

MEMORIA 2024
ACPP GALICIA



ÍNDICE

INTRODUCCIÓN....... Páx. 1
QUEN SOMOS ......... Páx 3
VALORACIÓN CICLO
ANTERIOR .......... Páx. 3
PROXECTOS
Acción Humanitaria...... Páx 12
Cooperación no exterior.. Páx 16
Intervención social .....Páx 32




1.200.000,00
1.000.000,00
800.000,00
600.000,00
400.000,00
200.000,00
0,00
EVOLUCIÓN FINANCIAMENTO
TOTAL Subvencionado


Restauración de medios de vida 2%
Número de proyectos aprobados por sectores
Protección 7%
Sensibilización e incidencia 17%
Seguridad alimentaria 2%
Educación 36%
Habitabilidad 5%
Género y Desarrollo 5%

Construcción de Paz/Derechos
Humanos 10% Convivencia, participación y lucha contra la desigualdad 2%
Desarrollo rural integral 7%
Desarrollo socioeconómico 2%





BASE SOCIAL
Altas Bajas




P R O X E C T O S







































o Acompañamento ao profesorado como axente multiplicador chave que ten demostrado o seu compromiso nas edicións anteriores do EsR. Conscientes dos retos e dificultades que se dan nos centros (tras realizar os pertinentes análises de identificación, diagnose, participación, problemas, obxectivos e alternativas), consideramos fundamental brindar apoio e asesoramento ao profesorado para construír escolas comprometidas e transformadoras e garantir a transversalización dos enfoques de EpDCG en toda a súa actividade docente. Para iso crearase unha Equipa de Coordinación Escolar do ESR por centro, composta polo profesorado co que se realizará a coordinación máis directa. Asemade, prestarase acompañamento para que fortalezan a aplicación dos enfoques da EpD a través de materiais didácticos propios. Tamén se propoñen actividades de socialización e aprendizaxes colectivos entre profesorado e educadoras externas.
o Xeración e reflexión a través de materiais didácticos con enfoques socio-pedagóxicos novidosos e integrais. Estes materiais servirán tanto para dar apoio ao profesorado como para guiar as intervencións directas nas aulas. Froito do proceso de revisión continuada dos materiais empregados no marco do EsR en todo o Estado e pola delegación de ACPP-Galicia, este proxecto traballará con materiais propios como o conto “Azul como o ceo, amarela coma o sol” e a súa guía didáctica para traballar os dilemas morais co alumnado de Infantil e Primaria. Tamén se traballará coa aplicación dos dilemas morais recollidos nunha ferramenta específica: o Test de Tolerancia –TdT(en formato software interactivo) e coa súa Guía didáctica, dirixidos neste caso ao alumnado de secundaria e última etapa de primaria. Ademais, avógase por continuar o traballo arredor do Manifesto Escolas sen Racismo, que dinamizará actividades de conmemoración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Ademais, o proxecto xerará novos recursos como a Axenda Escolar “O día de...” que pretende por en valor
efemérides internacionais relacionadas coa solidariedade, a igualdade, os dereitos humanos e os ODS; ou a nova versión que se obterá do conto “Azulcomo o ceo, amarela coma o sol” como resultado do traballo que fará o alumnado de infantil e primaria nas sesións de “Contos transformadores”.
o Acompañamento e traballo co alumnado: o proxecto mantén a vocación de traballar directamente co estudantado a fin de fomentar reflexións críticas e cidadanías globais apostando por vencellar unha serie de obradoiros, teatro foro e xornadas (sobre igualdade de xénero, convivencia e botrato, diversidades funcionais e sexuais, comercio xusto...) a cada un dos dilemas morais recollidos no Test de Tolerancia e aos ODS aos que fan referencia, de tal xeito que a súa implementación estará determinada polo estadio acadado polo alumnado nunha medida pre e post-test, o que permitirá coñecer o impacto da intervención.




o Manifesto “Elas Deciden: corpo, territorio e paz”: no que quede recollido a conceptualización teórica que envolve o proxecto e que esta poida ser comunicada de maneira accesíbel e contribuír á sensibilización social.
o Espazos de reflexión e aprendizaxes significativas: a través de propostas formativas innovadoras tanto en contido como en metodoloxías – clown e cartografías – e unha xornada dirixida a alumnado universitario.
o Intercambio de experiencias Sur-Norte global: tanto coa elaboración de produtos – unha exposición – como contando coa presenza de activistas do Sur en Galicia para dialogar con Titulares de Responsabilidades (TdR) – organizacións feministas – e con Titulares de Obrigas (TdO).






