Anuario agapi 2015

Page 43

Novembro Febreiro Decembro Marzo •••••••••••••••• Anuario de Información do Sector Audiovisual Galego - 43 Decembro Marzo e das Artes Audiovisuais (ICAA) para, que nun prazo de “catro Abril ou cinco anos, se poida consolidar como una rede audiovisual que funcione en paralelo ás salas comerciais”. Abril Trala experiencia piloto deste proxecto, desenvolvido o ano pasado en concellos como O Carballiño, Foz, As Pontes o Maio Sanxenxo, en 2015 incorpóranse á programación localidades como Ortigueira, Verín e Redondela, ampliando a sete o Maio número de municipios colaboradores e a 1.969 o total de butacas dispoñibles en Galicia para un fin comercial. Xuño Xuño Xullo Xullo Agosto Agosto Cartaz de Cinemas de Galicia Setembro u Convocadas as axudas ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción Setembro galega

A

Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) vén de publicar no DOG as bases das axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega por un importe total de 185.000 euros. As solicitudes poderán presentarse desde mañá e ata o 4 de abril. A liña apoia a realización de longametraxes cinematográficas de ficción, animación e documentais, miniseries de ficción, series de animación e programas pilotos para televisión. En 2014, un total de 12 produtoras independentes resultaron adxudicatarias destas subvencións para a preprodución de nove longametraxes cinematográficas, dúas miniseries e un piloto dun programa para televisión.

u O filme 'A cicatriz branca' dirixido por Margarita Ledo abre a colección Libro-Cinema de Galaxia

A

cicatriz branca, de Margarita Ledo Andión, é o primeiro título da nova colección Libro Cinema de Galaxia, unha liña que inclúe a publicación da película en DVD -no que se inclúen diversos extras- canda un conxunto de textos arredor da produción. ‘Por que o cinema?’ é o título do texto da directora Margarita Ledo que abre un libro que inclúe as impresións escritas doutras participantes no filme como as actrices Eva Veiga, Margarita Fernández, Mónica Camaño, Renata Otero e Xoana Pintos. O músico Abe Rábade e Ramiro Ledo, responsábel da montaxe, aportan tamén a súa visión do filme ao que se achegarán tamén o crítico José Manuel Sande e a historiadora Pilar Cagiao na súa reflexión sobre as mulleres da emigración Margarita Ledo achégase en A cicatriz branca á memoria das mulleres que chegaron a Arxentina por volta dos anos vinte e trinta. Despois das longametraxes Santa Liberdade e Liste, pronunciado


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.