Anuario de Información do Sector Audiovisual Galego 2014

Page 182

Agosto 182 - Anuario de Información do Sector Audiovisual Galego •••••••••••••••• Setembro Setembro Patri seguirá a ser a rapaza boa e optimista de sempre pero cada vez máis metida en problemas tanto persoais coma profesionais. O que lle traerá o futuro a Patri verémolo todos a partir do mes de outubro nos novos episodios de ‘O Faro’. Cada vez falta menos...

u O filme COSTA DA MORTE, producido por Zeitun Films, chega hoxe ós cines

P

remiada no festival de Locarno, onde tivo a súa posta de longo, ‘Costa da Morte’ de Lois Patiño foi, xunto a ‘Història da meva mort’ de Albert Serra e ‘O futuro’ de Luís López Carrasco, unha das películas españolas desta colleita con maior percorrido internacional. Tres traballos que buscan respostas moi diferentes á necesidade de cuestionar as formas tradicionais de servir un discurso (non necesariamente narrativo) sobre unha pantalla. Cineasta comprometido coa esencia da linguaxe cinematográfica, pero tamén artista Lois Patiño, director de ‘Costa da Morte’ multidisciplinar capaz de estender as súas ansias de experimentación aos ámbitos da instalación conceptual e a video- creación, Patiño dedicara parte da súa obra a indagar sobre a paisaxe e a relación da figura humana co mesmo. Neste sentido, ‘Costa da Morte’ ben podería considerarse como a destilación dun camiño que había ter esbozos tan diversos como os das curtametraxes ‘Esliva’ (2011) e ‘Montaña en sombra’ (2012) ou as video-creacións ‘Paisaxe-Duración’ (2010) e ‘Paisaxe-Distancia’ (201011).


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.