Aspectos relacionados co libro O Principiño

Page 35

Carlos Casares

Tradutor Traduciu O principiño (1983) do francés Antoine de Saint-Exupéry, Os escaravellos voan á tardiña (1989) da sueca Maria Gripe e O vello e o mar (1998) do norteamericano Ernest Hemingway.

Referencias [1] http:/ / www. culturagalega. org/ noticia. php?id=2410& soportal=lg3

Tradución A tradución (< latín traducere: facer pasar dun lugar a outro) é unha actividade que comprende a interpretación do significado dun texto nun idioma, chamado texto orixe, a un texto equivalente noutro idioma, chamado texto meta. Tamén o produto desta actividade, o texto meta, denomínase tradución. Tradicionalmente, a tradución foi unha actividade desenvolvida por humanos, aínda que hai numerosos intentos de automatizar a tarefa de traducir textos naturais (tradución automática) ou de utilizar ordenadores para axudar a esta tarefa (tradución asistida por ordenador). Un exemplo de tradución asistida sería o uso dunha memoria de tradución. O obxectivo da tradución é crear unha relación de equivalencia entre o texto orixe e o texto meta, é dicir, a seguridade de que ambos os textos comuniquen a mesma mensaxe, á vez que se teñen en conta aspectos coma o xénero textual, o contexto, as regras da gramática de cada un dos idiomas, as convencións estilísticas, a fraseoloxía, etc. É importante diferenciar a tradución da interpretación: No primeiro caso, transfírense ideas expresadas por escrito dunha lingua a outra, mentres que na interpretación as ideas exprésanse oralmente ou mediante a xesticulación (como acontece na linguaxe de signos) dunha lingua a outra. Segundo a análise dos procesos implicados na tradución e interpretación, poderíase considerar que esta última constitúe unha subcategoría da tradución[Cómpre referencia].

O proceso tradutolóxico Na súa obra, Teoría e práctica da tradución, Valentín García Yebra recoñece dúas fases no proceso tradutolóxico: "a fase da comprensión do texto orixinal, e a fase da expresión da súa mensaxe, do seu contido, na lingua receptora ou terminal". Na etapa de comprensión, decodifícase o sentido do texto orixe, nunha actividade denominada semasiolóxica (do grego, sema, sentido ou significado). Na etapa de expresión, recodifícase este sentido na lingua meta; etapa tamén chamada onomasiolóxica (do grego, onoma, nome). Na etapa de decodificación do sentido do texto, o tradutor debe identificar en primeiro lugar os segmentos que compoñen o texto orixinal. É dicir, debe estabelecer as unidades mínimas con sentido. O segmento pode ser unha palabra, frase ou incluso unha ou máis oracións (por exemplo, un texto completo). Na etapa de recodificación na lingua meta, o tradutor debe manter o sentido do segmento orixinal nun segmento da lingua meta, respectando o xenio da mesma. A reunión do segmento orixe co segmento meta é o que se denomina unidade de tradución. Ambas as dúas etapas son de índole recursiva, e non necesariamente sucesivas, é dicir, o tradutor pode volver desentrañar o sentido do texto orixe, unha vez que recodificou o sentido na lingua meta. Após este procedemento, sinxelo a primeira vista, agóchase unha operación cognitiva complexa. Para decodifica-lo sentido completo do texto orixe, o tradutor ten que interpretar e analizar tódalas súas características de forma consciente e metódica. Este proceso require un coñecemento profundo da gramática, semántica, sintaxe e frases

33


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.