Antonio Murado: Intimidade abstraída: Colección de Arte ABANCA

Page 1



Antonio Murado (Lugo, 1964) é un dos artistas galegos con maior proxección internacional da súa xeración. Finalizada a súa formación na Facultade de Belas Artes da Universidade de Salamanca (1988), pronto comeza a expoñer de maneira continuada, e a súa presenza en certames empeza a recibir galardóns e o recoñecemento unánime por parte da crítica. Despois de obter a bolsa Manuel Colmeiro da Xunta de Galicia (1987) e Banesto (1990), ten a oportunidade de acceder á Cooper Union School de Nova York grazas á bolsa Unión Fenosa (1996). Desde entón, vive e traballa en Nova York, onde ten o seu estudio. Na actualidade, a súa obra está presente en importantes coleccións públicas e privadas de recoñecido prestixio tanto a nivel nacional como no estranxeiro. Recentemente, recibiu a encarga de tres lenzos que se exhibirán de forma permanente no proxecto arquitectónico do novo World Trade Center con motivo do memorial do 11-S.

Antonio Murado (Lugo, 1964) es uno de los artistas gallegos con mayor proyección internacional de su generación. Finalizada su formación en la Facultad de Bellas Artes de la Universidad de Salamanca (1988), pronto empieza a exponer de forma continuada, y su presencia en certámenes comienza a recibir premios y el reconocimiento unánime por parte de la crítica. Tras obtener la beca Manuel Colmeiro de la Xunta de Galicia (1987) y Banesto (1990), tiene la oportunidad de acceder a la Cooper Union School de Nueva York, gracias a la beca Unión Fenosa (1996). Desde entonces, vive y trabaja en Nueva York, donde tiene su estudio. En la actualidad, su obra está presente en importantes colecciones públicas y privadas de reconocido prestigio tanto a nivel nacional como en el extranjero. Recientemente, ha recibido el encargo de tres lienzos que se exhibirán de forma permanente en el proyecto arquitectónico del nuevo World Trade Center con motivo del memorial del 11-S.

«Antonio Murado. Intimidade abstraída» presenta a obra máis persoal do artista lucense: AM 34 x 24 Vol. I, que articula unha serie composta por un centenar de obras de idéntico formato e con vocación de continuidade. Trátase dunha revisión daqueles temas que sempre interesaron ao artista e que forman parte do seu particular universo pictórico, como a paisaxe, a historia, a memoria e a pintura. Tamén se presenta un amplo catálogo de persoas achegadas, como amigos e familiares, xunto a abondosas escenas que recollen os seus recordos da infancia e que nos achegan á súa intimidade máis descoñecida, nas cales o lenzo se converte en verdadeiro testemuño autobiográfico materializado a través da pintura.

«Antonio Murado. Intimidade abstraída» presenta la obra más personal del artista lucense: AM 34 x 24 Vol. I, que articula una serie compuesta por un centenar de obras de idéntico formato y con vocación de continuidad. Se trata de una revisión de aquellos temas que siempre han interesado al artista y que forman parte de su particular universo pictórico, como el paisaje, la historia, la memoria y la pintura. También se presenta un amplio catálogo de personas allegadas, como amigos y familiares, junto a numerosas escenas que recogen sus recuerdos de infancia y que nos acercan a su intimidad más desconocida, en las que el lienzo se convierte en verdadero testimonio autobiográfico materializado a través de la pintura.


A exposición inclúe varios lenzos dedicados a un dos temas predilectos de Murado e sinal de identidade da súa produción pictórica: o traballo paisaxístico. As singulares paisaxes de Murado caracterízanse por un tratamento que abala na particular dicotomía figuración-abstracción, en que parte da natureza non para a imitar, senón para crear unha nova realidade, filtrada pola súa ollada interior. A novidade de AM 34 x 24 Vol. I reside na incursión de Murado no campo do retrato, unha dimensión pouco coñecida na produción do artista, que demostra o seu interese pola constante innovación no proceso creativo. Murado utiliza a fotografía como base para o posterior traballo sobre lenzo, que altera intencionadamente e combina con outros elementos, como ilustracións e inscricións. Mediante a manipulación das imaxes reais do seu contorno máis inmediato é capaz de xerar unha realidade renovada, tan persoal e íntima como insólita e orixinal.

La exposición incluye varios lienzos dedicados a uno de los temas predilectos de Murado y seña de identidad de su producción pictórica: el trabajo paisajístico. Los singulares paisajes de Murado se caracterizan por un tratamiento que oscila en la particular dicotomía figuración-abstracción, en los que parte de la naturaleza no para imitarla, sino para crear una nueva realidad, tamizada por su mirada interior. La novedad de AM 34 x 24 Vol. I reside en la incursión de Murado en el campo del retrato, una dimensión poco conocida en la producción del artista, que demuestra su interés por la constante innovación en el proceso creativo. Murado emplea la fotografía como base para el posterior trabajo sobre lienzo, que altera intencionadamente y combina con otros elementos, como ilustraciones e inscripciones. Mediante la manipulación de las imágenes reales de su entorno más inmediato es capaz de generar una realidad renovada, tan personal e íntima como insólita y original.

Esta relación entre pintura e fotografía interesa ao autor polas complexas vinculacións entre realidade, representación e percepción. Murado altera o seu contexto habitual e a súa paisaxe interior nun dobre xogo de significacións; no referente ao tratamento pictórico que impide percibir con total nitidez uns lenzos que falan dun tempo pasado xa esvaecido, e para o que encontra o seu mellor campo de acción na fotografía, o medio por excelencia capaz de rescatar a memoria do esquecemento. Trátase dunha verdadeira viaxe introspectiva, concibida ao modo de diario visual, onde o factor temporal determina a súa primeira incursión na figuración de carácter narrativo, dominado por numerosas referencias históricas e culturais que, dalgún xeito, esgrime un repertorio de reminiscencias subxectivas sutilmente enlazadas.

Esta relación entre pintura y fotografía interesa al autor por las complejas vinculaciones entre realidad, representación y percepción. Murado altera su contexto habitual y su paisaje interior en un doble juego de significaciones; en lo referente al tratamiento pictórico que impide percibir con total nitidez unos lienzos que hablan de un tiempo pasado ya difuminado, y para el que encuentra su mejor campo de acción en la fotografía, el medio por excelencia capaz de rescatar la memoria del olvido. Se trata de un auténtico viaje introspectivo, concebido a modo de diario visual, donde el factor temporal determina su primera incursión en la figuración de carácter narrativo, dominado por numerosas referencias históricas y culturales que, de algún modo, esgrime un repertorio de reminiscencias subjetivas sutilmente hilvanadas.

Todas as obras que forman parte desta exposición proceden da Colección de Arte ABANCA e preséntanse agora en Lugo coa firme decisión de continuarmos a difusión e divulgación daquelas obras e autores que mellor representan a arte do noso tempo, como é o caso de Antonio Murado.

Todas las obras que forman parte de esta exposición proceden de la Colección de Arte ABANCA y se presentan ahora en Lugo con la firme decisión de continuar nuestra difusión y divulgación de aquellas obras y autores que mejor representan el arte de nuestro tiempo, como es el caso de Antonio Murado.



PROGRAMA DIDÁCTICO ESCOLARES Sempre inquedo, sempre creativo, sempre en movemento, Murado convida a toda a comunidade escolar, a través destas visitas-obradoiro, a reflexionar sobre as capacidades da pintura no seu estado puro, a coñecer a súa visión da arte e a albiscar os segredos do seu éxito. CÓNTAME UN CONTO. INFANTIL A 3º DE PRIMARIA Cada mancha de pintura, cada espazo de cor, cada xesto, constitúe un anaco de historia. Os máis pequenos axudarannos a contala a través de prácticas básicas para exercitar a imaxinación, facendo fincapé en todas aquelas cousas que saben sobre a cor. Cóntame unha historia a través da pintura e da cor, mais... non vale debuxar! 100 % CREATIVIDADE. 4º DE PRIMARIA A 2º DE ESO Para Antonio Murado, as persoas sempre recoñecemos nas cores e as formas da pintura algo que xa vimos antes, pois a nosa mente ten a necesidade de relacionar a súa experiencia coa do artista. Artista e escolares fusiónanse neste obradoiro onde os exercicios de creatividade son os protagonistas. UN LUCENSE EN NOVA YORK, ANTONIO MURADO. 3º E 4º DE ESO, BACHARELATO E CF Desde Lugo a Nova York pasando por moitas horas de traballo. Esta é a historia de Antonio Murado, o neno que soñaba con ser artista e conseguiu alcanzar o éxito. PROGRAMA DIDÁCTICO GRUPOS E COLECTIVOS A área educativa Afundación ofrece a posibilidade de coñecer en profundidade a figura e obra de Antonio Murado a grupos e colectivos tanto de persoas adultas como infantís, a través de visitas comentadas e obradoiros adaptados ás necesidades e inquedanzas dos usuarios.

PREZO: 1 € / participante Información e reservas no 982 289 096 ou en areaeducativalugo@afundacion.org

Reproducións: «El collar» (p. 1), «Judith» (p. 2), «Vista desde mi estudio» (p 5), «Kelch» (p. 5), «Jungfrukällan» (p. 5), «Moncho Javier» (p. 5), «Canto IX. EP» (p. 7), AM 34 x 24 Vol. I. (2005), técnica mixta, Colección de Arte ABANCA. © Antonio Murado, VEGAP, Lugo, 2015, Colección de Arte ABANCA Depósicto legal: C 2056-2015



Do 10 de novembro ao 30 de xaneiro de 2016 Luns a s谩bados de 18.00 a 21.00 h Sede Afundaci贸n Praza Maior, 16. Lugo

coleccion.abanca.com afundacion.org

A t煤a opini贸n conta!


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.