FREDERICK NAS FRAGAS DO EUME

Page 1

FREDERICK NAS FRAGAS DO EUME


Moi preto da ponte de Fornelos, onde os reos e os sapos troiteiros xogan coas correntes do río Eume, había un vello muro de pedra. Nese mesmo muro pola senda dos Encomendeiros tiña a súa casa unha paroleira familia de ratos do campo. Cando o outono se achegaba, os ratiños comezaron a xuntar noces, castañas,landras, abelás.... Todos traballaban noite e día, menos un deles que se chamaba Frederick.



“E ti, por que non traballas, Frederick?”, preguntábanlle os demais. “Eu traballo”, respondíalles Frederick. “Apaño raios de sol para os fríos días de inverno”. E cando vían a Frederick alí sentado, ollando para o río, dicíanlle: “E agora, Frederick?” El simplemente respondía: “Recollo cores para os días grises do inverno”.



E unha vez viron a Frederick que parecía estar medio adurmiñado. “Estás soñando, Frederick?”, reprocháronlle. Pero Frederick contestoulles:” Non , estou xuntando palabras . O inverno é longo e podemos quedar sen cousas que contar”. Chegaron os días do inverno, e cando caeu a primeira xeada, os cinco ratos metéronse no seu acocho entre as pedras da corripa.



Ao principio había comida abondo, e os ratos contaban historias de raposos estúpidos e gatos bravos. Eran unha familia feliz. Pero pouco a pouco foran comendo case todas as noces, acabaran coas castañas e as landras eran só un recordo. Ía frío e xa non lles prestaba falar. Entón lembraron o que Frederick lles dixera sobre os raios do sol, as cores e as palabras. “Que hai de canto recolliches , Frederick?” preguntáronlle.



“Pechade os ollos”, dixo Frederick mentres gabeaba a un penedo. “Vouvos enviar agora os raios de sol” E mentres Frederick lles falaba do sol, os catro ratiños foron sentindo a súa calor. Sería a voz de Frederick ? Sería a maxia das Fragas?



“ E que hai das cores, Frederick?”, preguntáronlle ansiosamente. “Pechade de volta os ollos”, dixo Frederick, e cando lles falou das verdes follas de ameneiro, das follas alaranxadas dos castiñeiros, das amarelados das xestas, dos azuis verdosos do río e o morado das violas, viron tan claramente as cores coma se as tivesen pintadas nas súas cabezas.



“E as palabras, Frederick?” Frederick aclarou a voz, agardou un momento e, coma se falase desde un estrado, dixo: “Quen espalla as folerpas? Quen derrete a neve? Quen estraga o tempo? Quen o fai alegre? Quen fai na primavera agromar o trevo? Quen apaga o día? Quen acende a lúa no firmamento? Catro ratiños campeiros con dentes de marfil. Catro ratiños campeiros coma ti e coma min. Un é primavera, que verte perfumes. Logo rato Verán que abraza con lume. Outono vén despois con noces e trigo. Inverno é o último ...con peíños fríos”. Catro estacións, que sorte temos! Nin unha máis nin unha menos.



Cando Frederick rematou, todos aplaudiron. “Pero Frederick - dixeron- ti es un poeta” Frederick acorouse, fixo unha reverencia e dixo timidamente: “Non é cousa miña, é a Maxia da Fragas”


FREDERICK NAS FRAGAS DO EUME

Adaptaciรณn e ilustraciรณns: Alumnado do 6ยบ curso.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.