Page 1

O PAPEL DA FOTOGRAFIA NOS RETRATOS REAIS

DIONISIO FIERROS por Celia Castro.

O pintor Dionisio Fierros Alvarez,(1827-1894) nacido en La Ballota,(Asturias) vivéu parte da súa vida en Galicia, donde deixóu numerosas obras, é coñecido sobre todo por ser un dos principáis representantes do costumismo galego, renouvador do xénero e creador dunha pintura realista chea de frescura e novidade para á época ,representando as figuras con todo luxo de detalles, e indo mais alá no tratamento das súas obras que a maior parte dos seus contemporáneos, que seguindo a moda romántica do S. XIX do “tipismo” limitábanse a plasmar esceas nas que os persoaxes adoitaban poses mais convencionais e estereotipadas. Formado en Madrid, na Escola de Belas Artes de San Fernando e no taller de Federico de Madrazo, a cuio círculo mais cercano pertenceu, estivo dende moi novo en contacto cas correntes mais vangardistas e as modas imperantes na alta sociedade madrileña e na corte de Isabel II, chegando a ser un consumado retratista. O século XIX será especialmente fecundo para o retrato burgués, pola ampliación deste grupo social debido ás revolucións burguesas e o seu enriquecemento derivado fundamentalmente da revolución industrial. Con todo, a miúdo, os pintores queixábanse por ter que dedicarse tanto a este xénero para poder vivir con dignidade, o que lles impedía dedicarse a temas máis interesantes. O mesmo Fierros díxóo en varias ocasións1. Era un xénero difícil porque había que adaptarse ás condicións do encargo, captar a fisionomía do modelo destacando as súas calidades máis relevantes e dulcificando os seus defectos. A ductilidade do modelo, que cambiaba varias veces de xesto e de postura, facía que os artistas considerasen este xénero moi superior á fotografía, na que os personaxes permanecían estáticos2. Por esta valoración, e a constante pugna entre as 1 J. Villa Pastur. Dionisio Fierros, XXV Certamen Nacional de Pintura de Luarca.Gráficas Baraza.S.L.1994 2 J. Baron. Catálogo de exposición El retrato español en el Prado.De Goya a Sorolla.Museo Nacional del Prado.Madrid 2008.Pag 21.


dúas artes ata o último cuarto de século, moi poucos pintores recoñecían o uso da mesma. As modalidades máis utilizadas eran o retrato de busto, busto curto, torso, e tres cuartos. O de corpo enteiro reservábase xeralmente para altas dignidades eclesiásticas ou militares.

Os retratos oficiais da raíña Isabel II -hai 54 catalogados- preséntana con ricos traxes á moda da época con talle axustado, ampla saia e ombreiros descubertos, con profusión de xoias e unha banda (xeralmente a da Orde de María Luisa) axustando o seu busto. Ás veces sobre o seu peito leva diversas cruces e condecoracións. Represéntase con diadema e nunha mesa ao seu lado esquerdo figuran, sobre un almofadón, a coroa e o cetro, símbolos do seu poder. Xeralmente leva a man esquerda á cintura, e coa dereita sostén un pano, unha flor, un prego de papel, etc. O tratamento do escenario é moi simple, un pano de fondo, unha balaustrada ou unha columna que se abren a un xardín ou a un fondo neutro de parede. Evidentemente hai sempre un maior aparello e escenografía nos que son pintados para os Reais Sitios, por exemplo o realizado por Casado del Alisal para o Palacio Real. En xeral, estes retratos oficiais obedecen a uns estereotipos que veñen desde o século XVII, que representan aos monarcas de ¾ ou de corpo enteiro, mirando á fronte e coa cabeza ou o torso lixeiramente ladeados. Federico de Madrazo, mestre e compañeiro de Fierros, opta por receitas máis sinxelas, tomadas do seu pai e de Ingres que son as que serven de modelo tamén ó seu discípulo. Como retratista real fai moitos retratos de aparello de Isabel II, un dos máis coñecidos é o que se conserva na Real Academia de San Fernando e que é case igual ao que fai para a embaixada da Santa Sé, en Roma.


Lám. 39: La reina Isabel II. Federico de Madrazo. Óleo sobre lenzo. Academia de Belas Artes de San Fernando.1850

Fierros tamén foi pintor da Raíña, primeiro pola súa pertenza ó taller de Federico de Madrazo, despois por méritos propios. A influenza do seu mestre será decisiva, non só pola súa adhesión á moda romántica, se non porque con él tomará contacto ca vangarda intelectual madrileña(artística, literaria, etc). O primeiro dos retratos que realizou é de corpo enteiro e representouna sendo ela, aínda unha adolescente. De feito está datado en 1843. Segundo Vila Pastur, é seica un dos retratos máis atractivos, polo seu atinado estudo psicolóxico, e a súa exuberante beleza. Esta obra estivo varios anos depositada no Museo Provincial de Lugo 3, pero agora descoñecemos o seu paradoiro. Un segundo retrato da raíña consérvase no concello de Borja (Zaragoza), no salón de plenos. Trátase dun óleo de 200x100 cm. no que Isabel II aparece de corpo enteiro, lixeiramente ladeada cun luxoso vestido de seda azul gornecido con tiras de pel rizosa e volantes de dentes de serra bordados en prata. Está adornada con coroa e varias xoias, pendentes, brazaletes e broches. Estas e a banda son atributos do seu rango. Leva a man esquerda, cunha luva, á cintura, e a dereita, que sostén a outra luva, cae ao longo do corpo. É un retrato de aparello, no que a raíña aparece, probablemente, nun dos salóns do Palacio Real. Detrás dela, no lado dereito do cadro, sobre unha mesa cuberta cun tapiz vermello co escudo de Castela, poden verse a coroa e o cetro. Descoñecemos a 3 J. Villa Pastur. Idem, p. 63.


data exacta porque non está datado, pero podería situarse ao redor de 1850, por comparación co retrato de Madrazo para a Academia de San Fernando.

Lám. 40: Isabel II. Dionisio Fierros. Óleo sobre lenzo 200x100cms. Concello de Borja. Fotografía cedida por dita entidade.

As similitudes entre eles son moi rechamantes. O fondo é o mesmo, aínda que Madrazo trátao con maior profundidade e engade algún elemento accesorio, como a estatua da dereita. O vestido e os aderezos son tamén os mesmos, aínda que no cadro de Madrazo o canesú leva un bordado de perlas e non se aprecia a banda. No retrato de Fierros a cor do vestido é máis débil, quizás por efecto da luz amarelada, tamizada e envolvente. Madrazo realizou moitos retratos de busto da raíña en diversos formatos, cheos de sinxeleza e elegancia, dotando á soberana dun porte aristocrático, do que, como pode verse en fotografías da época, carecía. Consérvanse unhas anotacións persoais do pintor nunha axenda de 1858, onde narra os pasos que segue para a confección do retrato de Isabel II, que se conserva na Embaixada de España en Suecia 4. Nelas comenta as visitas diarias que realiza ao Palacio, en compañía do fotógrafo Laurent, que el cualifica de 4 M. Martí Ayxelá. “Federico de Madrazo en Sevilla 1858”. Revista Laboratorio de Arte-7 1994, p.201216.Pp 201-202.


“inútiles”, porque non lles ve rendemento. O obxectivo delas era fotografar á raíña para poder realizar o retrato. As visitas prolongáronse no tempo, e ao seu regreso de Sevilla, Madrazo seguiu acudindo ““a Palacio con Laurent para no hacer nada, según antigua costumbre”, recolle nas súas notas. Finalmente, o encargo concluíse en 1859, tras longas sesións de traballo nas estancias de Isabel II. O 17 de febreiro levou o retrato bosquexado a Palacio, o 28 vestiu o maniquí da soberana, e nos dous meses seguintes anota 25 sesións, finalizándoo o 14 de abril. Do cal dedúcese, que ademais de traballar conxuntamente cun fotógrafo- neste caso Laurent- servíase dun maniquí vestido que substituía nos seus pousados á raíña. Algúns destes retratos realizábanse en papel, e logo eran reproducidos en litografías, moedas, e gravados en cobre ou en madeira a testa ou a contrafibra (porque se imprimían na mesma páxina que o texto e a edición resultaba máis barata) para a súa posterior difusión. Dionisio Fierros nos seus retratos de busto segue tamén pautas sinxelas. Na provincia de Lugo hay un nunha colección privada ribadense que mostra a unha raíña nova, aínda que non adolescente. Cunha visión prácticamente frontal, e unha luz case uniforme presenta un magnifico acabado nas carnacións, unha mirada limpa e gran mestría no tratamento dos aderezos, como é habitual nel. Diferénciase dos seus contemporáneos en que o tratamento é moito máis realista, a raíña está máis humanizada e non ten esa pátina de idealismo dos retratos de Madrazo ou de Winterhalter.


Lám. 45: Isabel II. Dionisio Fierros. Óleo sobre lenzo. 60 x 46 cm. Coleción particular. Foto da autora.

É xa notoria, desde metade do século XIX, a interrelación entre a pintura e a fotografía, e aínda que os pintores contratados pola familia real tomaban apuntes dos seus modelos, está comprobado que se axudaban da fotografía para a calidade nos detalles e a miúdo para transformar algúns elementos. En relación a este aspecto hai estudos moi interesantes, que profundaron no tema e que insisten nas vantaxes que proporcionaba o manexo das fotografías aos pintores do século XIX. Concretamente Gil Salinas 5 insiste en que: “En primer lugar con ellas se obtenía un mayor número de detalles, además se podía estudiar la evolución con mayor fidelidad del instante seleccionado por el pintor, y, por último, ofrecían la posibilidad

de

contrastar con la observación natural, y obtener de esa manera una imagen más perfeccionada…La eclosión de la fotografía coincide en España desde el punto de vista político con el reinado de Isabel II”.

5 R. Gil Salinas.”La imagen de la Reina Isabel II y la Fotografía”.Valencia 1993, p. 47-60.


Este aspecto tratárono xa Lee Fontanella6 e Publio López Mondéjar7 nas súas obras sobre a fotografía en España, e puideron demostrar o coñecemento que os nosos pintores de Corte tiveron das técnicas fotográficas, grazas á súa amizade con algúns fotógrafos relevantes. Sabemos, por exemplo, que o pintor Manuel Castellano tiña unha importante colección de fotografía -máis de vinte mil positivos entre retratos dos seus contemporáneos, paisaxes, etc8. A este punto refírese tamén Leticia Ruiz Gómez nun artigo no que nos ofrece unha nova e actualizada visión de conxunto sobre Isabel II9. Albiñana, fotógrafo real establecido en Madrid, xa fixera daguerrotipos da soberana, estes non alcanzan a súa total difusión ata conseguirse unha imaxe fácilmente multiplicable grazas ao talbotipo (negativo sobre papel) e as placas de vidro. Proliferarán entón retratos da soberana xa sexa en situasción oficiais, intimistas, idealizadas ou na tan popularizada carte-de-visite, que ela a miúdo dedica aos seus amigos. Cando se realizan retratos da raíña, digamos semioficiales, dáselles esta mesma dignidade. Laurent, Pedro Martínez de Hebert, Fernando Debas, son algúns dos seus fotógrafos preferidos e sobre todo o pintor afeccionado e excelente retratista o Infante don Sebastián Gabriel de Borbón, tío carnal da raíña polo seu matrimonio cunha das irmás pequenas da súa nai, Mª Amalia de las dos Sicilias. Este membro destacado a familia real foi o autor de moitas fotografías de Isabel II e dos seus fillos, que se atopan recollidas en álbums na Biblioteca Nacional. Ademais, foi mecenas protector de numerosos artistas, como Dionisio Fierros- e un diletante que chegou a reunir unha valiosa colección de obras, que á súa morte foi repartida entre os seus herdeiros e hoxe atópase dispersa. Fierros,casado en 1873 coa ribadense Antonia Carrera, trasladárase definitivamente a Oviedo, inda que o vínculo con Ribadeo permanecerá ata a súa morte, tendo nesta vila, 6 L. Fontanella, La Historia de la Fotografía en España. Desde su orígenes hasta 1900.Madrid 1981,pp . 127-130 7 P. López Mondéjar, Historia de la Fotografía en España.Fotografía y Sociedad desde sus orígenes hasta el S.XXI.Ed Lundwerg 2005, pp 59-61 8 Hoxe nos fondos da Biblioteca nacional e pronto serán dixitalizados totalmente. 9L. Ruiz Gómez, “Isabel II frente al espejo: retratos fotográficos”, En J. Sisinio Pérez Garzón (coord.) Isabel II, los espejos de la reina , Madrid 2004, pp 250-262.


donde pasará tempadas-sobre todo en vrao e Nadal-un taller, o que lle permitirá cumplir cos numerosos encargos que recibe nesta comarca. Tamén se trasladará frecuentemente a Madrid, donde, relacionado cos principais núcleos artísticos, será un dos pintores mais reputados, preferentemente no campo do retrato. Entre as millores mostras están os que fai dos distintos persoaxes reais, encargos oficiais que se lle farán ao longo da súa vida. Entre eles:

Amadeo de Saboya10, fillo do rei Víctor Manuel II de Italia que gobernou España co título de Amadeo I, durante un breve período de tempo, entre (1871-1873) aínda que nunca foi aceptado de bo grado polo pobo español. Consérvanse varios, en diversos formatos: De busto, tres cuartos e corpo enteiro, Segundo Vila Pastur, o máis coñecido é o pertencente ao marqués de Loureda, que pasou, como o resto da colección de pintura desta casa nobiliaria, á Deputación da Coruña. Penso que é o mesmo que se atopa actualmente formando parte dos fondos do Museo de Belas Artes de devandita cidade. É un óleo sobre lenzo de 77x59 cm., nun formato ovalado. Presenta ao monarca de busto, coa cabeza nun lixeiro escorzo, vestido con uniforme de capitán xeral e o colar do toisón de ouro. Está datado en 1872 e é, sen dúbida, un dos moitos retratos oficiais que o gobernó encarga para diversos organismos.

10 J. Villa Pastur. Idem, p. 63.


Lám. 53: Amadeo de Saboya .Dionisio Fierros. Óleo sobre lenzo (77x 59 cm). 1872. Fotografía cedida polo Museo de Belas Artes de A Coruña

Lám. 54: Amadeo de Saboya. Martínez. de Hebert. 1871. Fotografía á albúmina. Biblioteca Nacional.

Das fotografías conservadas de Amadeo de Saboya, localizamos unha, obra de Hebert, que mostra ao monarca en idéntica actitude e vestimenta, o cal resulta moi curioso, porque evidencia a estreita relación entre ambas as artes. Xeralmente os artistas tiñan que facer varios retratos co mesmo motivo, inspirándose en fotografías. Aparte de ser estas unha boa fonte de documentación, facilitan o traballo, pois os retratados, neste caso os monarcas, ven libres da obrigación, doutra banda, imposible, de pousar durante varias horas para os diferentes autores, o que lles faría perder moitísimo tempo. Fierros tamén fixo varios retratos do rei Afonso XII, feito que recolle nas súas memorias: “La restauración de don Alfonso XII. De dicho monarca he pintado muchos retratos. Para la Dirección de Carabineros me encargó el general Gasset dieciséis retratos, dos grandes y quince de busto, para las Comandancias de provincias. Quería dicho general que le hiciese treinta de


los de busto, pero tenía yo que salir de Madrid y me fue imposible hacer más de los que dejo dicho”11.

En Lugo consérvase un destes retratos, trátase dun busto curto que se atopa no Museo Provincial. O monarca aparece representado de fronte, pero volve a súa cabeza en tres cuartos, desviando a mirada do espectador. O monarca disponse sobre fondo neutro, ataviado co uniforme de Capitán Xeral, con divísalas do rango, condecoracións e o colar do Toisón de Ouro.

Lám. 55: Retrato de Alfonso XII. Dionisio Fierros. Óleo sobre lenzo. (19,02 x 23,36 cm.) Fotografía cedida polo Museo Provincial de Lugo

Posiblemente, polas súas características, o destino inicial deste retrato sexa o Concello da cidade, porque responde ao modelo dos realizados para este tipo de institucións, que se caracterizan por presentar un formato oval e mostrar ao monarca coa cabeza virada en ¾ con respecto ao corpo e lucindo o uniforme militar. 11 J. Villa Pastur, Idem, p 81.


Ademais desta obra, depositada no Museo Provincial, en Ribadeo, os descendentes do pintor conservan outra de similares características, asinada e datada en 1877, na que o monarca aparece co uniforme militar de gala e o Toisón.

Lám. 56: Retrato de Alfonso XII. Dionisio Fierros. Óleo sobre lenzo.77x 59 cm. Coleción particular.

Este foi inicialmente pintado para o Concello de Ribadeo, no ano 1887, segundo recolle na súa páxina web, a Asociación de veciños “Atalaia” de devandita cidade 12. Transcribo a continuación un parágrafo da mesma, extraído das Actas do Concello: “Retrato de Alfonso XII”. Puesto a discusión a petición del SR González Álvarez, el asunto referente a si debe continuar en el salón de sesiones el retrato al óleo de Alfonso XII, que regaló al Ayuntamiento en el año 1877 el pintor don Dionisio Fierros, con la

condición de recogerlo si se

acordase retirarlo del salón de sesiones , hizo uso de la palabra el señor Traveso Maseda para exponer que dicho retrato no por lo que representa, sino por tratarse de una obra de arte de reconocido mérito, debe continuar en el salón, en el lugar que se designe que no sea de preferencia. Análogas manifestaciones hizo el señor González Cobo, pronunciándose otros señores concejales porque el aludido cuadro se devuelva a la familia del señor Fierros, toda vez no estiman conveniente que continúe en el salón de 12 http://atalaiaasocvecinos.blogcindario.com/2008/08/00291.


sesiones”.

“Terminada

la

discusión

del

asunto

y

sometido

a

votación…………no procediendo ,el cuadro de que se trata, continúe en el salón de sesiones de esta Consistorial, se devuelva a la familia del señor Fierros en cumplimiento de la facultad que este reservó al Ayuntamiento”. Acta Concello de Ribadeo de 11 de xullo de 1932.

De Dionisio Fierros coñécense outros de diferente formato, de ¾ e corpo enteiro, que entrarían na categoría de “retratos de aparello”, destinados a Capitanías Xerais, Deputacións ou Concellos de cidades importantes. Na Deputación da Coruña conservan un de 1875. Este segue os canons clásicos. Presenta ao monarca, de dezaoito anos, vestido con uniforme militar de gala, con banda e condecoracións, a man esquerda sobre o sabre e a dereita apoiada sobre unha mesa, cuberta cun tapiz, sobre a que vemos a súa kepis e unha luva. Sen dúbida, trátase dun retrato oficial, pero a pouse, nun lixeiro escorzo, a mesa cos obxectos mencionados, e o fondo, unha paisaxe afastada, sen efecto de profundidade, e a iluminación irreal, recordan o atrezzo e os efectos ópticos utilizados polos fotógrafos da época.

Lám. 57: Retrato de Alfonso XII.1875. Dionisio Fierros. Óleo sobre lenzo. Deputación de A Coruña.


Un segundo retrato pertencente á colección de pintura do Palacio de Raxoi en Santiago presenta ao monarca disposto en ¾, (cortado por baixo do xeonllo) vestindo uniforme de capitán xeral, con pantalón branco, lucindo o Toisón de Ouro e a banda e placa da Orde de

Carlos III. Na man dereita sostén unha luva e na esquerda o bicornio. Á dereita, sobre unha mesa iluminada por unha luz que parece provir dunha fiestra, pode verse un almofadón vermello. A mestría do retrato de Fierros, a expresión do rostro que recolle a mocidade do monarca e a perfección na plasmación da vestimenta e os detalles, non ven escurecidas pola similitude que o fondo e a composición teñen con outros retratos do rei.

Lam. 59: Retrato de Alfonso XII. 1880. Marcos Hiráldez Acosta. Óleo sobre lenzo (142 x 96 cm.)

Lám. 58: Retrato de Alfonso XII. 1875. Dionisio Fierros. Óleo sobre lenzo. 180x128cm. Pazo de Raxoi. Santiago de Compostela.

O mesmo ángulo, a mesma pouse, igual iluminación, só varían o peiteado e as patillas, é coma se estivésense introducindo cambios fisionómicos sobre un mesmo modelo, o que nos fai pensar ademais dos apuntes tomados do modelo real neste caso tamén os pintores se axudaron de procedementos que lles facilitaron o seu traballo, como e a fotografía e o maniquí existente no Palacio Real vestido co devandito uniforme, o que


faría posible plasmar os detalles con total fidelidad e explicaría tamén o mesmo ángulo e posición do modelo. E ata aquí este breve percorrido por a traiectoria artística de Dionisio Fierros e á sua contribución o panorama dos retratos oficiais españois, que foi moi importante, dende o punto de vista iconográfico e vangardista, polo que respecta á súa concepción e esmerada execución. Quixen tamén con este artigo difundir alguna das obras que se atopan na provincia de Lugo,e reseñar o papel que a nova arte, a fotografía, que dende mediados do S XIX empeza a terse en conta nos ambentes artísticos, e incluso nas Exposiciós Internacionais, vai a xogar durante todo o século, non so como simple método de plasmar imaxes se non como medio de creación artística.

BIBLIOGRAFIA: BARON, JAVIER: Catálogo de exposición El Retrato español en el Prado. De Goya a Sorolla. Museo Nacional del Prado. Madrid 2008. -VILLA PASTUR, JESÚS.”Dionisio Fierros”.XXV Certamen Nacional de Pintura de Luarca. Gráficas Baraza. S. L. 1994. GIL SALINAS, RAFAEL: “La Imagen de Isabel II y la Fotografía”. Millars: Espai i historia, ISSN 0017-2715, Nº 227. Universitat de Valencia 1992, pp. 273-280. -LEE FONTANELLA: La Historia de la Fotografía en España. Desde sus orígenes hasta 1900 .Ediciones El Viso. S .A. Madrid 1981. -LÓPEZ MONDÉJAR, PUBLIO: Historia De la fotografía en España .Fotografía y sociedad desde sus orígenes hasta el SXXI .Editorial Lundwerg . Barcelona.2005. – -RUIZ GÓMEZ, LETICIA:” Isabel II frente al espejo: retratos fotográficos”, en J.Sisinio Pérez Garzón(coord.),Isabel II, los espejos de la reina, ed Marcial Pons, Ediciones de Historia Madrid 2004. -VILLA PASTUR, JESÚS.”Dionisio Fierros”.XXV Certamen Nacional de Pintura de Luarca. Gráficas Baraza. S. L. 1994.


-MARTÍ AYXELA, MONTSERRAT: “Federico de Madrazo en Sevilla. 1858”. Laboratorio de Arte: Revista del Departamento de Historia del Arte. ISSN 1130-5762, Nº 7 Madrid 1994.Pp.201-216.

http:// atalaiaasocvecinos.blogcindario.com/2008/08/00291.

O papel da fotografía nos retratos reais  

Artigo de Celia Castro

O papel da fotografía nos retratos reais  

Artigo de Celia Castro

Advertisement