BETANZOS E A SÚA COMARCA. MARZO 2020

Page 1

Marzo de 2020. Ano XXVIII / Nº 328. 11.000 exemplares de distribución gratuíta. DEPOSITO LEGAL ◗ C-1555 / 92.

www.comerciodebetanzos.com DIA DA MULLER: 8 M O Concello prepara un programa de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller Un ciclo de charlas, actividades para escolares, unha exposición, a proxección dunha curtametraxe, a celebrac i ó n d a Xu n t a n z a d e L a b o re s Artesanais e a entrega do Premio Úrsula Meléndez de Texeda son algunhas das propostas para conmemorar o Día Internacional da Muller. Páx. 3

Leo Nucci durante o concerto que pechou a celebración do 800 aniversario / ARUME

Leo Nucci clausura os actos de celebración do 800 aniversario O barítono italiano Leo Nucci pechou os actos de celebración do 800 aniversario do traslado da cidade cun concerto en San Francisco ao que asistiron medio milleiro de persoas. Ademais, a actuación foi transmitida en streaming a todo o mundo a través da web municipal. Remata así un ano de eventos culturais e festivos para conmemorar esta efeméride histórica. Páx. 8 e 9

MÚSICA O músico betanceiro Lucas Blanco, nova imaxe dunha recoñecida marca rusa de guitarras

Vista parcial da parte alta do Parque do Pasatempo / FOTO ARUME. ARQUIVO

A Xunta prevé un posible control de acceso no Pasatempo trala súa declaración como BIC A Xunta de Galicia redactará un proxecto de rehabilitación integral do Parque do Pasatempo logo de aprobar o pasado mes de febreiro a súa declaración como Ben de Interese Cultural (BIC). Ademais, prevese a posibilidade de desenvolver un proxecto ou plan de conservación do xardín histórico que estableza criterios para a súa futura

conservación, mantemento, restauración, interpretación e difusión. Entre as medidas previstas está a de establecer medidas de control do acceso a determinadas zonas para preservar a súa integridade física e a súa mensaxe cultural, tal e como se recolle no decreto de declaración BIC. Páx. 4 e 5

O músico betanceiro Lucas Blanco, voz e guitarra do grupo rock/metal Sickeeper, acaba de asinar un contrato de endoser coa firma rusa de guitarras Kononykheen. Páx. 14

ENSINO O Concello amplía a dotación de desfibriladores semiautomáticos aos centros educativos de Betanzos O Concello de Betanzos entregou ao CEIP Vales Villamarín un desfibrilador semiautomático (DESA) e proximamente completará a dotación destes equipamentos ao resto de centros educativos para completar a rede de zonas cardiosaudables. Páx. 16


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.