Outubro de 2018. Ano XXVI / Nº 311. 13.000 exemplares de distribución gratuíta.
www.comerciodebetanzos.com INFRAESTRUTURAS O Concello investirá 1,1 millóns de euros do remanente de tesourería en obras e equipamentos A Conta Xeral de 2017 deixa un superavit no Concello de 1,1 millóns de euros que serán investidos en obras e equipamentos, entre eles o Pasatempo ou o patio cuberto do aulario do Vales Villamarín. Páx. 3
POLÍTICA Cecilia Vázquez Suárez será a candidata do Partido Popular á Alcaldía de Betanzos en 2019 O Partido Popular presentou en Betanzos aos seus candidatos e candidatas ás alcaldías da comarca para os comicios do vindeiro ano. En Betanzos, a candidata popular será Cecilia Vázquez Suárez. Páx. 5 A alcaldesa, María Barral, e o concelleiro Diego Fernández xunto a algúns dos hostaleiros participantes na Semana da Tortilla / PRENSA CONCELLO
ENTREVISTA
Unha vintena de hostaleiros participa na VIII Semana da Tortilla de Betanzos A Semana da tortilla de Betanzos celebrarase entre os días 5 e 14 de outubro nun total de vinte e un locais hostaleiros de diferentes puntos da cidade que ofrecerán aos clientes os pinchos deste plato típico da gastronomía betanceira ao prezo dun euro. De entre todos os participantes un xurado escollerá aos cinco finalistas que optarán ao premio á mellor tortilla.
Lucas Blanco, músico e compositor de Sickeeper, fala dos retos do grupo ante o lanzamento do seu primeiro disco
Outro xurado será o encargado de elixir de entre os finalistas ao gañador do concurso nunha cata cega e pública que se celebrará o 14 de outubro no Liceo. Os clientes poderán elixir coas súas votacións o gañador do premio popular e participar en varios concursos nos que poderán obter diferentes premios. Páx. 15, 16 e 17
Lucas Manuel Blanco Álvarez, músico e compositor, comenta as súas impresións sobre o próximo lanzamento do primeiro disco do seu grupo Sickeeper e afonda nos retos profesionais da formación. Páx. 10
Porque tu salud es lo primero. Pobesalud se une a la lucha contra el cáncer de mama.* Campaña de prevención. Ven e infórmate