Século 21_curso 2014-15

Page 1

Índice

2015 SÉCULO 21 EDITORIAL Director: Benito Oubiña

Maquetación:

Letras Galegas

Vida e Obra do galardonado

en 2015 coas Letras Galegas

José Carlos Blanco páxina

30

Portada: Daniel Vigo

Xosé F. Filgueira Valverde OUTROS ARTIGOS Editorial.......................................2 A biblioteca do IES cría leóns......4 Actividades da biblioteca............8 FCT no extranxeiro....................12 Xosé Ánxel Alban González.......18 A Cinsenta.................................20 Cómic Dixital.............................22 Historia dos videoxogos............24

O graffiti na cidade do Lérez......26 Xosé F. Filgueira Valverde..........30 Saídas formativas e culturais.....34 Actividades do IES Montecelo...36 Proxecto Voz Natura..................42 A Diabetes.................................48 Proxectos Integrados.................52 Con P de Pasatempos................56

Colaboracións: Carlos Álvarez Mauricio Benítez José Carlos Blanco Lucía Camiña Roi Conles Francisco J. Franco Javier Freire Cristian Martínez Jennifer Tourón Daniel Vigo Rubén Vila


Editorial Aparecerá pola esquina

E

stá pálido e ten olleiras. Non durmiu en toda a noite. Pensa “é lóxico”. Cando baixe será peor. É o momento máis desagradable, cando pulse o timbre. Mira o reloxo dúas ou tres veces, por fin adiántao vinte minutos. Sabe que é un engano, pero adiántao. Aparecerá polo fondo, dobrando a esquina. Son fragmentos dun conto que Carlos Casares incluíu no libro Vento Ferido, publicado en 1967. A historia que se narra no mesmo é outra, pero as sensacións foron as que tiveron moitas persoas deste país,

2

nos últimos anos, antes e despois dunha entrevista na procura de emprego. Non se trata de autoenganarse adiantando brotes verdes, nin coas grandes cifras macroeconómicas dos gurús que manexan os mercados, pero si, de que como nesta vida todo é cíclico, a fin da crise tamén aparecerá un día pola esquina, polo que aproveitemos este tempo que nos tocou vivir para mellorar a formación. Porque a recuperación do pobo galego non pasa por traballar máis horas, ou facer as cousas máis baratas, senón polo que sempre nos caracterizou, innovar e saber facer as cousas mellor cos demais. E para

que isto sexa posible, lembrar que o éxito da formación é responsabilidade de toda a Comunidade Educativa. Desexo, que os contidos deste número da revista Século 21, que lembran parte do acaecido no presente curso escolar no IES Montecelo, sexan de agrado compartido. Juan Miguel Carballa González Director do IES Montecelo

P.D. Neste curso xubiláronse dúas compañeiras deste centro (Carme e Puri), ás que lles desexo gocen deste novo estado co merecemento que lles corresponde. A comezos do que vén haberá máis xubilacións. Pero esa será outra historia... 3


A biblioteca do IES cría leóns Entrevista maior lector da biblioteca

H

oxe, como ven sendo habitual durante todos os recreos, temos na nosa biblioteca a Martiño Montero Blanco, alumno do 1º curso do CM de Impresión, inmerso na lectura dun dos seus inseparables libros. Bos días e perdoa a interrupción, podes dicirnos que libro estás a ler neste intre? Hijos de la ira de Dámaso Alonso. Polo que levamos observado es un gran lector, mesmo poderiamos dicir que un devorador de libros, é así? Si, é certo. Adoito ler, polo menos, un ou dous libros por semana. Como e cando comezou a túa afección pola lectura? Dende ben cativo. Con 4 ou 5 anos ollaba os xornais a diario e os meus pais sempre

4

me fomentaron o interese pola lectura, proporcionándome libros e levándome a case todas as feiras de libros que se celebran na nosa comunidade autónoma. A partir de que idade empezaches a ler con asiduidade? Coido que a partir dos 6 anos. De feito aos 7 anos recibín o meu primeiro premio como maior lector e usuario da biblioteca do Colexio As Mercedes de Ourense, onde cursaba os meus estudos de ensinanza primaria. Que xénero literario che gusta máis? As miñas favoritas son as obras de carácter existencialista e filosóficas, aínda que leo tamén bastante ensaio e poesía. E, cal ou cales son o teu autor ou autora favoritos?

Milan Kundera, Albert Camus, Emil Cioran, Honoré de Balzac, Henry Miller, Nietzsche, Michel Houellebecq, Irwin Allen Ginsberg, Hermann Hesse ou Amélie Nothomb, entre moitos outros. Es usuario habitual ou socio dalgunha biblioteca pública? Si, da Biblioteca Pública Municipal de Vigo, coñecida como Biblioteca Central, a pesares de que os seus fondos bibliográficos son bastante pobres. Pero si acostumo a frecuentar a Libraría-cafetaría “Mishima”, na rúa Zaragoza de Vigo, que dispón de fondos bastante axeitados. Vimos observando que acostumas a ler os teus propios libros, coñeces a oferta literaria da biblioteca do noso instituto? Se é así, que opinión che merece? Si. Considéroa escuálida e insuficiente, pese a posuír obras valiosas e albergar literatos de renome como Goethe, Jerome D. Salinger, Vladimir Nabokov ou Jack Kerouac. Animo á administración a investir en espazos culturais, pois só deste xeito se lle pode dar esperanza a unha xeración desarraigada e carente de obxectivos e un empuxe intelectual a este país, centrado no fútbol e desprovisto de figuras ilustradas. Procuraches algunha obra que fora do teu interese e da que non dispoñamos na nosa biblioteca? Si. Penso que deberían poder convivir neste mirífico espazo tanto literatura xuvenil, intranscendente e de mero entretemento, con obras de ensaio e poesía. Sorprendeume

As persoas que len viven menos...

Menos enganadas Menos reprimidas menos inseguras bastante non atopar nada de Stéphane Mallarmé ou Charles Baudelaire, por exemplo. A pesares de que a biblioteca do centro conta con fichas para que calquera membro da comunidade educativa poida propoñer melloras na mesma; de cara á renovación de fondos bibliográficos, podes indicarnos autores e obras que che pareza interesante poder dispor deles? Por suposto. Neste preciso instante venme á cabeza: La hierba roja, de Boris Vian; Trópico de Capricornio, de Henry Miller; Estupor y temblores, de A. Nothomb ou Un hombre que duerme, de Georges Perec. 5


AVISO A LECTURA PREXUDICA SERIAMENTE Á IGNORANCIA

E con respecto ás instalacións, que opinas da nosa biblioteca? Que melloras proporías? Creo que resulta sumamente cómoda, acolledora e hospitalaria. Un servidor séntese encantado entre estas catro paredes aínda que sexa durante vinte minutos ao día. Con respecto ás melloras, incidir na renovación e ampliación de fondos bibliográficos. Sabes que dispoñemos de libros electrónicos para préstamo domiciliario, utilizaches 6

algún deles? Gústache ler en soporte dixital? Aborrézoos en profundidade. Síntome un decidido neoludita, inimigo da tecnoloxía “innovadora”, pois coido que acabará por consumirnos. Coñeces o calendario de actividades propostas dende o equipo de biblioteca? Que opinión che merecen? Engadirías algunha nova actividade a esta programación? Si, aínda que vagamente. Polo que vin creo que son cando menos interesantes e alégrame que haxa motivación para realizar este tipo de proxectos. Continuando con esta programación, gústache o cine? Sabes que unha das nosas actividades programadas é a de “Biblioteca de cine”, que consiste na proxección de curtametraxes alusivos a diferentes temáticas e conmemoracións ao remate de cada trimestre, que opinas desta actividade? Encántame o cine, máis non o contemporáneo – coa excepción do galo:

Louis Malle, Jean-Pierre Jeunet... Estou canso de observar como unha produción cinematográfica sintética e artificial, como a estadounidense, expándese de maneira oculta e asimila coa súa linguaxe extravagante, a súa grotesca música e a vida de “papel-maché” ao resto da civilización. Prodúceme unha profunda desazón. Con respecto á actividade, paréceme certamente unha idea magnífica. Por mor dunha recente circular na que se informa da prohibición de reproducir integramente

VAIA! É COMA UN SMS PERO CON TÓDALAS LETRAS, COMO SE CHAMA?

calquera proxección, aínda con fins didácticos, ao considerar que se violan os dereitos da SGAE, vémonos na obriga de suprimir esta actividade. Paréceche unha prohibición acertada? Nin moito menos, resulta unha ignominia. Xa para rematar, gustaríache engadir algo máis? É unha magoa que o Goberno español continúe investindo máis en Defensa que en Cultura. “Abride escolas e pecharedes cárceres”, dicía Concepción Arenal.

LIBRO, RAPAZ, LIBRO

De calquera xeito, agardo que vaia aumentando progresivamente o número de lectores no noso país e poidamos fixar as nosas pretensións tomando como referente o territorio galo. Pois moitas grazas pola túa atención e parabéns por ese magnífico hábito lector adquirido que te levou a acadar o recoñecemento ao “maior lector da nosa biblioteca”. Desexámosche que sigas gozando coa lectura e que continuemos véndote sempre cun libro nas túas mans. 7


Actividades da biblioteca Breve resumo de toda a programación

C

omo cada ano, a biblioteca do IES Montecelo desenvolveu unha serie de actividades co obxectivo de convertela nun lugar non só para o estudo senón un lugar no que os nosos alumnos poideran aprender algo máis que non está nos deseños curriculares dos distintos ciclos formativos. Velaquí vai o resumo anual das nosas actividades:

2. “Día das Bibliotecas escolares”: - Montaxe na biblioteca do armario matemático. - Concursos: . Descifrando obras literarias (a partir dunha cifra dada, adiviñar o título dunha obra literaria. Toda a semana). As gañadoras foron: Vanesa Gómez Couso de

1º de Farmacia e Mª Luisa Rey Dios de 2º de Farmacia.

4. “Biblioteca de cine”:

- Resolvendo sudokus (competición con fases clasificatorias e final. Toda a semana). Resultou gañadora Isabel Costal Porral de 1º de Farmacia

Celebrouse ao remate do primeiro trimestre coa proxección de tres curtametraxes, en clave de humor, relacionadas coas Matemáticas (“Pipas”, “Estatísticas”, “Amor e estatística” e “O exame de Mr. Bean”). Foi dirixido ao alumnado da FP Básica.

-Deseña figuras xeométricas. Coa colaboración dos departamentos de Matemáticas e Artes Gráficas, construíronse figuras xeométricas elixíndose unha pirámide cuadrangular para utilizar como cucurucho de castañas o dia do magosto. Foron impresas co logotipo do IES e a lenda “Magosto IES Montecelo”.

3. “Libro: O Outono das mulleres”: Libro homenaxe a todas as mulleres vítimas de violencia de xénero durante o pasado ano 2014. En cada folla vai reflectida a lembranza a cada unha das vítimas. O poema “No te rindas”, de Mario Benedetti, vai acompañando cos seus versos todas as páxinas do exemplar.

5. “Día da paz”: Exposición de frases a prol da paz, pronunciadas por literatos ou persoeiros relevantes. “Ponlle verbas á paz”: Cartel rodeado de pombas brancas, con mensaxes a prol da paz, para que calquera membro da comunidade educativa plasmase nel o seu sinónimo ou concepto de paz. Mesa-coloquio sobre “A liberdade de expresión, ten límites?” aberta a todos os membros da comunidade educativa que o desexaran.

1. Elaboración de material: - Informativo e de recollida de propostas de mellora. Dípticos co máis salientable da programación anual da biblioteca. - Recollida de propostas de mellora 8

9


Dueñas . Resultou gañadora do concurso Marián Sanjorge Romero de 1º de Farmacia)

8. “Letras Galegas” Exposición marcapáxinas commemorativos, amosando a biografía e obra do homenaxeado, Don Xosé Filgueira Valverde Conferencia: “Filgueira Valverde e o Museo de Pontevedra”, a cargo da conservadora do Museo Provincial, dona Ángeles Tilve Jar.

9. “Libro branco do IES montecelo”. 6. “San Valentin”: “Poñendo verbas aos teus sentimentos”. elaboráronse tarxetas con frases ou poemas de amor, que calquera membro da comunidade ducativa podía elixir xunto c@ destinatari@ e o equipo da biblioteca facíallo chegar. “Que alguén llo diga por ti”.- Propoñemos citas de amor de famosos literatos para que as poidas usar co teu/túa namorad@

7. “Día do libro”. O mellor agasallo un libro: Banco de libros e reparto de bolsas e plantas conmemorativas con citas literarias. Elección “Libro do ano”: Sendo elixido por maioría a obra “La templanza” de María 10

Continuamos enchendo de contido o “Libro branco do IES”.


FCT no extranxeiro Prácticas dos alumnos no estranxeiro Experiencia en Porto e Inglaterra

C

on frecuencia pódese escoitar da boca de diferentes profesionais xa consagrados nas súas ponencias a importancia de abandonar a zona de confort de cara a converterse non só nun profesional máis completo e preparado, senón nunha persoa cunha visión cultural e, sobre todo, vital máis panorámica. Esta mentalidade foi un dos motivos que levou a tres dos alumnos/as do Ciclo Superior en Produción en Artes Gráficas do IES Montecelo a completar este novo desafío de realizar as prácticas laborais que conforman a parte

12

final da súa formación en países estranxeiros. Mentres que o máis novo dos tres, Jarol Jesús Vásquez (18) apostou pola cidade de Londres en Inglaterra, Dolores Álvarez Tejo (25) e Jorge López Pose (24) decidíronse por Valenxa e Porto no país veciño, Portugal, con estreita relación histórica, cultural e económica con Galicia. De cara a inspirar ao futuro estudantado a conceder unha oportunidade a tal experiencia, decidimos formular unhas preguntas rápidas a Jorge López, natural de Santiago de Compostela, que se encontra actualmente a realizar as prácticas laborais na empresa Multitema, situada en Porto. Ola Jorge, primeiramente queremos comezar sabendo as sensacións que che transmitiu tan-

to a cidade como a empresa na que te encontras agora.

europeos e polo tanto recibe gran variedade de traballos.

Ola! Estou encantado coa cidade, que xa coñecia de maneira superficial por visitas anteriores. O primeiro que notei foi tanto o cambio horario (a hora menos é excelente para gozar máis dos días) e o clima moito máis propenso para coñecer todo o que ofrece a cidade.

Ademais do que se considera puramente traballo, o ambiente da empresa é inmellorable e todos os meus compañeiros e compañeiras foron e están sendo de grande axuda á hora de integrarme tanto na empresa como na propia cidade.

A empresa está situada na periferia da cidade (a media hora en bus aproximadamente do centro) e non podía estar máis contento. Esta empresa é ideal para comprender ben o proceso produtivo dunha empresa gráfica en todas as súas etapas.

Que aconsellarías/desaconsellarías a aquela xente coa idea de realizar as prácticas nun país estranxeiro?

Considéroa unha experiencia moi didáctica xa que se trata dunha empresa grande que traballa para todo Portugal, África e algúns países

Supoño que isto debería ser obvio, pero é importante saber preguntar. A que me refiro con saber preguntar? Pois primeiro a non ter medo a preguntar na propia empresa e asegurarse de estar facendo as cousas de forma correcta; unha cousa é saber o idioma e outra distinta e estar familiarizado coa linguaxe técnica de cada sector nun idioma distinto. Con saber preguntar tamén me refiro a non excederse coas preguntas e tratar de estar receptivo para aprender rápido e non repetir sempre as mesmas cuestións, xa que, na miña opinión (e experiencia) tende a crear dúbidas nesa persoa sobre a nosa competencia. Centrándose xa na cuestión do idioma, a filosofía é similar. Trata sempre de levar as conversas tanto no traballo como fóra a palabras e expresións que teñas a seguridade de seren correctas e trata de improvisar o menos posible xa que acaba resultando mal (no portugués pode salvar a situación, pero pode ser dos únicos para nós). Á hora de aprender o idioma creo que o consello máis importante é que, primeiro penses nas palabras e expresións 13


que máis uses no teu idioma nativo e te asegures de saber dicilas no novo idioma, desta maneira poderás expresarte máis naturalmente e por riba estarás aprendendo palabras novas! En conclusión, digamos que se trata de aplicar a teoría de donde fueres haz lo que vieres, pero dunha maneira máis activa e consciente. Moi ben.Queremos agradecerche o teu tempo por contestar a estas preguntas rápidas. Algo máis que queiras engadir?

compañeiros, un deles, que estaba repetindo o primeiro curso, falounos das prácticas; aínda estábamos en primeiro pero o tema xa nos empezaba a rondar a todos pola cabeza. O compañeiro que estaba repetindo falounos das becas Erasmus e o que elo representaba.

nos informaría sobre todo o relacionado coa FCT. E, ¡por fin!, a finais do primeiro curso se nos fala das prácticas en xeral e dos destinos no estranxeiro; e obviamente, todo o que elo conleva. Os gastos, os desprazamentos, os procesos de selección, solicitudes…

Pois quero animar a todas as persoas que len isto a aproveitar ao máximo este tipo de oportunidades xa que non fan outra cousa que axudarnos a madurar, a aprender a valorar tanto as cousas boas que temos na casa como as que hai fóra esperando a ser descubertas. Unha aperta.

O idioma en sí non foi un impedimento, xa que o galego eó portugués foron un mesmo idioma que acabou evolucionando paralelamente. A xente, en xeral, é moi amable e educada, principalmente porque Madeira vive do turismo.

A

Toda esta aventura de facer a FCT no estranxeiro xurdiu un día no coche, volvendo a casa despois de clase, mentres falaba cos meus 14

Chegado o momento de enfrontarse a organización da viaxe, sentinme un pouco perdida, xa que ao non ter moita información non sabía ben onde buscar, menos mal que sempre hai un profesor disposto a votar unha man e axudar, polo que estou ben agradecida. Unha vez collido o voo, o aloxamento, as maletas feitas… quedaba só o máis importante, o momento de marchar! É un momento no que a emoción de dar un paso máis na vida, rodéate por todos os lados, estaba entusiasmada, con moitísimas gañas de chegar e comezar a coñecer a illa, coñecer a xente e sobre todo o lugar onde ía pasar as seguintes dez semanas. O primeiro impacto en Madeira foi agradable. A xente coa que traballaba, sabendo que estaba de prácticas, tendeume unha man para axudarme en todo canto necesitase.

Experiencia en Madeira

ntes de comezar a falar, preséntome: chámome Silvia, son estudante de hostalería no CIFP Carlos Oroza, e estudei un ciclo superior en Dirección de Cociña, o que me levou a realizar as prácticas de FCT (Formación en Centros de Traballo) nun hotel en Madeira; e o que é máis importante, reafirmarme en que a hostalería, por moi dura que sexa, é a miña vocación.

sobre todo para comezar a miña andaina no mundo da hostalería.

A min encendéuseme a bombilla e decidín informarme sobre o tema. O primeiro que tiña que facer era saber con quén tiña que falar para informarme do tema e solventei a miña dúbida falando coa dirección do centro, o que me responderon que chegado o momento, se

Desde o primeiro momento recibín na miña casa todo o apoio posible para conseguir tal obxectivo, xa que no ámbito persoal encántame coñecer outros métodos de traballo, outras culturas, outros países e outras xentes, polo que Madeira era un bo lugar para iso, e

No momento de traballar baixo moita presión e coa premisa da Estrela Michelin é cando comezan a saír algúns roces, todos provocados pola esixencia de tal galardón. En liñas xerais, os compañeiros de traballo sempre fixeron o posible por axudar, por facer máis doada a estancia e, sobre todo, axudar co idioma, xa que o acento , e ben distinto ao que coñecemos de Portugal. 15


Esta oportunidade, ofreceume a posibilidade de medrar como persoa, de reafirmarme na paixón que sinto pola hostalería, aprendín que a pesares das dificultades que poidas encontrarte no camiño, cun pouco de vontade se superan. Coñecín novos métodos de traballo, novas opinións e formas de ver o mundo. Son moi diferentes os estándares de calidade entre España e Portugal, e poder vivir na miña propia pel esa diferenza é algo que non sempre se ten a oportunidade de comprobar. Creo que todo o mundo debería poder lamente. A xente, en xeral, é moi amable e educada, principalmente porque Madeira vive do turismo. No momento de traballar baixo moita presión e coa premisa da Estrela Michelin é cando comezan a saír algúns roces, todos provocados pola esixencia de tal galardón. En liñas xerais,

solucionan ao momento. No meu caso, por exemplo, tiven problemas co segundo xefe de cociña; el opinaba que por ser muller, española e estando de prácticas non tiña os mesmos “dereitos” que os demais compoñentes da plantilla. Ante este incidente a miña solución foi demostrarlle que se equivocaba cos seus prexuízos hacia min, e que tiña as mesmas oportunidades e dereitos que calquera outro compoñente da plantilla.

os compañeiros de traballo sempre fixeron o posible por axudar, por facer máis doada a estancia e, sobre todo, axudar co idioma, xa que o acento , e ben distinto ao que coñecemos de Portugal. Esta oportunidade, ofreceume a posibilidade de medrar como persoa, de reafirmarme na paixón que sinto pola hostalería, aprendín que a pesares das dificultades que poidas encontrarte no camiño, cun pouco de vontade se superan. Coñecín novos métodos de traballo, novas opinións e formas de ver o mundo. Son moi diferentes os estándares de calidade entre España e Portugal, e poder vivir na miña propia pel esa diferenza é algo que non sempre se ten a oportunidade de comprobar. Creo que todo o mundo debería poder facer unhas prácticas no estranxeiro, xa que ofeito de non ter o amparo dos pais é un beneficio

Para ir terminando, dicir, que desde o meu punto de vista a experiencia valeu a pena vivila xa que, medrei como persoa, abrín portas de cara o meu futuro profesional, quedaron satisfeitos co meu traballo e cando queira, teño a opción de poder volver...

de cara ao futuro. Aínda a día de hoxe sigo mantendo contacto con todas aquelas persoas que coñecín durante esas prácticas, o xefe de alimentos e bebidas dohotel, o xefe de cociña, os compañeiros de traballo. Son persoas que ao traballar con elas axudan a “moldearte” como profesional e moito máis como persoa. Desde o principio todos me acolleron cos brazos abertos e sempre cun sorriso.

Este ano, como tomei a decisión de continuar coa miña formación, volvín a solicitar as prácticas no estranxeiro. Esta vez o destino é Malta, espero repetir a mesma experiencia positiva de Madeira. É por iso que eu sempre animo a todo o mundo a que as solicite e descubra o que é capaz de aportar a outros, e outros a un mesmo.

Pero, tamén teño que recoñecer que non todo é de color de rosa, tamén tiven algún percance… Os primeiros días o descoñecemento da presión que conleva estar alí, o feito de que a hostalería é un mundo moi competitivo, as diferenzas de opinións e crenzas de cada un, as veces xeran polémicas que non sempre se 16

17


Xosé Ánxel Alban González Vocalista da orquestra Miramar

A

ntes de comezar preguntándoche pola túa profesión, queremos coñecerte un pouco como persoa; polo tanto, comezarei por preguntarche: De onde es?

Son dun lugar moi bonito e tranquilo, pertencente á provincia de Pontevedra, que se chama Fornelos de Montes. Estás solteiro, casado, amigado...? Pois verás, agora mesmo teño parella. Que estudos tes? 18

sempre tratando de que ese cambio sexa para mellorar no meu traballo, así é que a orquestra na que estou actualmente non é a primeira na que traballei, xa que comecei a miña andaina como vocalista na Orquestra Chicago, pasando logo pola Orquestra Triunfo e na actualidade estou traballando na ORQUESTRA MIRAMAR. A orquestra na que traballas actualmente só se move polo contorno de Galicia ou tendes actuacións fóra?

Pois non che son mal estudante, rematei a ESO, e agora mesmo trato de combinar o meu traballo cos estudos de bacharelato que estou a piques de rematar.

Como e cando comezaches a cantar? Pois xa dende moi pequeno cantaba, pero como profesión levo facendo isto dende fai algo máis de 4 anos, cando con 20 anos me presentei a unha proba que facían para escoller vocalista para unha orquestra, e saín elexido. Onde traballas agora? E a túa primeira orquestra? Non, loxicamente a vida vai dando voltas, as cousas cambian, e eu tamén vou cambiando sempre que xurda unha nova oportunidade, e

Verás; por sorte, temos percorrido unha chea de lugares dentro e fóra de Galicia, xa que esta orquestra ten un “caché” bastante alto e está bastante ben considerada dentro e fóra da comunidade autónoma, polo tanto tamén temos actuacións fóra da nosa comunidade autónoma, e memo temos actuado no estranxeiro, en concreto no veciño país de Portugal. Que significado ten a música para ti? Para min a música é como esa tatuaxe invisible coa que te sintes identificado, e que vai contigo a todos os recunchos. Como te amañas para cantar tantos días seguidos na tempada de verán? Procuro durmir como mínimo 6 horas seguidas, e coidarme do frío, tamén axuda a prepa-

ración técnica vocal á que me someto. É duro o teu traballo? Pois eu é que non o vexo como un esfozo, porque me gusta. Mais que un traballo, para min é unha paixón, unha forma de vida. Si é certo que ás veces botas de menos ter algo máis de tempo libre para compartir cos teus. Só te dedicas á música? De momento si, pero procuro seguir estudando, para nun futuro estar preparado para o que poida pasar. Cales son os teus obxectivos nas orquestras? O meu obxectivo é poder seguir facendo o que me gusta durante moito tempo, e como non, poder chegar a unha orquestra das grandes. Cal ou cales son os teus cantantes referentes? Hai varios, pero os que máis me gustan son: Luis Miguel, Vicente Fernández, Bisbal, Fredy Mercury, entre outros. Moitas grazas por concederme esta entrevista, cando son consciente de que tes moi pouco tempo para atender incluso a túa irmá, xa que entre actuacións e ensaios, sei que pouco tempo libre che queda, desexarte ademais que se cumpran os teus obxectivos, e recibe un forte bico da túa irmá. 19


A Cinsenta A súa continuación...

E

así foron felices e comeron perdices... ou iso crían.

Casaron e ao pouco tempo ela quedou embarazada de dúas preciosas nenas louras de ollos azuis. Vivían no precioso castelo do príncipe co pai del. Para peor desgracia a deles, o pai do príncipe caeu enfermo e pouco tempo despois morreu. O príncipe que non quixo admitir a morte do seu querido pai, meteuse no xogo e na bebida, perdeu o control e perdeu case todo o diñeiro que tiñan.

Tras un ano de pasalo moi mal, o precioso castelo que herdou do seu pai fóilles embargado. Cinsenta ao ver que quedaban na rúa pediulle acubillo á súa malvada madrasta pero ela negouse a compartir o teito que por lei lle pertence a Cinsenta xa que era do seu defunto pai; pero non podía facer nada porque sen testamento non podía demostrar que o castelo lle pertencía… E así pasou, o que pensaron que ía ser un precioso e duradeiro conto de fadas cambiou.

Cinsenta rapidamente púxose a buscar un traballo pero coa crise que había non encontrou nada.

O príncipe borracho e tolo tras a perda do seu pai e a Cinsenta con dúas nenas de curta idade sen un teito onde protexelas.

Desesperados por non ter nada de diñeiro tiveron que hipotecar o castelo para polo menos ter algo para darlle de comer ás súas fillas.

Desesperada sen poder máis... agarrou o pouco que lle quedaba e ás dúas nenas, deixando o príncipe por borracho. Púxose a pedir nunha

20

rúa do pobo coa boa sorte de que unha boa señora, que non era nin pobre nin rica, as acolleu na súa humilde casa. (Hai que admitir que persoas así hai poucas). Pouco despois a Cinsenta encontrou un traballo onde a contrataron fixa. Puido reunir diñeiro e buscarse a súa propia casa e tamén pouco a pouco puido devolverlle o favor á agradable e xenerosa señora por acollelas cando non tiñan nin onde caer mortas. A día de hoxe a Cinsenta ten a súa casa pagada, o seu traballo estable e as súas dúas fillas preciosas. Aprendeu que hoxe en día, o que algo quere algo lle custa e que ela tivo que renunciar ao amor da súa vida e enfrontarse á dura vida ela soa coas súas dúas fillas.

Alexandra Sobral González Sentenza: Con este conto quero dar a entender que a vida pode chegar a ser moi dura pero que se ti queres, podes conseguir o que te propoñas. Que onde menos cho esperes hai unha boa persoa esperando para axudarche.

Ilustracion: Mila Alonso 21


Cómic Dixital

E

unha mostra diso son tamén, os cómics. Os nosos hábitos, a nosa forma de ver o mundo, cambiaron dunha forma absoluta dende que levamos unhas magníficas (e cada vez máis grandes) pantallas sempre connosco. Entre outras moitas cousas, cambiou a nosa forma de ler e de relacionarnos coas nosas lecturas. Hai uns anos xurdía o e-comic e web cómic,

Os tempos avanzan que é unha barbaridade...

agora hai multitude de apps que dán un paso máis alá. Non só preséntannos historias nas que non soamente somos un mero espectador, se non que apostan por todos os formatos e soportes: Presentando as súas creacións nunha ampla variedade de dispositivos: Dende navegadores web, ata smarts tv (aproveitando todas as características destas) pasando pola maioría de lectores de libros electrónicos, Windows 8, etc. Esta concepción de historieta interactiva supón unha nova era na forma de contar historias. Unha revolución na forma na que as historias 22

son contadas, lidas e compartidas. Pois o que unha vez foi algo estático convértese agora, grazas ás apps como Narr8 e Madefire, entre outras, nunha experiencia interactiva e dinámica, que evoluciona con cada episodio. Dende aplicación deste tipo ofrécensenos contidos orixinais desenvolvidos especificamente para o consumo dixital. Cómics que aproveitan todas as posibilidades que ofrecen os novos dispositivos: Personaxes que cambian de posición ao mover a pantalla e sons en momentos concretos ou bocadillos interactivos, entre outras.

Ata agora, ler un cómic nun dispositivo dixital era moi parecido a facelo en papel. Con apps así, as sensacións cambian por completo, porque utilizan o espazo, o tempo, o son e o movemento para crear algo novo, diferente á lectura tradicional pero distinto tamén a sentarse a ver unha película, pois non se trata de cómics animados. Os tempos cambian e nós debemos facelo con eles adaptando as nosas capacidades para ir avanzando ao unísono. 23


Historia dos O futuro dos videoxogos consideramos videoxogo, PoderÍamos situar o inicio das consolas e videoxogos a principios da década dos 70. Nos últimos 20 anos as consolas e os videoxogos foron cambiando moito, así como a súa importancia no contexto da sociedade. Hai 20 anos os videoxogos eran moi lineais e requirían de poucos botóns. Hoxe en día os mandos teñen moitos máis botóns e as accións son moito máis variadas e complexas. Os anos pasaron, e chegaron varios elementos que cambiarían para sempre o concepto de consolas e videoxogos: - O paso do 2D ao 3D. - Cambios de formato (cartuchos a CD’s, CD’s a DVD’s...).

24

- Sagas míticas... (Mario, Sonic, Final Fantasy, Street Figther) - E por último o xogo online! O xogo online foi a revolución desta década, coa expansión definitiva de Internet. De feito, cada vez encontramos máis orientados os videoxogos hacía o xogo online, sendo xa algúns Online. E esa é para min a clave da situación actual, o videoxogo multixogador online. Os videoxogos traen singles player xeralmente bastante curtos, onde nalgúns casos para alongar a vida do xogo se inclúen logros, pero para que o xogo te dure máis de 1-2 semanas teste que meter ao online, que é onde o videoxogo pode durar tanto como

videoxogos pode matar o que agora e perdan a súa esencia. a comunidade deste queira. Os videoxogos socializado se, con grandes vantaxes e algúns inconvenientes. Tamén encontramos videoxogos moito máis orientados a realidade. Antes, o videoxogos rebordaban imaxinación e cousas sen sentido por todos lados, mentres que agora se valora moito que un videoxogo sexa moi real ou non. Por último os videoxogos teñen por diante moito camiño e percorrido , e estou seguro que nos quedan por ver tantas cousas, que algún día veremos os videoxogos actuais como algo primitivo e simple, aínda que non sei se máis ou menos divertido que agora. Eu creo que o futuro dos videoxogos pode andar por varios camiños:

- Videoxogos máis socializados. - Videoxogos onde nós tamén somos parte do xogo. - Realidade virtual. Os videoxogos nos situaran nunha realidade paralela. - Videoxogos nos que percibamos sensacións. - Consolas máis pequenas e portátiles. - Videoxogos que non se cingan a unha historia, senón que poidan tomar diferentes camiños elixidos por nós. - Conexión con outros elementos da sociedade. -Aplicación dos videoxogos noutras áreas (Educación, saúde, traballo, autoescolas...). E todos estes posibles camiños - e outros moitos que non se me terán ocorrido- irán en relación cos avances de outros campos.

25


O graffiti na cidade do Lérez Non é vandalismo e arte que embelece a cidade

H

ip Hop é un movemento artístico composto por un amplo conglomerado de formas artísticas, orixinadas dentro dunha subcultura marxinal no Sur do Bronx e Harlem, na cidade de Nova York, entre mozos latinos e afroamericanos durante a década de 1970. Caracterízase por catro elementos, os cales representan as diferentes manifestacións da cultura: Breaking (físico: baile) - Turntablism ou “DJing“ (auditiva ou musical) - Rap (oral: recitar ou cantar) - Graffiti (visual: pintura) A pesar dos seus variados e contrastados métodos de execución, asócianse doadamente coa pobreza e a violencia

26

que subxace ao contexto histórico que deu nacemento á sub-cultura. Para este grupo de mozos, ofrece unha saída, unha forma de reaccionar ás desigualdades e penurias que se vivían nas áreas urbanas

de escasos recursos de Nova York, así que o “Hip Hop” funcionou como alicerce inicial de diversos estilos e nexo dos catro elementos bla bla bla... Falemos de graffiti dentro do marco que máis preto nos toca, como evolucionou en Galicia e máis en concreto na cidade de Pontevedra. Cabe destacar a Crawler, por ser un dos máis veteranos e que ademais aínda segue dando guerra. Tamén temos actualmente ao Coruñés O’ Ras, afincado en Pontevedra, con máis de 15 anos pintando e gañándose o pan con isto día a día. O meu interese polo graffiti empezou a idade temperá, moito grazas á influencia do meu irmán, que estaba como tolo co rap, con 15 anos tiven o meu primeiro contacto, pero foi 8 anos mais tarde cando empecei a conseguir botes e a pintar como Zake. Sempre estiven ligado a esta cultura e debuxar foi a miña paixón dende rapaz. Saído do mundo da animación e da ilustración, decidín experimentar coa cor e o debuxo de gran formato e sigo pintando por

27


que o graffiti, cando te atrapa, é para sempre, será o gas do spray..., quén sabe. Pola cidade pasaron múltiples artistas do graffiti que actualmente están moi ben considerados, é o caso de Brake, Doc Toy, Deru, Sax, Nano, Nómade, Pow, Frecha... en fin, moitos. Pero como unha imaxe vale máis que mil palabras, a continuación vos presento os sitios clave en Pontevedra onde se poden encontrar as obras destes artistas e as de moitos máis. Espero que valese para incentivar a vosa curiosidade e vos animedes a dar un paseo por estes lares en continuo cambio e evolución, pero non o dubidedes, en calquera sitio da rúa no que vos encontredes, haberá un graffiti, por pequeno que sexa, é algo innato no ser humano; xa o facían os cavernícolas nas covas e os románticos tallando os nomes das súas namoradas nas árbores.

28

29


Xosé F. Filgueira Valverde

referencia á capital galega, ou o volume de prosas literarias Quintana viva (1971).

Filgueira Valverde iniciou o seu amplo labor docente en 1927 no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra. En 1935 gañou unha cátedra no Instituto Balmes de Barcelona e posteriormente exerceu en Lugo e na cidade do Lérez, da que foi alcalde. Pola súa dedicación ao ensino recibiría o alcume de “vello profesor”.

Porén, a maior aportación de Filgueira Valverde constitúena os seus traballos no campo da investigación. Moitas destas prosas, espalladas pola prensa diaria, foron recollidas polo autor nos nove volumes editados baixo o título xenérico de Adral entre os anos 1979 e 1996. As súas aportacións ao coñecemento da lírica medieval verían a luz en 1992 no libro Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1927-1987).

X

Membro numerario da Real Academia Galega desde 1942 e correspondente das Reais Academias de Historia, de Lingua e de Belas Artes de San Fernando, en 1972 foi nomeado vocal do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Dirixiu, ademais, o Museo Rosalía de Castro, o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e o Museo de Pontevedra. No bienio 1982-83 exerceu o cargo de Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia.

A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2015 polo seu traballo divulgativo a favor da lingua e da cultura galega. Trátase dunha figura que suscita controversia, e ao mesmo tempo é unha personaxe fundamental

Na década dos anos trinta do século XX foi colaborador habitual de El Pueblo Gallego e Logos, publicación esta última na que mantería unha sección de comentarios bibliográficos asinados co pseudónimo J. Acuña. Para alén destes artigos, a súa obra literaria atinxe a narrativa, a poesía, o ensaio e o teatro. Así, na súa produción figuran o libro de relatos Os nenos (1925) e a semblanza O vigairo (1927); o texto teatral Agromar. Farsa pra rapaces (1936) estreado en 1932, de novo asinada por J. Acuña; as antoloxías Cancioneiriño de Compostela (1932) e Cancioneiriño novo de Compostela (1969), en que recolle composicións do medioevo e etapas posteriores que fan

Autor homenaxeado no día das Letras Galegas 2015 osé Fernando Filgueira Valverde naceu en Pontevedra en 1906. Realizou estudos de Dereito, Filosofía e Letras (alcanzando o título de doutor) e Psicoloxía nas Universidades de Santiago de Compostela e Zaragoza. En 1923 formou parte do grupo de fundadores do Seminario de Estudos Galegos, onde dirixiu a sección de Historia da Literatura. Desde ese momento e até a súa morte, acontecida en Pontevedra en 1996, o erudito pontevedrés mantería unha grande actividade na promoción de iniciativas culturais.

30

no transcorrer da cultura e literatura galegas ao longo do século XX.

Participou do galleguismo, sendo membro desde os comezos do Partido Galeguista. Non obstante, en maio de 1935 encabeza un grupo de militantes do Partido Galeguista de Pontevedra que abandonan o partido como protesta pola política de pactos coa esquerda e organizaron a Dereita Galeguista. Tras a Guerra Civil, colaborou co réxime franquista, chegando a ser alcalde de Pontevedra. Tras as primeiras eleccións ao Parlamento Galego (1981) foi designado Conselleiro de Cultura (1982-1983) da Xunta de Galicia, cargo desde o que defendeu nas Cortes españolas o bilingüismo no ensino. Xenreira Entre o pazo de Briáns e o de Brandobre, os Temes e os Mariños ergueran una fonte, no adral da eirexa. Aquela fonte gurgullaba sempre, como a xenreira que se tiñan os Mariños e os Temes. As augas de Briáns non podían vir polos eidos de Brandobre, os bois 31


de Brandobre non pasaban polas agras de Briáns. Os de Briáns e os de Brandobre xamais terían amistade. Eu xogaha, senlleiro, no pazo de Brandobre: outro neno xogaba, senlleiro, no pazo de Briáns. Moitas vegadas, deitada a testa no peitoril das fronteiras solainas, fitámonos, longamente, desgoirando axuntar os nosos xogos, como se mesturaban, saídas dos tornos, as augas cantareiras que, diante nós brincaban. Mais... a fonte estaba alí, e un Temes non xogaría cun Mariño sen aminguar as loitas da súa alcuña. Tanto foi o anceio que tivemos, de nenos, por arreluármonos que, chegados a idade, queimamos, no mesmo intre os pergameos apodrecidos das vellas contendas e xogamos xuntos. Perdín eu. Dende entón, a auga de Briáns buliu nos agros de Brandobre, e os bois de Brandobre pousaron no seu andar nos veiros de Briáns, cun xeito de paz, solenne e alteiroso.

Nosa Señora da Barca Nosa Señora da Barca eu ben a vin no sol posto; ten unha rosa na man, outra na mazán do rostro. Nosa Señora da Barca eu ben a vin no sol novo; ten unha estrela no mar, outra dormida no colo. Ten unha rosa na man, outra na mazán do rostro. Nosa Señora da Barca, vinde vela no sol posto! Ten unha estrela no mar outra dormida no colo, Nosa Señora da Barca, vinde vela no sol novo! San Cremenço do mar Porque non seca a morte a fonte das cantigas eu vos chamo, segreles, que veñades cantar onde os verdes loureiros gardan vellas ermidas, cabo das sabias ondas sulcadas do luar, das insuas da ribeira nun antigo lugar, ¡San Cremenço do mar! Porque non tolla o frío o albre dos cantares eu vos digo, rapazas, que vaiades bailar onde os gayos loureiros quecen fríos fogares, cabo das tolas ondas, cando o sol vai raiar, das insuas da ribeira no máis ledo lugar, ¡San Cremenço do mar!

32

33


Actividades formativas e culturais do IES

SAÍDA A TOXA O día 6 de maio o departamento de Sanidade e a FP Básica de Peiteado

Saidas a Santa Tegra, A Coruña, Graphispag, A Toxa...

AG a ISP o, H pañ AP arz s R E G e m de A e d A ÍD ó 27 rtant A S 23 po Do áis im am

SAÍDA A CORUÑA Proxecto voz natura, 22 de abril

R TE r I UN nite A A aU D a Í t SA visi , ro b m

ve

SAÍDA A SANTA TEGRA Viaxe polo litoral das Rias Baixas o día 12 de maio. 34

O

6 a2

o eN

d

SAÍDA A COFANO O día 25 de novembro visita a sede de Cofano 35


Actividades do IES Montecelo MAGOSTO Actu

Banco de alimentos

ació

n do

grup

o Ch

oeu

36

Tarxeta tradicio nal: sús Váz quez O livares (2º Pro dución )

Jarol Je

mico:

) tronó o gas rmacia 2º Fa ncurs ( o c o ir o d Barre ador Pazó O gañ a Iris ll e t u de N Tarta

NADAL

otok

Concurso de fotografía do magosto: Lora Crespo Poceiro (1º Produción)

Tarxeta dixital: Alejandro Álvarez Ligero (1º Produción)

37


San Valentín 2015 S

an Valentín Coincidindo co Entroido desenvolvemos as actividades do dia de San Valentín baixo o lema “Concurso de declaracións de amor”. Os participantes tiñan que escribir unha pequena mensaxe de amor no taboleiro do centro. Resultou todo un éxito de participación e as mensaxes gañadoras foron:

Miña opción, esperalo… ese alguén imprevisto, un cómplice con quen os días sexan una aventura continua, que me faga perder a cabeza con plena consciencia, que me importe ata a médula. Ese tipo que me faga sentir segura e insegura, completa, pero con ganas de mais, vulnerable… pero indestrutible. M. MEJUTO (2º FARMACIA) 38

O

venres 13 de febreiro con Alex, Jorge, Esteban e Hugo ao fronte do musicódromo, arrincaba o festival de Entroido de 2015. Nel houbo actividades, desfiles e karaoke. Para rematar houbo unha entrega de premios nas seguintes modalidades:

Sabes o que significa sempre? sempre é un si que non remata nunca. Si os sorrisos, as bágoas, os consellos, os recordos, os abrazos, os problemas, as tristezas, as alegrías… Eu douche o meu si para sempre, a cambio deso non che pido nada. Só que estes comigo. Ese é o trato. ARANTXA CACHEDA (2º PRODUCIÓN)

Disfraces Mellor pirata: Grupo 1º Produción Mellor grupo: Patricia Abilleira (1º Producion) e Cristina Piñeiro (1º Farmacia) Sobremesas: Mellor postre: Flores de carnaval de Mª Mercedes Martínez Sánchez (2º Farmacia) 39


LETRAS GALEGAS

O

15 de maio celebramos os actos do Día das Letras Galegas nos que tivemos baloncesto, carreira a pé e un pequeno concerto co grupo Champurrada ... e ademais organizamos un Photocall no salón de actos a cargo do profesor Valcárcel. Tamén tivemos uns concursos que foron o deseño dunha Galcamiseta e poñer unha frase sobre a lingua que logo conformaría o Photocall Os premiados fueron: Galcamiseta: 1º premio Pablo Suárez Alonso (1º Produción) 2ºpremio José Carlos Blanco (2º Preimpresión Dixital) Frase Photocall Paco Tobío Profesor de Farmacia

40

1º Premio concurso Galcamiseta

Na carreira a pé gañamos todos!

Se cantas en galego, serás o galo de curral

Os campións do baloncesto

Muda de roupa, pero non mudes a lingua galega

Música e arte!

41


Proxecto Voz Natura Proxecto de traballo en grupo

xuvenil, de hábitat urbano, de entre 15 e 25 anos e que estudan neste centro.

Obxectivos: - Recuperar un espazo degradado mediante especies autóctonas aromáticas e medicinais, aplicando as técnicas da agricultura e xardinaría ecolóxica. - Aprender a importancia, uso e obtención dos produtos terapéuticos que ofrecen estas especies vexetais. - Aprender a beneficiar a saúde persoal mediante as técnicas da fitoestética.

DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO 1. Agro-Xardinaría.

FASE DE AGROXARDINERÍA

C

oa XVIII Edición do Programa Voz Natura Curso 2014/2015, o IES Montecelo presenta este proxecto educativo coa filosofía de “Voz Natura” que aposta por promover actividades orientadas á creación mantemento de hortos, co obxectivo de fomentar o coidado e conservación do medio natural, mellorar a calidade de vida e promover hábitos saudables entre os estudantes e as súas familias. O noso centro, implicou a unha parte importante da comunidade educativa, en especial, os departamentos de:

degradadas pola acción do ser humano (recheos e noiros), así como a aplicación de principios de conservación da flora e fauna autóctona e redución, reutilización e reciclaxe de residuos orgánicos.

2. Sanitaria. Neste departamento darase a coñecer a importancia, o uso e a elaboración dos produtos farmacolóxicos e terapéuticos obtidos destas plantas.

3 Imaxe persoal. Aplícanse os produtos obtidos mediante a fitoestética.

1. Agraria.

4. Artes Gráficas.

Aquí obtéñense plantas autóctonas aromáticas e medicinais, que permitan rexenerar zonas

Encargarase de difundir toda esta información e coñecemento, en especial, a unha poboación

42

O alumnado e o profesorado de FP Básica Agro-xardinaría e Composicións Florais, como parte da actividade formativa, realizarán o seguinte: seleccionadas son: Aloe (1), Lavanda, Romeiro (2) e Salvia.

2. Preparación de Substrato. Esta técnica elabórase para poder realizar a sementeira, que consiste en facer unha mestura homoxénea de turba (1/2), humus (1/4), vermiculita (1/8) e arxila (1/8).

3. Sementeira. Unha vez preparado o substrato, faise a enchedura de bandexas con alvéolos, para colocar entre 2 ou 3 sementes/alvéolo, a unha profundidade do tamaño da semente aproximadamente. Logo régase con regadeira sen causar dano, para evitar o desprazamento da semente. Despois de xerminadas, faise un rareo de plantas, deixando só unha delas e cando alcancen un crecemento de 10 a 15 cm de altura débense levar a macetas de 1 litro aproximadamente, para seguir o seu crecemento, ata que estean listas para levar ao aire libre, é dicir, ao campo definitivo. 43


4. Preparación do Terreo.

5. Confección de Terrazas.

Cando as plantas estean listas para plantalas ao aire libre, previamente débese remover o terreo para asegurar unha boa circulación da auga e osíxeno no chan.

Como o lugar definitivo das plantas aromáticas, é un noiro, tívose que confeccionar terrazas, para asegurar un bo desenvolvemento das plantas, así como para favorecer a execución das distintas técnicas de cultivo que se aplican na plantación de cada unha delas e para o seu mantemento.

Cando se estea a labrar a terra tense que ir limpando, é dicir, sacando as sachas (plantas invasoras) para evitar a competencia destas plantas coas nosas aromáticas.

6. Plantación.

8. Mantemento.

Unha vez que as terrazas estean labradas e libres de sachas, empézase a plantar, deixando un distanciamento de 0,60 cm entre elas aproximadamente. Aínda que este distanciamento nalgúns lugares non se cumpriu debido a que nos encontramos con zonas rochosas.

Cada 15 días, é importante dar o mantemento ás plantas (aboamento foliar, sachas...), para asegurar o seu desenvolvemento e supervivencia.

7. Aboamento. No momento de realizar a plantación, agregouse un puño de humus de lombriga a cada planta, para asegurarlle os nutrientes necesarios. 44

45


FASE DE FITOTERAPIA

FASE DE FITOESTÉTICA

01 Complementando a información proporcionada. 02 Investigación dos usos tradicionais destas

05 Extración del aloe vera.

prantas

06 Distintas fases das elaboracións do alcohol de

03 Elaboración dun glosario de termos

romeu e crema de aloe.

fitoterapéuticos e as fichas para cada especie

07 Tratamento de mans con crema de aloe.

seleccionada.

08 Os produtos chegan o taller de estética.

04 Comeza a elaboración dos productos

05

preparandose a partir da pranta que se vai utilizar.

09 Masaxe corporal con alcohol de romeu e leite hidratante de Karité

02

01

03 46

06

04

07

08

09 47


A Diabetes Ter diabetes... non é para tanto! Ou si? Para comezar unhas cifras que nos poden sorprender: • O 15% da poboación española ten diabetes; o que supón que 6´9 millóns son diabéticos. • O 25% -é dicir, 11´5 millóns- síntese discriminado no entorno laboral pola súa enfermidade. • O 46% dos pacientes, segundo unha enquisa de canaldiabetes.com, reemprega as agullas –cunha media de 5´5 veces por agulla- o que compromete a súa eficacia e hixiene. • O 30% non modifica os seus hábitos de vida unha vez confirmado o diagnóstico. • O 41% non conta con plans personalizados para o control da súa doenza e, o máis sorprendente, o 45% non conta cun educador nesta patoloxía. 48

Que se agocha tras estas cifras?. Ao meu entender, un deficiente coñecemento da enfermidade o que repercute nun mal control da mesma. Pero, que é a diabetes? Coñecida como “diabetes mellitus” é unha enfermidade crónica que se desencadea cando as células do páncreas perden a súa capacidade de producir suficiente cantidade dunha hormona chamada insulina ou ben cando o organismo non é capaz de usala correctamente. Como resultado disto, non se absorbe a glicosa axeitadamente, acumulándose no sangue (hiperglicemia) e chegando, co paso do tempo, a danar os tecidos.

Cantos tipos de diabetes hai? A Organización Mundial da Saúde (OMS) recoñece tres tipos de diabetes: • Diabetes mellitus tipo 1 ou diabetes xuvenil. Máis propia de nenos e adultos xoves (por debaixo dos 30 anos) e caracterízase por unha produción insuficiente de insulina. • Diabetes mellitus tipo 2 ou diabetes do adulto. É o tipo máis común de diabetes e soe presentarse en persoas maiores de 40 anos. Estes pacientes poden producir insulina pero, ou ben en cantidade insuficiente ou o organismo non responde aos seus efectos. • Diabetes mellitus xestacional ou diabetes do embarazo (DMX). Aparece en fases avanzadas da xestación e ocorre porque o organismo, durante esta etapa, non pode producir nin utilizar a insulina en cantidades suficientes para as necesidades requiridas. Que signos e síntomas poden facernos sospeitar dunha diabetes? Van variar en función do tipo de diabetes, pero os máis característicos son: ¡... PERO DEBES VIVIR COA DIABETES NON PARA A DIABETES.

AUTO CONT ROL

• Poliuria.- miccións frecuentes e prolongadas (ouriña moito e moitas veces) • Polidipsia.- aumento da sensación de sede (esperta pola noite coa sede) • Polifaxia.- aumento do apetito (ten máis fame do habitual) • Fatiga ou cansanzo. • Perda de peso.- a pesares da polifaxia, xa que a glicosa non pode almacenarse nos tecidos ao non recibir estes o sinal da insulina Como se fai o diagnóstico da diabetes? Determinando os niveis de “glicemia basal”. É dicir, medindo a cantidade de glicosa en sangue venoso e coa persoa en xexuno. Falamos de cifras normais de glicemia, cando as cantidades de glicosa en sangue están por debaixo de 110 mg/dl, e consideramos que existe diabetes mellitus se: - A glicemia en sangue venoso e en xexuno é igual ou maior a 126 mg/dl polo menos en dúas ocasións. - Hai síntomas de diabetes e unha glicemia ao chou en plasma venoso igual ou maior a 200 mg/dl, aínda que non estea en xexuno; non sendo necesaria unha segunda determinación. Quen ten máis risco de padecer diabetes? Recoméndase investigar, para detectar unha posible diabetes, nas seguintes persoas consideradas de risco: • Maiores de 45 anos (cada 3 anos) • A calquera idade e anualmente se: - Se ten antecedentes familiares de diabetes ou antecedentes de diabetes xestacional, 49


intolerancia á glicosa ou glicemia basal alterada - Mulleres con antecedentes de fillos nados con máis de 4´5 kg - Persoas con sobrepeso, con hipertensión arterial ou hipercolesterolemia importantes. Cales son as complicacións máis frecuentes nas persoas diabéticas? As máis importantes son: • Enfermidade renal ou nefropatía • Enfermidade ocular ou retinopatía, polo que se precisan revisións oftalmolóxicas periódicas • O pe diabético.- afectado por unha redución do fluxo sanguíneo e unha diminución da sensibilidade nerviosa é máis propenso a sufrir infeccións, polo que require uso de calzado cómodo e un bo aseo e hidratación diarios xunto co coidado semanal das unllas. Unha dieta saudable e a práctica de exercicio físico -durante 30 minutos ao día sería suficiente- poden previr ou axudar a retrasar as complicacións. Que problemas entraña a escolarización do neno/a diabético? O que nun principio debería ser unha escolarización normal, na actualidade está a representar un grave problema que está incluso a ser denunciado polas ANPAS e Asociacións de familiares de diabéticos. O feito de que nas primeiras etapas educativas -por mor da escasa idade dos rapaces- non se dispoña nos colexios de persoal formado para atender calquera continxencia nestes cativos, está a obrigar a moitos pais ou nais a permanecer nos colexios -sobre todo, 50

escolas infantís- durante toda a xornada escolar para atender aos seus fillos/as cando sexa necesario –determinarlle o nivel de glicemia, inxectarlle insulina…-, debendo renunciar ao seu posto de traballo para estar ao seu carón. Dende o meu punto de vista, a Administración debería ter en conta esta problemática e poñerlle solución, facilitándolle a estes cativos a atención integral que requiren, sen menoscabo dos seus dereitos. Por iso, dende aquí quero aproveitar e facer un chamamento para que sexa atendida esta xusta demanda. Gustaríame aproveitar para agracedecerlle a profesora Ángeles Jar do ciclo de Farmacia pola súa colaboración na realización deste artigo.

Pirámide de alimentos para a diabetes

NON

Carnes,substitutivos SI, da carne e outras PERO proteinas

Leite

Verduras

Exercicio Dieta

Graxas, aceites e doces

Froitas

BEN

Pans,granos e outros almidons Insulina

SÍNTOMAS DA DIABETES

Orina frecuente y abundante

Falta de enerxia

Mantendo o equilibrio, retrasas a aparición das complicacións

Fame constante

Perda de peso

Cambios de ánimo

Sede excesivo

Visión borrosa

Non todos os síntomas poden presentarse, algunhas veces pasan desapercibidos 51


Proxectos Integrados…

02

01

03

Así mesmo, elaboran enquisas para recadar información sobre o grao de coñecemento que a poboación ten sobre as patoloxías tratadas e analizan os resultados. Aquí tedes algún exemplo: Á pregunta, estarías disposto a doar “células madre”? a resposta foi a seguinte:

Un mundo por descubrir!

F

alar de Proxecto Integrado é falar do compendio de coñecementos adquiridos ao longo dun Ciclo formativo; pero tamén é falar dunha perfecta planificación, dun axeitado deseño de actividades, dun duro traballo na procura dos obxectivos marcados… e, de tantas outras cousas que se ven reflectidas ao remate dos mesmos. O pasado mes de decembro, puidemos asistir á presentación dos oito proxectos elaborados este curso polo alumnado do C.S. de Anatomía Patolóxica e Citoloxía do noso centro. Con elas/ es falamos para que nos deran a súa impresión unha vez rematadas as preceptivas exposicións e tamén o inevitable nerviosismo. Todas/os coincidiron en sinalar como maior dificultade a escaseza de tempo para poder desenvolver o necesario traballo

52

de campo nun proceso investigador. Lembremos que dispoñen escasamente de tres meses para poder levalo a cabo e, a pesares de todo, realizáronse en conxunto preto de medio centenar de actividades. Tentaremos facer un resumo das mesmas para poder entender o seu significado e importancia. Unha vez elixido o tema, cada grupo de traballo debe marcar os obxectivos que desexa acadar e as actividades para a súa consecución, así como uns prazos de execución para cada un deles. Comezan por afondar nos coñecementos, polo que se fan necesarias entrevistas con determinados especialistas na materia. Estas son, entre moitas outras, algunhas das realizadas este curso:

04

Si 58,82% Non 8,80% Non sei 32,30%

05

01 Raquel Carracedo, xinecóloga do Hospital de Nuestra Señora de la Esperanza (Santiago). 02 Centro de Transfusión de Galicia (CTG) en Santiago de Compostela e Instituto de investigación biomédica na Coruña (INIBIC). 03 Ana Batalla, dermatóloga do CHOP. 04 Dr. Diz, especialista en enfermedades

Si 55,31% Non 5,31% Non sei 39,36%

infecciosas do CHOP. 05 Unidade de fitoterapia da Casa do Mar de Mollabao (Pontevedra).

53


Deseñan carteis e tripticos informativos:

Difunden a información a través das redes sociais:

Establécense colaboracións con diversas asociacións e colectivos:

Fan intervencións na rúa, locais sociais ou centros escolares:

Twitter Facebook

Procesan as mostras no Servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital Montecelo, incondicional colaborador: E mesmo teñen magníficas iniciativas solidarias, como a consecución dun proxecto de colaboración da Escola de Xoiaría de Vigo, no que o alumnado deseñará xoias vinculadas ao cancro de ovario e que ao remate do curso serán doadas á Asociación Española Contra o Cancro (AECC) para recadar fondos cos que seguir traballando. Dende estas páxinas só nos queda felicitar a todo o alumnado polo seu ímprobo esforzo e polos resultados acadados. Desexámosvos moita sorte no futuro. 54

55


Con P de Pasatempos

Consiste en atopar as 7 diferenzas que existen en cada unha dos tres pares de imaxes que vos damos.

Este crebacabezas está composto por unha cuadrícula de 9 x 9 casas, dividida en rexións de 3 x 3 casas. Partindo dalgúns números xa dispostos, hai que completar as casas baleiras con díxitos do 1 ao 9. Estes non deben repetirse nunha mesma fila, columna ou rexión de 3 x 3 casas. Resumindo, hai que encher a cuadrícula de modo que cada fila, cada columna e cada rexión conteñan os números do 1 ao 9, sen repetirse. 56

57


SOPA DE LETRAS

Este crebacabezas está composto por unha cuadrícula de 9 x 9 casas, dividida en rexións de 3 x 3 casas. Partindo dalgúns números xa dispostos, hai que completar as casas baleiras con díxitos do 1 ao 9. Estes non deben repetirse nunha mesma fila, columna ou rexión de 3 x 3 casas. Resumindo, hai que encher a cuadrícula de modo que cada fila, cada columna e cada rexión conteñan os números do 1 ao 9, sen repetirse.

BUSCA A XENTE:

Atopa aos seguintes personaxes: Botella Duff Patty Shelma Marge Skinner Bart Os amigos de universidade de Homer Doutor Frink Rasca e Pica Señor Burns

58

59


60


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.