Xullo de 2020. Ano XXVIII / Nº 332. 10.000 exemplares de distribución gratuíta. DEPOSITO LEGAL ◗ C-1555 / 92.
www.comerciodebetanzos.com ACEBE CCA
Os autónomos e micropemes afectados pola Covid-19 poden pedir as axudas municipais a partir do 3 de xullo
ACEBE CCA presentará en Asemblea os proxectos para o segundo semestre do ano ACEBE CCA presentará aos seus asociados en Asemblea as iniciativas que se desenvolverán no segundo semestre do ano. Na xuntanza, ademais, informarase do estado das co n t a s e fa ra s e b a l a n ce d a s actividades realizadas ata a data. Páx. 4
A Xunta abriu dúas liñas de subvencións destinadas a autónomos, pemes e micropemes para gastos de adaptación ás novas medidas de seguridade e para proxectos de dixitalización As axudas municipais para autónomos e micropemes afectados por peche ou por unha redución dos seus ingresos durante o estado de alarma poderán solicitarse durante este mes de xullo. As subvencións poderán chegar ata os 700 euros segundo as circunstancias das empresas e o número de empregados. O prazo de solicitude das axudas será dun mes a contar dende o 3 de xullo. Por outro lado, a Xunta de Galicia, a través do Igape, abriu dúas liñas de axuda para autónomos, pemes e micropemes de comercio, turismo, hostalería e servizos. Unha para contribuir a financiar a compra de material de protección ou os gastos de adaptación dos locais ás novas medidas de seguridade e hixiene, e outra para proxectos de dixitalización no marco da crise sanitaria provocada pola pandemia da Covid-19. Páx. 3
ENTREVISTA O músico e compositor betanceiro Lucas Blanco fala do seu novo proxecto en solitario
Imaxe da feira do 1 de xullo en Betanzos / FOTO ARUME
BETANZOS CELEBRA A PRIMEIRA FEIRA DA "NOVA NORMALIDADE" SEN POSTOS DE TÉXTIL E CALZADO A primeira feira da nova normalidade en Betanzos, celebrada o día 1 de xullo, estreouse sen os postos habituais de téxtil e calzado. Os vendedores ambulantes deste sector decidiron abandoar o recinto pola súa disconformidade coa reubicación dos postos, tal e como explicaron fontes do Concello. O goberno local adoptou unha serie de medidas para garantir as distancias de seguridade, entre elas, unha recolocación dos postos e a ampliación do recinto, extendéndoa polo casco histórico e pola Avenida de Castela. Páx. 6
Lucas Blanco, fundador do grupo rock metal Sickeeper, emprendeu un novo proxecto en solitario no que explora novos estilos nas súas composicións. Falamos con el para coñecer os detalles desta nova etapa. Páx. 10
COMARCA Miño e Bergondo controlarán o estacionamento para evitar aglomeracións nas praias Os concellos de Miño e Bergondo establecerán como medida de control de acceso aos areais a redución e a regulación dos espazos de estacionamento. Apelan á conciencia cidadá para cumprir as normas de distanciamento social nas praias. Páx. 19
C/Doctor Fariña, 12 bajo · 981 77 05 00 · BETANZOS (A Coruña)