Guía didáctica
Edita e coordina Asemblea de Cooperación pola Paz Autoría: Noelia Darriba García (Atalaia Social) e Jeane Sodré Costa (Sexología Atlántica) Deseño e maquetación: Marta Conde, conxenia.gal Revisión lingüística: Departamento de Lingua Galega, Concello de Santiago de Compostela Impreso en: Campus na Nube, Santiago de Compostela Depósito Legal: C 489-2021 Este traballo está licenciado baixo a licenza internacional Creative Commons Attribution 4.0. Para ver unha copia desta licenza, visite https://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/ Esta publicación realizouse co apoio financeiro da Xunta de Galicia. O contido da dita publicación é responsabilidade exclusiva de Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e non reflicte necesariamente a opinión da Xunta de Galicia.
SOBRE ACPP Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) é un instrumento, un punto de encontro de persoas que aspiran a vivir nun mundo que cimente os seus piares na dignidade, na xustiza e na igualdade e que se xuntan para achegar colectivamente o seu gran de area. As regras do xogo non son neutras e o traballo de ACPP enmárcase no desexo de cambialas dende a práctica cotiá. A ACPP tampouco é neutra. O seu labor encamíñase a lograr unha sociedade máis igualitaria na que todas as persoas teñan a posibilidade de vivir unha vida digna. A cooperación internacional, a acción nas escolas, a intervención social nos nosos barrios, vilas e cidades e a sensibilización cidadá son puntos de apoio fundamentais neste labor de incidencia política. Unha cidadanía activa, informada e con consciencia política pode transformar o mundo en que vivimos. A ACPP promove valores encamiñados a esa transformación social desde o ámbito educativo. Aspiramos a realizar un enfoque integrado da educación que contribúa á formación de cidadanía comprometida co avance cara a unha nova sociedade civil global a través da acción local.
ÍNDICE INTRODUCIÓN
9
PRIMEIRA PARTE: É CUESTIÓN DE DEREITOS
19
SEGUNDA PARTE: O DEREITO DE TODAS
39
BLOQUE 1. CINEFORUM
47
BLOQUE 2. QUE SABEMOS SOBRE O ABORTO?
58
BLOQUE 3. DEREITOS SEXUAIS E REPRODUTIVOS
67
ANEXOS
77
INTRODUCIÓN Aínda que parece que a igualdade de dereitos avanza, a penalización absoluta do aborto no Salvador entrou en vigor en 1997, co cambio efectuado na Constitución que recoñece a persoa desde o instante da concepción. Isto ten importantes consecuencias na vida de moitas mulleres salvadoreñas, do que dá boa testemuña o documental "En deuda con todas", arredor do que xira a presente guía. No Estado español tamén temos o exemplo do anteproxecto da Lei do aborto aprobada o 20 de decembro de 2013 polo Congreso, que puxo en pé á cidadanía tomando as rúas para protestar contra esa reforma, cualificada como a máis restritiva en cuestións de aborto en toda a historia da democracia española. Por todo isto, é importante que estes temas teñan visibilidade e que se tome consciencia da responsabilidade individual que temos para garantir o seu cumprimento. Neste mundo patriarcal chama a atención o pouco que sabemos ou nos informan sobre os dereitos sexuais e reprodutivos, esta invisibilización e denigración das mulleres que loitan por eles é unha forma máis de violencia cara ás mulleres, onde o que lles pasa a elas pásanos a todas.
10 Guía didáctica En deuda con todas
Con este recurso educativo queremos difundir a necesidade de visibilizar os dereitos sexuais e reprodutivos e o papel que temos todas as persoas en que se cumpran. Para iso, tomamos como punto de partida a loita feminista das mulleres do Salvador para falar dunha das loitas prioritarias para os feminismos como é o dereito a decidir. A guía que tes nas mans está principalmente dirixida a persoas e entidades que traballan coa mocidade, aínda que tamén se poden beneficiar dela todas aquelas persoas que teñan unha sensibilización ou formación sobre cuestións de xénero e traballen directamente coa mocidade. A guía divídese en dous bloques. No primeiro deles ofrécese panorámica sobre os Dereitos Sexuais e Reprodutivos como parte integrante dos Dereitos Humanos e os diversos mecanismos internacionais de cara protexelos e garantir o seu cumprimento. Na segunda parte, dispóñense unha serie de dinámicas divididas, á súa vez, en tres bloques: • Bloque 1 Cinefórum: actividades destinadas a facilitar a comprensión do documental “En deuda con todas” • Bloque 2 Que sabemos sobre o aborto? No que se pretende clarificar o significado do termo “aborto”, corrixir mitos e coñecer información sobre o aborto. • Bloque 3 Dereitos Sexuais e Reprodutivos: no que se traballará sobre o coñecemento e a visibilización dos dereitos sexuais e reprodutivos.
O proxecto Esta guía intégrase no marco do proxecto “Elas deciden”, aprobado na convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global por parte das organizacións non gobernamentais de desenvolvemento da Xunta de Galicia no ano 2020.
Guía didáctica En deuda con todas 13
coa Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO). Foi precisamente no marco deste proxecto que se realizou o documental sobre a despenalización do aborto “En deuda con todas”. A Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) é unha organización sen ánimo de lucro, formada por un colectivo de profesionais do mundo da comunicación en Galicia que cren no poder da comunicación como ferramenta de transformación social. O seu principal obxectivo é utilizar as ferramentas de comunicación para conseguir a transformación Social, principalmente a través de proxectos de cooperación internacional, educación para o cambio e acción social.
O contexto A República do Salvador é un país centroamericano que ten unha extensión de 21.070 km² e que linda con Guatemala e Honduras. Conta con 332 km² en liña de costa bañadas polo océano Pacífico. A nivel territorial divídese en 14 departamentos e 262 municipios. Dende o 1 de xuño de 2019 está gobernado por Nayib Bukele, candidato independente que se presentou polo partido GANA aínda que como unha alianza mentres non estruturaba o seu propio partido, Nuevas Ideas. O seu goberno é de difícil adscrición ideolóxica, como el mesmo recoñece. Chega ao poder tras dúas lexislaturas de goberno do partido
Guía didáctica En deuda con todas 15
das Nacións Unidas), amosa unha taxa de embarazo adolescente do 28% a. Máis dun cuarto dos embarazos son de adolescentes. Este feito ten unha repercusión clara tamén no número de nenas e adolescentes que se retiran do sistema educativo. Tamén sería preciso analizar o alto número de embarazos provocados por violacións (136 en 2017). Segundo a Memoria de labores do Ministerio de Saúde 20182019, os establecementos de saúde do MINSAL, brindaron no 2018 un total de 3.771 atencións a mulleres vítimas de violencia sexual e delas, o 74,33% tiña menos de 19 anos e o 68,24% das que interpuxeron unha denuncia tiñan entre 10 e 19 anos. Toda este situación aínda se agrava máis se cabe ante a imposibilidade de abortar por ningunha das causais o que supón un lastre para o desenvolvemento das mulleres ademais dunha ameaza e riscos para as súas vidas. A Corte Interamericana de Dereitos Humanos contabiliza, dende 2011, cando menos 36 mulleres embarazadas que morreron a causa de enfermidades crónicas previsibles e 13 mortes máis por embarazos ectópicos1. No Salvador, dende 1997, penalízase calquera tipo de aborto.
1 Denomínase embarazo ectópico cando o óvulo fecundado medra fóra do útero. O óvulo fecundado non pode sobrevivir e o aumento de tecido pode provocar sangrado e poñerá en risco a vida se non se trata. Os embarazos ectópicos non poden continuar con normalidade. Consulta o enlace ó final do documento
16 Guía didáctica En deuda con todas
Ante calquera indicio, aínda sendo por razóns naturais, as mulleres son tratadas como “homicidas” tanto polos empregados das institucións de saúde como pola policía e a Procuradoría Xeral da República. As condenas ás que se enfrontan as mulleres contan con penas de prisión exacerbadas entre 30 a 40 anos. Esta situación coloca ao Estado salvadoreño nunha posición contraria a convenios, pactos e acordos de carácter internacional dos que o propio Estado é signatario.
O documental b En deuda con todas é un documental social cun obxectivo político: chamar a atención sobre a vulneración de dereitos que sofren as mulleres salvadoreñas e contribuír á loita dos colectivos feministas que -dentro do país centroamericano- esixen unha lexislación que non vulnere os Dereitos Humanos e que se garanta o acceso a unha saúde sexual e reprodutiva libre de prexuízos ideolóxicos. Especialmente, para as nenas e as adolescentes máis vulnerables. O relato sostéñeno as súas propias protagonistas, dende ambos os lados dos muros da cárcere, lembrándolle ao mundo que despenalizar o aborto cando a saúde da nai corre perigo é tamén unha loita pola vida. Estreouse o 19 de novembro de 2019 en San Salvador no Teatro Poma e o 16 de decembro de 2019 en Santiago de Compostela na sala Númax. En 2020, aínda no contexto da pandemia provocada pola Covid-19, foi proxectado en 11 festivais internacionais.
GUIÓN E REALIZACIÓN Roi Guitián e María Lobo
DOCUMENTACIÓN E PRODUCIÓN EXECUTIVA Sonia Díaz e Lorena Seijo
PRODUCIÓN AGARESO Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social ACPP Asamblea de Cooperación pola Paz APROCSAL Asociación de Promotores e Promotoras Comunitarias do Salvador
INTERVEÑEN Teodora Vásquez, Alba, Mariana e Sonia: Ex-privadas de liberdade e activistas de Tiempos Nuevos Teatro (TNT) Sara Rogel e Jacqueline Castelo: Privadas de liberdade (As 17 e máis) Aby Cortez e Bertha Deleón: Avogadas das 17 e máis Oswaldo Feusier: Catedrático de Dereito Penal na Universidade Centroamericana José Simeón Canas (UCA) Cristina Cornejo (FMLN) e Karla Hernández (ARENA): Deputadas da Asemblea Lexislativa do Salvador Sofía Villalta: Coordinadora da Unidade de Saúde Sexual e Reprodutiva do Ministerio de Saúde do Salvador (2012-2017) Roxana Delgado: Mesa de saúde sexual e reprodutiva do Foro Nacional de Saúde do Salvador Xiomara Argueta: Unión Médica pola Saúde e a Vida das Mulleres Mirna Roldán: Unidade de Atención a Nenas e Adolescentes Embarazadas María Paz Nieto e Eva Abrego: familiar dunha muller vítima dun embarazo de alto risco incorrectamente tratado Morena Herrera e Alberto Romero: Agrupación Cidadá pola Despenalización do Aborto Mariana Moisa: Colectiva Feminista para o Desenvolvemento Local (Radio de Todas) Queen MC e Yezli Mic: Hip Hop en Feminino Imaxes cortesía de Agareso
É cuestión de dereitos
Primeira parte
22 Guía didáctica En deuda con todas
a cidadanía está obrigada a coñecelos, exercelos, defender a súa garantía e denunciar a súa vulneración. O dereito a ter dereitos só ten sentido cando os dereitos se coñecen; se non, as persoas non poden ser suxeitos de dereitos.
Que son os Dereitos Sexuais e Reprodutivos? A orixe do achegamento aos dereitos sexuais e reprodutivos xorde das afirmacións do movemento feminista que, nos anos 70, formulou o concepto de Dereitos Sexuais e Reprodutivos – en diante, DSR– das mulleres como o dereito a exercer o control sobre o seu corpo regulando a súa sexualidade e a capacidade reprodutiva sen imposicións, coaccións ou violencia por parte dos homes, así como a demanda de que asuman a súa responsabilidade no exercicio da súa sexualidade. As demandas formuladas polos movementos feministas en foros e conferencias internacionais obrigaron ás Nacións Unidas, durante a década de 1990, a reformular as súas orientacións en materia de poboación, saúde, desenvolvemento e políticas de dereitos humanos. Paralelamente a esta tendencia, tamén no marco das Nacións Unidas, institucionalizouse o enfoque de desenvolvemento humano, que se centra en garantir o pleno desenvolvemento de todas as persoas e que converxe co enfoque de DSR. Desta forma, os DSR están protexidos en varios acordos internacionais que son legalmente vinculantes para os gobernos grazas á aprobación da Convención sobre a Eliminación de toda forma de Discri-
CARTA DE DEREITOS SEXUAIS E REPRODUTIVOS DA IPPF 1. Dereito á vida. A vida dunha muller non debe poñerse en perigo por razóns de embarazo ou parto. 2. Dereito á liberdade e á seguridade da persoa. Ningunha persoa debe ser obxecto da mutilación xenital feminina, o embarazo forzado, a esterilización ou o aborto. 3. Dereito á igualdade e a estar libre de todas as formas de discriminación. Ninguén debe ser discriminado por motivos de idade, sexo, orientación sexual, estado civil, situación económica, etc. 4. Dereito á privacidade. Todas as relacións sexuais e os servizos de atención á saúde sexual e reprodutiva, deben ser confidenciais. 5. Dereito á liberdade de pensamento. Todas as persoas teñen dereito á liberdade de pensamento en relación á súa vida sexual e reprodutiva. 6. Dereito á información e á educación no que se refire á saúde sexual e reprodutiva. Este dereito inclúe o acceso á información completa sobre os beneficios, riscos e eficacia de todos os métodos de regulación da fecundidade co fin de que todas as decisións se adopten de forma libre e informada. 7. Dereito a elixir casar (ou non) e formar unha familia (ou non facelo). 8. Dereito a decidir se ter ou non fillos/as e cando telos/as. 9. Dereito á saúde e a súa protección. Inclúe o dereito á maior calidade posible na atención á saúde sexual e reprodutiva e o dereito a estar libres de prácticas tradicionais que son prexudiciais para a saúde.
10. Dereito aos beneficios do progreso científico. Inclúe o acceso a tecnoloxías de atención á saúde sexual e re-produtiva seguras, eficaces e aceptables. 11. Dereito á liberdade de reunión e participación política. Inclúe o dereito de todas as persoas a tratar de influír nas comunidades e os gobernos para que prioricen a saúde e os dereitos sexuais e reprodutivos. 12. Dereito a non ser sometida a torturas e malos tratos. Incluíndo a protección de mulleres, homes e mozos contra a violencia, a explotación sexual e o abuso.
O dereito de todas
Segunda parte
42 Guía didáctica En deuda con todas
POBOACIÓN DESTINATARIA A poboación para a que vai destinada é para o 2º ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos de Formación Profesional Básica e Ciclos de Formación Profesional, aínda que moitas actividades, sobre todo as que son de comprensión ou de habilidades socio afectivas, poden aplicarse nas aulas de 1º e 2º da ESO. Será decisión do profesorado tras observar e coñecer ao grupo saber cal é o punto de partida para traballar. Como comentamos, é importante que as intervencións teñan un fío condutor ao longo dos cursos e dos trimestres, un eixe formativo que permita abordar con profundidade os temas propostos.
Guía didáctica En deuda con todas 43
APUNTAMENTOS METODOLÓXICOS As actividades proporcionadas nesta guía son propostas abertas xa que perseguen promover a participación, a reflexión e a análise. Son tarefas e dinámicas de grupo froito da experiencia nas aulas da educación regrada, non obstante, como calquera profesional sabe, non existen receitas máxicas e universais, por iso é moi importante valorar o contexto e as características do grupo concreto co que se vai iniciar a intervención. É importante ter en conta que: • O obxectivo que se persegue é producir cambios actitudinais, máis que facilitar contidos e conceptos. • Cada actividade proposta deberá adaptarse ás características do grupo, posto que terá unha traxectoria propia que é importante coñecer. • As actividades que se expoñen tratan de ser un exemplo de que actividades se poden facer nas aulas, pero cada persoa deberá facer as súas propias adaptacións e innovacións para acadar o mellor resultado. • É importante abordar as actividades dende unha perspectiva de xénero, é dicir, ver as diferenzas entre a participación das rapazas e dos rapaces nas diferentes dinámicas propostas. Para iso o primeiro é ser consciente das desigualdades que existen entre as mulleres e os homes. • Empregar as dinámicas de grupo de forma illada, sen ter a debida preparación, pode ter efectos contraproducentes chegando a contribuír a reforzar estereotipos e prexuízos. Para iso o profesorado deberá cambiar o seu rol na aula e colocarse no de facilitador. Facilitar significa axudar a entender o tema que se trata sen tomar partido e empregando ferramentas que permitan ao grupo chegar a un consenso nos desacordos que poidan xurdir. Para favorecer iso as dinámicas propostas preséntanse cunha metodoloxía activa,
48 Guía didáctica En deuda con todas
SESIÓN 1: FORUM Recursos Papel e bolígrafos. Desenvolvemento
1. Presentación Na metade dunha folla de papel A4, cada quen escribirá no centro o seu nome e nas esquinas catro aspectos de si mesma/o. • Na esquina de arriba á dereita: un soño. • Na esquina de arriba á esquerda: algo que se che dá ben facer. • Na esquina de abaixo á dereita: algo que vivises que te cambiara, que é relevante na túa vida de forma positiva. • Na esquina de abaixo á esquerda: algo que queiras aprender.
2. O alumnado irá camiñando polo espazo, ao sinal da persoa facilitadora parará diante dunha compañeira ou compañeiro e contará o que puxo no seu papel. Faranse dúas roldas de presentacións.
3. Para finalizar, a persoa facilitadora vai ir preguntando a cada persoa o seu nome e o seu soño.
APUNTAMENTO: o obxectivo é xerar un espazo de presentación traballando o enfoque da identidade e da personalidade, dende o positivo e as calidades de cada un/unha.
Guía didáctica En deuda con todas 63
SESIÓN 3: ABORTO, VERDADEIRO OU FALSO Recursos Frases de verdadeiro e falso, acceso a internet, follas de papel e bolígrafos. Desenvolvemento
1. Divide ao grupo en parellas ou en pequenos grupos para discutir unha serie de afirmacións para decidir se son verdadeiras ou falsas. Para iso poderán empregar internet (ben co ordenador ou co móbil).
2. Posta en común sobre o traballado. 3. Reflexionamos: • De que me din conta? • Como me sentín ao facer o exercicio? • Aprendín algo novo? • Que cousas me removeron?
ANEXOS
Guía didáctica En deuda con todas 81
VOCABULARIO VIOLETA Aborto A OMS define o aborto como a interrupción do embarazo cando o feto aínda non é viable fóra do ventre materno. A viabilidade extrauterina é un concepto cambiante que depende do progreso médico e tecnolóxico, estando actualmente arredor das 22 semanas de xestación. A Organización Mundial da Saúde (OMS) define o aborto perigoso como unha intervención destinada á interrupción dun embarazo practicada xa sexa por persoas que carecen da preparación necesaria ou nunha contorna que non reúne as condicións médicas mínimas, ou ambas á vez. Un embarazo calcúlase desde o primeiro día do último período. Anticoncepción Conxunto de métodos ou sustancias empregados para evitar a fecundación e por conseguinte o embarazo. Dereito Trátase do conxunto de normas, principios, costumes e concepcións xurisprudenciais e da comunidade xurídica, do que se derivan as normas de organización da sociedade e dos poderes públicos, así como os dereitos das persoas e as súas relacións con aqueles e as relacións humanas en toda sociedade. Dereito sexual e reprodutivo Son os dereitos humanos interpretados dende a sexualidade e a reprodución. Implican o feito de que mulleres e homes poidan tomar decisións autónomas sobre o seu propio corpo e vida nos campos da sexualidade e da reprodución.
Guía didáctica En deuda con todas 87
NOTAS AO FINAL a) Ministerio de salud. Gobierno El Salvador
b) Documental “ En deuda con todas”
c) Agenda 2030 Feminista
Guía didáctica
Se vos interesa traballar coa guía didáctica, contactade con nós!