Plan Anual de lectura 23-24

Page 1

PLAN ANUAL DE LECTURA CPI PONTECESURES

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE BIBLIOTECA Curso 2023-2024


ÍNDICE

INTRODUCCIÓN 1. OBXECTIVOS 2. ORGANIZACIÓN DE ESPAZOS E TEMPOS 3. DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA 4. ACTIVIDADES ACTIVIDADES XERAIS PARA ED. INFANTIL E PRIMARIA ACTIVIDADES ESPECÍFICAS PARA ED. INFANTIL ACTIVIDADES ESPECÍFICAS PARA ED. PRIMARIA ACTIVIDADES EN EDUCACIÓN SECUNDARIA 5. IMPLICACION DAS FAMILIAS


INTRODUCCIÓN Elabórase o plan anual de lectura para este curso escolar 2023-2024 tratando de compensar as necesidades detectadas no noso alumnado a través do traballo diario: mala comprensión lectora, falta de vocabulario, falta de motivación cara a lectura,…

1. OBXECTIVOS 

Estimular o hábito da lectura dende a infancia.

Fomentar o gusto pola lectura, tratando de compensar a falta de estímulos familiares ou sociais que poidan existir.

Coñecer autores e obras da literatura que nos enriquezan e nos emocionen.

Valorar a lectura coma un xesto positivo.

Implicar a toda a comunidade educativa nas actividades programadas para potenciar o hábito lector.

2. ORGANIZACIÓN DE ESPAZOS E TEMPOS 

ESPAZOS

. Creación dunha biblioteca de aula con fondos da biblioteca do centro e de libros que aportarán as familias. . Faranse visitas semanais á biblioteca do centro coordinadas polo equipo de dinamización de biblioteca. . Organizaranse saídas á biblioteca municipal, en coordinación co persoal da mesma. . Contamos tamén coa aula de informática do centro.

TEMPO Adicaranse cando menos trinta minutos diarios a mellorar as competencias lingüísticas do alumnado, empregando diferentes opcións: lectura silenciosa, en voz alta, tanto individual como colectiva e realizando actividades de comprensión lectora orais e escritas e tendo presente que se faga nas distintas linguas impartidas: castelá, galego , inglés e francés.

3. DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA


Daranse a coñecer as normas de uso da biblioteca a todos os membros da comunidade educativa.

Completaranse os fondos existentes, atendendo na medida do posible as suxerencias do profesorado.

Elaborarase un horario de uso da biblioteca para préstamos e uso do espazo durante as horas lectivas.

Farase formación de usuarios, poñendo especial atención nos primeiros niveis.

Realizaranse actividades de fomento e de achegamento axeitadas as idades do alumnado (encontros con autores, actividades lectoras facilitadas polas editoriais, polo concello, biblioteca municipal ou outros organismos).

Implicación do alumnado no mantemento da orde e tarefas de colaboración co equipo de biblioteca.

Realización de actividades en torno os proxectos suxeridos polo equipo de biblioteca do centro ou calquera outro equipo do centro, incluídos no PLAMBE para a dinamización da biblioteca.

Elaboración e difusión de guías de lectura e actualización das entradas no blog de biblioteca e nas redes sociais – Instagram -dos acontecementos do centro nos distintos niveis. Emisión e difusión de boletíns informativos para os pais (novidades, recomendacións,…)

Decoración da biblioteca con motivos suxerentes para o alumnado ou da cordo cunha temática concreta (as establecidas cada curso escolar)

Participación no Club de lectura “Os asaltacontos” destinado aos alumnos de Primaria e ESO.

4.

ACTIVIDADES ACTIVIDADES XERAIS PREVISTAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

Creación dunha pequena biblioteca de aula onde haberá libros do Proxecto de Biblioteca e de temática diversa adaptados á idade do alumnado tratando de cubrir todos os seus intereses.

Asistencia á biblioteca do centro para acadar información dos distintos temas que xurdan na clase e susciten a curiosidade do alumnado.

Fomento do hábito de lectura e acudir á biblioteca do centro para que fagan uso do servizo de empréstito.

Lectura e comentario os textos introdutorios das diferentes unidades didácticas.


Participación en contacontos ou actividades de animación á lectura (obradoiros de escritura, de ilustracións, lectura a maiores, dramatización…).

Visita ao centro dalgún personaxe importante co fin de motivar aos alumnos na súa actividade lectora.

Lectura en profundidade de obras escollidas polos profesores que imparten as areas de lingua en cada nivel utilizando distintas técnicas (lectura individual e silenciosa ou conxunta e de viva voz)..

Recomendación de obras que pertenzan ao ámbito narrativo, poético e teatral.

Desenvolverase unha actitude favorable á lectura creando un ambiente propicio na aula.

Realización de actividades en datas específicas como: Día do Libro, Semana da Prensa, Día da Árbore, Día da Poesía, …

Realización de obradoiros na clase orientado á conservación de libros antigos, carteis adicados ao fomento da lectura, etc.

Asistencia ás exposicións realizadas pola biblioteca escolar ou a municipal.

Participación no proxecto anual de biblioteca “Medio Ambiente”

Actividades de animación á lectura con diversos autores e editoriais.

ACTIVIDADES ESPECÍFICAS PREVISTAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL  Lectura e memorización de poemas, audición de algúns poemas musicados por distintos cantautores e invención de pequenas poesías con ilustracións sobre as mesmas.  Elaboración de contos viaxeiros por parte do alumnado de Educación Infantil ou entre o alumnado de todo o centro.  O maletín viaxeiro que contará con libros e revistas sobre unha temática a traballar en cada aula de Educación Infantil e o caderno de anotacións que levarán a casa para traballar coas súas familias. O maletín irá pasando cada semana pola casa de cada un dos nenos/as de Infantil.  Realización de actividades a partir da lectura e narración de contos: ilustralo, dramatizalo, inventar outros contos a partir das técnicas de Rodari, representalo nunha sesión de monicreques elaborados polos propios nenos, representalo con sombras chinesas, facer un móbil cos personaxes, cambiarlle o título, inventarlle outro final, escribir outro conto coas mesmas personaxes, secuenciar diferentes escenas, facer murais colectivos alusivos ao conto, debuxalo en formato cómic, inventar contos a partir de seres imaxinarios creados polos nenos/as...  Lectura equivocada: ler contos por segunda vez con erros e tratar de os nenos os atopen.  Descrición das personaxes dos contos lidos, contados ou visualizados.


 Debuxo libre sobre un conto lido, escoitado ou visualizado.  Visitas á biblioteca do centro para coñecela, mirar contos, asistir a obras…  Visitas á biblioteca do Concello para coñecela, mirar contos, asistir ás sesións de contacontos…

ACTIVIDADES ESPECÍFICAS PREVISTAS PARA EDUCACIÓN PRIMARIA Todos os niveis 

Lecturas seleccionadas polo profesorado ou suxeridas polo equipo de dinamización de biblioteca.

Lecturas compartidas.

Descrición das personaxes dunha lectura.

Participación no Concurso do Día do Libro, organizado pola biblioteca do centro.

Crear unha pequena biblioteca de aula onde haberá libros de temática diversa.

Asistencia ás exposicións realizadas pola biblioteca escolar ou a municipal.

Participación no proxecto da biblioteca.

Despertar o interese e o gusto pola lectura a través de distintos tipos de textos (contos, rimas, adiviñas, teatro, poemas, textos expositivos) en distintos formatos e soportes.

Contar unha historia ou expresar a súa idea principal despois de tela escoitado ou lido.

Colaboración coas editoriais para conseguir a visita de algunha persoa relacionada co ámbito da literatura infantil e xuvenil (contacontos, escritor, ilustrador,...) co fin de motivar aos alumnos/as na súa actividade lectora.

Establecemento dun tempo de lectura libre, hora de ler.

Achegamento áa homenaxead das Letras Galegas 2024, Luisa Villalta, realizando debuxos, pequenos cómics, dramatizacións, etc

Actividade con monicreques para todo o alumnado

Difundir as obras escritas, teatro, curtas,... que se fagan nos diferentes niveis e grupos a todo o centro

Colaboración do alumnado de ESO con Educación Primaria, lecturas compartidas, exposicións.


Encontros con artistas da contorna (pintores, escritores, poetas, caricaturistas, regueifeiros, ..)

Recitado de poemas

Realización de pasatempos e xogos nos que sexa preciso a lectura para a súa realización (sopa de letras, encrucillados, adiviñas, trabalinguas, ditos populares,…)

Completado de fichas de lectura.

Presentación de libros para motivar a lectura tanto na aula, como na biblioteca do centro ou do concello.

Selección de libros referentes a un tema acordado, facer exposicións e actividades relacionadas.

Participación en campañas de teatro (contacontos na biblioteca do centro, do concello, asistencia á representacións teatrais, ...)

Intercambio de libros coa biblioteca municipal.

Celebración do Día da Poesía.

Decoración e ambientación do centro escolar con frases que animen á lectura.

Redacción dun conto común. Relixión Infantil, 1º e 2º de E. Primaria

Traballo da coeducación a través dos contos 1º, 2º e 3º de E. Primaria

Invención dun relato a partires dunhas palabras, imaxes, ideas, dadas.

Narración de historias con imaxes proxectadas na PDI ou a partir dunha ilustración.

Realización de ilustracións, pequenos textos, poemas, etc, combinando a lectura ou a escritura coa observación de ilustracións para fomentar a comprensión.

Participación no programa da biblioteca: Mochilas Viaxeiras. 3º e 4º de E. Primaria

Elaboración de fichas de lectura sinxelas dos libros elixidos para este ciclo que recollan aspectos como: título, autor, argumento, personaxes... 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria

Representación e interpretación de datos: táboas, pictogramas, gráficas..)


Ensinanza e aplicación de técnicas de estudo e/ou comprensión lectora (palabras clave, subliñado, elaboración de esquemas, resumos,...). 4º, 5º e 6º de E. Primaria

Utilización das TIC para a busca e elaboración de información. Mestura e/ou integración dos recursos electrónicos cos materias impresos nas aulas. (Actividades de educación documental).

Establecemento dun tempo de lectura libre.

Ensino e aplicación de técnicas de estudo e/ou comprensión lectora (palabras clave, subliñado, elaboración de esquemas, resumos,...).

Elaboración de traballos de investigación nas distintas ciencias que lles faga buscar información nas enciclopedias ou internet. 5º e 6º de E. Primaria

Lectura e comentario dos textos introdutorios das diferentes unidades didácticas.

Realización, na hora de ler, lecturas suxeridas polo profesorado ou polo equipo de dinamización de biblioteca.

Lectura en profundidade de obras escollidas polos profesores que imparten as areas de lingua utilizando distintas técnicas (lectura individual e silenciosa ou conxunta e de viva voz).

Realización de traballos individuais das obras de lectura escollidas onde plasmarán os coñecementos adquiridos e reflectirán o manexo que teñen da expresión escrita.

Exposición destes traballos nos corredores, na propia aula e na Biblioteca, para achegar estas obras ós outros alumnos/as incitando á lectura das mesmas.

Realización de lecturas compartidas.

Descrición de personaxes dunha lectura.

Relatos de historias ou expresar a súa idea principal despois de tela escoitado ou lido.

Representación e interpretación de datos: táboas, pictogramas, gráficas ...

Elaboración de traballos de investigación nas distintas ciencias que lles faga buscar información nas enciclopedias ou internet.

Utilización das TIC para a busca e elaboración de información. Mestura e/ou integración dos recursos electrónicos cos materias impresos nas aulas. (Actividades de educación documental).


Realización de traballos de investigación dalgún personaxe relevante nas distintas ciencias que lles faga buscar información nas enciclopedias ou en Internet.

Traballo na aula con artigos de xornais ou revistas relacionados con temas de actualidade ou interese para o alumnado.

Realización de actividades na clase de plástica para conmemorar datas relacionadas coa lectura ( Día do Libro, Semana da Prensa, Letras Galegas

Creación de contos, historias, cómics e contalos aos máis pequenos e desde os pequenos aos maiores

Elaboración de receitas de cociña, textos de receitas,....

Actividades de animación á lectura con diversos autores e editoriais.

Participación no programa Prensa escuela de La voz de Galicia

En definitiva, a lectura estará presente na actividade diaria intentando facer que o libro sexa un amigo, unha necesidade na súa vida e unha fonte de pracer. ACTIVIDADES EN SECUNDARIA LINGUA CASTELÁ E LITERATURA Na materia de lingua castelá e literatura incluiranse como lecturas obrigatorias obras literarias. Lecturas recomendadas en 1º de ESO: Mitos griegos, Nunca seré tu héroe, Manzanas rojas. Lecturas recomendadas en 2º de ESO: Rinconete y Cortadillo, Pasos de Lope de Rueda e Nueve liras de hiedra y un secreto. Lecturas recomendadas en 3º de ESO: Marcabrú y la hoguera de hielo, Operación Beowulf, En un bosque de hoja caduca. Lecturas recomendadas en 4º de ESO: El guardián entre el centeno, Bodas de sangre, Historia de una escalera, Las bicicletas son para el verano. No Plan de Mellora de 4º ESO...Hierba de Keum Suk Gendry-Kim e Maus de Art Spigelman Ademais de lecturas obrigatorias ao longo do curso, os alumnos dedicarán os últimos dez minutos de cada clase á lectura de textos entregados polo profesor que irán desde unha selección de contos ou poemas dos autores máis representativos do curso ata fotocopias de noticias ou reportaxes periodísticos de interese xeral. Tentarase orientar ao alumno no desfrute da lectura e no respecto do silencio na aula para que dita actividade sexa levada a cabo con efectividade. LINGUA GALEGA E LITERATURA


No currículo de lingua e literatura galega ten moita relevancia, como é de suponer, a lectura. A análise da lingua literaria forma parte dos contados en todos os cursos así como a lectura, comprensión e análise doutros textos de diversa índole: xornalísticos, persoais, académicos… Nos apartados de contidos e metodoloxía da programación, aparece como se vai tratar este apartado en cada nivel. Incluímos aquí os textos literarios que propomos como lecturas na casa para cada nivel. Procuráronse seleccionar lecturas adaptadas á idade e aos gustos que foron manifestando os propios alumnos e alumnas en cursos anteriores. Tamén se procurou que haxa lecturas dos tres principais xéneros literarios aínda que predomina a novela, máis dentro desta, seleccionáronse libros de distintos subxéneros. Igualmente nalgún caso elixiuse unha/s obra/ dun autor clásico da nosa literatura. As obras establecidas son as seguintes: 1ª avaliación

2ª avaliación

3ª avaliación

1º ESO

Konrad ou o neno que Un mosquito de nome Ovella descarriada, saíu dun bote de Henri, Raúl Dans, Baía Aleixandre, Xerais conserva, Christine Edicións Nöslinger, Sushi books

Marilar

2º ESO

Memorias dun labrego, Xosé Vilas, Galaxia

3º ESO

O corazón de Xúpiter, Boy (relatos de infancia, Penúltimas tendencias, Ledicia Costas, Xeraís Roald Dahl, Sushi Carlos Negro, Xerais books

4º ESO

Os dous de sempre, Ilustrísima, Carlos Comedia bífida, Manuel Castelao, Galaxia Casares, Galaxia Núñez Singala, Galaxia

neno Non cantan paxaros O achado do castro, Manuel Neira neste bosque, Carlos Núñez Singala, Galaxia Negro, Xerais

No Plan de Mellora de 3º ESO PDC: O corazón de Xúpiter, Mitos griegos Para o alumnado con NEE ou NEAE estableceranse no seu momento as lecturas correspondentes atendendo ás peculiaridades do alumnado de cada nivel. Teranse en conta obras adaptadas como as indicadas a continuación ou otras que se poidan adquirir: Robinson Crusoe, A pantasma de Canterville, A volta ao mundo en 80 días. Tamén poderán, no seu caso, ler algunha das obras establecidas para o grupo de referencia e nivel pero distribuídas de diferente xeito. TECNOLOXÍA A área de Tecnoloxía debe contribuír ó fomento da lectura e escritura e con esta finalidade desenvólvense as diferentes actividades: 

Procura e selección de información de carácter científico empregando fontes diversas, entre elas, as tecnoloxías da información e da comunicación.


Comentarios de textos científicos. Lectura e comentario sobre textos publicados en xornais que teñan relación coa unidade didáctica que esteamos a traballar, así como en sitios da Rede.

Lectura dos apuntes na clase e estudo na casa.

EDUCACIÓN FÍSICA Dentro do proceso de ensino-aprendizaxe da materia teremos unha clara apartación ao plan anual de lectura. En tódalas clases, ao seu comezo, daranse unhas explicacións do que estamos a tratar na parte práctica. Tódolos conceptos serán verbalizados polo profesor e polos alumnos cando, en tódalas sesións dous alumnos/as sexan preguntados por ditos conceptos. Con todo isto estamos formando e axudando aos nosos discentes a aumentar o seu léxico, a aprender a organizar mentalmente e expresar con posterioridade tódalas ideas e coñecementos que teñen sobre a materia. lectura comprensiva a través de fichas de tarefas formuladas en forma de retos que o alumnado deberá resolver. Os alumnos/as han de: 

Ampliar o léxico.

Elaborar o caderno da materia a través de artículos e documentación aportada polo profesor.

Estes puntos avaliaranse a través das notas de clase que se poñen tódolos días ao preguntar aos alumnos/as, e mesmo cando son preguntados por conceptos teóricos ao principio da clase. A materia contribúe ao plan lector a través da verbalización e boa expresión dos conceptos teóricos da materia. FÍSICA E QUÍMICA

A área de Física e química contribúe ao fomento da lectura e escritura de diferentes xeitos:    

A través de actividades específicas na aula baseadas na lectura comprensiva de textos relacionados cos contidos dalgunha das unidades ou con cuestións científicas actuais. Promovendo o uso da biblioteca para a consulta de libros ou revistas que poidan ser de utilidade para o alumnado ou ben que sirvan para espertar o seu interese pola ciencia. Recomendando blogs, artigos ou textos divulgativos en formato dixital aos que se pode acceder a través da rede e que poden servir para ampliar contidos ou facilitar a comprensión dos temas traballados en clase. Impulsando a procura de información na rede a través de actividades de investigación o cal permite, ademais de promover o uso de recursos TIC, fomentar a lectura.


LECTURAS RECOMENDADAS 2º ESO

“El asesinato del profesor de matemáticas”. Jordi Sierra i Fabra.Ed. Anaya “Ciencia para Nicolás”. Chordá, C. Ed. Laetoli

3º ESO “Cien preguntas básicas sobre la ciencia”. Asimov, Isaac. Editorial: Alianza “ Tortilla quemada”. Claudi Mans. Editorial: Colegio de Químicos de Catalunya.

4º ESO (FQ) “Física sí! La Física está en lo cotidiano “.

M. A. Queiruga Dios. J Garoz, E.Guitiérrez, M. Gutiérrez, B. Maestro, J. M. Ramos, D Rojas, T Ruiz. Editorial Q. “Cuestiones curiosas de química “. Francisco Vinagre y otros. Ed. Alianza Editorial.

MÚSICA Dende a área de música contribuirase ao fomento da lectura e escritura mediante diferentes actividades entre as que cabe destacar: 

Procura e selección de información de carácter musical empregando fontes diversas, entre elas, as tecnoloxías da información e da comunicación.

Comentarios de textos literario-musicais. Lectura e comentario sobre textos publicados en revistas que teñen relación coa unidade didáctica coa que se está a traballar.

Realización de debates en grupo e expresión de opinións en voz alta e por escrito.

Lectura de artigos, documentos e libros relacionados coa música e adaptados ao alumnado.

BIOLOXÍA E CIENCIAS DA NATUREZA En todas as materias impartidas polo departamento foméntase a lectura crítica de textos relacionados coa materia que se está a impartir, buscando tanto potenciar a visión científica como os distintos aspectos da súa problemática social. Por isto, empréganse textos de actualidade como referente na práctica diaria. En todos os niveis, no día a día na aula, o alumnado disporá de diversas lecturas de artigos xornalísticos e de divulgación científica e textos do libro do alumno/a nas que traballar de xeito comprensivo, contestando a diferentes cuestións e facendo esquemas, resumes e exposicións orais. Buscarán as palabras que non coñezan nos dicionarios que hai nas clases e farán, durante todo o curso, un glosario no caderno da materia de termos científicos coa súa etimoloxía. Outras veces traballarán textos científicos e de actualidade que permitirán realizar debates sobre temas de actualidade. Por outro banda, periodicamente irán a biblioteca e a aula de informática para buscar información sobre temáticas relacionadas cos contidos traballados na aula ordinaria. Especificamente, no curso de 1º ESO, preténdese realizar unha adecuada contribución ao Plan Lector do Centro coa proposta de lectura da novela "La Isla de Nim".


Lecturas recomendadas: 

Lecturas recomendadas en 1º de ESO: La vuelta al mundo de un forro polar rojo; La clave secreta del universo; Mi familia y otros animales; La vida amorosa de los animales; La última jungla; El libro del clima. Greta Thunberg.

Lecturas recomendadas para 3º de ESO: El asesinato de la profesora de ciencias; Una breve Historia de casi todo; ¡No me baciles! Para entender las infecciones y la respuesta inmunitaria»; El libro del clima. Greta Thunberg; Pasteur: La lucha contra los microbios; El gen egoísta; Un antropólogo en Marte.

Lecturas recomendadas en 4º de ESO: Una breve Historia de casi todo; La detective del ADN; Cómo explicar genética con un dragón mutante; Ojos de Pantera: para entender la genética humana; El origen de las especies: el manga; La vuelta al mundo de un forro polar rojo; El libro del clima. Greta Thunberg; El meteorito somos nosostros.

LINGUA INGLESA Como é de supoñer, a lectura é fundamental no desenrolo desta materia. Diariamente faranse lecturas comprensivas de distinto tipo, algunhas xa propostas nos libros de texto, e outras aportadas polos profesores, adecuadas á idade, temática e celebracións (Samaín, Entroido, Día da Muller Traballadora,...), e todos aqueles textos que poidan xurdir (sobre cultura inglesa e americana) e sexan adecuados e interesantes para tratar nesta materia. Tamén se farán textos transversais e sobre outras disciplinas, en inglés. Ademais o departamento ten previsto na súa programación unha serie de lecturas adaptadas ao nivel de cada curso e aos intereses e gustos do noso alumnado (Readers), sendo obrigatorio a lectura de 2 “Readers” por curso que serán entregados da biblioteca da aula da clase de inglés.

RELIXIÓN A materia de Relixión Católica, como unha materia do currículo, debe contribuír ao desenvolvemento do Plan Lector. Contribúese así o fomento da lectura e da escritura e con esta finalidade desenrolaranse diferentes actividades: 

Procura de información empreñando diversas fontes, entre elas, as tecnoloxías da información e da comunicación.

Comentario de textos relixiosos, sociais, culturais. Lectura e comentario de textos publicados na prensa escrita relacionados coa unidade didáctica coa que se esté a traballar.

Realización de debates en grupo e expresión de opinións en voz alta e por escrito.


Lectura de artigos, documentos e libros relacionados coa unidade didáctica que se esté traballando e adaptados ao alumnado.

LINGUA FRANCESA O traballo dunha lingua estranxeira contribúe dunha forma moi directa na adquisición da competencia lingüística. Obxectivamente, case a metade do tempo de clase está dedicado a esta actividade. Habitualmente, realízase unha lectura en voz alta con varios obxectivos: a comprensión do documento e a adquisición da pronunciación e a entoación adecuadas asociando a grafía e a pronunciación. En todos os cursos esta lectura poder ir acompañada da audición dos documentos propostos polo texto do traballo. A maioría dos textos propostos van acompañados de preguntas de comprensión ou de imitación de estruturas. Tipos de lectura que se practican na clase de francés 

Lectura comprensiva de diálogos, de explicacións gramaticais baseadas na dedución, de material diverso: textos introducindo a civilización dos países francófonos, bibliografía de autores, relato dunha experiencia persoal, de textos que incrementan a súa dificultade progresivamente dentro de cada manual e dun nivel ao outro.

Dramatización de diálogos presentes nos libros de texto e interpretación oral de diálogos creados polos alumnos.

Lectura en voz alta para adquirir unha correcta pronuncia e unha entoación adecuada.

Lectura silenciosa dirixida á comprensión dos diferentes documentos: textos explicativos, diálogos.

Relatos, carteis informativos...

Lectura comprensiva das actividades propostas.

Lectura representada da obra de teatro que iremos ver.

Lectura persoal optativa dunha obra literaria adaptada ao nivel do alumnado con control de comprensión da mesma.

Lecturas recomendadas e voluntarias. Pretendemos fomentar a lectura como un instrumento de goce persoal, propoñendo a lectura de libros axeitados na súa forma e contido aos interese dos alumnos. Seleccionamos un nivel algo inferior ao que eles teñen, para que non atopen demasiadas dificultades que acaben por desanimalos. Reservaremos un tempo de lectura para estes libros ou outros textos que o profesor considere oportunos, deixando o momento exacto a criterio do profesor. Recomendaremos diversos títulos de diferentes editoriais dos niveis A1, A2, B1: 

De nivel inferior para alumnado con desfase curricular ou necesidades educativas especiais.


De nivel superior, para alumnos que necesitan un enriquecemento curricular.

Para alumnado con escasa motivación, títulos que sexan do seu agrado e que estean dispoñibles na biblioteca ou no departamento.

Animarase aos alumnos a que lean, de modo voluntario, estas ou outras obras ofertadas polo Departamento. A maioría delas teñen CD audio e son axeitadas ao seu nivel. CIENCIAS SOCIAIS, XEOGRAFÍA E HISTORIA Entre as actividades a levar a cabo desde o Departamento de Xeografía e Historia sinálanse as seguintes: 

Lectura en voz alta de textos en clase, coidando a dicción, entoación, etc., para favorecer a correcta expresión oral.

Elaboración de estratexias que axuden a comprender as partes dun texto por medio do subliñado, esquemas, resumos e mapas conceptuais.

Realización de traballos, redaccións e sínteses de textos, facilitando previamente preguntas cuxas respostas impliquen a lectura dos devanditos textos.

 

Confección do vocabulario de cada unidade ou listaxe dos termos fundamentais de cada tema e utilización dos mesmos nas actividades que se propoñan.

Lectura na aula de textos complementarios aos de clase, xornalísticos, divulgativos, enciclopédicos ou literarios.

Procura de información relacionada cun tema proposto, utilizando para iso Internet, enciclopedias, libros especializados... como complemento do tema que se está estudando en clase ou para a realización de traballos.

Recomendación para que o Centro adquira determinados libros ou se subscriba a determinadas revistas ou publicacións que poidan ser de interese para os alumnos.

Debates sobre libros, fragmentos ou artigos xornalísticos lidos.

ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECÍFICAS A adquisición de estratexias de comprensión lectora convértese nun dos eixos principais para afrontar con éxito as tarefas escolares destes alumnos. Para iso será necesario elixir as estratexias de comprensión lectora que se adapten mellor ás peculiaridades da súa aprendizaxe e nivel curricular: Estratexias de comprensión: 

Estratexias de selección: subliñado e procura de datos nun texto.

Estratexias de xeneralización: procura da oración temática en parágrafos.

Estratexias de elaboración; resumo, esquema, mapa conceptual.

Uso do coñecemento previo do alumno mediante un texto: 

Procura de relacións entre as palabras que se le e o que xa sabe

Procura de relacións entre unha parte do texto e outra


Estrutura do texto: 

Identificación da estrutura de textos: partes, tipos de textos

Redactando distintos tipos de textos: narracións, descricións.

Autorregulación da lectura: 

Comprensión de palabras descoñecidas polo contexto no que aparecen; consultar o dicionario.

Dende o Departamento recomendaremos ao alumnado a lectura voluntaria de diversos libros relacionados coa materia de Xeografía e Historia. Os títulos propostos son os seguintes:                 

A noite da raíña Berenguela, Neira Cruz La vuelta al mundo de un forro polar rojo, Wolfgang Korn El Clan de Atapuerca, Álvaro Bermejo Os corpos invisibles, Emma Pedreira Tristes armas, Marina Mayoral El hermano del tiempo, Miguel Sandín Un balcón a la libertad, Rosa Huertas El ladrón del rayo, Rick Riordan Camiños de auga, Núñez Singala Veleno tinto, Carredano Cobas Once Portas, Héctor Cajaraville Endrina e o segredo do peregrino, López Narváez Finis Mundi, Gallego, Laura La piel de la memoria, Sierra i Fabra, J. A Terra de Anna. Gaarder, J. A expedición do Pacífico, Aleixandre,M. As malas mulleres, Aleixandre,M.

As lecturas terán carácter voluntario e haberá unha coordinación cos outros departamentos didácticos e co Club de Lectura. A relación de lecturas queda aberta á posible incorporación ao longo do curso daquelas obras que resulten interesantes ao alumnado. MATEMÁTICAS Os alumnos entrenaranse na lectura comprensiva e na exposición oral e escrita mediante a resolución de problemas do libro de texto e outros, utilizando os dicionarios se fose necesario. Ademais do emprego do libro de texto realizarase un achegamento dos alumnos ao material da biblioteca para que teñan coñecemento do material que está a súa disposición, das posibilidades que lle ofrece o mesmo e de como empregalo, especialmente os libros de carácter máis lúdico que lle poidan resultar máis atraentes e que podan espertar a súa curiosidade.


Realizaranse actividades que impliquen o análise de noticias de xornais e proporanse libros de lectura relacionados coas Matemáticas axeitados a cada nivel, como está reflexado nesta programación en 1º, 2º ,3º e 4º de ESO. En 1º e 2º de ESO tratarase de introducir ao alumnado no manexo dun texto de carácter científico e das peculiaridades do mesmo. Incidirase na importancia de efectuar unha lectura comprensiva e en como extraer e organizar a información contida nos enunciados. Lecturas recomendadas para 1º e 2º de ESO: La selva de los números de Ricardo Gómez, Los matemáticos no son gente seria de Alejandra Vallejo Nájera, Taller de Matemáticas con Calculadora de Abel Martín e outros, Bruno y la casa del espejo de Ricardo Gómez, Ingenio 2 de Angels Navarro, Tere Moral, ¡Cuánta geometría hay en tu vida! de Rosa Mª Herrero Merino, Palillos, aceitunas y refrescos matemáticos de Luis Valbuena e outros. En 3º de ESO, a maiores do anterior, iniciarase aos alumnos no emprego da linguaxe alxebraica, do seu vocabulario específico e das súas peculiaridades. Lecturas recomendadas para 3º de ESO: El diablo de los números, de Hans Magnus Enzensberger, Editorial Siruela, El señor del cero, de Mª Isabel Molina, Cuentos con cuentas, de Miguel de Guzmán, Editorial Labor, Hai que roelo 1, e 2; de Emilio R. Galiñanes, Editorial Gotelo Blanco, Problemas a mi 1, 2 e 3; de Fernando Corbalán e José M. Gairin, Editorial Edinumen, Matemagia, de Fernando Blasco, Editorial Temas de hoy, Cómo cortar un pastel de Ian Stewart, Editorial Crítica, Problemas y experimentos recreativos de Ya. I.Perelmán . En 4º de ESO engadirase a todo o anterior o fomento da autonomía lectora e da búsqueda da información, por iso será fundamental o manexo da biblioteca de aula e de internet. Lecturas recomendadas para 4º de ESO: Los viajes de Gulliver de Jonathan Swift, El señor del cero de Mª Isabel Molina, El gran juego de Carlo Frabetti, Póngame un kilo de matemáticas de Carlos Andradas Heranz, Teatromático de Ismael Roldán Castro, El matemático del rey de Juan Carlos Arce. EPVA Acercaremos ao alumnado á lectura a través dos seguintes libros que apoiarán o noso traballo nas diferentes actividades a realizar na aula: El caso del artista cruel- Edebe Rembradt Van Rijn- Alfaguara El pintor del sombrero de malvas- Edelvives Teoría y Práctica del color- Ed. Parramón La joven de la perla- Edelvives Siete historias para la infanta Margarita- Siruela


Ditos libros formarán parte da biblioteca da aula de plástica. Tamén empregaremos os cómics cos que conta a biblioteca do centro para desenvolver dita temática con exemplos prácticos na clase. O proxecto da biblioteca do centro serviranos como eixo para profundizar nos aspectos do cine e no desenvolvemento de actividades como: guión de película, debuxar as personaxes, secuenciación de imaxes, música….

5. IMPLICACIÓN DAS FAMILIAS 

Compromiso no intercambio de libros escola-casa, casa-escola.

Comunicación coas familias (orientación sobre as lecturas máis indicadas para cada nivel, solicitando reforzo pola súa parte das tarefas lectoras do centro, establecendo un espazo e un tempo de lectura diaria dentro do tempo de lecer en familia.,…)

Comunicación coa ANPA ( informando do Proxecto lector e do Plan Anual de lectura)

Participación e control das Mochilas Viaxeiras, que se lles enviarán dende a biblioteca ao alumnado do 1º, 2º e 3º nivel.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.