Anuario agapi 2015

Page 189

Outubro Novembro •••••••••••••••• Anuario de Información do Sector Audiovisual Galego - 189 Novembro Decembro A clave do seu éxito, relatan, ten que ver coa búsqueda das carencias dos demáis wearables do mercado. ‘Todos son pechados, é dicir, as empresas desenvolven dispositivos intelixentes que só funcionan Decembro cun obxectivo específico, case sempre enfocado á biométrica e ás notificacións do móvil ou da tableta’, explican os integrantes de Brookesia. Fronte aos meros contadores de frecuencia de sono, podómetros e pulsómetros, esta pulsera ‘made in Ourense’ preséntase como aberta, ao marxe da necesidade total de usar máis dun dispositivo, co que o usuario se evita un gasto enorme’.

u Nós, produtora cinemaográfica galega celebra o seu 15 aniversario

O

sete de febreiro de 1976 o cineasta Carlos Varela Veiga crea, xunto a outras persoas, Nós, Cinematográfica Galega. Desa produtora xorden iniciativas coma as xornadas de de cine de Ourense e un concurso de guións de ficción cinematográfica no que Manuel María gañou o primeiro premio con Abril de Lume e Ferro. A produtora disolveuse, e non foi ata novembro do 2000, hai 15 anos, cando a iniciativa foi retomada, da man da a catedrática de comunicación audiovisual Margarita Ledo e do produtor Xosé Luís Ledo, xunto con outras persoas socias, coma o psiquiatra Cipriano Jiménez ou o avogado Nemésio Barxa. No 2016 celebrarase o 40 aniversario dende a primeira constitución da produtora, que nestes momentos ten dous grandes proxectos en marcha. Un é o filme Abril de lume e ferro, que desenvolve precisamente aquel guion premiado de Manuel María, homenaxeado no vindeiro Día das Letras Galegas; a película trata a historia dos mártires de Carral e será dirixida por Xosé Luis Ledo Andión. Ademais, Margarita Ledo está a realizar o documental Nación. Así mesmo, ao longo de 2016 Nós presentará a súa nova páxina web (norcinema.gal) e tamén un vídeo resumo do traballo da produtora até o de agora, que destacará ‘o seu compromiso pola cultura e lingua galega, un dos principios polos que se rexe’. Nos seus 15 anos de actividade, Nós produciu sete filmes documentais, un filme de ficción, reportaxes televisivas e tres series de programas para a TVG. Entre eles destacan Santa Liberdade (2004), CCCV (Cine Clube Carlos Varela) (2005), Liste, pronunciado Líster (2007) e A cicatriz branca (2012).

ASOCIACIÓNS E ENTIDADES u A Academia Galega do Audiovisual abre ata o 5 de decembro o prazo de presentación aos Premios Mestre Mateo 2016. Por primeria vez poderá facerse o trámite online

A

Academia Galega do Audiovisual abre o prazo para as obras que desexen participar nos Premios Mestre Mateo ata o vindeiro 4 de decembro de 2015. Por primeira vez a inscrición para poder concorrer a estes premios realizarase en liña, facilitando as fórmulas de participación nestes galardóns que pretenden salientar o mellor das produccións galegas do presente ano. Esta nova edición será a décimocuarta desde a posta en marcha dos premios e será a primeira na que todo o proceso poderá ser realizado en liña polos membros da Academia Galega do Audiovisual. Por


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.