Anuario agapi 2015

Page 147

Agosto Setembro •••••••••••••••• Setembro NOMES PROPIOS

Anuario de Información do Sector Audiovisual Galego - 147

u ’O Descoñecido’ abre as portas ao galego Dani de la Torre

O

Descoñecido, o debut en formato longo de Dani da Torre, chegará aos cines españois o próximo 25 de setembro, aínda que A Coruña, cidade onde se rodou, acollerá unha preestrea o día anterior. A película, que se poderá ver no Festival de cine de Venecia, catapultou ao director ao mercado norteamericano. ‘Dani recibiu ofertas de tres axencias en Estados Unidos. Dixéronlle que estaban desexando velo en Venecia’, afirma Emma Lustres, da productora galega Vaca Films. O día 2 de setembro proxectarase no certame italiano, pase que se repetirá o día 9. Ademais, o Festival de San Sebastián tamén programou o filme, producido por Vaca Films. Lustres engadiu que ‘foi un experimento emocionante traballar cun director novel que ten proxecto arriscado. Na mellor das situacións sairía unha película boa e, para min, saíu unha moi boa’. O filme, protagonizado polo galego Luís Tosar, rodouse durante o verán do 2014 na Coruña. O actor encarna o Dani de la Torre, director do filme O personaxe de Carlos, un director de banco cuxos erros Descoñecido dan orixe á trama. Goya Toledo dá vida a Marta, a muller do banqueiro. O tamén galego Javier Gutiérrez, xunto con Elvira Mínguez, completan o reparto.

u Ignacio Vilar será galardoado co Premio da Cultura Galega na categoría audiovisual

I

gnacio Vilar atópase entre os oito galardoados das diferentes modalidades dos Premios da Cultura Galega deste ano 2015, certame que ten o obxectivo de recoñecer e por en valor a traxectoria de persoas e entidades destacadas nos distintos ámbitos culturais do país. Na modalidade de Letras, a premiada foi a escritora Fina Casalderrey. En Artes Plásticas, o galardoado será Miguelanxo Prado. A elexida en materia de Artes Escénicas será María Bouzas. Na modalidade de música, o premiado será o Coro Toxos Foto dos galardoados co Premio da Cultura 2015 e Froles. O cineasta Ignacio Vilar será quen recibirá o premio na categoría de Audiovisual. Por outra banda, premiarase á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Lingua), á Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Patrimonio Cultural) e á investigadora Kathleen Nora March (Promoción exterior).


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.