Anuario agapi 2015

Page 91

Maio Xuño •••••••••••••••• Xuño u A Tvg estrea ‘A vida é doce’, un novo programa de cociña e ficción en torno ao mundo da Xullo repostería Xullo Agosto Agosto Setembro Setembro

Anuario de Información do Sector Audiovisual Galego - 91

Imaxe de A vida é doce

E

ste martes a Televisión de Galicia estrea A vida é doce, un programa de repostería e ficción que contaxia a paixón polos doces e nos amosa a Galicia máis lambona. A vida é doce é unha produción de Zenit Televisión e El Progreso, con produción executiva de Zaza Ceballos, dirección de Yolanda del Campo, e protagonizado por Gloria Mascuñana. Gloria encárgase de conducir este colorista espazo en torno ao mundo da repostería. Ela cociñará os máis deliciosos pasteis e ensinaránnos a ver a vida dende o punto de vista máis doce e alegre. Cupcakes, muffins, brownies... son palabras que forman parte da nova repostería e que conviven perfectamente co chocolate con churros de toda a vida. En A vida é doce Gloria ensina a diferencialos, a cociñalos e a darlles un toque visual que os converterá nunhas sobremesas irresistibles. O caso é non ter nunca as mans quietas, xa sexa preparando pasteis ou confeccionando as manualidades máis orixinais para decorar a casa ou facer un agasallo cun toque persoal. Da man de Gloria e da súa amiga Llou, redescubriremos ademáis as pastelerías, docerías e mercados de maior encanto na procura de ingredientes e ideas. A vida é doce é moito máis que un espazo de cociña. En cada programa hai unha trama de ficción que vertebra o argumento, xa sexan os antollos dunha amiga embarazada, unha visita imprevista ou un aniversario... Sempre hai unha escusa para lanzarse á cociña, visitar un amigo pasteleiro ou perderse pola cidade e ver a vida dende o punto de vista máis doce.

u Grande acollida na premier alemana de ‘Las altas presiones’ durante o Festival de Munich

A Daniel Froiz, produtor do filme Las altas presiones no Festival de Munich

película Las altas presiones, dirixida por Ángel Santos e producida por Matriuska Producciones tivo a súa estrea en Alemaña. Foi na cidade de Múnich durante o Festival que estos días se está levando a cabo na cidade. O Filmfest München é o festival máis importante de Alemaña, tralo festival de Berlín. Las altas presiones proxéctase en sección oficial xunto con unha selección de películas de cine independente de todo o mundo. O filme foi presentado polo produtor Daniel Froiz, que ten a súa residencia familiar en Múnich e o programador do Festival Florian Borchmeyer, quen destacou o numeroso público para ver o filme así como os particulares espazos nos que se rodou a película.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.