13 minute read

O Condado

Patricia Mariño será cabeza de lista do BNG Salvaterra para as municipais

Advertisement

A Asemblea Local do BNG en Salvaterra de Miño elixiu por consenso e unanimidade a candi‐datura de Patricia Mariño Ro‐dríguez, como cabeza de lista para as vindeiras eleccións municipais de 2023.

Mariño asume o reto de encabezar o BNG Salvaterra co obxectivo claro de que “este grupo sexa unha forza determinante na configuración do próximo goberno que saia das urnas”, indica a avogada salvaterrense.

Co gallo da presentación da cabeza de lista, o BNG Salvaterra aproveita para presentar o que será o seu slogan para a campaña das eleccións municipais de 2023: Amamos Salvaterra. “Unha frase concisa, coa que queremos dar a saber a todas e todos os salvate‐rrenses que buscamos, dende o corazón, mais con cabeza, o mellor para esta vila”, explican dende a formación.

Rematan as obras de acondicionamento da estación de autobuses de Ponteareas

A Xunta rematou as obras de acondicionamento da estación de autobuses de Ponteareas, mellorando a accesibilidade peonil á terminal e os servizos aos usuarios.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Direc‐ción Xeral de Mobilidade, unha vez asumida a xestión temporal desta terminal e dado o deterioro que presentaban as instalacións, asumiu a execución de diferentes actuacións de mellora da infraes‐trutura. Esta nova actuación su‐puxo un investimento autonómico de preto de 50.000 euros.

A intervención comprendeu traballos como a apertura de acceso peonil ás dársenas desde a rúa, sen barreiras arquitectónicas.

Tamén se acometeu unha nova rede de saneamento nos baños, en substitución da actual; o reforzo da soleira de soporte na calzada de saída dos autobuses; ou a substitución de bancadas de espera deterioradas.

O s t r a b a l l o s t a m é n i n ‐cluíron a reparación da ins‐talación eléctrica da estación, da rede de fontanería ou do lucernario interior.

Mondariz xa está licitando o cambio a LED do alumeado público

O primeiro dos catro proxectos do Concello de Mondariz para mudar a LED toda a rede municipal de alumeado público e aforrar até un 70% na factura eléctrica municipal xa está en proceso de licitación, e os tres restantes sairán a concurso públi‐co durante ese mes para cumprir cos prazos establecidos. En conxunto, estes proxectos de aforro e eficiencia enerxética representan o maior investimen‐to público feito no Concello de Mondariz en décadas: chegan ao millón e medio de euros, e terán un notable impacto na redución da factura eléctrica municipal e nos gastos de mantemento, xa que tamén inclúen a renovación de cadros eléctricos.

O proxecto en fase de licitación corresponde ás parroquias de Mouriscados, Meirol e Vilasobroso, e o seu importe total ascende a 324.219,98€. Como nos restantes proxectos relacionados co cambio a LED do alumeado público en todo o territorio municipal, o 80% está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolve‐mento Rexional (FEDER) –272.540,78€, neste caso– e o 20% asúmese con fondos propios. O prazo máximo para entregar as obras executadas será o 31 de xullo de 2023. "Houbo dificultades e atrasos administrativos nalgunhas auto‐rizacións sectoriais, mais non desistimos porque estes proxectos son enorme importancia para o Concello de Mondariz", comen‐taba Xosé Emilio Barros, alcalde de Mondariz.

Salvaterra de Miño aproba as obras de humanización da for taleza

O primeiro dos catro proxectos do Concello de Mondariz para mudar a LED toda a rede municipal de alumeado público e aforrar até un 70% na factura eléctrica muni‐cipal xa está en proceso de licitación, e os tres restantes sairán a concurso público durante ese mes para cumprir cos prazos establecidos. En conxunto, estes proxectos de aforro e eficiencia enerxética repre‐sentan o maior investimento públi‐co feito no Concello de Mondariz en décadas: chegan ao millón e medio de euros, e terán un notable impacto na redución da factura eléctrica municipal e nos gastos de mantemento, xa que tamén inclúen a renovación de cadros eléctricos. O proxecto en fase de licitación corresponde ás parroquias de Mouriscados, Meirol e Vilasobroso, e o seu importe total ascende a 324.219,98€. Como nos restantes proxectos relacionados co cambio a LED do alumeado público en todo o territorio municipal, o 80% está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) –272.540,78€, neste caso– e o 20% asúmese con fondos propios. O prazo máximo para entregar as obras executadas será o 31 de xullo de 2023. "Houbo dificultades e atrasos administrativos nalgunhas auto‐rizacións sectoriais, mais non desistimos porque estes proxectos son enorme importancia para o Concello de Mondariz", comen‐taba Xosé Emilio Barros, alcalde de Mondariz.

Adxudicada a redacción do proxecto de ampliación da depuradora da Moscadeira

O consello de administración de Aguas de las Cuencas del Estado, ACUAES, dependente do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, adxudicou por 8 millóns de euros o contrato para a redacción do proxecto, execución e posta en marcha das obras de mellora da estación depuradora da Moscadeira. Entre as catro ofertas presentadas, ACUAES seleccionou finalmente á UTE Pesa Medioam‐biente S.A. – S.A. de obras y servicios, COPASA.

Tudenses dobremente condecorados polos seus méritos profesionais e depor tivos

Mes de múltiples condeco‐racións a tudenses. Por unha banda catro axentes da policía local de Tui recibiron a Medalla ao Mérito Policial de Galicia pola súa actuación na explosión de material pirotécnico rexistrada 23 de maio de 2018 no barrio da Torre, en Paramos.

Nun acto celebrado na sede da Academia Galega de Seguri‐dade na Estrada, a Xunta premiou o labor policial do actual inspec‐tor xefe, Manuel Arca, do ante‐rior no cargo, José Ramírez, e tamén dos axentes David Gon‐zález e Avelino Martínez.

Co este galardón, a máxima distinción policial en Galicia, recoñécese a profesionalidade demostrada aquel 23 de maio axudando aos damnificados, trasladando aos feridos e aden‐trándose no lugar onde se pro‐ducira a explosión buscando feridos sen importar o risco. A entrega desta condecoración, que xa viñera publicada no DOG en 2020, adiouse até hoxe debido á pandemia.

Amais o policía tudense Avelino Martínez recibiu o distintivo por 25 anos de servizo no corpo.

Por outra parte outra tuden‐se, Marisa Giráldez, foi recoñe‐cida por toda unha vida dedi‐cada ao deporte. Marisa Girál‐dez, deportista e pioneira en deportes como o baloncesto e o bádminton en Tui, recibiu esta semana a condecoración ao Mérito Deportivo de Galicia, nun acto celebrado en Santiago de Compostela.

Lara Meneses advir te de que "a ruína provocada polo BNG" é causal

A presidenta da xestora do PP de Tomiño, Lara Meneses, advirte da situación actual: "O proxecto estrela no programa electoral do BNG, a biblioteca municipal, motivo de innumerables promesas e vangloriado durante tantos anos está detido actualmente, e non hai luz ao final do túnel. O goberno municipal encadea unha modifi‐cación de crédito tras outra para tratar de sacar adiante todas as frontes abertas este último ano, que coincide casualmente, coas eleccións municipais".

Afirma o Partido Popular que o resultado é a “crónica dunha morte anunciada” cun desenlace nefasto; endebedamento veciñal, incapacidade para completar as obras por falta de orzamento e as arcas públicas desposuídas de calquera tipo de reserva para afron‐tar circunstancias excepcionais.

En palabras da representante dos populares "a mala xestión económica e a irresponsabilidade política apropiáronse do goberno do noso municipio e as previsións non son nada boas con respecto ao pago de facturas municipais. Pronto nos subirán os impostos indiscriminadamente, como fixe‐ron sempre".

O partido destaca a ardua tarefa que están a desempeñar na oposi‐ción, co fin de evitar que o Bloque Nacionalista prosiga implacable empregando os recursos con fins arbitrarios e partidistas.

“Hai que poñerlle fin á actual situación de sinvergonzonería po‐lítica para que volva liderar a sen‐satez e a orde en Tomiño. Urxe pararlle os pés a un goberno cínico que campa ás súas anchas polo pobo pisando os intereses de todos os veciños, co fin de que non hipotequen aínda máis, se cabe, o noso futuro”, conclúen.

A Xunta activa a formación laboral de 20 persoas desempregadas da Guarda

Máis de 7.000 persoas pasaron pola oficina de turismo de Oia este verán

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, activou a comezos deste mes a formación laboral de vinte persoas desempre‐gadas do municipio da Guarda coa posta en marcha do obradoiro de emprego de formato dual Manuel B. Portela VIII, que conta cun investimento autonómico de 504.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acom‐pañado do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e do persoal directivo e docente do obradoiro, presidíu no centro de formación local o acto de inauguración desta iniciativa laboral, orientada á me‐llora da empregabilidade a través da ensinanza específica en oficios.

“O emprego é un dos grandes eixos da acción de goberno da Xunta e por iso seguimos apostando por este modelo formativo, que outorga coñecementos e experiencia aos participantes e favorece a súa inserción laboral en sectores con moita saída na Guarda e a súa comarca”, explicou o representante autonómico, que lembrou que a Xunta “arranca na xornada de hoxe esta nova quenda, na que investi‐remos máis de 4 millóns de euros no sur da provincia para formar a 160 persoas sen traballo nos obradoiros da Guarda, Tui, Ponte‐areas, Salvaterra, Salceda, O Po‐rriño, Gondomar e Mos”. En total, na provincia de Pontevedra.

Pontón propón unha “alianza estratéxica” Galiza-Por tugal

O BNG considera estratéxi‐co potenciar unha “alianza atlántica” Galiza-Portugal, por‐que máis aló dos vínculos his‐tóricos, é un país “con que nos o futuro en asuntos como as infraestruturas, a cohesión terri‐torial, a economía, comercio, turismo ou a investigación”, sa‐lientou a portavoz nacional, Ana Pontón, que se desprazou até a fronteira desde Tui, para presentar as propostas para im‐pulsar esa alianza.

En total de 7.404 persoas pasaron pola oficina de turismo de Oia durante a tempada de verán, servizo que este ano se estendeu desde o 19 de xuño ata o 18 de setembro. Estas cifras supoñen un notable incremento respecto dos resultados do ano pasado, volvendo a niveis de afluencia previos á COVID-19.

Concretamente, os 7.404 visitantes deste verán supoñen un aumento do 52% respecto ao ano pasado, no que se rexistraron 4.846 (sendo en 2021 o período de aper‐tura entre 18 de xuño e o 17 de setembro). Deste xeito, Oia con‐tinúa na súa senda de recuperación e volve a acadar totais semellantes aos rexistrados en veráns anteriores á pandemia (7.027 visitantes en 2018 e 8.218 en 2019).

Retiran máis de 40 quilos de refugallos nunha limpeza de lixo mariño na praia Ladeira

A praia Ladeira, no concello de Baiona foi o lugar elexido polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) para levar a cabo a terceira das limpezas de lixo mariño programadas dentro do proxecto “Stop and help!, que o lixo non chegue ao mar”.

Nun espazo tan privilexiado como A Ramallosa, declarado como zona de especial de con‐servación (ZEC) e zona de espe‐cial protección para as aves (ZEPA), o colectivo de persoas voluntarias invitadas a esta tercei‐ra actuación de limpeza, entre as que se atopaban as peregrinas e peregrinos en ruta polo Camiño Portugués da Costa, docentes, alumnas e alumnos do CEP Sabarís, a asociación de Saúde Mental Avelaíña e a asociación Dar Máis, voluntarios do COBGA así como Dª Rosa María Domín‐guez Roda Tenente de Alcalde e concelleira de Medio Ambiente do Concello de Baiona, conseguíu retirar máis de 43 quilos de refugallos que nunca deberon chegar ata alí, tanto obxectos extraviados no mar durante as labores relacionadas coa pesca e cos cultivos mariños como os procedentes do propio continen‐te. Entre os primeiros, non fal‐taron os tarugos plásticos das bateas, as marañas de sedelas, as cordas, os cabos e cabiños ou restos de boias feitas con plástico e escumas sintéticas. Polo que se refire a obxectos de orixe conti‐nental como curiosidade unhas gafas de buceo, destacaron polo seu número os botes e botellas tanto plásticas coma de vidro, calzado, obxectos de hixiene personal como os bastonciños plásticos empregados para limpar os oídos, mascarillas, latas, cabi‐chas, canos para beber, así como outra serie de envases, bolsas e envoltorios plásticos e palitos de chupachús fundamentalmente. Contouse coa colaboración do Camping Bayona Playa que cedeu as súas instalacións.

A iniciativa forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia

Nigrán contará autobús entre as parroquias de Chandebrito e Panxón co apoio da Xunta

A Xunta colabora co Concello de Nigrán para a posta en marcha de novos servizos de autobús entre as parroquias de Chander‐brito e Panxón, que empezarán a operar nesta segunda quincena de outubro.

Mediante un convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o Concello de Nigrán, activarase unha nova liña cun servizo de interese municipal, que amplía a cobertura do transporte público entre os núcleos de poboación do concello de Nigrán, como com‐plemento na actual concesión de autobús interurbano.

As melloras introducidas nos servizos de transporte público na zona dan resposta ás necesi‐dades de mobilidade detectadas e son froito do traballo conxunto entre a Xunta e o Concello de Nigrán para a creación dunha liña interna que enlaza as distin‐tas parroquias e lugares de inte‐rese do termo municipal.

A nova liña ofrecerá 3 expedi‐cións de ida e 3 de volta, que estarán operativas de luns a venres, agás festivos, durante todo o ano. No traxecto Chandebrito-NigránPanxón, os horarios serán: 7:45, 14:00, 16:15 horas, e no sentido de volta, os servizos terán os seguintes horarios: 10:30, 15:15 e 20:40 horas.

Así, a nova liña atende 15 paradas nas que destacan, pola súa afluencia de persoas viaxeiras, a localizada no Parque Empresarial Porto do Molle e a parada no Centro de Saúde do Val Miñor. Ademais, créase unha nova parada, Vilariño (Colexio Carlos Casares) coa que se lle dá resposta ás necesidades da cidadanía.

Toda a información relativa aos cambios nos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

A Deputación destina 111.000

para saneamento en Gondomar

Os fondos provinciais financiarán a ampliación da rede de saneamento, o que mellorará as condicións medioambientais da veciñanza como da contorna

A veciñanza da Rochela, na parro‐quia de Vilaza de Gondomar, verá cumprida a súa demanda de contar cun sistema de saneamento en todo o núcleo. Farao trala aprobación por parte da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra dunha achega de 111.176 euros do Plan Concellos. Os fondos provinciais empregaranse ademais para a pavimentación da zona. O proxecto consiste na ampliación do servizo de saneamento de augas residuais neste núcleo mediante a instalación dun colector de recollida cos correspondentes pozos de rexis‐tro, o que mellorará as condicións medioambientais tanto da veciñanza como da contorna. Ademais, tamén se formula a mellora da capa de rodadura dos viarios.

This article is from: