11 minute read

Rueda eloxia a pegada da emigración na Arxentina e en Galicia

O s co g o m e l o s , u n m a n x a r d o o u t o n o

Xornal 21 // J.Carrera

Advertisement

Cando comezamos a ver caer as follas das árbores lémbranos que estamos no outono que nor‐malmente se inicia o 21 de setembro. Os días son máis curtos e aos poucos máis fríos. As follas das árbores de folla caduca comezan a desprenderse porque deixan de realizar a fotosíntesis deixando atrás a cor verde tiñéndose as follas das ramas de cores vermellas, alaranxados, amarelos… unha variedade de cores rechamantes ata que os seus troncos quedan espidos, por exemplo: Un carballo, unha maceira, un peral, entre tantas variedades como dicimos, de folla caduca.

Non pasan desapercibidos os que manteñen a folla todo o ano, os de folla perenne, son aqueles que as súas follas teñen mecanis‐mos de protección como ceras e resinas, resistindo a climas fríos e con pouca luz, resistentes tamén, por exemplo á fractura e conxela‐ción: O Eucalipto, o naranjo, o madroño, etc.

Nos parques das cidades e pobos, esas follas son unha molestia e á súa vez un perigo nas súas rúas ou prazas, polo risco de escorregar os transeúntes e producir un accidente. Con todo, esa caída de folla é moi favorable e beneficiosa coas primeiras choivas e sucesivas. Son un tesouro que maiormente non se ten en conta e non sempre utilizamos ben.

Unha das causas do cambio climático é a degradación do terreo que está relacionado coas alfombras de follas que, coa axuda do vento e a choiva, cobren os chans xeran‐do un recurso natural rico en materia orgánica, en minerais e en microorganismos que, ao des‐compoñerse, enriquecen o chan ademais de rexeneralo e reter a auga da choiva evitando erosións. Un terreo así, é óptimo para que nazan os cogomelos, unha humi‐dade idónea xunto con tempera‐turas moderadas e sobre todo, a choiva que é esencial para que eses restos vexetais empápense e ger‐minen os esperados cogomelos.

O desenvolvemento dos cogo‐melos, é moi activo, reprodúcense por medio de esporas das cales xorde o corpo do fungo, e como dicimos, se se dan as características: luz adecuada, humidade e tempe‐ratura, os cogomelos silvestres comezarán a nacer e crecer entre eses restos de follas e madeiras das árbores no bosque.

Como todo, non se aprecian as cousas ata que non se coñecen. É o que lle pasaba aos cogomelos ata non hai moitos anos, estivo ignorada, agora un manxar cada vez máis apreciado e cotizado o que se demostra porque cada vez sae máis xente ao monte para buscalas, tanto expertos na materia como afeccionados coñecedores das mesmas.

A micoloxía, é a ciencia bio‐lóxica que se dedica ao estudo dos fungos, é un termo que provén do grego antigo mykés e logos, os cales significan os fungos e o es‐tudo respectivamente, polo que a micoloxía, defínese como: O estudo dos fungos (coñecidos por cogo‐melos). É unha rama científica que se encarga de catalogar aquelas especies de fungos que sexan co‐mestibles e non comestibles.

Na época outonal, son moitas as asociacións micolóxicas que realizan cursos a distintos niveis impartidos por expertos relacio‐nados coa micoloxía, coñecedores das formas de vida dos fungos (reprodución), identificación bá‐sica dos cogomelos, a súa clasifi‐cación, principais grupos e espe‐cies, intoxicacións por consumo, as principais especies tóxicas, lexislación aplicable e boas prác‐ticas na actividade micolóxica como é saber, colleitar os cogome‐los correctamente, tamén axuda a previr a destrución medio am‐biental do bosque.

Para recoller os cogomelos, necesítase levar unha serie de utensilios básicos, sobre todo para non danar o fungo, que son: Unha navalla para colleitar certos tipos de cogomelos, unha cesta de vim‐bia, pois axuda a dispersar as esporas do cogomelo e mantén o fungo en mellor estado, se o face‐mos nun recipiente de plástico, non permite esa dispersión das sementes e, un cepillo de porcas suaves para eliminar a terra do fungo e manter a cesta limpa.

Para colleitar os cogomelos silvestres correctamente ou máis ben de forma adecuada, a pri‐meira dúbida: Colléitanse a man ou con navalla? Pois ben, ante todo evitar danar o micelio (se‐mentes do cogomelo) e depen‐dendo da variedade, unhas é mellor recollelas a man e outras con navalla. Se é a man, debemos suxeitar o cogomelo polo talo e viralo 360º, evitando arrincala do tirón para non danar o micelio, se se recollen con navalla, corta‐remos pola base do pé de forma horizontal e desa forma evitamos danar a planta e á súa vez con‐servamos todo o ecosistema.

É conveniente aprender a coñecer os cogomelos comestibles das tóxicas que poden ser mortais, se non estamos seguros non as botaremos á cesta. Nomearemos algunhas das variedades máis co‐múns comestibles como: Cham‐piñón Silvestre (Agaricus campes‐tris), sen dúbida, unha dos prin‐cipais cogomelos comestibles, Oronja (Amanita caesaera), variedade considerada como unha dos me‐llores cogomelos comestibles, Bo‐letus ou cogomelo cabaza (Boletus edulis), coñecida como “fungo branco” ou “cogomelo cabaza”, ten unha excelente consideración tanto por afeccionados como por cociñeiros profesionais, Níscalo (Lactarius deliciosus), o níscalo, é outra dos cogomelos comestibles máis comúns en España polo seu bo sabor, Rebozuelo (Cantharellus cibarius), é fácil recoñecer polo seu chapeu en forma de embude, Trufa negra (Tuber melanosporum), é un cogomelo subterráneo de cor marrón-negra moi apreciada polo seu gran valor culinario, etc. E as máis comúns non comestibles como: Amanita phalloides, unha dos cogomelos máis tóxicos que podemos atopar, coñecida tamén como oronja verde, mortal ou cicuta verde, Amanita verna, a súa inxesta pode ser letal, quen non a distinga, pode confundila cos champiñóns, Amanita muscaria, a típica dos contos de fadas e trasgos, é moi tóxica, Cortinarius orellanus, é menos abundante, os principais síntomas por intoxica‐ción son cansazo, sede intensa, dor de cabeza, secura de boca… Boletus satanas, é un cogomelo tóxico pero non mortal, é de gran‐des dimensións podendo alcanzar o dous kg., crece baixo as árbores de folla caduca.

Débense extremar as precau‐cións posto que todos os anos prodúcense un número consi‐derable de intoxicacións por non identificar adecuadamente as especies.

Coa chegada do outono, é habitual realizar excursións didácticas polo monte para colleitar cogomelos

Rueda eloxia a pegada da emigración na Arxentina e en Galicia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, eloxiou a pegada da emigración na Arxentina e en Galicia e reeditou o compromiso e o apoio da Xunta coas entidades do exterior.

Na súa primeira visita ao país suramericano como titular do Goberno galego, Rueda interveu en Buenos Aires no acto de cele‐bración do 170 aniversario do Club Español e do 15 aniversario de Ospaña perante un auditorio formado por unhas 200 persoas, maioritariamente representantes da colectividade galega, socios do Club Español, persoal de Ospaña e outros invitados vencellados coas dúas entidades. No acto gabou o labor da emigración galega na Arxentina e da emigración arxentina en Galicia: “A historia con minús‐cula de miles de emigrantes fra‐guou a nosa Historia con maiús‐cula”, indicou.

O presidente da Xunta compartiu velada coa comunidade galega na Arxentina nun acto celebrado na sede do Club Español en Buenos Aires. No encontro, salientou a beleza do impoñente edificio como símbolo da súa historia e como berce do desenvolvemento dos

Vigo acollerá “o maior acontecemento europeo en materia de igualdade organizado ata o momento”

A Casa das Artes de Vigo será entre o 25 e 27 de outubro o esce‐nario do “MEI 2022. I Encontro Internacional de mulleres da escena en igualdade. Creando redes por unhas artes escénicas en igualdade”. Será o “acontecemento europeo máis potente en materia de igualdade e artes escénicas nunca organizado ata o momento”, como así o cualificou a presidenta Carmela Silva. O en‐contro, que organiza “Clásicas y Modernas” co apoio da Deputación de Pontevedra, Concello de Vigo, Instituto Nacional de Artes Escénicas e da Música e a Fundación de Artistas Intérpretes e Entidades de Xestión de Dereitos da Propiedade Intelectual, concentrará a máis de 30 mulleres de seis países europeos e servirá tamén para lanzar e constituír a Rede Eu‐ropea de Mulleres da Escena en Igualdade, “necesaria porque os da‐tos da presenza das mulleres neste ámbito son intolerables”, remarcou Carmela Silva. O Encontro enlazará no seu último día co cumio da FEMP sobre políticas de igualdade que traerá a Vigo a representantes das Deputacións de todo o Estado.

“Precisamos xuntarnos para pro‐testar, reivindicar, organizarnos e tomar decisións para cambiar a situación que viven as mulleres nas artes escénicas xa que, segundo un estudo realizado por “Clásicas y Modernas”, o 22% dos espectáculos son escritos por mulleres, o 25% dirixidos por elas, o 31% das persoas que dirixen e/ou xestionan os recin‐tos de artes escénicas son mulleres, o 28% dos espectáculos son versio‐nados por mulleres, soamente o 9% e o 4% compostos e dirixidos mu‐sicalmente por elas”, detallou a presidenta. Por iso “tiña que ser Vigo, esta cidade con longa tradición no ámbito cultural e onde ademais as mulleres sempre xogaron un papel moi importante” quen acollese este encontro de “primeirísimo nivel” que vai concentrar a mulleres refe‐rentes de España, Portugal, Suecia, Grecia, Francia e Reino Unido. Participarán, entre outras, tal e como detallou a presidenta, unha exmi‐nistra grega, escritoras, críticas teatrais, investigadoras, programa‐doras, tradutoras, profesoras, actrices, xestoras culturais, produtoras, di‐rectoras de diferentes ámbitos das artes escénicas, dramaturgas, bai‐larinas, coreógrafas, creadoras, pe‐dagogas, cineastas, artistas transdis‐ciplinares e poetas que falarán dende a investigación á formación, crea‐ción, produción, distribución, pro‐gramación e exhibición.

“Quedaba unha revolución pen‐dente, a do feminismo e a da igual‐dade que está a irromper na escena de todos os ámbitos”, reivindicou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, ao tempo que subliñou a importan‐cia de que “sexa levada para adiante, porque esta é a máis importante revolución de todas”. “Fai 70 anos este espazo –referíase á Casa das Artes da cidade, sede do encontro “MEI 2022”- era o centro de opera‐cións do Banco de España na cidade, estaba cheo de homes”. E é que “durante séculos parecía que había outra ideoloxía dominante, que simbolizaba e acadaba a súa presenza a través da exclusión das mulleres, un fenómeno terrible”. Por iso, dixo, é tan necesaria esta “gran acción do mundo da cultura na que se darán cita mulleres da escena, coñecidas, admiradas, grandes transmisoras, para discutir sobre a desigualdade”.

O I Encontro Internacional de mulleres da escena en igualade”, organizado por “Clásicas y Modernas” co apoio da Deputación e o concello, concentrará a 30 mulleres de 6 países europeos e será a punta de lanza da Rede Europea de Mulleres da Escena en Igualdade

A Deputación e a Xunta axilizan as transferencias de Lourizán e a Escola de Cantería

A conta atrás para a transferencia do Pazo de Lourizán e da Escola de Cantería dende a Deputación á Xunta de Galicia segue avanzando. A Comisión Mixta de Seguimento quedou constituída nunha xuntanza celebrada no Pazo Provincial, na que tamén se acordou a creación de dous grupos de traballo específicos para axilizar ambos cambios de titularidade, co obxectivo de poder culminalos ao longo do próximo ano, 2023.

A Deputación e a Xunta, que se reuniron en formato presencial e telemático, decidiron tamén que a Comisión Mixta manterá xuntanzas periódicas mensuais, sen prexuízo de que os pasos máis relevantes poidan abordarse, se é necesario para cumprir co calendario previsto, con convoca‐torias extraordinarias. Preténdese deste xeito despexar o camiño ata as respectivas aprobacións dos órganos administrativos competentes do decreto que regulará a transferencia da Escola de Cantería e do seu persoal, así como do convenio polo que o Pazo de Lourizán pasará a mans da Xunta de Galicia.

A Comisión Mixta de Transfe‐rencias quedou integrada por catro persoas: pola Deputación están Carlos Cuadrado, secretario xeral, e Martín Giménez, coordinador de Réxime Interno; mentres que pola Xunta toman parte a directora xeral da Administración Local, Natalia Prieto e o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Manuel Vila. A presidencia da comisión será rotatoria entre as dúas Administracións. Na primeira xuntanza xa se estudou a documentación presentada por ambas partes, fundamentalmente pola Deputación, e definiuse a que falta por incorporar.

Coa constitución desta Comisión Mixta dáse cumprimento ao previsto no ”Protocolo para a Transmisión da titularidade da finca de Lourizán e da Escola de Cantería de Pontevedra á Comunidade Autónoma de Gali‐cia”, asinado o 6 de xullo de 2022, entre a presidenta, Carmela Silva, e o vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, mentres que a posta en marcha dos grupos de traballo é froito do consenso entre ámbalas dúas partes.

O grupo de traballo específico para a transferencia do Pazo de Lourizán quedou integrado, por parte da Xunta, polo director da Axencia Galega de Industria Forestal, Jacobo Aboal, e o director da Área de Innovación Forestal da Axencia, Montserrat Rodríguez. Ao grupo de traballo para a transferencia da Es‐cola de Cantería incorpóranse, en representación da Xunta, a vicese‐cretaria xeral da Consellería de Educación, Elena Barca, e o subdi‐rector xeral de Recursos Humanos da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería, José Luis Canosa. A Deputación optou por designar a catro represen‐tantes que poden asistir, indistinta‐mente, a ámbalas dúas comisións: Antonio Torrón, técnico de Xestión Económica; María Jesús Torres, xefa do servizo de Recursos Humanos; Concepción López, xefa do Servizo da Escola de Cantería e de Medio Ambiente e a viceinterventora provincial, Susana Escaloni.

This article is from: