Bibliocontorna

Page 1

Dende hai varios cursos, as bibliotecas dos centros educativos de Infantil, Primaria e Secundaria do Concello de Ames decidiron colaborar entre elas a través de varias reunión trimestrais co obxectivo de coñecer o traballo (proxectos, metodoloxías, actividades…) desenvolto. As reunións foron rotando por todos os centros educativos para así, coñecer in situ a organización de cada BE.

Leváronse a cabo varias publicacións conxuntas como as edicións de guías de suxestións de lecturas de Nadal e verán. Este curso, ademáis de publicar as guías de lectura, editamos de xeito conxunto un número especial que recolle algunas actividade salientables entre as levadas a acabo ao longo deste curso escolar.


ARTE

EDUC

O equipo da Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Agro do Muíño propúxo traballar a arte como eixo central do proxecto a desenvolver durante o curso e que leva por nome EDUCARTE. Para darllo a coñecer á Comunidade Educativa o alumnado elaborou un mural que se situou no corredor principal do Centro.

Previamente ,nas aulas, fixeron

un exercicio de reflexión sobre o que para eles

siñificaba a arte. Nalgunhas, víronse vídeos e outras presentacións multimedia para motivalos. O alumnado tivo que pensar en palabras que explicaran o que era a arte para eles/as . Cada aula votou a palabra que lle parecía máis representativa para a definición de arte. Con todas as palabras elaboramos un encrucillado da arte.

Finalmente realizaron unhas representacións plásticas en colaboración co equipo de Voz Natura, e como neste curso traballaron a sustentabilidade fixeron representacións artísticas con materiais de refugallo.


Ames a mediados do século XVIII O noso traballo trata sobre o tema da poboación das parroquias do Concello de Ames a mediados do século XVIII. A información foi proporcionada polo Interrogatorio do Catastro de Ensenada e pola páxina web do Concello. Poboación do Concello de Ames no século XVIII

Datos demográficos de mediados do século XVIII Parroquia

Kms2

Veciños 1753

Habitantes

Densidade H/Km2

Agrón

7,24

122

488

67,4

A Ameixenda

11,09

62

248

22,3

Ames

16,43

267

1068

65

Biduido

5,8

137

548

94,5

Bugallido

8,04

176

704

87,6

Covas

5,86

60

240

40,9

Lens

1,64

49

196

119,5

Ortoño

9,03

180

720

79,7

Piñeiro

6,14

58

232

37,8

Tapia

2,9

33

132

45,5

Trasmonte

6,8

112

448

77,2

Traballo realizado polo alumnado de 4ºESO C do IES do Milladoiro.


O TERRITORIO DAS ARTES O IES do Milladoiro intentou promover diferentes usos da biblioteca, facendo desta un lugar versátil para lecturas de diferente tipo e en diversas situacións, lugar de reunión de clubs, preparación de actividades, exposicións artísticas, etc. Foi, ademais un lugar de encontro para escoitar música, asistir a representacións teatrais, ver películas ou documentais, exposicións artísticas, etc.Aplicamos o lema escollido para este curso pola Asesoría de Bibliotecas: “Bibliotecas Escolares: territorio das Artes”. Debuxo, Pintura, Música,Cine ou Teatro conviviron ao longo de todo o curso coa Literatura.

MÚSICA 24 de outubro Día das bibliotecas. Actuacións musicais dentro da biblioteca, mesa de préstamo na entrada do instituto, entrega de diplomas aos axudantes de bibliotecas do pasado curso, taller de papiroflexia, exposición de obras artísticas alumnado de Plástica.

Día de Rosalía: actuacións musicais, decoración escaleiras con versos rosalianos, recital de poemas, tarxeta agasallo na cafetería Café converso coa faciana de Rosalía, utilización de recursos dixitais, etc.

TEATRO Samaín Lectura de contos de medo en galego e de relatos compostos polo alumnado. Representación teatral de terror. Actuación musical. Exposición de relatos de terror. Ambientación dos corredores, da Biblioteca e das entradas das aulas. Tendal literatura de terror no espazo exterior da biblioteca. Charla explicativa sobre exposición da Historia da Literatura fantástica a cargo da editorial Urco.

CINE 8 de marzo Día da muller traballadora. Proxección de Las sin sombrero, exposicións en varios idiomas fóra e dentro da biblioteca, charlas, elaboración de traballos de investigación sobre a fenda salarial, etc.


ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA “CARLOS NIETO” DO IES DE AMES BIBLIOTECA TERRITORIO DAS ARTES. XENTE DA CULTURA E DAS ARTES O alumnado de 4º ESO, coordinados pola profesora Renata Otero do Departamento de Plástica, construíron figuras xeométricas para darlle vida a escritores, músicos, actores, científicos, ...., convertendo estes traballos nunha exposición permanente na biblioteca.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. O 8 de marzo celebrouse o "Día Internacional da Muller Traballadora" cunha exposición de libros e películas e unha charla de Filomena Fraga de noventa anos, autora do libro A Cancela. Filomena, do Concello de Ames, di de si mesma: "Non son escritora, nin son poeta, só son unha vella de aldea que escribiu un libro". Proxectouse a película sobre a súa vida titulada Señora de, dirixida por Patricia Ferreira.

RE-CREANDO A HISTORIA O alumnado de 2º ESO, guiados pola profesora Sabela Cobas do Departamento de Xeografía e Historia, pasaron a ser personaxes das letras, as ciencias, a historia, … a través da fotografía e de lembranzas biográficas.


Os libros merecen máis celebración que un só día, así na Bibliobarouta tivemos: contacontos diarios, visitas de autores, xogos de busca e un posto para que as familias puidesen ver algunas recomendacións e novidades das que disponemos. Visitas de DAVID PÉREZ IGLESIAS (Todo o tempo do mundo) e PERE TOBARUELA (Formig4s)

Contacontos por parte do alumnado voluntario durante dúas semanas

As escaleiras que van ata a Bibliobarouta apareceron decoradas con imaxes dos personaxes de contos máis coñecidos. O alumnado pasou un rato agradable buscando o nome de todos e todas e dos autores e autoras dos libros onde aparecen. Asemade, toda a comunidade educativa puido botar un ollo a algunas das novidades de diferentes xéneros neste tenderete de feria. Non podían faltar diferentes exemplares de Don Quijote de la Mancha.

DÍA DO LIBRO 23 de ABRIL (e moitos días máis) Boas lecturas!


CEP DE VENTÍN Hai xa varios anos que dende a Biblioteca do CEP de Ventín invitamos á nosa rapazada a que se acheguen á biblioteca durante os recreos para contarnos contos, recitarnos poesías, lernos eses libros que máis lles gustan ou presentarnos ese traballo que quedou “chulísimo”. Esta actividade non está limitada ao alumnado;

a invitación

faise extensiva ás familias, ao profesorado e demais membros da Comunidade Educativa...e hai que dicir que temos lista de espera. Este curso quixemos darlle un aire novo a este momento tan especial. Para iso fixemos unha lareira, con lume e todo, para quentarnos nas frías xornadas de inverno e contar as nosas historias como se facía hai moito tempo, cando as familias se xuntaban polas noites a carón da lareira…E non podía ser doutro xeito: chamamos a esta actividade “CONTOS NA LAREIRA”.

O noso conserxe Pepe e a nosa compañeira María narrándonos unha historia de paxaros, con eles na súa gaiola


O CEIP A Maia dedicoulle este curso o día do libro a Agustín Fernández Paz, escritor que lle dá nome a nosa biblioteca. Para elo fixemos os seguintes traballos:

Retratos de Agustín

Murais da fraga do Eume

Citas (frases) recollidas dos seus libros

Traballos sobre algún dos seus libros traballados nas aulas


DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017 - EEI MILLADOIRO Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, este ano adicado ao escritor Carlos Casares, na escola traballamos a súa obra

A GALIÑA AZUL. Pouco a pouco foron aparecendo galiñas azuis, grandes, pequenas, regordechas, de trapo, de papel…. deitadas ou de pé.

Coas súas cinco plumas vermellas e os seus ovos de cores.!!

E traballamos os seus contos atopados na nosa biblioteca:



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.