46 minute read

Tres novos programas da Deputación referentes da cultura e da igualdade

Luz verde do pleno do Consorcio Provincial Contra Incendios ao orzamento de 2023

O Consorcio Provincial Contra Incendios e de Salvamento, ads‐crito á Deputación de Pontevedra e participado ao 50% coa Xunta de Galicia, disporá en 2023 dun orzamento de 3,9 millóns de euros para a prestación do servizo, (3.913.300€), cun 0,45% de in‐cremento respecto ao ano 2022, trala aprobación provisional do pleno extraordinario celebrado hoxe no Pazo Provincial e cuxo expediente se incorporará para ser tramitado co orzamento xeral da Deputación no pleno do vindeiro día 21 de outubro.

Advertisement

O pleno, presidido pola presi‐denta provincial, Carmela Silva, e coa asistencia do Director Xeral de Emerxencias, Santiago Villa‐nueva, deu luz verde ás contas do vindeiro ano, as segundas desde o cambio de modelo co pase do servizo provincial á xestión cen por cen pública. Trátase dun orza‐mento equilibrado, que dá conti‐nuidade ao do pasado ano e cunha variación á alza, nos ingresos, produto do incremento da reca‐dación pola contribución especial de UNESPA.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, sinalou que o orzamento “contempla todo o que é necesario para o bo funcio‐namento do Consorcio” e desta‐cou a “boa relación” e “colabora‐ción exemplar” entre Xunta e Deputación de Pontevedra, “sempre aprobamos todo por unanimida‐de e tomamos decisións, algunhas complexas como pasar da xestión indirecta á directa, de mutuo acordo”. “Á xente, dixo, satisfaille escoitar que podemos estar de acordo, que compartimos ao 50% un consorcio e que as cousas funcionan ben”. Subliñou tamén que “estamos a piques de que remate todo o procedemento para tomar decisións de cara ao futuro” e enxalzou “a relación sindical que nos permite que tamén as traballadoras/es formen parte do proceso”.

As palabras da presidenta foron ratificadas polo Director Xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, quen destacou “que todo se fai por consenso, sempre a partes iguais as dúas administracións” e cuali‐ficou de “fundamental garantir este servizo público en toda a provincia, tanto en momentos ordinarios como nos extraordina‐rios, como foi neste verán cos incendios forestais onde o Con‐sorcio funcionou moi ben. Isto tense que ver reflexado nos acordos entre Xunta e Deputación e hoxe aprobamos un orzamento de case catro millóns de euros sen ningún tipo de obxección”. Villanueva amosou a vontade de “seguir tra‐ballando así, xuntos para dar este servizo ao conxunto da provincia sen ningún tipo de problema”.

No orzamento de 2023 as achegas da Deputación e Xunta de Galicia serán de 963.500€ cada unha das administracións, sendo o Capítulo 1 o principal gasto do Consorcio, o 79%. No capítulo de investimentos, a solvencia económica do Consorcio permi‐tirá enfrontar sen maiores dificul‐tades calquera contratación do servizo de mantemento e xestión xa que, segundo o avance da liquidación de 2022, ten actual‐mente un remanente de tesourería para gastos xerais de 4.744.139 euros, equivalente a 1,21 veces o orzamento que se aproba para o ano 2023. Con cargo a este rema‐nente poderán realizarse as modi‐ficacións e suplementos de crédito para financiar os investimentos que resulten necesarios ao longo do exercicio.

Tres novos programas da Deputación referentes da cultura e da igualdade

A provincia de Pontevedra revalídase como referente da cultura e da igualdade da man de tres novos programas transformadores impul‐sados pola Deputación, que su‐poñen, como destacou Carmela Silva, “unha potente aposta para promover o talento e a capacidade das creadoras e creadores e que ocupe os espazos onde as ideas se convertan en proxectos”. Arroupada por representantes das entidades organizadoras destas iniciativas, O Náutico de San Vicente, a Asociación CREA, e a Red Española de Asociaciones de Diseño e Gráficas en Negro, a presidenta salientou que “Conecta Lab”, “DepoCrea” e “Transitar o impensable”, que mo‐bilizarán máis de 300.000 euros no seu desenvolvemento, “son proxec‐tos incribles que referencian a esta provincia como espacio e territorio de creación da cultura e a igualdade dende a reflexión, a reivindicación e a proposta, poñéndonos de pé e no centro”.

“Conecta Lab” trátase dun labo‐ratorio para creadores e creadoras audiovisuais da Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA) que vai estenderse entre os anos 2023 e 2024. “Pretende –explicou Carmela Silva- crear espazos onde a través da mentorización, das residencias artísticas, da elaboración de pro‐xectos, poidan converterse en guións, pre-producións, producións, tecendo redes coas empresas que producen documentais, series e películas para que esas grandes ideas pasen a ser proxectos reais”. A iniciativa, tal e como informou a presidenta, comezará en decembro e o proceso de titorización culmi‐nará cunha estancia artística de dez días na Illa de San Simón.

O programa conta cun orzamento de 269.000 euros para 2023 e 2024, dos que 182.920 euros os aporta o Estado a través dos fondos Next Generation e a Deputación e Crea 43.040 euros cada un. De feito, o proxecto foi o mellor valorado de Galicia para a concesión destas axudas, con 69,8 puntos, situándose así entre os 16 mellores de toda España, ao nivel de propostas tan potentes como os festivais San Sebastián (77,2) ou Sitges (72,5). “Isto significa que temos un gran talento na provincia e unha enorme capacidade para presentar proxectos a fondos tan esixentes como os Next Generation e ter unha das mellores puntuacións”, resaltou a presidenta.

Dende hoxe e ata o 15 de novembro poden presentarse xa candidaturas a través do formulario habilitado en www.crea.gal/conec‐talab. En decembro anunciaranse os seis proxectos seleccionados, dos que polo menos a metade será creados por mulleres e outros tanto de residentes en Galicia. O presi‐dente de CREA, Fon Cortizo, sinalou que as propostas escollidas contarán con “mentores e mento‐ras de recoñecido prestixio selec‐cionados especificamente para adaptarse aos seus proxectos”, que na Illa de San Simón tamén impartirán clases maxistrais aber‐tas ao público. Ademais, durante eses dez días organizaranse outras actividades como encontros pro‐fesionais, para que a Illa se con‐verta nun “foco no que se fala de audiovisual, xénero e cinema e no que se creen seis proxectos que seguro van a despegar”.

Pola súa banda, “DepoCrea” é un programa de residencias artísticas que vai da man da Deputación e do Náutico de San Vicente. “Hai moito tempo –asegurou a presidentaque tiñamos a idea de crear residen‐cias onde puideran convivir mulle‐res e homes do mundo da creación de diferentes disciplinas para que de aí saísen proxectos e dar opor‐tunidades para abrilos ao público e á sociedade e que mellor lugar que o Náutico de San Vicente para acollelos”. A residencia e “labora‐torio creativo” terá lugar entre o 28 de outubro e o 11 de novembro e nela participarán 3 mulleres e 3 homes elixidos por unanimidade entre as 33 candidaturas presentadas desde Galicia e outros lugares de España, Portugal, México e Grecia que residen na comunidade. “É unha acollida incrible para un soño que imos converter en realidade”, subliñou a presidenta.

Cinco artistas da provincia de Pontevedra, Carla Andrade; Pablo Barreiro; Macarena Montesinos; Diego Vites e Yolanda Ríos, e un de A Coruña, Olmo Blanco, “todas e todos de altísimo nivel e cunha ampla traxectoria”, desenvolverán durante a estadía proxectos multi‐disciplinares e específicos vinculados ao territorio e presentaranos o 12 de novembro. A iniciativa inclúe unha etapa de creación con visitas do público e tamén visitas profe‐sionais do sector, así como unha xornada de divulgación. Miguel de la Cierva, responsable do Náutico, louvou a iniciativa da Deputación que vén sumarse ás propostas que nos últimos anos está a desenvolver desde o local para seguir crecendo ao abeiro da cultura. “A través da creación gaña o territorio, porque a través da mirada do artista e a súa creación o territorio referénciase”. Neste senso, destacou que con este tipo de propostas tamén “se deses‐tacionaliza a actividade dun lugar que está moi paralizado nos meses de inverno”.

Finalmente, “Transitar o im‐pensable” trátase dunha proposta de Rede Española de Asociación de Deseño (READ) a través de Gráficas En Negro (GEN) organizada ao abeiro do X Encontro Nacional de Deseño, que se vai celebrar no edificio Castelao do Museo. “Tráta‐se –explicou Carmela Silva- dun programa paralelo ao encontro que comezará este xoves, 20 de outubro, e estenderase ata o 25 de novembro, Día Internacional contra as violencias machistas, vertebrado arredor dun espazo efémero, con forma de triángulo de cor negra, que se vai situar no exterior do Pazo Provin‐cial, dende o que se reflexionará sobre cidade, feminismo e deseño a través de charlas, obradoiros e accións colaborativas”. Raquel Boo, representante de GEN e integrante do equipo de coordinación de “Transitar o impensable” agradeceu á presidenta e deputada de Cultura “a súa sensibilidade cara este pro‐xecto, o feito de entender a nece‐sidade da perspectiva de xénero e a forza do deseño como unha ferramenta con grande impacto social para conseguir o cambio”. Boo detallou que as actividades comezarán o xoves, 20 de outubro, con “Se podes imaxinalo, é posi‐ble”, a cargo de Antonia Santolaya, e continuarán o venres 21 coa inauguración do triángulo. O 29 de outubro terá lugar o obradoiro de gráfica feminista da man de Uqui Permui; o sábado 5 de novembro a charla-coloquio “Cal é o teu impensable”, a cargo de Rosa Millán; o 12 de novembro “Repensar a cidade. Miradas femi‐nistas” da man de Raquel Pelta; e, finalmente, o 19 de novembro o obradoiro de contrapublicidade “Hackea o discurso”, a cargo de 7H Cooperativa Cultural. O programa rematará o 25 de novembro cun acto de clausura no que se reco‐llerán os resultados das iniciativas desenvolvidas no marco de “Tran‐sitar o impensable”.

O 19 de novembro arranca o Nadal en Vigo

Marnotes pide unha oficina municipal que asesore contra ocupacións

O portavoz municipal do PP de Vigo, Alfonso Marnotes, volveu a reclamar ao Goberno local a creación dunha empresa municipal de vivenda, pois Vigo segue sendo xunto a Murcia a única cidade de máis de 250.000 habitantes que non dispón dunha. E no marco desta proposta, expuxo destinar recursos a unha oficina que se encargue de asesorar e informar os vigueses sobre ocupacións ilegais, “sobre que facer nestes casos e como poden recuperar as súas propiedades”.

Nestes termos pronunciouse o edil popular tras reunirse con Consolo, Juan Carlos e Silvia, a familia da rúa Cacharela de Teis que o pasado mes de setembro víase sorprendida cando un grupo de xente instalábase nunha vivenda da súa propiedade. Unha situación que mantén intranquilos a todos os veciños da zona á espera dun pronunciamento xudicial. “Non hai dereito que diante deste tipo de casos o concello mire para outro lado”, sinalou Marnotes, para lembrar que non é a primeira vez que o grupo municipal de‐nuncia casos similares.

Vigo acenderá as súas luces navideñas o 19 de novembro, o que significa, dixo Caballero, que “o Nadal arranca ese día en todo o planeta”. A decoración deste ano terá máis beleza e atraccións que nunca, ademais dun aforro enerxético “importantísimo”, dun 14,6%. “Desde o 19 de novembro, todo o mundo está invitado a gozar do Nadal de Vigo”, concluíu.

O túnel para autovía Vigo - O Porriño nos Orzamentos do Estado

Caballero subliñou coma “un fito histórico” no documento dos presupostos do Goberno de España, a autovía Vigo - O Porriño en túnel: “Nunca estivo nuns Orzamentos. É unha rea‐lidade irreversible e irrenuncia‐ble”, sentenciou.

O alcalde tamén falou dos avances en materia ferroviaria, logo de ter rematado o estudo hidroxeolóxico da liña de alta velocidade Vigo-Ourense por Cerdedo e o estudo de alterna‐tivas da saída sur ferroviaria de Vigo.

Rueda exixe un compromiso real do Goberno central co Ave Vigo-Por to

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, exixiu un compromiso “real” do Goberno central coa alta velo‐cidade Vigo-Porto por tratarse dunha “infraestrutura estratéxica e importante” para o desenvolve‐mento de Galicia, o norte de Portugal e tamén para todo o noroeste de España, “moi necesitada desta aposta estratéxica”, advertiu sobre esta conexión que permitirá reducir o tempo da viaxe entre as dúas cida‐des das dúas horas e vinte minutos actuais a menos dunha hora.

Ante a concreción de prazos e investimentos do Goberno luso de cara a conexión de alta velocidade entre Porto e Vigo, Rueda reclamou que agora “lle toca xa estar á altura” ao Gober‐no de España.

O BNG de Vigo elixe a Xabier P. Igrexas como candidato á Alcaldía

O Bloque Nacionalista Galego vén de elixir por unanimidade a Xabier P. Igrexas como candidato á Alcaldía de Vigo nas vindeiras eleccións municipais de 2023 co obxectivo de ‘resetear’ en positivo a cidade. A Asemblea Local da fronte nacionalista renova así a confianza no actual portavoz mu‐nicipal e concelleiro, poñendo en valor as 750 iniciativas despregadas durante o actual mandato para darlle “un novo impulso a Vigo”.

O Lagares contará cun paseo de 11 km

O alcalde achegouse ao inicio das obras do paseo fluvial do Lagares, entre Manuel Álvarez e a avenida de Madrid. Este trato dá continuidade ao corredor existente e permite enlazar co existente, entre Manuel Álvarez e o Mercado de Cabral, e a desembocadura do Lagares. Na súa opinión, esta actuación é un paso máis na transformación do Lagares no principal corredor ecolóxico da cidade. Desde o seu nacemento ata o final do seu curso, o río ten unha lonxitude de 17,7 km, con 8 km de paseo, que se verán incrementados nun 40%, cos 3,2 km que comezaron a construírse hoxe. Desta totalidade, 2,8 km descorrerán sobre o terreo natural cun ancho de 2,5 metros. Outros 400 metros de paseo estarán formados por estruturas de paso, ben pontes para o cambio de marxe, o ben para salvar obstáculos ou zonas de difícil relevo.

Este novo paseo enmárcase dentro dun corredor natural de 28.700 m2 que será obxecto de adecuación como zona verde de especial valor natural para o que se plantarán 140 árbores de gran porte como carballos ou freixos. Tamén se sementarán 640 exemplares de pequenas árbores ou arbustos para recuperar a biodiver‐sidade deste espazo fluvial.

A s f a l t a d o e m e l l o r a s n a E s t r a d a d a Ví a

O Concello de Mos ten como obxectivo que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria, é por elo que se realizaron durante este ano 2022, 17 asfaltados no termo municipal, que suman un total de 9 quilómetros de extensión.

Entre eles atópase a mellora da Estrada da Vía, que se atopa moi avanzada e a piques de finalizar, A obra de mellora da Estrada da Vía abrangue a lonxitude total da mesma, de 3,5 quilómetros que transcorren polas parroquias de Tameiga, Dornelas e Torroso. Obra financiada con cargo ao Plan Con‐cellos da Deputación de Ponteve‐dra cun importe de 354.928,61 euros.

A actuación abarca unha lon‐xitude total de 3.522,00 metros, con varios anchos e conleva as seguintes actuacións: actuacións previas, estruturas, execución de firmes e pavimentos, sinalización, balizamento e defensas, e reposi‐cións.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto co arquitecto mu‐nicipal, Ramón Vega, e a arquitecto técnico, Purificación Barciela, vi‐sitou esta mañá as obras.

Obra na que as actuacións previas incluíron impeza e desbroce dos bordes do vial, e limpeza de cunetas e noiros. Respecto dos firmes e pavimentos a rehabilita‐ción é mediante regularización da capa de rodadura coa aplicación de 1 cm. de asfalto. Nalgún tramo intermedio da estrada da Vía, de‐bido a que conta cun ancho inferior a 7,00 metros e debido ao alto tráfico que soporta, amplíase a plataforma dentro dos límites das aliñacións do planeamento vixente, para mellora o trazado e posibilitar o cruce de grandes vehículos con maior seguridade.

O recrecido, consiste na exten‐sión dunha capa de rodadura de mestura bituminosa en quente, tipo formigón bituminoso de 5 cm. de espesor, con áridos de desgaste estendida e compactada. No tocante ás estruturas am‐pliouse o ancho do vial nun tramo de 80,00 metros de lonxitude. Debido a isto foi preciso executar un muro de contención de 10,00 metros e 1,70 metros de altura, para a contención de terras. Con cimentación directa, por apoio sobre o terreo da base do muro. Para a contención proxectouse un muro de gravidade, formado por escollera e/ou pezas de pedra de dimensións adecuadas. Con carác‐ter previo á execución do muro refinouse a excavación ata deixar superficies regulares.

Esta mellora tamén inclúe obras adicionais necesarias para realizar actuacións que non estén englobadas na pavimentación pero que son imprescindibles para que a obra quede perfectamente rema‐tada e garantir totalmente a segu‐ridade viaria. Como obras adicio‐nais consideranse, entre outras o arranxo de beiravías e cunetas. Un exemplo da realización de obras adicionais e a que se pretende realizar de realizacion de canaletas de formigón, que protexen a zona asfaltada de filtracións de auga e de vexetación. Asemade procedeuse á limpeza e substitución das táxeas existentes, para mellorar a evacua‐ción das cunetas e dos regadios existentes.

Por útimo dotarase con sinais de prohibición e obriga co fin de facilitar as incorporacións ás inter‐seccións.

Mos contará cunha nova superficie comercial

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Urbanismo, José Areal, informaron da concesión de licenza para construción dunha nova nave na zona comercial de As Angustias (Sanguiñeda) por parte de ALDI Supermercados S.L.

Trátase dunha zona que leva experimentado unha gran expan‐sión e crecemento desde o ano 2012, xa que desde entón lévanse asentado en Sanguiñeda 2 grandes supermercados (Gadis e Mercado‐na. ALDI será o 3º), unha gran superficie dedicada á decoración e o bricolaxe, Leroy Merlin, e un restaurante dunha cadea interna‐cional de comida rápida, Burger King. Creando centos de empregos que continuarán a ampliarse agora coa nova apertura de ALDI, que xerará sobre 20 novos postos de traballo, e que implicará tamén a implantación de 3 novos operado‐res comerciais a maiores (2 de venda comercial e 1 de restauración autoservizo de comida rápida).

A licenza concedida na Xunta de Goberno Local desta tarde autoriza a construción de nave para distribución comercial ALDI e 3 operadores comerciais. Por parte da sociedade ALDI Supermercados S.L., levarán a cabo as obras necesarias para a construción dunha nave comercial, destinada á venda de produtos de alimentación, así como tres locais na planta inferior, dúas delas dedicadas tamén á venda comercial e a terceira destinada á restauración de autoservizo.

A edificación divídese en dúas plantas diferenciadas mediante plataforma. Na cota superior atópanse as instalacións destinadas á distribución comercial da propia marca e aparcamento, accedendo desde Rúas das Angustias (antiga N-120). Á planta inferior accédese mediante rampla desde esta mesma rúa ou mediante rampla que co‐munica ambas as plataformas. Esta superficie repártese nunha edificación para distribución de comida rápida de autoservizo na zona oeste do solar e en aparca‐mento, dous locais para operadores alleos á promotora e carrís de circulación na zona este do solar, baixo plataforma.

O obxecto do proxecto, redactado pola enxeñería Soltec Ingenieros, ten como actividade principal a venda polo miúdo de produtos de alimentación e de limpeza do fogar. Como actividade secundaria inclúese o aparcamento de vehículos para os clientes. A empresa instalarase nun solar situado en Rúa das Angustias, antiga N-120. O proxecto inclúe as instalacións da súa nave comercial, con todos os anexos correspondentes necesarios para a súa actividade.

Técnicos do Concello de Mos e do Instituto Galego de Vivenda e Solo, IGVS, reuníronse o venres 14 de outubro en Santiago de Com‐postela para tratar a posta a dispo‐sición da parcela municipal de 2.000 metros cadrados ao IGVS, e que este poida ir iniciando o procedemento de contratación da redacción do proxecto.

Esta parcela de 2.000 metros cadrados forma parte dun terreo de 6.000 metros cadrados, de titulari‐dade e propiedade municipal na súa integridade. É por elo que cómpre parcelar a parte que se lle vai a ceder ao IGVS.

Para elo o Concello de Mos aprobará en Xunta de Goberno Local o acordo de posta a disposición da parcela, para logo aprobar o acordo de cesión da mesma en Pleno. Prevese que a cesión da parcela ao IGVS sexa levada ao Pleno antes do remate do presente ano 2022.

A listaxe municipal de deman‐dantes de Vivenda Protexida, que se abriu o pasado 1 de xuño para a inscrición dos interesados neste tipo de vivenda en Mos, e que durante a primeira semana recollía 60 solicitudes, consta xa, a data de hoxe, de 378 persoas inscritas.

A listaxe municipal de deman‐dantes de Vivenda Protexida con‐tinúa activa para que todos os interesados poidan anotarse. O Concello tramita as solicitudes no rexistro oficial autonómico de Vi‐venda Protexida de Galicia para que a Xunta inicie os trámites pertinen‐tes, xa que para acceder a unha vivenda protexida é imprescindible estar inscrito no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia.

O Plan de Vivenda Protexida en Mos concreta San Eleuterio como a zona na que desenvolver de xeito máis inminente o Parque de Vivenda Protexida no municipio. Para elo prevese actuar de xeito inmediato nun solar de 2.000 metros cadrados de propiedade municipal, que se lle cede á Xunta de Galicia a tal fin; e no que se levará a cabo o remate da FASE 2 de San Eleuterio.

Neste solar de 2.000 metros cadrados construiranse as primeiras vivendas, unha vez sexa efectiva a posta a disposición da parcela á administración autonómica por parte do Concello de Mos. A Xunta, unha vez que dispoña da parcela, encargará a redacción do proxecto de construción.

Este Plan de Vivenda Protexida en Mos verase complementado polo proxecto de remodelación da con‐torna da Capela de San Eleuterio en Tameiga, coa que se transformará totalmente esta zona e que será financiada pola consellería de Me‐dio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.

Polo tanto o plan de actuación abarca un total de 25.000 metros cadrados entre as actuacións de Vivenda Protexida en San Eleuterio e a remodelación da contorna da Capela de San Eleuterio.

Aínda que a zona de actuación máis inminente para establecer o novo Parque de Vivenda Protexida en Mos é San Eleuterio, na parro‐quia de Tameiga, Concello e Xunta informan de que seguirán a traballar e explorar outras zonas de cara ao futuro, tendo en conta o crecemen‐to poboacional e a demanda exis‐tente na localidade mosense.

Este Plan de Vivenda Protexida en Mos supón unha gran oportuni‐dade residencial no municipio. O desenvolvemento de solo residencial no municipio é una das prioridades e apostas fortes do goberno local e da súa alcaldesa, Nidia Arévalo.

Avanzan os trámites para as novas Vivendas Protexidas en San Eleuterio

Femupo colaborará grupo de teatro Mulleres en Igualdade de Mos

A colaboración formalizouse nun encontro entre a presidenta de Femupo, Raquel Touriño, e as integrantes do grupo de teatro, no que tamén participaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo e a conce‐lleira de Igualdade, Sara Cebreiro. “Queremos axudar a esparexer a arte deste grupo pola provincia e que as súas integrantes sexan exemplo para outras mulleres xa que, como elas mesmas din, o teatro as libera e as empodera,” explicou Touriño durante o encontro.

A colaboración con Femupo permitirá levar de xira a penúltima das súas obras ‘As Ghaliñas de Mos’, sendo a primeira parada o centro cultural de Cerdedo-Coto‐bade, o vindeiro 26 de novembro.

O grupo de teatro Mulleres en Igualdade de Mos leva once anos en activo, montando obras que dende o cotiá fomentan a igualdade de xénero. A agrupación naceu en 2011 a raíz dun curso de autoestima organizado polo Concello e tras máis dunha década xa contan con representacións de autoría propia.

As súas doce integrantes afirman que grazas ao teatro, superan complexos, sacan forzas para solucionar problemas fami‐liares, e tamén atopan momentos de evasión.

O Inglés para a obtención do Trinity é financiado polo Concello de Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, acompañaron ao alumnado do colexio de Petelos no seu primeiro día da actividade extraescolar de Inglés financiada polo Concello de Mos que comeza esta semana nos 5 CEIPs públicos do municipio.

No CEIP de Atín-Cela participan da iniciativa un total de catro grupos; 1º, 2º, 3º e 4º, 5º e 6º cursos (total 50 nenos/as). No CEIP de Petelos, 3 grupos; 1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º (total 42 nenos). No CEIP Mestre Martínez Alonso, 4 grupos; 1º, 2º, 3º e 4, 5º e 6º (total 44 nenos), no CEIP Pena de Francia son 4 grupos; 1º, 2º, 3º e 4º, 5º e 6º (total 54 nenos) e no CEIP Mestre Valverde Mayo son 3 grupos de 1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º (total 43 nenos). Entre os 5 colexios suman un total de 233 beneficiarios desta actividade.

Deste xeito Mos prepara aos seus escolares para o Certificado Trinity e para elo a administración local inviste preto de 27.000 euros. Esta iniciativa promovida polo Concello de Mos faise en colabo‐ración coas ANPAs dos 5 colexios públicos mosenses: CEIPs AtínCela, Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, Mestre Valverde Mayo de Sanguiñeda, Pena de Francia e Petelos. Trátase do Programa Municipal de Inglés curso 2022-2023. O programa impartirase durante todo o presente curso escolar den‐tro das actividades extraescolares organizadas polas ANPAs que se realizan nos centros educativos. As clases teñen lugar un día á semana (en horario de tarde), de luns a venres, en cada CEIP, xa que son 5 colexios. O curso finánciao ao 100% o Concello de Mos investindo un orzamento total de preto de 27.000 euros asumindo o custe total dos profesores. Polo que as familias beneficiarias non terán que pagar nada por cada neno participante.

Durante o curso prepararase ao alumnado participante para a obtención doCertificado Trinity. Os exames Trinity son probas que outorgan títulos oficiais de inglés recoñecidos mundialmente me‐diante o Trinity College London.

Tanto as representantes muni‐cipais, Arévalo e Loureiro, como as membros das ANPAs mosenses destacan “a importancia que o inglés ten para o futuro académico e laboral dos nosos nenos e mozos, é unha das claves para o éxito profesional e fundamental para desenvolverse en países do estran‐xeiro. É una ferramenta impres‐cindible para eles, da que quere‐mos dotalos para que o futuro de Mos estea o mellor preparado posible”, declararon.

Soterramento de columnas de media tensión en Peinador

O Concello de Mos cursou solicitude de soterramento das mesmas a Fenosa facéndose eco da demanda veciñal, dado o que estas infraestuturas su‐poñen, tanto estética como ambientalmente.

Tras o procedemento previo necesario a tal fin, a eléctrica respostou afirmativamente á administración local, tras o que presentou solicitude de licenza urbanística para acometer os traballos. Permiso municipal co que conta.

Polo tanto, aproveitando a obra de mellora da Estrada da Vía, iniciáronse os labores de soterramento, simultáneamente e de xeito coordinado. Deste xeito lograrase unha optimización integral dunha das principais zonas urbanas de Mos e dáse resposta á solicitude dos veciños de Peinador, cos que a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, adquirira o firme compromiso de soterrar estas liñas.

A lonxitude total de liña de Media Tensión subterránea proxectada é de 1.526 metros, que discorrerá por nova canali‐zación dentro dunha gabia de 0,4x1,4 metros de profundidade con 4 tubos de polietileno de alta densidade 160mm de diámetro.

O tramo entre o apoio e a primeira arqueta discorrerá por canalización existente. A lonxi‐tude total da canalización pro‐xectada é de 711 metros, con reposición do pavimento actual, o cruzamento coa EP-2603 realizarase con perforación dirixida. Este novo tramo subterráneo irá desde o paso aéreo subterráneo instalado no apoio proxectado en substitu‐ción ao existente, aproveitando a cela libre.

A depuradora de Petelos cambiarase por unha conexión directa ao Saneamento

Mos duplica o impor te do contrato da recollida de lixo sen subir a taxa

O Pleno do Concello de Mos aprobou na última sesión ordi‐naria o expediente de contratación do novo contrato de servizos de recollida de lixo e limpeza viaria, que supón o doble do importe anual da anterior concesión, sen que isto supoña suba no importe da taxa para a veciñanza, que leva conxelada desde fai 10 anos. A última actualización da taxa mu‐nicipal do lixo produciuse no ano 2012.

Outra novidade do novo contrato é que a duración ante‐riormente era de 3 anos, prorro‐gables ata en 2 ocasións por un ano máis. Agora o contrato adxu‐dicarase polos 5 anos, que son o máximo legal, por considerarse unha fórmula máis resolutiva desde o punto de vista da xestión municipal e de custes, evitando trámites (prórrogas), e facéndoo máis atractivo para as empresas que se presenten.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacou sobre todo a este respecto “o aumento do prezo do contrato, que non implica repercusión no cobro da taxa aos veciños, que seguirán a pagar o mesmo”. O importe do contrato actual aínda en vigor ascede a 525.149,94 euros ao ano (sen IVE), mentres que a nova pro‐posta elévase a case o dobre, al‐canzando os 1.024.847,34 euros anuais (sen IVE).

Arévalo, rexedora local mo‐sense, explicou tamén que “este notable aumento ven motivado pola subida actual de custes, pola nova lei de residuos a nivel nacional (Lei 7/2022, do 8 abril, de residuos e chans con‐taminados) e nova lei de resi‐duos galega (Lei 6/2021, do 17 de febreiro); e, sobre todo, polas importantes melloras incluídas no contrato, que se reflicten no aumento das fraccións, o incre‐mento das zonas de limpeza viaria, o investimento en nova maquinaria e a renovación do parque de contedores con 1.454 novas unidades”.

Debido a que a EDAR de PETELOS ten unha serie de deficiencias que impiden un tratamento adecuado e que os gastos enerxéticos e de mantemento non están xustificados polo grao de depuración realizado, o Con‐sorcio de Augas do Louro, licitou recentemente a obra para anulala e executar un pozo de bombeo para que, mediante un tubo de impul‐sión de PEAD de 180 mm de diámetro e 685 metros de lonxitude, permita enviar a auga residual que actualmente chega á depuradora, á rede de saneamento existente.

O pozo de bombeo realízase en formigón armado de dimensións interiores en planta 3,70 m por 4,00 m e 4,0 m de profundidade. O espesor das paredes é de 0,40 m. As dimensións interiores da cámara de chaves anexa son de 1,9 m por 2,3 m e 2,75 m de altura interior. Dentro do pozo de bom‐beo disporanse dúas bombas capaces de elevar, individualmente, un caudal de 22,3 l/s a unha altura de 6m.c.a. O sistema de funciona‐mento será mediante 2 bombas (1+1) e a regulación da velocidade das bombas con variadores de frecuencia para que o réxime de impulsión sexa o máis regular e laminar posible. Contará cun ces‐tón de grosos e un aliviador con válvula antirretorno.

O prazo estimado das obras son 6 meses e o orzamento con IVE incluído ascende a 140.405,00€.

O Concello forma voluntarias e voluntarios para os Puntos Lila

O Centro de Información á Muller, CIM de Mos, pon en marcha un programa de forma‐ción destinado a sensibilizar á xuventude en igualdade e vio‐lencia de xénero.

O obxetivo é crear un grupo de voluntarios que colaborarán co CIM nas campañas que este realiza durante todo o ano especialmente colaborando nos “puntos lila” que o Concello instala nas festas, verbenas, concertos, festivais e diferentes actividades culturais e iniciativas varias de lecer. Levan todo este verán instalándose pun‐tos lila en actividades e eventos celebrados no concello.

Os interesados poden inscribirse a través do formulario “punto lila” que atoparán na páxina web do Concello www.mos.es

Para máis información, os interesados poden poñerse en con‐tacto co persoal do CIM a través do teléfono 673069866 ou do correo electrónico cimxuridica‐@concellomos.es

Continúan as cesións de terreo para a mellora da Estrada Tameiga-Pereiras

A finais de setembro cele‐brouse no Multiusos das Pozas unha reunión cos propietarios das parcelas nas que son necesa‐rias cesións para completar a mellora da Estrada TameigaPereiras. Realizouse tras ter levado a cabo un estudo topogáfico previo, de medición pormeno‐rizada e de estaquillado.

Na reunión coa veciñanza indicóuselles en detalle o trazado da nova senda e o seu deseño. Asistiron a alcaldesa, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, o edil mosense de Urbanismo, José Areal, o técnico de administración xeral, Víctor Rodríguez, e o arquitecto municipal, Ramón Vega.

Os veciños propietarios de parcelas nas que sería necesaria cesión para a senda son sobre 100. Na xuntanza, entre os presentes, manifestouse unha vontade maioritaria de cesión.

Co o estaquillado realizado na Estrada Tameiga-Pereiras este pasado verán, que marca as cesións que serían necesarias para com‐pletar a mellora deste vial, reali‐zouse tamén un estudo topográfi‐co previo para a nova senda peonil da Estrada Tameiga-Pereiras.

A nova senda peonil irá precedida da remodelación da contorna da Capela de San Eleu‐terio. O proxecto de remodela‐ción da contorna da Capela de San Eleuterio en Tameiga será previo ao inicio desta senda, e con el transformarase totalmente esta zona. A obra na contorna da Capela de San Eleuterio é o paso previo á mellora da Estrada Tameiga-Pereiras, onde se acome‐terá a senda peonil.

Mos pon o GPS cara ao emprego

Este mes levouse a cabo a Mesa Sectorial: GPS o Emprego da man do tecido empresarial de Mos e contando coa asistencia e participación da alcaldesa Nidia Arévalo e da Concelleira de Promoción Económica, Desen‐volvemento Empresarial e Em‐prego, Julia Loureiro.

O evento celebrouse no espazo colaborador Zen Suite & Garden contando coa presenza de Tania Herbojo, técnica de selección de Vegalsa Eroski; Sandra Lalín, responsable de Recursos Huma‐nos de ILUNION; Camilo González, Coordinador de Formación e Xestión de Calidade do Grupo Lar; Carlos Casal, HR Manager de Benteler e, Lucía Alonso como CEO da Quinta de Rivas.

Estes e estas profesionais compartiron con 60 participantes, integrantes do Programa Integra‐do de Emprego e demáis intere‐sados/as, as claves dos seus pro‐cesos de selección, os diferentes perfís profesionais que buscan e os requisitos e actitudes valoradas dende a perspectiva dos propios técnicos e técnicas de selección para, deste xeito, poder acadar con éxito a inserción laboral.

Para cerrar o evento, realizouse un “Cofee-break” participativo onde todas as persoas participantes tiveron a oportunidade de com‐partir os seus intereses e motiva‐cións profesionais co persoal integrante da mesa sectorial.

A iniciativa atópase incluída no Programa Integrado de Em‐prego do Concello de Mos e foi guiada pola directora do mesmo, Cecilia Prieto.

Tanto dende o Concello de Mos coma dende o Protrama Integrado de Emprego quixeron agradecer a colaboración e parti‐cipación activa tanto das persoas asistentes coma das empresas que ofreceron as súas claves dos seus procesos de selección de persoal.

Gustavo Barcia repetirá como candidato do BNG

A militancia do BNG de Mos renovou a súa confianza en Gus‐tavo Barcia como candidato á alcaldía. O actual portavoz muni‐cipal, que en 2019 liderou por primeira vez a lista da formación nacionalista para as eleccións municipais, obtivo o respaldo unánime da Asemblea Local e será cabeza de cartel nos comicios do próximo mes de maio.

Ecovidrio presentan a campaña solidaria ‘Recicla Vidro por elas’

Ecovidrio, a entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión da reciclaxe dos residuos de envases de vidro en España, pon en marcha por oitavo ano consecutivo a campaña “Recicla vidro por elas”. Unha iniciativa que ten como obxectivo mobilizar á cidadanía para reciclar envases de vidro para coidar do medioambiente e con‐tribuír así cunha causa solidaria: a prevención do cancro de mama. Desde hoxe e durante as próximas semanas, 1 iglú rosa estará situado en Mos, concretamente no Alto de Puxeiros.

A Xunta executará ou activará 15,7 m€ en investimentos no Porriño

Os delegados territoriais da Xunta en Vigo e Pontevedra, Marta Fernández-Tapias e Luis López, anunciaron que o Goberno galego executará ou activará investimen‐tos por 15,7 millóns de euros no que resta do presente ano no Concello do Porriño, segundo se analizou na primeira sesión con‐xunta da Comisión Provincial de ambas delegacións territoriais, celebrada na casa consistorial deste municipio da Louriña.

“O Porriño é un dos concellos máis importantes de Galicia, cun gran valor estratéxico, moito peso empresarial e unha dinámica as‐cendente, xa que foi o último en incorporarse ao destacado grupo dos 23 concellos galegos de máis de 20.000 habitantes. Ademais dinamiza social e economicamente a unha ampla contorna, polo que dende a Xunta apostamos de xeito global polas súas necesidades cuns fortes investimentos, que son per‐fectamente visibles, que proceden de todas as consellerías con moita intensidade e que amosan o abso‐luto compromiso do Goberno galego para colaborar co seu de‐senvolvemento”, manifestou Mar‐ta Fernández-Tapias.

Os delegados territoriais, acompañados polas dúas secreta‐rias territoriais e pola ducia de xefes territoriais das distintas consellerías que conforman este órgano, foron recibidos no Con‐cello polo alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e por outros representantes municipais e agra‐deceron a acollida e a cesión deste espazo para celebrar esta comisión ao abeiro do seu percorrido itine‐rante por toda a provincia. Cóm‐pre sinalar que, no marco da política de descentralización e cercanía da Xunta por todo o territorio, estas xuntanzas de tra‐ballo xa se celebraron anterior‐mente en municipios como Covelo, Oia, O Grove, Campo Lameiro, Lalín, Marín, Pontecesures ou Rodeiro e chegan por vez primeira á bisbarra da Louriña.

Na reunión fíxose un estudo de situación das principais cues‐tións da Xunta de Galicia na pro‐vincia de Pontevedra, abordando a situación sanitaria da pandemia da covid-19 e a inoculación da cuarta dose da vacina, o axeitado inicio de curso en todas as etapas educativas, a parte final do Xa‐cobeo, -ao que lle restan 82 días, a fase final da época de alto risco de lumes forestais ou as distintas liñas de axudas para incentivar o consumo e axudar ás familias durante o outono, como o Bono Turístico 2022, o Bono Activa Comercio ou o Bono Cultura, entre moitas outras cuestións.

Así mesmo, e tal e como se fai en cada municipio que acolle a comisión, analizáronse polo miúdo os investimentos da Xunta, neste caso os 15,7 millóns de euros para o Concello do Porriño, co obxectivo de trasladar diversos aspectos ás distintas consellerías para que a súa xestión sexa o máis áxil posible.

As actuacións máis destacadas para o que resta de ano enmárcan‐se, principalmente, en cuestións sanitarias, educativas, empresariais e de infraestruturas, xa que figuran a ampliación, xa en marcha, do centro de saúde ata os 3.000 m2 (4,5 millóns de euros); o vindeiro Centro de Fabricación Avanzada de Automoción (4,3 millóns de euros); a rehabilitación integral do IES Pino Manso e outras me‐lloras nos CEIP Xosé Fernández e da Ribeira, así como a implan‐tación do Ciclo Medio de Pedra Natural no IES Ribeira do Louro, que suman 2,1 millóns de euros; ou as tres sendas para mellorar a seguridade viaria nas estradas au‐tonómicas PO-407, PO-510 e PO-329. Deste xeito, xa están redactados os proxectos, para a súa próxima contratación, dos itinerarios peonís entre Budiño e o límite con Salceda (1 millón de euros), da vía cara ao municipio de Mos (200.000 euros) e da zona urbana da PO-329 (1,2 millóns de euros).

Tamén figuran o recentemente iniciado obradoiro de emprego, dotado con 504.000 euros, os 1,55 millóns de euros en inves‐timentos sociais para o Servizo de Axuda no Fogar, as prazas de atención ao Alzhéimer, o Risga ou o Plan Concertado, aos que haberá que engadir o importe pola gratuidade de 396 prazas nas seis escolas infantís do mu‐nicipio, as 40 prazas de atención a maiores ou a mellora de equi‐pamentos na ducia de centros sociais do Porriño. Finalmente, a Xunta destinará máis de 310.000 á mellora de camiños rurais a través do Plan Marco é á renovación de equipamentos e infraestruturas urbanas co Fon‐do de Cooperación Local, o Fondo de Compensación Am‐biental ou a orde de infraestru‐turas de uso público.

Novo golpe a AMAZON "por ter aos traballadores no réxime de autónomos"

Parte dunha denuncia de UXT Vigo contra AMAZON por usar a particulares para as súas reparti‐cións de AMAZON FLEX. Ins‐pección de Traballo de Vigo resolve a favor do sindicato

Desde que AMAZON comazase a traballar no Porriño, foron varias as denuncias expostas polo sector do transporte de UXT Vigo, que entendeu que "incumpre de forma manifesta a lexislación laboral vixente no noso país".

A multinacional do envíou a domicilio "creou este novo sistema polo cal ofrecía ós particulares a posibilidade de aumentar os seus ingresos mediante a repartición dos seus paquetes empregando os seus vehículos particulares". Des‐de UXT denunciaron que esa idea non se axustaba á legalidade, e que a relación entre estas persoas e AMAZON era “unha clara relación laboral”.

A raíz da denuncia de UXT Vigo, AMAZON paralizou o sistema AMAZON FLEX, quizáis sospeitando que as súas preten‐sións de saltarse as normas podrían traerlle consecuencias tras a denuncia de UXT. Pois ben, agora a Inspección de Traballo de Vigo resolve a través dunha actuación moi ampla e rigorosa que eses “particulares” eran traballadores, e a consecuencia AMAZON debe abonar as cotiza‐cións dos mesmos no Réximen Xeneral da Seguridade Social.

A día de hoxe, xa se ordenou desde o organismo de inspección que se curse o alta retroactiva dos traballadores no réximen xeral da seguridade social.

Desde o sector do transporte de UXT Vigo sinalan que "ale‐grámonos que AMAZON véxase obrigado a cumprir a normativa laboral deste país, que se recoñeza

Carmela Silva explica os 13,5 millóns de euros investidos pola Deputación no Porriño

A presidenta da Deputación e do PSdeG-PSOE, Carmela Sil‐va, mantivo unha xuntanza de traballo coa agrupación socialista de O Porriño na que se analizou o modelo de colaboración estable da Deputación, que xa se traduciu nun investimento acumulado de 13,5 millóns de euros neste con‐cello dende 2016. “Un modelo regrado”, explicou, “dunha Admi‐nistración provincial que traballa para tódolos concellos que con‐trasta cunha Xunta caciquil que goberna só para algúns concellos, os que teñen Alcaldía do PP, e que, ademais, se colga a medalla, con descaro e deslealdade institu‐cional, das obras que financian os fondos que envía o Goberno de España”.

A presidenta amosouse “moi sorprendida” ao coñecer os datos das/os socialistas de O Porriño que apuntan a que a Xunta tan só executou 8,5 millóns de euros dende 2009, unha cifra que que‐daría reducida á metade se non se toma en conta a ampliación do Centro de Saúde, que vén de comezar. O secretario xeral local, David Alonso Bargiela, destacou que, ademais, esta obra, adxudicada en 4,3 millóns de euros, finánciase cos fondos extraordinarios Covid que enviou o Goberno de España a Galicia “polo que se examinamos o que fixo a Xunta con fondos propios é para botarse a chorar.

“Hai unha Deputación que inviste no Porriño unha media de 2 millóns de euros anuais”, afirmou Carmela Silva, “asignándoos cos mesmos criterios que ao resto dos concellos da provincia, e hai unha Xunta que só investiu no Porriño unha media de 600.000 euros ao ano e que agora quere vender fume electoral. Pero a xente debe saber que todo o que se anuncia agora dende a máquina de propaganda da Xunta son cousas que tiñan que estar feitas hai moito tempo e que, ademais, fináncianse con fondos estatais. As previsións reais da Xunta, con fondos propios, para O Porriño son unha cifra moi redonda, porque parécense moito ao cero”.

Neste senso, David Alonso cualificou como “insultante” a recente visita institucional da Xun‐ta na que se prometeu un investi‐mento de 15,7 millóns de euros ata o próximo mes de decembro. O secretario xeral local preguntouse en que caixón quedaron os 3 mi‐llóns comprometidos hai ben pouco para a descontaminación do lindano na estrada do Contrasto e que se ía adxudicar antes de finais de ano. “Logo vendéronnos unha ampliación do Centro de Saúde que tiña que estar xa inaugurada en 2010, un centro avanzado de automoción que se paga cos fon‐dos Next Generation que capta o Estado mentres a Xunta cruza os brazos e unhas obras nuns colexios e un instituto obsoleto que tamén proceden de fondos europeos xestionados por España.

Ademais diso tres sendas peonís de regalo, con forte tufo electoral, como se a seguridade viaria de‐pendera das eleccións de turno”. O secretario xeral local engade que mesmo “as migallas que nos anuncian a bombo e platillo para o Servizo de Axuda no Fogar, a RISGA, as prazas de atención ao alzhéimer ou o Plan Concertado teñen orixe nos fondos estatais para atención á dependencia, uns fondos estatais que creceron con Pedro Sánchez un 150% con respecto á partida escuálida que deixou Mariano Rajoy.

61 obras feitas e 240 traballadores contratados

Carmela Silva subliñou que a diferencia “entre un bo goberno e outro inexistente” demóstrase coas cifras e cos nomes e apelidos das obras e actuacións que cada goberno impulsa. Así, durante a xuntanza coa agrupación socialista porriñesa deu conta detallada dos 13,5 millóns de euros “contantes e soantes” achegados pola Depu‐tación nestes últimos 7 anos. De‐les, uns 10 millóns correspóndese ás anualidades regradas do Plan Concellos, que fixeron posible xa a execución de 61 obras, entre elas a urbanización das rúas Manuel Rodríguez e Aloques, decenas de actividades sociais e a contratación temporal de 240 traballadoras/es. O Porriño recibe este ano ata 1.751.840 euros do Plan Concellos cos que vai acometer o saneamento de A Droza, Covelo, Mosteiro, rúa Lugo e o Camiño do Cristo da Pereira, entre outros lugares, ademais de asfaltar en Vitureira e Dorna (Budiño), Relva (Torneiros), Vilafría, Louriña-Cadaval (Mo‐sende), Centeáns-Morzón e Ri‐beira-Noval, no tramo de Miraflor (tamén en Torneiros).

"O Pinchorriño" non se celebrará este ano tras 15 edicións consecutivas

Era unha cita tradicional no Porriño na axenda de novembro e contaba con miles de participantes Novo aparcamento gratuíto no centro

O Porriño habilitará unha nova zona de aparcamento gratuíto no centro urbano. O Concello do Porriño vén de formalizar o arrendamento de dúas parcelas que abranguen unha superficie total de máis de 9.000 metros cadrados nunha zona estratéxica do centro urbano.

Trátase de dous solares ubicados fronte ao instituto Pino Manso, un de 6.500 m² que linda co acceso á Risca e a rúa Antonio Palacios e outro de 2.650 m² lindante co colexio Hermanos Quiroga.

Este aparcamento disuasorio permitirá estacionar um importante número de vehículos nunha zona de gran afluencia ao estar xunto a dous colexios, o instituto, polide‐portivo municipal e preto do centro de saúde.

A Xunta inicia o obradoiro de emprego “Rehabilita Salceda”

O CDL do Torrón acolle o obradoiro dual de emprego “Rehabilita Salceda” que formará e empregará a 20 persoas que traballarán reformando e reha‐bilitando a casa do mestre anexa a aula de San Xurxo, o tellado da aula de Picoña, ambas pertencentes ao CRA Raiña Aragonta, e no acondicionando dun espazo municipal para o almacenamento selectivo de refugallos.

O alumnado-traballador seleccionouse a través de oferta presentada no Servizo Público de Emprego de Galicia da Xunta, e tras superar as probas dun tribu‐nal avaliador segundo as bases aprobadas, e será empregado a través dun contrato de formación e aprendizaxe.

Para levar a cabo o proxecto contratouse persoal directivo, docente e de apoio, que xestio‐nará e executará o proxecto dende o propio CDL O Torrón en Salceda a parte formativa. Esta complementarase coa alternancia de traballo e práctica profesional no concello de Salceda, para así recibir unha formación profesional adecuada á ocupación elixida.

Marta Mariño Xefa Territorial de Emprego e Igualdade de Vigo explica que dende a Xunta de Galicia sempre se apostará polos obradoiros de emprego como ferramentas para combinar de forma axeitada a formación teóri‐ca e a práctica e obter bos resul‐tados para mellorar a capacidade de inserción laboral do alumnadotraballador participante.

Verónica Tourón alcaldesa e concelleira de emprego e forma‐ción sinala que “Para o concello é importante porque o seu traba‐llo redundará no benestar da veciñanza de Salceda”.

Un veciño de Salceda na UCI tras un violento roubo

Un veciño da parroquia de Soutelo, en Salceda de Ca‐selas, tivo que ser ingresado na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo en estado grave despois de que fose ato‐pado tirado nun parque cun forte golpe na cabeza.

As primeiras hipóteses apuntan a un roubo violento, debido a que ao parecer tras o ataque desaparecéranlle 700 euros que levaba consigo.

A Garda Civil solicitou testemuños sobre os pasos deste home e recolleron vesti‐xios no lugar dos feitos, tratando de pescudar se o asaltante podía ter ou non algunha relación coa vítima.

O PP pide mellorar o acceso ao IES Pedras Louras

O Partido Popular de Salceda de Caselas solicita mediante unha moción a mellora do acceso ao IES Pedras Louras, na Revolta, Parderrubias. Consideran os populares que ese tramo soporta “moito tráfico e non hai unha zona na que os peóns poidan cruzar de maneira segura”. Por iso propoñen que se realice un estudo de viabi‐lidade dunha rotonda así como a creación dun paso para peóns e unha prolongación da senda que xa existe na contorna. Tamén consideran importante impulsar unha nova na marxe esquerda en dirección Soutelo.

Os populares elevarán a petición á Xunta se o pleno apoia esta moción.

Telefónica retira a última cabina de Salceda

A compañía Telefónica infor‐mou por carta ao Concello de Salceda de Caseñas da súa inten‐ción de desmontar nos próximos meses a cabina teléfónica que existe na Praza do Concello, ao deixar de ser considerado un ben necesario coa entrada en vigor da nova Lei de Telecomunicacións no mes pasado de xuño.

A de Salceda non é a única cabina que desaparecerá da paisaxe urbana, xa que Telefónica está a enviar a mesma notificación ao resto de municipios onde aínda permanecen estes elementos.

O PP aler ta dunha deuda de 3.245.000 € no concello de Salceda

Sinala que o concello ten 1290 facturas sen pagar

O Grupo Municipal Popular de Salceda de Caselas ven de comunicar que as contas do ano 2021 do Concello “non poden ter peor resultado”. En plena saída da pandemia, o goberno, según manifestan, fixo “un copia e pega case na sua totalidade dos malos orzamentos do 21, un darlle a pelota cara adiante sen ter en conta a realidade da si‐tuación, da sociedade, das de‐mandas e das prioridades básicas dos salcedenses”.

“Seguiron gastando o que non se ten e en cuestións impro‐ductivas, sen comparar alterna‐tivas orzamentarias, adxudican‐do a dedo e incumprindo reite‐radamente a Lei de contratos públicos, sendo de novo, o go‐berno máis caro de Galicia tendo en conta o orzamento e a pobo‐ación do municipio. Por todo o sucedido durante o ano 2021 respeto da execución desas con‐tas, os populares reiteran que “non se pode pechar un exercicio económico con centos de factu‐ras e varios millóns de euros pendentes de pagar ”.

Dende o PP din que “o goberno bipartito está disposto a gastar o que non teñen, deixalo a deber e seguir cruxindo a impostos -catastrazo- os salce‐denses engaden que “non existe unha lista de prioridades en canto a melloras e servizos, non hai transparencia na entrega de documentos solicitados, incum‐pren reiteradamente a Lei de Contratos, non queren ter debates importantes que falen do futu‐ro, porque non son quen de porse de acordo entre o propio goberno en cuestións como o Centro de Día ou a Galiña Azul, entre outros.”.

Os populares afirman que “3.245.000€ son moitos euros sen pagar para un orzamento de 5,5 millóns. Unha cousa é que estiveran todos financia‐dos, e outra moi distinta é que moito máis da metade se deben a proveedores que fan e serven de prestamistas finan‐ceiros o Concello”.

Doutra banda sinalan que “a recaudación bateo récor. Un 24,2% máis que o ano anterior!, e aínda así, deixan centos e centos de facturas sen abonar. Nun ano tan malo para a sociedade en xeral, este goberno non tivo a sensibilidade social necesaria, non foi quen de por en marcha ningunha medida que aliviase a situación das familias e fogares.

“Nese ano 2021, o goberno das señoras Tourón e Castiñeira, seguiron sendo o goberno máis caro de Galicia tendo en conta o orzamento e a poboación do noso municipio” engaden.

Por último aseguran que “se somos goberno a partires de maio, garantizamos un control riguroso do gasto, reducción do mal gasto innecesario o máximo e por suposto, unha reducción do custe do goberno, como mí‐nimo, nun 20%”.

Abre o prazo para a solicitude de composteiros individuais

O Concello de Salceda ven de poñer en marcha o procede‐mento de entrega de composteiros individuais e cubos de 10 litros a través das subvencións para o financiamento de actuacións, en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinan‐ciadas polo fondo europeo rela‐tivo ao Mecanismo de recupera‐ción e resiliencia da UE, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU.

Esta entrega de composteiros individuais e cubos teñen como finalidade estender as prácticas de compostaxe comunitaria ás diferentes vivendas unifamiliares e vivendas do centro urbano do municipio para acadar unha xestión máis sostible dos refuga‐llos orgánicos.

As persoas interesadas na obtención dalgún dos compos‐teiros ou dos cubos deberán realizar a solicitude dos mesmos a través da sede electrónica ou dunha instancia xeral no Rexistro do Concello, aportando o DNI e un recibo do lixo. O prazo para solicitar os composteiros e cubos rematará o día 31 de outubro.

Os composteiros serán entregados por rigorosa orde de entrada no rexistro de cada unha das solicitudes. As persoas que se queden sen o seu compostei‐ro ou cubo nesta convocatoria serán incluídas nunha lista de agarda para outras posibles entregas que se poidan realizar polo concello.

This article is from: