Guía alumnado FPB. Curso 2015-16

Page 1

GUIA DO ALUMNADO F.P. Bรกsica CURSO 2015-16



IES MONTECELO

INDICE 1.

Presentación do centro: .............................................................................................................. 4 1.1

Oferta educativa. ................................................................................................................... 4

1.2

Planos, localización e acceso. ............................................................................................. 5

1.3

Organigrama funcional.......................................................................................................... 8

2.

Documentos do centro ................................................................................................................ 8

3.

Normas de organización e funcionamento do centro............................................................ 9 3.1

Respecto das instalacións: ................................................................................................... 9

3.2

Respecto das actividades docentes: ................................................................................. 10

3.3

Respecto do control de acceso ao instituto: ..................................................................... 11

3.4

Alteracións da convivencia ................................................................................................. 11

4.

Perda do dereito á avaliación continua e xustificación de faltas ...................................... 11

5.

Xeneralidades .............................................................................................................................. 14 5.1

Becas.................................................................................................................................... 14

5.2

Biblioteca .............................................................................................................................. 14

5.3

Aparcadoiro.......................................................................................................................... 14

5.4

Cafetería............................................................................................................................... 14

6.

Procedemento de reclamacións............................................................................................... 15

7.

Desenvolvemento dos ciclos de FPB ..................................................................................... 15 7.1

Promoción a segundo curso............................................................................................... 15

7.2

Validacións e exencións ..................................................................................................... 15

7.3

Anulación de matrícula, renuncia e baixa de oficio .......................................................... 16

7.4

Lexislación aplicable: .......................................................................................................... 18

8.

Normas de evacuación “Plan de autoprotección IES Montecelo”:................................... 18

9.

Teléfonos e datos de interese xeral ........................................................................................ 20

GUíA BÁSICA DO ALUMNADO – FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

3


IES MONTECELO

1.

Presentación do centro:

O IES Montecelo é un centro educativo de titularidade pública no que se imparten ensinanzas de formación profesional das familias de Artes Gráficas e Sanidade e FP Básica de distintas familias profesionais. Ubicado na avenida Montecelo dentro da parroquia pontevedresa de Mourente, leva impartindo formación profesional dende hai mais de 25 anos a alumnos de Pontevedra e de toda a súa comarca. Datos: IES Montecelo, Avda. Montecelo nº16 36161 Pontevedra Tlf.: 986850261 Fax: 986866857 email: ies.montecelo@edu.xunta.es - www.edu.xunta.es/centros/iesmontecelo

1.1

Oferta educativa.

A oferta da que dispón o centro e a seguinte. FAMILIA SANITARIA: Ciclo de grao superior en Anatomía patolóxica e citodiagnóstico. Ciclo de grao medio Farmacia e parafarmacía. FAMILIA ARTES GRÁFICAS: Ciclo de grao superior en Deseño e xestión da producción gráfica. Ciclo de grao medio Impresión gráfica Ciclo de grado medio en Preimpresión dixital. FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA (FPB): Agroxardinaría e composicións florais. Artes gráficas. Mantemento de vehículos.. Peiteado e estética.

GUíA BÁSICA DO ALUMNADO – FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

4


IES MONTECELO 1.2

Planos, localización e acceso.

GUíA BÁSICA DO ALUMNADO – FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

5


IES MONTECELO

GUíA BÁSICA DO ALUMNADO – FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

6


IES MONTECELO

GUíA BÁSICA DO ALUMNADO – FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

7


IES MONTECELO 1.3

Organigrama funcional.

2.

Documentos do centro

O centro dispón de diversos procedementos e documentos para o correcto funcionamento do mismo e que están a disposición de toda a comunidade educativa. De todos eles é importante para o estudante coñecer o PE, o NOF, o PAT: o

o

o

PE (proxecto educativo): Describe a filosofía do centro; a súa misión e as aspiracións que temos respondendo á scuestións: onde estamos, que queremos, que facemos e cómo o facemos. NOF (normas de organización e funcionamento do centro): Establece o funcionamento interno do centro. Neste documento o estudante pode atopar información sobre a xunta de delegados/as, o consello escolar, as normas de convivencia e os seus deberes e dereitos, así como as faltas e as sancións. PAT (plan de acción titorial): Desenvolve as accións que deben abordar os titores/as coseu grupo de alumnos/as apoiados polo departamento de Orientación.

Na páxina web existe unha sección especialmente dedicada aos estudantes na que poden atopar información sobre convocatorias, documentos, a confección de orlas, a xunta de delegados/as, acceso ás aulas virtuais e diversas xestións como o proceso de admisión, as reclamacións, a renuncia e baixa e as validacións. Tamén hai unha sección sobre o curso actual no que se atopa información sobre as actividades, calendario escolar, datas de avaliacións, horarios, estatísticas, etc. Calquera información pódela consultar na páxina web. Se non a atopas consulta co teu titor.

GUíA BÁSICA DO ALUMNADO – FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

8


IES MONTECELO

3.

Normas de organización e funcionamento do centro

3.1

Respecto das instalacións:

• •

• •

• •

Todos os membros da comunidade educativa deben respectar os horarios de entrada e saída nas aulas. Para iso teranse en conta os seguintes puntos: Os grupos que non cambien de aula entre clase e clase deberán permanecer no seu interior á espera do profesor/a correspondente. Non se pode abandonar a aula, agás por causas de forza maior, en cuxo caso regresarán á mesma no menor tempo posible. Os grupos que deban cambiar de aula entre clase e clase farano de inmediato, unha vez que soe o timbre. En todo caso o profesor/a correspondente terá en conta tal continxencia debendo dar aos alumnos/as uns minutos para que cheguen á aula. Os profesores/as deberán acudir á aula inmediatamente ao toque do timbre. En todo caso, cando toque o timbre o cambio de aula será inmediato, agás casos de forza maior. As aulas do centro estarán pechadas cando non haxa grupos no seu interior e nos cambios de clase sempre que o grupo cambie de aula. Poderán permanecer abertas se o grupo non cambia de aula. As aulas serán pechadas durante os recreos e nas horas de xantar, salvo que un grupo de alumnado maior de idade se faga responsable do seu uso (establecerase un protocolo de cómo e que aulas se poden usar). Para garantir o peche das aulas, a principio de curso facilitarase ó profesorado unha chave mestra que servirá para a maioría das aulas. Naquelas aulas que non teñan chave mestra, a chave estará na conserxería. Será responsabilidade do profesorado a apertura e peche das aulas. O alumnado que non teñan clase pola falta dun profesor/a deberán esperar instrucións do profesor/a de garda. Baixo ningún concepto poderán abandonar o instituto por decisión propia, senón que o consultarán comembro do equipo directivo que estea de garda . Cando un profesor/a –de docencia ou de garda– non chegue a clase nun tempo de 10 minutos, o delegado/a do grupo correspondente acudirá á sala de profesorado onde preguntará polo profesor/a de garda, quen se ocupará do grupo ata a chegada do profesor/a. Mentres tanto a totalidade de alumnos/as do grupo permanecerá na aula, de estar aberta, ou no corredor ata que chegue o profesor/a de garda, debendo manter o obrigado silencio. Os alumnos/as que non teñan clase non poderán permanecer nos corredores nin nos servizos (agás no seu uso normal). A súa estancia será preferentemente a aula habitual ououtra aula común dispoñible e, excepcionalmente, a biblioteca ou salón de actos. Todos os membros da comunidade educativa deberán respectar o mobiliario e instalacións. O deterioro voluntario do material será comunicado á dirección quen poderá sancionar coa reposición do mesmo ao seu estado orixinal. No caso de alumnado menor de idade será obrigatorio comunicarlles ás familias a sanción adoptada. No caso de que se alteren as condicións normais e se imposibilite o desenvolvemento das clases (calefacción, humidade, cheiros, roturas...) o profesor/a comunicarao á dirección quen deberá tramitar a corrección do defecto no menor tempo posible. No caso de que non estea garantida a seguridade dos alumnos/as ou profesores/as poderanse trasladar as

GUíA BÁSICA DO ALUMNADO – FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

9


IES MONTECELO clases a outra dependencia. De non ser posible, a dirección poderá suspender as clases na dependencia ata que se corrixan os defectos.

3.2 •

• •

• •

Respecto das actividades docentes: Tanto alumnado como profesorado deben ser puntuaisnas entradas e saídas ás clases debendo permanecer no interior das aulas durante a duración das sesións, non permitíndose “descansos” fóra das aulas. O responsable de que o alumnado non abandone as aulas é o profesor/a correspondente. O alumnado que dispoña de teléfono móbil deberá deixalo nun lugar habilitado para elo en cada aula e ata a saída da mesma, co fin de evitar utilizacións inadecuadas dentro da aula. Cando un alumno/a chegue tarde a clase se lle permitirá a súa entrada sempre que non supere os 15 minutos dende o seu inicio. Esta falta de puntualidade comenzará a contarse pasados 5 minutos dende o inicio da sesión. Deberá ser autorizado/a a entrar facendo constar o profesor/a a falta de puntualidade. A comisión reiterada de faltas de puntualidade (máis de tres nunha mesma materia ou máis de cinco en materias distintas) será comunicada polo titor/a do alumno/a aos seus pais ou titores legais. De seguir a falta de puntualidade o titor/a informará á xefatura de estudos quen aplicará o Lei de Convivencia. Cando a actitude de un ou máis alumnos/as prexudique gravemente a marcha normal dunha clase poderá ser enviado polo profesor/a correspondente ante a presenza do directivo de garda quen determinará as medidas a tomar segundo a gravidade do caso e dentro, en todo caso, do especificado na Lei de convivencia e nestas NOF. O profesor/a deberá facer constar esta continxencia no parte de control de asistencia e o titor/a rexistrará a situación no programa XADE como “falta de conduta” cubrindo o modelo correspondente. É competencia do profesorado determinar se as aulas que utilizan teñen os recursos axeitados para a práctica docente xeral (material común de aula) trasladando á dirección as necesidades. No caso dos talleres e laboratorios asignados a un departamento, o profesorado debe informar ao xefe/a de departamento das necesidades materiais con tempo suficiente a fin de garantir que os alumnos/as dispoñan do material necesario para a realización das prácticas programadas. A celebración de probas ou exames teñen carácter lectivo polo que os alumnos/as e o profesor/a deben permanecer nas aulas durante toda a duración das sesións.

GUíA BÁSICA DO ALUMNADO – FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

10


IES MONTECELO 3.3

Respecto do control de acceso ao instituto: Baixo ningún concepto se permitirá a entrada ao instituto portando calquera tipo de arma, incluídas navallas, punzóns ou calquera outro obxecto potencialmente perigoso. Está totalmente prohibido entrar ou consumir no recinto escolar calquera tipo de substancia sometida a prohibición legal e bebidas alcohólicas. Cando se detecte ou sospeite a presenza deste tipo de substancias tramitarase a oportuna denuncia ante as forzas de seguridade do Estado. Non se permite a utilización de teléfonos móbiles, na aula, durante toda a xornada lectiva. A entrada e permanencia no interior do instituto de persoa salleas ao mesmos ó se permitirá cando a súa presenza estea xustificada por algunha xestión.

• •

• •

3.4

Alteracións da convivencia Calquera alteración da convivencia no centro será informada á dirección –preferiblemente

por escrito– quen, resolverá segundo a gravidade do feito logo de escoitar ao infractor/a, de acordo co establecido na Lei de convivencia e nestas NOF.

4.

Perda do dereito á avaliación continua e xustificación de faltas

A propósito da xustificación de faltas, o NOF do IES Montecelo contempla o seguinte: Xustificación: a) Todos os alumnos/as teñen a obriga de xustificar as súas faltas de asistencia e puntualidade. Por calquera que sexa o concepto ningún alumno/a pode xustificar un número de faltas superior ao que se reflicte nos cadros de faltas que a dirección fai públicos a principio do curso para cada módulo formativo a través da programación anual. A partir deste número o alumno/a de ciclos formativos perde o dereito á avaliación continua. Se ben as faltas xustificadas non se teñen en conta para a perda de dereito á avaliación continua si se contemplan á hora de cursar ou non unha baixa de oficio –que se producirá coa falta de asistencia “inxustificada” do alumno/a durante 15 xornadas consecutivas ou 25 discontinuas. b) A xustificación das faltas de asistencia deberán ser sempre documentais segundo as instrucións seguintes: •

Nacemento dun fillo/a ou morte ou enfermidade grave de familiar de 1º ou 2º grao: Acompañarase fotocopia do libro de familia para o primeiro caso e copia de informe

GUíA BÁSICA DO ALUMNADO – FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

11


IES MONTECELO médico de ingreso, ou semellante, no caso de enfermidade. A enfermidade ou morte dun familiar xustifícase cun informe asinado polo pai, nai ou titor/a legal do alumno/a. A admisión da xustificación queda condicionada a comprobación. •

Enfermidade. Debe xustificarse cun parte de asistencia a consulta médica ou cun informe asinado polo pai, nai ou titor/a do alumno/a. A admisión da xustificación queda condicionada a comprobación. En ningún caso se pode esixir ao alumno/a a presentación dun certificado médico oficial para xustificar unha falta de asistencia por enfermidade.

Exames de conducir, oposicións, etc. Débese traer un xustificante de presentación ao exame.

Asunto oficial, como convocatoria de autoridades (incluída a renovación ou tramitación do DNI, mesas electorais, INEM, etc.). Debe acompañarse documento oficial acreditativo. c) A xustificación de faltas debe facerse no impreso proporcionado que se recollerá polos

alumnos/as na conserxería ou a través do titor/a ou da páxina web do instituto, dispoñendo dun prazo máximo de 2 días para presentalo logo da incorporación ás clases. Para xustificar as faltas o alumno/a presentaralle a cada un dos profesores/as aos que se faltou o impreso citado anteriormente xunto cos documentos acreditativos, se fose o caso. Finalmente deberá entregarllo ao titor/a para o seu arquivo. d) Cando un alumno/a teña previsto faltar ás clases debe comunicalo, ao seu titor/a ou, no caso de non estar presente o titor/a, á dirección. O seguimento e xustificación das faltas dos alumnos/as será feito polo profesor/a que a puxo e o titor/a.

GUíA BÁSICA DO ALUMNADO – FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

12


IES MONTECELO

Calendario escolar 2015/2016 Días Festivos

Vacacións e días non lectivos

OUTUBRO 2015

SETEMBRO 2015 L

M

X

V

S

D

L

M

M

X

V

S

D

1

2

3

4

5

6

-

-

--

1

2

3

4

7

8

9

10

11

12

13

5

6

7

8

9

10

11

14

15

16

17

18

19

20

12

13

14

15

16

17

18

21

22

23

24

25

26

27

19

20

21

22

23

24

25

28

29

30

-

-

-

-

26

27

28

29

30

31

-

L 2

M 3

M

X

4

V

5

6

S

D

-

1

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

-

-

-

-

-

-

Orde do 8 de xuño de 2015 pola que se aproba o calendario escolar par o curso 2015/2016.

DECEMBRO 2015

• • • • • • • •

NOVEMBRO 2015

M

L

M

M

X

V

S

D

-

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

-

-

-

AVALIACIÓNS

.A

Avaliacións

Remate das actividades lectivas

Comezo das actividades lectivas

Extraordinaria FPB: 4 de setembro Libres Impresión: 4 de setembro Inicial: 8 de outubro 1ª Ordinaria ciclos/FPB: 17 decembro 2ª Ordinaria ciclos: 6 de abril 2ª Ordinaria FPB : 21 de abril 3ª Ordinaria 1º ciclos: 7 de xuño Final Ordinaria ciclos/FPB: 23 xuño

Recordase a obriga de poñer as notas en XADE 24 horas antes da avaliación.

Artigo 3º:1- Duración do Curso académico: O Curso académico abranguerá desde o día 1 de setembro de 2015 ata o 31 de agosto de 2016. Artigo 5. Actividades lectivas 2. Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional a impartición efectiva de clases realizarase do día 15de setembro de 2015 ao 22 de xuño de 2016, ambos os dous inclusive. Terán a consideración de días lectivos os dedicados á impartición efectiva de clases e aqueles que se dediquen á realización das probas e avaliacións finais das convocatorias ordinaria e extraordinaria. Artigo 6º .- Períodos de vacacións.: 1. Nadal: desde o día 21 de decembro de 2015 ata o día 6 de xaneiro de 2016, ambos os dous inclusive. 2. Entroido: días 8,9 e 10 de febreiro de 2016. 3. Semana Santa: desde o día 21 ó 28 de marzo de 2016, ambos os dous inclusive. Artigo 7º .- Días non lectivos e festividades : 3. - Día do Ensino coa consideración de non lectivo a efectos académicos e que no curso 2014/15 se celebrará o 30 de outubro de 2015. Artigo 8º .- Conmemoracións: - 25 de novembro de 2015: Día Internacional contra a Violencia de Xénero. - Do 1 ao 11 de decembro de 2015: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia. - 10 de decembro de 2015: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. - 30 de xaneiro de 2016: Día da Paz. - 8 de marzo de 2016: Día Internacional da Muller Traballadora. - 15 de marzo de 2016: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor. - Do 7 ao 11 de marzo de 2016: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais. - Entre o 18 e o 22 de abril de 2016: Día do libro. - 7 de abril de 2016: Día Mundial da Saúde. - 9 de maio de 2016: Día de Europa. - Do 9 ao 17 de maio de 2016: Semana das Letras Galegas. - 5 de xuño de 2016: Día Mundial do Ambiente.

Días pedidos polo centro: 7 decembro e 16 maio

XANEIRO 2016

FEBREIRO 2016

MARZO 2016

L

M

M

X

V

S

D

L

M

M

X

V

S

D

L

M

M

X

V

S

-

-

-

-

1

2

3

1

2

3

4

5

6

7

-

1

2

3

4

5

6

4

5

6

7

8

9

10

8

9

10

11

12

13

14

7

8

9

10

11

12

13

D

11

12

13

14

15

16

17

15

16

17

18

19

20

21

14

15

16

17

18

19

20

18

19

20

21

22

23

24

22

23

24

25

26

27

28

21

22

23

24

25

26

27

25

26

27

28

29

30

31

29

-

-

-

-

-

-

28

29

30

31

-

-

-

D

ABRIL 2016

MAIO 2016

XUÑO 2016

L

M

M

X

V

S

D

L

M

M

X

V

S

D

L

M

M

X

V

S

-

-

-

-

1

2

3

-

-

-

-

-

-

1

-

-

1

2

3

4

5

4

5

6

7

8

9

10

2

3

4

5

6

7

8

6

7

8

9

10

11

12

11

12

13

14

15

16

17

9

10

11

12

13

14

15

13

14

15

16

17

18

19

18

19

20

21

22

23

24

16

17

18

19

20

21

22

20

21

22

23

24

25

26

25

26

27

28

29

30

-

23

24

25

26

27

28

29

27

28

29

30

-

-

-

30

31

-

-

-

-

-

GUíA BÁSICA DO ALUMNADO – FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

13


IES MONTECELO

5.

Xeneralidades

5.1

Becas

Non esquezas do procedemento aberto cada ano para a solicitude de becas e axudas. Consulta o teu tutor ou no Departamento de Orientación. Prazo de solicitude ata o 30 de setembro.

5.2

Biblioteca

Para garantir un bó funcionamento haberá un ou máis coordinadores/as de biblioteca. Estes coordinarán as actividades da biblioteca en canto a préstamos e actividades complementarias. Os profesores/as de garda de biblioteca: Atenderán aos usuarios da biblioteca facilitándolles o material solicitado e rexistrando o préstamo e velarán polo mantemento dun ambiente axeitado ao uso xeral da biblioteca. Para a xestión da biblioteca existirá un ordenador a disposición do coordinador/a e os profesores/as de garda de biblioteca. Non estará permitido o uso deste ordenador ao alumnado nin ao resto do profesorado para a realización doutras funcións. Dispoñemos de ordenadores na biblioteca para servizo do alumnado con conexión wifi, cuio uso será controlado polo profesorado de garda de biblioteca.

5.3

Aparcadoiro

O instituto conta con aparcadoiros para alumnos/as, profesores/as e persoal non docente. A zona destinada a uso de alumnos e visitasterá a entrada ao mesmo a través dunha porta de apertura automática controlada. Se o centro o considera oportuno pode esixir aos alumnos/as o uso dunha tarxeta identificadora na que consten, polo menos, o nome, o teléfono e o grupo no que están matriculados/as. Esta tarxeta debería situarse nun lugar visible no interior do vehículo para poder avisar ante calquera problema. Tamén de poderá negar o uso do mesmo pola utilización inadecuada do mesmo.

5.4

Cafetería

O local e instalacións será adxudicado polo consello escolar mediante concurso público e estará rexido polos compromisos e condicións que se establezan no contrato de adxudicación. O adxudicatario presentaralle a lista de prezos ó Consello Escolar para a súa aprobación, que non variarán durante o ano académico. Esta estará exposta na cafetería. O horario de funcionamento da cafetería coincidirá co horario do instituto. Procurarase a venda de productos naturais. GUíA BÁSICA DO ALUMNADO – FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

14


IES MONTECELO

6.

Procedemento de reclamacións

Nos ciclos formativos as reclamacións ás cualificacións dos módulos preséntanse na secretaría do instituto nos dous días seguintes á entrega das notas finais. A reclamación debe facerse no modelo ao efecto cubrindo todos os apartados. A dirección trasladará a reclamación ao departamento correspondente quen debe ter en conta: O contido no proxecto curricular e nas programacións didácticas ao respecto dos contidos e criterios de avaliación establecidos.

As cualificacións obtidas polo alumno/a durante o curso.

As probas e traballos realizados polo alumno/a.

O departamento debe reunirse o podendo: • Ratificar a cualificación. Rectificar a cualificación.

Entrega de resolucións: As resolucións de reclamacións de ciclos entregaranse o quinto dia despois da entrega de notas ás 12,00 horas. Se o alumno/a, ou os seus representantes legais non está de acordo coa resolución do departamento pode interpor recurso de alzada diante do xefe/a territorial no prazo dun mes.

7.

Desenvolvemento dos ciclos de FPB

7.1

Promoción a segundo curso

O alumnado de FPB pasa de 1º a 2º curso nos seguintes casos: • •

7.2

Superando todos os módulos nalgunha das convocatorias Se os módulos profesionais asociados a unidades de competencia non superan o 20% do horario semanal e ten superado o módulo de Comunicación e Sociedade I ou o de Ciencias Aplicadas I. Neste caso deberá matricularse tamén dos módulos pendentes de 1º e realizar as actividades de recuperación e avaliación que se lle indiquen. Os alumnos que non cumpran os requisitos de promoción deberán repetir o primeiro curso na súatotalidade.

Validacións e exencións

Aplicarase a normativa vixente en materia de validación e exención de módulos profesionais incluídos nos títulos profesionais básicos, nascondicións e mediante os procedementos establecidos con carácter xeral para as ensinanzas de formación profesional do sistema educativo de Galicia. O alumnado matriculado nun ciclo de formación básica que cursase previamente un programa de cualificación profesional inicial poderá solicitar a validación: GUíA BÁSICA DO ALUMNADO – FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

15


IES MONTECELO a) Do módulo profesional de Ciencias aplicadas I, se superou os módulos formativos obrigatorios do ámbito científico-tecnolóxico. b) Do módulo profesional de Comunicación e sociedade I, se superou os módulos formativos obrigatorios do ámbito de comunicación e do ámbito social, e un módulo de lingua estranxeira que fose establecido pola consellería con competencias en educación ou ben de oferta dos centros, no ámbito das súas competencias. As solicitudes de validacións destes dous módulos dirixiranse á dirección do centro educativo e serán remitidas polo centro á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, que resolverá segundo proceda. Mentres non se resolvan as validacións, os alumnos/as deben asistir ás clases e someterse a todas as probas de avaliación que se fagan. Calqueradúbida relacionada co sistema de validacións debes consultala en secretaría ou coa orientadora.

7.3

Anulación de matrícula, renuncia e baixa de oficio

ANULACIÓN DE MATRÍCULA: Se durante os cinco primeiros días lectivos do curso se observase ainasistencia de determinados alumnos/as, o centro requiriralles por escrito a súa inmediata incorporación nun prazo máximo de tres días contados desde a data da recepción da notificación e comunícaralles que, en caso de non se producir esta, agás causa debidamente xustificada, se procederá á anulación da súa matrícula. O alumnado tamén poderá solicitar de xeito voluntario a anulación da súa matrícula cunha antelación mínima dunha semana ao remate do período de matrícula. A anulación da matrícula non computará para efectos de convocatorias consumidas. O alumnado que solicite a renuncia á matrícula con posterioridade á data límite para a solicitude da anulación da matrícula terá os mismos efectos que a baixa de oficio. RENUNCIA: Cada módulo profesional pode cursarse un máximo de catro convocatorias ordinarias. Co fin de non esgotalas, un estudante pode solicitar, por unha soa vez, a renuncia á avaliación dos módulos nos que está matriculado (todos os módulos) sempre que se dean algunha das seguintes circunstancias: •

Doenza prolongada de carácter físico ou psíquico, tanto do alumno ou da alumna como de familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Incorporación a un posto de traballo mediante un contrato de duración superior a dous meses, nun horario incompatible coas ensinanzas do ciclo. Obrigas de tipo familiar ou persoal que impidan a normal dedicación ao estudo. A renuncia á matrícula sempre se debe xustificar documentalmente e non supón perda de convocatoria. A renuncia non implica reserva de praza para o seguinte curso académico. No caso de que o alumnado procedente de renuncia desexe reincorporarse novamente aos estudos debe someterse a un novo proceso de admisión. A solicitude de renuncia de matrícula, xunto coa documentación acreditativa, debe presentarse ante a dirección do centro educativo de acordo cos seguintes prazos e requisitos:

GUíA BÁSICA DO ALUMNADO – FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

16


IES MONTECELO No caso de que todos os módulos sexan de formación no centro educativo (módulos de primeiro curso en réxime ordinario ou calquera módulo en réxime para as persoas adultas): cunha antelación mínima de dous meses á avaliación final de módulos correspondente. a)

No caso do alumnado de segundo curso en réxime ordinario, en que os módulos de formación de segundo curso se realicen no centro educativo e no centro de traballo: cunha antelación mínima de dous meses á data prevista como período ordinario da FCT. b)

O director/ra do centro resolverán no prazo máximo de dez días hábiles. Tanto a anulación da matrícula como a renuncia solicítanse no modelo que pode baixarse na web. O módulo de formación en centros de traballo é obrigatorio en todos os ciclos. Para poder acceder a el é preciso que teñas superados todos os módulos do ciclo formativo. O IES Montecelo ten un programa de formación en centros de traballo que podes consultar na web do instituto na sección "Documentos-FCT". Algunhas das cuestións importantes que debes ter en conta respecto á FCT son as seguintes: • A FCT realizase de luns a venres, entre as 7 horas e as 23 horas. Non se pode facer nin de noite nin nas fins de semana sen autorización expresa, como se verá máisa diante. •

Cada ciclo ten un número de horas de FCT que se distribúen na empresa entre luns e venres, de 7 a 8 horas diarias. Calquera outra modalidade horaria esixe autorización da dirección. En casos especiais é preciso solicitar autorización sobre todo nos seguintes casos: o Períodos especiais, como os meses de xulloou agosto, sempre que exista unha razón xustificada. o Durante as noites. o Durante as fins de semana. o Cando o alumno/a estea traballando. Neste caso pódese reducir a xornada a un mínimo de 5 horas diarias pero o alumno/a debe acudir á FCT de luns a venres, ampliando o número de días ata cumprir o total de horas da FCT. Non existe a posibilidade de facer a FCT menos de 5 días á semana ou menos de 5 horas diarias.

Quen determina a empresa na que cada alumno/a realizará a FCT é o equipo docente previo informe do titor/a de FCT. O alumno/a non ten dereito á solicitar unha empresa determinada aínda que o equipo docente pode atender suxestións do alumno/a. En ningún caso un alumno/a pode realizar a FCT nunha empresa de familiares ou na que traballen familiares. •

Durante a realización da FCT o alumno/a non pode faltar aotraballo na empresa agás causa de forzamaior e previo aviso aotitor/a da empresa e aotitor/a de FCT. A falta de asistencia sen previo aviso pode supoñer a exclusión do alumno/a e non superar o módulo de FCT. Algunhas empresas poñen condicións para a admisión de alumnos/as na FCT. Por exemplo, o Hospital Xeralesixe a realización dunhas probas médicas. Os resultados das probas deben entregarse na secretaría do centro quen os arquivará mentres se realiza a FCT sendo posteriormente destruidos. A secretaría informa á empresa se hai algunha circunstancia de interese

GUíA BÁSICA DO ALUMNADO – FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

17


IES MONTECELO nas probas médicas pero non Ile facilita os resultados, que sempre son confidenciais. Os alumnos/as que obtivesen no ciclo formativo unha cualificación final igual ou superior a 9 poderán recibir a mención deMatrícula de Honra. O número máximo de matrículas de honra por ciclo é de dúas.

7.4

Lexislación aplicable:

Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regula a avaliación e a acreditaciónacadémica do alumnado que cursa as ensinanzas de formación profesional inicial. Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica.

8.

Normas de evacuación “Plan de autoprotección IES Montecelo”: •

Cando o indique o profesor, os alumnos deben sair de aula en fila en orde e en silencio hacia o punto de encontro situado nas pistas deportivas exteriores do centro.

O itinerario de saida hacia ese punto está indicado na parede mediante simbolos

MANTER a calma e en fila evacuar a zoa en fila en orde e en silencio

OBEDECER as instruccións dos profesores e dos xefes de emerxencia

NON separarse do grupo durante a evacuación

NON deixarocosnas filas

NON levar vultosou similares

NON correr

NON empuxarse e atropellarse

NON se deter

NON retroceder por algo oualguén

NON abandoar os puntos de reunión ata nova orde.

GUíA BÁSICA DO ALUMNADO – FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

18



IES MONTECELO

9.

Teléfonos e datos de interese xeral

IES Montecelo:

Telf.: 986 850261 Fax: 986 866857 ies.montecelo@edu.xunta.es Web: www.iesmontecelo.com

Xunta de Galicia – Xefatura Territorial de Pontevedra •

Centralita:

Telf.: 986 80 59 60 Fax: 986 80 59 37 Web: www.edu.xunta.es

Becas:

Telf.: 986 80 59 01 Email: becas.pontevedra@edu.xunta.es

Títulos:

Telf.: 986 80 59 54

Concello de Pontevedra:

Telf.:986 10 01 85

Autocares Monbus:

Telf.: 986 86 63 60

Autocares RiasBaixas:

Telf.:986 85 6622

Renfe:

Telf.: 902 32 03 20

www.iesmontecelo.com GUíA BÁSICA DO ALUMNADO – FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

20


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.