Page 1

A Última Cea de Xesús de Benito Prieto Coussent.

Por Celia Castro.

1.Introducción. Neste artigo analizarei o cadro “A Última Cea de Xesús” do pintor ribadense Benito Prieto Coussent, (nacido en 1907), na actualidade en depósito na pinacoteca Francisco Fernández del Riego de Vigo. Nel, cunha composición rigorosamente clásica, como é usual no autor ,trátase un asunto relixioso dende un punto de vista profundamente humano, os protagonistas son reais, personaxes ribadenses do primeiro cuarto do século XX, perfectamente caracterizados, mariñeiros ,xente do pobo, retratados cunha precisión case fotográfica, arte que tamén o artista domina moi ben, porque o seu pai, Benito Prieto Ferrero, era propietario do estudo fotográfico mais relevante no Ribadeo da primeira metade do século XX. Desde os comenzos da súa carreira pictórica, Benito sentéuse inclinado a unha arte realista, resultado dun profundo estudo dos caracteres, que pouco a pouco iríase perfeccionando, ata alcanzar, ó fin da súa carreira , cotas fortemente expresionistas e dramáticas sempre dentro de esquemas clásicos. É a súa, como él mesmo dí, unha busca constante, e dolorosa, do sentido da existencia, que prolongará até a súa morte, en Febreiro do 2001, pois ata entón continuará pintando. É esta aínda unha obra de mocedad, datada cara a 1930, cando o autor, recentemente licenciado en Belas Artes, e posuidor do título de profesor de Debuxo, residía en Ribadeo, o seu pobo natal, á espera dun traballo como docente, que obtería en 1931, e que o levaría a impartir clase no Instituto de Tuy.

-2.Breves apuntes biográficos.

Benito Prieto nacido en Ribadeo o 6 deXuño de 1907, viviu en Padul dende 1941 por mor do seu matrimonio con Mª Antonia Rejón, mestra e farmacéutica, residindo alí ata a morte desta, en 1958. Logo, traslada a súa residencia a Granada, onde falece o 3 de Febreiro do 2001 aos 93 anos. Conservánse dende a súa xuventude cadros que mostran o seu su profundo interese pola pintura clásica, á vez que un sentido da perfección que nunca abandoará. Aos quince anos


foise a estudar Belas Artes a Madrid na Academia de San Fernando, cunha bolsa de estudos proporcionada pola Deputación de Lugo. Alí, estivo baixo a tutela do gravador lucense Castro Gil, tendo ademáis mestres tan prestixiosos como Cecilio Plá, Manuel Benedito, José Moreno Carbonero e Julio Romero de Torres, e compañeiros como Salvador Dalí. En 1928, era posuidor xa do titulo de profesor de Debuxo recibindo xa os seus primeiros encargos importantes, entre eles os retratos de Don Alfonso XIII e o de D .Ramón González e a realización do Monumento ao Santísimo de Galdo (Viveiro) Aos vinte e cinco años obtén unha praza de profesor titular no Instituto de Tuy, onde permanecerá dous anos,sendo encarcerado polas súas ideas liberais e mais tarde posto en liberdade. En 1940 cásase e vaise a vivir a El Padul. A partir de entón vivirá alí e en Granada ata a súa morte. Obterá numerosos éxitos na pintura, entre eles unha terceira medalla na Exposición Nacional de 1948 polo seu Cristo na cruz. Fará numerosos retratos de diversas personalidades españolas e extranxeiras,e en 1983, é nomeado numerario da Academia de Belas Artes de Granada á que doa o seu cadro El Padre Damián. Seguirá pintando ininterrumpidamente obras de gran formato ata a súa morte en 2001. Consérvase obra súa en varios museos españoles e extranxeiros. Aínda que nunca perdeu o contacto con Ribadeo, onde tiña numerosos amigos, é pouca a obra que se conserva alí da súa xuventude da súa etapa artística ata 1940.

-3.A Última Cea

Neste cadro, datado cara a 1930 ,aparece unha serie de personaxes ribadenses , que grazas á fidelidade coa que foron retratados, baseándose en fotografías contemporáneas, e a algunhos


datos complementarios, proporcionados polos descendentes dos modelos, puiden recoñecer.

Lám1.BenitoPrietoCoussent.A Última Cea de Xesús.Óleo sobre lenzo.Ca1930.125, 5x79cm. Pinacoteca Francisco Fernández del Riego. Vigo. Foto cedida por dita entidade. entidade. A Última Cea de Xesús, a pesar do tema relixioso, realizado dentro dos canons oficiais e co respecto máis absoluto, é una obra rompedora e novidosa que anuncia xa a líña fortemente realista e profunda, que se vai ver na traxectoria posterior de Benito. Nela representase un episodio fundamental do evanxeo e a liturxia cristiá, cuns parámetros fondamente humanos, achegándonos á escena e revivíndoa con personaxes do seu entorno. Ademáis, o seu dominio do espazo e bastante bo en comparación con outras obras anterioresen especial ca Santa Cea que pinta para o Monumento de Galdo -na que os personaxes vense fortemente condicionados polo marco, e a composición segue fielmente o esquema de Juan de Juanes.Prieto segue tamén un esquema clásico,(o que será común nas súas obras) organizando a escena nun óvalo regular, no que podemos trazar un eixe que o atravese, dividindo o cadro en duas metades practicamente exactas. É unha composición pechada ,pero moi dinámica, na que os Apóstolos falan entre se e adoptan diversas actitudes arredor da imperturbable e serena figura de Cristo, que leva ao peito a man


dereita.Pode reflectir o momento en que despois de dicir: “Un de vós vaime traizoar”, suscita entre os seus discipulos distintas reaccións.Este é o momento que recollen a maioría dos pintores ao longo da historia da Arte. O escenario e pobre-como correspondería-, a penas uns bancos rudimentarios e unha mesa cuberta cun mantel na a que hai tan só unha fonte con tres peixes, unha botella de cristal (das que se usaban na época), e fronte a Xesús un pan e un cáliz, símbolos eucarísticos. Ao fondo hai unha ventá enmarcada por dous pesados cortinones pola que se ve un ceo nocturno con escuros nuboeiros, lúa e estrelas, e un fragmento de paisaxe costeira que recorda a figueirense Punta da Cruz. Todos estes elementos mais que ampliar o espazo, actúan como un pano de fondo, que serve de peche á escena. Pero o obxectivo principal do pintor son os personaxes: Os doce apóstolos, e Cristo. As figuras dos apóstolos están todas inspiradas na realidade, son retratos de conveciños seus de Ribadeo.A orixinalidade non obstante é que a maioría deles son mendigos, mariñeiros, persoas que destacan polo seu carácter ou o seu comportamento á marxe da sociedade convencional. Analizarei algúns: “O Pataqueiro”.Chamábase en realidade Manuel Fernández Tablas.

Lám 2. Benito Prieto Coussent . Última Cea de Xesús .”O Pataqueiro”. Emigrado a Uruguay, onde fixo fortuna como “cachivachero” foi un personaxe estrambótico e orixinal, con trazos filantrópicos, cuias fazañas foron recollidas polo profesor e literato ribadense Dionisio Gamallo Fierros1. Dende a súa volta a Ribadeo, procedente de Montevideo, ata a súa morte , en Outubro de 1930, na mesma vila, viviu unha existencia dedicada aos negocios, e gozando das súas rendas.Tomóu parte activa na vida da vila, animándoa cas súas orixinalidades- enchendo a súa casa de letreiros e cáscaras de ovo valeiras e pintadas, e facendo proxectos urbanísticos, como un lavadoiro e un urinario público(coroado por unha estatua de él mismo mexando e vestido con levita e bombín) que non chegaron a realizarse por desacordos co Concello2. Foi retratado varias veces no estudo” Foto Prieto”, conservándose del varias fotografías, as mais notables, feitas por Benito Prieto Ferrero en 1922, con ocasión do seu 75 aniversario. 1

Dionisio Gamallo Fierros. “O Pataqueiro”(Don Manuel Fernández Tablas).Programa das Festas de Ribadeo. Gráficas Vizcaya.Ribadeo.1978. 2 Vid Idem.Ibidem.


Prieto Coussent represéntao mais novo do que é nestes momentos, coa barba longa e as mans xuntas en actitude de oración. No primeiro plano e á esquerda, representado como un home de mediana idade de barba e cabelo escuros está Basilio, que vivia na estrada que vai ao peirao, na casa lindante á do pintor.

Lám 3.Benito Prieto Coussent. Última Cea de Xesús. Basilio Basilio, testimonio de la luz y portador de ella,3 moi aficionado as obras de Xulio Verne, fabricóu un aparato que consistia nun xogo de espellos e unha caixa para capturar os raios de sol.Ensaiaba o invento día tras dia co afán de conseguilo. Tamén gardaba o sol nunha botella.Benito pintáo en actitude pensativa como se tratase dun filósofo. Ao seu lado, con pelo gris e barba longa e branca, está O Altruán, un mariñeiro moi popular en Ribadeo, fotografiado moitas veces por Benito Prieto pai, e ao que Prieto Coussent retrata en varias ocasións

Lám 4.Benito Prieto Coussent. Última Cea de Xesús. “O Altruán”.

“O Altruán” chamábase en realidade Pedro Celestino Alonso e era un lobo de mar que subsistíu e crióu os seus fillos có que recollía do mar.Contan que o alcume veulle porque ao mediar nunha pelexa, un veciño dixo: “Miráo, O Altruán”. Prieto represéntao co aspecto que tería entón, a idade de 74 anos, pero cunha forte musculatura, resultado de toda unha vida de traballo duro, e as mans deformadas e encallecidas identificándoo posiblemente có apóstolo Pedro, tamén mariñeiro. O cuarto personaxe do lado dereito, penso que pode ser Adolfo López- Pasarón , un home moi culto e polifacético do Ribadeo de entón. 3

Amadeo Arango Moreno.”Daniel Cortezón: Humanidad, Inteligencia, Realidad”.”Daniel Cortezón”. Gráficas Lar. Viveiro. 2011Pp 57-65.


Lám 5.Retrato de Adolfo. Fotografía a albúmina. Colección particular.

Lám 6.Benito Prieto Coussent. Última Cea de Xesús. Adolfo.

A identificación foi posible grazas a unha fotografia que me proporcionaron os seus descendentes. Asesor de D.Manuel Tablas, “O Pataqueiro”4, fotógrafo, escritor- autor de un poema épico perdido que narraba o enfrontamento dos primeiros habitantes das Figueiras e Ribadeo 5inventou tamén un aparato para voar e ,aínda que o proxecto non chegou a bo termo, ten a súa importancia técnica e anecdótica. Benito Prieto píntao coa mirada perdida de un soñador, cunha expresión ensimesmada que debía ser habitual nel.Tamén fai un xesto coa man dereita que pode expresar asombro. Ao seu lado e á esquerda de Xesús, caracterizado como o apóstolo Xan, o mais novo, o discípulo predilecto de Xesús está a figura dun rapaz novo, case un adolescente que mira ó mestre cos ollos semipechados , cunha expresión firme e seria.A súa reacción tensa maniféstase na man esquerda que agarra con forza a túnica que cobre o seu ombro dereito. Penso que se trata do seu irmán Luis, uns anos máis novo ca él, baseándome en varias fotografías da época.

Lám 7.Benito Prieto.Última Cea de Xesús. Luis Prieto Coussent. 4

Dionisio Gamallo Fierros. “O Pataqueiro”(Don Manuel Fernández Tablas).Programa das Festas de Ribadeo. Gráficas Vizcaya.Ribadeo.1978. 5

Víctor Moro.”Daniel Cortezón en el recuerdo”. Daniel Cortezón. Gráficas Lar.Viveiro.2011.Pp 253-259


O centro xeométrico e óptico do cadro é a figura de Cristo. Destaca polo nimbo de luz que lle rodea a cabeza, e pola súa gran maxestosidade. Vestido cunha túnica vermella, a súa impasibilidade e case bizantina, mostrando unha inmensa soidade.Leva a man dereita ao peito e mira á fronte. Aínda que non identifiquei á totalidade dos personaxes- non descarto poder facelo nun futuro- penso que esta pequena achega pode ser útil, pois Prieto Coussent, con esta Santa Cea non só fixo un cadro relixioso, se non unha crónica contemporánea de parte da sociedade ribadense.

Conclusión: A pintura de Prieto Coussent caracterizárase sempre por unha busca da esencialidade e a verdade. Cando gañou a 3ª Medalla da Exposición Nacional de Belas Artes co seu Cristo na cruz en 1948, sementóu moita polémica polo novidoso da iconografía moi diferente ás representacións tradicionais.O seu é un Cristo de membros retorcidos e distorsionados, de anatomía quebrada que mostra gran sufrimento.A realización foi resultado dun estudo moi profundo sobre a crucifixión e de varios ensaios anatómicos . Din que o xeneral Franco ao velo exclamou: “ ¡Pero, este no es Dios!”. As súas últimas grandes obras: “Quen me librará de este corpo de morte” e “Peregrino da paz”, (que regalou a Juan Pablo II) son unha reflexo da condición humana , unha mensaxe de paz e esperanza , e unha protesta contra o materialismo e a violencia que ás veces dominan ao ser humano. Para maior comprensión da súa obra, unha frase que o dí todo: “Pintar es la cosa más difícil del mundo. Pintar es como morir un poco. Toda mi vida, desde mi niñez, está determinada por la pintura y puedo deciros hoy que el esfuerzo ha merecido la pena porque cada día inauguro un nuevo reto ante el lienzo en el que, de alguna manera, mi corazón se derrama”.


Bibliografia: - ARANGO MORENO,A: ”Daniel Cortezón: Humanidad, Inteligencia, Realidad”. Daniel Cortezón. Gráficas Lar. Viveiro. 2011. -CASTRO FERNÁNDEZ , C:” Benito Prieto Coussent, la mirada vital”.Revista Artesonado nº 37. Lugo.2011. -DE PABLOS, F: A pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias.Edicións Nigra Trea S.L Vigo. 2003. -GAMALLO FIERROS, D: “O Pataqueiro” (Don Manuel Fernández Tablas).Programa das Festas de Ribadeo. Gráficas Vizcaya.Ribadeo.1978. -MORO RODRÍGUEZ,V:”Daniel Cortezón en el recuerdo”. Daniel Cortezón. Gráficas Lar.Viveiro.2011.

-RUIZ RODRÍGUEZ, L: “Benito Prieto Coussent”. Artistas Gallegos. Pintores (Figuracións).Nova Galicia Edicións (S.L). A Coruña. 2004. -SOCIEDAD CULTURAL BENITO PRIETO COUSSENT. http:// www prieto-coussent.com /index.html

A última cea de xesús de benito prieto coussent  

Artigo de Celia Castro

A última cea de xesús de benito prieto coussent  

Artigo de Celia Castro

Advertisement