou ás súas dirixentes na súa suposta folga a xaponesa. Eu pregúntome coma será esa folga a xaponesa. Debe ser madrugar máis, traballar máis horas nos nosos empregos e limpar máis a casa ao final da xornada laboral. E para facer todo isto o estado

fará que crezan os nosos días 0,25 máis?... xa que é un número que lle gusta empregar a hora de facer incrementos. Pese a esa idea de bombeiro conseguimos o noso obxectivo, fixémonos escoitar. O mundo detívose mentres lle diciamos que “somos a muller das nosas vidas”. Temos que estar orgullosas de nos mesmas e orgullosas das nosas antepasadas, porque entre todas conseguimos que a muller, por fin, puxese un pé no século XXI. Só me queda agradecerlle as mulleres feministas que loitaron no seu día para que hoxe sexa quen son, unha muller libre e dona da súa vida e das súas decisión. Grazas por brindarme a vida que levo e só espero recompensarvos aportando un gran de area para que as mulleres de mañá sexan máis libres e omundo sexa máis igualitario. Grazas por darme estes principios e grazas por facerme ser a muller que son.


[ 8] Finais de marzo 2018 A LOURIÑA

Para os nacionalistas, “Isto demostra que o orzamento é papel mollado”

o PP de Mos presenta 619.600 euros en facturas para aprobalos no pleno de marzo MOS.

Según o BNG, no pleno deste mes “hai un punto na orde do día que é a aprobación do recoñecemento extraxudicial de crédito nº 3/2018. Este é un acto que se fai cando hai que aprobar facturas atrasadas, que son de anos distintos ao actual, e que non se puideron aprobar por falla de orzamento ou por non seguir o procede-

mento adecuado. Normalmente se ven facendo por cantidades non moi grandes, pero a deste pleno demostra que o desastre económico deste concello continúa. Mediante os votos positivos de PP, aprobarase este recoñecemento de facturas, que suman a cantidade nada desdeñable de 619.609 euros. Non moi lonxe do record do ano 2015 onde se aprobaran

case un millón de euros. De continuo intervención do concello avisa de que se están incumplindo e saltando as normas, que cando se realiza o gasto non hai orzamento suficiente e que deben reducir os gastos innecesarios. Levar este enorme número de facturas, deixa ver o nefasto control económico dos gobernantes do concello, que

presumen de ter mellorado a economía municipal pero queda claro que é só propaganda. Esta práctica xa se ten dado en anos anteriores. Esto é o que se chama limpar os caixóns das facturas acumuladas. Como se pode ver, pura inxenería económica. E mentras tanto os cidadáns a pagar impostos e a sufrir.

Comezaron a traballar cunha pequeña máquina na Rúa Progreso

o bNg afirma que a mellora da zona das angustias e o costilleta ten un comezo desesperantemente lento

MOS.

A tan esperada obra de humanización da zona do Costilleta e As Angustias xa comezou, e xa ía sendo hora, xa que esta obra xa leva dando voltas desde o ano 2011, expresou on Bloque Nacionalista Galego de Mos. E añadíu que “que debe ser una alegría, está sendo desesperante, xa

que o volumen de traballo comezado é ridículo. Só están traballando un grupo de persoas na Rúa Progreso, pero no resto non hai ninguén. Unha obra que ascende a un millón de euros e resulta que só hai uns poucos traballadores?? Inconcebible. A parsimonia deste comezo non ten explicación, a non ser

que se queira alongar ate cerca das eleccións para facer un uso electoralista da obra”. Desde o BNG esixen que se aceleren os traballos, e que a empresa adxudicataria poña maquinaria e traballadores para acabar canto antes. Desde o BNG xa houbo que avisar ao goberno do mal estado das baldosas na zona

(Parque Infantil)

da rotonda das Angustias para que puxeran un remedio provisional dado o perigoso da situación. Baldosas rotas e levantadas, moi perigosas para os cidadáns. Xa hai diñeiro para a obra así que non hai escusa para non facela canto antes. Aceleren o traballo o máximo posible, A seguridade dos cidadáns é o primordial.

Madrid escolle o ‘Plan revitaliza’ da Deputación como exemplo dos novos retos e oportunidades SANTIAGO.

A Comunidade de Madrid, a Federación de Municipios de Madrid e Ferrovial veñen de escoller o Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra como un exemplo dos novos retos e oportunidades da fracción orgánica do lixo. No día de hoxe o asesor de residuos provincial Carlos Pérez, xunto coa técnica María Martínez Abraldes, expuxeron a aposta pontevedresa pola compostaxe comunitaria nunha xornada técnica no Círculo de Belas Artes de Madrid á que asistiron técnicos, concelleiros, persoal funcionario e de diferentes concellos madrileños para tomar nota do modelo e da súa posible aplicación nos seus territorios. Pérez e Abraldes indicaron que o Plan Revitaliza da Deputación xa implica a 36 concellos da provincia que teñen como obxectivo aplicar a compostaxe como modelo de xestión de lixo de cara a 2020.


Finais de marzo 2018 [ 9]

A LOURIÑA

x edición, arDe o PaZo, Mós-1809 MOS

O 21 de abril “Arde o Pazo, Mós-1809” chegará á súa X edición para recrear expulsión definitiva do exército de Napoleón do sur de Galiza destacando os personaxes e acontecementos da comarca da Louriña. As representacións terán como punto culminante o incendio do Pazo dos Marqueses de Mós, provocado polos franceses na súa retirada de Tui. Dende a asociación cultural “ViaxaMos no Tempo” queremos recuperar aos heroes mosenses que aínda hoxe en día seguen afastados das escolas nas que os nenos aprenden esta parte da historia dun xeito xeralizado e moi “españolista”. Por iso este ano o Caudillo da Alarma de San Antoíño (José Benito Bernárdez), o Frade Giráldez ou o valente veciño de Petelos, Juan Araujo, terán maior protagonismo nas representacións teatrais e a batalla contra os franceses terá lugar nunha veiga próxima ao entorno do pazo de Mós no momento de maior afluencia de público.

Para axudar a expulsar aos franceses o mosenses contarán ca axuda da Milicia de Vigo, as Heroicas Alarmas de Pontesampaio, a Alarma de Casal de Eirigo (Valga), e un grupo dos Voluntarios de la Victoria do Ferrol. Ao mesmo tempo recrearase a vida social da época co pago dos foros aos marqueses de Mos durante a celebración do mercado de artesanía e produtos gastronómicos, no que varios artesáns estarán realizando demostracións dos seus oficios tradicionais ao longo de toda a xornada. O V Concurso de Espantallos tamén

mostrará os traballos dos participantes neste día. A música tradicional estará presente cos grupos folclóricos Celado, Arume, Nosa Terra, as Pandereteiras das Pedriñas e a Treboada de Pinzás. Para o público infantil haberá xogos tradicionis, a compañía de títeres Viravolta e o Mago Teto co seu espectáculo “o afiador”.

O incendio do pazo de mós e o remate da festa.

O momento máis agardado da noite será a recreación do incendio do pazo de Mós provocado polo exército do Xeneral Maucune na súa fuxida da co-

marca.Os concertos dos grupos Leli Kelly`s e Os Vacalouras porán remate á festa. Estes eventos son organizados pola Asociación Cultural

“ViaxaMos no Tempo” e que desexe máis información poderá atopala na web http://ardeopazo.blogspot.com.es ou chamando ao telf: 673 54 84 85.


[ 10] Finais de marzo 2018 OPINIÓN

ROMÁN GONZÁLEZ GARRIDO Membro de GañaMos

a iNcaPaciDaDe Do PP Para DiaLogar

N

esta columna quero deixar de manifesto algo que resulta tan frustrante a vez que preocupante na vida da política municipal, a falta de diálogo. O diálogo é imprescindible, sexa con quen sexa, porque o benestar de todas as veciñas e veciños pasa por ese importante detalle e a incapacidade do PP para dialogar vainos levar a un pozo do que vai ser complicado saír. Vou comezar contándovos unha anécdota non grata vivida por min, presenciando un pleno da corporación de Mós recentemente. O ocorrido foi a mostra da incapacidade para o diálogo e de escoitar que ten a Sra. Arévalo. Mentres que un concelleiro de GañaMós fai un prego con educación e respecto, visto que a ela non lle interesaba o que dicía, decidiu cortalo bruscamente, deixando coa palabra na boca o concelleiro. Pouco despois, presenciamos as faltas de respecto dirixidas a outro concelleiro, tamén de GañaMós que, facendo pouco del, chamoulle “avogaducho”. Isto demostra, unha vez máis, que a Sra. Arévalo, ”licenciada en químicas”,

non ten respecto por nada nin por ninguén e, neste caso, por unha persoa que exerce coa súa carreira rematada o seu emprego con, ademais, educación, respecto e capacidade de diálogo. Non me gusta o tipo de política que fai o PP, pasando por riba de todo, mentindo, ríndose, facendo pouco das persoas e non tendo en conta a voz das veciñas e veciños. Dende a humildade e o respecto tamén se pode facer política, unha política clara e transparente na que todas xuntas, veciñas e veciños, poidamos aportar e sacar o mellor de todos nós, na que non se utilicen os sentimentos das persoas para aproveitarse delas, como no asunto da cidade deportiva do Celta onde, unha vez máis, estanse a utilizar os montes e as augas das veciñas e veciños sen ningún escrúpulo para conseguir o seu fin: especular cunha empresa privada con terreo veciñal. Sra. Arévalo, é que non se para a pensar que esas instalacións van ser privadas? Privadas para só ter acceso algúns e para seguir enriquecéndose.

Cartos, cartos e máis cartos. Sempre pensando no mesmo, na avaricia de ter máis e máis, sen ter en conta o sentido común e sen facer a pregunta fundamental. Ese é o legado que lle queremos deixar os nosos fillos? Ou queremos deixarlle un mundo mellor? Non temos dereito a coller todo o que nos dá a gana, como se fose todo noso, señores e señoras. Os montes son un legado prestado, que debe permanecer intacto e respectado como a vida mesma. Invistamos en facer algo bo polos nosos montes señores políticos, invistamos en plantación de carballos, arbores autóctonas, invistamos nunha vila mellor tendo en conta a paisaxe e a natureza e non os seus egos, só para facer política sucia e rastreira, enchendo os seus petos a conta de utilizar os sentimentos das veciñas e veciños usando a cor azul celeste. Convídovos a que nos sentemos, tomemos un pouco aire e reflexionemos de corazón se ese é o mundo que queremos. Está nas nosas mans cambialo. Dende o fogar de cada un de nós, dende as escolas, dende a nosa

vila, dende o voto. Dándonos a oportunidade de facer outro tipo de política, unha política que invista en educación para poder crecer e avanzar, non sendo ignorantes como pretende o PP que sexamos. Cunha política clara e transparente, dialogando e entendendo sempre as necesidades da nosa contorna, sendo coherentes e razoables, utilizando o sentido común, con humildade e vendo no interior de cada un de nós. Eu creo que si se pode cambiar a mellor, pouco a pouco, deixando entrar a luz nos nosos corazóns e sen ter medo aos cambios. Non esquezamos que o mundo é coma nos decidimos que sexa, está nas nosas mans poder cambiar, mellorar, e cada día ser mellores persoas dende o respecto e o diálogo. Non podemos seguir tendo un goberno municipal que o único que lle interesa é o seu propio ego e o dos seus “amigos” millonarios. Eu e o noso grupo avogaremos sempre polo diálogo, un diálogo claro e transparente para todas as veciñas e veciños. Iso, a dia de hoxe co actual goberno, demostrase pleno tras pleno, imposible.


Finais de marzo 2018 [ 11]

OPINIÓN

«

ALEX MACEIRA Integrante de GañaMós Asemblea Veciñal

Es la primera vez en la historia que un Gobierno con plenas competencias en un asunto comete la indignidad de culpar a su propia sociedad»; «Esto supone una imperdonable deslealtad con Galicia que no se olvidará jamás»; «Negar la evidencia de la descoordinación e incompetencia del Gobierno es un insulto a la inteligencia de un país inteligente». Estas son frases de Alberto Núñez Feijóo relativas aos incendios que asolaron Galicia en 2006. Once anos máis tarde, con case 50.000 hectáreas calcinadas e catro persoas mortas, o goberno do PP focaliza a súa análise do sucedido nas condicións climatolóxicas e no “terrorismo incendiario”, pedindo non ser condescendente con “quien tira unha colilla” (Feijóo a 7 de novembro de 2017 no Parlamento Galego) e centrando as súas medidas de actuación case exclusivamente no aumento da vixilancia do monte. Nada se fala, sen embargo, dos 436 brigadistas despedidos dúas semanas antes da crise incendiaria que asolou o país. Sen dúbida, é de vital importancia

Que MoNte QuereMos? coidar os nosos servizos de prevención e emerxencia, apostando pola profesionalización do sector e aumentando a contratación para dotalo de xente preparada e cunhas condicións laborais dignas, e non precarizando o mesmo, como vén facendo o PP nos últimos anos. Pero quedarse só nesta dimensión sería non abordar a raíz do problema, e parece que o goberno fai oídos xordos á evidencia de que en Galicia temos un problema estrutural de organización e xestión dos nosos montes. Isto estáo manifestando a cidadanía, por exemplo, a través de organizacións como ADEGA (a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), que coa súa campaña “Cousa de Raíces” pretende levar ao Parlamento Galego a Iniciativa Lexislativa Popular para a Defensa do Bosque Autóctono, que propón recuperar as árbores autóctonas e frear a eucaliptización. Preto de 50 entidades, empresas, colectivos culturais, asociacións ecoloxistas e investigadores

sumáronse xa a esta causa, que continúa recollendo apoios. Isto é só un exemplo de como se fai oír a sociedade galega pero, unha vez máis, o Partido Popular non parece estar á altura da iniciativa do seu pobo. No ámbito municipal, tamén vemos como se moven os concellos coma o de Corcubión, que aprobou unha moción coa que se compromete a retirar todos os eucaliptos que se atopen en chan municipal, así como a revisar que os particulares cumpran a Lei de Montes de Galicia. En Ames estase a poñer en marcha un programa de substitución de árbores considerados inflamables por outros como froiteiras que, ademais, permitirían aos propietarios obter un beneficio diferente ao madeireiro. En Teo aprobouse unha proposta que promove a plantación de especies autóctonas frondosas. Tamén en concellos como o lucense Folgoso do Courel ou O Grove se deron pasos neste sentido. Así é todo, dende o noso Concello

segue sen facerse nada. En Mos temos a sorte de que gran parte do monte é das Comunidades de Montes, é dicir, que gran parte do monte é das veciñas e os veciños. Por que o Concello non traballa para articular un plan de actuación coa súa veciñanza? Por que non se incentiva a plantación de especies autóctonas para recuperar un monte vivo e reducir o impacto dese combustible para o lume que son os eucaliptos? Existe algún plan municipal de cara á organización forestal dos nosos montes? Non se debería demandar á Xunta recursos para abordar un posible plan? Estase coidando que se cumpra a Lei de Montes en Mos? En definitiva, hai algunha intención ou iniciativa do goberno por manter e coidar o noso monte? Temos que esixir respostas claras a estas preguntas se queremos avanzar cara a un monte limpo, autóctono e que minimice os riscos en caso de volver pasar por días negros como os que vivimos o pasado mes de outubro.


[ 12] Finais de marzo 2018 ENTREVISTA

O pasado día seis, o pleno do Porriño, por primeira vez nos últimos seis anos acadaba aprobar uns orzamentos. A abstención do BNG despois de conseguir introducir gran cantidade de emendas, propiciou un empate a oito que desfixo o voto de calidade da alcaldesa. Achegámonos ata o local do Bloque de Porriño a conversar co seu portavoz municipal, o veciño de Atios Pedro Pereira.

PEDRO PEREIRA. REPONSABLE DO BNG DE O PORRIÑO.

“o bNg acHegou MoitÍsiMo eN Positivo aos orZaMeNtos Do coNceLLo De o PorriÑo” A pouco máis dun ano das vindeiras eleccións municipais, que valoración fai o BNG de O Porriño da actividade do goberno municipal?. A valoración non é positiva. Acabamos de aprobar o orzamento municipal do 2018, e en tres anos é o primeiro que este goberno leva a pleno. Recorrendo neste período a modificacións de crédito moitísimas veces. Vos presentastes un número importante de emendas non? Efectivamente, 16, das cales conseguimos que se nos aceptaran 11.Eu destacaría un importante plan inversor de arredor de 1.900.000€ na que se acometen importantes actuacións de saneamento nas parroquias ou abórdase a humanización de Manuel Rodríguezbarrrio de San Bieito-, tamén outra partida para a alta tensión en Torneiros, partidas para comprar terreos co gallo de mellorar o paseo do Louro, un in-

cremento nas partidas para emerxencia social, conseguimos tamén salvar sete prazas de traballo no concello que o goberno quería amortizar.....Entendemos

que, sen estar contentos de todo, o BNG achegou moitísimo en positivo a estes orzamentos. Alén do tema dos orzamentos, que ou-

tros motivos levan ao BNG a valorar negativamente ao goberno de Eva García De La Torre? Hai unha evidente falta de transparencia, non cumpre nun número importante dos acordos plenarios. O trato co tecido asociativo é deficiente. Por exemplo? A mellora ao acceso ao colexio Santo Tomás, aprobada en pleno, a mellora do parque infantil de Atios ou falla de interese en ter un novo Plan de Ordenación urbanística. Por outra banda, non existe planificación no eido cultural. Os convenios coas asociacións culturais e deportivas asínanse tarde e mal e sen criterios equitativos. No que respecta a comisión de seguimento sobre a contaminación por lindano, non a convoca coa periodicidade necesaria e non aporta a documentación que aporta a xunta, cando se compromete a entregala. En definitiva, pódese dicir que este goberno


Finais de marzo 2018 [ 13]

ENTREVISTA non ten proxecto político de ningún tipo. Só xestionan o día a día e de forma deficiente. Eu creo que o concello de Porriño ten un grave problema de aparcamento en superficie, que opina o BNG? Si é certo. En gran medida motivado polas súas propias características urbanísticas. A escaseza de aparcadoiros é un obstáculo para atraer visitantes, para o BNG como se solucionaría? Na parte sur do concello, é necesario facer un aparcamento. Habería que buscar a fórmula para podelo concretar. A día de hoxe o Concello ten dúas fincas en aluguer, que tratan de paliar a situación, pero é algo claramente insuficiente. Outro aspecto que incide na problemática dos aparcadoiros, é a inexistencia da vixilancia, no momento presente, na zona azul, o que provoca que haxa pouca mobilidade de vehículos. Este goberno fixo algo para mellorar a parroquia de Torneiros? Que nós coñezamos, non. Non houbo ningunha actuación importante en Torneiros. As únicas actuacións significativas en Torneiros, nos últimos anos, fíxoas o goberno do BNG. Que actuacións precisa Torneiros para o BNG? É imprescindible mellorar os espazos de superficie, arranxar o grave problema da numeración, dotar ao barrio de servizos sociais, descentralizar servizos e achegalos a esa zona con tanta poboación, case tanta como o propio casco urbano. Algo moi relevante en Torneiros, do que seguro que o BNG ten algo que dicir é o tema do Lindano? O Lindano, efectivamente está concentrado en Torneiros. É un problema do que a día de hoxe non se sabe o alcance exacto, sábese que é importante pero non está determinado con precisión.

Nós pedimos unha comisión de seguimento, que se constituíu. Consideramos que é unha problemática moi importante, e non se pode xogar a acadar ventaxas partidistas. Debemos esixirlle a quen ten as máximas responsabilidades que é a Xunta que delimite con precisión onde hai Lindano, e logo que proceda a executar un plan de descontaminación por fases. Todo debe realizarse de maneira coordenada e conxunta entre as distintas administracións Falemos do BNG. Despois dunha profunda crise da fronte nacionalista, semella que após a chegada de Ana Pontón a situación mellorou notablemente, é así tamén no Porriño? É evidente que estamos nunha situación moito mellor que hai catro anos, malia que a realidade aínda dista de ser idílica. Nós consideramos que estamos camiñando na dirección correcta, pero quen terá que avalialo é a propia sociedade. Nós non somos perfectos, pero somos honestos, traballadores, temos proxecto político e sabemos cales son as principais demandas do pobo de Porriño Cales son? Para o BNG É INDISPENSABLE a concreción dun plan xeral. Nós saímos do goberno no 2.010, deixamos moi avanzado o proceso de adxudicación para a redacción dun novo plan xeral de ordenación, imprescindible para Porriño, e nestes oito anos nin o PP, nin o PSOE foron quen de avanzar nada. Esa é unha eiva fundamental, tanto no ámbito urbano como nas parroquias hai cuestións moi urxentes que atender. Consideramos tamén imprescindible mellorar as infraestruturas en xeral, as culturais en particular. O Porriño precisa dun auditorio en condicións. A débeda histórica que as canteiras manteñen co Concello, é cobrable? Imos ver, esa débeda ven da época de Barros. Alí hai dous canons un por

ocupación e outro por extracción, algo que é competencia do estado. Nós entendemos que o canon por ocupación si é cobrable. Nós consideramos que hai que determinar, con claridade, a débeda que está prescrita e a que pode e debe ser cobrada. A min paréceme unha actuación moi relevante, que debería acometer o goberno municipal E tanto que si. Nós, cando eramos goberno levamos a pleno un prego para regularizar todos iso, e daquela a dereita porriñesa, toda a dereita votou en contra. Fíxate a diferenza, cando Nelson tentou regularizalo, nós si votamos a favor. Como está o ambiente interno do Bloque do Porriño? Defínese cunha soa palabra: EXCELENTE. Hai lealdade e comodidade plena. E Pedro Pereira de ánimos e moral como está? Eu estou ben. Xa levo moito tempo neste mundo, e a min só me move unha cuestión :aportar todo o que poida para mellorar a vida dos meus veciños e das miñas veciñas. Podo equivocarme por suposto, pero asegúroche que teño moitísima ilusión e gañas de traballar. Antes de achegarme á vosa sede, a entrevistarche, tomei un café nun bar e preguntáronme quen sería o candidato/a do BNG en Porriño? Agradezo o interese dese veciño, desde logo, pero iso non o sei nin eu a día de hoxe. O que aseguro é que presentaremos unha candidatura solvente e sólida. Rematamos Pedro. Estiveches na nosa gala no 2015, estiveches na do 2017. Date por convidado á que faremos en xaneiro do 2019 Moitas grazas. A non ser por un motivo de forza maior, desde logo que alí estarei. Moitas grazas.

o bNg demanda a creación dun servizo de Normalización Lingüística no Porriño

PORRIÑO.

Tal e como se dispón no Estatuto De Autonomía de Galicia e na Lei de Normalización lingüística, é una obriga das institucións galegas difundir e promover o galego en todos os eidos da vida pública. Pero dende hai anos o Concello do Porriño carece dun Servizo de Normalización e Dinamización Lingüística, o que dá lugar a que a lingua galega non estea presente na medida en que debe estar no trato da administración coa veciñanza. Este servizo foi creado para promover e dar soporte técnico ao proceso de extensión do uso da lingua galega no ámbito administrativo e de servizos. Unha promoción que se leva a cabo mediante accións ou actividades de sensibilización lingüística, formación, etc. Dáse a circunstancia que neste momento a Deputación de Pontevedra ten aberta unha convocatoria de subvencións para todos aqueles concellos da provincia, de ata un máximo de 50.000 habitantes, que conten cun Servizo de Normalización Lingüística, que pretendan crealo ou que, carecendo del, realicen programas de dinamización da lingua galega. A través desta convocatoria procúrase incrementar o uso da lingua galega en toda a sociedade, O BNG solicitou do Pleno da Corporación Municipal a aprobación dunha moción para ”solicitar esta subvención e crear o Servizo de normalización e dinamización lingüística no Concello do Porriño”. Lamentablemente, o incumprimento por parte do goberno local á hora de convocar plenos ordinarios de xeito regular – o último tivo lugar en novembro do pasado ano– provoca que iniciativas como esta non poidan ser debatidas e levadas a cabo nos prazos correspondentes.


[ 14] Finais de marzo 2018 PUBLIRREPORTAXE

OPINIÓN

En pleno centro da nosa vila, na rúa Avelino Villasuso, a carón do noso Concello, podemos gozar desde xa dunha tenda de roupa de extraordinaria calidade, atención sobresaínte e prezos moi razoables. Falamos con Sandra e con Verónica, para coñecer a QUANTUM

MARTÍN VÁZQUEZ Integrante de GañaMós Asemblea Veciñal

QuaNtuM o PorriÑo. E MoDa De caLiDaDe No coraZÓN Da LouriÑa

Inaugurastes a tenda hai pouquiño, non? Si, inaugurámola tenda o 3 de marzo. A marca que movemos é “Ala Vaquera”. A inauguración estivo moi ben e nos gustou que viñeran clientes novos, iso é moi bo. Contádenos a vosa historia, estabades noutro sitio antes? Si, Tiñamos roupa de exposición nunha barbería nova de Porriño, que inaugurou en marzo do 2017. Vendiamos a roupa na barbería ou en postos ambulantes. Tiñades experiencia vendendo roupa? Si, as dúas. Traballamos en varias tendas de roupa e nos encanta este traballo. Que tal acollida creedes que pode ter nesta zona do Porriño? Contédemos con que marcas ides traballar. Traballamos con “Ala Vaquera” e “La Jaca”. La Jaca está situada en Vigo, pero en O Porriño non temos nada, e Ala Vaquera creo que so están en Andalucía e en Madrid. E as características máis importantes desas marcas, cales son? Son de un moi bo tecido, a maior parte do tecido é de algodón. O Calzado e todo fabricado en España. Porque, isto é roupa e calzado non? Si, vendemos roupa, calzado, e algún complemento. A roupa é de muller e de home. Para que segmentos de idades? Máis ou menos a partir de 16 anos, aínda que dependendo da talla. O día da inauguración viu unha nena de 12 anos e mercou un pantalón. Temos roupa de moza-mozo e de señora-señor. E o estilo da roupa, cal é? Temos un pouco de todo. Roupa formal, como roupa máis casual ou roupa de diario.

Perdoa a miña incultura na moda, que é casual? Casual e máis de vestir da rúa. Como unha bomber, uns vaqueiros ou unha camiseta básica. Logo tamén podes atopar americanas, camisas de vestir, camisas de diario tamén, ou prendas como chalecos. Temos clientes que montan a cabalo e levan estes chalecos para facelo. Parcas de muller, … un pouco de todo. Algo importante, o tema económico. Isto para que tipo de petos vai dirixido? Temos roupa con tecidos de moi boa calidade e o prezo e algo máis elevado que a roupa de Inditex, pero non che vou cobrar 300€ por unha chaqueta, risas…. O tema da relación calidade prezo está moi ben. Tendes vistas de futuro, é unha tenda pensada a longo prazo? Si, claro, por suposto. Que lle diriades as persoas de Porriño que non vos coñezan para que pasen pola tenda a facervos unha visita? Que se veñan, que pregunten, que proben roupa, por votar unha ollada non perden nada, e sen ningún tipo de compromiso. Temos bo trato co cliente e no caso de non ter tallas facemos encargos. Tamén facemos calzado de pel por encargo, feito a man, fabricado en España e de todo tipo de botas. Modelos que van dende moteiro, hípica ou caza. Que horario tedes na tenda? De 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 horas no inverno, e no verán de 10:00 a 13:30 e de 17.00 a 21:00 horas de luns a sábado. Pero probablemente que no verán os sábados pola tarde non se abra. Moitas grazas e moita sorte.

Para Que (Nos) serve gaÑaMos? sta é unha pregunta recorrente que os membros da Asemblea tivemos e aínda temos que responder en máis dunha ocasión. Unha resposta que foi obvia para todos nós no transcurso da campaña política e nos primeiros anos da experiencia municipal. Porén, tal resposta foise diluíndo por, entre outros motivos, deixármonos de facer esa mesma pregunta. O quefacer institucional xunto coas as cousas da vida fan que o urxente se impoña ao importante. Cando se esquecen as respostas, as preguntas asáltannos como dúbidas inquietantes, especialmente, nos momentos de maior esgotamento, os peores para dar boas respostas. Esta falta de reflexión é a mesma que acaba por desnortar o traballo das organizacións que poden acabar na máis básica das derrotas políticas: ter como único fin perpetuarse así mesmas. Se queremos saber para que nos serve, teremos que saber para que a construímos. Sinxelamente, GañaMos é unha aposta contra a sociofobia entendida como o medo a democracia, o medo a non ser quen de poñérmonos de acordo no proceso de deliberación política e que iso nos leve á parálise. Unha sociofobia incrustada na sociedade, que lle resultou especialmente útil as elites políticas e económicas do país, herdeira do «haga como yo, no se meta en política» e que recentemente se manifesta, en xeral, no dogma dos “expertos” e tecnócratas e, en particular, na transmutación dos economistas en científicos naturais. O resultado desta estafa é a ditadura dos poucos, das elites políticas procedentes de familias que gobernaron para que os seus descendentes gobernen. Esta aposta contra a sociofobia concrétase en dúas características indisociables: a toma de decisións en asemblea e a complexidade de puntos de vista que a compoñen. É posible que non haxa nada máis complexo, ás veces tedioso, que a deliberación asemblearia e é probable que nada sexa máis enriquecedor –e incluso inevitable! Con todo, Asemblea ten como ameaza permanente a tensión entre democracia-eficiencia coa que diariamente hai que lidar. Así mesmo, este funcionamento coloca nunha posición moi particular aos nosos representantes, altofalantes da Asemblea, un papel nada sinxelo que consiste en defender as posicións dun grupo, ás veces contrarias a súa propia opinión. O compromiso adquirido e a humildade das nosas representantes rexen as boas prácticas do grupo. Respecto da complexidade de ideas, sabela navegar é, tamén, un reto diario.

As diferenzas de idade, sexo, clase e experiencias vitais crúzanse para dar un abano complexo que só unhas liñas xerais pero fortes, unidas á unha vontade de xustiza social, son quen de xuntar. De forma paradoxal, as dificultades que entraña esta fórmula de GañaMos, pola que moitos nos auguraron un pronto fracaso, é dicir, a disgregación do grupos debido á tensións ideolóxicas, por un lado, e a ineficacia política, por outro, podémola ver presente noutros partidos con fórmulas máis clásicas. Destes dous perigos, certamente, ninguén se salva. GañaMos constrúese como un espazo de traballo colaborativo e solidario que pretende romper as lóxicas dominantes máis alá do retórico e do estético. Un reto ambicioso, non sempre sinxelo, que comporta múltiples contradicións. Con todas as faltas, serve como espazo de encontro, serve como instrumento público, serve para traballar para o común. E cando non sirva, haberá que pensar outro pero, mentres, cómpre a traballar todas e todos nel e con el.

GañaMós denuncia a nefasta xestión económica do PP

A mala xestión económica non se pode agochar indefinidamente e unha das evidencias que o goberno do PP non pode ocultar son os Recoñecementos extraxudiciais de Crédito. O ano pasado estes expedientes chegaban a incrementar de tal forma o gasto previsto nos Orzamentos anuais que converteron en papel mollado os Orzamentos. Por iso que nada máis comezar o ano xa levamos 2 expedientes de Recoñecemento Extraxudicial de Crédito aprobado polo PP e para este mes xa teñen outro de máis de 600.000€ na orde do día do pleno. E xa recoñecen que non é o derradeiro este ano. Esto da a medida da nefasta xestión económica do PP máxime cando ademais o groso das facturas que conforman eses expedientes son de gastos correntes, gastos previstos incluso gastos mensuais como electricidade, auga o teléfonos e non gastos inesperados ou sobrevidos. O ano pasado cando fixeron o mesmo o PP para saír o paso das nosas críticas anunciou publicamente que non ían facer máis Recoñecementos Extraxudiciais de Débeda, pouco durou o conto. A nos danos medo ver todas estas manobras do PP para poder pagar o gasto corrente, botamos a tremer cada vez que vemos como a provedores habituais non se lles paga ni en tempo nin en forma. Non queremos nin pensar no buraco negro en que a nefasta xestión do PP converteu as arcas do noso concello.


Finais de marzo 2018 [ 15]

BODEGAS

IGLESIAS

CASAL - BUDIÑO O PORRIÑO 986 34 61 10


[ 16] Finais de marzo 2018 A LOURIÑA ROBERTO RODRÍGUEZ DASILVA Concelleiro de GañaMós Asemblea Veciñal

Mesa De DiáLogo Para o traNsPorte PÚbLico O Plan de Transporte de Galicia que está redactando a Xunta non pode seguir tendo como obxectivo primordial converter un servizo nun mercado en beneficio das grandes compañías. Non pode seguir pondo a rendibilidade empresarial por riba dos dereitos das persoas. Os criterios mercantís non poden ditar un plan estratéxico para o noso país. Temos un grave problema cando a solución está só en mans dos que nos levaron ao desastre pola súa irresposabilidade e desleixo con algo tan fundamental para a calidade da vida como é a mobilidade. O Partido Popular prorrogou durante unha década as concesións de transporte público por es-

trada con criterios contrarios á lei e isto desembocou no desastre actual coa cancelación de centos de liñas, eliminación de paradas e redución de frecuencias. Para que o novo Plan do Transporte estea de verdade ao servizo das persoas é fundamental introducir a dimensión social que leva consigo implícita a mobilidade, tendo sempre como elemento clave a accesibilidade. Para que o novo plan sexa quen de articular o territorio, de manter poboación no rural e definitiva de vertebrar Galicia é necesario que se constitúa unha mesa de diálogo con representantes da Xunta, sindicatos e empresas do sector, concellos e Deputacións, direccións de

Bo Camiño, a tenda do Peregrino

colexios e ANPAS, ademais de asociacións da sociedade civil que sumen representatividade, coñecementos e capacidade propositiva para podermos, así, articular un espazo de información, deliberación, debate e deseño participativo. Porque o novo plan só responderá as necesidades da xente se é froito do diálogo social dentro dun marco de colaboración activa e só responderá a criterios de beneficio social sobre os beneficios monetarios se é elaborado nun marco de participación social e transparencia. Os retos son múltiples: garantir o dereito á mobilidade, impulsar o dinamismo económico, garantir un transporte público de calidade, garantir a

accesibilidade en todo o transporte público, mellorar a calidade ambiental, impulsar o dinamismo económico e apostar polo equilibrio territorial e pola proximidade. Por iso, solicitaremos ao noso Concello que inste ao Goberno galego a impulsar unha mesa para o diálogo do Transporte Público e así poder deseñar unha rede de transporte colectivo atractivo polo número de frecuencias e rutas, baixo as premisas de fiabilidade, puntualidade, accesibilidade e competitividade en tempos. En Mós necesitamos que non sexa a lóxica urbana a que impere neste plan. O rural, o comarcal, ten que ser escoitado e tido en conta.


Finais de marzo 2018 [ 17]

OPINIÓN MIGUEL ALONSO Concelleiro de GañaMós Asemblea Veciñal

LibereMos aos veciÑos e veciÑas Dos ruÍDos e FuMes Do tráFico PesaDo É un despropósito que a día de hoxe e en pleno século XXI o tráfico rodado de vehículos pesados atravese os centros urbano residenciais mosenses de Puxeiros e Peinador para acceder o polígono industrial de Monte Faquiña. Este despropósito deriva nun clamor veciñal que solicita unha urxente solución. É evidente o continuo e insoportable tránsito de vehículos de alta tonelaxe que atravesan estes dous centros urbanos residenciais a calquera hora do día e da noite, coas notables incomodidades, sufrimentos e danos que supoñen para os/as veciños/as que residen na contorna, ademais de para a súas propiedades. O ruído (incluso nocturno), a contaminación atmosférica e acústica, o estrés que provoca nas persoas, os

problemas de inseguridade viaria, ademais do caos circulatorio, son algúns dos múltiples problemas cos que os veciños e veciñas que residen nestas dúas zonas urbanas teñen que convivir a diario. O máis abraiante é que nestes núcleos urbanos residenciais existen dende hai anos sinais de tráfico, perfectamente visibles para os condutores, que lles impiden a estes vehículos circular. Nembargantes, non se respectan e o tráfico pesado continúa invadindo diariamente estes espazos urbanos, basicamente porque non teñen outra alternativa viaria pola cal acceder ás naves industriais situadas en Monte Faquiña. Se ben non se aproveitou a oportunidade de proxectar no PXOM, recen-

temente aprobado en Mós, unha vía alternativa de paso (a pesar de ser demandada polo noso grupo político) coa que dar entrada e saída a este trafico sen ter que atravesar estas dúas zonas residenciais, esta situación non se pode demorar máis. Débese instar, canto antes, ó Ministerio de Fomento a creación dun enlace directo que una a autoestrada AP-9 e a estrada provincial EP-2603 (Puxeiros-Peinador), co fin de dar una solución técnica definitiva e alternativa a esta anómala e prexudicial situación viaria, que permita unha óptima distribución e evacuación do tráfico pesado. Por isto imos solicitar que o Concello de Mós inste ó Ministerio de Fomento para a creación urxente dun en-

lace directo que una a autoestrada AP9 e a estrada provincial EP-2603 (Puxeiros-Peinador), co fin de dar una solución técnica alternativa e definitiva a caótica situación do tráfico pesado que circula polos centros urbanos residenciais de Puxeiros e Peinador con destino a zona industrial de Monte Faquiña.


[ 18] Finais de marzo 2018 OPINIÓN PILAR PORTILLA

CRISTÓBAL LÓPEZ PAZO

Integrante de GañaMós Asemblea Veciñal

Integrante da Asemblea Veciñal GañaMós.

os LoDos Do Desastre PoLÍtico Da área MetroPoLitaNa feminismo é un movemento político e social que se iniciou vez e logo buscan que o xulgado resolva o que a finais do século XVIII, aínda sen tomar esta denominación, O P eles non foron capaces de acadar. supuxo a toma de conciencia das mulleres como grupo colectivo, asamos de ter o alcance das mans un servizo de autobús metropolitano a estar pelexando con Vigo porque non nos discrimine no prezo bonificado do seu autobús urbano. Estas son as consecuencias que sufrimos as veciñas e veciños de Mós. Consecuencias froito da insensatez do Partido Popular que se cargou a Área Metropolitana na súa guerra partidista, Feijóo versus Caballero.

Neste desastre político, por suposto, non podía o PP mosense absterse de ser os adalides da insensatez facendo refén a veciñanza na súa loita por recuperar con artimañas o que perderon nas urnas. Neste baile, Caballero, o alcalde de Vigo, non defrauda, en cada envite dobra a aposta sen ter na máis mínima consideración os prexuízos que causa a poboación dos concellos estremeiros. Un remata farto desta política pendencieira na que se deixa de lado o interese xeral e só se busca desgastar ao rival a calquera prezo e, por suposto, o prezo costeámolo sempre as veciñas e veciños. Falan de diálogo pero non se reúnen nin una soa

o FeMiNisMo

Nós somos os primeiros en pedirlle ao alcalde de Vigo que depoña a súa actitude belicosa, que non discrimine tanto coa tarxeta do autobús urbano como co aparcamento do Hospital Álvaro Cunqueiro deixando fóra das bonificacións as persoas non empadroadas en Vigo. Pero pola outra cara da moeda esixímoslle o mesmo á Xunta, que cese as hostilidades, que recupere a Área Metropolitana co acordo de mínimos sobre o transporte e que, por suposto, libere o aparcamento público do hospital. Nós só apoiaramos as iniciativas que de verdade teñan intención de resolver os problemas da veciñanza e o único camiño e desandar toda este período de confrontación e buscar acordos positivos mediante o diálogo. A veciñanza como sempre da mostras de ser moito máis sensata que a clase política e estase organizando e demandando solucións neste mesmo sentido.

Frigolouro terá que convertir en persoal propio aos autónomos/as de servicarne PORRIÑO.

A decisión chega tras as máis de 80 denuncias presentadas pola CIG diante da autoridade laboral A Inspección de Traballo vén de comunicarlle ao comité de empresa de Frigolouro -centro de produción de porcino do grupo Coren con sede no Porriño- que

xa lle trasladou á dirección da empresa que ten que convertir todos/as os traballadores/as autónomos/as da cooperativa Servicarne en persoal fixo antes do mes de novembro. A decisión, que afectará a uns 250 empregados/as, chega despois de que a CIG presentase máis de

80 denuncias diante da autoridade laboral por incumprimentos detectados nas provincias nas que a compañía ten centros de traballo (Pontevedra, Ourense e Lugo).Lamentablemente, o incumprimento por parte do goberno local á hora de convocar plenos ordinarios de xeito regular.

para loitar contra a opresión, dominación e explotación que sufriron, e para deixar de ser un simple obxecto nas mans dos homes. Para min o feminismo non é só a toma de conciencia económica ou sexual, senón sobre todo psicolóxica. O feminismo que eu defendo, loita pola igualdade entre homes e mulleres nunca pode significar o extremismo de degradar aos homes. Para min, debe ser unha igualdade real e dende a lóxica. Este mundo esta creado para que nel convivamos mulleres e homes, e todos xuntos poidamos respectarnos, entendernos, e ser xustos,e sentirnos libres para poder opinar ou decidir. A palabra feminismo abarca moito, penso que dende a lóxica podemos cambiar moitas malas costumes da sociedade. Sobre todo dende as nenas e nenos, cultivando neles, xa dende pequenos e na casa de cada un de nós, xa que como nais e pais temos esa responsabilidade, a igualdade e o respecto polos dous sexos como iguais. Isto é unha cuestión de principios morais, pero tamén precisa da implicación total dos políticos, xa que se precisan todas as ferramentas para poder cumprir o obxectivo, e que non se dediquen a facer publicidade oportunista. Implicarse en educación e non facer recortes, por exemplo. Se botamos a vista atrás, melloraron moitas cousas, xa que antes as mulleres estabamos sometidas aos homes, non tiñamos nin voz nin voto, pero aínda así, temos un longo camiño que percorrer e todas xuntas seguiremos loitando para que mulleres e homes teñamos os mesmos dereitos e as mesmas obrigas. Para que este mundo sexa mais xusto, sempre dende a cordura, respecto, paz e amor pola igualdade real entre mulleres e homes.

O TEU XORNAL EN GALEGO


Finais de marzo 2018 [ 19]

A LOURIÑA / BAIXO MIÑO

o concello de salceda de caselas pon o bNg da guarda tacha de irresponsábel a actitude de levar en marcha a súa sede electrónica SALCEDA.

O Concello de Salceda de Caselas conta desde o 13 de marzo coa súa sede electrónica en funcionamento. Con esta ferramenta en actividade, os veciños e veciñas poden realizar trámites administrativos desde a súa casa as 24 horas do día e os 365 días do ano. Esta sede permitirá, por exemplo, consultar o estado dun trámite, obter un volante de empadroamento ou consultar expedientes, e as persoas usuarias só precisarán o DNI electrónico ou un certificado

electrónico, de xeito que se manteñen todas as garantías legais, así como as de confidencialidade e de seguridade. O Concello de Salceda de Caselas como administración pública, na procura do achegamento da Administración á cidadanía, pon en marcha este sistema que permitirá un fácil ácceso para a realización de trámites, sen a necesidade de desprazarse ata o Concello, producíndose, ademais, un aforro de tempo nas xestións, evitando tempo de esperas. A administración electrónica supón sobre

todo un avance importante na realización de trámites para as persoas con mobilidade reducida, que poderán realizar as súas xestións a distancia. O Alcalde asegurou que con esta plataforma ofrécese un servizo á cidadanía ao que teñen pleno dereito e supón achegar e adecuar a administración ás necesidades de hoxe en día, facéndoa máis próxima e áxil. O acceso á sede electrónica poderá facerse a través da páxina web www.salcedadecaselas.es ou no enderezo salcedadecaselas.sedelectronica.gal

ás voltas co catastrazo do PP en Mos MOS.

O proceso de regularización catastral, que comezou en Mos en 2016, está dando os útimos coletazos coa chegada masiva do cobro dos atrasos dos últimos catro anos do IBI. Este proceso demostrou ser absolutamente inxusto por varias razóns. Deixando de lado a parte razoable de regular as infraccións que poida haber, e que cada cida-

dán pague polo que teña, este proceso está incluíndo construcións auxiliares tales como galpóns, galiñeiros,. ..etc, que en ningún momento consideramos que deben ser considerados ben inmobles e que non deben tributar como tales. Habendo un problema engadido, que o aumento de patrimonio pode influir na concesión de becas, como xa ten acontecido noutros lugares,

un problema que foi levado ao parlamento galego polo BNG e que o PP se negou a arranxar. Por riba, este proceso foi levado a cabo por unha empresa privada que ten no seu afán, dar de alta o maior número de procedementos, cobrando por cada un deles 60 €, ¡¡ tendo o cidadán que demostrar que o que eles dicían era mentira!!

os orzamentos sen acordo A GUARDA.

O BNG ven de comunicar que non apoiarán os orzamentos para o 2018 que ven de presentar o Alcalde da Guarda. Dende a formación nacionalista botan de menos unha actitude máis conciliadora para chegar a acordos coa oposición. “En ningún momento fixeron un ofrecemento serio para negociar os orzamentos” sinalou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG. Quere lembrar que xa fixo público que aspectos son importantes para, cando menos, mellorar os orzamentos para a Guarda. A falta de concreción nas partidas é un punto preocupante para a formación nacionalista, “non vemos por ningures partidas específicas para a seguridade viaria en zonas escolares como Solanas e a Sangriña, tal e como aconsella o Plan de Mobilidade”, comentou Ángel. Para o BNG considera claramente insuficiente a partida de Axudas a Educación dotadas de 3.000 €, que se investirán

nuns premios pouco educativos. En canto á partida de SOGAMA, pasa de 225.000 € a 232.000€, co que se evidencia a falta de aforro en materia de xestión do lixo, mentres o goberno do PSOE renuncia ao Plan Revitaliza que fomenta o aforro e a compostaxe. Según comunicou o BNG, consideran inasumíbel que o concello se gaste 40.000 € no pintado do espigón, sendo unha competencia da Xunta de Galiza do PP. “O concello ten carencias suficientes como para investir estes cartos nun pintado, por outra banda, un pouco caro...”, apreciou Ángel Baz. “Botamos de menos a creación dun departamento de normalización lingüística, axudas “reais” para educación, mellor dotación para emerxencia social e políticas de igualdade” comentou. Dende o Bloque Nacionalista Galego xa advertiron que, ou había cambios substanciais nos orzamentos ou non habería apoio a estes orzamentos.


[ 20] Finais de marzo 2018 BAIXO MIÑO

O Concello editou unha axenda de actividades en papel

Tomiño comeza a súa Programación de Primavera

TOMIÑO.

Un programa de actividades transversal e integrador, no que se lle dá acollida a todas as citas de cultura, deporte e voluntariado, así como as dirixidas á mocidade. Así é a nova Programación de Primavera do Concello de Tomiño, que por primeira vez aglutina todas as actividades realizadas no municipio nun só programa para o vindeiro trimestre co obxectivo de “facilitar a difusión e traballar dun xeito planificado para conseguir que toda as actividades que levemos a cabo sexan un éxito”, como asegura a alcaldesa de Tomiño, Sandra González. Precisamente coa intención de facer chegar a información de todo o que se realice en To-

miño ao longo dos vindeiros meses, o Concello editou unha axenda en papel que recolle as preto de 30 actividades que se levarán a cabo entre marzo, abril e maio. Esta axenda está a ser colocada en lugares de moito tránsito para difundir as actividades e facer chegar o programa a todos os veciños e veciñas da vila, pero tamén pode consultarse directamente na web do concello (http://tomino.gal/axenda-primavera-2018/). A programación arrancou a pasada semana coa inauguración no Mercado de Tomiño da exposición ‘Lugares inesperados’, unha mostra cerámica na que a artista Liliya Pobornikova explora as formas que xorden da imprevisibilidade orgánica, e

coa obra de teatro ‘Té con Kant’, de Teatro Inversa.

Unha trintena de actividades

O mes de marzo completarase ademais con tres cursos dirixidos á mocidade, de Francés Básico, de Radio e de Poesía e Rap. Para abril hai outras sete actividades programadas. Xunto con un curso de repostería creativa, neste mes terá lugar tamén a Gala do Deporte (14 de abril, no auditorio de Goián), na que se premiarán ás e aos deportistas tomiñeses máis destacados neste último ano, e o Desafío Terras de Turonio, unha proba de BTT de longa distancia que terá lugar o 22 de abril. O 9 de abril chegará a Tomiño unha nova edición de

Reptigalia, con exposicións, obradoiros e conferencias sobre insectos, réptiles, anfibios e artrópodos, e se representarán outras tres obras de teatro: ‘A nena que quería navegar’, de Redrum Teatro (1 de abril), dirixida a público infantil; ‘Na butaca’, de ButacaZero, para público adulto (7 de abril); e ‘Sen remite’, de Jean Philippe Kikolas, circo, teatro e humor para toda a familia (29 de abril). En maio as Letras Galegas terán importante protagonismo, con actividades lúdicas e edu-

cativas pola vila o propio día 17, con obradoiros e Feira do Libro na praza do Seixo, música e o espectáculo ‘Bicos de papel’, de Talía Teatro, na Casa da Cultura. Será tamén o mes do curso de xaponés e de tai-chi chuan, dun obradoiro de canto ‘Cantares do Brueiro’ e con tres concertos: ‘A gramola gominola’, de Kandengue Arts o 5 de maio para público infantil; a actuación do coro galego Cantares de Brión, o 12 de maio no auditorio de Goián; e o concerto de ‘De outra margem’, o 19 de maio.

Marzo, Mes da Muller en tomiño

TOMIÑO.

O Concello de Tomiño dedicará o mes de marzo ás mulleres e o fará a través dunha programación transversal na que as actividades culturais, deportivas ou artísticas terán unha clara clave feminina e a visibilización do labor diario das mu-

lleres e da loita pola igualdade como fío condutor. “Queremos dar visibilidade a todo o traballo que realizan as mulleres no eido familiar, laboral, social... un traballo que en moitas ocasións pasa desapercibido. E queremos facelo ao tempo que se reivindica a igualdade de oportunidades e de condicións laborais, a igualdade na esfera social e o dereito a vivir sen violencias”, salienta Sandra González, alcaldesa de Tomiño. A programación arrancou traballando co futuro da sociedade, os nenos e nenas e a mocidade. Así, o IES Antón Alonso Ríos énchese ata o 13 de marzo

de ‘Cartas de Amor’ para fomentar a reflexión entre os mozos e mozas sobre o mito do amor romántico e os estereotipos de xénero, a desigualdade nas relacións de parella e a crueldade que moitas veces vai asociada a ela, ao tempo que se promove o respecto e a educación en igualdade e se traballa na prevención da violencia de xénero.

reunión das antigas xeracións de panadeiros e panadeiras de tomiño TOMIÑO.

Falar dos vellos tempos e tamén dos novos pero, sobre todo, verse e compartir un rato xuntos. Con este obxectivo este domingo 11 de marzo celebrouse en Tomiño o primeiro encontro de panadeiros e panadeiras e pasteleiros e pasteleiras de toda a localidade, no que participaron as primeiras xeracións de traballadores e traballadoras de todos os obradoiros do municipio, a maioría deles e delas agora xa xubilados. Arredor de 25 persoas de entre 60 e 80 aos déronse cita no Candil de Tomiño para comer xuntos, recordar “anécdotas vellos e rememorar como funcionaba todo antes, hai anos, cando todo se facía a man”, conta Marcos Castro, terceira xeración

de panadeiros de Camiño Novo e organizador desta xuntanza. A idea era “xuntalos porque algúns fai moitos anos que no se ven” e que pasaran un anaco entretido xuntos. Aínda que moitos deles xa non están a traballar si que viviron de primeira man a evolución no funcionamento da panadaría e da pastelaría, onde pasaron de facer todo a man a usar máquinas ou de repartir o pan polas casas en burro a empregar coches e furgonetas, que fan o traballo máis rápido e cómodo. “Moitos deles viviron épocas duras, como a de posguerra, e aínda que tiñas un negocio daquela non sempre pagaban con cartos, as veces o cobro era en fariña que logo ti empregabas para facer máis pan”, explica Castro.


Finais de marzo 2018 [ 21]

PUBLIRREPORTAXE

Na saída de Tui dirección Guillarei, na Avda. da Concordia 110, encontramos un negocio de compra venda de coches que combina a gran calidade dos seus vehículos, cunha amplísima gama de opcións de coches para podermos elixir, alén da profesionalidade dun equipo de traballadores con máis de 15 anos de experiencia no sector. Todo iso da como resultado un servizo integral ao dispor de proporcionar unha satisfacción plena a quen decida achegarse a coñecelos. A piques de comezar unha nova edición de San Telmo, falamos co seu director comercial Jorge Álvarez.

aroN cars tui

o uNiverso Do autoMÓbiL ao LaDo Da casa

Cóntanos a historia do negocio, Jorge? Ben, pois xa temos a nosa historia, levamos 15 anos na brecha. Caramba, ininterrompidos? Si, levamos xa 15 anos seguidos con este negocio, malia que nestas instalacións de Tui levamos 2 anos. E os 13 primeiros onde estivestes? En Vigo E porque decidistes mudar de sitio? Nesta vida, hai que innovar e pelexar sempre para poder crecer, para poder competir mellor. As instalacións de Vigo quedábansenos un tanto pequenas, e despois dun rigoroso estudo de mercado consideramos que O Baixo Miño en xeral e Tui en particular era un lugar con necesidades, no que ao noso sector se refire, e cun campo moi interesante para poder desenvolver o noso traballo. E como valoras a decisión de cambiar? Moi positivamente. Cales son as características esenciais do negocio? Aron Cars, é un negocio de compra venda de vehículos. O noso negocio

empeza pola compra, continúa pola preparación do coche ata deixalo en perfecto estado, segue pola venda, e remata cun escrupuloso servizo de pos venda para asegurar a plena satisfacción do cliente. Que tipo de vehículos se poden adquirir en Aron Cars? De todo tipo, para todo tipo de petos, desde os máis económicos ata os máis luxosos. Mesmo temos a opción de facer vehículos á carta. O cliente que nos diga todo o que desexe, e nós xa nos preocuparemos de ofrecerllo. Só hai unha cousa para nós irrenunciable; calquera coche ten que estar en perfecto estado antes de chegar ao cliente. Aron cars é unha empresa de futuro? Desde logo que si, de pasado, de presente e de futuro. Pretendemos que a nosa, sexa unha empresa sólida e solvente a corto, a medio e a longo prazo. Que segmento de territorio cubrides? Toda Galicia. Temos moitos colaboradores en distintas zonas que posibilitan que cheguemos a todo o territorio galego. Que debe facer un cliente interesado en coñecervos ?

Pode contactar con nós ou ben facendo unha visita física á nosa tenda de Tui, ou ben visitando a nosa web www.aroncarss.com, ou ben chamando por tfn 986916540,ou mandándonos un mail a aroncarss@hotmail.com. En calquera dos casos recibirá unha atención personalizada e integral. Para un profesional coma ti, os condutores tratamos ben os nosos coches? Non a verdade é que non. Considero que en liñas xerais, non se lle presta a atención debida ao correcto mantemento dos vehículos. Ás veces non nos damos de conta do tremendamente importante que é ser escrupulosos no coidado do coche ata que realmente temos un problema.

Vexo que falas con moita paixón do teu traballo? A verdade é que me encanta o meu traballo, xa desde moi neno o mundo dos coches fascinoume e afortunadamente puiden enfocar a miña vida profesional por ese camiño. Nada máis Jorge, moitas grazas pola atención. Tes as nosas páxinas para dicir o que queiras aos lectores e lectoras? Pois desexarlles que pasen unhas moi felices festas de San Telmo, e dicirlles que aquí estamos para o que desexen. Espero que nos dean unha oportunidade de coñecernos. Aseguro que, todo o equipo de Aron cars, poremos todo de nós para que quen veña repita. Moitas grazas.


[ 22] Finais de marzo 2018 PUBLICIDADE

TU KIOSCO

CINE BANK TUI

BICI TUI

AVDA. CONCORDIA NUM. 94 TUI

RÚA O ROSAL, NUM, 1


Finais de marzo 2018 [ 23]

REPORTAXE G.FIGUEIREDO

Festa De saN teLMo De tui 2018 O

fin semana despois do domingo de Pascua, Tui, unha das sete cidades do Antigo Reino de Galicia, celebra a festa de San Telmo. Toda a cidade, tanto a zona monumental con vistas panorámicas ao río Miño como o súa parte moderna fora do recinto amurallado, é o mellor escenario para a celebración desta festa . Este ano a data cadra do domingo 31 de marzo ao luns 9 de abril, o día 9 será o festivo local. A cidade acollerá actividades infantís, culturais, musicais, gastronómicas e deportivas... O pasado 24 de marzo, o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto a todo o equipo de goberno, presentaron o programa de festexos deste ano. O concello foi o encargado da súa organización, para o que destinou unha dotación de 100.000 euros, cantidade inferior aos 140.000 euros do pasado ano. As festas, segundo explicou o alcalde, terán un carácter máis rueiro buscando aproveitar os lugares que ten a cidade para acoller distintos actos. Coma exemplo citou que a lectura do pregón, que marca o inicio oficial das festas, terá lugar este

Actividades infantís, culturais, musicais, gastronómicas e deportivas... inundarán Tui na celebración das Festas de San Telmo deste ano.

ano na praza de San Fernando, onde o mestre Antón Corral será o pregoeiro, e actuará a Banda de Gaitas Xarabal, que creou e dirixiu. Os xigantes e cabezudos desfilarán na primeira xornada festiva xunto ao grupo de gaitas O Mosteiro de Pexegueiro, e será acendido o alumeado das festas.

O domingo 31 a charanga Cantos Somos, a Banda de Música Popular e a orquestra Miramar porán a nota musical, mentres que os grupos Lembranzas da Terra de Guillarei, Inquedanzas de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiro, Xuntanza de Randufe, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro, baile e gaitas da da Asociación do Traxe Tradicional de Tui, Seixos Albos de Areas, Refaixos e Polainas de Baldráns, serán os protagonistas do Festival Folclórico que se celebrará no Teatro Municipal dende as 18h. Para os máis pequechos, do luns 2 ao venres 6, os nenos e nenas terán activi-

dades específicas para eles, coas que se busca ofrecerlles unha alternativa de lecer durante as vacacións escolares e contribuír á conciliación familiar. Así polas mañá de 11 a 13h na Área Panorámica haberá actividades infantís da man de Chirlomirlo, e pola tarde na Sala Félix Rodríguez ás 16h proxectarase unha película de cinema. En ambos casos non é preciso inscribirse previamente, son actividades con entrada libre até completar a capacidade do local. Os veciños e visitantes destes festexos, contarán tamén coa X Semana de Teatro Afeccionado e música coral. A Semana de Teatro Afeccionado celebrarase do luns 2 ao sábado 7 no Teatro Municipal de Tui, onde os grupos Mesturanzas de Areas, Santiago de Malvas, Aloia de Pazos de Reis, San Fins de Rebordáns, e Atalaia do Centro Sociomomunitario de Tui presentarán as súas últimas montaxes, en moitos casos en estrea. Amaias as tres corais de Tui do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo no centro Amoralia e nas Residencias San Telmo e Paz y Bien. (segue na páx. 24)

Para encontrar a mellor vivenda coa máxima satisfacción

AVENIDA DA CONCORDIA, 28 - TUI


[ 24] Finais de marzo 2018 REPORTAXE O deporte tamén será protagonista nas festas. O mércores 4 será o día do deporte con actividades de bádminton, judo, tenis de mesa e xadrez no Paseo da Corredoira de 11 a 14h, e con tenis de mesa ás 16 e patinaxe ás 18h amais de estar prevista unha exhibición de kaiak polo e de slalom na piscina municipal dende ás 16h e a partir das 20.30h haberá partidos exhibición de pádel nas pistas do Liceo Casino. Amais coma novidade no ámbito deportivo a Carreira Popular de San Telmo celebrarase este ano o sábado 7 dende ás 11h no Paseo da Corredoira baixo a organización do Club Atletismo Tui, previamente ás 10h sairá tamén da Corredoira a Andaina Festas de San Telmo organizada polo club AndaTui. Incorporase amais no programa a Epic Race de BTT que percorrerá o paseo fluvial dende ás 7 da madrugada do sábado ás 9 da mañá do domingo. A Copa San Telmo na que se enfrontará o Tyde F.C. e o S.C. Valenciano, e a III Clásica Manuel Alfaro de coches clásico son outras das actividades previstas para o sábado. Mentres está pendente de confirmarse se finalmente o luns de San Telmo haberá partido de fútbol entre o R.C. Celta e un equipo de primeira división de Portugal, xa que polo momento non hai rival para o equipo vigués. Como broche musical para os festexos: Broken Peach, la Edad del Oro del Pop Español, Kubo e Panorama. Son dous os concertos previstos este ano nas festas. Por unha banda o venres

6 ás 23.30h actuará no Paseo da Corredoira o grupo Broken Pech, unha banda de soul e rock formada en 2009 que presenta uns directos cunha coidada estética e un amplo repertorio. Previamente actuará dj Gramola. O domingo 8 ás 22.30h chegará á rúa Compostela o concerto “La Edad del Oro del Pop Español” no que o público poderá disfrutar cos grandes clásicos do pop nacional da man de Pablo Perea (La Trampa), Alberto Comesaña (Amistades Peligrosas), Joaquín Padilla (Iguana Tango), e Chus Herranz. A orquestra Kubo presentará en Tui o maior escenario de Europa de máis de 27 metros nunha actuación prevista na noite do sábado 7 na rúa Compostela. Neste mesmo lugar actuará o luns 9 a orquestra Panorama. O cartel das verbenas o completan Miramar, Solara, e Pontevedra. No eido musical se celebrará tamén o festival de Karaoke o venres dende as 19h no Paseo da Corredoira. Nesta volta apostouse tamén pola recuperación da Festa do Meixón, unha celebración culinaria que exalta un produto tan luxoso como a angula, que será nos restaurantes locais, desde o pasado sábado 24 de marzo ao luns 9 de abril. Cinco restaurantes ofrecerán este produto buscando recuperar e consolidar unha tradición gastronómica que nos facía singulares e nos facía importantes” en palabras do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín. Durante 17 días cinco restaurantes, Asador Paulo, O

Novo Cabalo Furado, Cruceiro do Monte, El Molino e La de Manu, ofrecerán a ración de meixón, acompañada de pan e viño Remesal, ao prezo de 55€. Será preciso reserva previa. Na presentación realizada o venres 23, no Teatro Municipal de Tui, dúas veteranas cociñeiras, Pilar Blanco de El Molino, e Nieves Silva do Cruceiro do Monte foron as encargadas de preparar o meixón que servirán para a festa as empresas Delicias del Miño e Ángulas Río Miño, amosando a súa mestría na elaboración dun produto que cualificaron de gran calidade. Tamén estiveron presentes Laura Méndez de El Molino, María Domínguez de O Novo Cabalo Furado, Paulo Salvado de Asador Paulo e Manu Garrido de La de Manu, xunto a concelleiros tudenses, e o vereador de Cultura de Valença, José Monte. Tamén volven as atraccións ao concello, pero con algunha novidade nas restricións de ruído, terán un fío musical común para todas elas, e haberá un rigo-

roso control do volume, por parte dunha empresa especializada, e aquelas que o superen o límite establecido recibirán un advertencia, e se reinciden serán precintadas. Polo que contarán cun horario fixado de peche. Será do 29 de marzo ao 1 de abril de 18:00 a 00:00 horas, do 2 ao 5 de abril de 18:00 a 23:00 horas, e do 6 ao 9 de abril de 18:00 a 2.30 horas da madrugada. O Concello conta recadar 15 mil euros para o financiamento das propias festas. As atracción montarán o 27 de marzo e deberán estar fora do recinto o 11 de abril. E para rematar estas gran festas, o luns 9, as festas na honra a San Telmo pecharanse cunha xornada na que dende primeira hora se celebrará a Feira Cabalar en San Bartolomé, onde amais da compra venda de gando tamén haberá distintas exhibicións previstas. A charanga Cantos Somos e a Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín, serán as encargadas da música na última xornada de festa, onde tamén estará presente a Banda de Guerra da Brilat. Os actos relixiosos comezarán xa pola mañá coa misa na honra a San Telmo e a procesión pola Coronilla, e pecharanse ás 21h coa solemne procesión que percorrerá as principais rúas da cidade. A tirada de fogos de artificio marcará o peche dunhas magníficas festas as que recomendamos asistir nalgún dos nove días da súa celebración, non faltará comida, diversión, baile e máis animación para os asistentes as mesmas.


Finais de marzo 2018 [ 25]

PUBLIRREPORTAXE

restauraNte o Novo cabaLo FuraDo. tui O casco vello de Tui é un dos sitios con máis encanto de toda Galicia. Paga a pena perderse pola súas rúas milenarias, testemuñas da historia deste curruncho do mundo. E en perfecta harmonía coa excelencia do Tui monumental, en fronte do Concello, está O NOVO CABALO FURADO, un restaurante de parada obrigatoria. Falamos co seu propietario Manolo Cerviño.

Manuel cerviño:

“DesPois De Máis De 30 aNos sigo MaNteNDo uNHa eNorMe iLusiÓN Por Facer beN o Meu trabaLLo”

Estamos ante un dos locais con máis historia de Tui, verdade? Si, a verdade é que si. Este restaurante ten a súa orixe, no vello cabalo Furado que abriu o meu avó en 1940,creo que na actualidade locais de hostelería en Tui que teñan a nosa historia haberá tres ou catro pero non moitos máis. E como naceu o Vello Cabalo Furado? Pois como che dixen, fundouno o meu avó, que era de Ribadelouro despois de volver do Brasil Sempre tivo este nome? Non, inicialmente chamouno Casa Piñeiro Sempre estivo no mesmo sitio? Si, no local que na actualidade está o Vello Cabalo Furado. O NOVO CABALO FURADO, o teu local cando nace? En 1969, os meus pais tomaron a decisión de trasladarse un pouco máis arriba, xusto enfronte do Concello, e abriron o noso local. Pronto, o ano próximo faremos 50 anos de traballo ininterrompido. Cando colliches ti a xestión do local? En 1981, eu traballaba en Citroen e os meus pais falaron comigo para animarme a que collera eu o restaurante. Arrisquei a comodidade dun traballo estable e decidín coller o temón. Que che gusta máis o traballo nunha fábrica ou o mundo da hostelería? Ben son moi distintos, cada cousa ten o seu lado positivo e negativo. Seguro que se me tivera quedado na fábrica hoxe estaría xubilado e viviría moito máis tranquilo. Pero o Cabalo

Furado deume moitísimas cousas boas. Especialmente quixera referirme ao enormemente enriquecedor que é para min coñecer a infinidade de clientes bos e xenerosos que, ao longo de todos estes anos, nos distinguiron coa súa confianza. Despois de 31 anos ininterrompidos no Cabalo Furado, segues sentindo ilusión polo teu traballo? Rotundamente si, senón non estaría aquí. Despois de máis de 30 anos sigo mantendo unha enorme ilusión por facer ben o meu traballo e porque o NOVO CABALO FURADO dea un servizo excelente aos seus clientes e amigos. Cales son as principais características de O NOVO CABALO FURADO? Nós traballamos con peixes e carnes de primeira calidade, e en temporada tamén ofertamos os produtos do Miño ou os cogomelos. Que tal se deu a Lamprea este ano? Houbo pouca cantidade a verdade é que si. Que tipoloxía de cliente acode ao voso local en liñas xerais? De todo tipo. Tamén de todo tipo de bolsillos? Si si por suposto que si. Aquí temos produtos de moitos prezos, para todo tipo economías, pero unha cousa moi clara; a filosofía de O NOVO CABALO FURADO é ofrecer un servizo excelente, un produto excelente e uns prezos razoables. Que horario de traballo tedes? De 13,00h a 15,30 h e polas noites de 20,00h a 23,00h.Descansamos a noite dos domingos e os luns. Na

temporada de verán descansamos os domingos. Que tes máis clientes, veciños de Tui ou turistas? Téñoos de todo tipo, afortunadamente. Aproveito a oportunidade para demandar ás administracións que correspondan, un maior esforzo no coidado do Patrimonio tan excelso que ten a nosa cidade. Algo tan espectacular como o noso patrimonio monumental ten que estar sempre na excelencia, e por desgraza non é así. Cantas persoas traballades aquí?

Seis, e na temporada de verán subimos a oito. Que capacidade ten o restaurante? Coa terraza arredor de 70 persoas. Este é un negocio de futuro Manolo? Agardo que si, un fillo meu traballa comigo e cando eu non estea, gustaríame moito que seguira co negocio, xa sería a cuarta xeración. Rematamos Manolo, agradecéndoche a túa amabilidade e preguntándoche polas próximas festas de San Telmo? Pois malia que o tempo, semella que non vai a axudar agardamos que veña moita xente, e animamos a que se pasen polo NOVO CABALO FURADO. Nós, desde logo que os recibiremos con moito cariño e procuraremos dar o mellor que temos para ofrecerlles un servizo a plena satisfacción. Moitas grazas.


[ 26] Finais de marzo 2018

VIGUX

MATERIALES ELÉCTRICOS E ILUMINACIÓN +34 671 217 965 Lugar do Regueiro Santa Mariña, 4 - Bajo. Areas, Tui

En frente al Centro Comercial Gadis

HORARIO: Lunes a Viernes 9:30 - 13:30 10:00 - 20:00 Sábado 9:30 - 13:30

BAR PUENTE

CIGUÑEIRAS 26 - TUI - GUILLAREI

Rúa do Porto, 56 - A Guarda - 986 614 571 www.arruaz.com reservas@arruaz.com


Finais de marzo 2018 [ 27]

ENTREVISTA

“...Anque as nosas palabras sexan distintas, e ti negro e eu branco Entendendo semellantes as feridas Como un irmán che falo....”

Estes fermosos versos de Celso Emilio Ferreiro tan magnificamente musicados por Fuxan os ventos, foron o primeiro pensamento que agromou en min, despois de rematada a miña conversa coa voceira do BNG en Tui, a médica Carme Núñez. Carme é cálida, humilde, sensible á dor allea, e intelixente. Sen dúbida unha política sobresaínte. Calquera país estaría tremendamente orgulloso de contar con representantes políticas da calidade humana e intelectual da portavoz do BNG en Tui.

CARME NÚÑEZ. VOCEIRA DO BNG NO CONCELLO DE TUI.

“o avaL Dos goberNos MuNiciPais Do bNg aMosa coN cLariDaDe a Nosa caPaciDaDe Para traNsForMar a reaLiDaDe eN Positivo” Fainos un breve perfil da túa persoa? Eu nacín en Vigo, pero teño ascendencia en Pexegueiro, e cando era nena pasaba os veráns e as vacacións nesa fermosa parroquia de Tui. Xa de adulta, decidín mercar unha casa e facer a miña vida aí. Estamos falando do ano? Xa hai doce anos. Estás contenta de ter tomado esa decisión? Si desde logo que si, malia que ten algún inconveniente. Cal? Especialmente a carencia de transporte público, eu teño un neno de dez anos e unha nena de seis, e ás veces organizarse é complicado. Ao neno e á nena gústalles vivir en Pexegueiro? Moito, eles é o que coñecen e séntense de alí. Chámame a atención o que me dis do transporte. O Bloque está a desenvolver unha campaña de denuncia do estado do transporte público en Galicia. Ti vives no rural, nunha comarca do interior. Con rotundidade podes dicir que a situación do transporte é tan deficiente? Desde logo que si. Sen coche é imposible desenvolver unha vida normal,

xa que non se pode acceder a ningún servizo. E como sabes Galiza é un país, especialmente no rural, cada vez máis envellecido. Nas parroquias do rural galego, hai moitísima xente maior que ten verdadeiros problemas. Cando o PP gañou as últimas eleccións autonómicas, dicía que esta ía ser a lexislatura do rural? No rural que eu vivo, non noto ningunha mellora. Cando comezou a túa actividade política? A min sempre me pareceu esencial a participación da sociedade civil na vida política, nos momentos veciñais, sociais e culturais. Asemade sempre compartín a forma de interpretar a realidade do BNG. Nas eleccións municipais do 2.011 formei parte da candidatura do Bloque, gustoume moito, sentinme completamente identificada co traballo honesto, leal e desinteresado das mulleres e homes do BNG de Tui e decidín implicarme aínda máis, ata que no 2015 me propuxeron encabezar a candidatura. Costouche tomar a decisión? Moitísimo, a verdade Tino, é que me costou enormemente. Eu son unha persoa reservada, cun punto de timidez, e a exposición pública é algo que me daba

moito medo, e de feito é o que máis me segue costando na actualidade. E os resultados acadados pola candidatura que encabezabas como os valoras? Ben, considerando que esa foi unha etapa enormemente convulsa para o nacionalismo galego, penso, que no contexto desa crise, manter os dous representantes na corporación foi satisfactorio. O BNG formou parte do goberno, ata a moción de censura, agora na oposición, que pensas da vosa acción de goberno? Con toda a humildade penso que podo dicir que acadamos grandes cousas sen ser nada doado, pois estabamos nun goberno de catro partidos, nunha situación

moi complicada do Concello, durante moito tempo sen secretario. Nas áreas responsabilidade do Bloque, cóntanos algunha das cousas das que esteas máis orgullosa? O tema dos composteiros, a recuperación de sendas, as melloras substanciais no tema de limpeza, o plan especial do casco histórico avanzado, a sinalización da cidade histórica, a peonalización do casco histórico, a rehabilitación de distintos edificios, puxemos en marcha a oficina de rehabilitación..en definitiva considero que a acción de goberno do BNG foi moi positiva, para Tui, malia que non nos deixaron acabar claro O goberno tetra partito do que formastes parte, practicou a política clien(segue na páx. 28) telar?


[ 28] Finais de marzo 2018 BAIXO MIÑO De ningunha maneira, iso é absolutamente falso. Alén de dicilo, estaría ben que quen o diga o sustente en episodios concretos. Dicía o alcalde na entrevista que lle fixemos, que antes da moción había catro gobernos distintos que ían por libre, mentres que agora había un goberno unido. Ti que opinas? A propia realidade desminte esa fabulación, non hai máis que ver as actuacións deste goberno. Faime rir a min iso de que o goberno actual é un goberno unido. Fíxate a situación tan kafkiana de que agora entra un novo concelleiro no partido popular que non vai formar parte do equipo de goberno porque o alcalde non quere. Que pensas do tema do famoso reloxo? Paréceme penoso. Tui ten carencias notorias na área de servizos sociais, e van gastar 3.000€ nalgo que é unha auténtica frikada que non serve para nada. Dicíanos o alcalde que pretendía que o seu goberno marcase un antes e un despois na historia política de Tui? No que se refire a funcionar en base a arroutadas, estou segura de que ten razón. Honestamente, pensas que non había motivos para a moción de censura? Só un, o afán de poder. Como ves a situación da dereita en Tui? Autenticamente surrealista.

Que pulsión percibes nas rúas sobre o traballo do goberno do que formastes parte en xeral e sobre o BNG en particular? Eu considero que a ampla maioría da cidadanía tiña unha valoración moi positiva do goberno no que estivemos. No que atinxe ao BNG, nós como é común en toda a fronte nacionalista facemos moito traballo a pé de rúa, e o que eu percibo na veciñanza, moi numerosa por certo, que acode é satisfacción e unha onda se simpatía e positividade que agradezo e porque non dicilo me emociona. Vas ser ti a candidata do BNG no 2019? Eu estou a dispor das miñas compañeiras e compañeiros. Se confían en min, voume presentar si. O exemplo de grandes alcaldesas do BNG como Sandra de Tomiño ilusióname e dáme folgos para tentar trasladar a experiencia a Tui. Por que non? Rematamos Carme agradecéndoche a túa amabilidade e cunha última cuestión. Se eu fose veciño de Tui, por que motivo debera confiar no BNG? Eu sempre fun de tomar as miñas decisións en base aos feitos. E entendo que os feitos concretos dos gobernos do BNG amosan con claridade a nosa capacidade para transformar a realidade en positivo: Sandra en Tomiño, Lores en Pontevedra, Leticia en Moaña.. Por que non Tui? Moitas grazas.

Para loitar contra a discriminación salarial, social e contra a violencia machista

o concello de tomiño coa defensa da igualdade

TOMIÑO

“Hoxe, con este xesto de busca dunha sociedade máis xusta e igualitaria, decidimos parar”. Con estas verbas da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, arrancaba a mobilización celebrada na praza do Seixo con motivo do Día Internacional da Muller e no que se chamaba á folga feminista para reivindicar a igualdade para todas as persoas, a “igualdade para a metade da poboación que vive en este planeta e que aquí e en tantas partes do mundo padece discriminación. Comezo polas mulleres que loitan todos os días en calquera lugar do mundo por subsistir, por comer, por protexer aos seus fillos e fillas en condicións de guerra, de opresión ou de fame. Penso hoxe nas mulleres sirias, nas refuxiadas, nas saharauís, nas mulleres de África e América Latina, que sofren esa dobre discriminación: polas súas circunstancias e por ser mulleres”. Así, ante unha praza do Seixo ateigada, a alcaldesa recordou que a busca da igualdade debe ser “un afán internacional que non se importe de nacións, de bandeiras, de relixións nin de partidismos. Na defensa da igualdade cabemos todos e todas porque soamente buscamos unha sociedade máis xusta. Nada máis e nada menos”.

Entre consignas como ‘Contra a violencia nin un gramo de paciencia’, ‘Ante a discriminación, mobilización’ ou ‘Somos a voz das que non teñen voz’, varias mulleres, entre elas as concelleiras Ana Cristina Martínez e Fátima Rodríguez, participaron na lectura do manifesto co gallo do Día Internacional da Muller, no que “miles de mulleres abandonaron hospitais, aulas, fogares... para demostrar que se nós paramos o mundo para” e para denunciar “o alto valor que representamos en todas as esferas, moitas veces oculto e non retribuído”.

Unha fenda salarial do 28%

As cifras non deixan dúbida á desigualdade. No pasado 2017 en Galicia a fenda salarial entre homes e mulleres foi do 28% en detrimento delas que, ademais de cobrar menos perderon un

9,3% do poder adquisitivo. Cunha taxa de emprego temporal feminino do 27% e un 40% de paradas de longa duración, a precariedade cébase coas mulleres: o 21,8% das galegas teñen contratos a xornada parcial, fronte ao 6% dos homes, e o 35% dos contratos a mulleres o ano pasado foron de menos dunha semana de duración. E a fenda salarial continúa na xubilación, onde elas cobran pensións un 35,4% máis baixas, “disque porque as nosas nais e avoas non cotizaron. Como ían cotizar se estiveron facendo tarefas na casa polas que nunca se lles pagou, pero vaia se traballaron. Moitas familias saíron adiante grazas ás mans das mulleres nas leiras, co leite das vacas, cosendo, indo á resina e traballando arreo para criar tantas veces moreas de fillos e fillas”, recordou Sandra González.


Finais de marzo 2018 [ 29]

PUBLIRREPORTAXE

Nattex tui

o DescaNso coNvertiDo eN arte

A parte máis enriquecedora do meu traballo é a posibilidade de aprender, de coñecer xente interesante con historias fascinantes, de falar con persoas que saben unha inmensidade en distintos campos do coñecemento. Sen dúbida, conversar con Loli Pazos Amendoeira, a xerente de Nattex Tui, situada na rúa Martínez Padín, número 16, é unha experiencia que merece ser recordada. Loli é unha enciclopedia no que ao descanso se refire, asemade de posuír o don de conversar de maneira amena, agradable e didáctica.

LoLi PaZos aMeNDoeira: “NoN ter uN coLcHÓN ÓPtiMo PoDe ocasioNar ProbLeMas De saÚDe”

Esta tenda é preciosa, Loli. Cóntanos a súa historia? Xa levamos 12 anos con este local aberto ao público. Ininterrompidos? Si, 12 anos de traballo constante. De moitísimo esforzo, pero á vez moi ilusionante. Eu mesma xa levo 20 anos de experiencia no mundo da atención ao cliente. E os oito primeiros en que sector estiveches? Comecei no campo da alimentación. Cal dos dous sectores che gusta máis? O descanso, é un sector esteticamente moi enriquecedor, dá a posibilidade de crear de innovar , de desenrolar as potencialidades artísticas, e asemade cumpre un papel moi importante na saúde pública. Ti es de Tomiño, Loli, por que motivo abriches a tenda en Tui? Ben, eu creo que Tui é unha cidade moi interesante con moitísimas potencialidades, e hai 12 anos, cando inauguramos, considerei que as necesidades, no que ao sector do descanso se refire non estaban ben cubertas e apostei por esta localidade. Se puideras volver a vista atrás, seguirías apostando por Tui? Si, sen dúbida, volvería a confiar en Tui. Entendo que a valoración xeral destes 12 anos é positiva? Moi positiva, Sen obviar que nós abrimos

nunha das crises económicas máis máis horribles da historia recente. Cales son as características principais do voso negocio? Nós traballamos cunha serie de produtos de gama media alta. Os compoñentes son de gran calidade. Vendemos todo o relacionado co descanso: colchóns, bases tapizadas. Temos tanto equipos de día, como por exemplo as butacas relax, como equipos de noite(camas, canapés, almofadas...)todo o relacionado co descanso pódese atopar no noso local. Todo tipo de economías poden satisfacer as súas necesidades en Natex Tui? Rotundamente si, e todo o mundo é tratado con igual profesionalidade e plena garantía de proporcionarlle un produto de máxima calidade para ver satisfeitas todas as súas necesidades. Quixera destacar que tamén temos unha zona outlet con produtos fóra de catálogo pero de máxima calidade igualmente. Supoño que teredes a posibilidade de financiar as compras?

E tanto que si, ata 12 meses sen ningún tipo de interese. Que área de entrega abarcades? Podemos entregar en calquera punto de España, e en Portugal ata Lisboa tamén servimos. Para unha profesional coma ti, que tipo de colchón é o máis axeitado; látex, molles, viscolástica..? Eu aconsello unha combinación do molle ou co látex ou coa viscolástica, Os colchóns de molles seguen sendo adecuados para proporcionar un descanso óptimo? Si, mesmo pode ter ventaxas que non o teñen os outros, pero para aproveitar os aspectos positivos de cada tipo, eu insisto en que aconsello unha opción combinada. Cada canto tempo debemos cambiar o colchón? Cada 10 anos. Un colchón ten 10 anos de vida media útil. Canto máis elevada sexa a gama máis pode conservar as súas propiedades ao longo do tempo, pero aínda así é recomendable cambialo nunha década por cuestións hixiénicas; o suor e o olor corporal.. Non ter un descanso adecuado pode ocasionar problemas de saúde? E tanto que si. Non ter un colchón óptimo pode ocasionar problemas serios

de espalda, problemas de somnolencia e en definitiva non poder desenvolver unha vida diaria cómoda e saudable. Pola contra, poder durmir nun colchón en perfectas condicións dá moitas consecuencias positivas na saúde e na vida en xeral. Cando un durme ben, levántase de mellor humor e encara as dificultades da vida diaria cunha actitude positiva, que xeralmente proporciona satisfaccións tanto a un mesmo, como ao noso entorno. Pois moitísimas grazas Loli pola túa atención, velaí tes as nosas páxinas para tirar a mensaxe que che pareza Ben, aproveito a oportunidade para dirixirme en primeiro lugar aos meus clientes e agradecerlles emocionada a súa confianza e compañía. Son tantos e tan bos, que en moitas ocasións xa máis que clientes son os nosos amigos. Grazas, moitas grazas de verdade pola vosa atención. Existimos por e para vós. E por último, para a xente que aínda non nos coñece, agardo que despois de ler esta entrevista teñan a ben darnos unha oportunidade. Como fixemos no pasado, no presente e quero seguir facendo no futuro, cada persoa que veña por aquí será atendida con cariño, con profesionalidade máxima e considerándoa como única no que se refire ás súas necesidades de descanso. Eu e todo o meu equipo poremos o mellor de nós para asegurarlle a satisfacción plena con NATTEX TUI. Moitas grazas.


[ 30] Finais de marzo 2018 BAIXO MIÑO

a Mostra de cultivos pechou co dobre de visitas de profesionais

o club atletismo trega regresa con 4 medallas e un récord do campionato galego de Pista cuberta

Grande éxito da décimo quinta edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño. O evento pechou este domingo as súas portas despois de tres días de expositores, novidades, obradoiros, mesas técnicas, exposicións e actividades cunha grande afluencia de público. Tratábase dunha edición na que a Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam), organizadora do evento xunto co Concello de Tomiño, apostaba de cheo pola profesionalización do sector, creando por primeira vez un espazo que xiraba arredor do emprego no agro, cun taller de empregabilidade e cunha mesa técnica centrada no modelo de negocio no agro no que se abordaron distintas perspectivas do sector e diversas fórmulas de éxito tamén a través do testemuño de empresas da comarca. Ademais, por primeira vez a Mostra de Cultivos abría as súas portas un día antes para abrir o abano do público profesional, unha decisión que resultou “moi favorable, xa que

Excelentes resultado do Club Atletismo Trega no Campionato Galego de Pista Cuberta celebrado en Ourense, onde se deron cita as e os atletas galegos coas mellores marcas tanto en carreiras de velocidade, valo, mediofondo, salto de pértega, altura, lonxitude, triplo e lanzamento de peso. O club tomiñés regresou a casa cun total de catro medallas (un ouro, unha prata e dous bronces) e cun récord galego nos 1.000 m na categoría Sub12 masculina. O concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, quere trasladar de parte do Concello de Tomiño parabéns a todas e todos os integrantes do equipo polo traballo realizado e o esforzo investido, ademais de polos bos resultados acadados nesta competición e polas excelentes melloras nas marcas persoais das e dos deportistas. A primeira xornada da competición contou cun único representante do club, Kevin Álvarez, que quedou quinto clasificado na súa serie na segunda semifinal nos 400m Sub20. Aín-

Ademais do aumento de volume de negocio, o evento contou tamén cunha grande afluencia de público xeral

TOMIÑO.

duplicamos as visitas recibidas de profesionais do sector e xeramos dúas xornadas de negocio, aumentando así o volume de intercambios comerciais”, salientou a presidenta de acuBam, Patricia Rodríguez. A este incremento súmase a ampliación da fronteira xeográfica dos visitantes, xa que houbo moitos procedentes de todos os puntos de Galicia e de Portugal. “Estamos moi satisfeitos, aínda que non conformes, xa que sabemos que temos que seguir traballando e debemos de facelo con tempo para conseguir mellores resultados”, asegurou Rodríguez. A organización amósame moi contenta non soamente coa afluencia do público profesional, senón tamén do público xeral, un éxito avalado pola gran xornada de ventas realizadas polo centro de educación especial San Xerome. Por primeira vez, a Mostra daba resposta a unha demanda reiterada por parte dos visitantes, que buscaban poder comprar produtos durante o evento. E o facía ao tempo que reforzaba a súa responsa-

bilidade social coa contorna, firmando un convenio de colaboración con este centro educativo de A Guarda, que durante todo o domingo contou cun punto de venta de produtos doados polo resto de expositores, arredor de 30, para recadar fondos para a reforma dunha bañeira terapéutica. “Tratábase non só de comprar, senón de facelo cun marcado fondo social”, explica Rodríguez, quen asegura que “foi unha experiencia que funcionou moi ben, polo que a repetiremos en vindeiras edicións”. Entre as novidades presentadas este ano na Mostra estivo a presentación e posta en marcha dos I Premios Xardín Galego, cos que acuBam e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar) buscan recoñecer e difundir actuacións exemplares na execución de traballos de xardinería pública e privada realizados en Galicia por empresa e autónomos. Dende esta mesma fin de semana e ata o 31 de xaneiro de 2019 os interesados poderán presentar os seus traballos.

TOMIÑO.

da que non entrou na final destacou pola mellora da súa marca persoal. A segunda xornada contou con 9 atletas do Trega clasificados nas categorías Sub10, Sub12 e Sub14 que fixeron un gran campionato. Nos 1.000 m Sub12 masculino, ouro para Álex Sierpes, que se proclamou campión galego cun tempo de 3’13’’32, mellorando a súa marca persoal e batendo o récord galego, o que o sitúa na primeira posición no ránking galego de pista cuberta. Nesa mesma carreira o seu irmán, Christian Sierpes, conseguiría ouro e quedaría terceiro no ránking galego tras mellorar a súa marca persoal en 11 segundos. Nos 1.000 m Sub14 feminino, Marcela Morgado realizou unha sensacional e intelixente carreira.


Finais de marzo 2018 [ 31]

O CONDADO

Publicadas as subvencións para clubs deportivos sen ánimo de lucro

PONTEAREAS.

A concellería de Deportes do Concello de Ponteaeras, que dirixe o socialista Benito Márquez, informa da publicación das subvencións para clubs deportivos sen ánimo de lucro en competicións federadas de ámbito nacional para o ano 2018. Esta convocatoria está destinada a clubs federados da provincia de Pontevedra de ámbito nacional que teñan polo menos un equipo participante na categoría sénior, así como aos clubs que participen na 3.ª división de fútbol co obxectivo específico de apoiar a súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito nacional convocadas por organismos ou federacións deportivas galegas ou españolas nas modalidades deportivas con implantación en Pontevedra. A través destas bases réxense as subvencións para o apoio a clubs deportivos federados que

participen en categoría nacional na temporada 2017-2018 e, no caso dos clubs que participen en competicións de ano natural, da temporada 2018. Os gastos subvencionables serán unicamente os de carácter corrente e os de adquisición de materiais funxibles xerados pola realización de actividades deportivas. Non serán obxecto de subvención os eventos deportivos singulares que poidan ser obxecto de subvención a través doutras convocatorias nin a adquisición de bens inventariables ou os gastos derivados das atencións protocolarias ou de viaxes de lecer nin os gastos financieiros. O prazo de solicitude rematará o día 2 de abril de 2018. Para máis información remitirse á ligazón http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2018/ 03/bases-subvencións-clubs-deportivos-ámbito-nacional2018.pdf

As obras licitaranse en 2019

acordo paraunha depuradora e un novo colector por 4,5 millóns de euros

PONTEAREAS.

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, ven de informar do compromiso acadado coa Confederación Hidrográfica para rematar co grave problema dos vertidos ao Tea pola insuficiencia da depuradora, cun investimento previsto de 4.500.000 de euros. O primeiro paso que confirma oficialmente este compromiso e a licitación para a redacción dos proxectos de mellora de saneamento no casco urbano e da EDAR da Moscadeira, proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marzo do Programa Operativo de Crecemento Sostible 2014-2020 A Confederación Hidrográfica Miño-Sil publicou no Boletín Oficinal do Estado do pasado sábado o anuncio de licitación do contrato de servizos de"Enxeñerías para o estudio de alternativas e a redacción de

sendos proxectos para a mellora do saneamiento do casco urbano e aglomeracións limítrofes de Ponteareas e da EDAR de A Moscardeira” A información da licitación está disponible no perfil do contratante:www.contrataciondelestado.es. Clave: M1.336.009/0311 Expte: 27/18/DT/PA/SE. O orzamento de licitación para a redacción dos proxectos ascende a 100,974,56, importe total con IVA, e trala axudicación do encargo do proxecto, que sucederá no mes de maio en base aos prazos de apertura de

sobres das ofertas, o adxudicatario disporá de sete meses para presentar os proxectos, polo que con toda probabilidade a final de ano contarase cos proxectos para posteriormente licitar as obras. As obras de mellora e ampliación da capacidade da depuradora da Moscadeira e de mellora da rede de saneamento no núcleo urbano e o seu entorno será financiada pola Confederación Hidrográfica, como mínimo nun 60% do seu coste con cargo ao programa europeo de Crecemento Sostible 20142020, tal como recolle nas suas previsións de investimentos con cargo ao citado fondo da Unión Europea. Represas quixo recoñecer o compromiso do Presidente da Confederación Hidrográfica, Francisco Marín Muñoz, para solucionar este grave problema incluíndo esta actuación como unha das prioridades da Confederación.


[ 32] Finais de marzo 2018 O CONDADO

A concellería de Benestar Social en colaboración con AFAGA ofrece talleres para os afectados por esta enfermidade

Ponteareas ponlle freo ao alzheimer PONTEAREAS.

A banda musical actuará en Ponteareas da man dos seus compoñentes, Leiva, Julián Maeso, Ovidi e Iván Chapo

confirmada a actuación do grupo gran cañón no Festival rock in río tea O concello de Ponteareas incrementa o apoio ao festival Rock in Río Tea e posibilita a confirmación do cabeza de cartel. Grazas ao apoio do concello, á xestión da organización do festival e a relación estreita que mantén o líder do grupo con Ponteareas, a banda Gran Cañón actuará no mes de xullo na sexta edición. A banda liderada por Carlos Tarque, da que forman parte músicos consagrados da escena nacional, foi sempre unha das aspiracións máis ilusionantes para a organización do festival. A que posiblemente sexa a voz máis importante do Rock and Roll en español na actualidade, Carlos Tarque, mantén unha relación especial con Ponteareas, de onde é a súa nai e onde aínda reside boa parte da súa familia, feito que fai que poidamos gozar do músico e compositor sobre un escenario da vila e que sexa un orgullo para o Rock in Río Tea, converténdose no

acontecemento musical máis agardado en moito tempo. Carlos Tarque non chega só a Ponteareas. Faino cun auténtico “dream team” do Rock and Roll, Gran Cañón que conta nas súas filas con Leiva (Pereza) na batería e na voz, Julián Maeso ó piano e co seu inseparable órgano Hammond, Ovidi (Los Zigarros) na guitarra e na voz, Iván “Chapo” (M-Clan) ó baixo e Prisco (M-Clan) na guitarra. Unha banda incrible que repasará ós clásicos do Rock dos 70. O festival de verán do Rock in Río Tea, que nesta sexta edición se celebrará o 21 de Xullo, é o colofón aos actos que a asociación ven celebrando durante todo o ano, e que pode levar a cabo grazas ó apoio do Concello e do comercio e hostelería de Ponteareas. O seu programa de radio “Sempre Queda o Rock” leva 126 episodios percorrendo dende setembro a xullo os establecementos hosteleiros da

vila ofrecendo radio e música en directo a partes iguais. O Concurso de Bandas Rock in Río Tea, que ten lugar entre febreiro e abril e no que participan bandas de todos os recunchos da península, actualmente atópase inmerso nunha emocionante fase de semifinais que conducirá a dúas bandas á gran final do 7 de abril na que se decidirá a gañadora, que terá dereito a tocar no festival. O Rock na Rúa, que leva o Rock and Roll aos mediodías dos sábados de xuño en colaboración cos establecementos hosteleiros de Ponteareas, é a antesala para o festival, e pretende levar o Rock en directo a toda a familia acercándoo a lugares e horarios pouco habituais, pero máis accesibles para todos. Esta primeira confirmación virá seguida do anuncio de novas bandas que formarán parte dun gran cartel que se converterá no acontecemento musical do verán en Ponteareas.

O TEU XORNAL

PONTEAREAS.

A concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade do Concello de Ponteareas, que dirixe Verónica Carrera, en colaboración con AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer) pon en marcha o programa “ActivaMente”, co que ofrece apoio e reforzo as persoas con Alzheimer e as súas familias. Grazas a esta colaboración, realízase unha dobre atención. Por unha banda, desenvólvense talleres de estimulación cognitiva e motriz, dirixidos ás persoas que sofren unha demencia ou manifestan problemas de memoria. E, doutra banda, AFAGA ofrece atención psicolóxica a familiares, asesoramento social, legal, cursos de formación e distintas terapias que axuden aos pacientes e ao seu entorno a convivir coa enfermidade e ralentizar o avance. Para levar isto a cabo, todos os luns e mércores as/os profesionais de AFAGA achéganse a Ponteareas ás instalacións de Asprodico (situado en el Barrio Canedo) para atender aos enfermos de Alzheimer e traballar de xeito personalizado coa realización de distintos exercicios que tentar por freo a esta doenza. Juan Carlos Rodríguez, presidente de Afaga, resalta a im-

portancia deste acordo: “O compromiso do Concello de Ponteareas con Afaga para poñer en marcha este tipo de programas é fundamental para mellorar a calidade de vida das persoas con Alzheimer da localidade e dar un respiro as familias, que tanto apoio necesitan”.

A importancia do diagnóstico precoz

Desde Afaga e o Concello de Ponteareas resaltan a importancia do diagnóstico precoz para atrasar o avance da enfermidade. Por iso, O Concello pide a colaboración dos centros sanitarios e farmacias na difusión destes talleres e insiste na importancia da prevención e detección precoz en canto se atisven os primeiros síntomas ou sospeitas. “A prevención é fundamental e acudir ao médico de cabeceira en canto aparezan as primeiras sospeitas é decisivo porque tratar a enfermidade nos seus primeiros estadios supón porlle freo á enfermidade”, explica Verónica. As familias poderán consultar co departamento de Benestar Social os servizos que se ofrecen en canto a terapias e desprazamentos. Todos os interesados e interesadas deberán chamar ao número de teléfono 986 22 97 97 ou nos Servizos Sociais do na rúa Oriente.

150.000€ destinados para o abastecemento de auga PONTEAREAS.

O concello de Ponteareas informou da proposta de ampliar a rede municipal de auga nas parroquias de Moreira, San Mateo, Angoares e Areas para o que prevé destinar 152.818,26 euros do Plan Concellos a estas obras, “cumprimos o noso compromiso cos veciños e veciñas atendendo as súas prioridades, pero este servizo básico tamén é unha obriga da Xunta e nese sentido agardamos a súa colaboración para poder chegar coa

rede a todas as vivendas”, manifestou Represas. O rexedor local insiste en que o abastecemento de auga é un servizo básico de primeira necesidade indispensable sobre todo nos meses de verán, “non debemos esquecer situacións como a deste verán pasado na que moitos pozos particulares secaron tendo que o concello subministrarlles a auga con camións cisterna”. Ademais, a auga tamén é unha ferramenta de defensa contra sucesos como os lumes.


O CONDADO Finais de marzo 2018 [ 33]

A dez mulleres propostas polos colectivos veciñais e sociais de Ponteareas

Homenaxe ás súas mulleres PONTEAREAS.

O concello de Ponteareas homenaxeou onte ás mulleres nun acto enmarcado dentro das iniciativas programadas polo Día da Muller. En colaboración cos colectivos e asociacións veciñais que propuxeron ás homenaxeadas, o goberno de Ponteareas agradeceu no auditorio municipal o traballo e o exemplo de esforzo destas dez mulleres. Por terceiro ano consecutivo a concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, que dirixe a nacionalista Verónica Carrera, quixo destacar o relevante papel da muller na sociedade. Pluriempregadas e polifactéticas as mulleres supoñen, na maioría dos casos, o eixo central das familias á vez que contribúen á economía familiar con traballos remunerados ou sen remunerar como as tarefas no campo ou no mar.

SALVATERRA.

Onte o goberno de Ponteareas homenaxeou a Cristina Corbacho, ás Mulleres Xitanas da Feira, a Lucía Cantalapiedra, ao Círculo Feminista, Inocencia Lago (Pitucha), a Josefa Estévez, Rosina Carrera, Olga Araujo, ás Mulleres do Estraperlo en Xinzo e a Sara Soto. A concelleira de Benestar Social agradece á veciñanza o

apoio e masiva participación das cidadás non só de Ponteareas, se non tamén da contorna, á concentración do pasado xoves día 8 de marzo na Praza de Bugallal. “Tamén agradecemos a todas as veciñas e veciños que se achegaron ata o auditorio para apoiar ás mulleres homenaxeadas”.

excelente acollida do novo parque infantil das Neves AS NEVES.

O Concello das Neves ven de instalar xa hai semanas un novo parque infantil na praza de enriba do auditorio, xusto a beira da Casa do Concello en pleno centro da vila. Esta instalación deportiva está tendo un uso diario por crianzas das Neves en contraposición co que estaba a ocurrir cos parques existentes. A nova instalación esta colocada no centro da vila nun lugar moi accesible e cómodo. En cambio os parques anteriores están en lugares afastados e de difícil acceso.

o concello de salvaterra ofrece novos obradoiros para os amigos da natureza Despois do éxito rotundo que tiveron os diferentes cursos/obradoiros de natureza impartidos polo Concello o Departamento de Medio Ambiente presenta unha nova liña de actividades a realizar durante os meses de marzo, abril e maio. Ábrese esta nova ronda de cursos cun obradoiro sobre “Hortas verticais”, onde os participantes crearán a partir de botellas de plástico o seu propio horto vertical. Despois pasaremos ao obradoiro “Máis que plantas II”. Nesta segunda edición abordarase diferentes temas relacionados coa horta e xardín, dende compostaxe e vermicompostaxe, biocidas e fertilizantes naturais, ata plantas acompañantes. Tamén organizaremos unha charla sobre a compostaxe doméstica, onde se abordarán preguntas como en que consiste a compostaxe?, como funciona?,

Programa de conciliación familiar – semana santa

SALVATERRA.

O Alcalde das Neves, Xosé Rodríguez Méndez, indica novamente que as crianzas son o futuro das Neves. “Debemos ofrecerlle servizos e comodidades a elas e aos seu proxenitores,

melloras nas zonas de lecer, parques, Casa da Xuventude-, tamén nos centros de ensino, na Biblioteca, nas áreas deportivas e nos eventos culturais amáis do servizos diarios.

que residuos son aptos para compostar?, como facelo?. Organizaremos tamén encontros no orquidario os segundos e últimos domingos de abril e maio e un roteiro onde daremos protagonismo a importancia de preservalo medio ambiente, onde ademais de camiñar, recolleremos o lixo que vaia aparecendo no percorrido, falando dalgún dos aspectos naturais do entorno.

Presentouse no Concello o Programa de Conciliación Familiar para as vacacións de Semana Santa. Un programa que se enmarca dentro das liñas a desenvolver dentro do II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes 20182022, e que foi presentado pola 1ª Tte de Alcalde Marta Valcárcel Gómez o Día Internacional da Muller Traballadora. Como ven explicou a Tte de Alcalde este Plan marcará as liñas de traballo a seguir por parte do Concello. Un Plan que

busca favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, con diferentes actuacións, neste caso no eido da conciliación. Así nesta Semana Santa o Concello de Salvaterra de Miño ofrece un Campamento Infantil os días 26, 27 e 28 de marzo e o 2 de abril para nenos e nenas a partires de 4 anos, cun horario de 9.00 a 14.00h, totalmente gratuíto e con prazas limitadas, para empadroados, que se impartirá na Casa de Cultura e cuxo prazo de inscrición ábrese o 15 de marzo.


[ 34] Finais de marzo 2018 ENTREVISTA

Seis meses despois da arrepiante vaga de lumes que arrasou o concello de As Neves, e a poucos días da XXVII edición da espectacular festa do Reqeuixo e o mel, achegámonos ata o concello para conversar co seu alcalde. Xose, desborda toneladas de ilusión e responsabilidade para converter á súa vila nun lugar que ofreza aos seus fillos e fillas a opción de poder desenvolver unha vida plena e digna na terra na que naceron. Velaí vai o que deu de si a nosa conversa.

XOSE MANUEL RODRÍGUEZ MÉNDEZ. ALCALDE DE AS NEVES.

“DeNtro Da iNMeNsa HoNra Que suPÓN Para MiN ser aLcaLDe Do Meu QueriDo Pobo, o MeLLor De toDo É coNstatar caDa DÍa, toDos e caDa uN Dos DÍas, a eNorMe vaLeNtÍa e orguLLo Das MiÑas veciÑas e veciÑos”

Case consumidos os tres primeiros anos desde que a cidadanía fixo que te converteras en alcalde de As Neves, que valoración fas deste período? Vamos ver, eu estou moi satisfeito, sempre hai cousas que mellorar desde logo pero considero altamente positiva a nosa acción de goberno, e sobre todo estou tremendamente agradecido de ter a oportunidade de traballar cóbado con cóbado cun pobo valente e orgulloso. De verdade Tino, a sociedade civil de As Neves, en ocasións, ten chegado a emocionarme. Como che dixen estou contento do resultados, malia termos vivido situacións extremas excepcionais que naturalmente nos condicionaron. Menciona algunha das accións das que te sintas máis satisfeito, e supoño que as situacións excepcionais das que falas serán os lumes? No que respecta ao primeiro tema quixera salientar a nosa aposta decidida por dinamizar culturalmente o noso pobo. Queremos que toda a sociedade, especialmente a mocidade poida desenvolver integramente en As Neves o seu lecer, e a súa vida completa desde logo, para que non teñan que marchar. Tamén me gustaría destacar a nosa aposta pola compostaxe. Pretendemos darlle unha volta completa á xestión do lixo en beneficio de todas e todos. E no que se refire ás situacións de excepcionalidade eu falaba de tres.

Que son? As levadas de auga de febreiro e marzo do 16, e os lumes do 16 e do 17,que produciron graves consecuencias socioeconómicas no noso concello que tivemos que afrontar, e que puxeron a proba a fortaleza do goberno. Estas desgrazas sucesivas amosaron a mellor parte da sociedade das Neves, a súa capacidade de reacción e a súa solidariedade para cos seus veciños e veciñas. Cando algún grave problema afecta a unha comunidade, sempre é a sociedade civil a que se pon diante dos seus gobernantes. Honestamente, alcalde, ti pensas que nestas desgrazas que sufriu o voso pobo, o goberno

municipal estivo á altura da veciñanza? Eu, humildemente, penso que si. A nos tocounos organizar a resposta da sociedade que quero resaltar e darlle todo o protagonismo porque foi magnífica. Dos tres episodios que mencionas, o último, os lumes do 2017 foi especialmente grave. Ti pensas que se dan as condicións para que non se volva a repetir algo tan horrible? Non. E que sería necesario facer, para asegurar que non se volva a repetir? Eu entendo que tres cousas: -Que como sociedade sexamos quen de asumir a co responsabilidade na es-

trutura e organización territorial. Unha conciencia que debe ser impulsada desde os poderes públicos. -Modificar a política da Xunta de Galicia a respecto do mundo rural. Ten que haber unha decida aposta por recuperar a capacidade de vivir no rural con dignidade, que non a hai de ningún modo. -Modificar a planificación forestal que responsabiliza aos concellos de limpar terreos particulares, sen ningún tipo de partida económica para sufragala. Hai moitas fincas de titulares descoñecidos. Atribúesenos aos Concellos a responsabilidade de limpalas, se o prezo da limpeza é superior á valoración do terreo o concello pode expropiar. Eu estou en contra diso. Probablemente co paso do tempo teñamos moitas fincas espalladas, que non nos quedará máis remedio que xestionar, sen ningún tipo de partida para sufragala. É un erro moi grave da Xunta, no eido da prevención de incendios. Falemos de Setados. Eu que visito 32 concellos parroquia a parroquia e barrio a barrio, que coñezo o sur de Pontevedra curruncho a curruncho, nunca vin unha saída tan perigosa como a que ten a parroquia á estrada de Arbo. Por que non se arranxa iso dunha vez? Esa percepción túa é a mesma que temos todos os que vivimos en As Neves, e gustaríame que tamén a tiveran na Xunta. Eu tiven varias xuntanzas


Finais de marzo 2018 [ 35]

ENTREVISTA con infraestruturas e coa conselleira Ethel Vázquez, e por desgraza eles nos trasladan que non é un lugar que consideren perigoso e non van facer ningunha actuación. Vaia. Eu entendo que é imposible considerar que a saída por estrada de Setados a Arbo non é perigosa, se se estivo alí. Só se pode dicir que non é un punto perigoso desde o descoñecemento do mesmo. Efectivamente, é imposible. Nós insistimos e insistiremos para que a Xunta tome conciencia dese problema. Que pasa co cemiterio de San Cibrán, amplíase ou non? Vamos ver, ese é un cemiterio parroquial. Hai unha proposta parroquial de ampliación, que estase tramitando no Concello, e somos conscientes de que hai algunha oposición. Pero entón iso non é un movemento político do goberno, vós limitádevos a xestionar administrativamente unha petición concreta? Así mesmo. O goberno terá que darlle a licencia, se cumpre as condicións, e actuar en consecuencia se non as cumpre, pero non é unha actuación nosa, insisto, é unha iniciativa parroquial. Antes comentabas que estabas satisfeito da vosa acción no eido cultural, precísanos un pouco máis. Creo que lle demos unha volta importante a ese tema, así pois eu destacaría :O outono de teatro, o inverno de cinema, a primavera de música, a posta en marcha da casa de mocidade reformada, que ten moito éxito xa que alén de pola mocidade de As Neves tamén é utilizada

por persoas doutros concellos.. Antes non se utilizaba? Antes estaba pechada, só se utilizaba durante unhas horas como local para a escola de música. Transformamos unha parte en comiteca, e dotarémoslle de mellor contido sen dúbida. Tamén quixera salientar a apertura da biblioteca, un precioso espazo de memoria fotográfica das Neves. Que bonito o da memoria fotográfica¡¡, tivo éxito? Si, moito éxito. Aproveito a oportunidade para agradecer a xenerosidade da familia de Alejandro, un fotógrafo de As Neves, que nos cederon máis de 3.000 negativos da súa colección. Que expectativas tes para a próxima festa do Requeixo e do Mel? Xa é unha festa moi consolidade, e estou seguro de que será un éxito. O noso requeixo e o noso mel son de altísima calidade, e ambos son sinónimos de As Neves. Fíxate, o outro día estaba tomando unha caña nun bar de Redondela, e no local había o seguinte cartel: “Aquí véndese requeixo e mel de As Neves” Que ben, que ilusión. A verdade é que xa está inserida na psique colectiva a identificación dos nosos produtos como algo de calidade máxima. Polo noso goberno, desde logo que non vai quedar en darlle o máximo apoio para garantir o éxito total da festa. E con toda humildade penso que podo dicir que nós démoslle un importante plus de calidade. Nós trasladámola festa á praza maior e colocamos unha segunda carpa adicional enriba do auditorio.

Que valoración fas das xornadas “repensar o monte”? Como un punto de partida. Houbo moi interesantes formulacións teóricas sobre a necesaria re formulación das políticas forestais. Que actuacións concretas desenvolvestes como resultado desas xornadas? A elaboración do programa de prevención de incendios do concello de As Neves. Asemade, outras actividades, como un plan integral do territorio que permita, en colaboración cos distintos axente, saber a cada un que alternativas de actuación hai e cal é a mellor para cada territorio. Tamén acordamos coas comunidades de montes de San Cibrán e Vide, en colaboración con Arbo elaborar un parque forestal. O paraugas de todo isto e o noso programa: “Sementando Vida” Por mor da desgraza dos lumes descubristes unha impresionante riqueza de petróglifos nos vosos montes? Pois si, a verdade é que si. Comentan os arqueólogos que é algo cualitativa e cuantitavemente sen precedentes. O primeiro habitante da península naceu nas Neves? Ha ha ha, polo menos o achádego máis antigo atopárono aquí. O primeiro galego, é de As Neves.. Falta pouco máis dun ano para as eleccións, que pulsión percibes nas rúas?. Sentes que o voso traballo é valorado? Si, penso que si. Coido que fomos capaces de facer á veciñanza que é posible

gobernar doutra maneira, e con outra sensibilidade, e respondendo a un único interese, a defensa do interese global de todas e todos os que aquí vivimos, de maneira equitativa e xusta. Naturalmente aínda quedan moitas cousas por facer. As relacións cos socios do PSOE que tal están? Equilibradas e boas. A modo de titular alcalde, unha mensaxe para as túas veciñas e veciños? As Neves é unha sociedade capaz de enfrontarse con valentía tanto ao común como ao excepcional Véxoche enormemente orgulloso dos teus veiños/as? Non é político o que che vou dicir son as miñas emocións: Estou tremendamente orgulloso de ser deste pobo dos meus veciños e das miñas veciñas. O mellor de todo, dentro da inmensa honra que supón para min ser alcalde do meu querido pobo, é constatar cada día, todos e cada un dos días, a valentía e o orgullo enorme das veciñas e veciños das Neves. Rematamos Xose agradecéndoche a túa amabilidade e cunha última cuestión; estiveches na nosa gala do 2017, como sabes son bienais, date por convidado á seguinte que será en xaneiro do 2019, agardo que nos volvas a acompañar? Moitas grazas polo convite, e desde logo que a non ser que algo de forza maior mo impida alí estarei. Moitas grazas


[ 36] Finais de marzo 2018 O CONDADO G.FIGUEIREDO

Festa Do reQueixo e MeL Das Neves 2018 Este ano celébrase a XXVII Feira do Requeixo e do Mel das Neves, o que acontece sempre en Venres Santo, que desta volta cadra no 30 de Marzo e a actividade principal é a degustación do requeixo dás Neves, un queixo fresco típico deste concello, con mel dá cooperativa das Neves, a degustación do requeixo cos viños das adegas Señorío de Rubiós, Abadía de Tortoreos e Viña Nora. Festa declarada de Interese Turístico de Galicia en 2013. Esta feira comeza a celebrarse ala polo ano 91, grazas ao relativo illamento e paisaxe agreste do municipio das Neves ten como compensación a produción dun exquisito requeixo, un dos máis cotizados, elaborado con leite enteiro de vaca sen engadir sal. A festa para promocionar este produto leve aparellada tamén o mel. Con todo, é un produto que ofrece múltiples posibilidades para cociñar todo tipo de pratos principais. Visitantes procedentes de toda Galicia achéganse a esta localidade atraídos polo requeixo, que se degusta acompañado polo mellor mel da cooperativa ou polos viños tintos de Rubiós. Alén destes produtos representativos da zona, na feira non faltan outros pratos como o polbo “ á feira”, os chourizos ao viño e, por suposto, a música. Ademais, celébranse cursos, un par de días antes do comezo da feira, conferencias e seminarios que viran ao redor do requeixo e o mel. Na elaboración do requeixo emprégase leite de vaca producido en Galicia e fermentos lácticos, sen ningún tipo de conservantes nin estabilizante. Aínda que o seu uso tradicional foi como sobremesa, o requeixo das Neves ten múltiples usos en pratos salgados. Malia que é moi difícil sinalar unha data aproximada para a existencia do requeixo das Neves, sábese que os peregrinos que facían o Ca-

miño dá Raíña eran agasallados con requeixo ao seu paso pola zona cara a Compostela. Pola súa banda, o mel é tamén un dos produtos tradicionais da zona do Condado Paradanta. Conta cunhas espléndidas condicións para a súa produción dada a gran cantidade, calidade e variedade de plantas melíferas. Brezo, eucalipto ou castiñeiro son algunhas das especies vexetais na que as abellas colleitan o néctar co que elaboran este mel.

Presentación en Madrid da XXVII Feira do Requeixo e Mel

A Casa de Galicia acolleu o pasado martes, 13 de marzo, na Delegación da Xunta en Madrid, a presentación da festa deste ano, coa presenza do coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, quen o fixo en nome do delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega; o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o chef Fran Sotelino e o presidente da Cooperativa do Requeixo As Neves, Alejandro Martínez. Ao acto asistiron preto de cen persoas. O chef Fran Sotelino foi o primeiro en falar e explicou, con gran implicación, que “o Requeixo de As Neves por si só xa ten moita forza e personalidade”, e aínda que como cociñeiro séntese un elo máis na cadea final cara ao cliente, para el trátase

“dun produto Gourmet, moi versátil”, no tipo de cociña que elabora, xa que se integra moi ben “tanto en pratos salgados como doces; con produtos de mar ou coas nosas carnes galegas”. Na presentación o chef elaborou seis pratos degustación “todos con Requeixo evidentemente”. Dous entrantes: "Trufa salgada de requeixo con coulis de mango con crujiente de nachos" e "Mariñeiras con Requeixo de As Neves con chourizo e chicharróns de Galicia”. A estes seguiu un máis novo, tanto en textura como pola combinación de sabores: "Mexillóns

de Galicia con Requeixo de As Neves, emulsión de Escabeches, Tartar de Algas e Herbas do litoral”. Despois dos dous entrantes e o prato de mar chegou o de carne: "Tataky de Tenreira Galega con Requeixo de As Neves, Encurtidos e Rúcula". E, como non, as sobremesas: o tradicional " Requeixo con mel e noces” e a "Crema de Requeixo de As Neves con Chocolate Branco e Vainilla”. Como vedes uns exquisitos pratos, que fan imposible non pensar en pasar o Venres Santo polas Neves, para degustar todos estes manxares.

A FESTA DO REQUEIXO E DONDE VAMOS AS NEVES

O próximo venres 30, este humilde cronista será un máis entre os milleiros de persoas que nos achegaremos ao concello de As Neves a gozar dunha das festas máis atractivas de Galicia, a XXVII edición da festa do Requeixo e o Mel. Este evento é un dos que nos permiten comprobar a sobresaínte calidade da gastronomía galega, degustar produtos elaborados con receitas milenarias, con materias primas de calidade suprema, e perdernos nas infindas belezas da paisaxe DAS NEVES, e o orgullo das súas xentes. Na miña visita á festa do requeixo, DONDE VAMOS será parada obrigada. A profesionalidade de Ana Durán e de todo o seu equipo, no pasado, no presente e no futuro con certeza que tamén, sempre fai que despois de xantar no seu local, teña gañas de non saír nunca de As Neves.


Finais de marzo 2018 [ 37]

G.FIGUEIREDO

Festa da Lamprea de arbo 2018

E

ntre toda a boa e coidada gastronomía que Arbo pode ofrecer aos visitantes, hai un manxar que destaca con nome propio entre todos os demais: A Lamprea. Arbo, en miña opinión, é a capital da Lamprea. Non existe constancia de ningún outro municipio en toda España que teña unha tradición tan antiga e arraigada arredor deste peixe prehistórico e misterioso. Son moitas as festas que se celebran por toda Galicia, pero a que podemos dicir que é máis antiga é a da Festa da Lamprea. Este ano a festa celébrase os 27,28 e 29 de Abril. A Festa da lamprea, cume da temporada lampreeira, exemplifica e festexa o papel da gastronomía coma arte de transcendencia económica, social, política e cultural, mais tamén como vértebra da vida da vila. A primeira Festa da Lamprea tivo lugar o día 16 de abril de 1961, e a organización da I Festa da Lamprea estivo a cargo da Comisión "Pro Homenaxe á Lamprea", que tributaba a través desta xornada festiva o recoñecemento a unha riqueza antiga e inmemorial que o Río Miño proporcionaba. Desde esta primeira edición no ano 1961, os arbenses, atoparon un lugar no mundo e nos medios de comunicación, adquirindo para a posterioridade este produto do Miño tan excelente. A idea inicial era facer unha festa que dese a coñecer e axudase a vender os estupendos viños que estas terras producían nestas terras así como comercializar outra materia prima excelente coa que contaba Arbo "A Lamprea". O 16 de abril de 1961, visitantes e convidados foron recibidos ás portas da Casa Consistorial cos balcóns engalanados e aos acordes

dos gaiteiros. Ás 15:00 horas, na planta principal do edificio, preto de trescentos comensais degustaron lamprea rechea con salsa Miño, lamprea guisada, viño albariño e tinto do país. Xa no ano 1965 a festa da Lamprea de Arbo foi declarada "Festa de Interese Turístico Nacional", e cada ano conta milleiros de persoas que renden tributo e dan vida á Festa da lamprea coa súa presenza nos restaurantes da vila e na Gran Tasca Popular situada no Arbomostra, lugar de conciliación do xantar tradicional e onde se pode degustar tamén os renovados e prestixiosos albariños e condados das Adegas con Denominación de Orixe. Animámovos a pasar por Arbo algún dos tres días de festa, pois os seus viños e a súa lamprea, cociñada de diferentes maneiras, ben paga a pena a visita.

Tasca A Cova de Arbo Praza do Consistorio, Nº 13 - Arbo


[ 38] Finais de marzo 2018 PARROQUIA A PARROQUIA

Neste número da Nova Peneira imos falar de Atios, unha parroquia do Porriño atravesada pola vía portuguesa e o Camiño de Santiago.

atios, o PorriÑo

“Granito Rosa Porriño”. Esta composta polos barrios de Alvarín, O Carbón, A Casilla, O Castro, As Cavadas, O Covelo, Os Eidos, Galegos, A Guía, A Ínsua, Liboeira, O Outeiro, A Pontenova, Portela de Souto, O Rial, A Rocha, A Torre, Vilafría e a A Viñoeira. A súa patroa é Santa Baia e as súas festas populares son: A Festa do Monte, que se celebra o segundo domingo de xuño; San Bieito, celebrado o primeiro domingo de agosto e a Virxe da Guía, esta celébrase o 15 de agosto. En Atios destaca a súa igrexa parroquial. O edificio actual data de 1757, aínda que as súas orixes remóntanse ao século XIV. Trátase dunha igrexa de planta rectangular e nave única, con ábsida en eixo destacada en planta e altura. Na igrexa parroquial comeza o Vía Crucis de Atios, un conxunto de 14 cruces. Na ladeira do Monte Castro encóntrase un fermoso cruceiro de pedra datado no século XVIII: é o chamado “Cruceiro do Castro”. Neste barrio atópase tamén un interesante conxunto de muíños de auga. No lugar de Castro, rehabilitáronse o muíño da Cou-

o encrucillado A B C D E F

G H I

K L

1

2

3

4

5

6

7

8

de Khan Deán 9

10 11

tada e o muíño Novo de Abaixo. A maquinaria do muíño de Castro, que foi recuperado pola Escola Obradoiro. No percorrido do Camiño de Santiago está a Capela de Virxe da Guía. O edificio e de 1640 e goza de gran popularidade en todo o concello. Na parroquia fíxose un importante descubrimento arqueolóxico: a chamada cista de Atios, que data da Época de Bronce incial (1800-1000 a.c.) Trátase dunha tumba composta por laxes, e no interior atopouse un interesante axuar

HORIZONTAIS: A- TERREOS MOI HÚMIDOS, XERALMENTE ÁS BEIRAS DOS RÍOS. B- VULTO MOI PEQUENO QUE SE FORMA NA PEL-CORTA COS DENTES EN ANACOS. C- MARCHABA-INTERXECCIÓN-LETRA DE PLURALMÁXIMO DIRIXENTE DE VENECIA. D- CARACTERÍSTICA-PARRULO. E- ENFADADO-NEGACIÓN. F- ABREVIATURA DE IBÍDEM-VOGAL-DEMOSTRATIVODEZ. G- BEBIDA ALCOHOLICA-ANACOS DE MADEIRA LONGOS E DELGADOS-ANTIGA CIDADE DE MESOPOTAMIA. H- ENCHER DE LODO-NOME DE MULLER. I- IRMÁS DA NAI-PELÍCULA DO 2017 DIRIXIDA POR ANDRÉS MUSCHETT-SÍMBOLO QUÍMICO DO TULIO. K- VOGAL-CANLE ARXENTINA DE NOVAS-ANTIGO APARELLO PARA REPRODUCIR PELÍCULAS. L- BARRIO DA PARROQUIA VIGUESA DE CABRALPREPOSICIÓN MÁIS ARTIGO-CONSOANTE

VERTICAIS: 1- MULLER QUE PESCA CON REDES DE XEITOCONXUNCIÓN COPULATÍVA LATINA. 2- UN DOS HOMES MÁIS VELOCES DE TODOS OS TEMPOS-ARTIGO FEMININO. 3-C ONXUNTO DE PROBLEMAS QUE PODEN SER RESOLTOS EN TEMPO POLINÓMICO POR UNHA MÁQUINA DE TURING NON DETERMINISTA-MASA DE PARTÍCULAS QUE SE ELEVAN NO AIRE-PERIODO DE TEMPO NO QUE SE DORME. 4- ALIMENTO QUE SE OBTÉN DO LEITE-......RODAS,EXDEPUTADO DO BNG NATURAL DE MOAÑA. 5- EN IDIOMA POLACO RÚA-UTENSILIOS PARA REMEXER A TERRA-CONSOANTE. 6- PRONOME DE TERCEIRA PERSOA-DEIXAR PARA OUTRO DÍA-PENÚLTIMA VOGAL. 7- MARCHABAS-ANIMAL PLANTÍGRADO-CATRO. 8- CONSOANTE-CONSOANTE-REXIÓN DO CÁUCASO. 9- PARROQUIA DE MARÍN-50-NOTA MÚSICAL. 10- PARROQUIA DE REDONDELA. 11- CODIFICADOR DE AMINOÁCIDOS-......CABANILLAS, GRAN POETA DE CAMBADOS.

HORIZONTAIS A-XUNQUEIRAS.B-ESPULLA-ROE.C-IA-EI-S-DUX.D-TÍPICA-PATO.E-ENOXADO-NON.F-IB-O-ISO-X.G-RON-PAOS-UR.H-ALODAR-ELSA.ITIAS-IT-TM.K-A-TN-VIDEO.L-CAEIRO-AO-N VERTICAIS 1-XEITEIRA-AC.2-USAINBOLT-A.3-NP-PO-NOITE.4-QUEIXO-DANI.5-ULICA-PAS-R.6-EL-ADIAR-O.7-IAS-OSO-IV.8-R-P-OSETIA.9ARDAN-L-DO.10-SOUTOXUSTE.11-EXON-RAMON

G. FIGUEIREDO. O Porriño é un municipio da nosa Provincia que está integrado na área Metropolitana de Vigo. Limita ao norte co municipio de Mos, ao noroeste co de Vigo, ao oeste co de Gondomar, ao sur co concello de Tui, ao sueste co municipio de Salceda de Caselas e ao leste co de Ponteareas. Forma parte da comarca de Vigo e está formado por oito parroquias: Atios, Cans, Chenlo, Mosende, Pontellas, Porriño, Budiño e Torneiros. Das oito parroquias de Porriño, hoxe imos falar de Atios, tamén chamada Santa Eulalia de Atios. Atios é a segunda parroquia en extensión do concello e a terceira en número de habitantes. Esta situada ao leste do municipio, e nela atópanse a maior parte das famosas canteiras que se extrae o

funerario. Está depositada no Museo Quiñones de León de Vigo. Do entorno natural podemos falar das Gándaras de Budiño e o Sendeiro das Insuas. As gándaras están formadas pola conca do río Louro, que pertence a cinco parroquias de Porriño, S. Salvador e S. Estevo de Budiño, Atios, Pontellas e Ribadelouro, de tres municipios diferentes como os de Porriño, Salceda de Caselas e Tui. Constitúe unha ampla depresión entre 8 e 2,5 km. de eixes máximos, cunha altitude media de 30 m., encaixada entre a Serra do Galiñeiro (705 m.) ao Oeste e o conxunto de alturas entre as que, pola súa morfoloxía, destaca o Faro de Budiño ao Leste. A zona aparece maioritariamente recuberta por vexetación de breixo e breixo húmido sobre substrato arxiloso, formación que recibe no país o nome de “gándara”. O Sendeiro das Insuas percorre 9 quilómetros e goza dunhas fermosas vistas sobre o val da Louriña. É un sendeiro circular que parte e remata no merendeiro da Veiguiña. Dende alí descendes ata o lugar das lnsuas. Polo percorrido atopamos coas características formacións de penedos. A través de camiño pódese observar a flora autóctona, pasando pola zona do Roupeiro e chegando a un miradoiro dende o que pódese gozar da grandiosidade do Faro de Budiño e das vistas sobre o val. O camiño segue ata a zona de recreo Chan das lnsuas para rematar de novo na Veiguiña. Aos amantes da natureza recoméndolles facer esta ruta, é de dificultade media e a beleza das súas vistas merecen a pena o esforzo da andaina.


Finais de marzo 2018 [ 39]

CINEMA. JOSIÑO ARAÚJO

Como convivir con adolescentes

A

h, a adolescencia! Que período turbulento e tormentoso da vida! Os teus país, que hai dous días eran as persoas máis admirables e imprescindibles do mundo, convertéronse de súpeto nuns aburridos estorbos cos que tropezas pola casa constantemente, interesadísimos en saber todo sobre a túa vida. Descobres, marabillada, un novo mundo cheo de atraccións ás que non podes subir, e que o teu corpo se transformou nun laboratorio de sensacións que antes non coñecías e non sabes moi ben como xestionar. Lembrades? Aos trece anos vas paseando cos teus país e o teu irmán pequeno e encóntraste cun grupo do teu instituto que charlan, libres, nun banco do parque, sen ningún adulto que mire por eles. Nese momento quererías ser orfa,que morreran teus pais e teu irmán dun súpeto ataque ao corazón, e pasar ti diante deles e saudalos e pararte a conversar desas cousas interesantísimas que deben estar falando. Como non levas armas, non podes matar a túa familia, e tes que conformarte con apurar o paso e finxir que non van contigo, que vas soa pola vida e tés moita presa. Pero o teu irmán pequeno, que te quere tanto, chama por ti e corre para alcanzarte, e ti queres morrer. Lembrades? Ah, a adolescencia! Non ten nada que ver coa xuventude. Aínda non te

empoderaches. Aínda non tes o mundo nas túas man e a eternidade diante de ti. Na adolescencia, queres soltar amarras e non dás feito. É cando máis turran das bridas os teus sabios proxenitores para que non te torzas. E para que non te torzas, enchen o teu lecer de actividades fomativas: mens sana in corpore sano. E aparecen as extraescolares: inglés como se foses exiliarte a Australia, taekwondo por se tes que pelexar cun coreano, música porque un músico nunca pasa fame e xadrez porque é moi bo para o intelecto. Canto queres neste momento da túa vida as túas amigas e os teus amigos! Hai algo mellor que a amizade? Pero non podes estar con eles todo o que quixeras. En clase non podes distraerte. O puto profesor non che quita ollo: que se falas máis do que debes, que se rendes menos do que podes, que se estás desaproveitando unha oportunidade que non teñen os pobres rapaces do terceiro mundo. Socorrooooo! Lembrades? Pero de parte de quen estás, Roger? Diredes. Calma, acougade. Estou con vós. E,se queredes gozar desta idade dos vosos fillos e fillas e acompañalos no seu desenvolvemento, tede en conta estas tres cousas que xenerosamente vos vou aconsellar: A primeira…

PreMios Mestre Mateo

M

oito se está a falar estes días da longametraxe Dhogs, ópera prima de Andrés Goteira. O motivo son os 13 galardóns que a obra obtivo na XVI edición dos Premios Mestre Mateo, batendo así o récord histórico destes premios. Haberá que agardar unhas semanas para a súa estrea, pero a expectación é máxima. A que xa se pode ver, pois está de xira por teatros de toda Galicia, é Matria, curtametraxe do vigués Álvaro Gago, que se fixo co recoñecemento á mellor curtametraxe, continuando así cunha exitosa carreira que comezou na Seminci de Valladolid e no Festival de Sundance. Gago, como xa fixera en Curricán (2014), coloca a súa mirada na comarca do Salnés para seguir contándonos pequenas grandes historias dos habitantes da zona. Desta vez a protagonista é Ramona, unha heroína anónima que sofre o machismo do seu marido, a explotación na fábrica onde traballa e a indiferenza da súa filla e neta polas que se desvive. Como sinala o seu director, na curta preténdese "desmentir o falso mito do matriarcado galego". Peter Brandon, a xenial web-serie protagonizada por Pedro Brandariz, impúxose con xustiza sobre o resto de competidoras da súa categoría. A modo de falso documental, a serie

conta a historia dun humorista que, cansado de facer sempre o mesmo tipo de gags cómicos, decide levar o seu humor por outros derroteiros (aínda que realmente non saiba cara a onde). A diferenza do que normalmente ocorre neste tipo de formatos, Peter Brandon evita caer na broma fácil e no sketch barato para afondar na figura do seu protagonista (Brandariz interpretándose a si mesmo), nos seus problemas e dilemas, sen renunciar ao humor. Por último, tamén me gustaría destacar o premio especial "José Sellier" entregado aos Multicines Norte, oasis cinéfilo en Vigo, por ser un espazo de referencia para a cinefilia galega, que leva máis de tres décadas apostando polo cine de autor dende a independencia do cine de barrio, e a vitoria de Troubled Times de Manu Viqueira no apartado de "Mellor Videoclip", vídeo realizado nada máis e nada menos que para o grupo Green Day.


Director: Tino Lago Vargas

anovapeneirapublicidade@gmail.com

Edición, deseño e maquetación: A Nova Peneira anovapeneira@gmail.com

Redacción: G. Figueiredo

anovapeneiraentrevistas2@gmail.com

Edita e publica: Edicións Mide S.L.

Rúa García Lorca 3, 6º AB. 36209 Vigo edicionsmide@gmail.com Teléfonos: 662187102 / 670274709

Imprime: Publicaciones Tameiga S.L. Fotografía: Arquivo. Publicidade: Departamento propio.

Colaboradores: Ángel Pérez, Moncho Lareu, Vi-

cente Alló, Carlos Rey, Josiño Araújo, X. S. Páramos,

Lucia Santos, Santi Mallo, Segundo González, X. C. de la Fuente, Mero Iglesias, Juan Karlos Pérez, Pedro Ocampo, José Manuel Durán, Xabier P. Igrexas, Marcos Escudero, Roger, Aarón Franco, Ana Hermida, Verónica Costas.

Corresponsal en Madrid: Juan Louzán / 665715149 Corresponsal en Euskadi: Xoán Alonso. Depósito Legal: VG175-2012

Este xornal imprimiuse en papel reciclado


Nº 60 (CUarTa xeira)

XORNAL GALEGO DE CULTURA E DEPORTE

finais de marzo 2018 - 2€

ANA PONTÓN EN REDONDELA PÁXINA VI


[ II] Finais de marzo 2018 A PUNTA DA NAVALLA

OPINIÓN

KIKE ESTÉVEZ PUNTA DA NAVALLA

“A REGUEIFA É DE CENTEO”

N

Celebracións nupciais arredor do pan e do canto

a tradición grecolatina, as celebracións as encargadas de facer os cantos, nalgúns casos nupciais eran longas e cóntase que na maio- improvisados, na peregrinaxe da noiva dende a ría dos casos duraban tres días: o primeiro na súa casa de solteira á nova de casada. casa na noiva, o día propio da voda e o terceiro Á Galiza dos séculos XIX-XX chegaron tradicións ou día final. Nestas vodas antigas, os cantares líricas distintas arredor da festa do casamento como tradicionais sabidos ou improvisados alzaban a o brindo (ou loia) ou a regueifa. Daquela, as vodas voz, pois eran símbolo de bo augurio. Entre campesiñas convertíanse no evento central de calquera estes cantos estarían os epitalamios (cantos in- aldea, pois simbolizaban a continuidade parroquial vocadores dos deuses Himee a supervivencia da comuneo ou Talasso) ou os versos nidade. Nestas celebracións fesceninos (versos nupciais non faltaban tamobscenos/satíricos de carácter pouco ritos nin solemnidade improvisado cantados pola coe, nelas, as manifestacións mitiva que acompañaba os arredor do pan eran cotiás. noivos), que derivarían, co O baile da regueifa, o tamaño paso do tempo, nos cantares do propio pan, o reparto do de voda que chegaron ata nós. mesmo, saír co pan na cabeza Outro elemento simbólico nup(a madriña ou a noiva), onde cial antiquísimo do que temos se cocía a regueifa, onde se Baile e CanTo da regUeifa constancia da súa continuidade transportaba, quen partía a en culturas posteriores é o pan regueifa, quen collía o primeiro pois, a partir da universalización do cultivo dos cacho, a quen se lle daba o resto, o tamaño do pan, a cereais, converteuse no alimento máis importante cantidade de regueifas que había na casa… eran elede todos e comezouse a ver como símbolo de mentos vencellados co bo augurio para os acabados fertilidade (produto do ciclo das estacións e de casar, co poder da casa onde se celebraba o casadas colleitas), facéndose imprescindible en cal- mento ou mesmo co cambio de ciclo que supuña o quera cerimonia. De feito, na maioría das civili- matrimonio. zacións antigas foi común a presenza dalgún Hoxe en día ao irmos a unha voda calquera sebolo ritual nas vodas ou o lanzamento de se- guimos representando, sen decatarnos, tradicións mentes (cereais ou noces) á parella de casados grecolatinas que simbolizan unión e fertilidade; como símbolos de fecundidade. Falemos, pois, de feito os grans de arroz estarían emparentados de pan, de canto e de vodas. co vello ritual do lanzamento de sementes, trigo Na península ibérica existen moitas e diferentes ou noces que se facía nas vodas dende ben antigo. tradicións arredor desta celebración da voda, onde Tamén a xigantesca torta, que hoxe en día preside o canto lírico ou o pan aparecen como elemento o banquete, tería que ver con esa bola, molete ou da mesma. En Las Hurdes (Estremadura), por regueifa que, co paso do tempo, se foi transformando exemplo, está documentada a presenza dun gran no doce ao que hoxe estamos tan afeitos. Até o pan ou “hogaza”, que preside a celebración e que corte da torta, hoxe en día partillado polos dous é costume que a xente convidada se reparta o día contraentes, sería outro elemento herdado destas anterior. En Asturias, Castela León e tamén nal- tradicións orixinariamente pagás que o cristianismo, gunhas aldeas da Galiza Exterior existiu a tradición como con moitas outras, soubo apropiarse e adaptar de “correr o molete”, onde, unha vez rematado o para si. baile e o canto, se disputaban a regueifa entre os A regueifa está na mesa bandos facendo unha carreira ata unha rosca ou feita de pan de centeo. regueifa que deixaban apoiada no chan a unha disO muíño que a moeu tancia considerable. Noutras zonas, como no val non tiña capa nin veo de Laciana (fronteira astur-leonesa), eran as mulleres (Popular, 1881)

O transvasamento da auga do Verdugo. Crónica dunha desfeita

O

BNG de Redondela celebrou unha conferencia sobre o problema que suporía o transvase do río Verdugo da man de Fernando Malvar (Enxeñeiro Técnico Agrícola) portavoz da Plataforma En Defensa Do Verdugo. Pola súa banda Xoan Carlos González (Concelleiro do Bng en Redondela) sinalaba que o motivo da conferencia era amosar as consecuencias para o medio da enseada da Illa de San Simón así como o estrago económico e social que suporía este transvasamento; que xa puxeron na mesa do pleno do concello a través de tres mocións. Segundo Fernando Malvar o 16 de Setembro do ano pasado saltaba xa unha pre alerta de seca na que non se tomou Ningunha das medidas previstas para estes casos por parte dos gobernantes. Xa en decembro declarase por emerxencia a necesidade de transvasamento con dúas alternativas que non foron nin de lonxe explicadas, onde non se tiñan en conta os efectos devastadores tanto sociais como económicos ou ecolóxicos. Apuntaba Malvar que a idea de transvasar unha cantidade dese calibre de auga non só repercutìría no caudal do Verdugo, senón tamén do río Oitaven debido a confluencia dos dous canles catro Kilómetros antes da desembocadura; Fai referencia a que tamén a menos canle menos menos velocidade dando o traste co traballo de especies de microflora e fauna adaptadas a estas velocidades o cal influiría na produción de salmón, lamprea e aguias de augas doces, Ademais con menos cantidade de auga desembocando no mar faría subir a sùa temperatura co cal empobreceríase a cantidade de ph e co2 no mar, catastrófico para as especies como ameixas que se favorecen destas circunstancias dando por afectada toda a fauna e flora marítima da enseada de San Simón. Resulta que en plena alarma da seca a solidaridade do Concello de VIgo, que pretendía o Transvasamento, foi tan nula que sinalan que en Vigo a auga seguía a correr como si non pasara nada, celebrouse a festa da auga, seguíanse a baldear as cales..... Tamén lembrar que segundo o INE as perdas de augas das tubaxes da cidade olìvica pasa do 30% ,polo tanto outra alternativa ao transvasamento sería o saneamento do sistema de conduciòn de augas Con todo isto segundo Fermando Malvar (O problema de Vigo coa auga non e un problema de cantidade senón que é de mala xestión.


Finais de marzo 2018 [ III]

OPINIÓN

MARCOS SANTOS SECRETARIO DO COLECTIVO REPUBLICANO DE REDONDELA. REPRESENTANTE DO COLECTIVO ANEMOI EN GALICIA.

SOBRE O ACTO DE ROSALÍA DO CONCELLO DE REDONDELA O acto que o pasado día de Rosalía o concello de Redondela desenvolveu na alameda de Chapela avergonzaría a calquera que sentise unha mínima sensibilidade e respecto cara a poeta nacional de Galicia, cara ao noso idioma e cara o que significa Rosalía na literatura. O que debera ter sido a reivindicación da inmensidade da súa figura, do valor e o significado do noso idioma no contexto da literatura universal foi un burdo acto electoralista e case anti galego. Asistimos na actualidade, no contexto do estado, a un virulento debate sobre a cadea perpetua. Nos últimos día a nai de dous nenos asasinados nun horrible

episodio de violencia machista cargaba con dureza contra o PP acusándoo de utilizar a dor das vítimas para algo tan desprezable como facer electoralismo a conta do sufrimento alleo. Pois ben, semella que por desgraza o PP de Redondela non se queda atrás, e nun acto de reivindicación da figura de Rosalía de Catro, inexplicablemente a concelleira Teresa París utilizou un horrible asasinato machista que se producira en Chapela. Por que? Para que? .Non lle debeu parecer suficiente o despropósito ,ou debeuse erguer con gañas de desprezar os sentimentos alleos que rematou a xornada recitando Rosalía en idioma español. Si, xa sei que Rosalía tamén es-

cribiu nese idioma, pero no contexto no que ela viviu non podía facer outra cousa. ”Homenaxear” en idioma español a quen escribiu: “PROBE GALICIA, NON DEBES CHAMARTE NUNCA ESPAÑOLA QUE ESPAÑA DE TI SE OLVIDA CANDO ERES,¡AI¡ TAN HERMOSA”

É, sendo xeneroso, sendo moi xeneroso, como pouco dun mal gusto e dunha vulgaridade que raia a mala fe. Pola miña banda señora París queda considerada como concelleira perpetua da incultura. Agardo que sexa quen de

revertilo e que algún día alguén teña a ben agasallarlle un exemplar de “Cantares Gallegos” cun pequeno titorial de comprensión lectora. Sen dúbida tamén lle viría moi ben ao señor alcalde, porque vista a súa desastrosa intervención é máis ca evidente que todo o acto de Chapela foi unha pura escenificación estética, un significante desprovisto de significado. Non señor Bas, non,Rosalía non foi a Madrid como unha espectadora choromiqueira e morriñenta. Non señor Bas, non,Rosalía non foi a ser a esposa de Murguía. Rosalía foi unha muller libre independente e combativa contra todo o que vostede e o seu goberno significan; machismo rancio e ultra nacionalismo imperialista español, irrespetuoso e agresivo coas realidades diferentes á castelá.. . Por certo, non estaría de máis ter rematado o acto co himno de Rosalía, o himno de Galicia.

"NOVA XERENCIA.GOZA DAS NOSAS TAPAS E BOCATAS"

JULIO 608 576 434


[ IV] Finais de marzo 2018 ENTREVISTA

por Aarón Franco.

Miguel Anxo Fernán Vello. deputAdo de en MAreA en MAdrid.

“O FASCISmO SEmPRE ESTá AÍ. COmO O DINOSAURIO DO CONTO DE AUGUSTO mONTERROSO” O noso colaborador e amigo Aarón Franco, entrevistou ao deputado de En Marea no parlamento do estado e militante de Anova, Miguel Anxo Fernán Vello. Velaí vai o que deu de si a súa conversa. Que análise fai da situación xeral da esquerda galega actualmente? Dentro do que se entende por “esquerda galega” existen na actualidade tres referencias políticas, incluíndo o PSdG-PSOE. Mais a organización da esquerda galega que ten demostrado maior vitalidade e apoio social a día de hoxe resulta ser En Marea. Nas eleccións xerais de 2015 En Marea obtivo máis de 410.000 votos, o que se traduciu en 6 deputados e 2 senadores. Ao ano seguinte, nunhas novas xerais, superou os 347.000 votos, con 5 deputados e unha senadora. E nese mesmo ano, 2016, nas eleccións ao Parlamento de Galicia, En Marea contabilizou 271.000 votos, con 14 deputados, e pasou a ser a segunda forza no

Hórreo, por riba do PSdG-PSOE, superando a este en máis de 17.000 votos. Esa é a realidade actual. A fórmula de “unidade popular” que defende En Marea, partindo da experiencia anterior de AGE, resultou ser revolucionaria e mobilizou grandes expectativas. E aí estamos. Con grandes acertos, e con erros, que tamén os hai. Mais En Marea, se se fan as cousas ben, que coido que se farán, ten un excelente futuro. E un día gobernará a Xunta de Galicia dende a presidencia e para o conxunto do pobo galego. Como valora o novo impulso de rebelión cidadá a través das manifestacións do 8 de marzo e das mobilizacións dos pensionistas?

Tanto as manifestacións feministas do 8 de marzo como as mobilizacións dos pensionistas son formas de rebelión cívica, de expresión dunha con-

FOTO: X. M. ALBÁN.

ciencia política activa que alterou de vez o tantas veces encefalograma plano da realidade. E isto demostra que hai unha sociedade viva, que se


Finais de marzo 2018 [ V]

ENTREVISTA rebela, que alza a voz e toma as rúas porque non hai igualdade real e porque a dignidade humana, dende o punto de vista político e dende a responsabilidade do Partido Popular, vive horas moi baixas. Atópase nestes intres o estado español nun retroceso de liberdades? Con toda claridade. Nun retroceso de liberdades brutal. E no sentido máis amplo da cuestión. Na actualidade existen presos políticos, pídense penas de cárcere para cantantes de “rap” e para manifestantes (véxase aí o caso de Emilio Cao), censúranse exposicións artísticas e persíguense actores e autores de viñetas de humor. E todo isto é unha forma de violencia, unha forma de represión activa. De seguirmos así, o Estado español acabará por se converter nun Estado ditatorial. Está a aflorar o fascismo? O fascismo sempre está aí. Como o dinosaurio do conto de Augusto Monterroso. Non é a situación do Pazo de Meiras e o secuestro deste, por parte da familia Franco, un exemplo diso? Pois velaí. Talmente. Existe, aínda hoxe, a estas alturas do século XXI, un evidente filofranquismo. É dicir, e indo ao plano etimolóxico, existe un número moi importante de “amigos” ou “amantes” (philos) do franquismo. Ou dito doutro xeito: hai moita complicidade activa, nuns casos, e pasiva, noutros, co franquismo. E isto resulta aberrante e antidemocrático. Eu lembro o Diccionario Biográfico Español, ano 2011, da Real Academia de la Historia, financiado con fondos públi-

cos,que era todo un paradigma de filofranquismo. E non hai moito, eu mesmo, ademais de ocuparme do tema do Pazo de Meirás e do roubo directo por parte da familia Franco de dúas esculturas do Mestre Mateo, presentei unha iniciativa no Congreso para reclamar ao Ministerio de Defensa que “revise” as explicacións que se ofrecen sobre o franquismo nos museos militares, caso, por exemplo, do Museo Militar da Coruña. Camiña o idioma galego cara a extinción? Ningún idioma se extingue porque si, de xeito natural, como se os seus falantes tomasen a decisión ordinaria ou franca de deixar que esmoreza. Se un idioma se extingue, e máis no caso dun idioma que é oficial no territorio que lle é propio, é porque existen “forzas”, decisións de carácter político, que o condenan á desaparición, sempre en forma de morte lenta e doce, unha obscenidade de morte con aparencia democrática. E eu defino iso como etnocidio. Existe unha forma de sociopatía no noso país, e tamén reside nas esferas do poder político, que atenta contra o noso máximo sinal de identidade, que é o idioma. Eu agardo que a sociedade galega reaccione e non permita que a lingua pai e nai do portugués, o idioma galego, que é internacional, desapareza na súa propia terra. Que valoración fai da situación de extrema gravidade do patrimonio galego tanto material como inmaterial? É outra manifestación da existencia de políticas de carácter etnocida. E tamén se ten falado de xenocidio

cultural, que consiste na destrución programada ou consentida do patrimonio cultural. Isto en Galiza é algo que está á orde do día. E nada ou pouco se fai. Rexistrou en Marea unha iniciativa para a anulación do consello de guerra sumarísimo de Alexandre Bóveda. En que situación se atopa esa iniciativa e que percorrido pode chegar a ter? Rexistreina eu mesmo en forma de Proposición non de Lei, tanto para Comisión como para Pleno, demandándolle ao Goberno a anulación do Consello de Guerra sumarísimo do que foi vítima Alexandre Bóveda, executado polas forzas golpistas o 17 de agosto de 1936. Pedimos a anulación do Consello de Guerra e da sentenza condenatoria. E facemos iso extensíbel a todas as vítimas da ditadura fascista. 81 anos despois do seu fusilamento aínda non se anulou a sentenza de morte ilexítima ditada polos tribunais fascistas a Bóveda. Estarei moi vixiante con esta iniciativa. E non cederemos.

Tamen vén rexistrando diferentes iniciativas para a recuperación de terreos de uso civil que nestes intres se atopan en uso e posesión militar, en que intre se atopan esas diferentes iniciativas? Hai varias iniciativas presentadas a estes efectos na Comisión de Defensa, da cal eu formo parte. Dúas das últimas sobre estes temas versan sobre a recuperación para uso público do campo de tiro de Penizas, en Marín, e sobre o traspaso da illa de Tambo, que na actualidade é propiedade do Ministerio de Defensa. Non tardaremos en saber algo sobre este particular. Son temas para min moi importantes e a ministra de Defensa debera aquí facer xustiza. Estaremos moi vixiantes. Pode dicirlle agora todo aquello que vostede queira ós lectores de A Nova Peneira. Envíolles un fraternal saúdo ás lectoras e aos lectores de A Nova Peneira. Eu aprendín a ler lendo El Progreso de Lugo, na miña casa, en Cospeito. Deixen que as nenas e os nenos lean A Nova Peneira. O futuro é deles.


[ VI] Finais de marzo 2018 REDONDELA

Ana Pontón reúnese con mulleres de Redondela en favor da igualdade real

PONTÓN.

A portavoz nacional, Ana Pontón, mantivo un encontro feminista en Redondela cunha ampla representación de mulleres de distintos sectores económicos, sociais e culturais do concello, nun café tertulia que se celebrou no Museo de Rande organizado pola histórica militante Cecilia Pérez Orxe. A dirixente nacionalista aproveitou para parabenizar a todas as mulleres pola mobilización histórica do pasado 8M que deixo as claras “que estamos fartas de ser discriminadas, de soportar violencia e de levar a peor parte polo simple feito de ser mulleres, e demostramos que estasmos fartas das boas palabras que non se concretan en nada máis aló de declaracións protocolarias e lazos lilas”. “E agora que?” prateaba Pontón para explicar as medidas concretas que pro-

O alcalde de Pazos de Borbén, todo un exemplo de por que foi tan necesaria a folga feminista PAZOS DE BORBÉN.

pón o BNG, nun encontro no que moitas das mulleres compatibilizan xornada laboral e xornada de traballo doméstico. Neste sentido, propón incrementar os permisos por maternidade e paternidade e que estes sexan obrigatorios e intransferibles para facilitar a conciliación da muller. Centrada na loita contra a desigualdade salarial o Bloque formula tres

medidas. En primeiro lugar, sancións ás empresas como ás que existen en Francia, Bélxica ou Islandia, ante a evidencia non se cumpre a Lei de Igualdade e, ao mesmo tempo, reforzar as inspeccións laborais En segundo lugar, o Bloque aposta pola transparencia salarial con información desagregada por niveis salariais, composición, pluses e complementos, que é onde radica o fondo da discriminación. E auditorías salariais nas empresas que superen os 50 traballadores ou traballadoras para detectar situacións de discriminación, tal como recomenda a Unión Europea. Igualmente, elaborar desde o Parlamento unha Lei galega pola igualdade salarial, -que inclúa sancións a quen incumpra o principio de a igual traballo igual salario-, excluír da contratación pública ás empresas que discriminen ás mulleres, suprimir as subvencións aos centros educativos que segregan por sexo e impulsar a creación dunha Valedora da Igualdade, similar a dos países nórdicos, para combater calquera tipo de discriminación contra as mulleres. “A loita contra a discriminación e contra a violencia que soportamos as mulleres ten que ser unha prioridade política, e chegou o momento de dicir que non estamos disposta a seguir vivindo baixo o paradigma da desigualdade”, concluíu, tras salientar a importancia do papel das mulleres nesta loita.

Hai xente que se preguntaba porque era necesaria a folga feminista. Pois a folga feminista era necesaria, simplificando, porque vivimos nunha sociedade machista que se aproveita da muller. Aproveitase da muller ata no propio día da muller. Andrés Iglesias, alcalde de Pazos de Borbén,sacándose unha foto con mulleres o 8 M para quitar un rédito político, é un magnífico exemplo práctico disto. Na última sesión do Pleno de Pazos de Borbén unha concelleira denunciou que, xunto cunha compañeira súa, recibira insultos e un trato vexatorio por parte doutro concelleiro do equipo de goberno. E que fixeron Andrés Iglesias e os restantes homes do grupo municipal do PP diante desta denuncia? Pois primeiro mentir para intentar negar estes feitos, e despois xustificar e desculpar os exabruptos do “machote” que insultou e ameazou ás dúas mulleres do goberno. E pedíronlle á concelleira que denunciou estes feitos que deixara a súa acta. Se alguén non ten claro que é o machismo, é isto mesmo: homes defendo a homes que vexaron a mulleres, e facéndoas culpables a elas por ter ousado levantar a voz e alterar a “paz” na que vivimos. Machismo tamén é que despois, con toda a desvergoña, Andrés Iglesias pose nunha foto regalándolle flores a mulleres no 8M. A muller con roupa de traballo que aparece na foto con Andrés Iglesias non son flores o que precisa. Senón dereitos laborais, un salario digno, non ser ela a que leve toda a responsabilidade das tarefas do fogar... Todo o contrario do que fai o partido de Andrés Iglesias, o PP, baixar salarios, recortar dereitos, cargarse a lei de dependencia... Pero por fortuna, malia os intentos de moitos por converter o 8M nun día insulso e “cursi”, as mulleres non se quedaron na casa agardando que chegaran os homes cun ramo de flores. As mulleres o 8M saíron á rúa para berrar e reclamar o que lles pertence: non ser asasinadas, non sofrer violencia, respecto, o seu lugar na sociedade, salarios e dereitos dignos, igualdade de oportunidades... e un longo etcétera.


Finais de marzo 2018 [ VII]

REDONDELA

Con motivo da celebración do día da muller a directiva da asociación quere respaldar as demandas da mulleres empresarias e contribuir de forma activa ao fomento e defensa dos interese xerais e común do colectivo de autónomas.

A Asociación de Empresarios/as de Redondela celebrou o I Foro de Empresarias

REDONDELA.

O primeiro Foro de Mulleres Empresarias de Redondela que tivo lugar recentemente no seo da Asociación de Empresarios e Empresarias de Redondela abordou o análise da convocatoria de folga feminista prevista para a xornada do 8 de marzo. Por primeira vez en España está convocada unha folga feminista 24horas con diversos compoñentes: LABORAL, ESTUDIANTIL, DE CONSUMO, DE COIDADOS. Na entidade, que aglutina actualmente a máis de 300

empresas, as mulleres representan o 43%. O 50% da estrutura asociativa está concentrada no sector comercio que é o que ten unha maior presenza da muller. O número de comercio xestionado por mulleres representa o 55%, porcentaxe que cae ata un paupérrimo 1% no sector industrial. As mulleres ao fronte de empresas do sector hostaleiro representa un 41%, e no sector de servizos profesionais independentes que está a aumentar significativamente na asociación e en Redondela en xeral quédase so non 30%. A su-

brepresentación no sector industrial pon de manifesto a importante brecha que ten a muller tamén no sector empresarial. A folga de consumo é vista como un concepto distante co que o comercio dificilmente pode estar de acordo aínda que se valora o perfil de consumo que se pretende marxinar con esta proposta de folga, penalizando o uso sexista da imaxe da muller realizada por algunha marcas ou a tan comentada taxa rosa, pola que os mesmos ou similares produtos por ter un packaging identifi-

cado como de estética feminina é mais caro. A dicotomía entre conciliación e horarios comerciais foi outra das temáticas que se tratou na xuntanza, apostando por unha coordinación entre os establecementos do Centro Comercial Aberto e distintas zonas de concentración comercial de Redondela como mellor solución para acadar resultados efectivos que axuden a conciliar e

a adaptarse as demandas horarias da clientela. O respaldo as reivindicacións e motivacións da convocatoria de folga é unánime pero a forma de secundar esta xornada de folga será distinta. A maioría das empresarias ven condicionada a súa decisión a unha cuestión económica poñendo de manifesto os maiores problemas cando conflúen os termos: muller, empresaria e autónoma.


[ VIII] Finais de marzo 2018 ENTREVISTA

luiS BArá. deputAdo do Bng.

“GALIZA É UN PAÍS mARABILLOSO, CON GRAN POTENCIAL QUE NON SE PODE CONVERTER EN ACTO PORQUE A XUNTA TEN UNHA ACTITUDE SUBmISA AO PP DE mADRID”

Xa levas ano e medio no parlamento, polo que se ve cunha axenda cargadísima. Quédache algo de tempo para ter vida persoal? Si algo de tempo sempre hai. Cada 15 días collo un sábado o un domingo para facer algo en familia e desconectar, pero a verdade é que o ritmo é moi intenso. Asemade os deputados e deputadas do BNG queremos facer traballo a pé de rúa, estarmos a carón da xente para coñecer os seus problemas e levalos ao parlamento. Esa forma de traballar, require tamén moito tempo. O parlamento é o que esperabas, ou é diferente? Foi distinto ao principio, por ter que asumir responsabilidades nalgunha materia nova para min, pero non quedou máis remedio que pórse ao día. Botas de menos a túa vida anterior? Si, algo si. Despois de pasar por distintos campos da política, podo dicir que a que me produce máis satisfacción é a política municipal. Debes coñecer a provincia de Pontevedra curruncho a curruncho? As comarcas que me corresponden si, a verdade é que si. Como é iso?

Dividimos a provincia en dúas zonas, eu fago un grupo de comarcas como por exemplo o Condado ou o Deza, e a compañeira Montse Prado ocúpase da outra parte. O Condado é unha zona que atinxe especialmente a este xornal, e non me resisto a preguntarche por dous

alcaldes do BNG desa comarca. Pepe de Ponteareas, e Xose de As Neves? A valoración é magnífica. Creo que son dous alcaldes moi próximos á xente, que amosan día a día a posibilidade real de gobernar doutra maneira. No caso de Ponteareas cun esforzo so-

bresaínte por sanear o concello despois da nefasta xestión do PP. No que se refire a Xose paréceme especialmente destacable como conseguiu, despois da catástrofe dos lumes, lanzar un proxecto ambicioso e esperanzador para saír desa situación horrible. Na opinión do alcalde de As Neves, non se pode asegurar que algo tan dramático como os lumes de outubro non volva a acontecer, xa que cumpriría que a Xunta lle dera un xiro radical á súa política forestal. Ti que pensas? Estou completamente de acordo. É necesario un cambio radical tanto na política de ordenación do territorio como na política de prevención dos lumes. Lamentablemente, semella que o goberno da Xunta non tomou nota. A política forestal da Xunta está deseñada para favorecer os intereses de Ence Elnosa? Esta claro que a política forestal que se ven facendo en Galiza nas últimas décadas favorece os intereses desa empresa, porque o se promove é a madeira de baixa calidade de crecemento rápido. Outra comarca moi significativa para este xornal é A Louriña. Quero preguntarche pola posición do BNG


Finais de marzo 2018 [ IX]

ENTREVISTA ante a crise dunha das empresas máis importantes de O Porriño; Maderas Iglesias? É unha situación moi preocupante. Hai 250 empregos en risco dos que arredor do 80% son mulleres, e asemade hai moitos concellos afectados, xa que as traballadoras e traballadores son de practicamente todos os concellos da contorna. Desde o BNG fixemos unha aposta clara pola súa viabilidade e continuidade, porque estamos convencidos de que é unha empresa competitiva, que ten futuro, pero que require unha implicación activa da Xunta, que debe actuar para axudar a salvar á compañía. Como valoras a situación xeral do emprego en Galicia? Moi mala tanto na cantidade como na calidade. Hai unhas cifras de desemprego inasumibeis, unha precariedade no emprego que non é sostíbel ,que teñen que ver coas reformas laborais do PP e do PSOE tamén. A figura do traballador/a pobre é real? Si por desgraza é real é cotiá. Só tes que mirar as estatísticas estarrecedoras dos niveis de persoas que, hai que dicilo claro, son pobres, e a precariedade horrible á que está sometida a mocidade. Alén claro está da situación dramática da maioría dos autónomos. Todo iso xera un sentimento de malestar social que se ve nas rúas con movementos como por exemplo o dos pensionistas o a emocionantísima xornada feminista do oito de marzo. Os mozos e mozas do rural márchanse?

Si, é unha realidade notoria. Como se van quedar se non teñen alternativas laborais na súa contorna para poderen desenvolver un proxecto vital¡¡ E cal sería a alternativa dun goberno do BNG na Xunta para que iso non sucedera? Pór as necesidades do país galego por diante dos intereses alleos aos galegos e galegas. Apostar clara e decididamente polos nosos sectores produtivos. Galiza é un país marabilloso con gran potencial que non se pode converter en acto porque a xunta ten unha actitude totalmente submisa ás ordes do seu partido de Madrid. Como valoras a situación do idioma galego? Dramática, e ten as mesmas razóns que comentabamos antes, a dimisión da Xunta do PP na defensa dos intereses de Galiza. Pero o PP presume de que nunca se coñeceu o galego tanto como agora? O galego nunca se estudou tanto como agora. Pero esa forma de presentar a realidade é unha falacia, xa que non reflicte a pavorosa realidade socio lingüística da rúa. Só hai que ler os datos de falantes, e especialmente entre a xente máis nova, que acaban de ser publicados, e iso é ciencia empírica, non política. Aquela campaña que no 2.009 lanzara o PP contra o idioma galego, coa falsidade da imposición, tivo uns efectos demoledores. Que sentiches cando apareceron M.Rajoy e Albert Rivera cos lazos violetas?

Vergonza. A mesma que me produciu o presidente Feijoo, após de ter reaccionado con hostilidade cara a campaña do BNG ”estamos ata a cona”, e logo ante o enorme éxito do 8M quixo aparecer como o súper campión do feminismo. Semella que as túas compañeiras deputadas Noa Presas e Olalla Rodil tiveron que pasar moito choio para viaxar en tren polo interior de Galicia? Si, O BNG está facendo unha campaña para denunciar as malas comunicacións ferroviarias que temos, e Noa e Olalla sufrírono en primeira persoa. Os servizos ferroviarios de Galiza son do século pasado. Como está a saúde interna do BNG? Excelente. Levamos dous anos co liderado de Ana Pontón, e a súa figura ten moito que ver. Que expectativas electorais ten o BNG para as municipais do 2019? Na eleccións municipais do 2019 o BNG vai a por todas, con humildade, ilusión e convicción de acadar uns resultados magníficos. Considero que o aval da gran xestión municipal de alcaldes como por exemplo Félix en Bueu, Pepe en Ponteareas, Xose en As Neves ou alcaldesas como Sandra en Tomiño ou Leticia en Moaña, fará que revalidemos todas as nosas alcaldías, consigamos algunha máis, eu aposto por que Manu será alcalde de Soutomaior, e academos representación en cidades como Vigo. Pódenos anticipar quen será o candidato ou candidata de Vigo?

Non, non podo. Só che podo dicir que será unha candidatura do máximo nivel e de solvencia superlativa. O tema da memoria historia abandonáchelo ou segues a traballar nel? Tanto a nivel persoal como político sigo traballándoo con intensidade. Consideras que no estado español estamos a vivir un momento de involución democrática? Sen dúbida que si. É moi preocupante, de feito o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos acaba de condenar a España por vulnerar a liberdade de expresión de dúas persoas. Que tal a euro deputada do BNG, Ana Miranda no parlamento Europeo? Todo o BNG está moi orgulloso de Ana, unha gran loitadora que fixo que Galiza volva ao parlamento europeo con moita forza e identidade propia. O mesmo terá que pasar co parlamento do estado, necesitamos a voz de Galiza en Madrid. Agora non a temos? Non, agora está subsumida noutra cousa. Rematamos Luis, agradecéndoche a túa amabilidade e cunha última cuestión. En Xaneiro do 2.019 faremos a III gala de entrega de premios A Nova Peneira, vai reservando o día, o último sábado do mes, porque desta volta agardo poder contar contigo? Sabes Tino, que me deu moita mágoa non poder asistir á do 2.017, e desde logo, agás un motivo de forza maior, alí penso estar con vós. Moitas grazas.


[ X] Finais de marzo 2018 REDONDELA

AER non comparte a proposta-chantaxe “Concellos Doing Business Galicia” REDONDELA.

O pleno de Redondela vén de aprobar a proposta do goberno local para que o noso Concello participe nunha iniciativa da Xunta denominada “Concellos Doing Business Galicia”, xa que segundo eles “vai favorecer a captación de inversións empresariais e a creación de novos postos de traballo”. Este protocolo enmárcase dentro da discutida “Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia”. Protocolo que nin tan sequera tiveron a decencia de nomealo en galego. Esta proposta-chantaxe artellada entre a Xunta e a FE-

GAMP (presididas polo PP e o PSOE respectivamente) impón unhas medidas que obrigan aos concellos a renunciar a uns posibles ingresos por impostos e taxas, sen que os concellos teñan posibilidade algunha de decisión sobre os contidos. Co agravante de que o que se lle vai facer aos concellos que non asinen esta iniciativa é limitarlles o acceso ás subvencións nos programas promocionados pola Xunta. Ou sexa, se non aceptas incorporarte a esta ocorrencia, recibirás menos subvención. Pero ao mesmo tempo, a Xunta non incrementa os orzamentos desas subvencións. Non poñen un

euro máis do que poñían, poñen publicidade. Só tendo en conta quen promove tal procedemento, pode entenderse que non se teñan pronunciado en contra desta burla os membros da oposición no parlamento galego. Establécese unha baixada de impostos (IBI, IAE, ICIO ) e taxas (Prestación de servizos urbanísticos e apertura de establecementos). Pero cando se pretende dirixir a iniciativa a prol dunha determinada filosofía de crecemento sostible, económico e social... a resposta é que non se pode facer. O protocolo só establece como criterio creación de postos de traballo sen ter en conta

Repostería creativa Panadería Lambonadas Xeados

a calidade deses postos de traballo. Se mañá se implanta unha gran superficie comercial, creando postos de traballo, gozará de todas estas exencións. Non importa os postos que vai destruír. O único que conta é os postos que se crean. Se fose unha canteira, tampouco importa o impacto ambiental: só os postos de traballo que crea. Nunca o que destrúe. Por non poder, non podemos nin condicionar que esas empresas teñan un mínimo de responsabilidade social corporativa. Nin programas de inserción, conciliación, formación dual, implicación cos nosos centros de formación, etc.

Coa fin de que Redondela non perda importantes ingresos cando se presente a subvencións da Xunta, sendo conscientes da chantaxe e hipocrisía desta proposta de lavado de cara da Xunta de Galicia en conivencia coa FEGAMP, optamos pola abstención e permitir a súa aprobación. Ao mesmo tempo, arrincamos un compromiso do goberno local, que non confiamos que se cumpra (como moitos outros) para constituír unha mesa de estudo para analizar as bonificacións estariamos dispostos a implementar, en base a criterios estratéxicos que incidan nunha Redondela de futuro, máis alá dunha promoción de emprego curtoplacista e que non fixa perspectivas ambientais, sociais, patrimoniais ou de investigación e desenvolvemento.


Finais de marzo 2018 [ XI]

REDONDELA

Compróbanse in situ graves fallos de prevención de riscos nas obras da Miñoteira

REDONDELA.

Obras de mellora no entorno do complexo deportivo de Santa Mariña de Redondela

REDONDELA.

O Concello de Redondela está a levar a cabo estas semanas obras de mellora no terreo contiguo aos campos de futbol do complexa deportivo de Santa Mariña. Os traballos que se están a executar contemplan o cerre da parcela con malla electrosoldada de dous metros de altura similar a existente no resto do complexo a cal se distribuirá polo perímetro da explanada. O peche inclúen un poltalón de corredeira con dúas follas de dous metros de ancho situado ao carón da caseta de control de accesos. Ao carón deste portal se executará unha caseta acondicionada para xestionar a venta de entradas e realización do control de accesos dotada con instalación eléctrica. Contémplase a demolición de dous paños de muro onde se atopa agora a caseta provisional de venta de entradas. A superficie rechearase con

base granular de zahorra compactada. Canalizaranse as augas pluviais para aliminalas da explanada de acceso instalando un drenaxe para avitar a escorrentía das parcelas contiguas. Mellorarase a caseta de rego revestindo a fachada e cambiándolle a cuberta de uralita a panel sándwich igualandoa a que se atopa nas pistas de padel situadas tamén dentro de se complexo deportivo. As obras contan cun orzamento de 46.000 euros. O Concelleiro Julio Mougán visitou as obras esta semana para valorar a boa marcha das mesmas e declarou “Seguiranse mellorando as instalacións deportivas como vimos facendo dende a nosa chegada. Temos gran nivel deportivo nas diferentes disciplinas que se practican en Redondela e se merecen unhas instalacións que estean a altura”.

Os Tonios e as obras na A-55

Na parroquia de Ventosela, no parque infantil da Miñoteira, o Concello de Redondela está executando actualmente a obra dun muro de pedra de importantes dimensións. Para a execución desta obra o goberno local contratou a unha empresa para que fixera o desterro e a continuación procedese ao levantamento do susodito muro con bloques de pedra de granito. A Agrupación de Electores de Redondela vén de comprobar a grave falta de seguridade na delimitación da obra. Xusto ao lado de onde se están desenvolvendo os traballos atópanse dous parques infantís moi concorridos por cativas e cativos durante a semana e sobre todo durante as fins de semana. Tal como se pode comprobar in situ, as rapazas e rapaces acceden á obra sen rematar, pois a empresa executante non delimitou a

área de traballos, existindo un alto risco de que estes poidan sufrir unha caída dende o alto do muro. AER pregúntase que tipo de control realiza o goberno local sobre as obras que contratan, quen vela pola prevención de riscos laborais e como é posible que estes aspectos se lles escapen ao director de obra. Por estes motivos, AER demanda que o goberno local actúe neste caso concreto esixindo o balizado da zona para evitar riscos innecesarios e que asuma os seus deberes de control e fiscalización das contratas que traballan nas obras públicas que contrate.

Na Pantalla Cesantes HUMOR: MARCOS ESCUDERO http://cousasdebuxo.blogspot.com.es


[ XII] Finais de marzo 2018 REDONDELA

O PSdeG-Redondela denuncia a falta de solución aos puntos negros do Camiño de Santiago

Pazos de Borbén deixou sen pagar máis de 100.000€ en 2017 por facturas atrasadas e irregulares

REDONDELA.

PAZOS DE BORBÉN

Os socialistas propoñen acabar cos puntos negros do Camiño de Santiago deixando sentir a sua protesta polo desinterés dos gobernos do Partido Popular na Xunta de Galicia e no Concello de Redondela sobre a necesidade de mellorar a seguridade nalgúns tramos da ruta xacobea. O Partido Socialista apela a protección da vida e a seguridade das persoas, manifestando a sua preocupación diante da fallla de compromiso do Goberno para impulsar medidas que aporten maior seguridade a todos os viandantes, en especial ao usuarios do Camiño Portugués que supera os 60.000 usuarios ao ano polo Concello de Redondela. Pese a que Redondela é punto de conluencia de dúas rutas cara Santiago, o Camiño Portugués – a segunda ruta máis recorrida de todas as que transcorren cara Santiago de Compostela – e mailo Camiño Xacobeo pola costa, os orzamentos do Estado non contemplan grandes investimentos nos

próximos anos. O principal problema de seguridade vial atópase na ruta que une Oporto con Compostela, que no municipio redondelán detectase con claridade que neste intre existen varios puntos perigosos, moitos deles xa denunciados polo partido socialista de Redondela e levados a pleno para que fosen solucionados. Cabe sinalar que entre os puntos máis perigosos destacan queles lugares onde a ruta xacobea se cruza coas estradas nacionais, como na estrada de O Muro, que para facer a entrada na vila , os peregrinos teñen que atravesar a estrada N-550 sen a seguridade dun paso de peóns. Probablemente a maior perigrosidade con que se atopen sexa ao deixar a nosa vila na parroquia de Cesantes ao ter que atravesar a N550 no lugar de O Arieiro - preto do colexiocara a O Viso. E finalmente no barrio de Soutoxuste, no lugar de As Sete Fontes para seguir a viaxe cara a Arcade, onde os vehículos circulan a altas velocidades.

A sesión do Pleno de Pazos de Borbén do pasado mes de febreiro rexeitou, co voto en contra de toda a oposición, un recoñecemento exde crédito traxudicial presentado polo goberno do PP. En total, máis de 100.000 € en facturas do ano 2017 que non foron pagadas. Segundo Andrés Iglesias, debido ao atraso na súa tramitación pola falta durante un tempo de secretario municipal; primeiro por unha baixa laboral e logo pola súa xubilación. Pero dende a Agrupación de Electores Alternativa Veciñal (AV) consideramos que esta escusa non responde á verdade. En primeiro lugar, hai facturas que corresponden a gastos que presentan diversas irregularidades, e que non se pagaron porque tiveron reparos da Intervención municipal. É dicir, non se puideron pagar porque non estaban de todo conformes á lei. Como, por exemplo, facturas de restaurante sen xustificar; 3.000

€ de gastos dunha festa dunha parroquia asumidos polo concello ao marxe das subvencións recollidas no orzamento; acumulación de facturas nunha empresa por traballos de moi diverso tipo, sen que medie ningún tipo de contrato;... É dicir, o goberno do PP de Pazos de Borbén gastou como lle deu en gana, sen respectar nin a lei, nin os orzamentos aprobados polo propio PP, nin un reparto xusto dos recursos municipais entre os veciños. Isto é o que familiarmente chamamos “cacicadas”. Polo tanto, en AV tiñamos motivos moi sólidos para votar en contra de recoñecer todas estas facturas. En segundo luar, a ausencia durante algún tempo de secretario municipal non xustifica este volume de facturas tan grande sen pagar. Porque o tempo que se estivo sen secretario foi corto. E porque durante o ano 2017 o concello tiña un contrato cunha empresa para labores de apoio ao secretario municipal.

Actos do colectivo republicano redondelán na Semana da República REDONDELA.

Co gallo de celebraren a semana da proclamación da República, no próximo mes de abril o Colectivo Republicano de Redondela desenvolverá os seguintes actos: -O 14 de abril ás 17,00 h realizará a ofrenda na fosa común do cemiterio de Os Eidos aos asasinados polo fascismo. -Unha vez rematada a ofrenda ,na praza da II República procederán ao nomeamento dos dous socios de Honra do Colectivo Republicano no ano 2018. -Finalizarán o día cunha Foliada popular que constará de karaoke empanada, chourizos e viño todo completamente de balde. A festa celebrarase na Praza dos Mestres. No caso de choiva, trasladarase á Feira do Gando. -Os actos da semana republicana rematarán o día 20 na Casa da Cultura coa presentación ,en colaboración coa asociación Francisco Villamil de Vigo, dun poemario sobre O Che Guevara.

Un 95 % dos participantes destes convenios foron contratados nesas empresas

O Concello redondelán firmou 11 convenios de colaboracion con empresas da zona

REDONDELA.

A Concellaría de Benestar Social do Concello de Redondela dirixida por M Carmen Amoedo, dende a súa area de Desenvolvemento Local articulou medidas con empresas da contorna para facilitar o acceso ao mercado laboral das persoas desempregadas, o reforzo da súa formación e a mellora da súa ocupabilidade. Detéctase como as empresas, dende a súa conciencia social e como parte do seu desenvolvemento estratéxico, cada vez implícanse máis no desenvolvemento socio- económico dos Concellos nos que

están ubicadas, promovendo, na medida do posible a empregabilidade dos veciños e a mellora da súa ocupabilidade, a través de diferentes accións encadradas dentro da responsabilidade social empresarial. No ano 2017 e co obxetivo de ofrecer unha formación especializada e con demanda no mercado de traballo, levou a cabo, con persoas da Bolsa Municipal de emprego, un total de 11 Convenios de Colaboración de prácticas non laborais con empresas do sector metal: automoción e caldereiría, nos que participaron un total de 39 persoas e 37 foron

contratadas polas empresas. No que vai de ano, nestes momentos está a realizar un convenio cunha empresa do sector da automoción no que participan 10 persoas, e en próximas datas inciarase outro, no mesmo sector, no que participarán 15. “Estase a facer un gran esforzo traballando en diferentes liñas de emprego como poden ser, Plans de Emprego, Obradoiros de Emprego, Convenios de Colaboración con empresas, traballo directo coa nosa bolsa de emprego, asesoramento aos parados… con todo este esforzó cerramos o

ano 2017 sendo o municipio da provincia de Pontevedra de mais de 10.000 habitantes con menor taxa de paro.” “Queda

por facer polo que seguiremos volcando os nosos esforzos no fomento do emprego” M Carmen Amoedo Dasilva.


Finais de marzo 2018 [ XIII]

AS REPORTAXES DE G.FIGUEIREDO (III) O VINDEIRO MES DE ABRIL FARÁ 81 ANOS DO ASASINATO DE JOSÉ GÓMEZ DA COVA, MÁIS COÑECIDO COMO JOHAN CARBALLEIRA. AUTODIDACTA, ESCRITOR E PERIODISTA NADO EN VIGO E AFINCADO EN BUEU, DESDE A ADOLESCENCIA ATA SER ASASINADO POLO RÉXIME FRANQUISTA O 17 DE ABRIL DE 1937.

“O ASASINATO DE JOHAN CARBALLEIRA”

J

osé Gómez da Cova naceu en Vigo, na rúa Areal, o 13 de febreiro de 1902. Cando tiña 13 anos súa nai herdou unha casa familiar en Bueu e a familia, composta pola matrimonio Gómez – Da Cova e os seus seis fillos, trasladouse a Bueu en 1915. Este gran poeta da nosa terra tan so estudiou o Bacharelato e tres anos de contable en Madrid. Por mor das dificultades económicas tivo que empregarse noviño en diversos traballos para axudar á economía familiar, pero escribiu dende sempre, seguindo a súa vocación. O mozo José Gómez da Cova deuse a coñecer en 1923, a través das páxinas literarias de Faro de Vigo, onde apareceron os seus poemas e narracións en castelán de estilo modernista. Nos anos 1926 e 1927 a súa sinatura aparece en dúas importantes revistas da época: na viguesa Vida Galega e en Céltiga, o portavoz da emigración galega en América, onde aparecerán os seus textos. A partir de 1927, co pseudónimo de "Johan Carballeira", iniciou as súas colaboracións co Pobo Galego como correspondente do xornal en Bueu. Ese mesmo ano iniciou a súa amizade cos poetas e intelectuais novos da Xeración de Vangarda: Rafael Dieste, redactor xefe do xornal, Augusto Casas, Correa Calderón, Fernández Mazas, Santiso Girón, Bal e Gai... colaboradores asiduos do Pobo Galego e moitos hoxe inmerecidamente esquecidos. En 1929 entrou a formar parte da redacción, iniciando unha carreira xornalística que lle converteu ao pouco tempo no xornalista novo máis importante

Peixes e mariscos da Ría de Vigo

Menú do día R/ Isidoro Queimaliños, 41 Redondela - 986 401 194

da época en Galicia. En 1929 aparece entre os fundadores dunha nova revista viguesa, Gaceta de Galicia. Entrevistou a Otero Pedrayo, Margarita Xirgu ou Colmeiro. A súa fama xornalística chegou a toda España, e a partir de 1933, apareceu como colaborador de dous xornais madrileños: Luz e Agora, e na revista Estampa. En 1935 era coñecido como o xornalista galego en activo máis importante da época. Quen o coñeceron apreciaban a súa figura e definíano como defensor da xustiza social e loitador antifascista Johan pasa a formar parte do Partido Galeguista desde a súa fundación, en decembro de 1931. En abril de 1935 entrou a formar parte da dirección do Partido Galeguista e o seu nome figura entre os máis votados nas eleccións internas de candidatos para aparecer nas listas da Fronte Popular ás eleccións de febreiro de 1936, pero finalmente non formará parte da candidatura. Tiña un gran predicamento nos medios galeguistas e republicanos, como proba a súa amizade con Castelao, Alexandre Bóveda e outros integrantes do grupo galeguista de Pontevedra.Coa proclamación da República en 1931, a xeración de Carballeira e el mesmo viron cumpridos parte dos seus ideais e en febreiro de 1936 foi elixido alcalde de Bueu polo seu partido. A súa presenza na alcaldía foi breve, pero aínda así permitiulle actuacións aínda hoxe lembradas no seu pobo, grazas as súas xestións entre os pescadores, conserveiros e concellos do litoral, logrou que se establecese un

FOTO: FONDO NOGUEIRA MIGUEL. PROXECTO INTERUNIVERSITARIO OS NOMES, AS VOCES

prezo mínimo para a sardiña, un dos problemas máis graves cos que se enfrontaba a xente do mar daquela época. Esta actuación deu lugar a que no día anterior á sublevación militar rendéseselle unha homenaxe en Bueu por parte de pescadores e armadores. Este cargo foi a escusa que serviu aos franquistas para detelo cando estalou a guerra civil. O arresto baseouse na falsa acusación de que Carballeira entregara a dinamita destinada ás canteiras almacenada no Concello a un grupo de persoas que pretendían voar o pequeno pontón de Baireses, un episodio que se produciu cando Carballeira non era xa alcalde. Carballeira non quixo fuxir nin esconderse cando soubo que o buscaban, malia os ofrecementos de moitos mariñeiros que se poñían ao seu dispor para trasladalo en barco a Portugal. Rexeitou tamén a oferta de Federico Ribas de refuxiarse con el en Portugal, así como de esconderse na casa dun sacerdote do Grove amigo da familia. O 15 de setembro de 1936 foi detido en Cangas cando paseaba co seu irmán menor. Xulgado en consello de guerra o 29 de decembro de 1936, foi acusado de rebelión militar. Condenado á morte xunto a outras 18 persoas, as que logo se lle

conmutaría a pena por cadea perpetua, menos a el. Os seus artigos en prensa eran unha molestia para os falanxistas. Estivo en prisión na illa de San Simón, onde permaneceu ata o 17 de abril de 1937, o día en que o fusilaron. Por desgraza Carballeira, é un dos nosos poetas esquecidos da "Xeración galega de vangarda". A pesar do prestixio do seu nome e a súa obra na primeira metade da década de 1930, na actualidade non sabemos moito del. Como en tantos outros casos, a ditadura de Franco e a chamada transición do Estado, fixeron que persoas tan incribles como Johan Carballeira quedaran no esquecemento. Tamén axudou que a súa obra literaria nunca chegou a recollerse en libro e os seus escritos publicábanse en prensa. En 1926 comezaron a aparecer os seus poemas nos xornais e en 1928 atópanse os primeiros indicios de que está a traballar nun libro de poemas, Cartafol, que continuaría nos anos seguintes, aínda que nunca chegou a publicarse con Johan vivo, non foi editado ata 1996 e polo Colexio Público de Bueu que é quen o fai, moitas grazas por este fermoso poemario e por contribuír ao coñecemento de quen representa todo o que de positivo hai no ser humano.


[ XIV] Finais de marzo 2018 O MORRAZO

Iniciase en meiro unha xeira de reunións do alcalde coa veciñanza para falar do PXOm e da piscina BUEU.

O alcalde de Bueu, Félix Juncal, e o equipo de goberno local organizarán nas vindeiras semanas ata o mes de maio unha serie de reunións coa veciñanza dos diversos lugares de Bueu para falar do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e da piscina municipal. Os encontros comezarán este xoves, 22 de marzo, na Casa da Aldea de Meiro a partir das 20.00 horas. As reunións, que se celebrarán todos os xoves á mesma hora, continuarán o 5 de abril na Aula de Interpretación de Agrelo, o 12 de abril, na Casa do Pobo de Beluso, o 19, na Escola Unitaria de Cabalo, o 26, no Centro Sociocultural de

Cela, o 3 de maio, no auditorio do IES Johán Carballeira, e culminarán o 10 de maio no Centro Social do Mar de Bueu. O obxectivo delas é conversar coa cidadanía a respecto de dous temas de actualidade e de grande interese social.

Dous proxectos vitais para Bueu

O PXOM entrou en vigor neste mes de marzo, cando se publicou o anuncio no Boletín Oficial da Provincia, que era o último trámite que restaba despois dun longo traballo do goberno local sobre todo dende o 2006, cando se asina o contrato co equipo redactor, e tras a aprobación provisional no 2013. A cidadanía xa pode con-

TAPERIA

O MUELLE

Cesantes Avda. Mendiño. 76 Nova Xerencia. Coñécenos.

sultar o plan completo na páxina web municipal (www. concellodebueu.gal). Trátase

dunha ferramenta que supón un salto cualitativo sobre as normas subsidiarias, pois permitirá o incremento de zonas verdes, viais estruturantes, novas áreas de lecer ou equipamentos comunitarios. Neste senso, é importante destacar que se trata un plan no que ocupa un lugar salientable a preservación do entorno natural e a protección do patrimonio (coa inclusión dun catálogo importante), así como a aposta polo solo industrial. Ademais, representa unha nova oportunidade para os núcleos rurais, tan importantes no Concello de Bueu, xa que vai permitir a recuperación e rehabilitación de todo o parque de vivenda tradicional.

Pola súa banda, a piscina municipal recibiu unha subvención da Deputación de Pontevedra por importe de 1.500.000 euros no marco do Plan de Reequilibrio Territorial para equipamentos singulares en concellos de menos de 20.000 habitantes. A maiores, o Concello de Bueu contará coas achegas do Plan Concellos 2018 e 2019, tamén do ente provincial. Cun orzamento total de 2,8 millóns de euros, esta infraestrutura tan importante para Bueu construiríase nunha parcela das Lagoas, que ten unha superficie de 1863 metros cadrados. Amais do vaso da piscina cunha dimensión de 12 x 25 metros, habería diversos espazos nos que se relacionan a saúde e o deporte, tales como sala de aerobic, sala de relaxación, sala de fitness, sala de masaxes, e sauna. Polo tanto, e como xa se ten destacado en diversas ocasións, non se trata só dunha instalación deportiva, senón que terá unha forte compoñente relacionada coa potenciación de hábitos saudables, cada vez máis presentes e demandados entre a poboación.


Finais de marzo 2018 [ XV]

O MORRAZO

O portal inclúe como novidades o uso do dominio .gal

Bueu presenta nova web, máis visual e adaptada aos novos tempos

BUEU.

O Concello de Bueu presenta ao público unha nova páxina web (www.concellodebueu.gal) que substitúe a anterior e na que destaca a inclusión do dominio .gal, unha xerarquía clara e intuitiva, un impacto visual, a interacción, a adaptación a todos os soportes de lectura e o incremento dos elementos visuais. O obxectivo desta nova web de servizos non é outro que “adaptarse aos novos tempos”, tal e como destacaron hoxe na rolda de prensa de presentación o alcalde de Bueu, Félix Juncal, e a concelleira de turismo, Silvia Carballo. Tal e como explicou Carballo, a web que funcionou ata a actualidade foi creada no 2007 co obxectivo de dar cabida a novas, anuncios e a todas as cuestións relacionadas coa vida municipal. No entanto, quedou obsoleta ante as esixencias das novas tecnoloxías e a afluencia cada vez máis forte das redes sociais. Por iso, se tomou a iniciativa de

O Concello de Bueu renovou as instalacións do Skate Park das Lagoas Esta medida adoptouse tras ter constancia do mal estado no que se atopa esta instalación deportiva BUEU.

crear este portal renovado, no que se potencia a comunicación en lingua galega coa cidadanía. Así se manifesta no cambio ao dominio .gal, tanto na propia web como nos correos corporativos, proxecto que foi subvencionado pola Deputación de Pontevedra no marco das subvencións para a dinamización lingüística, e que foi realizado pola empresa local Nerade, en intensa colaboración co Concello durante algo máis dun ano. O alcalde destacou a importancia desta ferramenta útil para o conxunto da cidadanía, coa que se facilita o acceso á administración, á sección de actualidade, á axenda de eventos

e aos arquivos multimedia. Estes aspectos teñen que ver coa vocación de información diaria e de transparencia, proba do que é a Administración Electrónica á que o Concello se sumou xa fai dous anos. Juncal lembrou durante o acto que esta páxina é “unha evolución da anterior, que naceu coa vocación de incrementar a interacción coa cidadanía”. O rexedor refírese á eliminación do espazo físico e ao incremento das canles de comunicación por vía electrónica. Así mesmo, como complementarias a esta web, as redes sociais do Concello actualízanse a diario, tanto Facebook como o Twitter e o Instagram.

O concelleiro de obras e servizos, Fidel Castro, e a edil de turismo e promoción económica, Silvia Carballo, desprazáronse na mañá deste luns á zona das Lagoas onde puideron comprobar as últimas reparacións que realizou o consistorio bueués no skate park, onde se instalaron unhas pranchas nos módulos laterais de aceiro galvanizado, co obxecto de paliar as continuas roturas que se producían neste espazo tan utilizado pola mocidade da vila. Esta actuación súmase á renovación da mini pista que se fixo fai dous anos, e que supuxo a recubrición en fibra de vidro, cun orzamento total de 9.000 euros, financiada con fondos municipais. Así mesmo, Fidel Castro declara que xa quedou paliado o problema de iluminación que existía na urbanización das Lagoas, onde dende fai semanas os operarios munici-

pais estaban traballando para atopar unha solución á continua falta de iluminación. Finalmente, estes días detectouse unha das causas que afectaba, a existencia dun cable trillado, que se atopaba en mala situación e facía que as luminarias se apagasen continuamente. Neste sentido, dende o goberno confían en que o problema quedase definitivamente resolto a excepción de dous puntos no último tramo do vial de Ramón Bares con Johán Carballeira. Por iso, e dada a complexidade do asunto, o Concello quere trasladar as desculpas a toda a poboación que se viu afectada nestas semanas.


[ XVI] Finais de marzo 2018 O MORRAZO / OPINIÓN

Cangas subvencionará a rehabilitación de edificios e vivendas CANGAS.

O Concello de Cangas vén de aprobar a convocatoria de subvencións para rexenerar edificios e vivendas na área de rehabilitación integral do municipio. Trátase dunhas axudas destinadas a cubrir os gastos de execución das obras co fin de adecualas á normativa vixente e sempre dentro dos ámbitos das áreas de rehabilitación do Concello de Cangas, segundo o establecido no acordo asinado entre o Ministerio de Fomento, o Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de Cangas. Nas bases establécense como persoas beneficiarias ás “propietarias únicas de edificios de vivendas, ás propietarias de vivendas, ás comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade hori-

zontal, ás agrupacións de comunidades, aos consorcios e entes asociativos de xestión e ás persoas físicas ou xurídicas que posúan un dereito real sobre o inmoble que lles permita acometer as actuacións de rehabilitación, ou aos inquilinos autorizados”. As solicitudes deberán presentarse en impreso oficial normalizado entre o 15 de febreiro e o 15 de abril de 2018. Cómpre salientar que as contías máximas das axudas non poderán exceder o 35% do custo subvencionable, habendo un máximo de 11.000 euros por cada vivenda. Ademais, deberanse determinar segundo o orzamento protexible da actuación. Os importes con cargo á Comunidade Autónoma serán de ata 4.000 euros por vivenda.

Humanización da rúa Concepción Arenal de Marín

MARÍN

A Xunta investirá 1,3 millóns de euros na humanización da rúa Concepción Arenal de Marín para convertela nunha vía municipal. A Consellería de Infraestruturas e Vivenda asinará un convenio co Concello de Marín para cofinanciar as obras, cun orzamento total de 1,6 millóns de euros, que se executarán entre o treito de 500 metros da estrada PO546 que vai desde a glorieta das Anclas e a rúa real de Cantodarea. A Administración autonómica achegará o 80% do importe desta actuación o o Concello, o 20% restante e asumindo, ademais, a titularidade da vía. A rúa Concepción Areal correspóndese cun treito da estrada autonómica PO-546 que comunica Pontevedra con Marín e que nesta zona se atopa moi ur-

banizado, cun tráfico principalmente local tras a posta en marcha da Variante deste municipio. O convenio autorizado hoxe polo Consello da Xunta pretende adaptar as condicións deste treito da estrada ao seu actual uso como como vía urbana, ampliando as beirarrúas para facilitar o tránsito peonil, reordear os aparcamentos e a zona de carga e descarga, na procura dun tránsito máis fluído na estrada. Ademais, prevese renovar os servizos existentes e instalar novo mobiliario urbano.O novo deseño da vía terá un ancho de calzada de 6,2 metros, con dous carrís por cada sentido aos que se suman 2,20 metros máis na zona onde está previsto o espazo de aparcadoiro, na marxe esquerda, no sentido de José Trasende a Contodarea.

ANTÓN SÁNCHEZ Portavoz de Anova.

mINERÍA CONTAmINANTE, A XUNTA mIRA PARA OUTRO LADO A economía do espolio vai acompañada sempre dun intenso tráfico de favores e dun opaco réxime de impunidade. Ese é o ecosistema no que medran os beneficios da maioría das explotacións mineiras que operan en Galiza: espolio, trato de favor e impunidade. Para legalizar a economía da depredación dos nosos recursos naturais, o Partido Popular aprobou unha lei de barra libre. Chamoulle fachendosamente Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galiza; é coñecida xa, popularmente, como Lei de Depredación de Galicia. Unha lei para amparar o espolio. Unha lei para blindar a impunidade das corporacións mineiras. Con todo, a lei de Depredación de Galiza non liquidou todas as garantías e proteccións ambientais e sanitarias. Algunhas garantías sobreviven no papel pero non se aplican. Discrecionalmente, a Xunta de Galicia decretou silandeiramente a súa suspensión. A complicidade cos desmandos das mineiras disfrázase de pasividade, atrancos burocráticos diante das denuncias e desleixo. Non hai actuacións preventivas, non hai actuacións de control e non hai, por suposto, accións punitivas fronte ás infraccións. Hai complicidade e impunidade á carta. A Xunta mira cara outro lado. E o organismo que ten que ocuparse da boa xestión dos recursos hídricos, Augas de Galicia, fai outro tanto: non quere saber, non actúa, inhíbese. As denuncias amoréanse nas súas mesas e nos seus arquivos morren sen que dean un chío. A impunidade das mineiras medra grazas á súa indiferenza. Abondan os casos nos que é evidente o seu desleixo e abandono de responsabilidades. A finais de 2016 , a empresa mineira Tungsten San Finx SL, pertencente ao grupo Sacyr, solicitou permiso a Augas de Galicia para verter un millón de metros cúbicos anuais de augas residuais procedentes das galerías inundadas e da escorrentía das entulleiras dun depósito de estaño-wolfram. Varios colectivos como a Plataforma en Defensa do Mar (Plademar Muros-Noia), Adega ou

Verdegaia denunciaron as irregularidades das verteduras da mina de San Fins, en Lousame, que tinguiron de laranxa os regatos da zona e provocaron un forte cheiro a xofre, a aparición de escuma e indicios dunha ameaza ambiental sobre toda a ría de Noia, destino final das augas. Con morosidade, Augas de Galicia confirmou a contaminación provocada despois de que a empresa denunciase un membro de Adega por tomar mostras de auga nas instalacións mineiras. A Fiscalía de Medio Ambiente acordou a apertura de dilixencias penais e vén de trasladar ao xulgado as graves irregularidades atopadas na mina de San Fins. Advirte da discutible actuación da empresa, pero tamén da Xunta, e sinala varias irregularidades, unha delas a vertedura de augas industriais. A empresa recoñece que se realizou xa antes e durante décadas ao dominio público e, como lembra a Fiscalía, ante as reiteradas denuncias, «tanto a denuncia como as dilixencias incorporáronse ao expediente de autorización de vertidos en vez de tramitarse o correspondente expediente sancionador». O informe da Fiscalía subliña asemade que se produciron reiterados vertidos de augas residuais industriais e que nunca foron sancionados por Augas de Galicia malia superaren en moitos puntos os límites permitidos. As cantidades de cadmio, cobre e zinc sobardan os máximos legais mesmo a 1,5 quilómetros augas abaixo da mina. O fiscal sinala tamén a responsabilidade da Xunta xa que, «malia formar parte das instalacións mineiras, a autoridade mineira non esixiu aos sucesivos titulares a súa restauración e control» das balsas de residuos. Lembra igualmente o colapso dunha das presas e a contaminación provocada e salienta que desde a Dirección Xeral de Minas «non se obrigou á restauración» da zona afectada. Este desleixo é criticado e a Fiscalía cre que o proceder é «como pouco cuestionábel» atendendo ao estado final e á conservación da área. Noutros países quen contamina

paga e vese obrigado a paliar os danos e a restaurar as condicións naturais orixinarias. En Galiza, graciosamente, a Xunta desculpa e tapa ás empresas mineiras contaminantes e evade as súas responsabilidades. O Goberno do presidente Feijóo non atende as súas responsabilidades, burla as súas propias leis e consente un réxime de ecocidio. O desleixo e pasividade non se limita ás minas de San Fins, Augas de Galicia e a Xunta proceden de modo semellante en Touro cos verquidos e e recheos denunciados durante anos pola veciñanza. Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente miran para outro lado e invisten en pasividade. Nada fixeron para evitar constantes verquidos contaminantes nos regatos da zona que van dar ao río Ulla. Regatos de cor laranxa e destrución de flora e fauna acuática. As denuncias de veciños foron enterradas nun labirinto burocrático de abraiante ineficacia mentres a empresa seguía contaminando sen traba ningunha. A cartografía da impunidade é extensa. Podemos falar da canteira de Miramontes, en Grixoa, no concello de Santiago de Santiago, onde a veciñanza tivo que empregarse a fondo durante anos para que a Xunta de Galicia tomase, tardía e malamente, cartas no asunto. Cando a Consellería de Medio Ambiente fixo analíticas demostrouse a nefasta xestión da empresa de tecnosolos na canteira. Hai máis, moitos máis casos. As garantías ambientais son papel morto porque a Xunta e Augas de Galicia abandonan sistematicamente as súas funcións de inspección e control. Non actúa de oficio e responden tardía e torpemente a denuncia da cidadanía. Deixan facer. Impoñen a omertá, a lei do silencio cómplice cos atentados ambientais. Non controlan, non fiscalizan, non sancionan. Camuflan as responsabilidades das empresas mineiras. Evaden as súas responsabilidades políticas. A norma parece ser a pasividade. A norma é a complicidade. Miran para o outro lado.


Finais de marzo 2018 [ XVII]

O MORRAZO / OPINIÓN

Concello e o Ficbueu comezan a organizar a Ruta das Tapas BUEU.

A concelleira de promoción económica de Bueu, Silvia Carballo, e director do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICManuel Pena, BUEU), reuníronse este venres coa hostalaría da vila para comezar a organizar a terceira edición da ruta “Tapas 5 estrelas”, que seguirá a mesma dinámica do ano pasado, aínda que con algúns pequenos cambios. O motivo de organizar esta reunión con tanta antelación é facilitar á hostalaría a súa participación, dado que no verán é moi complicado reunirse. Tal e como xa se avanzou na xuntanza, na próxima semana publicaranse na páxina web do Concello de Bueu as

N

bases para participar cos prazos, para que os hostaleiros e hostaleiras se apunten. Ao igual que o ano pasado, os participantes poderán obter un cupón con cinco estrelas en calquera dos establecementos, onde se irán selando cada unha delas por cada tapa consumida que, por certo, leva nome de película.

XABIER RODRÍGUEZ. VOCEIRO DO BNG EN NIGRÁN.

o momento de escribir este artigo atopámonos en plena negociación dos orzamentos de Nigrán, en cambio ti, prezado lector, estalo lendo cando xa foron a Pleno. Isto requíreme un esforzo de explicación sen ter a constancia da súa aprobación pero, ao mesmo tempo, tamén é un interesante exercicio de exposición sen ter en conta o resultado final. No BNG non entendemos os orzamentos coma un simple documento contable illado de todas as demais actuacións do goberno municipal, senón directamente vinculado ás mesmas, de tal xeito que, hoxe en día, son mais importantes as inversións que non ven establecidas no propio orzamento que as que si especifica este. Esta é a razón pola que propuxemos unhas emendas moi concretas ao orzamento 2018 e unhas actuacións a incluír tanto na liña 1 do Plan Concellos 2019 como nas obras a financiar co remanente do 2017. Dentro das primeiras estarían as seguintes: Renovación sinalización viaria:

As rutas das tapas levan organizándose desde xa fai varios anos como unha fórmula para dinamizar a hostalería local e ofrecer unha alternativa de ocio moi vinculada aos eventos culturais e deportivos. Neste caso, a idea é facela coincidir co FICBUEU que se celebrará do 7 ao 15 de setembro.

Mellora do parque infantil de Nazaret en Cangas

CANGAS.

A Concellaría de Obras e Servizos completou os traballos no parque infantil de Nazaret, un espazo moi utilizado pola veciñanza. Todos eles están enfocados a garantir o cumprimento da normativa para a seguridade dos cativos e das cativas, o que é unha prioriade. Dentro do pro-

xecto de adecuación ao reglamento executáronse as obras de reparación de chans e elementos de xogo, substituíndo todos os compoñentes deteriorados como os pisos de madeira. Con estas obras, o Concello continúa coas actuacións programadas ata rematar o proxecto que inclúe un total de nove áreas infantís.

Orzamentos 2018

que harmonice e delimite moito mellor paradas de autobús, direccións únicas, zonas de carga e descarga, etc. Estudos e traballos técnicos mobilidade: para amparar un estudo de ordenación do tráfico no núcleo de A Ramallosa, que analice a saída cara a Avda. de Portugal e saídas – entradas a Manuel Lemos, valorando posibles cambios. Acondicionamento paseo Nespereira: A degradación que acadou fai necesaria unha partida concreta para a súa rehabilitación. Axudas comunidades de augas: Apoiar ás comunidades de augas existentes nos seus gastos de mantemento e inversións. Redacción proxectos parques forestais: acudindo á convocatoria de axudas que para a súa realización ten a Deputación de Pontevedra, en colaboración coas comunidades de montes. Estudos técnicos e redacción de proxectos: Redacción dun proxecto para dotar de cuberta a pista polideportiva do colexio Humberto Juanes, co obxectivo de convertela

na pista deportiva do centro de Nigrán. Por outra banda, dentro das obras a financiar con cargo ao Plan Concellos, pedimos a inclusión da renovación das rúas do entorno da piscina mancomunada: renovación da calzada da rúa Argonautas e beirarrúa do lado da piscina, beirarrúa de Manuel Lemos entre a anterior e a rúa Valle Inclán, calzada e beirarrúas de Valle Inclán, especialmente nas súas entradas interiores que son as que presentan un maior deterioro e, finalmente, reposición

dos separadores no Camiño da Cabreira. De cara a incluír nas inversións a financiar con cargo ao remanente de tesouraría, propomos dúas que se nos antollan fundamentais como son a humanización das rúas Otero Pedrayo e Manuel Lemos. Non se trata apenas de establecer con carácter prioritario unhas determinadas obras, senón acometer aquelas inversións que realmente redunden directamente nunha maior calidade de vida dos nosos veciños.


[ XVIII] Finais de marzo 2018 VAL MIÑOR

III Gala do Deporte de Gondomar GONDOMAR.

Gondomar celebrará o día 7 de abril a súa III Gala do Deporte, evento promovido polo Alcalde Paco Ferreira e a Concelleira de deportes Nuria Lameiro. Con esta cita Gondomar afiánzase no seu proxecto de fomentar o deporte e poñelo en valor. O prazo para a inscrición de deportistas que desexen participar na III Gala do Deporte xa está aberto. Os interesados deberán entregar a documentación requerida ata o 19 de marzo a través de rexistro do Concello no caso de persoas físicas e a través da Sede Electrónica no caso de persoas xurídicas como asociacións e clubes. Solicítase entre outras cousas formalizar a inscrición e facer entregar do CV do deportista ademáis da autorización de uso de datos asinada. As candidaturas poderanse presentar por parte de calqueira cidadán, clube deportivo, institución ou asociación. Nesta convocatoria, realizada polo Departamento de

Deportes do Concello de Gondomar, valoraranse os méritos realizados durante o ano deportivo 2017. As categorías as que se opta son oito, mellor deportista masculino, mellor deportista feminina, deportista revelación mas-

culino, deportista revelación feminina, mellor clube ou entidade deportiva, mellor patrocinio e colaboración co deporte, premio a traxectoria deportiva e mellor evento deportivo do ano. Ademáis da categoría de Mención Especial a que poderán optar

tanto institucións relacionadas co deporte e deportistas, como persoas ou entidades cunha labor salientable na defensa dos valores humáns no deporte. A parte do recoñecemento os mellores deportistas en cada modalidade deportiva. O xurado

será o encargado de seleccionar os gañadores de cada categoría, sendo presidido pola Concelleira de Deportes, Nuria Lameiro. As bases da Gala atópanse dispoñibles na páxina Web do Concello así como a folla de inscrición.


Finais de marzo 2018 [ XIX]

VAL MIÑOR

As actividades están pensadas para escolares de primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos

“Valmiemprega II” un obradoiro de emprego promovido Baiona, Gondomar e Nigrán

GONDOMAR.

Desde a especialidade de “PROMOCIÓN TURÍSTICA LOCAL E INFORMACIÓN AO VISITANTE”, ofrecese aos centros educativos a organización de charlas didácticas e rutas guiadas para dar a coñecer os recursos da Comarca do Val Miñor, estas actividades serán realizadas polo alumnado-traballador do obradoiro e terán lugar entre os meses de marzo e abril. O proxecto enmárcase no ámbito territorial dos Municipios do Val Miñor, Baiona, Gondomar e Nigrán, coa denominación de “EXPLORANDO O VAL MIÑOR”. As actividades están pensadas para escolares de primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos, adaptando os contidos a cada unha das diferentes franxas de idade. As “Charlas didácticas” acompañaranse con distintas actividades participativas, para que o contido sexa atractivo e didáctico ao mesmo tempo. A temática é sobre o territorio do Val Miñor, tocando os aspectos xeográficos e históricos, e amosando os recursos máis salientables do patrimonio histórico-artístico, cultural e natural. A duración aproximada estímase en 1 hora, tendo en conta a idade dos escolares. Para escolares de idades entre 10 e 14 anos poderá escollerse entre dous temas: Natureza e actividades: centrado nos recursos naturais da comarca e as actividades que se fan nela como sendeirismo, actividades náuticas, etc... ou Os segredos do Val Miñor: centrado no noso patrimonio histórico artístico e na nosa cultura. Para escolares de idades entre 6 e 9 anos o contido é unha

mestura dos dous anteriores. Para escolares a partir de 14 anos ó contido e “Aspectos xerais do Val Miñor” As “Rutas Guiadas” a duración aproximada estímase en 2 horas, tendo en conta a idade dos escolares. Poderanse elixir entre as seguintes posibilidades que preparamos. BAIONA RUTA 1: “EXPLORANDO MONTE BOI” Percorrido de interpretación paisaxística dende A Palma seguindo polo paseo Monte Boi, onde descubriremos os segredos da fortaleza e da paisaxe da Baía. RUTA 2: “ UN PASEO MARIÑEIRO” Percorrido comezando no paseo Pinzón, continuando polo Monumento “Encontro entre dous Mundos”, Paseo da Ribeira, Museo da Carabela e finalizando no Porto pesqueiro. NIGRÁN RUTA 1: “EXPLORANDO ÁS DUNAS CHEGAMOS Á FOZ” Percorrido dende Praia América á altura das Dunas de Gaifar ata Ramallosa pasando por Monte Lourido. Interpretando a paisaxe e os valores naturais coa flora e a fauna do lugar. RUTA 2: “REMONTANDO O RÍO MUÍÑOS” Partindo de Praia América faremos o percorrido

da Senda do Río Muíños. Contemplando a paisaxe de bosque de Ribeira e conectando o mar co interior. GONDOMAR RUTA 1: “DE PONTE A PONTE” Percorrido a carón do Río Miñor dende a Ponte das Ánimas ata a Ponte de Mañufe. Descubriremos o río Miñor, o punto de confluencia co río Zamáns e as características propias dun bosque de ribeira mesturado coa historia das nosas pontes. RUTA 2: “DESCUBRINDO OS SEGREDOS DA VILA DE GONDOMAR” Percorrido polos arredores da vila visitando o Acueduto do Bravo, a Igrexa e contorna de San Bieito, a Ponte das Ánimas e finalizando no Parque da Coelleira na estatua da Galiña Azul. Dende o Obradoiro Valmiemprega II, considérase que este tipo de actividades divulgativas do patrimonio contribúe a crear unha conciencia e respecto polo noso territorio dende as idades máis novas, por iso ofrécese esta interesante iniciativa, agardando que sexa do seu interese. Máis información no tf: 986 384 020 ou a través do correo electrónico: oevalmiemprega2@gmail.com

Depotermal 2018

GONDOMAR.

O Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, como Concello adherido o Programa da Deputación de Pontevedra “DEPOTERMAL 2018”, ten aberto o prazo de presentación de solicitudes dende o día 20 de marzo ata o 18 de abril. O Plan Depotermal da Deputación Provincial, pon en marcha os dous programas termais. O Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos en quendas de mañá ou tarde, utilizando durante un mínimo de dúas horas as instalacións dun balneario, tálaso ou espa da provincia. O Programa termal con pernoita en réxime de pensión completa de domingo a venres. Poderán acceder a este programa as persoas empadroadas nos concellos da provincia de Pontevedra que reúnan os requisitos exixidos, entre eles o de ser: nacer antes do 1 de xaneiro de 1968. No caso de nacer antes desta data ou con posterioridade: ter a condición de pensionista ou ter recoñecido unha discapacidade igual ou superior o 65% ou precisar dun respiro familiar. As parellas que desexen partici-

par no plan de forma conxunta, é preciso que as dúas persoas cumpran os requisitos. As persoas interesadas poderán informarse no Departamento de Benestar Social, na Casa da Cultura e presentar tramitar a súa solicitude.

Tamén en Nigrán

O Concello de Nigrán informa de que a Deputación Provincial de Pontevedra abriu o prazo para participar en “ Depotermal 2018” nas súas dúas modalidades: asistencia diaria e con pernoita en réxime de pensión completa. A primeira opción consiste en pasar 5 mañás ou tardes consecutivas dunha mesma semana nun balneario da provincia de Pontevedra facendo uso das súas instalacións e regresando diariamente a casa en autobús, e a segunda consiste en gozar de estancias de 6 días e 5 noites en balnearios ou hoteis con spa da provincia, en réxime de pensión completa. Este programa está destinado a persoas nadas antes de 1968, pensionistas, etc. O prazo para solicitalo termina o 18 de abril. Os interesados poderán dirixirse (PREVIA CITA) aos Servizos Sociais de Nigrán Tel. 986.365.000..


[ XX] Finais de marzo 2018 8-M

Manifiesto Concello de Nigrán 8 de marzo de 2018 NIGRÁN.

¿Qué sucedería se as mulleres non traballaran, non coidaran, non consumiran e non participaran? Esta reflexión levou ao movemento feminista a promover unha convocatoria de folga internacional de mulleres. Organizacións de mais de 170 países de todo o mundo fixéronse eco de esta chamada. Todas as mulleres están interpeladas, as que teñen un emprego remunerado e as que traballan na súa casa, as que estudan, as que realizar tarefas de coidado, as de todos os oríxes e todas as identidades. A folga ten por obxecto visibilizar o impacto social do traballo das

mulleres e esixir que sexa recoñecido. Nas últimas décadas son moitos os avances en políticas de igualdade, pero tamén moitas as discriminacións que aínda persisten e lastran a participación social das mulleres en igualdade de condicións. Resulta imposible non compartir as reivindicacións de esta convocatoria. As mulleres están discriminadas no ámbito laboral: os ingresos femininos se sitúan preto de 6 puntos con respecto aos masculinos, a tasa de actividade das mulleres é 10 puntos menor ca dos homes e a tasa de paro 4 puntos superior, o traballo a

tempo parcial representa un 1/3 mais co dos homes, a fenda salarial se sitúa de media nun 23% en detrimento do salario das mulleres, a pensión media de xubilación é un 36% menor que a pensión media dos homes, as mulleres están infrarrepresentadas nos espazos de direción e poder. Non aceptamos estar sometidas a peores condicións laborais, nin cobrar menos que os homes polo mesmo traballo. Por iso, hoxe tamén facemos folga laboral. Denunciamos que ser muller sexa a principal causa de pobreza e que se nos castigue pola nosa diversidade. A precariedade agrávase para moitas de nós por ter maior idade, ser migrada e estar racializadas, por ter diversidade funcional ou unha imaxe afastada da normatividad. Reivindicamos que a nosa situación laboral permítanos desenvolver un proxecto vital con dignidade e autonomía; e que o emprego se adapte ás necesidades da vida: o embarazo ou os coidados non poden ser obxecto de despedimento nin de

Xa estamos de volta¡¡¡

marxinación laboral, nin deben menoscabar as nosas expectativas persoais nin profesionais. As mulleres asumen maioritariamente as tarefas de coidado. O benestar da nosa sociedade non sería posible sen a realización de actividades imprescindibles para a sostibilidade da vida como as tarefas do fogar ou o coidado de persoas (crianzas, dependentes, e maiores). Gran parte de este traballo está invisibilizado e non se contabiliza, o que ten como consecuencia a devaluación da contribución económica que supón. Ademais, o tempo adicado a estas tarefas merma as posibilidades das mulleres para desenvolver dunha carreira profesional ou laboral ou de calquera actividad social ou de ocio. Resulta imprescindible recoñer socialmente os coidados como condición indispensable para a sostibilidade da vida social, promover unha nova organización que redistribúa a provisión dos coidados entre mulleres e homes e fortalecer os servizos públicos que favorezan a conciliación da vida laboral e persoal. BASTA! De violencias machistas, cotiás e invisibilizadas, que vivimos as mulleres sexa cal for a nosa idade e condición. QUEREMOS poder movernos en liberdade por todos os espazos e acotío. Sinalamos e denunciamos a violencia sexual como expresión paradigmática da apropiación patriarcal do noso corpo. Ainaceptable vio-

lencia machista que só en España asasinou a mais de 1.000 mulleres nos últimos 14 anos, sen esquencer as crianzas, 8 no ano 2017, a cifra mais elevada dende que se dispón de datos. Son tamén alarmantes as cifras de agresións sexuais, según datos oficiais, entre 2012 e 2016, 4.303 mulleres e nenas foron violadas. Hoxe dicimos “Nin unha menos”. O modelo de consumo imperante incide negativamente sobre as mulleres: con frecuencia os corpos das mulleres son utilizados como reclamo publicitario de xeito denigrante, a chamada “taxa rosa” incrementa o prezo dos produtos destinados ás mulleres, o sistema económico prioriza o beneficio por enriba das necesidades das persoas. Esiximos un avance na coeducación en todos os ámbitos e espazos de formación e unha educación que non relegue a nosa historia ás marxes dos libros de texto; e na que a perspectiva de xénero se transversal a todas as disciplinas. Sobras as razóns para esta folga. Dende o Concello de Nigrán compartimos ao 100% os motivos desta folga que protesta contra a fenda salarial, a desigualdade social e a violencia contra a muller no ámbito familiar ou laboral. Esta folga é ademais unha invitación a reflexionar colectivamente sobre qué poden e deben facer os homes para, entre todos, trocar esta situación de desigualdade e inxustiza


Finais de marzo 2018 [ XXI]

8-M

Milleiros de persoas participan nunha marcha na que se chamou a participar na folga do 8-M

O feminismo galego enche as rúas de Vigo para reivindicar un futuro digno para as mulleres VIGO.

Unhas 30.000 persoas ateigaron este domingo as rúas de Vigo nunha das maiores mobilizacións da historia do feminismo galego para reivindicar un futuro de dignidade para as mulleres nunha sociedade igualitaria, xusta e libre. Tratouse dunha xornada histórica na que se fixo un chamamento a participar na folga internacional de mulleres convocada o vindeiro 8 de marzo. A manifestación, que arrincou dende o cruce de Vía Norte con Urzaiz pouco despois do mediodía, rematou pasadas as 14:00 horas na praza do Berbés, onde a xornada reivindicativa continuou con actuacións musicais, recitais poéticos e actividades para crianzas. Centos de mulleres e homes da CIG, coa secretaria das Mulleres, Marga Corral, á cabeza, estiveron presentes na mobilización. Corral salientou o éxito da convocatoria, “con milleiros de mulleres de todas as idades e militancias unidas baixo unha mesma loita, evidenciando a diversidade e pluralidade que caracteriza o feminismo”. Ao mesmo tempo, incidiu en que a masiva participación que rexistrou a marcha de Vigo é un anticipo do que vai suceder en todo o país o vindeiro 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, xornada na que hai convocada unha folga de mulleres e numerosas

mobilizacións ao longo do día. “Temos que dar unha nova lección e volver a visibilizarnos: mulleres novas e maiores na rúa baixo unha mesma reivindicación; temos que secundar a folga laboral, de coidados e de consumo para transformar a vida das mulleres”. Unha vez rematada a marcha, xa na praza do Berbés, deuse lectura ao manifesto: Benvidas as que levades décadas construíndo o feminismo en Galiza, porque sen vós non estariamos hoxe aquí; benvidas todas as que formades, formamos, parte deste movemento imparábel, porque sen vós isto tampouco sería posíbel. Benvidas todas as mulleres que habitamos este recuncho do mundo que é Galiza, desde o que estamos a construír un futuro de dignidade para todas! Hoxe ateigamos Vigo, como antesala ao que vai suceder neste 8 de marzo, en sororidade con todas as mulleres que farán paros nesa xornada de folga internacional de mulleres. Hoxe, como todos os 8 de marzo, estamos aquí, en pé de loita, para bater no chan con todas as mulleres do mundo e facer tremer a terra! En catro días, as mulleres do mundo estaremos levando a cabo a primeira folga de mulleres feminista, sumándonos a ela a nivel internacional, multilingüe e intersectorial, desde as nosas realidades, experiencias e vidas

diversas, para dar un paso á fronte e transformar para sempre a vida de todas. Hoxe recuperamos o espírito co que as traballadoras e revolucionarias marcaron esta xornada como día de loita, logo de anos de ser utilizado como mera conmemoración. Hoxe rescatamos este día para a loita feminista arrancándoo dos rituais institucionais nos que pretenden encerralo. Hoxe culminamos un punto de inflexión nos feminismos galegos, que se coordinaron durante meses desde as bases para que esta xornada sexa unha demostración de forza das mulleres galegas.

"Até que paremos o mundo"

Hoxe iniciamos unha nova senda, facendo unha folga de coidados, laboral e de consumo que repetiremos cada ano até que as mulleres paremos o mundo e o mundo sexa tamén noso. Desde a unidade de acción, mais tamén desde a riqueza da nosa diversidade, para forxarmos un

futuro colectivo que terá de ser feminista ou non será. Porque somos as mulleres as que sostemos a vida, que o sistema despreza e estraga cando esas vidas son as nosas, as das mulleres. Mais nós queremos vidas dignas de ser vividas e libres de todo tipo de violencias! Queremos que a vida sexa vivíbel para todas, sostida por todas e asumida polo conxunto da sociedade. Porque sabemos do sacrificio das nosas vidas para coidar das nosas maiores, das nosas crianzas, das nosas iguais, mais non queremos asumir esa tarefa en solitario. Porque as mulleres sustentamos a vida como coidadoras, educadoras e traballadoras domésticas non remuneradas mentres o capital nos paga todo este traballo con violencias. Porque non queremos ter que discutir se a fenda salarial real entre homes e mulleres é do 23, 34 ou 45%. Porque as duplas xornadas non se erra-

dican con declaracións nen con leis ditadas polos señores do capitalismo. Porque hoxe as mulleres máis novas están condenadas de antemán ao traballo escravista, parcial e precario, cando non directamente á exclusión social e á pobreza; e as maiores están abocadas ao abandono, a soidade e á miseria, sen recursos e comunidades que as sustenten. Porque queremos parar de contar asasinadas, lesionadas, violadas, agredidas, discriminadas, presas, exiliadas, emigradas, empobrecidas e excluídas. Queremos parar de contar cantas teñen que denunciar e cantas non o fan, cantas son as acosadas, as humilladas, as calumniadas, represaliadas ou xulgadas elas en vez dos agresores. Porque as múltiplas faces da violencia machista teñen un só rostro: o terrorismo como sostén do patriarcado, e porque todo este terror só vai parar o día que acabemos con el. Porque somos diversas e o patriarcado capitalista instrumentaliza esa diversidade para nos segmentar, dividir e desartellar con violencias e discriminacións específicas, mais o movemento feminista ensínanos que a diversidade suma e multiplica as loitas, que todas as perspectivas son importantes, todas as voces necesarias e todas as mulleres valiosas para avanzarmos cara a unha sociedade igualitaria, xusta e libre.


[ XXII] Finais de marzo 2018 VAL MIÑOR

XIV XEIRA ALÉN mIÑORO mEDO PONTEVEDRA XOÁN ALONSO

Corresponsal en Euskadi de A Nova Peneira

GONDOMAR.

A construción arredor do século II por parte dos romanos dunha rede viaria de camiños que favorecería as vías de comunicacións e transporte de alimentos e mercadorías entre Braccara Augusta , Lucus Augusti e a Asturica Augusta, concretamente a vía XIX, favoreceu o asentamento e consolidación de pequenos núcleos de poboación que servían de apeadeiro ou lugar de descanso temporal para todo aquel que percorrese dita vía. Un destes pequenos asentamentos, localizado no que é a actual Pontevedra, chamouse Turoquia. As orixes medievais de Pontevedra, con case total seguridade, gardan relación co reinado de Fernando II de León. A aparición dun documento, en 1163, que recolle a doazón por parte de dito rei da metade da igrexa de Santa María ao mosteiro de Poio, así o corrobora. Pontevedra, ao igual que na época romana, ten ligado o seu destino ao Lérez, a ponte e os camiños. A vella ponte desapareceu (Vetula Ponte), dando paso, no medievo, a outra que tivese un protagonismo maior e axudase a sentar as bases dun novo núcleo que non deixou de medrar ata os nosos días. A súa topografía no século XII vese claramente condicionada por atender a dúas funcións loxísticas: O control visual da ría e o territorio circundante e a defensa da cabeceira da ponte. O máximo esplendor da vila acontece no sc. XV, cando se constrúen as catro igrexas medievais da cidade.

O TEU XORNAL EN GALEGO

Outórganlle a capitalidade provincial en 1833. Algunhas localizacións a visitar: Igrexa de Santa María (Gótico Serodio): O cerne da cidade estableceuse ao redor desta igrexa. A orixinal esmoreceu a finais do sc. XV dando paso á nova construción. O gremio de mareantes foi o gran benfeitor para a súa construción. Naquel momento esta irmandade era das máis representativas na bisbarra, grazas a que conseguira que a pesca da ría se xestionase dende a vila. Foron as xentes mariñeiras as que levantaron este templo, que no sc. XX pasaría a ter a categoría de basílica. Igrexa de San Bartolomeu O Vello: A edificación orixinal tivo igual destino ca anterior. Temos referencias da primeira construción dende o século XIII, posteriormente( sc.XV- XVI), os xesuítas edificaron a nova igrexa, baseándose no barroco romano. No sc. XIX demoleuse e no seu lugar construíuse o Teatro Principal.San Domingos (sc.XIV-XV): Conserva só as ábsidas e a entrada ao capítulo, aínda que na súa traza poden entreverse as cinco capelas, excepcionais na arquitectura da súa época. No seu interior estableceuse a sección lapidar do museo de Pontevedra. As Murallas: Na época medieval a existencia da muralla dá titularidade a unha vila, outórgalle un status e identifica a súa poboación e as rúas. Fóra delas sitúanse moitos gremios e traballos que por determinadas características (loxísticas, saúde pública…) non poden levarse a cabo intra muros. O primeiro recinto amurallado constrúese a carón e ao redor da Igrexa de Santa María no sc. XII. Sufriu ata tres ampliacións en diferentes períodos, a última a mediados do sc XV. A finais do sc XIX acometeuse o seu derrubamento. Aínda podemos apreciar restos e testemuñas da súa existencia. Un exemplo é a Porta da Vila (sc. XVIII). Museo de Pontevedra: Insti-

tución dedicada á difusión da cultura e as humanidades no ámbito de interese galego, da vila, da provincia, pero tamén universal. Visitaremos a maioría dos recintos dedicados ás exposicións e os seus fondos, a historia e o contexto cultural e arquitectón Pedro Madruga, Paio Gómez, Suero Gómez e Tristán de Montenegro, persoeiros fundamentais para entender a historia desta cidade, terán protagonismo nesta xeira, retallos da súa pegada están presentes en moitos recunchos e rueiros da vila. Pontevedra posúe uns dos conxuntos históricos máis fermosos, máis paseables e mellor conservados de Galicia . As Prazas da Ferrería, da Peregrina, da Verdura, da Leña, etc conservan infinidade de elementos arquitectónicos (pazos, casas nobres, escudos, etc) e tamén lendas e moita historia que fan desta xeira unha das imprescindibles.

CARACTERÍSTICAS DA XEIRA DATA: 7 de Abril de 2017 GUÍA: Manuel Lourenzo González (Profesor de Lingua e Literatura Galegas, escritor) Colaboracións: Museo de Pontevedra HORARIO APROXIMADO SAÍDA DO AUTOCAR Sábado: 8:30 de Gondomar, dende a explanada do Pavillón de deportes. CHEGADA: Sábado, aproximadamente ás 21.00, ó mesmo lugar de partida. Para anotarse á Xeira haberá que chamar ao IEM ao teléfono 986 360575, de luns a venres de 18.00 a 21.00, ou escribir un correo electrónico a oficina@ iem.gal

PREZO SOCIOS/AS: 40 EUROS PREZO NON SOCIOS/AS: 45 EUROS Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164 O prezo inclúe a viaxe en autobús de 56 prazas, o seguro, xantar, as visitas ós museos e guía.

O

medo é coma un gabán que nos protexe do frío e da choiva. O medo é a rede na caída. A luz intermitente do faro na máis plena das escuridades. O medo, coma ben sabedes, é o instinto animal que nos empurra a conservármonos a vida por riba de todas as cousas. En outras moitas situacións, o medo, non é máis ca un lastre no peto. O peso morto onde fondean as gamelas na ría e que levamos nas nosas costas. O medo é a falla de aire que non nos deixar camiñar cara os nosos soños. O medo é un furado no peito. No entanto, o medo, en mans de políticos psicópatas, que tanto lles ten o ben do pobo co fin de perpetuar os seus privilexios, convértese nunha arma dobregadora de vontades, no acto máis violento, brutal e terrorífico do ser humano. Nestes casos, o medo e a mentira, as leis do medo, adoitan ser bos aliados. Polo tanto, e tendo en conta estas permisas, estou en situación de afirman que esta raza de políticos charlatáns e vendefumes son uns auténticos depredadores. Responsables de cada ferida, de cada golpe, de cada bágoa, de que os neboeiros ditatoriais de tempos escuros cubran os nosos ceos. Ca lei do medo, a nós, alonxàronnos da terra, do mar, do universo, dos cambios estacionais que fixaban o noso xeito de vida e, tamén, da memoria. Ensináronnos a ir cara adiante, a fuxir sen máis ferramentas có esquecemento. E así, os medos seguen nos caixóns que fomos enchendo ao longo dos anos, porque nesta vida nada morre e nada se esquece. Co goberno do medo afastáronnos dos nosos semellantes. Construímos altos muros cas nosas mans cegas onde o único importante è o individuo fronte o colectivo. E é neste illamento onde un adormece, apodrece e nalgún intre perde a esperanza no ser humano, pois de pouco vale o pronome eu se non temos a ninguén à nosa beira. Tocounos vivir sen facer moita pregunta, sen cuestionar o presente, sen condenar o pasado, cobizosos do futuro, cos ollos cravados no horizonte coma nenos que soñan con chegar á inalcanzábel curvatura terrestre que separa o ceo do mar. Era a miña intención comezar este ano con toda a ilusión dun neno cun agasallo novo, enchendo os pulmóns de aire, contando ata tres antes de estourar, antes de cometer un erro e antes de baixar os brazos. Era a miña intención guindar con esta lousa que levo no peito e camiñar, amodo, un pé detrás do outro pero teño que recoñecer que non está sendo tarefa doada. Non é doado loitar contra a inxustiza cos pes espidos e sen máis ferramentas cá palabra, sen violencia, sen mentiras. Non é doado enfrontarse á mentira, á inxuria, á voracidade, ao abafante alento das cloacas do estado sen máis ferramentas ca palabra. Non é doado asomarse á fiestra do mundo e contemplar coma o medo, a mentira e a violencia son os eixos deste carro que nin asubía nin canta.


Finais de marzo 2018 [ XXIII]

VAL MIÑOR

"O obxectivo é darlle estabilidade a este servizo ante a dificultade que supón cubrilo ao cen por cen

Programación de actividades do OMIX para o ano 2018 GONDOMAR.

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar dirixida por Nuria Lameiro Valverde, invita a toda a mocidade do concello a pasarse pola OMIX de Gondomar e informarse do abano de accións que temos en marcha para este ano 2018. Propomos a mocidade accións formativas, culturais, educativas e de ocio de diversa índole. Arrancamos con accións formativas, no mes de marzo estase levando a cabo un curso de tramitación electrónica, un curso de operador/a de carretillas elevadoras, en maio animación hospitalaria infantil e para outubro un curso de operario/a industrias alimentarias. En canto accións culturais e educativas presentaremos no mes de abril o XII Certame Fotográfico Viaxando, para o mes de xuño un taller de programación de videoxogos, no mes de xullo un curso de DJ e outro de per-

cusión e por último uns obradoiros científicos para o mes de novembro. Dentro das accións de ocio ofrecemos dúas actividades de ocio en familia repetiremos a Gymkana este ano con temática medioambiental e un día de aventura en familia nun parque de multiaventura. A Concellería de Xuventude irá informando puntualmente dos prazos de inscrición para poder participar . Non queremos esquecernos de dous programas moi interesantes para a mocidade e que durante todo o ano os podes xestionar dende a Omix. Un é ,o Carné Xove; un carné para que os mozos e mozas de 12 a 30 anos ob-

teñan un desconto nos distintos comercios adheridos a nivel local, autonómico, nacional e europeo, en Gondomar temos 25 comercios adheridos ata o de agora, en breve realizaremos unha campaña de difusión. E o outro programa é o de Garantía Xuvenil, a OMIX de Gondomar é unha oficina SIJ na que a través des iniciativa europea se pretende facilitarlles o acceso ao mercado laboral. Pásate pola OMIX e infórmate , tamén podes chamar ao 986,369,746

TABERNA MAGARIÑOS Torre 5 A Couso, Gondomar 986 197 908


[ XXIV] Finais de marzo 2018

AS ENTREVISTAS DE VERÓNICA (V)

AleJAndro lorenZo. pp o porriÑo.

“XA ESTá BEN DE QUE O PP, ESTEA NO GOBERNO OU NA OPOSICIÓN, SEXA O QUE SEmPRE LEVE AS CULPAS DE TODO” Alejandro é o alcalde pedáneo de Chenlo, e desde que Nelson deixou de ser o referente da dereita porriñesa asumiu o papel de líder dos conservadores da nosa vila. Conversamos con él para coñecer a súa visión da actualidade política, e o que presuntamente será o candidato popular a disputar a alcaldía nas eleccións do 2019, como sempre, atendeunos con moita amabilidade. -Moitas grazas por atendernos Alejandro Moitas grazas a vós por contar coa opinión do PP de O Porriño. -Como van as cousas por Chenlo? Seguimos intentando mellorala. Chenlo é unha parroquia pequena con poucos habitantes contamos con escasos recursos. Está claro que a regra de gasto que se nos fan cumprir por parte do estado , imposibilitan

facer mais cousas das que nos gustaría facer. No momento que o estado abra a posibilidade de poder gastar o que temos pois investirémolo si ou si na Parroquia. -O pasado día 6,o goberno municipal de Porriño aprobaba, por primeira vez nos últimos seis anos uns orzamentos. Agás o PP,o resto de forzas de oposición facilitaron a aprobación, co seu voto favorable EU-SON e a

concelleira non adscrita, e coa súa abstención o BNG. Explícanos o voso voto en contra? Quero que quede moi clara a boa vontade e o talante construtivo do PP de O Porriño. Ao meu xuízo non foi en absoluto correspondido polo goberno municipal. Como é posible que ningunha das nosas emendas fose atendida positivamente?. Nós presentamos emendas nas que se pretendía mellorar distintas facetas como por exemplo a atención a distintas asociacións e clubs deportivos excluídos polo goberno. Asemade solicitamos emendas importantes para abastecemento nas parroquias que para nos é prioridade absoluta. Alén de facer caso omiso a todas as nosas achegas, tampouco nos foi facilitada toda a documentación. Das 17 emendas que presentamos ningunha foi do seu agrado. Considero que queda moi claro quen intentou aportar, e quen tomou unha posición sectaria. Intentamos negociar varias veces existiron boas palabras pero só iso palabras. Por outra banda no noso voto negativo tamén influíu que se incluíuse unha partida para limpeza cercana os seis centos mil euros, e estes traballos sempre se fixeron con empregados municipais. Por último nos anos 2016,2017 gastáronse tres millóns de euros en limpezas de áreas desbroces e demais e agora destinan mais de medio millón¡¡¡. É algo que non se explica o que está pasando no concello de O Porriño. -O PP tivo a vontade de negociar o seu voto? Rotundamente si , pero foron eles os que non quixeron as nosas achegas e ao parecer ningunha lle gustaba . Está claro que por exemplo o BNG presenta ,ou calquera outro grupo que no sexa o PP, e se lle poden incluír e se fan menos as nosas ,polo mero feito de ser nós o PP.... sexan boas ou malas é un non sistemático. -Cal foi a resposta do goberno municipal ás vosas pretensións de negociación?

Todo foron boas palabras todo moi bonito ,pero dixeron que non daba tempo porque o fixeramos tarde cando iso no era certo porque 20 dias antes presentamos na comisión informativa que foi antes do pleno e nin figuraban as nosas emendas . -Como serían os orzamentos ideais dun goberno do PP? Máis que falar do PP considero máis axeitado referirme ao interese xeral do Concello de O Porriño. E quero dicir con rotundidade que Porriño ten unha conta pendente coas Parroquias e co seu saneamento porque é unha necesidade inexorable nun concello como Porriño cos presupostos que ten, os habitantes e a industria e ingresos que ten .O Porriño te un 30/40% DO SANEAMENTO das Parroquias e no hai ningunha escusa para ningún Goberno de antes ou de agora para que isto sexa así. Ten que ser para este goberno municipal primordial, hai moitas cousas que atender no centro do pobo pero nas Parroquias debe ser a prioridade o Saneamento. -Ata este ano, o concello estivo traballando cos orzamentos prorrogados do 2.012. No 13, no 14 e nos 5 primeiros meses do 15, o PP Gobernou O Porriño con maioría absoluta e non levastes ningún orzamento a pleno. Por que? Iso non significa que se deixaran , si é verdade que o PP debería levar a cabo uns presupostos pero debido as limitacións que os concellos teñen coa regra de gasto e outros motivos fomos traballando cos do 2.012. -Por que motivo O Porriño non ten un plan xeral actualizado?. O PP que gobernou con maioría absoluta no mandato anterior a Eva, ten algunha responsabilidade nesta situación? Máis que Eva que si a ten como alcaldesa está o concelleiro de Urbanismo , que dixo que era o seu obxectivo primordial e creo que non debe ser para este goberno senón para toda unha corporación


Finais de marzo 2018 [ XXV]

ENTREVISTA / VIGO -Fainos unha valoración global do goberno PSOE/UDDL? Eu xa estou canso de que se diga que a culpa sempre ven por parte do PP estando ou non no goberno. Realmente Eva investiuse con 9 concelleiros pois se debe tomar que contan con maioría absoluta porque nos somos 8.Eses 9 son os que teñen que explicar o que esta pasando en Porriño , xa miramos as obra que se fan , os cartos que se derrochan .No ano 2015 en festas eran trescentos trinta mil euros e agora eles gastan seiscentos corenta mil euros .Se falamos de partida por partida non rematariamos coas comparacións. A xente é a que debe valorar o que se facía antes con ese diñeiro e o que se fai agora co doble de gasto. -Cales son as principais necesidades de O Porriño, para o PP, e como as abordaría un goberno voso, se no 2.019 obtedes a confianza maioritaria da cidadanía? Mais que pensar no 2019 temos que seguir pensando neste ano no dia a dia e queda moito que percorrer e temos moitos ideas para como queremos que sexa no casco urbano do Porriño, e nas parroquias .Nós non renunciamos a traballar arreo no que queda de mandato para que a xestión municipal se faga moito mellor. -Se a aritmética municipal que saia das eleccións so 2.019 fai que precisedes do apoio de Manuel Carrera e Marcelino Coto(no suposto de que se presenten e de que acaden representación) falaredes con eles?, ou esas relacións están rotas, soterradas e sen posibilidade algunha de recuperación? O partido non se leva mal con ninguén pero o que esta claro que se queremos gobernar temos que sacar maioría absoluta -Que ten que dicir o PP do tema do Lindano? É algo que esta aí queda moito por traballar a Xunta de Galicia e o Concello teñen a tarefa de ver todo o que existe e

executar un plan de descontaminación. -Vas ser ti o candidato do PP ás eleccións municipais do 19?.Xa sei que me vas dicir que é pronto para falar dese tema, pero supoño que xa teredes algo planificado? É algo que esta no aire todo o mundo me pregunta sobre iso e algo que me preocupa e á vez non. A palabra final terana os afiliados e o partido. -No caso, como parece, de que sexas ti o cabeza de cartel vas contar con Carlos Martínez no teu equipo de traballo? Carlos é alguén fundamental que sempre esta ai e debe seguir no grupo do PP no concello e O PORRIÑO . -Cal é a túa opinión da folga de mulleres do pasado día oito? A miña parella dime que debería facerme algunha foto lavando pratos ou calquera outra cousa da cotidianidade dunha casa , entón con isto xa o digo todo ... e o que si creo que debe ser todos os días o dia da muller non só un, senón levalo a un día a día de traballos, dereitos, e deberes en igualdade entre os homes e as mulleres. -Como se porta esta DEP con O Porriño segundo o teu criterio; igual, mellor ou peor que a DEP que gobernabades vós con Rafa Louzán como presidente? Na época de Rafa Louzán podo dicir que a DEP fixo moito polo concello e as parroquias , na parte de Chenlo fíxose un centro cultural no pobo tamén se fixeron obras importantes ... agora hai aprobados un Millón de euros que están no boletín pero de momento non pasaron do papel. -Nada máis Alejandro, moitas grazas pola túa atención e tes as nosas páxinas ao teu dispor para trasladar a mensaxe que desexes aos teus veciños e veciñas? Vamos seguir traballando día a día para a mellora do concello esteamos na oposición ou no goberno. Para o vindeiro 2019 se a veciñanza nos dá a confianza necesaria teño a certeza de que se verán en positivo os froitos desta labor .

A Xunta desaproveita os fondos do Plan Juncker VIGO.

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou ao goberno galego de desaproveitar os fondos do Plan de estímulo á economía europea, coñecido popularmente como Plan Juncker, que distribúe en torno a 5.600 millóns de euros en España dende 2016. No debate dunha pregunta oral en Comisión, criticou que a Xunta sexa incapaz de explicar a que destina estes fondos. O responsable socialista explicou que, de acordo co peso de Galicia no conxunto do PIB estatal, esta debera beneficiarse de entre 250 e 300 millóns de euros de investimento directo do plan. Sen embargo, o goberno galego tan só da conta dun “posible proxecto de ecobarrio en Ourense e unha empresa madeireira que imaxinamos que debe ser Finsa”. Lamentou o aparente desinterese do goberno galego por aproveitar estes fondos dos que España é o segundo país beneficiario da UE, con 5.600 millóns de euros, inmediatamente despois de Francia. Puntualizou que nos datos publicados polo Banco Europeo de In-

ABEL LOSADA.

vestimentos figuran as partidas para autonomías como Castela A Mancha, País Vasco, Andalucía ou Canarias, pero non para Galicia. Losada advertiu que “a parte discursiva estalles moi ben, pero cando poñemos os números sobre a mesa é cando a Xunta comeza a patinar”. Criticou que a Xunta desaproveite estas posibilidades de investimento cando xa no Plan Estratéxico 2010 auguraban unha renda media do 95 por cento do Estado para 2014, pero a realidade é que en 2016 esta situouse no 82 por cento. Ademais criticou a falla de transparencia nas subvencións do goberno galego, cun escurantismo que chega mesmo a incumprir a obriga legal de facer públicas tódalas subvencións no Rexistro Nacional.


[ XXVI] Finais de marzo 2018 ENTREVISTA

SuSo Seixo. VíA gAlegA.

“VÍA GALEGA NACE PARA A DEFENSA DOS INTERESES E DOS DEREITOS NACIONAIS DE GALIZA” Na gala que A Nova Peneira celebrou no 2017 dabámoslle un dos premios máis queridos para nós ”TODA UNHA VIDA NO COMPROMISO SOCIAL” a Suso Seixo, daquela secretario xeral da CIG. Hoxe xubilado da máxima responsabilidade na central sindical, Suso insiste en cargar de contido as razóns que nos motivaron a concederllo, pois seica segue na primeira liña no compromiso desinteresado coa súa conciencia, e cos que comparten a súa forma de entender a realidade. Suso preside a fundación Moncho Reboiras ,cun papel moi destacado no nacemento da plataforma VIA GALEGA. Como che vai a vida Suso?. Semella que após abandonar a responsabilidade da secretaría xeral da CIG estás en máis “batallas” agora ca antes? Non, o que pasa e que sigo activo no traballo social e político, especialmente a través da Fundación Moncho Reboiras, e agora colaborando, como representante de dita fundación, na posta en marcha da plataforma social VÍA GALEGA Cóntanos que é Vía Galega? Pois é unha Plataforma social, integrada por organizacións, colectivos e entidades sociais de diferentes eidos, que busca desde a lealdade e a colaboración, unificar esforzos e complicidades para unha mellor defensa dos intereses e dos dereitos nacionais de Galiza, partindo da aceptación de dos principios básicos, Galiza é unha nación e ten dereito a exercer libremente a súa autodeterminación. O pasado 3 de marzo presentástela en público. Como foi a presentación? Ben, cumpríronse as expectativas que tiñamos previsto. Asistiron á presentación ao redor de duascentas persoas, as que lle explicamos os motivos do nacemento de VÍA GALEGA, o traballo que tiñamos previsto facer nos próximos meses, informóuselles dos nomes das cincuenta entidades que nese momento integraban a Plataforma, hoxe xa hai algunha máis, e percibimos que hai moita xente que ve con interese e sente a necesidade de que se consolide

en Galiza unha plataforma social como Vía Galega. Sufrimos descaradamente o boicot, en xeral, dos medios de comunicación, o único que asistiu foi SERMOS GALIZA, a pesares de ser moitos os medios convidados, o cal denota o enorme control político e ideolóxico da grande maioría dos medios de comunicación en Galiza, o seu desinterese por dar conta da nosa realidade social e, no fondo, a falla de liberdade de información e o manipulada que está a mesma. Aproveito, por certo, para pedirvos desculpas por non tervos avisado a A NOVA PENEIRA da celebración deste acto. Cales son os motivos que impulsaron o seu nacemento no momento presente? Fundamentalmente dous. Por unha banda, o retroceso que se está a dar en dereitos e calidade de vida das clases populares galegas, moi relacionado co deterioro do que é a base material e inmaterial do noso país. O noso sector primario segue a perder capacidade produtiva e polo tanto emprego, tanto real como potencial; seguen a emigrar todos os anos miles de mozos e mozas galegas cara outras partes do mundo; o noso sector financeiro e moitas empresas de capital galego están pasando a estar controladas por capital estranxeiro; segue o espolio dos nosos aforros, materias primas e enerxía eléctrica; perdemos poboación e a que queda

cada vez está máis avellentada; a nosa mocidade cada vez vive máis nun ambiente español falante, co que iso supón de perda de galego falantes de forma rápida e constante, coa colaboración consciente do PP e a Xunta de Galiza……, en definitiva perdemos peso como país a nivel económico, demográfico e político e a maiores está a perigo a nosa identidade e o noso futuro como pobo diferenciado. Por outra banda, a sociedade galega non pode permanecer allea, indiferente, ou xogar un papel marxinal, no debate que se está a dar con forza, e moita virulencia por parte das forzas do réxime, a raíz do caso catalán, sobre o carácter plurinacional do Estado español e o recoñecemento do exercicio do dereito de autodeterminación. Galiza como nación ten que

estar presente neste debate, darse a valer na súa condición de tal e no recoñecemento dos seus dereitos, actuar solidariamente coas organizacións políticas e sociais que democraticamente están a defender eses dereitos para Euskadi e Catalunya, e denunciar o carácter antidemocrático e o cheiro franquista deste réxime monárquico e a política represiva que está a seguir o goberno e os tribunais de xustiza españois contra o nacionalismo e o pobo catalán mobilizado, coa inestimábel colaboración de toda a esquerda española tradicional. E todo isto é importante que o faga o pobo galego organizado, esa Galiza viva representada nas organizacións sociais, e é importante tamén que esa defensa de Galiza como nación e o exercicio do dereito de autodeterminación, se


Finais de marzo 2018 [ XXVII]

ENTREVISTA faga desde unha perspectiva e unha necesidade social. Cales son os obxectivos e expectativas de Vía Galega no inmediato e no longo prazo? O principal obxectivo e crear un movemento social amplo ao redor da defensa deses dous principios democráticos, Galiza é unha nación e ten dereito a exercer a súa autodeterminación, e traballar nos diferentes ámbitos para que estes dous principios terminen sendo asumidos e defendidos pola maioría da sociedade galega. Con esa iniciativa e esas perspectiva nos imos mover no curto e longo prazo. Como tedes pensado regularizar o traballo orgánico cotián? Temos constituído un Plenario, onde participa unha representación de todas as entidades con presenza na Plataforma, que será o encargado de definir as grandes liñas do traballo a facer. Constituíse tamén unha Coordinadora para levar o traballo máis do día a día e na que están representados todos os sectores aos que pertencen as entidades que integran Vía Galega. Polo que respecta á toma de decisións, tense acordado que as mesmas se fagan dunha maneira o máis ampla e consensuada posíbel. Vexo que é posible adherirse a Vía Galega quer individualmente quer a modo de colectivo, verdade?. Que pasos tería que seguir unha persoa ou/e calquera colectivo organizado, que desexe colaborar con Vía Galega? En principio Vía Galega é unha Plataforma de entidades, organizacións e colectivos sociais. As adhesións de tipo individual, en principio, serían ao Manifesto Fundacional, pero queremos que teñan tamén unha participación directa na Plataforma e estamos a mirar cal sería a mellor maneira de que puideran facelo. A forma de adherirse individualmente ao Manifesto é entrando na nosa páxina

Web, viagalega.gal, e cubrindo o formulario que hai ao respecto. Polo que respecta á adhesión de colectivos, só teñen que enviar unha comunicación ao noso correo, coordenadora@viagalega.gal, manifestando o interese en formar parte da Plataforma e a partires de aí terán os mesmos dereitos de información e participación que o resto de entidades. Para ti, a transmisión da concepción de Galicia como nación, como un país no mundo, ás xeracións futuras está en perigo? Pois claramente si. Vivimos nun mundo cada vez máis globalizado, ao servizo das potenciais imperiais, no que se fomenta, a través das novas tecnoloxías da información e dos grandes medios de comunicación de masas, o individualismo e a uniformización da maneira de ser, dos costumes e da forma de pensar de toda a sociedade, eliminando toda manifestación crítica e toda forma de biodiversidade cultural e lingüística que non sexa a vinculada ás potenciais imperiais. Si isto é un problema para moitas nacións soberanas, imaxínate para unha nación como a galega, sen soberanía, colonizada, co que iso supón de falta de conciencia nacional e de infravaloración do propio, e a maiores, no noso caso, cun goberno galego que non só non defende Galiza se non que fomenta o complexo de inferioridade e o autoodio. Falemos da CIG. Como valoras o traballo do teu sucesor Paulo Carril? Pois moi positivamente. Ten cualidades moi importantes, nos tempos que corren, para estar á fronte dunha central sindical. É un compañeiro moi traballador, con moita iniciativa, coas ideas claras respecto do que hai que facer, do proxecto sindical que a CIG representa e o papel que como sindicato ten que xogar en Galiza, tanto desde unha perspectiva político-social, como de clase ou nacional. O seu bon papel como secretario

xeral penso que está garantido. En calquera caso, a clave e o futuro da central sindical está no colectivo. Na implicación militante e ideolóxica dos cadros da central sindical, dos centos de compañeiras e compañeiros que todos os días traballan pola CIG nos seus centros de traballo e desde os organismos de dirección da central sindical. En xeral a CIG ten xente moi válida. E a situación xeral da central sindical? Pois eu considero que é boa. Nos tempos difíciles que estamos a vivir, cunha forte precarización do mercado laboral, cunhas reformas laborais que ademais de provocar unha perda importante de dereitos supoñen un debilitamento real dos mecanismos de defensa da clase traballadora, pois neste escenario, sen renunciar a ningún principio nin a facer un sindicalismo combativo e de contra poder, situarse como primeira central sindical encanto a afiliación, estrutura, capacidade de mobilización, estar igualada coa primeira forza sindical encanto a representación nos centros de traballo, e ter autonomía financeira, é moi meritorio e é ilustrativo da boa situación da central sindical, o cal, por suposto, non pode levar a caer no conformismo, pois segue habendo moito que facer e sempre hai cousas que mellorar a hora de ser máis eficaces na defensa da clase traballadora galega. Botas de menos a secretaría xeral? Si, pero para ben, pois o deixar a secretaría xeral permite levar unha vida bastante máis relaxada, o cal veume moi ben para a miña saúde física e psíquica. A responsabilidade na secretaría xeral, así como a miña dedicación durante moitos anos ao sindicalismo nacionalista, foi unha etapa moi importante da miña vida, hoxe por razóns biolóxicas superada, da que me sinto moi satisfeito e que procurei facer con

"GOZA DE BOL TODO O FÚT CON NÓS"

coherencia e responsabilidade, tanto no persoal como no ideolóxico. O que pretendo agora e seguir a colaborar no fortalecemento da CIG, e do nacionalismo en xeral, pero desde unha perspectiva e nivel de compromiso diferentes. Remato Suso, cunha consideración e unha última cuestión, a mesma que lle formulei a Suso de Toro o mes pasado: Estiveches na nosa gala do 2015, tamén estiveches na do 2017. Date por convidado á do 2.019 que será o último sábado de xaneiro, agardo contar contigo... Por suposto, será un pracer, alí estarei. Eu teño unha filla de 12 anos, para min é Mariña, para o resto do seu contexto é Marina. Como o seu contexto é máis numeroso ca min, ela séntese Marina. Ti pensas que algunha vez daranse as condicións para que algún día, por si mesma poida sentirse Mariña? Eu quero pensar que si. É certo que as circunstancias non son favorábeis na medida en que a sociedade galega cada vez está máis españolizada, tanto polo papel que xogan os medios de comunicación de masas, como polo propio papel do PP, a través da Xunta de Galiza, de menosprezo e abandono na defensa e uso do galego, e todo iso inflúe moi directamente na xente moza. Agora, tamén é certo, e falo por experiencia propia cos meus fillos e o de outros compañeiros e compañeiras, na medida en que no ambiente familiar en que se desenvolven viven con normalidade, respecto, dignidade, orgullo e sen complexos o de ser cidadáns dunha sociedade diferente e única, como é a galega, segundo van madurando como persoas, normalmente, van asumindo e mesmo reivindicando a súa condición de galegos e galegas. Eu agardo que coa túa filla tamén termine sendo así.


[ XXVIII] Finais de febreiro 2018 PUBLIRREPORTAXE

ARS CANIS VETERINARIA OS CAMIÑOS DA VIDA CONDUCIRON A QUE UN COMPAÑEIRO DESTE XORNAL TIVERA QUE LEVAR AO SEU CAN A UNHA CONSULTA VETERINARIA. ALÍ COÑECEMOS A PEDRO, DA VETERINARIA ARS CANIS, EN CABRAL VIGO NA RÚA DA PONTE NUM 7, E CON EL DESCUBRIMOS A UN HOME PROFUNDAMENTE SENSIBLE E A UN EQUIPO DE PROFESIONAIS VETERINARIOS DO MÁXIMO NIVEL.

PEDRO ESTÉVEZ: “DESPOIS DE 21 ANOS DE TRABALLO ININTERROmPIDO, SIGO A SENTIR PAIXÓN POLA PRáCTICA VETERINARIA”

Cales foron os motivos que te levaron a ser veterinario? Sen dúbida foi un camiño claramente vocacional, xa de moi neno sentía verdadeira paixón polos animais, e acabei facendo a carreira en Lugo. Como recordas a etapa da universidade? Eu creo que como case todo o mundo, con moito cariño e tamén con certa nostalxia. Lugo é unha cidade pequena pero moi amigable e acolledora. E a túa etapa profesional como comezou? Cunha bolsa do IGAPE, estiven un ano traballando na zona de Fisterra nunha clínica veterinaria, ata que en 1997 canda a un compañeiro montamos esta clínica na AVDA DA PONTE, na parroquia de Cabral. ARS CANIS Leva 21 anos ininterrompidos de actividade? Efectivamente, e como tiñamos moito traballo, 5 anos despois abrimos outra clínica en Peinador; a clínica VAL DA LOURIÑA. Eu tamén son nativo desa zona de Mos, e recoñezo que a terra tamén me tirou. Como distribuídes o traballo? Normalmente eu estou máis en Cabral e o meu compañeiro Miguel en Peinador, malia que agora mesmo somos 4 veterinarios, dous en cada clínica. Despois de máis de 20 anos practicando a profesión podes dicir que aínda te ilusiona o teu traballo? Dígoo con toda rotundidade. O meu traballo é emocionante, enriquecedor, xa que é un continuo proceso de aprendizaxe. Se non te ilusionas e aprendes constantemente quedas atrás de contado. Cales son os principais servizos que ofertades? Esencialmente traballamos no mundo das mascotas, especialmente cans e gatos. Facemos consulta xeral, análises clínicas, raios X, ecografías, cirurxías.. Outro tipo de mascotas como paxaros ou roedores tamén consultades? A atención xeral si, pero tendemos a derivar os casos que nos cheguen a

outras clínicas especializadas nese tipo de animais. Por outra banda quero destacar que traballamos o mundo da reprodución canina, tamén nos dedicamos ao comportamento dos animais. Que interesante¡¡.Unha pregunta relacionada con este tema; cando unha mascota é especialmente agresiva, as razóns son de tipo xenético ou ambientais? Hai parte xenética, e parte contextual, dependendo do caso predomina unha ou outra. A agresividade dunha mascota, cunha terapia de comportamento adecuada, pódese mudar? Si, pode mudar. Primeiro habería que estudar o caso con rigor, determinar as causas da agresividade, e finalmente deseñar un protocolo de actuación para tentar que cambie. A agresividade dos cans, é un problema de saúde que hai que tomar en serio. Ti xa levas máis de dúas décadas de experiencia. Neste tempo a tipoloxía de cliente que acude a unha

consulta veterinaria cambiou moito, ou é semellante? E tanto que si. Hai vinte anos arredor do 90% de persoas que entraban na consulta era a primeira vez que viña a un veterinario. Caramba¡, e agora? Agora xa hai máis cultura e sensibilidade cara ao benestar animal. Vaia, xa que logo a sensibilidade cara aos animais, é maior agora ca antes? Si, mellorou unha barbaridade. Cada vez máis xente ten a conciencia de que os animais senten e padecen coma nós. Pero aínda queda camiño por avanzar nese terreo, non? Si, desde logo. Xente desalmada hóuboa no pasado, haina no presente e haberaa no futuro. Malia que como che dixen avanzouse moito, e os avances no trato cara aos animais, ao meu xuízo son un termómetro para medir a saúde dunha sociedade. Cal é a opinión dun profesional

coma ti das campañas de castración que distintas asociacións desenvolven nas colonias de gatos das rúas? É absolutamente necesario para controlar as poboacións, alén de proporcionar aos gatos unha mellor calidade de vida. Todas as persoas estamos preparadas para ter unha mascota Pedro? O que podo dicir é que cando alguén estea pensando en adquirir unha mascota, é convinte que se achegue a unha clínica veterinaria para recibir asesoramento sobre as necesidades do animal, tanto as alimenticias como as sanitarias. Cales son as enfermidades máis habituais? As dixestivas e as cutáneas. E que tipo de alimentación recomendas? Eu non son moi taxativo nese terreo, xa sexa comida de casa xa sexa pienso, sempre que sexa unha alimentación rica variada responsable e de calidade está ben. Eu, que con toda humildade, creo que podo dicir que son unha persoa sensible, non alcanzo á das persoas que son capaces de querer tanto a un animal como a unha persoa. Ás veces desde fóra pode parecer un tanto frívolo, pero o cariño a lealdade e o amor que podemos recibir dun can son ás veces tan inmensos, que eu entendo perfectamente ás persoas que se implican afectivamente dese modo coas súas mascotas. É certo que sempre dá máis o can á persoa que á inversa? En liñas xerais, eu penso que si. Se puideras volver a vista atrás serías veterinario? Sen dúbida. Despois de máis de 20 anos séndoo podo dicir que sigo sentindo paixón polo meu traballo. Nada máis que me queda que darlle as grazas emocionado a todas e todos os meus clientes pola súa confianza, aquí estamos para o que precisen. Outros 20 anos? Polo menos... Moitas grazas.


Finais de marzo 2018 [ XXIX]

OPINIÓN

A

ANA HERMIDA Asociación Lisístrata

sistimos neste mes a unha presencia feminina nos medios á que non estamos afeitas, medios polo visto moi comprometidos coa causa feminista, os mesmos que levan o resto do ano nas súas páxinas publicidade machista, ofensiva e denigrante para as mulleres, os que o resto do ano nin saben que existimos, os que cando informan da morte dunha muller a mans dun terrorista machista, seguen a dicir que “morreu”, ese xornalismo tan ético que cando informa de deportes é refíríndose á beleza da deportista, ou ao modelo que leva, ou á súa vida amorosa… Pero non só foron os medios os que encheron as páxinas para referirse ás mulleres, que va! aí estaba, como non, a clase política! esa que sempre quere tirar proveito do que fai a sociedade, a que baila ao son que máis lle convén, absolutamente todas queren apoiarnos en datas sinaladas, que casualidade, verdade? Pero como son tan negadas, nin eso saben facer. Resulta que a folga era tamén nas redes sociais, esas que son o espazo no que se moven sempre e onde viven na autocompracencia, sen elas non respiran, esas mesmas redes nas que nos contan a diario –a ser posible con videos e fotos para que se lles vexa ben- o que fan cada día, é dicir, o que din que fan: cando se erguen o día bonito que fai, cando van a unha manifestación o ben que locen diante da parcarta, cando están no seu despacho –pagado cos nosos impostos- amosan os cadros, fotos e o ben que viven á costa nosa, aos concertos que asisten

POLÍTICAS DE PATACÓN

grazas a nós, cando se deitan teñen que contarnos o moito que din que traballan por nós, etc. Non nos interesa nin a vosa vida, nin o que dicides, nin o que facedes, só vos esiximos que “traballedes”, sabedes conxugar ese verbo? imaxinades a unha gandeira co mobil todo o día poñendo, en facebook ou en youtube, cando se ergue de madrugada, cando muxe as vacas, cando limpa a corte, cando cansa ten que facer o traballo da casa, cando fai o xantar, cando volve a dar de comer aos animais, cando… non verdade? porque cando se traballa non se ten tempo de parvadas, o traballo ocupa o seu tempo, e cando se dispón de algún minuto, sabedes para que se usa? para descansar, porque logo virá a rutina de sempre. Políticas deste noso país, non tedes nin idea do que é traballar, deixade de ofender coa vosa vida de luxo –pagada cos nosos cartos que gañamos co súor do noso corpo mazado- ás traballadoras de verdade, por certo… algunha vez tivestes unha nómina que non fose relacionada coa política? Pois esta xente que tanto di apoiar ás mulleres e o feminismo quere estar sempre en primeira liña e coa pancarta ao lado, non vaia ser que non saia na foto, eso sería imperdoable! O que pasou este ano foi un logro das “mulleres anónimas”, nada lles debemos ás políticas de patacón, absolutamente nada. Se foi un éxito foi porque é un movemento do pobo, de feito estivo organizado de tal maneira para que grupos políticos non viñesen lixar ese

día, nin os sindicatos tampouco. É un movemento social e vós, políticas e sindicalistas, non estabades convidadas, si como mulleres e de xeito anónimo, pero eso… non mola, nonsi? nen sequera fostes quen de facer folga nas redes, igualiño que o ano pasado, ao día seguinte o primeiro que vimos foron as vosas caras de políticas, seica reivindicando cousas políticas e disque loitando como políticas. Así vos vai, o resto da sociedade tiramos por outro camiño, xa

non enganades a ninguén. Esta loita é das mulleres, un colectivo unido e apolítico, igual non entendedes o concepto. O ser muller non outorga a condición de feminista, e vós anque tedes ese xénero, distades moito de apoiar ás demáis, de feito sodes un colectivo moi corporativista, crédesvos por riba do ben e do mal, pero estades moi por debaixo do ben e moi por riba do mal. As mulleres somos intelixentes, non precisamos de ningunha salvadora ou salvador, chámese clase política ou sindical, sabemos pensar, dedicir e organizarnos por nós mesmas, non vos precisamos. Se queredes loitar con nós como mulleres anónimas e estades conforme coas nosas ideas, benvidas, agora se nos usades como xoguete político e queredes medrar a costa nosa, ides por moi mal camiño. Vémonos nas eleccións vindeiras… ou non, xa se sabe “cando as de abaixo nos movemos, as de arriba… acabades caendo”. E que dura vai ser a vosa caída.

MULTIFRENOS: RÚA TRAVESÍA DE VIGO Nº 62.VIGO CAMBIO DE ACEITE 20W 40 CASTROL 25€ PASTILLAS DE FRENO(CONSULTAR CATÁLOGO) 60€


[ XXX] Finais de febreiro 2018 REPORTAXE

CARLOS MÉIXOME Historiador

ANDRÉ G. MAYO

A REBELIÓN DAS BASES

O TRABALLO INFANTIL A P COmEZOS DO SÉCULO XX Historiador

C

ada neno que nace, non e unha boca que come, son dous brazos que traballan. Así o expresaba Mourelo, nas últimas décadas do XIX, no seu libro: A Condición de los niños labradores en Galicia. Estas declaracións, pódenos sorprender moito hoxe en dia, pero na Galicia de finais do século XIX e comezos do XX, era unha realidade de sobra aceptada por todos os membros da sociedade. No rural galego considerábase o mais natural que o neno traballara no campo, así, o pequeno, pouco a pouco, íase iniciando no traballo dos país con pequenas tarefas. José Rodriguez Mourelo, nacido en Lugo en 1857, foi o presidente de la Real Sociedad Española de Historia Natural, académico, químico de profesión e tamén conselleiro de instrución pública. Sería un dos primeiros en denunciar a terrible situación que vivían os nenos labregos na Galicia finisecular. No seo dunha familia traballadora do rural, onde os escasos recursos estaban destinados exclusivamente a subsistencia, que os nenos traballaran non era un desexo, era unha necesidade. O mesmo acontecía nas familias obreiras, onde a falta de poder adquisitivo, obrigaba as familias a busca duns ingresos extra que permitiran a súa subsistencia. Neste contexto hai que enmarcar o traballo infantil. Nas familias de clase media e da burguesía, a realidade era moi diferente. Os nenos vivían nunha especie de limbo social, asistían a escola, realizaban estudos superiores e a entrada no mundo laboral podía retrasarse moitos anos. Así o traballo infantil adquire un matiz de clase. A comezos de século, os nenos labregos comezaban a traballar moi cedo, coma un proceso natural, conforme os cativos ían xa tendo forza, comezaban a compaxinar xogos con labores. A idade dos 4 ou 5 anos, comezaban a iniciarse no traballo

agrícola, ían diante da xugada cando esta se aplicaba na leira, marcando o camiño para que os animais fixeran o furco dereito. Regaban os prados, transportaban auga, ían en busca de leña o monte, pastaban o gando. Con estas idades os rapaces consagrábanse nos labores duros do campo. A partir dos 7 anos xa se van perfilando a través das tarefas que realizan a diferenza de xénero, as nenas no ámbito doméstico, mentres que os nenos, no campo. Para a familia labrega a contribución de todos seus membros era fundamental para a súa supervivencia, non podían permitirse o luxo de prescindir da contribución dos cativos. Tamén de veciños, parentes, amosando unha concepción do traballo de carácter comunal. Así o traballo infantil presentase como un nexo nas relación cos familiares, en definitiva, ca sociedade. Os fillos das familias mais pobres, entraban a servir como criados nun fogar alleo xa dende moi pequenos nalgunha casa de labranza forte. Nos primeiros anos se pagaba ca comida e co teito, e conforme avanza o tempo, xa ían percibindo un soldo. O traballo industrial estaba moi mal visto, pese a iso, en anos como 1913, temos constancia del a través dunhas denuncias do partido socialista, de que en algunhas fabricas conserveiras da comarca de Vigo o traballo infantil esta suxeito a xornada laboral ordinaria de 9 horas e media O que queda patente, e o valor das contribucións infantís as economías domésticas das familias labregas, posto que en moitos casos podía tratarse de traballo pagado. Así a modo de conclusión remato cunha cita de Mourelo: A maior desgracia que podía acontecerle a unha familia galega, por pobre que for, era a de non ter fillos. Quedaba comprometida a continuidade da casa.

ercibo frustración ao meu arredor. A emerxente ilusión política de hai catro ou cinco anos esfumouse. Confiouse nas instancias políticas e estas defraudaron. Posiblemente a mellor imaxe da derrota sexa a de Alexis Tsipras asinando o terceiro rescate ao día seguinte de que millóns dos seus espartanos lle dixesen que non o fixese. Da frustración non saímos co ensimesmamento, con reproches ou autogabanzas, con desconfianzas e receos, senón con acción e atrevemento. Agora de novo terá que ser a mobilización social a que abra o camiño ao cambio político, como sempre, pero para unha nova frustración neste estado latente no que leva o noso país nas últimas catro décadas? Un territorio fracturado pola navallada da autoestrada. A unha beira na procura da supervivencia monotemática turístico –gastronómica ou nunha das plantas de montaxe e distribución. Na outra un deserto avellado en agarda dalgún segredo mineiro agochado. Unha xente sen confianza, nin esperanza, cuns cantos resistentes agardando polo sacrificio persoal ou o momento do abandono. Unhas elites e uns medios preocupados por prolongar o tempo de encher os petos. Os que compartimos esta basta descrición non temos moita marxe de manobra: só podemos agrupar forzas e definir obxectivos, ou permanecer na latencia da derrota de quen nin concorre á batalla. Só hai batalla se se pode gañar. Coa derrota segura fica a supervivencia, minorar os estragos ou a inmoral rexouba porque aos amigos lles foi aínda peor. Esa permanente disputa entre os que compartimos a substancia dos diagnósticos e dos tratamentos só é explicable en termos freudianos. Persoais, xa que logo, inútiles para calquera proxecto de transformación social e moito máis en situación extrema. E a nosa, a de Galicia como país e as súas clase populares éo, mesmo con ameaza de extinción das xentes, do territorio e da cultura propia. Estamos precisos dunha ampla conxunción de forzas nun proxecto de salvación nacional-popular. Non confío moito, mellor dito, nada, en que, entre elites que deciden sobre as precisas forzas a conxugar, haxa a máis mínima intención de considerar esta posibilidade. Así que só cabe agardar, con ilusión de iluso, a que a mobilización social llela acabe esixindo e as bases desas forzas impoñendo a través da rebelión, dunha rebelión cívica interna para crear unha desobediencia social construtiva que permita inverter o proceso de exterminio. Temos uns meses para facelo e poder ir á batalla en 2019. Hai gañas de facelo? Estou seguro que agrupación e obxectivos podíanse acordar simplemente tomando un café, por exemplo entre Luís Villares, Ana Pontón, Martiño Noriega e alguén máis que o desexase. O café págoo eu.


Finais de marzo 2018 [ XXXI]

OS SITIOS MÁIS CURIOSOS DO MUNDO IX G.FIGUEIREDO

Hoxe imos falar de Illa Palmira, un misterioso atolón que se atopa no norte do Pacífico Ecuatorial, a uns 1.000 quilómetros ao sur de Hawai, esta paradisíaca illa é un anel con formacións de coral que crecen ao longo do bordo dun antigo volcán afundido.

“A ILLA PALmIRA, A ILLA POSUÍDA”

I

lla Palmira está deshabitada e ten 3,9 km² de superficie emerxida, situada na parte central do océano Pacífico. É un dos lugares máis remotos do planeta, superando os 5000 quilómetros de distancia a calquera masa continental, localizado case directamente ao sur das illas hawaianas, aproximadamente na metade do percorrido entre Hawai e Samoa. Os seus 14,5 km de costa teñen un fondeadoiro coñecido como West Lagoon (Lagoa Occidental). Palmyra é un territorio dos Estados Unidos, é o único territorio incorporado non organizado dos Estados Unidos, xa que non hai ningunha lei do Congreso que especifique como debe ser gobernado. O atolón consiste nun extenso arrecife, dúas lagoas, e uns cincuenta illotes de area, rochas, arrecifes e barreiras cubertos pola vexetación, esta está composta por cocoteiros e ten unha rica diversidade de vida silvestre, é o fogar dun fermoso arrecife de coral. Esta pequena e bela illa, así como as súas praias virxes de branca area, as súas lagoas de augas prístinas e a súa verde vexetación, un asombroso lugar que durante varias horas ao día, coincidindo coa marea baixa, multiplica a súa superficie abarcando unha enorme chaira de miles de hectáreas conformadas pola plataforma arrecifal. O atolón de Palmyra foi adquirido recentemente por un dos grupos ecoloxistas máis importantes do mundo, The Nature Conservancy, sendo administrado desde Washington e sendo xestionado como unha reserva natural e un refuxio nacional de vida salvaxe, nun intento de protexer un dos últimos atolóns virxes do océano Pacífico. Sabendo isto da illa podemos pensar que Palmyra é un lugar ideal para descansar e afastarse de todo, unha illa paradisíaca pero, con todo, malia a súa beleza, Palmyra tamén é un lugar misterioso,

cunha ampla variedade de eventos sobrenaturais, estraños fenómenos, e sucesos inexplicables. O seu descubrimento foi en 1798 polo capitán Edmond Fanning, A historia conta que Fanning tivo estraños pesadelos durante a noite previa ao descubrimento da illa. Medorento destes presentimentos, ordenou á súa tripulación botar a áncora. Coa chegada do albor e as primeiras luces do día descubriron que o barco se atopaba a menos dunha milla náutica dos arrecifes, e de non deterse, o barco encallaría nas rocas. Catro anos despois, o 7 de novembro de 1802, o capitán Sawle, a bordo do USS Palmyra, non tivo tanta sorte como Fanning e naufragou no arrecife que circunda o atolón, o cal rematou tomando o nome do navío afundido, sendo a primeira vez que aquelas praias eran pisadas polos occidentais. Aínda que un dos máis famosos naufraxios de Palmyra é o do barco español, “A Esperanza”, hai unha lenda que fala sobre a existencia dun tesouro enterrado no atolón, afirmando que no ano 1816, o Esperanza, cargado de ouro e prata procedente dos templos incas de Perú foi asaltado por outro navío, dando lugar a un feroz combate que deixou a embarcación desfeita. Os sobreviventes da batalla conseguiron levar o barco ata un arrecife próximo e antes de que o barco

COMIDAS E CEAS DE GRUPOS. OS DOMINGOS COCIDO

Camiño do Sobreiro, 101 36205Vigo 687 466 277

Zona Martínez Garrido, Est. Autobuses)

se afundise, conseguiron trasladar o tesouro á illa. Os náufragos permaneceron na illa durante un ano, enterraron o tesouro e construíron balsas coas que finalmente partiron deixando atrás todo aquilo que non podían cargar. Cóntase que unha destas balsas foi rescatada por un baleeiro americano, podendo salvar a un único home agonizante que faleceu pouco despois sen dicir onde agacharan o botín. Outro caso estraño ocorreu en 1870, cando un barco americano chamado “Anxo” impactou contra un dos arrecifes de Palmyra. Ao parecer un grupo de sobrevivintes logrou chegar á beira, pero nunca viviron para contalo. Cando outro barco fixo unha breve parada na illa, os corpos da tripulación do “Anxo” apareceron esparexidos por toda a praia. Todos foran violentamente asasinados, con todo, as causas exactas e autor dos brutais asasinatos seguen sendo descoñecidos. Algún sobrevivintes doutros naufraxios afirmaban que os bosques de Palmyra eran o fogar de bestas escuras que observaban desde as árbores e que as propias plantas parecían rumorear algún tipo de dialecto descoñecido. Pero a auga que rodea a illa non era menos inquietante. Dicíase que toda a vida mariña era velenosa para comer, e había un

asombroso número de quenllas altamente agresivas que rodean as augas. Moitos dos que sobreviviron aos restos das súas naves foron devorados polas quenllas antes de que puidesen chegar a terra. Durante a Segunda Guerra Mundial, Palmyra foi utilizada polos E.E.U.U. como unha instalación militar. Durante eses anos moitos dos soldados que se atopaban alí dixeron que eran superados por un sentimento misterioso e irracional do medo. Outros eran sucumbidos con arrebatos violentos repentinos, producíndose gran cantidade de pelexas e mesmo asasinatos. Alén desta onda de violencia entre os homes, tamén tiveron lugar outros estraños sucesos. Nun caso, un avión de patrulla caeu sobre a illa, deixando un ronsel de fume, xa que caeu do ceo. Un equipo de rescate abriuse camiño cara a onde caera o avión, pero non atoparon nada. De feito, nunha posterior procura por toda a illa tampouco apareceu absolutamente ningún rastro do avión desaparecido ou da súa tripulación. Dende a Segunda Guerra mundial a illa está deshabitada. Unha illa paradisíaca que, deixo ao voso criterio se queredes ir visitar a beleza dos seu arrecifes, ou ben investigar os rumores das mortes estrañas producidas na misteriosa illa posuída.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.