Page 1


UNHA FUNDACIÓN CON A MAIÚSCULO


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

PADROADO

Miguel Ángel Escotet Álvarez Presidente

Ángel Sicart Giménez

Vogais

Marcelino Agís Villaverde

Vicepresidente

Francisco Botas Ratera

Jesús Navazo Ruíz

María Jesús Budiño Rodríguez

Secretario (non patrón)

José Eduardo Álvarez-Naveiro Sánchez Asesor xurídico

Xosé Carlos Caneiro Pérez Olga Cuña Blanco Ricardo Díaz-Casteleiro Romero Juan Carlos Escotet Rodríguez Javier Etcheverría de la Muela Eladio Fernández Pérez José Fernández Pernas Paulo Fontán Torreiro José Luis Jiménez Martínez Xosé Luis Liñares Barbeito José Luis Lolo Celeiro Pedro Raúl López Jácome Laura Mosquera Escudero Mercedes Rozas Caeiro Ramón Sestayo Lestón Jesús Santiago Vázquez Sanluis

Asistentes á reunión do Padroado celebrada na Sede Afundación Santiago

Óscar Villar Díaz


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

DIRECCIÓN

Pedro Otero Espinar

María Teresa Cores Fernández

José Luis Vilanova Dacosta

Sabela Couceiro Núñez

Director xerente

Coordinador xeral

Coordinadora da área de Cultura

Coordinadora da área de Envellecemento activo

Flor Gómez Novoa

Coordinadora de Recursos de IESIDE

Rosario Rodríguez Gómez

Coordinadora da área de Marketing

Gloria Rodríguez López

Coordinadora da área de Comunicación

Carlota Sánchez-Montaña Puga

Coordinadora Interinstitucional de IESIDE

María del Mar Sánchez-Toscano Rial

Coordinadora de Intervención e administración

María Barreira Salgado

Coordinadora adxunta de Capital humano

Juan José Castro Domínguez

Coordinador adxunto da área de Envellecemento activo

Gema García-Abril González-Vallinas

Coordinadora adxunta de Comercialización de inmobles

Cristina Iglesias Pérez

Coordinadora adxunta de Sedes

Verónica Rego López

Coordinadora adxunta de Relacións institucionais

Roberto Rodríguez Vázquez

Coordinador adxunto de Intervención e administración

Paloma Vela Garicano

Coordinadora adxunta da área de Cultura


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

Para Afundación, a Obra Social de ABANCA, o ano 2015 supuxo a renovación da gobernanza nas estruturas, no modelo de xestión e na programación. Deseñouse un plan estratéxico 2015-2019 que se centra en tres eixes de acción: educación superior e coñecemento, envellecemento activo e cultura. Por iso titulamos a nosa memoria: Construíndo o futuro: Sentando as bases. En 2016 continuamos desenvolvendo as liñas mestras do plan e implementando os primeiros programas. Arriscámonos a trasladar a nosa experiencia interna

ao exterior con innovadoras propostas nos tres eixes ou áreas e os resultados reportáronnos a confirmación de irmos na dirección prevista. Foi Un ano de novos retos, como evidenciamos na nosa memoria anual. No pasado exercicio 2017 acadamos en cada unha das áreas os obxectivos que nos propuxemos no plan. Aumentamos o número de persoas beneficiarias da nosa actividade, chegando ao millón duascentas mil. Mantivemos o noso posicionamento como a fundación máis recoñecida pola poboación galega. Rebaixamos


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

o noso déficit anual previsto en dous millóns de euros, sen minguar a calidade, a diversidade ou a cantidade das nosas propostas. Co mecenado de ABANCA logrouse o equilibrio orzamentario. Unha entidade, que fomenta a capilaridade das súas propostas e a interrelación dos seus programas, levándoos máis alá das súas sedes para estimular a conexión social. É o caso en educación superior das unidades satélite de IESIDE, conectadas aos seus campus, das exposicións itinerantes por diferentes localidades da nosa xeografía, que conforman o proxecto «Corrente cultural», ou da presenza pública de actividades e programas de envellecemento activo fóra dos espazos +60 das nosas sedes de maiores. En 2017 recibiuse un gran recoñecemento da sociedade galega, polo que estamos profundamente agradecidos e que nos serve de grande estímulo para continuar a nosa tarefa. Recibimos un novo galardón nos premios á Obra Social e á Educación Financeira que organiza a revista Actualidad Económica en colaboración coa Confederación Española de Cajas de Ahorro (CECA). Os Premios Proyecta Innovación, unha iniciativa educativa da Fundación Amancio Ortega e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, recoñeceron o proxecto «FP sobre rodas», do noso Centro de Formación Profesional Colegio Hogar

Afundación e da Asociación de Dano Cerebral Alento. Ao mesmo tempo, o noso outro Centro de Formación Profesional Afundación da Coruña foi recoñecido co Premio de Emprendemento do Concello da Coruña. O I Festival Internacional de Publicidade Educativa, Educafestival, outorgounos o Premio á mellor estratexia de Branded Content, polo programa «O valor da experiencia». O Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia outorgou o seu Premio Paraugas ao Mellor Libro de Arte a Afundación polo seu catálogo Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia, coeditado con The Hispanic Society of America; e o Premio Paraugas ao Mellor Deseño Dixital e Interactivo, ao portal web de Afundación. Pero o meirande premio recibido foi a resposta e o compromiso da sociedade galega coa nosa fundación. Somos unha fundación enraizada na cultura e sociedade galegas con proxección nacional e internacional, nacida desde o compromiso ético co avance social e de escoita atenta ás demandas da nosa sociedade. Somos a Obra Social de ABANCA como consecuencia da responsabilidade social que é parte do seu ADN como institución comprometida co benestar de toda a sociedade. Sementamos futuro para unha sociedade en constante renovación do coñecemento, das ideas e das persoas. Somos Unha fundación para a innovación.

Miguel Ángel Escotet Álvarez Presidente de Afundación

Sede Afundación Pontevedra


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

ÍNDICE

INTRODUCIÓN

15

EDUCACIÓN SUPERIOR E COÑECEMENTO Educación superior, IESIDE IESIDE: excelencia, multiculturalidade, innovación, flexibilidade Internacionalización A oferta académica Servizo de recrutamento, bolsa de traballo e prácticas laborais IESIDE e a responsabilidade social empresarial Os edificios Coñecemento «Educación século XXI» Centros de formación profesional, bibliotecas e centro de educación infantil Formación non regrada

21 21 28 30 43 44 45 49 50 53 56

ENVELLECEMENTO ACTIVO

67 68 70 73 76 79

Estudo de avaliación do programa de Envellecemento activo de Afundación Imaxe social O valor da experiencia Desenvolvemento persoal Os espazos +60 de Afundación

CULTURA Artes plásticas Artes escénicas, musicais e audiovisuais

OUTRAS INICIATIVAS DE ACCIÓN SOCIAL E CULTURAL

13

85 85 103

Monte de Piedade Ataquilla Cesión e aluguer de espazos

117 117 118 119

INFORMACIÓN ECONÓMICA

123


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

INTRODUCIÓN

De novo no exercicio de 2017 a Fundación Galicia Obra Social, Afundación, a Obra Social de ABANCA, ratificaba o seu liderado como primeira fundación galega, pola calidade, cantidade e diversidade das súas actividades, así como pola súa cobertura na comunidade, superando o millón duascentas mil persoas beneficiarias.

que procura dar resposta ás demandas da cidadanía no cumprimento dos seus fins fundacionais, implementando un modelo de educación superior innovador, de calidade e orientado ao mundo da empresa, potenciando o papel activo das persoas maiores na sociedade e fomentando a evolución da poboación a través da cultura.

Nesta memoria proporciónase información detallada de toda a actividade realizada no pasado exercicio. A FUNDACIÓN LÍDER EN GALICIA CO MECENADO DE ABANCA

Conta co mecenado único da primeira entidade financeira galega, ABANCA, fortemente comprometida coa responsabilidade social. De feito, Afundación é o seu principal vehículo de responsabilidade social corporativa.

Como xa é ben coñecido pola sociedade tanto dentro coma fóra de Galicia, Afundación é unha entidade de interese xeral galego, sen ánimo de lucro,

Establece sinerxías na colaboración con outras institucións públicas e privadas para incrementar o alcance da súa acción educativa, social e cultural.

15


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

UNHA REDE DE CENTROS ABERTA Á SOCIEDADE

Entendemos que estas son calidades que se cultivan e perfeccionan, que se desenvolven coa experiencia, e esta é unha das fortalezas do noso cadro de persoal, que conta cunha media de idade de 47 anos. Ademais, a media de antigüidade de traballadoras e traballadores na empresa é de 16 anos e a taxa de rotación, do 6,35 %. Estes datos evidencias que nos ocupamos da retención do talento e consideramos importantes que as persoas poidan traballar cunhas marxes de seguridade e confianza imprescindibles para o desenvolvemento de proxectos a medio prazo.

O número de persoas beneficiarias segue aumentando ano tras ano, o que corrobora a calidade e diversidade dos nosos programas de actividades, a proximidade da nosa relación coas persoas usuarias e o atractivo da nosa rede de centros, situados nas catro provincias. Trátase na súa maior parte de edificios de gran valor arquitectónico, situados no centro dos núcleos urbanos, equipados cos medios tecnolóxicos axeitados aos servizos que prestan, por especializados que estes sexan. Constitúen esa rede sete sedes en cada unha das principais cidades galegas, once espazos +60, tres centros de educación superior, dous centros de formación profesional, unha residencia de estudantes, catro bibliotecas, unha escola infantil, un centro interactivo de educación ambiental, un teatro e varios edificios de apoio para actividades diversas.

No referente ao estímulo da formación continua, en 2017 o cadro de persoal realizou 52 cursos e seminarios en diferentes disciplinas. Afundación é unha entidade profundamente comprometida coa igualdade de xénero, non só canto a cuestións salariais, senón tamén no acceso das mulleres ao emprego e a súa permanencia nel. O 55,40 % do noso capital humano son mulleres e conforman o 76,47 % dos postos directivos.

PERSOAS QUE TRABALLAN PARA O DESENVOLVEMENTO E BENESTAR DAS PERSOAS

Somos conscientes de que quedan aínda aspectos para mellorar, pero sentímonos orgullosos do acadado ata agora. Porque cremos no que facemos, valoramos a experiencia, o compromiso social, a educación superior, a formación continua e a cultura, comezando desde dentro.

O principal activo dunha empresa é o seu capital humano, en Afundación témolo moi presente. Por iso, procuramos a eficiencia, apostamos polo talento e a creatividade, apoiamos a formación continua e, ademais, valoramos a flexibilidade, a empatía e o compromiso social.

16 Teatro Afundación Vigo


EDUCACIÓN SUPERIOR E COÑECEMENTO

18

19


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

EDUCACIÓN SUPERIOR, IESIDE

IESIDE: EXCELENCIA, MULTICULTURALIDADE, INNOVACIÓN, FLEXIBILIDADE

O obxectivo de Afundación no campo formativo defínese nunha educación comprometida cun sólido sistema integral e integrador, que parte da importancia da escola, complementa o ensino regrado, permea transversal e creativamente toda a nosa actividade fortalecendo os valores esenciais para a evolución persoal e a dunha sociedade cohesiva.

Para impulsar a actuación de Afundación e ABANCA no ámbito da educación superior, naceu en 2016 o Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (IESIDE), avalado polos nosos trinta anos de experiencia no ensino no ámbito dos negocios.

No ámbito da educación superior, como un dos tres eixes principais da entidade, desenvolve un modelo orientado á empresa, para potenciar a xestión eficiente e responsable dos negocios, baseado na excelencia, na innovación académica, con metodoloxías de ensino e aprendizaxe interdisciplinarias e novos ámbitos de coñecemento, así como na internacionalización en todas as súas dimensións.

A sociedade e o tecido produtivo demandaban máis formación interdisciplinaria orientada á xestión empresarial e o emprendemento. Neste marco, IESIDE promove a cooperación entre empresa e universidade, dirixida cara á creación de valor económico, social e cultural para Galicia. IESIDE constitúese como un servizo público, sen ánimo de lucro, que complementa a oferta universitaria

21


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

+36 % de ofertas de emprego xestionadas

139 ofertas de emprego xestionadas

Apoiando os estudantes excelentes

86

bolsas

+5 % de estudantes e profesores con perfil internacional en relación con 2016

94 empresas clientes dos programas IESIDE

118 estudantes e 43 profesores con perfil internacional

5347 estudantes en IESIDE

+51 % respecto do ano pasado Contínuo crecemento do número de estudantes do IESIDE, desde 2015

22

actual procurando a mellora da competitividade das empresas nacionais e internacionais, con especial acento no eixe atlántico.

Empresas e ao Mestrado en Dirección e Administración de Empresas (MBA). O seu obxectivo é premiar e incentivar a excelencia académica, facilitando así o acceso á formación de grao e MBA impartida polo instituto. Estas bolsas concédense atendendo ao expediente académico e ás circunstancias económicas e familiares dos candidatos. No curso 2017-2018 outorgáronse un total de 86 bolsas, un 12 % máis ca o curso anterior.

O modelo académico de IESIDE, diferencial, adaptable e áxil, está baseado non só na adquisición de coñecementos, senón no desenvolvemento de competencias, e os seus profesores e investigadores traballan por programas no canto de por unidades administrativas convencionais. IESIDE presenta unha formación de primeiro nivel internacional, a través de acordos con institucións de prestixio en todo o mundo, contando cun campus multilingüe.

Resaltan como eventos máis importantes en 2017: • O acordo de colaboración no marco da educación superior entre IESIDE e ESIC Business & Marketing School. Deste modo xúntanse a experiencia de IESIDE, líder na formación empresarial en Galicia, e de ESIC, con máis de cincuenta anos dedicados á formación de profesionais do ámbito empresarial, o marketing e a economía dixital, sendo a escola de negocios coa maior implantación territorial en España.

O seu modelo educativo, orientado á excelencia, distínguese, ademais, pola innovación, que se sustenta nunha sólida base tecnolóxica, unha metodoloxía académica propia e unha próxima relación co estudantado. Desde o punto de vista académico, desenvolve un modelo flexible, con distintos períodos de matriculación durante todo o ano, facilitando así a incorporación de estudantes que traballan ou proceden de programas de intercambio. Promove, por tanto, un modelo transgresor, afastado de patróns ríxidos e dinamizador dun sistema continuo de aprendizaxe.

• Entre as actividades que ambas as entidades desenvolveron en colaboración, cabe destacar a posta en marcha de dous mestrados: o Mestrado en Dirección de Marketing e Xestión Comercial (GESCO), programa de referencia nacional e internacional no campo do marketing, con máis de 480 edicións e 10 000 titulados; e o Mestrado en Marketing Dixital (MMD), centrado nas disciplinas máis avanzadas e efectivas no ámbito do marketing dixital, que formou máis de 450 participantes nas súas máis de 20 edicións. Outra das significativas actividades conxuntas

O obxectivo é brindar unha educación de elite, pero non para as elites, ao facilitar un programa de bolsas e un programa de apoio financeiro con créditos educativos a través de ABANCA Estuda. En 2017, IESIDE convocou as súas Bolsas de Excelencia Académica, dirixidas a futuros estudantes de novo ingreso ao Grao de Administración e Dirección de

23


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

cias nos foros máis relevantes de América, Europa, Asia, Australia e Nova Zelandia e publicou máis de 20 libros e innumerables artigos en medios especializados. En 1968 deu a coñecer a súa fórmula multivariable Z-Score, que hoxe se estuda nas escolas de negocios de todo o mundo como unha poderosa ferramenta de diagnóstico para a predición de creba, como resultado da combinación de cinco ratios financeiras. Edward Altman converteuse desde entón nun reputado experto internacional en análises de riscos, especialmente en risco de crédito e fracaso empresarial ou bancarrota.

foi a celebración, o 22 de xuño por primeira vez en Santiago de Compostela, de «Hoy es Marketing», o maior evento de marketing e management en España. • O nomeamento do economista Edward Altman como Profesor Honoris Causa, por parte de IESIDE, no mes de maio, durante a cerimonia de gradación da promoción 2017 do seu Grao en Administración e Dirección de Empresas. Edward Altman é presidente da Financial Management Association e profesor da cátedra Max. L. Heine de Finanzas en Stern School of Business da New York University, asesora regularmente axencias gobernamentais e empresas de todo o mundo, impartiu conferen-

• O ciclo de conferencias «O valor da experiencia como xerador de coñe-

Masterclass de Víctor Nogueira, presidente do Grupo Nogar

24

cemento», unha colaboración entre IESIDE e a Asociación Galega da Empresa Familiar, cuxo lema é «Empresas familiares de éxito ensínanche como o fixeron», que se iniciaba en 2016.

do valor da experiencia, un lema que aplicar tamén na súa área de Envellecemento activo, ao destacar a importancia da vivencia como un complemento esencial da aprendizaxe.

Esta colaboración xurdía co propósito de poñer en valor a experiencia como fonte de coñecemento para o progreso. Da man de importantes nomes empresariais das compañías familiares de Galicia, poténciase a transmisión das claves deste tipo de negocio, un modelo moi afianzado nesta terra, e, sobre todo, de como conseguiron e conseguen ser empresas de éxito nun mundo globalizado e fortemente competitivo. IESIDE promove, mediante a organización desta actividade, o recoñecemento

Víctor José Nogueira García, presidente do Grupo Nogar, pronunciou no mes de marzo, no campus de IESIDE en Vigo, a conferencia «Experiencias en internacionalización como camiño do crecemento e a expansión». Pola súa parte, Juan Luis Castro, presidente de Castrosua, foi o relator da masterclass «Empresa familiar: reflexións persoais dunha evolución», que tivo lugar en novembro, no campus IESIDE na Coruña.

Masterclass de Juan Luis Castro, presidente de Castrosua

25


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

Nomeamento de Edward Altman como Profesor Honoris Causa de IESIDE

26

27


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

INTERNACIONALIZACIÓN A internacionalización permite a transferencia de coñecemento e innovación e favorece a empregabilidade dos nosos estudantes, brindándolles unha formación cunha visión universal acorde cos tempos e mercados actuais, á vez que contribúe á mellora do noso tecido empresarial. Partindo dunha histórica colaboración con universidades estranxeiras —iniciada en 1994 coa University of Wales para a posta en marcha do Bachelor in Business Administration (BBA)—, IESIDE propúxose dar un relevante impulso a este proceso de internacionalización mediante convenios con universidades de Europa, América e Asia. Estes convenios iranse sumando aos xa existentes con institucións académicas tan prestixiosas como Haute École de Gestion de Genève, Regent’s University London, Dublin Business School, Flensburg University of Applied Sciences de Alemaña, Memorial University of Newfoundland de Canadá, University of Applied Sciences of Vienna, Poznan University of Economics ou Georgetown University, entre outras. En 2016 iniciábase o acordo de colaboración entre IESIDE e a University of International Business & Economics (UIBE), con sede en Beijing, que foi renovado en 2017. A UIBE é un dos centros educativos máis prestixiosos de China, con máis de 16 000 estudantes dos que 3200 son estranxeiros. A finalidade é facilitar o intercambio de estudantes e profesorado, reforzar a oferta de cursos de especialización e mestrados a estudantes chineses e promover a realización de actividades académicas e proxectos conxuntos. Delegación da University of International Business & Economics (UIBE) de Beijing

28

29


Sinatura do convenio de colaboración entre IESIDE e ESIC menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

No marco deste acordo tivo lugar en 2017 a segunda edición do Diploma Avanzado de Relacións Internacionais (DARI). Trátase do primeiro programa de español e negocios internacionais de carácter intercultural que se imparte en Galicia. O DARI nacía co obxectivo principal de apoiar as empresas galegas na súa entrada e posicionamento no mercado chinés, proporcionándolles profesionais dese país multilingües con formación empresarial. Outro dos seus propósitos estratéxicos é a promoción do sector turístico galego en China. Na edición de 2017 os estudantes de UIBE, seleccionados pola súa universidade polo seu altor nivel académico, procedían dos ámbitos do Dereito, as Relacións internacionais, Empresariais, Lingua española e Comercio.

line e de tipo híbrido, así como cursos corporativos dirixidos a empresas, capacitando os seus estudantes como profesionais altamente cualificados para liderar as organizacións das que son parte. A estrutura académica de IESIDE ten como eixe principal os seus programas de estudo e corporativos que se agrupan en catro ámbitos principais: grao, posgraduado, programas In Company e programas interinstitucionais. En 2017, 5347 estudantes desenvolveron a súa formación en distintos campos. En virtude do acordo subscrito entre IESIDE e ESIC en 2017, engadíronse á oferta formativa o Mestrado en Xestión Comercial e Marketing (GESCO) e o Mestrado en Marketing Dixital (MMD). Estes programas incorpóranse a unha consolidada proposta que incluíu neste período, ademais do seu Grao en Administración e Dirección de Empresas, o primeiro con dobre titulación internacional en Galicia, os seguintes mestrados: MBA Full Time (Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas), MBA Part Time, Executive MBA, Mestrado SAP en Recursos Humanos, Mestrado SAP en Finanzas e BPC, Master in International Business, Mestrado en Dirección Económico-Financeira.

Así mesmo, dentro da súa estratexia de internacionalización, en 2017 IESIDE renovou os seus convenios coa Fundación Carolina e con ICETEX, que permiten ofrecer bolsas a estudantes latinoamericanos e das que se beneficiaron 12 nesta edición. O 10 de outubro celebrouse o «Día do Español» na Universidade de Poznan (Polonia), coa que se renovou o acordo e que facilitou a estancia neste centro de 8 estudantes do MBA. IESIDE participou tamén na organización do XIX Congreso Internacional AECA, un dos principais foros profesionais convocados en España que reuniu congresistas de trece países.

MBA. Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas. Full Time

A OFERTA ACADÉMICA O Mestrado en Dirección e Administración de Empresas de IESIDE, o único MBA oficial privado de Galicia, con máis de 50 edicións, é un programa de adestramento dirixido a estudantes

A oferta formativa inclúe títulos oficiais, como centro universitario adscrito á Universidade de Vigo, e títulos propios, programas académicos presenciais, on-

30

31


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

32

33


Campus IESIDE A Coruña menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

universitarios recentemente titulados, co obxectivo de capacitalos como os profesionais que as empresas actualmente demandan. Así, acompañados por un equipo de expertos en xestión, os participantes achegaranse ao mundo da empresa no seu conxunto, desde un enfoque global e xeneralista que lles permitirá coñecer o funcionamento de todas as áreas e as relacións existentes entre cada departamento. Cun carácter eminentemente práctico, os estudantes desenvolverán plans de marketing, plans operativos anuais e un Business Plan, nos que poñerán en práctica os coñecementos adquiridos no mestrado e planificarán o proceso de creación e posta en marcha da súa propia empresa. En permanente contacto coa realidade, os participantes coñecerán as firmas de referencia en cada sector desde dentro e asistirán a xornadas de estratexias empresariais e de integración laboral.

en menos dun ano tras a obtención do seu título e, destes, o 84,5 %, en menos dun mes. O 90 % repetiría a elección de IESIDE para os seus estudos MBA. Así, o MBA Full Time é moito máis ca un posgraduado académico, para os seus estudantes é a súa primeira empresa. MBA. Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas. Part Time O Mestrado en Dirección e Administración de Empresas de IESIDE, o único MBA oficial privado de Galicia, é na súa modalidade Part Time un programa de adestramento dirixido a mozas e mozos profesionais, titulados universitarios, que queren dar un impulso á súa carreira e adquirir maiores responsabilidades nas súas empresas. Así, acompañados por un equipo de expertos en xestión, os participantes achegaranse ao mundo da empresa no seu conxunto, desde un enfoque global e xeneralista que lles permitirá coñecer o funcionamento de todas as áreas e as relacións existentes entre cada departamento. Cun carácter eminenentemente práctico, os estudantes vivirán experiencias de integración en equipos de alto rendemento e desenvolverán as súas capacidades, máis alá dos coñecementos, a través de dinámicas específicas de coaching, traballo en equipo, proxectos reais e casos prácticos, adestrando tamén a súa marca persoal.

O programa de formación, que se estende durante un curso académico e un período de seis meses de prácticas remuneradas (90 créditos ECTS) e se imparte de luns a venres en horario de mañá e/ou tarde, require dedicación exclusiva. Estruturado en seis módulos sobre contorno empresarial, ferramentas para a xestión ou dirección e liderado, entre outros, o MBA Full time ofrece, así mesmo, dous módulos transversais: Coaching & Professional Training e un curso preparatorio para o Business English Certificate outorgado pola University of Cambridge.

O programa de formación, que se estende durante 15 meses en horario compatible coa actividade profesionais (venres pola tarde e sábados pola mañá), con sesións intensivas complementarias, consta de 90 créditos ECTS, 15 dos

Tras máis de 50 edicións, máis de 1000 mozas e mozos se formaron neste mestrado. Na última enquisa realizada indica que deles, o 97 % encontrou traballo

34

35


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

cales son validados pola experiencia profesional do estudante. Estrutúrase en cinco módulos sobre contorno empresarial, ferramentas para a xestión ou dirección e liderado, entre outros, o MBA Part Time ofrece, así mesmo, un módulo transversal sobre coaching profesional.

experiencia que ocupan postos de responsabilidade nas súas empresas. O perfil do participante é o dun directivo cunha idade media de 39 anos e unha experiencia profesional media de catorce anos, que necesita actualizarse para asumir maiores responsabilidades na empresa.

O MBA de IESIDE proporciona, ademais, os seus estudantes a integración na comunidade de directivos máis grandes de Galicia, constituída por unha rede de 60 000 profesionais que pasaron polas aulas de IESIDE nos últimos trinta anos e que conforman boa parte dos cadros directivos das empresas galegas.

Cunha duración de 15 meses, o Executive MBA ten como obxectivo que os participantes poidan obter unha visión global do negocio (estratexia, marketing, operacións, finanzas, recursos humanos...), ao mesmo tempo que desenvolven as competencias necesarias que debe ter calquera directivo (liderado, traballo en equipo, comunicación, negociación, xestión de persoas, etc.).

Executive MBA

O programa estrutúrase en tres grandes bloques: Dirección e xestión de empre-

O Executive MBA é un programa dirixido a profesionais cun mínimo de oito anos de

sas, Desenvolvemento directivo e International Business Program, que ten lugar en Georgetown University (Washington, USA).

a outros é a súa adaptación ás últimas necesidades do mercado e o seu enfoque dixital. Deste modo, os estudantes aprenderán a situar a figura do cliente como eixe fundamental da estratexia e actividade de marketing e vendas, a través de coñecementos sólidos e a súa aplicación práctica, achegando unha visión integrada das funcións de marketing e vendas dentro da empresa, nun contexto cada vez máis dixitalizado. Conseguirán así formarse na dirección de marketing para liderar a transformación das empresas, cunha visión creativa que lles permita dinamizar o contorno cunha mentalidade innovadora.

Conta cun claustro de 38 profesores de contrastada experiencia nacional e internacional e cunha dilatada traxectoria na formación e no desenvolvemento de directivos de primeiro nivel. Desenvólvese en horario compatible coa actividade profesional (venres pola tarde e sábados pola mañá). Máis de 26 edicións e de 750 profesionais, actualmente directivos nas empresas máis relevantes de Galicia, avalan este mestrado.

Mestrado en Marketing Dixital Mestrado en Dirección de Marketing e Xestión Comercial (GESCO)

O Mestrado en Marketing Dixital, tamén impartido en colaboración con ESIC, amosa aos seus estudantes as oportunidades dunha revolución imparable: as posibilidades de segmentación no contorno dixital, de comunicación bidireccional, a medición de resultados ou o acceso a un mercado global. Estruturado en seis módulos, permite dominar as disciplinas máis avanzadas e efectivas en marketing, comunicación, publicidade e venda online. Todo o mundo do marketing dixital nun só mestrado baseado nunha metodoloxía de aprendizaxe práctica, con casos reais e liderada por expertos dixitais en activo. Ao seu remate, os estudantes obterán todos os coñecementos necesarios para potenciar dixitalmente unha empresa e darlles un novo xiro ás súas carreiras profesionais.

O Mestrado en Dirección de Marketing e Xestión Comercial (GESCO), impartido en IESIDE en colaboración con ESIC, é o mestrado de referencia para asumir funcións directivas no ámbito do marketing, a organización comercial e os negocios. O GESCO pon o foco na responsabilidade profesional e directiva, que implica, cada vez máis, adquirir e fortalecer a visión estratéxica e a capacidade de análise, ademais de tratar a disciplina do marketing desde unha perspectiva cenital, traballando tamén o compoñente operativo, e establecendo a necesaria e evidente relación entre ambas as visións, a estratéxica e a operativa. Ademais, como programa de dirección, incorpora elementos xerais de management.

Mestrados SAP

Cunha revisión anual dos seus contidos, a diferenciación deste programa fronte

Estudantes Executive MBA

36

O Mestrado SAP en Xestión Integrada da Empresa está aberto tanto a estudantes

37


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

que finalizasen recentemente os seus estudos e queiran orientar a súa carreira laboral cara ao mundo da consultoría ou de sistemas da información, como a profesionais que queiran complementar a súa formación coa ampliación e certificación dos seus coñecementos sobre SAP.

tor SAP Certificado: o Mestrado SAP in Human Capital Mangement, que aborda todas as funcionalidades de SAP para esta área da empresa, desde a administración de persoal e xestión do tempo ata a xestión e o control de nóminas e desenvolvemento organizacional; e o Mestrado SAP en Finanzas e BPC, no que se estudan os conflitos relacionados coas funcionalidades financeiras de SAP para a empresa, especialmente os módulos cuxo obxectivo fundamental é o desenvolvemento de coñecementos enfocados nos procesos de Business Planning Consolidation e Reporting financeiro.

IESIDE desenvolveu un ano máis, de forma exclusiva en Galicia, o Mestrado SAP en Xestión Integrada da Empresa. Ao longo dos últimos doce anos tiveron lugar 23 edicións e formáronse máis de 200 estudantes en diferentes especialidades de SAP: Finanzas, Compras, Vendas, Capital humano, Netweaver, Business Intelligence, Orzamento e Consolidación financeira. Para garantir o éxito do programa, IESIDE desenvólveo conxuntamente cos seguintes colaboradores: SAP, empresa multinacional líder en software empresarial en todo o mundo, e Tecnocom, multinacional española que cotiza na Bolsa de Madrid desde o ano 1987.

Master in International Business O Master in International Business (MIB) deseñouse como un programa plenamente transformador que permite os seus estudantes abriren a mente á diversidade cultural e os capacita para tomar decisións en contornos altamente cambiantes. Dirixido a profesionais con experiencia e xestión, principalmente na área de importación e exportación, expansión e dirección internacional, o programa facilita o coñecemento das ferramentas operativas deste campo, pero tamén achega unha visión estratéxica máis avanzada para tomar decisións nos ámbitos da innovación e da expansión global.

Ao longo dos últimos anos foise confirmando o liderado de SAP como empresa subministradora do software para a xestión da información, asociada aos procesos de negocio das empresas grandes e medianas. Máis de 70 000 empresas implantaron este tipo de solucións, o 90 % das principais multinacionais no mundo utilizan estas ferramentas de xestión e en España existen máis de 1700 entidades implantadoras de solucións SAP.

Cunha duración de nove meses e 425 horas lectivas, o MIB, único mestrado bilingüe en Galicia, proporciona as habilidades necesarias para ocupar postos de responsabilidade internacional en todo tipo de sectores, mellorando a capacitación dos seus estudantes no inglés de negocios e no uso de tecnoloxías das operacións internacionais.

No ano 2017, no marco de colaboración anteriormente mencionado, impartíronse dúas especialidades SAP deseñadas para cualificarse como Consul-

38

Ademais deste ámbito de especialización, o programa achega unha sólida base de coñecementos troncais, clave para a dirección de calquera empresa: dirección, economía, finanzas e marketing. Abrangue, así mesmo, novos campos, como a marca persoal, os valores éticos e as dotes de liderado.

compañía. Así, a función financeira pasou de entenderse como un conxunto de meros procesos administrativos vinculados á contabilidade, a concibirse como un abano de responsabilidades estreitamente ligadas á dirección xeral: planificación estratéxica e operativa, procesos de transformación do negocio, mellora e control do rendemento ou xestión de riscos, entre outros.

Estruturado en catro bloques temáticos, fundamentos empresariais, xestión das operacións internacionais, marketing internacional e expansión internacional, aborda a internacionalización como parte da estratexia global da empresa, profundando nas claves do marketing e o negocio internacional que afectan tanto á importación e exportacións, como á implantación noutro país.

Máis de 1600 profesionais cursaron este mestrado, que ten unha duración de 420 horas lectivas, en horario compatible coa actividade profesional (venres pola tarde e sábados pola mañá) e que se estrutura en catro ciclos temáticos: Fundamentos empresariais, Xestión financeira, Planificación e control de xestión e Dirección financeira. Así, este programa buscar formar profesionais capaces de aliñar as políticas financeiras coa estratexia global da compañía, xa sexa avaliando a súa viabilidade, establecendo obxectivos e valorando alternativas ou identificando e medindo os posibles riscos do negocio.

Desenvólvese en horario compatible coa actividade profesional (venres pola tarde e sábados pola mañá). Mestrado en Dirección Económico-Financeira O mestrado en Dirección Económico-Financeira de IESIDE é un programa dirixido a profesionais con titulación universitaria que realicen funcións globais financeiras da empresa ou nalgunha das súas áreas específicas: contabilidade, administración, control, auditoría, analista de investimentos, etc. O seu obxectivo é axudar os profesionais deste ámbito a se adaptaren ás esixencias do contorno actual, caracterizado polo seu gran dinamismo, pola progresiva liberalización dos mercados e polas dificultades de competir nunha economía globalizada, o que obriga ás empresas a desenvolver estratexias financeiras que garantan o crecemento rendible da

Grao en Administración e Dirección de Empresas O Grao en Administración e Dirección de Empresas impartido no campus de IESIDE en Vigo é o primeiro con dobre titulación internacional de Galicia e foi realizado por 945 estudantes. O programa está dirixido a preparalos para as necesidades do noso contorno empresarial. Así, abrangue áreas de coñecemento diversas: o marco xurídico, a administración e dirección de empresas, marketing, contabilidade, análise económica ou xestión financeira. O obxectivo é impartir formación máis alá da

39


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

40

41


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

simple adquisición de coñecementos, mediante unha aprendizaxe práctica na que se fomenta o traballo en equipo e que permite a paulatina adaptación do estudantado a esas necesidades actuais das empresas. Deste modo, durante os catro anos que dura a súa formación, asisten a conferencias e encontros con directivos, introdúcense en situacións reais e acceden a un programa de prácticas xestionado polo servizo de orientación profesional de IESIDE.

volvería elixir esta institución académica para os seus estudos de grao. Programas especializados, seminarios, Business Program Days e masterclass Como complemento á súa oferta de posgraduado, IESIDE elabora durante todo o ano seminarios e programas de especialización, cunha extensión de entre 30 e 240 horas, dependendo dos contidos. Están relacionados cos distintos ámbitos que se abordan nos seus mestrados e deseñados para aqueles estudantes que se queren achegar a un contido máis específico, ben para ampliar ou ben para actualizar os seus coñecementos nese campo.

A dimensión internacional refórzase co acordo asinado por IESIDE e a Dublin Business School, en virtude da cal os estudantes do Grao en Dirección e Administración de Empresas poden obter a dobre titulación internacional especializada en: Business, Marketing, Marketing with Event Management, Financial Services, Marketing with Digital Media o Business Information Systems.

Os contidos que se inclúen abranguen, ao igual que os mestrados, a dirección e xestión de empresas, o desenvolvemento colectivo, a xestión e a dirección financeira, a comunicación e as estratexias de persuasión, a xestión de operacións internacionais ou o marketing internacional, entre outros.

Un claustro interdisciplinar, o desenvolvemento dunha metodoloxía propia baseada na práctica, formación intensiva en novas tecnoloxías e idiomas, así como atención personalizada son os piares fundamentais que permiten que o Grao en ADE de IESIDE se converta na mellor opción para aprender a profesión do directivo.

Así mesmo, para aquelas persoas interesadas en ampliaren a súa formación en calquera campo e que puidesen estar estudando a posibilidade de se matricularen nun programa de experto ou nun mestrado, IESIDE deseñou os Business Program Days, seminarios monográficos que se desenvolven en fin de semana, cunha extensión máxima de 30 horas. Estes seminarios permiten ao profesional ter unha primeira visión dun determinado ámbito formativo, o que posibilita unha toma de decisión axeitada antes de se incorporar ao programa de posgraduado específico, se así o decide.

A última enquisa realizada proporciona datos moi significativos. O 96 % dos estudantes de grao de IESIDE encontran traballo en menos dun ano. O 70 % o encontra en menos do transcurso dun mes, mentres que o 26 % restante opta por estudar un posgraduado antes da súa incorporación continuada ao mundo laboral. Con respecto ao nivel de satisfacción, o 93 % dos graduados de IESIDE

42

En 2017 leváronse a cabo programas especializados como: Xestión de Operacións Internacionais, International Marketing, Dirección Financeira, Placement Coaching para a busca eficaz de emprego, Programa Executive en Dirección e Xestión de Empresas ou Programa Executive de Desenvolvemento Directivo.

destrezas persoais e habilidades directivas, finanzas e control, innovación, procesos e tecnoloxías e desenvolvemento de recursos humanos. O pasado exercicio, 89 empresas seguiron programas de IESIDE, tanto en formación aberta, como en programas In Company.

Seminarios como: Fontes de Información, Réximes Aduaneiros, Contratación Internacional, Marketing Dixital, Control: Cadro de Mando Integral, Mercados financeiros: Derivados e Divisas…

SERVIZO DE RECRUTAMENTO, BOLSA DE TRABALLO E PRÁCTICAS LABORAIS A traxectoria de IESIDE na formación de profesionais altamente cualificados para os novos retos permite ofrecer aos seus estudantes interesantes oportunidades laborais e ás institucións e empresas colaboradoras, perfís adaptados ás súas necesidades. Deste modo, tanto no curso das propias carreiras como a través do servizo de recrutamento, IESIDE pon en contacto as empresas con profesionais consolidados e con estudantes de alto potencial de desenvolvemento. Este servizo colabora coas empresas nos seus proceso de recrutamento, detectando aqueles perfís que máis se axeitan á oferta específica. Ademais, cada curso académico, IESIDE organiza varias xornadas de recrutamento nos seus campus da Coruña e Vigo, facilitando o contacto directo entre empresas e estudantes.

Masterclasses como: «Leccións de internacionalización para a empresa familiar», «Sourcing in Asia. Unha perspectiva europea», «Marrocos, a nova China», «A transformación dixital das empresas e o seu impacto na cadea de valor», etc. Formación In Company A formación In Company de IESIDE está deseñada para adaptarse ás necesidades de cada cliente. A longa experiencia do instituto formando directivos proporciona un coñecemento moi preciso da realidade empresarial, que se traslada a cada firma deseñando programas específicos. Esta flexibilidade esténdese ao enfoque e aos contidos, pero tamén aos lugares de celebración, ás datas, horarios e duración de cada programa, en función da compañía, sector ou colectivo destinatario.

En 2017, este servizo xestionou 123 ofertas de prácticas para os nosos estudantes, sendo a satisfacción media das empresas que acolleron estudantes de IESIDE en prácticas de 8,798 sobre 10. Paralelamente, xestionáronse 139 ofertas de emprego na bolsa de traballo da Asociación Alumni.

Os contidos formativos dos programas In Company inclúen management e estratexia, expansión internacional, proactividade comercial, marketing e orientación ao mercado, desenvolvemento de

43


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

economía, Afundación recolle no seu Plan Estratéxico 2015-2019 o fomento do emprego responsable e a promoción da responsabilidade social empresarial entre os distintos sectores produtivos galegos. Para contribuír a este obxectivo, desde a entidade desenvólvense distintas accións que se aplican nas súas tres áreas de actuación. A RSE incorporouse no currículo formativo de IESIDE de tal modo que todos os programas de posgraduado e o Grao en ADE inclúen un módulo dedicado á Responsabilidade Social Empresarial. O obxectivo é que a mocidade comprenda o sentido e a realidade da responsabilidade social en todas as súas dimensións, o papel das organizacións nun contorno de globalización ou a transcendencia de alicerzar en valores a toma de decisións.

Cabe destacar, así mesmo, a organización de tres xornadas do programa «Empresas na procura de talento», no que empresas como Inditex, Estrella Galicia, R, Nueva Pescanova, Grupo Levantina, Grupo Pérez Rumbao, Deloitte, Ernst & Young, PricewaterhouseCoopers, KPMG… se presentan buscando talento entre os nosos estudantes para incorporar ao seu cadro de persoal, e os obradoiros «Emprégate», nos que IESIDE formou 386 universitarios galegos para mellorar o seu potencial de empregabilidade. IESIDE E A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL Nun marco de compromiso co desenvolvemento sostible da sociedade e da

OS EDIFICIOS

académicas, deseñados para o traballo en equipo e adaptados a dinámicas de clase moi participativas, con espazos para uso do estudantado fóra do horario lectivo (salas de tecnoloxía e multimedia, zonas de estudo e unha biblioteca cun fondo bibliográfico especializado no ámbito empresarial, prensa e revistas de distintos campos profesionais...).

IESIDE ten actualmente tres centros para uso formativo, situados nos seus campus de Vigo, A Coruña e Pontevedra, tres bibliotecas multicampus de acceso virtual e unha residencia de estudantes localizada en Pontevedra. Tamén conta co soporte adicional das sedes e centros de Afundación e ABANCA nas distintas cidades galegas. Un total de 17 000 m² de instalacións nas que o equipo de IESIDE imparte a formación presencial, que se complementa cun campus virtual para a formación online.

IESIDE conta no seu campus da Coruña cun edificio de 2000 m² distribuídos en catro plantas que albergan distintos espazos ao servizo dos estudantes: aulas, salas de reunións e de tecnoloxía, zonas de estudo e investigación, un auditorio con capacidade para 200 persoas e unha biblioteca cun fondo bibliográfico especializado no ámbito empresarial, prensa e revistas de distintos campos profesionais.

O campus de IESIDE en Vigo dispón de 4000 m², nos que se sitúa un inmoble de catro plantas con aparcadoiro e zonas verdes. As instalacións contan con salas e seminarios adecuados ás necesidades

Campus IESIDE Vigo

44

Campus IESIDE A Coruña

45


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

cidade (avenida de Vigo, 21), nun edificio de cinco plantas; as súas instalacións compleméntanse cun edificio anexo de dúas plantas que suman unha superficie construída de máis de 5000 m². Ten capacidade para 129 residentes, con 44 habitacións dobres e 41 habitacións individuais. Nos meses de verán proporciona aloxamento a residentes que preparan os seus exames de setembro, clubs deportivos, campamentos de estudantes ou asociacións sen ánimo de lucro, entre outros.

O campus de IESIDE en Pontevedra, situado na última planta da Sede Afundación nesta cidade, dispón de aulas, salas de reunións e seminarios, e alberga os programas formativos que se desenvolven en colaboración con outras universidades, como o Diploma Avanzado en Relacións Internacionais. IESIDE dispón de unidades satélites nas cidades de Ferrol, Ourense e Santiago, con medios tecnolóxicos e docentes específicos, con postos de traballo individuais, salas para reunións e auditorios. A Residencia de estudantes de Pontevedra, inaugurada en 1969, aloxou desde a súa apertura máis de 6000 mozas e mozos das facultades e escolas universitarias do campus de Pontevedra, centros de formación profesional e estudantes doutros países que cursan actualmente algún programa en IESIDE (procedentes de Colombia, Guatemala, Arxentina, Perú, O Salvador ou China, entre outros). Está situada no centro da

Ademais do servizo de aloxamento e comedor, a misión da residencia é facilitar aos estudantes un ambiente adecuado para o estudo e que permita unha boa convivencia. Así mesmo, no contexto das liñas estratéxicas de Afundación, desde este centro promóvense todo tipo de actividades que complementan a formación cultural, científica e deportiva dos estudantes.

46

Campus IESIDE Pontevedra

47


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

COÑECEMENTO

Máis de 312 281 persoas asistiron ás actividades de formación non regrada organizadas por Afundación en 2017 e que se conciben como iniciativas transversais e multidisciplinares destinadas a potenciar a participación de amplos sectores da sociedade nas numerosas iniciativas que desenvolve a entidade. Así, contamos con catro bibliotecas, unha delas especializada en literatura infantil e xuvenil, unha escola infantil e un centro interactivo de interpretación ambiental, que desenvolven unha completa oferta de actividades ao longo do ano. Poñemos, así mesmo, en marcha cursos gastronómicos para persoas adultas e público infantil e xuvenil e obradoiros de cata de viño nas sedes de Afundación nas sete cidades galegas. A todo isto cómpre engadir os cursos de música en Ourense e Vigo, e os de arte na cidade olívica.

No marco da promoción do coñecemento como un dos motores fundamentais para o pleno desenvolvemento social, sumamos ao modelo de educación superior orientado á empresa a divulgación da investigación e da experiencia práctica nos diferentes sectores produtivos. No ano 2017 Afundación deu comezo a unha nova proposta, «Educación século XXI», destinada a involucrar nos novos retos e realidades do ámbito académico e formativo extracurricular toda a comunidade escolar. Este novo programa desenvolveuse nas diferentes sedes de Afundación e contou coa participación de persoas expertas en áreas como a pedagoxía, a neurociencia, as novas tecnoloxías ou a antropoloxía.

49


Javier Urra na Sede Afundación Ferrol menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

Afundación conta, ademais, con dous centros de formación profesional que, tras adquiriren unha gran capacidade de adaptación aos diversos plans académicos implementados ao longo das últimas décadas, redirixíronos a destacar os seus valores de orientación ao mercado laboral, mesmo en momentos de grandes retos sociais.

sonancia cos desafíos e as realidades sociais actuais. O obxectivo no campo formativo de Afundación está definido pola vocación en torno a unha educación comprometida mediante a defensa dun sólido sistema educativo integral. Partindo da importancia da escola como centro de aprendizaxe, as propostas de Afundación pretenden complementar o ensino académico, especialmente a instrución, presentando uns espazos e unhas actividades que conxuguen o lúdico e o formativo co fortalecemento de valores esenciais para unha sociedade cohesiva. Deste modo, a entidade está comprometida coa tolerancia, co respecto, coa solidariedade e, por suposto, coa adquisición por parte de cada nena e de cada neno das ferramentas necesarias para perseveraren na adquisición da súa autonomía persoal.

As modificacións curriculares das materias, así como o incremento da oferta, máis axustada ás novas realidades e áreas de coñecemento, revolucionaron o ensino e a implementación dos ciclos formativos. Esta serie de cambios repercutiu dunha maneira destacada no recoñecemento e na demanda de profesionais procedentes destes ciclos. Deste xeito, a avaliación histórica dos datos referidos á formación profesional, tanto no estudantado que atrae como a súa posterior integración laboral, analizada no recente informe publicado na OCDE, estima que, ata o ano 2020, preto de dous terzos do crecemento da empregabilidade se producirá de maneira directa na categoría de técnicos titulados de formación profesional en grao medio e superior. Os estudos sobre contratación laboral en España poñen, así mesmo, de manifesto que a formación profesional, en 17 das 23 ramas disciplinares nas que se articula, presenta unha porcentaxe de inserción laboral que rolda o 70 %.

Na primeira conferencia de «Educación século XXI», na Sede Afundación Ourense, Javier Urra abordou «A educación, a mellor das vacinas», unha charla na que puxo de manifesto a importancia da educación como solución de base para as grandes dificultades que experimenta a mocidade. A continuación, César Bona, finalista do Global Teacher Prize, compartiu as súas experiencias sobre «As escolas que cambian o mundo», na que abordou o extraordinario papel de numerosos centros escolares que, en todo o mundo, aspiran a consolidar unha completa transformación educativa en positivo. «Flipped classroom ou como dar unha volta ás clases» foi o título da conferencia a cargo do profesor David Calle, un dos dez finalistas dos prestixiosos premios internacionais Global Teacher Prize de 2017.

«EDUCACIÓN SÉCULO XXI» Afundación presentou en 2017 o ciclo de conferencias «Educación século XXI», unha firme aposta pola difusión de modelos formativos diversos en con-

50

51


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

A profesora Margarita Pino, doutora en Filosofía e Ciencia da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela e docente na Universidade de Vigo, disertou sobre «Innovación metodolóxica. Un reto para a escola do século XXI». Jorge Soto, doutor en Pedagoxía, terceiro Premio Nacional de Investigación en 2003 e, actualmente, profesor doutor na Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte de Pontevedra da Universidade de Vigo, centrouse en «A pedagoxía do ser e do convivir». «Os menores ante as novas tecnoloxías: beneficios e riscos» foi o tema que tratou

José Torres, experto en seguridade e privacidade nas TIC e actual responsable do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra. En total, os espazos de Afundación acolleron nove encontros centrados nas novas metodoloxías e ferramentas ao servizo da educación e da pedagoxía que contaron cunha excelente acollida por parte do público. A estas conferencias acudiron 1978 persoas.

CENTROS DE FORMACIÓN PROFESIONAL, BIBLIOTECAS E CENTRO DE EDUCACIÓN INFANTIL

As actividades organízanse en ciclos formativos de grao medio, que son parte do ensino secundario postobrigatorio, e de grao superior, enmarcados na educación superior. Oferta seis ciclos formativos de grao medio —Preimpresión dixital, Impresión gráfica, Soldadura e caldeirería, Mecanizado, Instalacións eléctricas e automáticas, e Instalacións de telecomunicación— e tres de grao superior —Programación da produción en fabricación mecánica, Automatización e robótica industrial e Mantemento electrónico—. Todos eles se estruturan en módulos de formación teórico-práctica, adecuada aos diversos campos profesionais, cunha duración variable especificada en horas e requiren dun-

Colegio Hogar Afundación O CPR Colegio Hogar Afundación, emprazado na rúa Filipinas, 6, en Vigo, é un centro de referencia na formación de profesionais e na súa inserción laboral. Nesta liña, o Colegio Hogar Afundación constatou no ano 2017 unha taxa de empregabilidade do seu estudantado próxima ao 71 %. Un total de 128 empresas foron colaboradoras en prácticas FCP. Ofrecéronse 27 actividades extracurriculares e 23 718 horas de formación.

César Bona na Sede Afundación A Coruña

«A Cociña Gráfica». Colegio Hogar

52

53


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

ha dedicación lectiva de 2000 horas, ou de dous anos académicos. O Colegio Hogar Afundación tamén ofrece cursos formativos a demanda para traballadores de empresas en activo, coa finalidade de promover a actualización de coñecementos e de situarse á vangarda das novas técnicas e tendencias.

edición de 2017 levaba por título «Formando para a vida», na que participaron máis de 57 empresas, achegar recursos adecuados para incrementar progresivamente as porcentaxes de inserción laboral. O acto de inauguración contou coa presenza de Luciano Martínez Covelo, presidente de CEAGA.

O centro é unha referencia no ámbito da formación profesional, un prestixio resultante tanto da calidade dos seus programas como do recoñecemento das empresas as que se dirixiron aos estudantes xa graduados. O obxectivo prioritario do equipo do centro é, coa súa programación anual e con iniciativas como a «Semana Técnica», cuxa

O Colegio Hogar Afundación acolleu no mes de maio as IV Xornadas «A Cociña Gráfica», organizadas polo departamento de artes gráficas do centro, e nas que participaron importantes empresas e profesionais do ámbito da impresión e a comunicación gráfica. Estruturada como unha feira, o seu obxectivo é achegar aos estudantes do centro e aos profesionais

Colegio Hogar Afundación

Centro de Formación Profesional Afundación A Coruña

do sector as últimas tecnoloxías, materiais e maquinaria de artes gráficas, así como un espazo de encontro e de intercambio de coñecementos.

O Centro de Formación Profesional Afundación A Coruña, situado na rúa Ribadavia, 4, imparte actualmente tres ciclos de grao superior nas ramas de Administración e Informática: Asistencia á dirección, Administración e finanzas e Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma. Este centro foi recoñecido en 2017 co Premio de Emprendemento do Concello da Coruña. Un total de 34 empresas foron colaboradoras en prácticas FCP e 10 estudantes participaron no programa ERASMUS. Ofrecéronse 9 actividades extracurriculares e 6912 horas de formación.

Este centro foi galardoado na IV Edición dos Premios Proxecta Innovación, unha iniciativa da Fundación Amancio Ortega e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre que premia e impulsa experiencias didácticas que reúnan aprendizaxe, creación e tecnoloxía. Estes premios recoñeceron o proxecto «FP sobre rodas», mediante o cal, a través dunha colaboración entre o Colegio Hogar Afundación e a Asociación de Dano Cerebral Alento, os estudantes do noso centro repararon cadeiras de rodas eléctricas para usuarios da asociación.

Centro de Formación Profesional Afundación A Coruña

54

55


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

FORMACIÓN NON REGRADA

Tanto o Colegio Hogar Afundación coma o Centro de Formación Profesional Afundación A Coruña cubriron o 99 % das prazas ofertadas en 2017. Estes datos constitúen o alento que nos impulsa a seguir traballando polo futuro da nosa mocidade.

Ademais dos obradoiros destinados a públicos infantís e xuvenís en propostas escénico-musicais, expositivas, na súa Biblioteca Infantil e Xuvenil de Santiago de Compostela, Afundación programa actividades de carácter interxeracional, de gastronomía, musical e de coñecemento artístico.

Bibliotecas Afundación dispón de catro bibliotecas, tres de carácter xeral en Vigo e unha especializada en literatura infantil e xuvenil en Santiago de Compostela. Todas elas facilitan o libre acceso aos fondos para a lectura na sala e consulta bibliográfica, conexión a Internet e wi-fi, e servizo de préstamo para asociados.

Por outra parte, Naturnova, o centro interactivo de Afundación de educación ambiental, recibiu o pasado ano máis de 6000 estudantes. Situado na rúa Velázquez Moreno, 20, en Vigo, e enfocado a ilustrar algúns dos aspectos máis interesantes da natureza mediante unha aprendizaxe lúdica, está formado por tres salas de exposicións divididas por temáticas: o universo, a Terra e os seres humanos en relación co medio. En 2017, o centro acolleu programas específicos en Semana Santa; celebrou unha xornada de portas abertas co gallo do Día do Medio Ambiente; e sumouse á Noite Branca de Vigo, ampliando o seu horario de apertura e con portas abertas.

Máis de 180 000 persoas utilizaron as instalacións bibliotecarias de Afundación, que dispoñen de máis de 80 000 volumes para consulta, moitos deles dispoñibles xa vía online. En 2017, 761 persoas sumáronse á nosa base de asociados, sumando máis de 33 000 persoas con carné dalgunha das nosas bibliotecas. Así mesmo, realizáronse máis de 13 000 préstamos de libros aos nosos asociados.

Afundación desenvolve unha completa proposta de actividades didácticas enfocadas a escolares, nenas e nenos e adultos, vinculada aos seus proxectos de artes plásticas. Máis de 26 000 nenos e nenas e grupos de adultos participaron en 2017 nestes obradoiros e máis de 650 centros escolares elixiron as propostas plásticas de Afundación como complemento aos seus programas curriculares.

Escola infantil Zalaeta A nosa escola infantil é un centro no que, coa fundamental participación da familia, desde o respecto, o afecto e a confianza potenciamos, asistimos, favorecemos, acompañamos e estimulamos a riqueza de posibilidades de cada nena e neno. A escola ofrece 92 prazas e en 2017 contou cunha ocupación do 100 %.

Co gallo da celebración do Día das Artes Galegas, conmemorando o 1 de abril, e

56

57 Obradoiro de artesanía. Café Moderno Afundación Pontevedra


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

en 2017 dedicado a Maruja Mallo, Afundación puxo en marcha unha serie de actividades durante todo o mes de abril coa artista viveirense como protagonista. En cada unha das sete sedes da entidade celebráronse obradoiros dirixidos a estudantes de educación primaria e secundaria baixo o título «Confidencias con Maruja». Estes obradoiros inspiráronse nas máscaras que Mallo realizaba e tiveron como obxectivo dar a coñecer a historia e o labor desta muller adiantada ao seu tempo, artífice dunha revolución tanto a nivel artístico como social a principios do pasado século. Ademais, durante os días 10 e 11 de abril, en horario de 11.00 h a 12.30 h, coinci-

dindo co período vacacional de Semana Santa, celebrouse un obradoiro de máscaras aberto a todos os nenos e nenas de entre 5 e 10 anos nas sedes de Ferrol, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense.

encadernación de papel artesanal titulado «Do papel ao libro» e un terceiro de cestería.

Afundación desenvolveu, de maneira adicional, un programa de obradoiros de artesanía como complemento á mostra fotográfica «Oficios entre lusco e fusco», de Xosé Abad, exposta no Café Moderno Afundación de Pontevedra e posteriormente na Sede Afundación Lugo. Este programa tivo como obxectivo dar a coñecer os oficios tradicionais galegos e incluía un obradoiro de torno cerámico, outro de elaboración e

Co obxectivo de complementar e enriquecer a formación que os escolares reciben nas aulas, Afundación desenvolve un extenso programa de actividades escénicas que, a través da música e o teatro, pretende trasladar aos pequenos o amor polas artes e a formación en valores como o respecto, a solidariedade ou a superación persoal, así como potenciar as súas capacidades creativas.

A promoción da lingua e da cultura galegas é un dos eixes sobre os que pilota a programación, respondendo a un dos nosos propósitos fundacionais e dando, a tal fin, especial protagonismo ás compañías galegas. Ademais, este interese lingüístico conduciunos a incluír na nosa programación escénica para escolares pezas íntegras en castelán e en inglés. Un total de dez funcións, desenvolvidas por dez compañías tanto de procedencia galega, estatal e incluso internacional, puidéronse ver nos escenarios das distintas cidades da nosa comunidade e contaron con máis de 90 000 asistentes ao longo do ano 2017.

Teatro para escolares

Escolares en «Oficios entre lusco e fusco»

Teatro para escolares. Rubicundo

58

59


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

No marco do Festival de Cine Submarino, incluído tamén na programación de artes escénicas para escolares, presentouse en Afundación o documental Syngdoc: El desconocido mundo de los signátidos, sobre a vida dos cabaliños de mar, os peixes pipa ou os dragóns de mar, no Teatro Afundación de Vigo. Case 1900 nenas e nenos de 5.º e 6.º de educación primaria e 1.º e 2.º de ESO asistiron ás proxeccións durante os días 22 e 23 de novembro.

a distinguir entre o necesario e o desexado, e que non sempre se pode ter o que se quere. A través de situacións cotiás, os 1673 nenos e nenas que participaron ao longo de 2017 aprenderon a xestionar o diñeiro grazas ás distintas fases do xogo. En 2017 o xogo tamén se desenvolveu en colexios de León. A obra de teatro Labirinto, dirixida a escolares de 4.º, 5.º e 6.º de primaria, pretende trasladar aos pequenos como as súas accións poden contribuír tamén a mellorar a economía e o aforro familiar. A peza, producida especialmente para o programa de Educación Financeira de ABANCA e Afundación, chegou en 2017 a un total de 10 202 escolares de Vigo, Pontevedra, Ferrol, Santiago, Lugo, A Coruña, Ourense e Vilagarcía de Arousa.

Educación Financeira O programa de Educación Financeira de ABANCA en colaboración con Afundación ten como obxectivo fundamental achegar a toda a cidadanía, independentemente do seu rango de idade, a información e conceptos máis importantes do ámbito financeiro, avanzando cara a un comportamento máis responsable e co que as persoas poidan tomar decisións informadas.

o uso de aplicacións informáticas entre os maiores, principalmente nos rangos de idade nos que a utilización de apps e Internet é máis reducida.

cións básicas sobre banca electrónica e móbil. O proxecto nace da colaboración co departamento de Banca Electrónica e Móbil de ABANCA e por el xa pasaron máis de 420 persoas.

No mes de decembro, o programa de Educación Financeira recibiu un novo recoñecemento nos premios á Obra Social e á Educación Financeira 2017 que organiza a revista Actualidad Económica en colaboración coa Confederación Española de Cajas de Ahorro (CECA).

O curso está orientado a operacións e situacións coas cales os asistentes puidesen atoparse no seu día a día, o que leva a falar de conceptos financeiros, operacións con recibos, como aplicar límites e bloqueos ás tarxetas e, sobre todo, cuestións de ciberseguridade relacionadas coas claves de banca electrónica e pagamentos online.

Nesta ocasión o programa foi recoñecido co primeiro premio na categoría de maiores polas actividades organizadas co obxectivo de mellorar a cultura financeira das persoas en idade avanzada

O principal obxectivo destes cursos non é outro que fomentar a dixitalización e

Escolares de 12 a 17 anos

O programa está deseñado en función de tramos de idade, con catro colectivos diferenciados:

A conferencia impartida por IESIDE «Preparados para dar o salto?: As necesidades financeiras ao longo da vida» continuou un ano máis chegando aos centros educativos e en 2017 serviu para expoñer a un total de 1596 mozas e mozos a necesidade de estaren atentos aos cambios que o mercado laboral está vivindo coa evolución da economía e a situación dos mercados, esixindo transitar do emprego cara á empregabilidade, e a necesidade de ter un comportamento responsable, centrado na xestión do diñeiro, a elección de produtos e a planificación.

Nenas e nenos de 6 a 11 anos

Público de +60

O «Gran Prix Financeiro. Xogamos a ser maiores? Divírtome aprendendo a aforrar!» é un divertido xogo para aprender

Os espazos de +60 de Afundación acolleron cursos dirixidos a maiores co obxectivo de explicarlles algunhas no-

Máis de 14 600 persoas se beneficiaron en 2017 do programa, que comezou no último trimestre de 2015, sendo os máis novos quen máis participaron nestas actividades nas que se aborda a importancia dunha xestión adecuada do diñeiro no día a día dunha maneira lúdica e divertida.

60

Obra de teatro Labirinto, incluída no programa de Educación Financeira

61


Actividades interxeracionais menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

persoas, enfocados a potenciar as actividades interxeracionais na cociña e o coñecemento do ámbito culinario por parte dos máis pequenos da casa.

e contribuír, deste modo, a que realicen unha xestión adecuada da súa economía persoal nesta etapa da vida. Formación para persoas adultas

As sedes de Afundación en Ourense e Vigo acolleron cadanseu curso sobre a música impartido por Manuel López-Benito: «Ciclo de música clásica con audicións comentadas», na capital das Burgas, e o «Curso de música», na cidade de Vigo, contaron con 170 e 120 estudantes, respectivamente.

Os espazos de Afundación acollen, así mesmo, unha ampla oferta no ámbito formativo para persoas adultas que inclúe cursos de música clásica, de arte, de cata de viños ou de cociña orientada cara a unha alimentación saudable. Os programas de cociña e de cata de viños incluíron un total de 88 obradoiros, nos que se completaron 993 prazas, e estiveron dirixidos a iniciar ou perfeccionar a educación do gusto, os saberes culinarios e a alimentación equilibrada. Entre eles, desenvolvéronse un total de 34 cursos, nos que se inscribiron 450

A arte tamén foi obxecto de análise na Sede Afundación de Vigo. O curso «Unha aproximación á historia da arquitectura dos séculos XIX ao XXI. Do pasado ao futuro, e da tradición á modernidade», impartido por Ana Pereira, contou con 84 asistentes.

62

63


ENVELLECEMENTO ACTIVO

64 «Fálame da emigración»

65


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

dente, os servizos de saúde e o benestar, o transporte, a formación e a potenciación de habilidades, entre outras, abren múltiples oportunidades de desenvolvemento económico e creación de emprego que é necesario identificar para dinamizar. Todo isto é o que se coñece co termo economía prateada.

A nosa sociedade envellece de forma acelerada. Trátase dun fenómeno común a todos os países desenvolvidos que completaron a transición demográfica, se ben é certo que en Galicia é especialmente acusado. Isto colócanos ante importantes desafíos económicos, sociais, culturais e políticos. Con frecuencia, o acento principal ponse na ameaza que representa este fenómeno para o incremento do gasto público, especialmente para o sostemento das pensións e a provisión de coidados ás persoas maiores dependentes. Porén, ademais desa realidade innegable e preocupante, a revolución da lonxevidade supón un gran logro social e trae con ela numerosos retos e oportunidades, moitos deles, aínda por investigar.

Por outro lado, o envellecemento é consecuencia da baixa natalidade, pero tamén dun incremento da esperanza de vida que se duplicou nun século. Na primeira década da pasada centuria, a esperanza de vida era de 40 anos, mentres que na actualidade se sitúa en torno aos 83 anos en Galicia (86, no caso das mulleres e case 80 no dos homes), segundo os datos recollidos no Instituto Galego de Estatística (IGE) en marzo de 2018. Estamos, por tanto, ante un gran logro que nos obriga a repensar a construción social da vellez e como afrontar o período vital que comeza tras os sesenta anos e que pronto durará case 30 máis.

Así, non cabe dúbida de que as necesidades e preferencias das persoas maiores en ámbitos como os servizos persoais, financeiros e bancarios, o lecer e o consumo, as vivendas con tecnoloxía orientada a favorecer a vida indepen-

67


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

Existe consenso en que este incremento da esperanza de vida trae aparelladas distintas etapas do que se entende por vellez: unha primeira (denominada entre outros termos como madurescencia ou xerontolescencia), plena de autonomía na que as persoas buscan continuar o seu desenvolvemento; unha segunda, marcada polo inicio de situacións de fraxilidade; e unha potencial terceira, definida por unha hipotética dependencia e necesidade de coidados.

soas participaron nas 1287 actividades desenvolvidas pola área de Envellecemento activo. ESTUDO DE AVALIACIÓN DO PROGRAMA DE ENVELLECEMENTO ACTIVO DE AFUNDACIÓN Afundación desenvolve un amplo abano de actividades neste ámbito. A entidade e a Universidade de Santiago realizaron un estudo para medir a súa eficacia. O informe conclúe que as persoas que participan nos programas de envellecemento activo amosan niveis significativamente mellores na saúde global, en relación a outras persoas da mesma idade, igualmente autónomas e independentes, pero que non participan en actividades. A análise realizouse grazas a unha nova ferramenta deseñada na Universidade de Santiago, o Índice Persoal de Envellecemento Activo (IPEA USC), elaborado pola doutora Sara Marsillas. É o primeiro índice no mundo que permite avaliar e cuantificar o nivel de envellecemento activo particular de cada individuo, xa que ata agora só existían índices válidos para avaliar a súa incidencia sobre a poboación en xeral en distintos territorios. Entre as actividades estudadas destaca especialmente o impacto positivo do programa «O valor da experiencia» de Afundación. Os seus participantes obtiveron o maior nivel de envellecemento activo en todas as categorías, con resultados significativamente mellores en ámbitos como o estado afectivo e cognitivo ou o benestar psicolóxico.

Neste contexto da revolución da lonxevidade, desde a área de Envellecemento activo de Afundación temos o reto de continuar innovando para desenvolver o modelo de intervención na rede de espazos +60, que contan con máis de 13 000 persoas socias, a fin de axeitalo ás novas e diversas necesidades e expectativas das persoas maiores. Neste sentido promovemos actuacións que favorecen o benestar psicofísico, a aprendizaxe ao longo de toda a vida e a participación plena das persoas maiores na sociedade. Queremos que as persoas maiores de sesenta anos continúen tendo oportunidades de medrar persoalmente, de achegar á comunidade, de formarse, de conectarse coa actualidade, ao tempo que se desenvolven hábitos de vida saudables e se mantén unha rede de relacións dinámica. A difusión dunha imaxe social dos maiores afastada de estereotipos e a divulgación do coñecemento e boas prácticas no ámbito do envellecemento activo son parte igualmente dos nosos obxectivos. En total, 23 205 per-

68

69 Presentación do estudo sobre envellecemento activo


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

IMAXE SOCIAL

ante os diferentes espazos +60 Afundación un mosaico construído ata formar un único lema común: «Os de + 60 contamos. O valor da experiencia». O obxectivo desta iniciativa é facer visible a necesidade de incorporar novas perspectivas sobre o envellecemento, que destaquen as contribucións das persoas maiores e aproveitar o seu enorme caudal de talento e experiencia, superando as barreiras que dificultan a súa participación social plena.

Día Internacional das Persoas Maiores Afundación celebrou en 2017 en distintas cidades de Galicia actos conmemorativos dentro da campaña que a entidade vén desenvolvendo durante o mes de outubro para sumarse ao Día Internacional das Persoas Maiores, instituído pola ONU en 1990 e que se conmemora anualmente cada 1 de outubro. Nesta ocasión, o lema escollido para esta conmemoración foi «Camiñando cara ao futuro. Aproveitando os talentos, as achegas e a participación das persoas maiores na sociedade».

Día Europeo da Solidariedade Interxeracional A celebración do Día Europeo da Solidariedade Interxeracional, instituída en 2009 pola Unión Europea, ten como obxectivo difundir as diferentes iniciativas que se desenvolven nos países

Afundación sumouse a esta celebración, dentro do seu proxecto de promoción do envellecemento activo, instalando

Celebración do Día Internacional das Persoas Maiores

70

ra dun manifesto de dez puntos, a través do que Afundación pretende concienciar sobre a necesidade de aprender dos demais, sen importar o rango de idade en que se encontren. Yolanda Castaño resaltou a sabedoría da experiencia e Víctor Freixanes reflexionou sobre a actividade galega de Afundación e a súa transcendencia para a sociedade galega.

membros para propiciar o apoio e cooperación entre grupos de persoas de distintas idades. Afundación sumouse en 2017, como en cada edición, a esta conmemoración, que se celebra o 29 de abril, con actividades nas súas sedes e espazos +60 coas que que a entidade reivindica a necesidade de superar calquera forma de discriminación por razón de idade e a importancia de que as persoas de todas as xeracións estean conectadas, dialoguen, aprendan unhas de outras e se respecten mutuamente.

O I Festival Intenacional de Publicidade Educativa, Educafestival, recoñeceu a campaña de Afundación levada a cabo para celebrar o Día Europeo da Solidariedade Interxeracional. Así, o Premio á mellor estratexia de branded content recaeu na campaña «O valor da experiencia», realizada pola axencia de publicidade coruñesa 300Kilos a cal inclúe un manifesto co que Afundación busca sensibilizar a sociedade sobre a impor-

O acto central desenvolveuse na Sede Afundación en Santiago de Compostela coa presenza da escritora Yolanda Castaño e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, quen actuaron en calidade de padriños do proxecto. Ambos prestaron a súa voz para a lectu-

Celebración do Día da Solidariedade Interxeracional

71


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

+16 % en participación da nosa actividade

+7 % de altas novas en relación con 2016

23 205 participantes en actividades

Novo programa de potenciación da cultura dixital

tancia de compartir o valor da experiencia, de aproveitar os coñecementos e as leccións de vida dos maiores para guiar as xeración máis novas e, ao tempo, seguir aprendendo delas. O premio recibido valora a estratexia de contidos da campaña, o propio manifesto e a vinculación emocional lograda coa comunidade educativa, que foi o seu principal público destinatario.

proxecto, coa incorporación continuada de novos voluntarios e voluntarias que viviron a experiencia da emigración. As historias de vida, así como todo o material producido a raíz destes encontros, están dispoñibles en falamedaemigracion.afundacion.org. Outras actividades interxeracionais e de voluntariado En Afundación favorecemos que as persoas maiores socias dos nosos espazos +60 poñan a súa experiencia, coñecementos e habilidades ao servizo dos demais. Un exemplo son as accións formativas que persoas voluntarias desenvolven nos espazos +60 en temas relacionados coa saúde, música, artesanía, cociña, idiomas, entre outros. Por outro lado, son numerosas as actividades solidarias que desenvolven en beneficio de diferentes entidades sociais: actuacións musicais, teatrais e de monicreques, mercados solidarios, etc. Un total de 146 persoas maiores participaron en diferentes actividades interxeracionais como clubs de lectura con institutos, contacontos, teatro, obradoiros de cociña, de risoterapia, etc.

O VALOR DA EXPERIENCIA

1767

Incorporando as novas tecnoloxías

Media de máis de 10 actividades ao mes

altas de socios

Incremento da oferta nos espazos +60 Afundación

2172 participantes en cultura dixital

1287 actividades programadas recorrentemente nos centros

13 070 socios na rede de centros Afundación

Media de crecemento anual do 7 % neto Desde 2014 continuo crecemento dos socios dos espazos +60 Afundación

72

A liña estratéxica «O valor da experiencia», da área de Envellecemento activo de Afundación, ten como obxectivo ampliar as oportunidades de participación e de contribución social das persoas maiores, aproveitando o seu talento e a súa experiencia vital e profesional, a través de programas interxeracionais e de voluntariado, que beneficien outros grupos da sociedade. «Fálame da emigración» En 2017 Afundación puxo en marcha a segunda edición do seu programa «Fálame da emigración», que contou coa participación de 71 maiores voluntarios, socios e socias dos distintos espazos +60 que viviron a experiencia da emigración. Esta nova edición desenvolveuse en 18 centros escolares situados nas localidades onde Afundación ten espazos +60 (as sete principais cidades galegas e noutras catro poboacións —Viveiro, Betanzos, Pontedeume e Monforte—), e contou coa participación de 825 estudantes de ESO, a través dun total de 48 encontros interxeracionais. O programa está aberto a todos aqueles institutos que queiran participar no

As voluntarias e voluntarios dos espazos +60 Afundación e escolares de entre 3 e 7 anos mergulláronse no conto A galiña azul, unha obra que Carlos Casares escribiu para que Ana, unha nena que abandona Galicia xunto aos seus pais, nunca esqueza o galego nin esta terra. Esta actividade de contacontos interxeracional tivo lugar en Pontedeume, Lugo, Viveiro, A Coruña, Ferrol, Betanzos, Vigo, Monforte, Santiago de Compostela e Pontevedra. En Ourense a proposta didáctica foi a mesma, pero coa

73


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

do Albergue de Transeúntes do Refuxio Padre Rubinos, que estivo aberto ao público desde o 1 de decembro. Nel púidose encontrar desde roupa de nenos, vestidos, manteis, bolsas de merenda, bonecos, panos bordados ou encaixes de Camariñas, ata toda unha serie de produtos de artesanía e bixutería. Ademais de contribuír ao financiamento do albergue local, gran parte dos produtos que se ofreceron no «Mercado solidario» foron elaborados polos socios e socias participantes no «Taller solidario» que se imparte anualmente no Espazo +60 Afundación. Esta actividade ten como obxectivo fundamental o desenvolvemento de hábitos de reciclado ao promover a creatividade, a imaxinación, a solidariedade e a cooperación entre os participantes.

obra As laranxas máis laranxas de todas as laranxas e enfocada a estudantes de 1.º e 2.º de ESO. Os voluntarios e voluntarias participantes pertencen ao grupo de teatro lido A Berenguela. No mes de novembro, un grupo de voluntarios de socios do Espazo +60 Afundación de Betanzos representou un conto infantil ante máis de 150 escolares de educación infantil do CEIP Francisco Vales Villamarín da localidade. O relato escollido para a representación foi O Nadal no bosque, unha historia sobre o valor da amizade. Ao termo da obra, realizouse un obradoiro no que maiores e pequenos intercambiaron opinións sobre literatura. O Espazo +60 Afundación da Coruña clausurou en xaneiro o seu tradicional «Mercado solidario», destinado á recadación de fondos para o financiamento

Co gallo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, os socios

e socias do Espazo +60 Afundación de Ferrol e Xeración organizaron no mes de xuño a pasarela benéfica EcoFashion Show na que se presentaron, cun desfile no que participaron mozos e maiores, as prendas e accesorios confeccionados nos seus obradoiros de creación téxtil. O luns 18 de decembro abriuse tamén no Espazo +60 Afundación de Ferrol, o mercado de Nadal na Tenda Solidaria do centro no que se puxeron á venda produtos elaborados por eles mesmos no «Taller solidario», un curso que se impartiu ao longo de todo o ano no propio Espazo +60. Os beneficios recadados destináronse á Cociña Económica de Ferrol. A tenda estivo aberta ata o día 22 de decembro.

risoterapia. Ademais dos socios e socias da entidade, participaron tamén un grupo de mozos e mozas de entre 18 e 30 anos de España, Italia e Francia, membros do programa de intercambio cultural «Mobilízate», financiado por Erasmus + e organizado pola Asociación Sustinea, entidade de desenvolvemento sostible. No mes de setembro, e seguindo o ronsel do obradoiro precedente, desenvolveuse tamén no Espazo +60 Afundación de Ourense outro seminario de risoterapia para as súas socias e socios. Articulouse en dúas sesións e contou coa dirección de Agustín Pérez Meiriño. A técnica da risoterapia utiliza a risa para acadar beneficios terapéuticos a nivel físico, mental e social.

O Espazo +60 Afundación de Ourense e a Asociación Sustinea organizaron no mes de abril, e por segundo ano consecutivo, un obradoiro interxeracional de

O Espazo +60 Afundación de Pontedeume puxo en marcha un obradoiro interxeracional de arte en inglés dirixido a nenos e nenas de entre 6 a 12 anos

Encontro de «Fálame da emigración»

«O valor da experiencia»

74

75


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

• Saber +, con actividades que favorecen a aprendizaxe de idiomas, o coñecemento do patrimonio, as humanidades ou a formación en novos temas e fenómenos sociais emerxentes. Como cifras destacadas en 2017 neste epígrafe, podemos subliñar que 1869 persoas participaron en accións formativas para aprender inglés, francés, italiano e portugués en todos os espazos +60.

e maiores. A actividade levouse a cabo todos os luns e mércores do mes de xullo. Tamén no Espazo +60 Pontedeume se celebrou no mes de xullo un taller interxeracional de malabarismo dirixido a nenas e nenos e maiores. DESENVOLVEMENTO PERSOAL O noso reto nos espazos +60 é facilitar oportunidades para que as persoas maiores sigan desenvolvendo o seu proxecto vital, a través de accións baseadas nos piares nos que se sustenta o modelo de Envellecemento activo promovido pola Organización Mundial da Saúde (saúde, aprendizaxe permanente, participación social e seguridade). Estas accións deben responder ás súas necesidades e expectativas e adaptarse aos novos e diversos perfís que se incorporan, persoas cuxo nivel de instrución e uso de internet vai en aumento e onde cada vez hai máis persoas maiores que viven soas, especialmente mulleres.

• Cultura dixital, para facilitar a incorporación das persoas maiores ás novas tecnoloxías na súa vida cotiá e como oportunidade de relación, a través dunha proposta atractiva e motivadora, que facilite a adquisición de competencias prácticas e a comprensión da revolución tecnolóxica, das oportunidades que nos ofrece e como está cambiando as nosas vidas. Un total de 2172 persoas participaron nesta categoría de accións. • Hábitos saudables, con actividades físicas, pero tamén de desenvolvemento cognitivo, benestar persoal e emocional ou nutrición, nas que se acadaron os 7000 participantes. Como accións anovadoras, os centros de Betanzos, A Coruña e Vigo acolleron charlas nas que se abordaron os beneficios dunha alimentación saudable durante a madurez. O Espazo +60 de Ourense, pola súa parte, reforzou con novos relatorios a súa demandada Aula da Saúde.

A investigación e o proceso destas persoas na definición de accións é fundamental para realizar propostas que conecten cos seus desexos e contribúan ao seu desenvolvemento persoal. Dentro dese marco de actuación, priorizamos as accións que van dirixidas a poñer en valor a experiencia persoal e profesional das persoas maiores a través de programas con valor engadido para elas mesmas e para a sociedade en xeral, que contribúan á transformación e innovación social.

• Expresión artística, a través da aprendizaxe e práctica da música, debuxo, teatro ou artesanía e do gozo da oferta cultural de Afundación e doutras entidades galegas.

Deste modo, clasificamos a nosa actuación nesta liña en torno a cinco bloques principais:

76

77 Espazo +60 Sede Afundación Ferrol


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

Existen xa varias agrupacións artísticas consolidadas que realizan actuacións no exterior, entre as que destacan as teatrais nos centros da Coruña, Pontevedra e Vigo; contacontos e monicreques en Betanzos, Ourense, Pontedeume, Pontevedra e A Coruña; corais e instrumentais en Ferrol e Santiago. • Lecer activo e relacional, coa programación de viaxes nacionais e internacionais e visitas culturais a museos, rutas históricas e naturais, ademais da celebración de festividades tradicionais, coa finalidade de promover un lecer cultural, saudable e un punto de encontro e sociabilidade para os seus participantes. É esta unha actividade que, dentro

da programación ofertada pola entidade, goza da preferencia de moitos dos seus usuarios e usuarias. Así, para 2017 programáronse sete viaxes, das cales catro foron internacionais —Praga e Budapest, un cruceiro polo Mediterráneo, as capitais bálticas e Polonia— e tres nacionais —Aragón, vilas brancas de Cádiz e Tenerife—.

de e que conducen a actitudes discriminatorias e á invisibilidade das persoas maiores. Para iso promovemos unha comunicación a través dos socios e socias para trasladar unha imaxe real de persoas con traxectorias e experiencias diversas e valiosas.

Ademais, leváronse a cabo numerosas rutas de sendeirismo e excursións. Un total de 3000 persoas gozaron destas saídas de lecer activo e cultural.

Afundación dispón de 11 espazos +60 nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Ferrol e nas localidades de Monforte, Betanzos, Viveiro e Pontedeume. Suman en total 9225 m2 de instalacións ao servizo das nosas socias e socios, nas que dispoñen de aulas, salas de novas tecnoloxías, espazos multiúsos, auditorios, bibliotecas

De maneira transversal, traballamos para derribar estereotipos limitantes que asocian esta etapa coa deterioración, o declive, a pasividade e a improdutivida-

e zonas de lectura, obradoiros, salas para actividades físicas, entre outros recintos, onde se desenvolven as propostas mencionadas. Afundación puxo en marcha en 2016 un novo modelo de espazos multidisciplinares e interxeracionais, co obxectivo de facilitar a todos os usuarios a participación nos programas que desenvolve actualmente a entidade en todos os seus ámbitos. Así, en 2017, a Sede Afundación Vigo iniciaba unha nova etapa na que ademais de acoller parte da actividade social e cultural que se veu programando no centro desde a súa inauguración hai catorce anos, alberga toda a oferta dirixida a maiores de 60 anos e as actividades de IESIDE na cidade olívica.

OS ESPAZOS +60 DE AFUNDACIÓN

Obradoiros de tecnoloxía en Espazo +60 Afundación Pontevedra

78

«Aprendendo ao longo da vida»

79


menú navegable

Viaxes +60Afundación. Afundación.Sicilia Sicilia Viajes +60

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

Novo Espazo +60 Afundación Vigo

xeracións, promove o aproveitamento da sabedoría e a experiencia profesional e vital de todas as persoas que aumentamos a pirámide poboacional no seu vértice. Apostamos por unha sociedade asentada no coñecemento a través da experiencia e na educación desde os valores. Será este unha sociedade moito máis segura emocionalmente, e cuns principios tan sólidos que a habilitarán para afrontar os novos retos».

Afundación abriu, o 23 de marzo de 2017, en Vigo o seu novo Espazo +60, que alberga xa todas as actividades e programas da área de Envellecemento activo, unha das prioridades estratéxicas da entidade. O obxectivo do proxecto reside en impulsar a área de Envellecemento activo na cidade olívica, a través dunha oferta diferencial que aborda esta etapa desde unha perspectiva transversal, impulsando a aprendizaxe ao longo da vida e favorecendo a participación activa das persoas maiores na sociedade, poñendo en valor a súa experiencia. A Sede de Vigo transformouse, así, nun centro multidisciplinar e interxeracional, co obxectivo de dar cabida a todos os proxectos e actividades que desenvolve actualmente a entidade nos seus tres ámbitos de actuación: a cultura, o envellecemento activo e a educación superior e o coñecemento. Deste modo, ademais de albergar as actividades e programas dirixidos a maiores de 60 anos e a actividade social e cultural que se veu programando desde a súa inauguración hai catorce anos, a sede acolle tamén actividades vinculadas ao Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (IESIDE), como complemento ás instalacións do seu campus da avenida de Madrid. Neste sentido, o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, subliñou durante a presentación deste proxecto que «o novo modelo da Sede Afundación Vigo, cos seus espazos de interacción entre

A Sede Afundación Vigo confórmase, así, como un centro interxeracional, no que as actividades de promoción do envellecemento activo se incorporan á dinámica do centro. Deste modo, aínda que os maiores de 60 anos sexan os destinatarios preferentes delas, a oferta está aberta a públicos doutras idades. Así mesmo, involúcrase as persoas maiores, segundo os seus intereses, nas actividades coa mocidade e os escolares que se leven a cabo na sede, co obxectivo de crear oportunidades para que as distintas xeracións estean conectadas. O novo Espazo +60 Afundación Vigo dispón de 4 aulas, auditorio para conferencias, aula de cociña, zona social para reunión e lecer e dúas salas no Teatro Afundación para expresión artística, entre outras facilidades. En 2017, o Espazo +60 Afundación de Vigo constatou un incremento de persoas asociadas que se elevou ata un total de máis de 1100.

80

81


CULTURA

82 Real Filharmonía de Galicia. Teatro Afundación Vigo

83


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

Entendemos a cultura como un acervo cultural importantísimo, como un patrimonio que precisa ser valorado, protexido e difundido, e tamén como conxunto de valores que, ao igual que a existencia mesma, está suxeito ao cambio permanente e á renovación de ideas. Cremos no seu potencial para impulsar o crecemento individual e o da colectividade, un potencial creativo e civilizador en beneficio do ben común.

O pasado ano, ademais de toda esa oferta en artes plásticas, escénicas, musicais e cinematográficas, puxemos en marcha un programa piloto na sede da Coruña, co obxectivo de presentar as novas tendencias e vangardas culturais en moi diversos ámbitos: Acreativa. Acollemos e difundimos tamén iniciativas doutras entidades, agrupacións e colectivos. Todo isto convértenos nuns dos principais axentes dinamizadores da vida sociocultural en Galicia.

Recentes investigacións en neurociencia permitiron demostrar de forma palmaria a utilidade concreta da arte. En efecto, a contemplación da arte emociona o ser humano e sabemos que a reposta emocional intervén significativamente na percepción da realidade, na toma de decisións e na resolución de problemas. O feito artístico constitúe, por tanto, un activo moi relevante para a sociedade e o seu proceso evolutivo.

ARTES PLÁSTICAS Afundación ten na promoción das artes plásticas unha das súas principais liñas de actuación no contexto da difusión da cultura. Neste sentido, o noso compromiso con Galicia reflíctese na atención especial que dedicamos a dinamizar o talento galego, xa que as nosas sedes son espazos concibidos para promocionar tanto as novas tendencias procedentes do ámbito nacional ou internacional, como a arte autóctona. Outro dos eixes fundamentais do noso labor no ámbito expositivo céntrase en difundir a riqueza artística das obras integrantes das coleccións de Afundación e ABANCA, declaradas ambas Ben de Interese Cultural (BIC) pola Xunta de Galicia.

Como terceiro eixe estratéxico, Afundación leva a cabo un labor cultural que fomenta o coñecemento e o desenvolvemento das persoas, programando un amplo e moi variado elenco de actividades para todo tipo de públicos, no que as artes teñen un papel principal e no que prima a calidade fronte á cantidade.

85


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

de 150 000 persoas. ABANCA, The Hispanic Society of America, a Fundación Telefónica, a Fundación Museo de Artes do Gravado ou o Museo Arqueolóxico de Ourense son algunhas desas entidades coas que desenvolvemos proxectos conxuntos durante este período.

Así mesmo, Afundación impulsa a capilaridade artística en Galicia, levando máis alá das sedes da entidade, a diferentes vilas, exposicións en colaboración con ABANCA, no marco do programa «Corrente cultural». Exposicións

En consonancia co noso compromiso a favor da dinamización do talento desenvolvido en Galicia, as diferentes sedes de Afundación acolleron ao longo de 2017 unha completa programación de artes plásticas.

O deseño de programación de artes plásticas de Afundación prima o criterio cualitativo sobre o cuantitativo, desenvolvendo propostas que satisfagan as esixentes demandas da cidadanía na súa rede de sedes e centros ao longo da xeografía galega.

«Lugrís. Paredes soñadas» A colaboración con ABANCA posibilitou a programación na nosa sede da Coruña da grande exposición sobre o recoñecido artista coruñés, Urbano Lugrís, na que se abordaba o estudo do

En 2017 exhibíronse nas sedes de Afundación un total de 47 exposicións propias ou en colaboración con outras entidades que foron visitadas por máis

«Lugrís. Paredes soñadas». Sede Afundación A Coruña

86

ou debuxos de letras e de variadas tipoloxías que realizou para a revista Vida Gallega. Outra das novidades desta exposición foi a posibilidade de participar nun tour virtual polas desaparecidas pinturas do retablo da Capela dos Santos Reis de Bueu, un proxecto que o propio Lugrís definiu como a súa «obra integral como artista», xa que el mesmo trazou os planos e deseñou a súa ornamentación.

seu papel como decorador de espazos e creador de importantes murais. Este proxecto expositivo, que superou a cifra dos 40 000 asistentes, foi producido por ABANCA para celebrar a restauración realizada pola propia entidade do mural Vista de A Coruña 1669, pintado por Lugrís para decorar o Banco Hispano-Suízo, situado na rúa Real da cidade herculina. «Lugrís, paredes soñadas» recollía un total de 106 obras, moitas delas nunca antes exhibidas, como o bosquexo realizado polo artista para a igrexa de San Pedro de Visma, o óleo Stella Maris, para a Confraría de Pontedeume, os vidros decorativos dunha celosía deseñados para unha vivenda da Coruña, un gran mural que pintou no Sanatorio Álvarez, en Santiago de Compostela,

«Vari Caramés. Ventá ao insólito» «Ventá ao insólito» constou de 67 obras, pertencentes ás coleccións de arte Afundación, ABANCA e do propio autor, a través das que Vari Caramés relaciona a fotografía coa literatura de Julio Cortázar e o seu relato «Ventanas a lo insólito», en Papeles inesperados (1976). En palabras do fotógrafo, «a re-

«Vari Caramés. Ventá ao insólito». Sede Afundación Ferrol

87


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

Sala de exposicións Teatro Afundación Vigo

88

89


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

gra do xogo é a espontaneidade, e por iso as fotos que máis admiro son tecnicamente malas, xa que non hai tempo que perder cando o estraño asoma nun cruce de rúas, nun xogo de nubes ou nunha porta entornada. O insólito non se inventa, ao sumo, favorécese, e nese plano a fotografía non se diferencia en nada da literatura e do amor, zonas de elección do excepcional e o privilexiado». A mostra inaugurouse en maio na Sede Afundación de Santiago de Compostela e contou co comisariado de Asunta Rodríguez.

exposición foi organizada polo Consello da Cultura Galega, xunto a Afundación e ABANCA, e contou co comisariado de Manuel Gago. O proxecto articulouse en torno a unha selección de obxectos, entre os que había pezas de ámbito cotián, como por exemplo un morteiro de améndoas de mediados do século XVII, un bidón de leite, que representaba a evolución do sector agro-gandeiro, ou un pote de queimada, xunto a outros máis emblemáticos, como a bandeira do Consello de Galiza ou a Mariscala, a cadea coa que se sospeita que foi encarcerado o mariscal Pardo de Cela. A exposición concibiuse como un relato da evolución da cultura galega en función da capacidade dos obxectos de explicar aspectos da identidade, o territorio e a cultura galegas e os seus cambios.

«Xesús Corredoyra e o simbolismo na pintura galega» A Sede Afundación Santiago de Compostela acolleu no mes de xaneiro a exposición «Xesús Corredoyra e o simbolismo na pintura galega», articulada por obras pertencentes tanto ás coleccións de arte de Afundación e ABANCA, como a outros numerosos prestatarios particulares e museos, ata sumar un total de 30 cadros. A mística e intensa produción de Corredoyra establecía un diálogo nesta exposición con significativas obras de Castelao, Alfredo Souto, Sotomayor, Manuel Abelenda e outros artistas cos que o lugués compartía unha visión simbolista da arte. Este diálogo contribuíu a contextualizar a traxectoria do pintor e a achegar unha visión máis completa da súa busca artística e temática. A mostra estivo comisariada por Carlos L. Bernárdez.

«Laxeiro en conversa. Diálogo con artistas contemporáneos» A Sala de Exposicións do Teatro Afundación Vigo acolleu a inauguración da mostra «Laxeiro en conversa. Diálogo con artistas contemporáneos» no mes de abril articulada con obras procedentes das coleccións de arte de Afundación, ABANCA e a Fundación Laxeiro e comisariada por Javier Pérez Buján. Un total de 39 pezas amosaban a proximidade entre as creacións de José Otero Abeledo, Laxeiro, e outros autores que, a pesar de seren posteriores a el, comparten a idea de concibir a arte como un reflexo de pulsións internas máis ca na plasmación de realidades externas. Pilar Álvarez de Pablos, Jorge Barbi, Ignacio Basallo, Berta Cáccamo, Vari Caramés, Tono Carbajo, Caxigueiro, Xavier Correa Corredoira, Alberto Datas, Álvaro de la Vega, Almudena Fernández

«Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura» A Sala de Exposicións do Teatro Afundación Vigo acolleu durante os meses de xaneiro a marzo a mostra «Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura». A

90

cións ABANCA e Afundación» tratou a relación entre música e artes plásticas mediante unha selección de obras das súas coleccións de arte. A mostra estivo aberta ao público na Sede Afundación de Ferrol desde o mes de setembro ata xaneiro de 2018.

Fariña, Antón Goyanes, Ánxel Huete, Menchu Lamas, Antón Lamazares, Din Matamoro, Tatiana Medal, Manuel Moldes, Antón Patiño, Raimundo Patiño, Xavier Toubes e Rosa Úbeda compartiron protagonismo con Laxeiro. «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación» A través de pezas asinadas por artistas como Menchu Lamas, Eva Carrera, Luis Caruncho, Buciños, Luis Seoane, Elena Gago, Laxeiro, Carlos Maño, Xaime Quessada ou Rafael Úbeda, entre outros, esta exposición pretendía ilustrar as semellanzas e puntos de encontro entre as artes temporais e as artes espaciais, clasificando as obras seleccionadas en catro seccións que abordaban o tema desde diferentes perspectivas. «Sonoro empeño. A música nas colec-

«Quessada. Sociedade e represión» A Sala de Exposicións de Afundación en Ourense acolleu en decembro «Quessada. Sociedade e represión», unha homenaxe ao artista ourensán producido pola Fundación Xaime Quesada Blanco, Afundación e a Xunta de Galicia, en colaboración co Concello de Ourense. O proxecto estivo comisariado por María Jesús Blanco e José Gómez Alén. Un total de 48 obras pertencentes á Colección de Arte de ABANCA, Afundación e a outras institu-

«Quessada. Sociedade e represión». Sala de Exposicións Afundación Ourense

91


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

cións como a Fundación Xaime Quesada Blanco, a Universidade de Santiago de Compostela, o Museo Municipal de Ourense e o Museo Municipal Quiñones de León de Vigo, articularon esta mostra monográfica realizada en conmemoración do décimo aniversario do pasamento de Xaime Quessada e poñía o foco no Quessada máis comprometido e social.

A mostra, organizada a partir da colaboración entre Afundación e o festival Outono Fotográfico, reunía os ensaios de Berto Macei e Jose Romay que obtiveron ex aequo o II Premio Galicia de Fotografía Contemporánea que convoca desde o ano 2013 a Asociación Proxecto Benito Losada e o festival Outono Fotográfico, grazas ao patrocinio da Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia. Este premio ten por obxecto promover a fotografía contemporánea e as cuestións éticas que suscita, en xeral, a arte contemporánea respecto das formas de dominación e a imposición ao pensamento. A mostra estivera no mes de xaneiro na Sede Afundación de Vigo.

«A banda deseñada galega en “Viñetas desde o Atlántico”» A mostra foi parte da programación da vixésima edición do salón Internacional do Cómic da Coruña, no mes de agosto, partindo dun concepto anovador, xa que era a primeira vez que o Salón coruñés organizaba unha exposición retrospectiva-comparativa sobre a obra de autores e autoras que expuxeran anteriormente neste evento. Así, as pezas que a conformaban son obra de debuxantes que tiveron unha representación monográfica en edicións anteriores como Fran Jaraba, Fernando Iglesias, Xaquín Marín, Das Pastoras (autor do cartel da edición de 2017), Fran Bueno, Alex Cal, Emma Ríos, Víctor Rivas, David Rubín, José Domingo, Fausto Isorna, Jano, Martín Romero, Ramón Marcos e Kiko da Silva, e que o pasado ano participaron na exposición acollida pola Sede Afundación da Coruña con oito pezas cada un, sendo, polo menos unha delas, anterior ao ano 1998, data na que comezou «Viñetas desde o Atlántico».

As sedes de Afundación son centros nos que a entidade acolle mostras que reflicten tanto anovadoras tendencias a nivel nacional e internacional, como novos enfoques sobre a produción de artistas imprescindibles da historia das artes plásticas.

nega a ser esnaquizada en medio das ruínas da guerra. Sánchez convértese así nun «fotógrafo de vida» que desenvolve o seu labor xornalístico documentando os conflitos con rigor, pero sen caer no sensacionalismo nin a frivolización, antepoñendo sempre a dignidade das vítimas. A exposición «Vida» chegaba por primeira vez a Galicia tras ser presentada en Madrid a comezos de 2017 e púidose visitar na sede compostelá de Afundación do 5 de outubro ao 7 de xaneiro de 2018.

homenaxe que realizaron algúns debuxantes a pezas de arte emblemáticas. A exposición amosou, entre outras, obras do Museo do Louvre, do Museo do Prado, ou do Museo Thyssen-Bornemisza, colaboradores desta orixinal exposición. «Vida. Gervasio Sánchez» Afundación presentou na súa sede de Santiago de Compostela a obra do recoñecido xornalista e fotógrafo Gervasio Sánchez na exposición «Vida», unha selección de 68 fotografías, a maioría delas inéditas, que amosaban o triunfo da vida sobre a traxedia da guerra e a violencia. Esta exposición aspiraba a presentar unha nova visión da obra de Sánchez, baseada na forza visual e a riqueza comunicativa das súas imaxes, que pretenden ilustrar como a vida se

«Salvador Dalí, contador de historias» A Sala de Exposicións Afundación de Ourense acolleu desde o 6 de abril ata o 2 de xullo a exposición «Salvador Dalí, contador de historias». A mostra estivo conformada por setenta e dous gravados e estampas pertencentes aos

«A Arte no Cómic» Un total de 73 debuxantes e artistas da novena arte interpretaron as grandes obras da historia da pintura universal na exposición «A Arte no Cómic», comisariada polo historiador Asier Mensuro e producida por Fundación Telefónica, que se puido ver por primeira vez en Galicia. A mostra, que se inaugurou na Sede Afundación da Coruña o venres 22 de setembro, estruturouse en tres espazos: a presenza do cómic nos grandes museos, historietas desenvolvidas por autores galegos, que incluía a interpretación en cómic da Colección de Arte de Afundación, obra do ilustrador Jacobo Fernández Serrano, e a

«Mostra do II Premio Galicia de Fotografía Contemporánea» A Sede Afundación de Ferrol acolleu de xuño a xullo a exposición do II Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.

92

«A Arte no Cómic». Sede Afundación A Coruña

93


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

«Fotógrafos da natureza 2016. European Wildlife Photographer of the Year» A exposición «Fotógrafos da natureza 2016. European Wildlife Photographer of the Year» púidose visitar no Café Moderno Afundación de Pontevedra entre os meses de outubro a xaneiro. A mostra estivo composta por 84 fotografías seleccionadas entre as 20 000, procedentes de 37 países europeos, que se presentaron na pasada edición ao concurso European Wildlife Photographer of the Year. O certame, que cumpría 24 anos de historia, é un referente da fotografía da natureza, tanto a nivel profesional como amateur.

chamados ciclos literarios de Dalí, períodos nos que a súa produción combina arte gráfica e literaria dando lugar a ilustracións evocadoras dalgúns dos libros que máis profundamente impresionaron o pintor de Figueres e que permiten un completo percorrido pola iconografía, a simboloxía e a forte personalidade do seu autor. As pezas proviñan da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, que colabora con Afundación na realización deste proxecto cultural. Nesta ocasión, da man de Gloria Patón en calidade de comisaria, e coa coordinación de Charo Sanjuán, Afundación centrou a mirada expositiva en estampas e gravados inspirados en Pantagruel de François Rabelais, Le bestiaire de La Fontaine e El ingenioso hidalgo don Quijote de Miguel de Cervantes.

«As vidas da auga» O Café Moderno Afundación de Pontevedra acolleu a exposición «As vidas da auga», composta pola imaxes tomadas por Juan Carlos Tomasi en Níxer. A mostra, promovida pola Fundación We Are Water en colaboración con Médicos Sen Fronteiras, estivo composta por 27 fotografías que amosaban como a dificultade de acceso a fontes hídricas ten unha negativa repercusión na vida cotiá da sociedade, posto que é directamente corresponsable da desnutrición infantil e do ciclo da fame no país. Por outra parte, a exposición pretendía tamén chamar a atención sobre a importancia da auga como tratamento a estas deficiencias.

«Rubi Lebovitch. Home sweet home» «Home sweet home», de Rubi Lebovitch, é unha colección de fotografías que ilustra o contorno doméstico mediante imaxes sinxelas caracterizadas polo misterio, a vaguidade e a incongruencia, creando unha atmosfera na que os obxectos toman un novo significado. Igual ca nunha pintura surrealista, reinventa unha realidade imposible botando man de obxectos mundáns en espazos domésticos que se volven anómalos e sorprendentes na calma reflexiva dunha fotografía. A mostra, incluída no festival de fotografía «Outono fotográfico», estivo comisariada por Vítor Nieves e presentouse na Sede Afundación no mes de setembro.

«Corrente cultural» Afundación e ABANCA, en colaboración con concellos de toda Galicia, puxeron en marcha o proxecto «Corrente cultural», co obxectivo de trasladar propostas culturais fóra dos seus espa-

94

95


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

ensinando como a calidade da produción, a experiencia como garantía ou a consideración cara aos profesionais son valores que están en claro retroceso. A exposición mostrouse en Ribeira, Verín, Chantada, O Grove e Cangas.

zos. Esta aposta de ambas as entidades a favor da plena difusión cultural, e que conta coa colaboración de numerosos municipios, constrúe unha rede de calidade que leva novas propostas máis alá dos edificios de ABANCA e Afundación, partindo do convencemento de que a arte é un elemento imprescindible para potenciar o coñecemento e o desenvolvemento das persoas.

«Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» A mostra presenta imaxes que constitúen un completo relato documental dunha época de transición, debido á entrada de potentes aires de cambios procedentes de diferentes campos da sociedade e a economía. Ruth Matilda Anderson recolleu en imaxes e en anotacións minuciosas o que atopou nas súas expedicións —a primeira, acompañada do seu pai entre 1924 e 1925, e

«Oficios entre lusco e fusco» Composta por imaxes do fotógrafo Xosé Abad, e coproducida polo Museo do Pobo Galego, a mostra tivo como obxectivo reflexionar sobre a desaparición de moitos oficios pola mecanización do traballo e a produción en masa no ámbito da sociedade de consumo,

Afundación e The Hispanic Society of America, que se desenvolve en colaboración con ABANCA e os diferentes concellos que participan neste proxecto: Vilagarcía de Arousa, Rianxo, Ribadeo, Lalín, Monforte de Lemos, Vilalba e Xinzo de Limia.

a segunda, coa súa compañeira investigadora na Hispanic Society, Frances Spalding, entre 1925 e 1926—. No ano 1924 desembarcou no porto de Vigo Ruth Matilda Anderson, acompañada polo seu pai, Alfred Theodore Anderson, e por un completo equipo fotográfico que provocou o abraio de todos os oficiais de aduana. Logo das oportunas explicacións para gravar os impostos de entrada, pai e filla iniciaron unha expedición de, aproximadamente, un ano para documentar a esencia de Galicia que procuraba Archer Milton Huntington, reflectindo o traballo de campo etnográfico e o académico, de modo que se amosase unha visión do estudo da cultura hispánica en todas as súas facetas. A mostra é froito dun convenio entre

«Nós tamén fomos emigrantes» Este proxecto recollía unha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española coma galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. Mediante esta mostra, pretendíase achegar o espectador a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época. «É a historia de millóns de españois

«Unha mirada de antano». Lalín

«Nós tamén fomos emigrantes». Celanova

96

97


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

que tiveron que abandonar a súa terra para sobrevivir», en palabras de Miguel Ángel Gozalo, director da Axencia EFE entre 1996 e 2004. A mostra expúxose en Pontedeume, Celanova e Viveiro.

de xuño e foi conducida pola crítica de arte Mercedes Rozas. «A Arte no Cómic» As charlas repartíronse en dúas xornadas o 17 e o 18 de novembro na Sede Afundación A Coruña. A primeira, «Os museos vistos polo cómic», correu a cargo de Asier Mensuro, comisario da exposición «A Arte no Cómic». A continuación tivo lugar unha mesa redonda na que se expuxeron algúns exemplos de publicacións de cómic impulsadas por museos na que se contou coa participación de Fabrice Douar, subdirector de publicacións do Museo do Louvre; José Manuel Mantilla, xefe de conservación de debuxos e estampas do

Ciclos de conferencias e talleres vinculados ás exposicións «Conferencia de Vari Caramés» A Sede Afundación de Santiago de Compostela acolleu a charla «Julio Cortázar e Vari Caramés na ventá ao insólito» a cargo de Vari Caramés, quen buscaba homenaxear, así, a figura de Julio Cortázar, tomando como fío condutor as similitudes entre el mesmo e o escritor. Tivo lugar o mércores 21

Conferencia de Vari Caramés. Sede Afundación Santiago

98

«A dignidade é o que importa», de Gervasio Sánchez O recoñecido fotoxornalista Gervasio Sánchez ofreceu un obradoiro sobre a fotografía de conflito e a evolución da prensa na Sede Afundación de Santiago de Compostela os días 6, 7 e 8 do mes de outubro. Baixo o título «A dignidade é o que importa», Sánchez disertou sobre o papel que desempeñan os xornalistas e fotógrafos nos conflitos, e fíxoo mediante un percorrido pola súa obra como fotoxornalista, que comeza na década dos oitenta e inclúe reportaxes fotográficas realizadas en conflitos bélicos como o de Saraxevo, Serra Leoa e Afganistán ou sobre as consecuencias das minas antipersoa en Angola ou

Museo Nacional do Prado; e Ana Cela, responsable de tenda e publicacións do Museo Nacional Thyssen-Bornemisza. O sábado 18 de novembro tivo lugar a conferencia «Biografías de pintores de cómics», a cargo de Asier Mensuro, na que se fixo un repaso por algún dos debuxantes de cómics interesados na hibridación entre o cómic e as artes plásticas. A continuación celebrouse unha mesa redonda na que participaron Sagar Forniés, autor do cómic, xunto a Aurélie Herrou, patrocinado polo Centro Pompidou de París, e Ricardo Efa, autor do cómic Monet. Nómada de la luz.

Conferencia de Gervasio Sánchez. Sede Afundación Santiago

99


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

a traxedia dos nenos da guerra. En cada xornada, os participantes amosaron o seu traballo fotográfico e invitóuselles a compartir as súas experiencias.

205 actuacións anuais

rar, traballando materias extracurriculares e fomentando a superación persoas, o compañeirismo, a creatividade e a imaxinación. Con cada mostra desenvolvida pola Área de Cultura, o equipo de Afundación deseña unha actividade didáctica articulada en catro propostas diferenciadas en función do curso escolar e, en consonancia, cos programas da Consellería de Educación. Deste xeito, cada actividade didáctica se dirixe ás seguintes etapas:

+22 % en relación con 2016

«Obradoiros de oficios tradicionais» Afundación puxo en marcha un programa de obradoiros de artesanía como complemento á mostra fotográfica «Oficios entre lusco e fusco», de Xosé Abad, exposta no Café Moderno Afundación de Pontevedra e posteriormente na Sede de Ferrol.

47 proxectos expositivos da Colección de Arte Afundación Grande acollida das exposicións da colección propia

111 390 asistentes artes escénicas

De infantil a 3.º de primaria. Media de 93 % de ocupación En accións de artes escénicas para escolares

150 288 asistentes a exposicións

125 477 asistentes a actividades para escolares

Este programa tivo como obxectivo dar a coñecer os oficios tradicionais galegos e incluía un obradoiro de torno cerámico, outro de elaboración e encadernación de papel artesanal titulado «Do papel ao libro» e un terceiro de cestería. Os obradoiros estaban dirixidos a todo tipo de público, tanto familiar, nenas e nenos e adultos, e desenvolvéronse entre os meses de marzo e abril en Pontevedra, e entre novembro e decembro en Lugo.

• De 4.º de primaria a 2.º de ESO. • Desde 3.º de ESO en adiante, incluíndo, bacharelato, ciclos formativos e educación para persoas adultas. • Programa específico para escolares e colectivos de adultos con capacidades diversas. «Pingas de luz», «Sombras fotográficas», «Retratos para un conto», «O que os lenzos esconden», «Os oídos máxicos de Francisco Leiro», «As historias que os bosques galegos saben contar», «Os perfectos arquitectos», «A cápsula do tempo», «As catro estacións da arte e da música», «Uns zapatos novos para camiñar», «Mans máxicas», «Baixo un manto de estrelas, eles dormen mellor» son algúns dos proxectos didácticos que se desenvolveron nas sedes, vinculados ás distintas mostras que albergaron durante 2017. Máis de 26 000 nenos e nenas e grupos de adultos participaron en 2017 nestes obradoiros e 454 centros educativos elixiron as propostas plásticas de Afundación como complemento aos seus programas escolares.

Didáctica expositiva

10 229 asistentes a ciclos de cine

+55 % asistentes Éxito dos ciclos de cine propios

100

O noso compromiso cun sólido sistema educativo integral reflíctese no desenvolvemento dun completo programa de propostas didácticas extracurriculares nas que buscamos potenciar nos escolares as súas capacidades creativas. Mediante estas iniciativas pretendemos conxugar os aspectos lúdicos e formativos para brindar espazos de encontro e de convivencia ética que complementen a aprendizaxe escolar. Estas iniciativas, 94 o pasado ano, enriquecen a súa formación, brindándolles oportunidades para aprender e madu-

101


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

Colección de Arte Afundación

Afundación para obter un obsequio ao final da visita.

A Colección de Arte Afundación está integrada por máis de 5000 obras e constitúe unha das principais liñas de actividade expositiva de Afundación. Trátase dunha das coleccións institucionais máis completas da comunidade e que cobre a máis ampla panorámica da arte galega, con obras imprescindibles de todas as súas etapas desde o século XIX, ademais dunha significativa mostra da creación estatal. A súa importancia valeulle a declaración de Ben de Interese Cultural de Galicia pola Xunta de Galicia no ano 2015, ratificando, así, un proxecto iniciado hai máis de cinco décadas. O espazo da Sede Afundación de Vigo dedicado a acoller mostras da Colección de maneira permanente, albergou en 2017 a exposición «Percorrendo a nosa arte», integrada por 78 obras seleccionadas de entre as máis destacadas e representativas da colección, permitindo un percorrido didáctico e divulgativo desde o óleo de Villamil de 1848 ao teléfono móbil de Miguel Piñeiro de 2011.

Artistas, afeccionados, estudantes e público en xeral tiveron a posibilidade de exercer de copistas coa actividade «A colección, a túa musa», podendo copiar as obras da colección en directo e traballar sobre elas. A mocidade tivo tamén o seu espazo na actividade «Unha colección de youtubers» coa que a colección se converteu en materia prima de traballos audiovisuais a través dun obradoiro orientado a mozas e mozos de entre 12 e 16 anos. Finalmente, o proxecto didáctico incluíu unha serie de programas dirixidos a escolares de todas as idades, desde educación infantil ata bacharelato e ciclos formativos.

Teatro

Dentro do compromiso da entidade coa conservación do seu patrimonio, en 2017 continuouse co proxecto de modernización dos espazos de almacén da colección, así como o desenvolvemento, dun novo programa para a súa xestión online, seguindo o modelo do Museo Metropolitano de Arte de Nova York (MET).

O Teatro Afundación de Vigo, o Auditorio Sede Afundación de Pontevedra e o Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela son tres escenarios referentes a nivel nacional para as compañías en xira e, por suposto, para as compañías galegas. Primeiras figuras da escena española, compañías, actores e actrices como Els Joglars, Centro Dramático Galego, Mofa & Befa, Juan Diego, Ana Marzoa, María Adánez, Rafael Álvarez, El Brujo, Héctor Alterio, Ana Labordeta, José Sacristán, Lola Herrera, Juanjo Artero, Fernando Guillén Cuervo, Mercedes Castro, César Cambeiro, Miquel Ínsua e directores como Ramón Fontserè, José Carlos Plaza, Juan Carlos Rubio, Magüi Mira ou Mar-

ARTES ESCÉNICAS, MUSICAIS E AUDIOVISUAIS Nos escenarios de Afundación, o teatro, a danza, os concertos e musicais dos máis variados xéneros, para adultos ou para escolares, contan cun público numeroso e entregado.

Ademais, en 2017, os fondos da Colección de Arte Afundación mostráronse en dous novos proxectos expositivos de ABANCA, «Lugrís. Paredes soñadas» e «Os traballos e os días de Francisco Leiro», ademais doutros dous, inaugurados en 2016, pero cuxas itinerancias tiveron lugar tamén en 2017, «O artista e a cidade» e «Fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración».

O novo proxecto didáctico en torno á colección ofreceu unha programación de actividades para adultos —«Escenarios de Galicia», «Visitas da lembranza. A colección como reflexo do noso pasado» e «Visitas ao detalle: petit comité»—. Presentou, así mesmo, unha proposta para as familias, «O teléfono estragado da Colección». Ademais, o folleto ofrecía un xogo didáctico para que as visitas en familia resultasen tamén atractivas para as nenas e nenos, convertendo a visita nun xogo co que aprender e divertirse, seguindo as pegadas de Pintafontes, a mascota da Área Educativa de

A Colección de Arte Afundación colaborou con outras mostras cedendo no pasado ano 57 obras para exposicións producidas por outras institucións, como o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o Museo de Arte Contemporánea (MARCO), o Kiosco Alfonso da Coruña, o Museo Provincial de Pontevedra, a Real Academia de Bellas Artes de San Fernando en Madrid, a Cidade da Cultura ou o Museo de Arte Contemporáneo de León (MUSAC), entre outras.

102

Els Joglars

103


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

ta Pazos son algúns dos nomes protagonistas das dúas tempadas de teatro que programa anualmente Afundación. Esta carteleira de 2017 presentou, entre outras, as obras Misterios del Quijote, Martes de Carnaval (por primeira vez en galego), Zenit: la realidad a su medida, Una gata sobre un tejado de zinc caliente, Muñeca de porcelana, La velocidad del otoño e Oleanna.

Constituían o programa os espectáculos Turandot de Puccini, cunha rica ambientación e unha iluminación anovadora, e a Gran Gala Lírica Tres Tenores. Neste último, Israel Lozano, Miguel Borrallo e Javier Agulló interpretaron fragmentos de Carmen (Bizet), Guillermo Tell (Rossini), Pagliacci (Leoncavallo), A taberna do porto (Sorozábal). Nas salas de Afundación en Vigo e Pontevedra o público puido gozar do último espectáculo do Ballet de Víctor Ullate, Pastoral. Tierra madre, creado polo artista a partir da peza Pastoral de Beethoven, en homenaxe á súa amiga Ángela del Moral, da que Ullate foi compañeiro no Ballet de Antonio.

Ópera e ballet O Auditorio da Sede Afundación foi o escenario do II Festival Internacional de Ópera Cidade de Pontevedra, promovido por Concerlírica e a cargo da Compañía de Ópera Nacional de Moldavia.

Ballet de Víctor Ullate

Música

Ruslana Prokopenko, o percusionista José Vicente Faus, o tenor Sam Furness, Abraham Cupeiro ao carnyx, e o óboe David Villa. Con aclamados directores como Ilan Volkov, Pierre Dumoussaud, Dima Slobodeniouk, Paul Daniel, Maxim Emelyanychev, Jonathan Webb e Eliahu Inbal. Ademais, incluíu a actuación da orquestra de cámara londiniense Academy of St. Martin in the Fields, con Simon Blendis como concertino.

No ámbito musical, ademais de moitos outros estilos, grupos e artistas, o Teatro Afundación de Vigo ofrece unha programación estable coas dúas orquestras galegas, a Real Filharmonía de Galicia e a Orquesta Sinfónica de Galicia, que se plasma na tempada de música clásica. No pasado ano a devandita tempada contou coa participación de prestixiosos solistas internacionais como o trompetista John Aigi Hurn, os pianistas Horacio Lavandera e Maxim Emelyanychev, os contrabaixistas Uxía Martínez Botana e Francesco Piemontesi, os frautistas Laurent Blaiteau e Juan Ibáñez, o viola Tasso Adamopoulos, a violonchelista

Canto á música tradicional ou de raíz, destacamos o concerto da tradicional xira de Nadal de Carlos Núñez no Teatro Afundación en Vigo. O repertorio que incluía este recital conforma un percorrido pola tradición musical de

Paul Daniel, director da Real Filharmonía de Galicia

104

105


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

cado de artesáns —creadores de marcas emerxentes—, «Acreativa Makers», e o «Magosto Gráfico», un microfestival dedicado á creación gráfica.

nacións como Irlanda, Bretaña ou Escocia. Nos diferentes lugares nos que tivo parada esta xira, Núñez foi incorporando ao seu escenario diferentes novas promesas da música. Nesta ocasión, acompañouno a gaiteira escocesa Brighde Chaimbeul.

A Sede Afundación da Coruña acolleu a celebración dos concertos de Acreativa, tres no mes de novembro e o último en decembro.

Acreativa

No primeiro deles, a cantautora coruñesa Elba Fernández presentou o seu novo proxecto «Mordem» (cuxo nome tirou dun poema de Rosalía de Castro), así como o primeiro disco deste proxecto, Fragments to Dominate the Silence.

O novo programa deseñado por Afundación e denominado Acreativa incluíu actividades dos máis diversos ámbitos —arte, música, deseño, sector audiovisual, gastronomía ou divulgación—, dando un especial protagonismo aos novos artistas e fomentando a conexión e interacción entre distintas disciplinas. Así, no contexto de Acreativa celebráronse catro concertos, un mer-

A cantante catalá de estilo folk Joana Serrat presentou o seu novo traballo, Dripping Springs. Neste concerto par-

Joana Serrat na Sede Afundación A Coruña

os lectores de Time Out. A vocalista de Badalona e o guitarrista de Flix (Tarragona) continúna a cadea de transmisión da música popular da mellor maneira posible: creando cancións propias que se incorporan ao seu proxecto de rescate de gravacións de campo, arquivos dixitalizados e fonotecas da Península Ibérica e que agora presentan o seu primeiro LP.

ticipou, ademais, a cantante madrileña MOW. Joana Serrat foi a primeira artista española en actuar na Americana Fest, en Nashville (Tennessee) organizado pola Americana Music Association. Dripping Springs, o seu cuarto álbum, foi elixido como mellor disco nacional do pasado mes de setembro por Mondo Sonoro e portada de Folk Radio en Gran Bretaña, país no que Joana Serrat realizou unha minixira colectando un grande éxito.

Maria Rodés pechou o ciclo de concerto de Acreativa. Na actualidade Rodés está a piques de sacar o seu novo álbum titulado Eclíptica, traballo que xira arredor da figura do seu bisavó, Lluis Rodés, astrónomo e meteorólogo. Gañadora do Premio Puig Porret ao mellor proxecto de creación musical, preestrou o disco na pasada edición do

O dúo formado por María Arnal e Marcel Bagés presentou o seu primeiro álbum, 45 cerebros e 1 corazón. Recibiu o Premi Ciutat de Barcelona de Música polo seu segundo EP, Verbena, elixido Mellor Single Nacional pola revista Rockdelux e Obra Artística do Ano, segundo

«Magosto Gráfico», Acreativa. Sede Afundación A Coruña

106

107


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

Mercado de Música Viva de Vic en setembro de 2017 e verá a luz finalmente en xaneiro de 2018.

se toman os camiños máis fáciles para saír dos problemas. En todas as obras se manifestan imprescindibles valores para o desenvolvemento persoal, como a solidariedade, a amizade, a tolerancia, a creatividade fronte aos problemas ou a protección e conservación do medio ambiente.

Didáctica en artes escénicas e musicais A nosa programación en artes escénicas e musicais conta tamén cos seus correspondentes programas didácticos, no noso afán de formar novos públicos.

Nas tempadas de música clásica, os centros educativos puideron participar no programa «Quedamos no palco, quedamos coa clásica», que pon á disposición dos estudantes entradas gratuítas. O noso propósito é espertar o seu interese e ilusión por aprender e gozar dunha arte que a sociedade promociona moi pouco entre a mocidade, algo que debemos e queremos cambiar. A colaboración do Consorcio para a Promoción da Música de A Coruña, o Consorcio de Santiago, a Sociedade Filharmónica de Vigo fixo posible o desenvolvemento desta iniciativa. O pasado ano, 306 estudantes de 19 centros gozaron dos oito concertos seleccionados para este programa.

No pasado exercicio, 125 477 estudantes de centros das catro provincias gozaron do devandito programa. As compañías galegas teñen un especial protagonismo, dentro do noso obxectivo fundacional de promover a lingua e a cultura da nosa comunidade. As artes escénicas están consideradas como unha das ferramentas educativas máis útiles para estimular a capacidade de observación dos estudantes, posibilitar o diálogo e a reflexión e desenvolver habilidades sociais. A Área Educativa selecciona cada curso aquelas obras que mellor contribúen a conseguir estes propósitos. Así, en 2017 representáronse Paxaro amigo. Músicas para a paz, Osiño, Gatuxo, Sandra e Meirol en Xistralia, Circopeta, Rubicundo e Na percura do tesouro, que achegaron o público escolar á música, a literatura e en xeral á cultura de Galicia, tradicional e contemporánea. Freaky e Zapping trataron temas de actualidade en inglés. La maravillosa historia del violín trompeta e Labirinto —incluída esta última no programa de Educación Financeira—, ambas en castelán, constituíron un concerto didáctico no primeiro caso, cunha viaxe por diferentes timbres, ritmos e sonoridades e unha dramatización do que pode ocorrer se

Ciclos de cine Os ciclos de cine de Afundación desenvolven temáticas de permanente interese permitindo ver importantes obras da sétima arte. En 2017 programáronse ciclos propios e tamén en colaboración con outras entidades. «Voces rotas» transcorreu entre finais do ano anterior e comezos de 2017. A súa razón de ser, difundir as voces de quen, pola pertenza a algún colectivo minoritario, minorizado ou en risco de exclusión social tiveron que loitar contra o seu silenciamento. Os filmes pro-

108

109


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

gramados: Elephant, Welcome, O señor Ibrahim e as flores do Corán, A voz durmida, Promises, Lonxe dos homes e O meu nome é Harvey Milk.

ben por primeira vez en Galicia, ademais doutras iniciativas relacionadas. A Tempada de Lírica 2017 celebrada na Coruña contou cun amplo repertorio de actividades paralelas en torno a este xénero, incluíndo no mes de outubro un «Ciclo de cine de ópera», coas películas Callas forever, El beso de medianoche (That Midnight Kiss), Canción de amor (I dream too much) e Giuseppe Verdi.

Ao longo dos meses de febreiro e marzo tivo lugar na Sede Afundación Santiago o ciclo de cine francés «Entre risas e bágoas», en colaboración coa Alliance Française. Neste ciclo proxectáronse en versión orixinal con subtítulos en español seis obras: L’Homme qu’on aimait trop, Caprice, Le Havre, Tristesse Club, Respire e Weekends.

No ámbito da exposición «A Arte no Cómic», e co obxectivo de achegar o público á novena arte desde múltiples perspectivas, Afundación programou un ciclo de cine, desde o 28 de outubro ao 18 de decembro, no que se proxectaron distintas producións baseadas en cómics célebres galardoados en distintos festivais. Os títulos foron: Le chat du Rabbin, Aya de Yopougon, Le tableau, La jeune fille sans mains, Quai d’Orsay, Rosalie Blum.

Entre os meses de marzo e abril, en relación cos actos de conmemoración do Día da Muller, as sedes da entidade en diferentes cidades acolleron o ciclo «Mulleres», coas longametraxes María, llena eres de gracia, La fuente de las mujeres, Criadas y señoras e Flor del desierto. Nas sedes de Vigo e A Coruña presentouse no mes de maio, por primeira vez en Galicia, Cociñando na fin do mundo, unha peza audiovisual dirixida por Alberto Baamonde e producida por Esmerarte, que trata sobre a nova cociña galega e a súa revolución silenciosa. Foi galardoada co Premio de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro e participou nos festivais de cine internacionais de San Sebastián e Málaga.

En 2017, a sede compostelá de Afundación colaborou na 31.ª edición de Cineuropa como un dos seus espazos de proxección deste festival que transcorreu no mes de novembro e no que se proxectaron 264 en máis de 50 países. Algúns dos filmes proxectados en Afundación foron: Mayis sikintisi (Nubes de maio), Marie Antoinette, Viva Villa, Il pleut sur Santiago, Buongiorno, notte (Bos días, noite), Lan Feng Zheng (A cometa azul), Rosa Luxemburg, Tout va bien, Comandante…

Afundación colaborou co Festival Internacional de Cinema de Pontevedra «Novos cinemas», que entre os días 27 de xuño e 2 de xullo proxectou na cidade máis de 40 pezas audiovisuais e que na súa sección oficial incluíu unha escolma de nove películas, realizadas por cineastas noveis que participaron en festivais internacionais, que se exhi-

Durante os meses de novembro e decembro Afundación programou en diferentes cidades o ciclo «Cinema de Outono», que incluía unha selección

110

de interesantes filmes sobre destacadas figuras das artes. A fotografía, a escultura, a moda, a música e o propio cine aparecen reflectidos nestas cintas, que se proxectaron en versión dobrada ao español e cuxos títulos foron: Across the Universe, Camille Claudel, Yves Saint Laurent, Hitchcock, Retrato de una obsesión.

de Galicia resolveron en 2017 a décimo quinta edición do Premio de Poesía Afundación, que este ano distinguiu a Estíbaliz Espinosa. O galardón naceu no ano 2002, a instancias do Centro Pen de Galicia e de Afundación, co obxectivo de reforzar a imprescindible produción poética en galego e continuar o enriquecemento da creación cultural galego actual. En total, en 2017 presentáronse 29 orixinais a este galardón. A obra As neuronas irmás, presentada por Estíbaliz Espinosa baixo o lema Curiosa, destacou, en palabras do xurado, «pola coherencia dun discurso poético sólido, o potencial evocador das imaxes, así como a orixinalidade das referencias que apelan á dimensión científica do ser humano biolóxico e emocional».

Premios literarios Os galardóns que anualmente outorga Afundación céntranse no fomento da poesía e do artigo xornalístico. Deste xeito, mediante o Premio de Xornalismo Fernández del Riego e o Premio de Xornalismo Julio Camba, para os que contamos coa colaboración de Ámbito Cultural de El Corte Inglés, distinguimos os mellores artigos de opinión en galego e en castelán, respectivamente, publicados en cabeceiras recoñecidas ao longo do ano precedente.

Publicacións Incorporáronse tres novos títulos en 2017 ao voluminoso catálogo bibliográfico de Afundación, cuxo labor no ámbito editorial foi premiado polo Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia ao recoñecer o coidado traballo dun dos títulos máis recentes que integran o noso fondo:

Na edición resolta en 2017, presentáronse máis de 150 artigos a estes premios. Concretamente, na XXXVIII edición do Premio de Xornalismo Julio Camba optaban 137 artigos escritos en castelán e 17 na XIV do Premio Fernández del Riego para artigos realizados en lingua galega. Finalmente, a decisión do xurado recoñeceu a María Varela por «Cóxegas e tartas», publicado en Diario de Pontevedra o 29 de abril de 2016, e a Miguel Anxo Murado por «El cedazo de los días», aparecido en La Voz de Galicia o 31 de decembro de 2016.

• A Economía Galega 2016. Resumo executivo. Trátase dunha nova proposta do informe socioeconómico galego de referencia editada por Afundación e ABANCA en colaboración co Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro de Investigación ABANCA. O novo formato da publicación periódica decana de Afundación consiste nun resumo executivo que, de forma sintética,

Afundación, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Unversitaria da Xunta de Galicia e o Centro Pen

111


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

aborda os principais fitos e desafíos económicos do ano 2016 e avanza o comportamento dos primeiros meses do exercicio 2017. Con este cambio preténdese promover unha lectura áxil e un rápido acceso aos datos, para analizar o sucedido co fin de identificar os puntos fortes e febles da economía. Editouse tamén a tradución ao castelán nun volume independente, La Economía Gallega 2016. Resumen ejecutivo.

prestixiosa institución neoiorquina The Hispanic Society of America, que atesoura a colección de arte hispana máis importante fóra do territorio español. As imaxes seleccionadas pertencen ao relato documental que Ruth M. Anderson elaborou durante as súas viaxes de investigación a Galicia entre os anos 1924 e 1926, a instancias do fundador de The Hispanic Society of America, o filántropo e hispanista Archer Milton Huntington. Concurso de beléns

• Vestir a noite, Olalla Cociña. Poemario gañador do XIV Premio de Poesía Afundación.

Afundación convocou en 2017 o seu Concurso de beléns, un referente na tradición cultural do Nadal en Galicia que o pasado ano cumpre a súa edición número 52.

• A Economía Galega. Informe 2016. Afundación e ABANCA, en colaboración con Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro de Investigación ABANCA, presentamos un novo número da publicación periódica decana de Afundación, consistente nun estudo exhaustivo e pormenorizado dos principais fitos e desafíos económicos do ano 2016.

O xurado destacou a alta calidade artística das obras presentadas, reflexo do gran momento de inquietude creativa que vive a sociedade. Cabe destacar a sensibilización coa problemática dos incendios forestais, xa que moitos dos participantes optaron por plasmalo nos seus deseños. Ademais, nesta edición como novidade incluíuse unha nova categoría de galardón, o Premio do público, outorgado mediante unha votación aberta na páxinas da rede social Facebook de Afundación. A presente edición tivo, como en anos anteriores, unha moi boa acollida por parte dos participantes, xa que se presentaron ao certame 52 nacementos diferentes. Como xa é tradición, os portais que participan no concurso están compostos por materiais de diversa índole como cristal, chaves antigas, cestas, papel, cartolina, espellos ou plásticos, entre outros.

O Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia outorgou, como indicabamos, o seu Premio Paraugas a Afundación polo seu catálogo Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia, coeditado con The Hispanic Society of America e impreso por Tórculo Comunicación Gráfica, na categoría de Mellor Libro de Arte. O catálogo, do que son parte máis de catrocentas imaxes de Ruth Matilda Anderson tomadas en Galicia, constitúe un testemuño dun tempo xa desaparecido. Os fondos proceden da

112

113 Sede Afundación A Coruña


OUTRAS INICIATIVAS DE ACCIÓN SOCIAL E CULTURAL

Ara Malikian

114

115


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

cional, que é facilitar aos sectores da poboación con dificultades de solvencia a obtención de crédito. A pesar de certos síntomas de mellora no contexto económico, este labor faise aínda máis necesario e o compromiso da nosa institución faise máis firme, na medida en que traballa cunha clara vocación transformadora e de mellora da sociedade galega.

Ademais da actividade que Afundación desenvolve nas áreas específicas de educación superior e coñecemento, cultura e envellecemento activo, existen outras iniciativas que se poñen en marcha desde a propia entidade cun enfoque directo e centrado en paliar certos momentos de dificultades puntuais que poidan atinxir a parte da sociedade. Deste modo, o Monte de Piedade é un dos referentes nesta acción social.

Creado hai máis de 130 anos, o Monte de Piedade de Afundación continúa traballando por e para as persoas e concentra os seus esforzos en concienciar os seus usuarios e o público en xeral das vantaxes que supón o préstamo en prenda. Ofrécense as máximas facilidades para afrontar os compromisos de pagamento, chegando mesmo a refinanciar os préstamos para tal fin.

Por outra parte, o noso compromiso co progreso social a partir da dinamización cultural reflíctese tamén na intensa actividade de Ataquilla, o noso servizo de venda de entradas. Ademais, en Afundación ofrecemos a posibilidade de que diferentes institucións poidan desenvolver as súas actividades nos nosos espazos, que conforman unha rede de edificios emblemáticos nos centros das sete cidades galegas.

En 2017 cómpre destacar a creación dunha páxina web específica do Monte de Piedade, coincidindo co lanzamento da nova web corporativa de Afundación e acorde coa súa imaxe. De cara ao futuro, o Monte de Piedade proponse o obxectivo de consolidar e facer medrar a súa actividade, fidelizando e planificando novos proxectos, mellorando as condicións de valoración e taxación de

MONTE DE PIEDADE O Monte de Piedade afiánzase dentro de Afundación, a Obra Social de ABANCA, e permanece fiel ao seu ideario funda-

117


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

xoias, a innovación de produtos máis flexibles e a proxección social cunha imaxe renovada e actual. Desta maneira, contribuirase a potenciar a súa actividade dentro de Afundación. O Monte de Piedade destina o 100 % dos seus beneficios, incluídos os obtidos nas poxas, ao desenvolvemento das liñas definidas no plan estratéxico polo que se rexe Afundación. ATAQUILLA A plataforma de servizos de venda e distribución de entradas de Afundación afiánzase en 2016 como o principal distribuidor de entradas en Galicia no ámbito das artes escénicas e musicais. Máis dun millón de usuarios anuais e taxas de conversión moi por enriba da media do

sector avalan a calidade do traballo realizado.

Española Contra o Cancro de UNICEF, por citar só dous exemplos.

Seguindo os seus obxectos fundacionais, a entidade promove unha cultura accesible. Ataquilla atende tanto a instalacións de gran formato como de pequena capacidade (aulas de cultura, auditorios municipais...), proporcionándolles aos medios necesarios para a correcta distribución e difusión dos seus eventos. Así, pon ao alcance de todos eles as infraestruturas necesarias para dotar estes espazos das últimas tecnoloxías para a venda, distribución e control de eventos, con atención os 365 días do ano, posibilitando o acceso a uns servizos de calidade que, doutro modo, non estarían ao seu alcance. Ademais, Ataquilla proporciona estes mesmos medios, sen comisións, a organizacións sen ánimo de lucro, como a Asociación

Durante 2017 comercializáronse musicais como ABBA, the Gold Experience, El mago de Oz, Hijo de la luna: tributo a Mecano, Elvis vive ou Michael’s Legacy: tributo a Michael Jackson; os concertos de Carlos Núñez, Lila Downs, Ainhoa Arteta e Estrella Morente, Milladoiro, Ara Malikian, Brothers in Band, Luar na Lubre, Dani Martín, Rosana ou Ute Lemper; as obras de teatro Zenit, la realidad a su medida, de Els Joglars, Trabajos de amor perdidos, El verdugo, Una gata sobre un tejado de zinc caliente, Oleanna, entre outros espectáculos. En total, case 1500 eventos xestionados, con máis de 392 000 entradas distribuídas, que consolidan o liderado desta plataforma na nosa comunidade. Como entidade sen ánimo de lucro, Afundación inviste a totalidade dos beneficios de Ataquilla nos programas formativos, culturais e sociais que realiza.

persoal necesario, así como o apoio na difusión dos actos por parte dos nosos departamentos de marketing e comunicación. Entre esas entidades sen ánimo de lucro coas que colaboramos encóntranse: Fundación INGADA, Federación Autismo Galicia, ONCE Territorial Galicia, Asociación Parkinson Galicia, ASPAMITE, UNICEF, Cáritas, AFAL, FADEMGA, Centro Público de Alzhéimer en Pontevedra, Cruz Roja, ASPANAEX, Asociación Española con el Cáncer en Ferrol, Manos Unidas ou ASANOG (Asociación de Axudas a Nenos Oncolóxicos de Galicia), entre outras. A todo isto, cómpre engadir os diversos congresos, conferencias, concertos, entregas de premios, foros de debate e multitude de actividades máis que se desenvolveron no nosos espazos e que foron organizadas por asociacións culturais tales como o Ateneo de Santiago, La Voz de Galicia, Radio Coruña Cadena SER, o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), Instituto Galego do Viño, Sociedade Galega de Medicina Nuclear, Faro de Vigo, Confederación Empresarial de Ourense, Diario de Pontevedra, Sociedade Galega de Neuroloxía, Coral Casablanca, Cadena COPE, Etiqueta Negra, Asociación Cultural Traspés, Ateneo Republicano de Galicia, Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Crearte Servizos Culturais, CONXEMAR, ANFACO CEOPESCA, Art Music, University of Roehampton of London, Let’s Go Entertainment ou Asociación de Periodistas de Galicia, entre moitas outras entidades vinculadas cos ámbitos de universidades, colexios oficiais ou asociacións culturais.

CESIÓN E ALUGUER DE ESPAZOS As sedes e outros edificios culturais de Afundación son inmobles emblemáticos, de alto valor histórico e/ou arquitectónico no centro do trazado urbano das sete cidades galegas en que se localizan. Ademais de constituíren un motor de dinamización cultural coa actividade propia, estes espazos ofértanse en aluguer a empresas, organizacións e colectivos, a prezos asumibles, para facilitar o desenvolvemento das súas actividades, e con carácter gratuíto ás asociacións sen ánimo de lucro. En 2017 esta cesión de uso gratuíto superou o 10 % facilitando o espazo, a dotación técnica e o

118

119


INFORMACIÓN ECONÓMICA

120

121


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

No exercicio de 2017 Afundación continuou traballando no proceso de acadar o equilibrio económico e financeiro que garanta a súa sostibilidade económica.

O resultado negativo do exercicio foi de 6,67 millóns de euros, situándose o seu patrimonio neto en 221 millóns de euros, a 31 de decembro de 2017.

Cadro 1: Balance de situación (miles de euros) 2017

2016

Activo non corrente

151.624

156.520

Inmobilizado intanxible

468

479

8.680

8.680

113.952

120.633

783

589

27.622

26.022

119

116

76.150

77.369

Usuarios e outros debedores da actividade propia

269

52

Debedores comerciais e outras contas a cobrar

992

965

Investimentos en entidades do grupo e asociados a curto prazo

430

-

71.665

75.822

31

61

2.762

468

227.774

233.888

2017

2016

220.991

227.666

133

133

227.532

233.731

-6.674

-6.199

Pasivo non corrente

228

222

Débedas a longo prazo

228

222

6.555

6.000

77

135

1.203

973

-

421

774

925

3.527

3.041

974

505

227.774

233.888

ACTIVO

Bens de patrimonio histórico Inmobilizado material Investimentos inmobiliarios Investimentos en entidades do grupo e asociados a longo prazo Investimentos financeiros a longo prazo

Activo corrente

Investimentos financeiros a curto prazo Periodificacións a curto prazo Efectivo e outros activos líquidos equivalentes

Total activo PATRIMONIO NETO E PASIVO Patrimonio neto Dotación fundacional Reservas e outros Resultado

Pasivo corrente Provisións a curto prazo Débedas a curto prazo Débedas con entidades do grupo e asociadas a curto prazo Beneficiarios-acredores Acredores comerciais e outras contas a pagar Periodificacións a curto prazo

Total patrimonio neto e pasivo

123


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

O resultado de explotación foi un 7 % mellor que no exercicio anterior consolidando, así, o reaxuste tras a fusión por absorción da Fundación Novacaixagalicia que se levou a cabo no ano 2016.

to da redución do resultado financeiro derivado do escenario actual de tipos de xuro na zona euro. A mellora na eficiencia dos programas e a busca de novos modelos de xestión permitiron realizar máis actividade e levar a cabo investimentos e melloras necesarias para preservar o importante patrimonio do que Afundación é propietaria.

A devandita mellora do resultado de explotación permitiu amortecer o efec-

No que se refire á liquidación orzamentaria do exercicio, o excedente negativo final foi un 19 % inferior ao orzado. Superáronse os obxectivos orzamentarios en ingresos de explotación (+16 %)

e obtivéronse mellores resultados financeiros que os previstos (+79 %), derivado do fortalecemento das actividades e dos gastos de xestión do patrimonio de Afundación.

Cadro 2: Conta de resultados (miles de euros) CONTA DE RESULTADOS

2017

2016

Ingresos da actividade propia

12.110

11.548

1.598

1.453

Axudas monetarias e outros

-467

-474

Aprovisionamentos

-424

-381

Ingresos de explotación

955

877

Subvencións oficiais á explotación

Gastos de persoal

-8.661

-8.632

Outros gastos da actividade

-8.579

Amortización do inmobilizado

Vendas e outros ingresos ordinarios da actividade mercantil

Outros ingresos da actividade

Exceso de provisións Deterioración e resultado por enaxenacións do inmobilizado Outros resultados

Resultado de explotación Ingresos financeiros Gastos financeiros

Resultado financeiro Resultado do exercicio

124

Cadro 3. Liquidación orzamentaria 2017 (en miles de euros) Real 2017

Pto. 2017

Dif.

15.585

13.407

2.178

2.306

2.205

101

Prestacións de servizos e outros

1.598

956

642

-7.742

Achegas privadas e patrocinios e convenios de colaboración

5.080

5.020

60

-5.912

-6.235

Rendas patrimoniais

907

806

101

379

94

Outros ingresos de xestión

5.693

4.420

1.273

53

35

Gastos de explotación

-24.067

-22.691

-1.376

467

380

Aprovisionamentos e outros gastos de explotación

-9.494

-8.215

-1.279

-8.483

-9.079

Gastos de persoal e outros

-8.661

-8.567

-94

1.846

2.936

Dotacións para amortizacións e deterioracións

-5.912

-5.909

-3

-38

-55

-8.482

-9.284

802

1.808 -6.674

2.880 -6.199

1.808

1.008

800

-6.674

-8.276

1.602

Excedente da actividade Resultados financeiros positivos

Excedente negativo do exercicio

125


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

En 2017, Afundación empregou recursos nas súas actividades por importe de 24,62 millóns de euros, dos cales o 90 %

se destinaron a actividades fundacionais. O reparto por áreas de actuación principais foi o que se recolle no gráfico 1.

Gráfico 1: Distribución por áreas de actuación principais (en %)

3% 17 %

38 %

42 %

Educación e xeración do coñecemento Envellecemento activo Cultura Outras actividades fundacionais

126


menú navegable

EDUCACIÓN | COÑECEMENTO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS

Sementamos futuro para unha sociedade máis informada, crítica e solidaria SOMOS A OBRA SOCIAL GALEGA, SOMOS A OBRA SOCIAL DE ABANCA

Textos e imaxes, edición, deseño, produción e coordinación: Afundación Depósito legal: C 1270-2018 © Afundación, 2018


afundacion.org

Memoria 2017: Unha fundación para a innovación  

Informe en detalle de toda a actividade realizada en 2017 por Afundación, en cada unha das súas áreas: educación superior e coñecemento, env...

Memoria 2017: Unha fundación para a innovación  

Informe en detalle de toda a actividade realizada en 2017 por Afundación, en cada unha das súas áreas: educación superior e coñecemento, env...

Advertisement