Muller 2013

Page 1

























































































































“Maribel” Esta é a miña nai, é moi simpática e traballadora na casa e tamén traballa coidando anciáns. É alegre, tímida e sobre todo é moi seria. Por iso a quero moito. É a mellor nai do mundo!!! Noelia Vieites Miño 6º


Noelia Está é a miña tía. É unha moza traballadora, axúdanos cando o necesitamos. Pasamos bos momentos xuntos e ademais acaba de ser nai. Francisco Silva Díaz 6º


Bea Preséntovos a miña nai ,con ela paso moi bos momentos e ademais axúdame nos malos e nos bos intres . Matías Curbeira Villar 6º


Lorena Esta é a miña curmá. Sempre me axuda e ademais pórtase moi ben conmigo. David Infante Stylianou 6º


Susana Esta é a miña tía,eu elexina porque é moi boa e axúdame no máis necesario. Verónica Martin Ferreira 6º


Mª del Carmen Esta é a miña nai, é moi boa e tamén ten moita paciencia comigo. Matías Núñez Pérez 6º


Almudena Esta é a miña nai, escollina porque cóidame e dedícame o seu tempo cando o necesito. David Porto Tenreiro 6º


Elisa Esta é a miña irmá .É unha muller moi importante para min, porquepasamos moito tempo xuntos , tamén me coida cando non están os meus pais. Por todo isto e tantas cousas máis a quero tanto. Manuel Amado Parga 6º


María Asunción Amósovos a miña avoa. Ela sempre contribúe na solución aos meus problemas, e axúdame moito a estudar . Sara Costoya Pérez 6º


Julia Ela é a miña avoa. É a que sempre está comigo e axúdame a pasar os malos e os bos momentos da vida. Alejandro Casal Fernández 6º


SONIA Esta é a miña nai. Apóiame en todo o que preciso tamén é moi boa conmigo. Nerea Freire López 6º







Houbo moitas mulleres ás que lles debo parte do que eu son. Algunhas axudáronme a medrar como persoa. Outras inspiráronme e grazas a elas puiden moldear a miña personalidade. Non houbo unha soa muller que me deixara indiferente e da que non teña aprendido algo. Pero hai unha a quen lle debo a miña vida e que sempre foi un modelo para min, miña nai, tenra e alegre, loitadora, capaz de reinventarse cada día, abrirse ao mundo, ás novas ideas, boa, no bo sentido da palabra, e moi solidaria. A miña nai, que sempre creu en min e que polo seu apoio incondicional, eu cumprín moitos dos meus soños. Grazas, nai, por me dar tanto a cambio de tan pouco.



A avoa AURORA era unha muller moi boa e traballadora, dedicou toda a súa vida aos demais, sempre estaba alí, onde e cando a necesitabas, e si se trataba da súa neta non había dúbida, ela sempre tiña a derradeira palabra.




O noso agradecemento ás familias pola súa colaboración.

Día Internacional da Muller 2013. CEIP Plurilingüe de Andrade.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.