Anuario agapi 2015

Page 206

Novembro Febreiro Decembro Marzo 206 - Anuario de Información do Sector Audiovisual Galego •••••••••••••••• Decembro Marzo Abril Abril Maio Maio Xuño Xuño Xullo Xullo Agosto Agosto Setembro Setembro

Emma Lustres, produtora executiva de Vaca Films

Bollaín, Juan Martínez Moreno, Daniel Calparsoro, Miguel Ángel Vivas, Alejandro Marzoa, Dani de la Torre ou Manuel Martín Cuenca, entre outros. Emma Lustres valora ‘moi positivamente’ as oito nominaciones de O Descoñecido, que considera ‘a guinda del pastel de un ano de moitas alegrías’, no que a película tivo un bó percorrido por festivais, moi boas críticas e, sobre todo, moi boa aceptación por parte do público. Non obstante, sorpréndelle que non está nominada como mellor película ‘pese a ser unha das tres con máis nominaciones’, entrelas as de mellor actor, mellor director e mellor guión. Un dos aspectos dos que máis orgullosa se sinte Emma Lustres é de ter triunfado desde a periferia ‘Conseguimos desde Galicia ser unha gran produtora en España’. Lustres recoñece que é moito máis sinxelo triunfar desde Madrid. ‘Para nós é un orgullo e unha honra poder facer cine desde Galicia, axudar á industria audiovisual galega e poñer a directores e técnicos en primeira liña’. No filme O Descoñecido, prácticamente a totalidade do equipo era galego. A película, que se rodou nas rúas da Coruña, supuxo dar de alta a 1.875 personas na Seguridade Social. En Vaca Films teñen actualmente 12 películas en desenvolvemento. ‘Posiblemente algunhas non cheguen ao final por non cumprir as expectativas’, apunta a produtora. O 4 de marzo estrean con Fox ‘Cen anos de perdón’, un thriller do que están moi contentos xo resultado e que aseguran dará que falar.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.