Betanzos e a súa comarca. Xullo 2019

Page 1

Xullo de 2019. Ano XXVII / Nº 320. 11.000 exemplares de distribución gratuíta. DEPOSITO LEGAL ◗ C-1555 / 92.

www.comerciodebetanzos.com REPORTAXE

A XXII Feira Franca Medieval incluirá actos especiais con motivo do VIII Centenario Betanzos celebrará os días 12, 13 e 14 de xullo a XXII Feira Franca Medieval na que se incluirán actos especiais relacionados coa conmemoración do VIII Centenario do traslado da cidade. A feira contará nesta ocasión con 133 postos dos cales unha vintena acuden por primeira vez ao evento e máis dunha trintena pertencen a asociacións e comerciantes locais. O Concello recibiu máis de 380 solicitudes procedentes de diferentes lugares de Galicia e do resto do estado. Ás representacións que xa son tradicionais na Feira Franca, engadiranse actos especiais vinculados co 800 aniversario. Na semana previa unhas xornadas adicadas a María Balteira afondarán na relación de Betanzos e a comarca coa lírica medieval galego-portuguesa. Páx. 9

Domingo Presas Fuentes escribe un manual de supervivencia para persoas con discapacidade O betanceiro Domingo Presas, afectado por unha enfermidade neuromuscular, acaba de escribir "Palabras para vivir: un soñador en un mundo real" co que busca poder axudar ás persoas na súa mesma situación. Páx. 10

ENTREVISTA Marta de la Fuente Lago, ponente no IX Congreso Mentes Brillantes, fala da importancia da saúde emocional

María Barral durante o Pleno de investidura celebrado o 15 de xuño / FOTO ARUME

O Pasatempo, o Casco Histórico e o Plan Xeral serán prioritarios no goberno de María Barral A candidatura de María Barral logrou os mellores resultados do partido socialista en vinte anos e gobernará Betanzos con maioría absoluta. A alcaldesa dirixirá un equipo de goberno ao que se incorporan catro novos concelleiros e no que se crearon tres novas concellerías: Dinamización de Casco Histórico, Medio Rural e Mobilidade. Na oposición, seis edís do Partido Popular, con Cecilia Vázquez Suárez á fronte, e un do BNG, Henrique del Río. Quedan fóra da Corporación os dous concelleiros de Betanzos Novo e o de Betanzos en Común que non lograron sacar representación. Páx. 3 e 5

A psicóloga betanceira, Marta de la Fuente Lago, especialista en psicooncoloxía, ansiedade e estrés e trastornos de a l i m e n t a c i ó n , fo i u n h a d a s ponentes no IX Congreso Mentes Brillantes celebrado en Madrid. Páx. 15

COMARCA A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo gaña un prestixioso premio da Unesco A Unesco acaba de outorgar á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo o prestixioso premio Michel Batisse polo seu proxecto alimentario para a comarca. Páx. 19


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Betanzos e a súa comarca. Xullo 2019 by BETANZOS E A SÚA COMARCA - Issuu