Betanzos e a súa comarca. Mayo 2021

Page 1

Maio de 2021. Ano XXIX / Nº 342. 10.000 exemplares de distribución gratuíta. DEPOSITO LEGAL ◗ C-1555 / 92.

www.comerciodebetanzos.com

Os "Bonos activa Comercio" da Xunta fomentan as compras con descontos para os clientes AXunta vén de poñer en marcha a campaña "Bonos a c t i va C o m e rc i o " p a ra fomentar o consumo nos establecementos comerciais de proximidade. A iniciativa conta cun orzamento de 10 millóns de euros e ofrecerá aos clientes un bono desconto de 30 euros para as súas compras nos negocios adheridos á campaña. Os descontos serán de 5 ou de 10 euros segundo o volume de compra e ata esgotar o saldo de 30 euros. Desde o 3 de xuño xa poden descargarse os bonos na web www.bonosactivacomercio.gal onde tamén pode consultarse a listaxe de comercios que se sumaron á campaña. Ao mesmo tempo, os negocios que aínda non o fixeran, terán ata o 15 de maio para rexistrarse e descargar a App que lles permitirá formar parte desta iniciativa coa que o goberno galego busca apoiar ao comercio de proximidade. Páx. 3

AXUDAS COVID 19 A Deputación activa novos paquetes de axudas para a hostalería e para as axencias de viaxes A Deputación da Coruña vén de aprobar un novo plan de axudas para a hostalería, locais de ocio nocturno e para as axencias de viaxes, sectores seriamente afectados pola pandemia. As subvencións serán de 1.500 euros ata esgotar o crédito de 9 millóns. Páx. 6

DEPORTES Iván Fernández e Irene Lata, do Ría de Betanzos clasifícanse para o Europeo e para o Mundial Sub 23 de piragüismo Vista parcial do Parque do Pasatempo / FOTO ARUME (Arquivo)

A Xunta licita a redacción do Plan Director do Pasatempo por máis de 111.000 euros A Xunta sacou a licitación por máis de 111.000 euros a redacción do Plan Director que sentará as bases para as actuacións que son precisas para garantir a conservación e posta en valor do Parque do Pasatempo, declarado Ben de Interese Cultural en 2020. O documento afondará no coñecemento das condicións actuais do recinto mediante unha

análise detallada do conxunto elaborado por un equipo especializado de arquitectos, historiadores da arte, restauradores, arqueólogos, enxeñeiros e especialistas en xardinería, botánica e paisaxe. O plan terá tamén en conta a xestión para a posta en valor e uso cultural dunha forma racional e sostible. Páx. 5

FABRICANTES DE PUNTO www.newcotton73.com

Os padexeiros do C.N. Ría de Betanzos, Iván Fernández e Irene Lata, superaron os selectivos que lles dan o pase para o Campionato Europeo e o Mundial de piragüismo. Páx. 16

ASESORÍA Y CONSULTORÍA FISCAL, CONTABLE Y LABORAL

691 430 013 981 97 06 06


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.