3 minute read

Renault Kangoo pásase á condución eléctrica coa súa versión E-Tech

Porsche ofrece melloras nas súas bicicletas eBike Spor t e eBike Cros

Advertisement

Tras o exitoso lanzamento dos seus eBike Sport e eBike Cros en 2021, Porsche ofrece en 2022 actualizacións de ambas as bicicletas que aumen‐tan as súas prestacións e pro‐porcionan aínda máis pracer de condución.

O deseño intemporal, as súas extraordinarias caracterís‐ticas técnicas e a fascinación que xera a marca Porsche son detalles claramente recoñeci‐bles nas novas Porsche eBikes: Sport e Cros. O carácter depor‐tivo do Porsche Taycan serviu de inspiración para ambos os modelos. A forma do cadro de carbono é un reflexo da "flyline" dese modelo. O deseño plano do cadro, desenvolto por Studio F. A . Porsche, garante unha reflexión óptima da luz. Ambos os modelos realizáronse en colaboración co experto en eBikes Rotwild. as novas bicis eléctricas de Porsche estarán dispoñibles en Centros Porsche, en a tenda en liña de Porsche e na de Porsche Design, así como en determinadas tendas físicas Porsche Design, desde outono de 2022.

Jeep revela o novo Avenger 4x4 Concept

O Salón do Automóbil de París, a marca Jeep® engadiu un toque extra de emoción e sorpresa para a súa audiencia global ao revelar o Jeep Avenger 4x4 Concept.

Christian Meunier, Jeep Brand CEO, dixo: "O Avenger foi deseñado como un vehículo Jeep desde o principio, e o modelo 4x2 total‐mente eléctrico xa ofrece algunhas capacidades best-in-class que identifican a marca Jeep." "Pero non podiamos deixar de preguntarnos, que pasaría se inxectásemos as capacidades eléc‐tricas de tracción nas catro rodas da marca Jeep nun pack compacto, conservando a linguaxe de deseño único da marca, a capacidade e a personalidade?", engadiu mentres aparecía o Jeep Avenger 4x4 Con‐cept no Salón de París.

O show-car 4EVER Trophy seduce en Paris

O Renault 4 é moito máis que un coche, é unha verdadeira icona. Con máis de 8 millóns de unidades vendidas en máis de 100 países, foi un coche interxeracional que marcou a todas as clases sociais durante 60 anos. A gusto tanto na cidade como nas zonas rurais máis remotas, é polivalente: permite traballar, viaxar, trans‐portarse, etc.

A súa produción cesou hai 30 anos, pero o «4L» segue en pri‐meiro plano. É un dos primeiros youngtimers e o 4L Trophy demostrou a súa versatilidade e resistencia cada ano durante 25 anos. Por iso, segue tendo un gran atractivo, sobre todo entre os mozos.

Despois de Renault 5 Proto‐type, o show-car 4EVER Trophy presentado por Renault no Salón do Automóbil de París 2022 é a segunda reinterpretación eléctri‐ca dun modelo icónico no marco de Renaulution. Renault inspírase na súa gloriosa historia para electrificar o seu futuro.

Este estilo «retro» combínase harmoniosamente co resto da liña, sofisticada e tecnolóxica. O show-car ten curvas xenerosas e unha grella moi elaborada. As conexións «ultra tech» entre os paneis e a carrocería achegan precisión e modernidade. O contorno do teito tamén está moi elaborado.

Renault Kangoo pásase á condución eléctrica coa súa versión E-Tech

Vinte e cinco anos despois de estrear o segmento dos MPV lúdicos grazas a un deseño único, práctico e dotado, por primeira vez, dunha porta lateral corredera, Renault Kangoo soubo adaptarse á súa época e conservar, ao mesmo tempo, un ADN orientado á innovación.

Con máis de 4,4 millóns de unidades vendidas en 50 países de todo o mundo, Kangoo é unha his‐toria de éxito única. Representa o mellor dos dous mundos: o do coche para as familias pola súa habitabili‐dade e un elegante deseño e o do vehículo para os profesionais polo seu volume de maleteiro e robustez.

Agora, tras beneficiarse dun ascenso de gama e de multitude de innovacións ao longo dos anos, Re‐nault Kangoo en carrocería combi está dispoñible coa motorización ETech 100% eléctrica por primeira vez na súa historia.

This article is from: