Page 1

ALLO B R A C E D O EQUEIR VISITA AO S

2 Novembro

oB g e Di

V r o t

ic

te n e

z a í D

c l an

o

011

s n o Alf

o


SITUACIÓN DO VIVEIRO

O viveiro de SEMFOR atópase situado no Noroeste de Galicia, máis concretamente, no concello coruñés de Carballo.


HISTORIA Inaugurado en 1949 polo “Patrimonio Mundial del Estado”, o sequeiro de Carballo tiña coma único obxectivo a producción de Pinus pinaster e Pinus radiata de orixe galega para empregar nas repoboacións que realizaba esta mesma Institución. Asi, a día de hoxe podemos atopar masas permanentes de piñeiros galegos en Estremadura, Asturias, determinadas zonas de Andalucía…


PRODUCCIÓN ACTUAL Actualmente o viveiro produce arredor de 30 especies diferentes das que Pinus pinaster e Pinus radiata, xunto co Quercus robur e Quercus rubra, seguen as ser as máis abondosas. O destino das sementes é o comercio con viveiros e a subministración de semente de calidade para as repoboacións da Xunta de Galicia.


PROCESADO DE SEMENTES As brigadas forestais da Xunta e distintas empresas conveniadas coa Xunta de Galicia realizan a recollida de froitos na nosa comunidade. Unha vez que estas chegan ao sequeiro, clasifĂ­canse e aplĂ­caselle un tratamento para evitar problemas por mor de enfermidades ou pragas.


PROCESADO DE SEMENTES No caso das piñas, sométense a un secado inicial para despois completalo nos fornos (entre 40 e 50ºC). Pásanse polo Trommel, que separa os piñóns e posteriormente desálanse e críbanse separándose as sementes segundo a calidade destas. Os piñóns de mellor calidade son os que reciben un novo tratamento con funxicida para despois envasalos ao frío ata a data da súa comercialización.


PROCESADO DE SEMENTES Dependendo da tipoloxía do froito, empréganse uns ou outros procesos: os froitos carnosos despólpanse, outros coma as landras ou as castañas sométense previamente a un proceso de flotación para ver o seu estado, no caso dos ameneiros e bidueiros recúrrese ao proceso de cribado, seguido de aventado… Posteriormente, envásanse e consérvanse ao frío ata se comercializaren.


Laboratorio O Sequeiro de SEMFOR conta entre as súas instalacións, cun laboratorio no que se realiza o control e seguimento da calidade das sementes.

Como centro oficial, toda o material é de procedencia declarada e cumpre estritamente coa normativa de comercialización do Material Forestal de Reproducción (MFR), facendo un especial control fitopatolóxico do produto, o cal é sometido ao longo do proceso a varias analíticas coas que garanten a salubridade da semente.


Visita 谩s plantaci贸ns de NORFOR A visita da tarde levounos a co帽ecer as plantaci贸ns da empresa NORFOR na zona.

Finca propiedade de NORFOR en Coristanco.

Finca propiedade de NORFOR en Santa Comba.


Visita ás plantacións de NORFOR NORFOR (Norte Forestal S.A.) é unha filial de ENCE, que opera na zona Norte da Península. Sobre todo en Galicia, Asturias e Cantabria. Nestas zonas obtén a madeira coa que suministra madeira e biomasa ás fábricas de celulosa de Pontevedra e Navia (Asturias). En total, a superficie forestal que xestiona esta empresa supera as 13.000 hectáreas de monte.


Visita ás plantacións de NORFOR A visita ás fincas desta empresa en Coristanco e Santa Comba serviu para ver e escoitar de primeira man como é o proceso de xestión destas masas forestais, orientadas a obter un rápido crecemento. Grazas aos dous responsables de zona da empresa achegámonos un pouco máis ao proceso de plantación, abonado, tipos de clons e traballos de selvicultura que se levan a cabo nestas masas.

Visita ao Sequeiro de Carballo  

Visita ao Sequeiro de Carballo (novembro de 2011)

Advertisement