Betanzos e a súa comarca. Enero 2021

Page 1

Xaneiro de 2021. Ano XXIX / Nº 338. 10.000 exemplares de distribución gratuíta. DEPOSITO LEGAL ◗ C-1555 / 92.

www.comerciodebetanzos.com

ACEBE CCA amplía ata finais de mes o prazo para canxear os "rascas" premiados con Acebecheques A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto, ACEBE CCA, acordou ampliar ata finais do mes de xaneiro o prazo para canxear os "rascas" da súa Campaña de Nadal premiados con acebecheques de 50 euros. Polo momento apareceron vinte dos trinta boletos agraciados con cheques e quedan outros dez por ser reclamados. As persoas que dispoñan dalgunha das papeletas premiadas terán ata o 29 de xaneiro para contactar coas oficinas de ACEBE CCA e reclamar os seus premios. A iniciativa promocional rematou o pasado 5 de xaneiro, data na que se retirou a "Casiña do Nadal" da Praza Irmáns García Naveira onde podían recollerse os agasallos da campaña. En total ACEBE CCA puxo en xogo 1.500 euros e 7.000 regalos na súa campaña. Páx. 3

CULTURA Jesús Núñez expón ata finais de xaneiro na Fundación CIEC unha retrospectiva da súa obra gráfica O polifacético artista betanceiro Jesús Núñez expón na sede da Fundación CIEC unha mostra retrospectiva da súa obra gráfica mentres prepara novos proxectos. Karlóm afonda sobre a figura, a traxectoria e a obra de Núñez que acaba de cumprir 93 anos. Páx. 11

ENTREVISTA Mesón O Pote recibe o recoñecemento "Plato Michelin" e entra a formar parte da prestixiosa guía gastronómica

Un momento do sorteo da Campaña "Merca, tan Cerca" do Concello / FOTO ARUME

O Concello sortea os 6.000 euros da campaña de apoio ao comercio "Merca, tan cerca" O Concello de Betanzos sorteou o pasado 8 de xaneiro os premios da Campaña "Merca, tan cerca" que poñía en xogo 6.000 euros para gastar nos negocios adheridos á iniciativa promocional. O sorteo puido seguirse en directo nas redes sociais do Concello e os

números premiados poden consultarse na web: www.betanzos.gal. Os premios poderán gastarse en calquera dos 125 establecementos participantes na campaña ata o vindeiro 28 de febreiro. Páx. 3 e 9

FABRICANTES DE PUNTO www.newcotton73.com

Alberto García Ponte fala con "Betanzos e a súa comarca" sobre o que significa para el ter conseguido o recoñecemento "Plato Michelin" e que o seu local figure nesta prestixiosa guía gastronómica. Páx. 12

DEPORTES O clube Han's Horang-I logra o bronce no Mundial de Taekwondo Open Poomsae en categoría Team A Ana Llin Shin Veiga, Jessy Sun Shin Veiga e Begoña Veiga Rodríguez conseguiron a medalla de bronce no Campionato Mundial de Taekwondo Open Poomsae en Team A. Este logro súmase a outros éxitos en varias probas internacionais. Páx. 16


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.