Unha vez máis poñemos en marcha un novo ciclo de actividade cultural en Ribadeo. Música, teatro, poesía, promoción da lectura, entroido, exposicións didácticas, atrevidas, costumistas... cine-documental nas parroquias... Un ano moi especial polo que se refire á recuperación da nosa cultura: en 1916 botan a andar as Irmandades da Fala, ás que tamén teñen feito as súas achegas xentes da Mariña luguesa e de concellos veciños da comarca eonaviega. A súa aposta polas humanidades e pola actividade científica deron os seus froitos. Cómprenos agora honrar aos nosos devanceiros apostando firmemente polo desenvolvemento dunha actividade cultural que nos faga máis libres e ao mesmo tempo nos reafirme no noso para mostrarnos con orgullo mundo adiante. Que mellor maneira, tamén ao longo deste ano, que rendendo homenaxe á figura dun dos nosos escritores máis universais: Manuel María.
Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo
CONCELLARÍA DE CULTURA Rúa Viejo Pancho, 12 • Teléfono 982 131 565 • RIBADEO • cultura@ribadeo.org
amígate con nós no facebook:
Cultura Ribadeo
primeiro trimestre dous mil dezaseis
xaneiro 15 de xaneiro-3 de febreiro EXPOSICIÓN Biblioteca El Viejo Pancho Aves de Galicia 15 de xaneiro-15 de febreiro EXPOSICIÓN OMIC. Or@perucita 15 de xaneiro MÚSICA Cine-teatro. Concerto didáctico. Odaiko
22 de xaneiro. 18:30 h. Biblioteca Entrega de premios do Certame de Poesía Infantil Nadal 2015 23 de xaneiro. TEATRO 20:30 Cine-teatro. O de menos é o nome Agrupación Teatral Mariñán 24 de xaneiro ACTIVIDADES DE ENTROIDO Cine-teatro Festa do freixó
30-31 de xaneiro ACTIVIDADES DE ENTROIDO Cine-teatro Festa do freixó
febreiro 5 de febreiro Venres de comadres 6 de febreiro 21:00 h. Cine-teatro Gala do entroido. Pregón