Revista VCF número 2

Page 1

Verín CF

A revista do teu clube

1€ Número 2 Decembro 2012

des das novida a í d ó r a t Podes es e club u e do t

a través de

Páxina web oficial: www.verincf.es Páxina oficial de facebook: www.facebook.com/verincf Twitter oficial: www.twitter.com/VerinClubFutbol


2


3

CALENDARIO O Calendario 2013 do Verín CF protagonizou titulares da prensa escrita nacional e internacional (a reportaxe en páxinas centrais do MARCA pasará á historia), e espacios nos noticieiros deportivos de tódalas canles televisivas de España: TVG, LaSexta, TVE, Tele5... Da dimension Godás. Os xogadores aceptaron encantados o desafío de protagonizar unhas sesións de fotos feitas co rigor propio do outono, enmarcadas no balneario de Caldeliñas e no río Támega. Así, o Calendario denomínase “Pedra e auga” en homenaxe as augas e balnearios do val de Monterrei, un dos atractivos da nosa comarca. A idea de facer un calendario naceu pola difícil situación económica do clube: as subvencións públicas xa non son o que eran, hai que facer fronte a pagos presentes e a débedas pasadas, e por iso é moi importante moita imaxinación de orgullo para tódolos veciños. Por iso iniciativas coma esta. Agora necesitamos o teu apoio: merca, regala o calendario, e vai máis alá: faite socio, invita a outros a facerse socios, e se tes un negocio, colabora co Verín CF con algún tipo de patrocinio. Porque o Verín CF é un valor en alza. Porque estamos a FACER HISTORIA, estamos a FACER VERÍN.


4

EDITORIAL O número 1 da revista do clube, publicada en setembro, ó principio da temporada, non tiña editorial, pero a propia revista era unha declaración de intencións: apostar por un Verín CF moderno e dinámico. Neste número 2 damos fe de como este proxecto vai, pouco a pouco, tomando forma. Coma hai que tirar de imaxinación para obter recursos, pois os tempos non son fáciles, os xogadores protagonizaron un incrible calendario do 2013 do que seguro se vai falar durante moito tempo en moitas partes. O calendario (o custe é de 10 euros, non quedes sen el que voan), no que os xogadores amosan as súas admirables condicións físicas (noraboa a Iago, o preparador físico, pola parte que lle corresponde) é un exemplo da frescura e modernidade deste novo Verín CF. A presentación do calendario fíxose o 17 de novembro por medio dunha gran festa do verinismo, na Praza Maior. Pero o Verín CF non quere ser so un clube de fútbol, quere ter tamén unha dimensión social, abrirse a tódolos verinenses e a tódolos habitantes de todo o val de Monterrei, sexan ou non futboleiros. Por iso imos organizar un , coa inestimable axuda de Rubén Riós e coa colaboración de Cruz Roja. Lembra, pois, que o vindeiro 8 de decembro tes que vir ó José Arjiz para presenciar un encontro que reunirá a exfutbolistas profesionais, políticos, persoeiros do mundo da cultura e o espectáculo… e E no aspecto deportivo? Pois despois dunhas primeiras dúbidas, propias dun equipo xoven e en construcción, o Verín CF está nunha clara traxectoria ascendente que o leva neste dun equipo que siga nesta liña. Iso non cho podemos garantizar. Pero si podemos garantizarche ilusión e esforzo, por parte de todos: directivos, colaboradores, corpo técnico e xogadores. Tes que unirte a este proxecto, facéndote socio, invitando a un amigo a facerse socio, colaborando connosco se es propietario dun establecemento comercial. Porque tes ADN VERÍN CF. Vaite compensar, verás. Porque estamos a FACER VERÍN. Unha última cousa. Se estás pensando en mercar lotería de Nadal… aquí temos a que probablemente toque…


5

PRESENTACIÓN PATROCINIO D.O.MONTERREI

O día do enfrontamento de oitavos de final da Copa Deputación, fronte ó CD Arenteiro, celebrouse a presentación do patrocinio da D.O.Monterrei. No acto estiveron presentes o presidente do Consello Regulador, Antonio Rodríguez Atanes, o alcalde Juan Manuel Jiménez Morán e o concelleiro de Deportes Víctor Manuel Lamas Baladrón. Dende o Verín CF felicitámonos de que un símbolo de calidade e modernidade coma a DO Monterrei, viaxen connosco neste nova proxecto.


6

LUIS OSSORIO AUGUSTO · LUISITO “Este está sendo o meu mellor ano a nivel futbolístico” Luis Ossorio Augusto -Luisito- (5/2/1984) é un dos activos futbolísticos máis importantes deste Verín CF. Rápido e forte, traballador e con carácter, o extremo verinense pasa por un gran momento deportivo e persoal. Falamos con el sobre as súas sensacións futbolísticas, sen esquecernos tampouco do seu labor como adestrador nas Escolas Deportivas de Fútbol do Concello. Ola Luis. Moitos cambios dende o ano pasado a este: na dirección do clube, no corpo técnico, no plantel... Despois de tres meses, como ves a marcha do equipo? Vexo o equipo moi maduro; sendo case todos moi novos sabemos facer no campo o que Sotelo nos pide no vestiario. Tamén vexo que temos unha directiva envidiada por todo o mundo: estanse a facer as cousas moi ben. Es un dos indiscutibles do once de Sotelo. A nivel persoal, estás contento coa túa aportación ó equipo? A nivel persoal estou contentísimo aquí; este está sendo un dos meus mellores anos a nivel futbolístico pero teño que dar moito máis por este equipo. Xogas coma extremo, pero coa portería sempre en mente. Polas túas condicións poderías xogar tamén de segundo dianteiro. Sínteste cómodo co papel que che encomenda o adestrador? Que che pide exactamente Sotelo? Síntome moi cómodo xogando nesa posicion, é o meu sitio dende sempre,

dianteiro. O adestrador pídeme compromiso e apoio á xente nova e que xogue tranquilo, que as cousas sempre acaban saíndo. Non imos descubrir a túa calidade, pero si é de destacar a túa loita constante, en ataque e en defensa, e o xeito no que a túa enerxía contaxia ó resto dos xogadores. Eres consciente da túa importancia no equipo nese sentido? Claro que me dou conta, pero iso non quere dicir que sexa o único que o fai. Síntome un máis deste equipo e trato de axudar a todo o mundo. Tamén o meu carácter fai que ás veces sexa algo impulsivo, mesmo cos meus compañeiros, e aproveito por certo esta oportunidade para pedirlles disculpas. Comezaches a liga con tres goles, pero despois deses dous primeiros partidos non marcaches máis. Obsesiónache o gol? Non me obsesiona para nada o gol; sei que tarde ou cedo caerá, e estaredes no Arjiz para velo. Ademáis estou contento igual, porque estou dando moitas asistencias de gol.


7

“A miña muller foi o meu maior apoio. animoume cando eu pensaba en Vinteoito anos, e xa es pai. Cambia a paternidade a un xogador de fútbol? A min en particular cambioume moito o estar casado. A miña esposa deume unha estabilidade que me facía moita falta na miña vida. A nivel futbolístico foi o apoio mais grande que tiven; moitas veces pensei en deixar de xogar e ela sempre me animou a seguir. Logo teño dous nenos que cada domingo esperan impacientes que chegue a hora de ir ó Arjiz a ver o seu pai, e a min iso dame moitísima forza. Tes a vida montada en Verín. Colgarás as botas aquí? Espero que si, pero este menda ten moita guerra que dar todavía. E antes serás protagonista dun Verín CF de Terceira División, non? Hai que ser realistas. Encantariame ver outra vez o Verín en Terceira, pero hai que ir pasiño a pasiño. Tamén adestras a un dos equipos das Escolas Deportivas de Fútbol do Concello. Como é adestrar a nenos tan pequenos? A min en particular é unha cousa que me ilusiona moito, porque sempre me e xa lle puña zapatillas simulando os conos para que os fora esquivando coa pelota... ¿Son obedientes? Siiii, son moi fáciles de levar.

Cales son os conceptos futbolísticos que podes inculcar a meniños tan pequenos? Tento ensinarlles a ser sobre todo respetuosos, disciplinados. Máis que adestradores somos educadores. Pois moitas gracias, Luis, pola entrevista... Gracias a todos por facer ADN Verín. Seguídenos animando que non vos imos defraudar.


8

UNAI GÓMEZ “Somos un equipo xoven e sen moita experiencia, pero suplímolo con ilusión, esforzo e fútbol” Pese a súa xuventude, Unai Gómez (22/3/1989) é un dos pesos pesados do plantel verinense. Ademáis, de momento este extremo rápido e habilidoso, que xoga ás veces de falso nove, é sinónimo do gol: leva nin máis nin menos que sete goles en once partidos. Nesta entrevista fálamos con el do seu extraordinario momento de forma e da actualidade do equipo. Unai, levas uns números estratosféricos. Como valoras a túa actuación persoal? Pois a nivel persoal moi contento, pero facer unha valoracion paréceme moi egoista pola miña parte xa que sen o traballo dos compañeiros sería imposible que eu ou outro marcase gol. Dende logo, pero o feito é que estás a facer unha temporada de récord en canto catro goles nun partido, coma sucedeu en Oira o día do 3-6? Non, é a primeira vez. Só en xuvenís marcara tres alguna vez, pero repito que os goles son traballo de todo o equipo. que te ten alineado de extremo e de falso nove... En que posición te sintes máis cómodo? Polo de agora o míster ten contado conmigo en todos os partidos, o cal me satisface porque valora o meu traballo nos adestramentos. Síntome cómodo en calquera das dúas posicions, aínda que si me teño que

decantar por unha, quizáis na banda podo aproveitar máis a miña velocidade, sobre todo nos partidos no Jose Arjiz ó ter o campo unhas dimensións grandes. Como ves ó equipo? Ó equipo véxoo moi ben; cada partido nos sentimos máis cómodos porque nos imos coñecendo un pouco máis e iso axúdanos a anticiparnos ó que vai facer o noso compañeiro. Asentarase o equipo co paso das xornadas ou cres que imos ter que sufrir para manternos? Estou seguro de que o equipo asentarase con creces na categoría, Si é certo que somos un equipo xoven e quizáis algo inexperto na categoría, pero suplimos a inexperiencia con ilusión, esforzo, e sobre todo con fútbol. Ós rivais custaralles gañarnos, sempre e cando nos manteñamos unidos e traballemos todos polo mesmo obxectivo, a victoria. Fóra o equipo peca de irregularidade, pero no Arjiz é outra cousa… Pode ser que fóra nos acabemos de xogar coma queremos, pero diante da ga


9

“Non hai campo coma o arjiz, respírase fútbol” nosa afeción sentimos que podemos gañar a calquer equipo da categoría… A xente disfruta… Nós encantados de que a xente disfrute, a afeción tamen nos fai disfrutar a nós en moitos momentos, son o xogador número 12. Moitas veces vemos que as cousas non saen como esperamos e aí é cando

nós. Estamos encantadisimos xogando no porque é un campo especial, respírase máis fútbol que en ningún outro campo da categoría, e máis este ano co excelente traballo que está a realizar a directiva e colaboradores, aproveito para felicitarvos.


10


11


12

XUVENILES: COMPETICIÓN O Verín CF xuvenil ata o de agora estivo encadrado no grupo 12 de Primeira Autonómica, xunto con outros once equipos, que xogan entre si unha liga de unha soa volta. Despois, os cinco grupo ourensán, unha liga de dúas voltas. Finalmente, os catro mellores desta liga xogarán a fase de ascenso á Liga Galega Sur de Xuvenís. trados por Iván Teixeira, xogador do primeiro equipo. Non obstante, o propio adestrador é rotundo: “O equipo non ten obxectivos nin obligacións máis alá que a de formar futbolistas”.

Estas son as categorías do fútbol xuvenil: DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL (os mellores equipos de España). LIGA NACIONAL XUVENIL (os mellores equipos de Galicia) LIGA GALEGA XUVENIL SUR (os mellores equipos das provincias de Ourense e Pontevedra) PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL (equipos da provincia de Ourense) Grupo 11 e Grupo 12


13

XUVENILES: RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS RESULTADOS Xornada 1 Ourense B 2 – Verín CF 4 Xornada 2 Verín CF 11 – Arrabaldo B 1 Xornada 3 Maceda 0 – Verín CF 4 Xornada 4 Verín CF 3 – Antela 1 Xornada 5 Cidade de Ourense 1 – Verín CF 6 Xornada 6 Verín CF 1 – Ponte Ourense CF 1 Xornada 7 Verín CF 3 – Sporting Celanova 2 Xornada 8 Polígono San Cibrao 0 – Verín CF 2 Xornada 9 Verín CF 3 – Santa Teresita 1 Xornada 10 Ribeiro B 0 – Verín CF 4 Xornada 11 Verín CF 2 – Soutopenedo 0 Xornada 12 Barbadás B 2 – Verín CF 2 Xornada 13 Verín CF 2 - Allariz 3

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14

Clasificación Primeira Autonómica grupo 12 X. G E P goles diff pts Ponte 12 11 1 0 53 : 8 45 34 Verín 13 10 2 1 47 : 14 33 32 Barbadás B 13 9 2 2 47 : 16 31 29 Antela 12 8 2 2 40 : 13 27 26 Celanova 13 7 2 4 39 : 22 17 23 Polígono 13 7 2 4 31 : 22 9 23 Allariz 13 7 1 5 29 : 23 6 22 Maceda 13 5 1 7 30 : 42 -12 16 Sta. Teresita 12 4 1 7 19 : 30 -11 13 Arrabaldo B 13 3 2 8 15 : 49 -34 11 Cidade Ourense 13 3 1 9 20 : 40 -20 10 Ourense B 13 2 2 9 25 : 44 -19 8 Soutopenedo 12 2 1 9 7 : 37 -30 7 Ribeiro B 11 0 0 11 3 : 45 -42 0


14

IVÁN TEIXEIRA “A miña labor é tamén axudar ós meus compañeiros a que eles fagan ben o seu” o seu posto de central no equipo co de adestrador dos xuvenís. Hoxe falamos con el sobre estas dúas funcións no clube. Iván, es un dos intocables de Sotelo, un dos xogadores con máis minutos no que vai de temporada. Como te sentes co teu papel no equipo? A verdade e que estou contando coa conintentar facelo o mellor posible en todos os partidos. O meu papel no equipo é facer o mellor posible o meu traballo en defensa, e axudar ós meus compañeiros en todo o posible para que eles tamén poidan facer o seu, e entre todos sacar os partidos adiante. Que o equipo te necesita o din os números: nos partidos que te perdiches o equipo encaixou seis goles (dous en casa fronte o Atios -despois de ser expulsado na xornada anterior en Marín-, e catro en Lalín -despois de ser expulsado na xornada anterior fronte ó Valladares-). É inevitable xogar sempre ó límite da amonestación, ou é un aspecto no que se pode mellorar? Os números só son números, non creo que o equipo se resinta sen min, simplemente en Lalín tivemos un mal dia, e contra o Atios merecemos máis xa que se xogou moi ben, pero non conseguimos marcar as ocasións que tivemos. Con respecto as expulsións, si é certo que foron moi seguidas e pode pare-

as ocasións que tivemos. Con respecto as expulsións, si é certo que foron moi seguidas e pode parecer que xoguei ó límite ou que non souben administrar as miñas entradas, pero a realidade é que me expulsaron as dúas veces sen apenas facer faltas, pero así é o fútbol e tentaremos que non se volva repetir. Tras estas dez xornadas, como se ve o xogo do equipo dende o posto que ocupas no centro da defensa? Pois creo que estamos no camiño adecuado, cada vez vexo o equipo máis formado, máis rocoso e sobre todo temos uns xogadores moi traballadores que o dan todo en cada partido e iso fai que non sea fácil gañarnos. Logo o fútbol unas veces che da e outras che quita pero creo que imos na boa liña. Iván, tamén adestras ós xuvenís. Que é máis difícil: xogar de central na Preferente ou adestrar a un equipo de rapaces xóvenes? Realmente é máis difícil adestrar xa que tes que comunicarlle e ensinarlle a un grupo de rapaces a xogar ó futbol e supón quizáis máis traballo que xogar. Pero tamén teño que decir que teño un grupo de rapaces que cumpren e traballan para conseguir todo o que se lles pide, non teño ninguna queixa.


15

como adestrador? Os meus principios defínense en tres palabras: digo ós meus rapaces que teñen que vir a divertirse, que no momento no que non disfruten

É pronto para pensalo, pero cando colgues as botas, gustaríache facer carreira coma adestrador? Por suposto que si, a miña paixón é o futbol e se non é adestrando seguro que seguirei ligado a este mundo en calquera outra función.

“Adestrar os xuvenís é unha gran responsabilidade. o obxectivo non é acadar resultados, senón formar futbolistas que poidan subir ó primeiro equipo” xogando ó fútbol é mellor que o deixen porque se non se disfruta disto non ten sentido seguir xogando. Logo so tentamos traballar táctica e técnicamente para que os rapaces poidan subir ó primeiro equipo para competir, que é realmente a función do equipo dentro do clube. Respecto ós resultados, os xuvenís van líderes nesta primeira fase de competición. A que aspira este equipo? Hai posibilidades reais de loitar polo ascenso á Liga galega, ou iso son palabras maiores? Falar de ascensos e de obxectivos en categorías inferiores paréceme excesivo; o principal obxectivo destas categorías é o de formar xogadores para que no día de mañá sexan futbolistas do primeiro equipo ou de equipos de superior categoría se cabe. Por eso xa che digo de ante man que este equipo non ten obxectivos nin obligacións máis alá que a de formar futbolistas. Os resultados si que son os que hai e podería parecer que poderían aspirar a algo bonito, pero como che digo so estamos centrados en tentar xogar mellor cada partido e con iso, estou seguro de que algúns resultados obteremos.


16

OCTAVOS DE FINAL 12/10/2012

CD VELLE CD BARCO UD BARBADÁS B CD OURENSE B CD RAMIRÁS CD MUÍÑOS POLÍGONO S.C. AD COVADONGA

CUARTOS DE FINAL 1/11/2012 · 6/12/2012

SEMIFINALES 28/3 /2012 · 1/5/2012

FINAL 15-16/6/2012

CD VELLE

UD BARBADÁS B

CD MUÍÑOS

POLÍGONO S.C. CAMPEÓN

SDC A MANCHA UP TABOADELA

UP TABOADELA

SPORTING CELANOVA

CF MONTERREY

SPORTING CELANOVA

SD NOGUEIRA DE RAMUÍN

PONTE OURENSE CF VERÍN CF CD ARENTEIRO

PONTE OURENSE CF

VERÍN CF


17

A COPA, UN SOÑO… REALISTA O Verín CF estrenou en agosto a súa andadura na Copa en Barbantes cunha contundente victoria. Nese partido xogaron Jorge, Kuki, Sergio, Iván, Ginzo, Mario, Víctor Gallego (Imanol), Luisito, Camba (Rubén Salgado), Beto e Unai. O resultado (0-5, con tantos de Camba –dous-, O sorteo deparou un cadro sorprendente, xa que tres dos catro Preferentes debían xogar entre enfrontouse no José Arjiz a partido único ó CD Arenteiro. Ese día xogaron Piollo, Kuki, David Ginzo, Iván, Mario, Víctor Gallego (Camba), Luisito (Petrovic), Dani (Beto), Hugo, Fran Cabido partido verinense (2-0). Mentres o CD Barco quedaba sorprendentemente fóra da A ida en Oira xogouse o 1 de novembro. Xogaron Piollo, Imanol, Sergio, Iván, Mario, Víctor Gallego, Luisito (Hugo), Dani (David Ginzo), Beto, Fran Cabido (Álex Castro) e Unai (Camba), e o Verín CF arrincou un gran resultado (2-4). Os goles de Unai (por partida doble), Sergio e Álex -


18

IMPORTANTES DESCONTOS PARA TODOS OS SOCIOS, SEXAN NOVAS ALTAS OU RENOVACIÓNS Pensando nos máis mozos que aínda non contan con ingresos pola súa conta, o Clube crea un novo tipo de carnet para estudantes por 30€, un 62% menos do que lles custaba abonarse o ano pasado. Pero os descontos se extenden a todos os tipos de abono, xa que o resto dos futuros socios disfrutarán esta tempada dun desconto de 10€ no custo de renovación ou alta dos abonos individuais e familiares, quedando os respectivos en 70 e 80€ para a tempada 2012-2013. Con todo, a gama de carnets queda da seguinte forma:

TIPO DE CARNET PREZO INDIVIDUAL

70 €

(se estudias un curso oficial) ESTUDIANTE

30€

(acceso para 2 da mesma familia) FAMILIAR

80€

EMPRENDEDORES

(para autónomos que se desen de alta dende xuño de 2011)

GRATIS

Podes dar de alta ou renovar o teu abono chamando por teléfono (988 41 22 66) os luns, mércores e venres de 18:00 a 20:30; ou ben cubrindo a seguinte ficha de socio a través da Internet: www.verincf.es/altasocio.html

FRACCIONAR O PAGO: OUTRA FACILIDADE MÁIS PARA OS SOCIOS Para facilitar os pagos das distintas cotas de socio a aquelas familias e entidades con menos recursos, permítese a posibilidade de fraccionar o desembolso en dúas entregas: a primeira ao recoller o carnet e a segunda despois do Nadal. páxina facebook: www.facebook.com/verincf

páxina web: www.verincf.es

twitter: @VerinClubFutbol


19

Xornada 16

09/12/2012

AROSA SC - Verín CF

Xornada 17

16/12/2012

Verín CF- RIBADUMIA CF

Xornada 18

23/12/2012

PONTEVEDRA "B" SAD - Verín CF

Xornada 19

06/01/2013

Verín CF - GONDOMAR CF

Xornada 20

13/01/2013

Verín CF- MARIN CF

Xornada 21

20/01/2013

UD ATIOS - Verín CF

Xornada 22

27/01/2013

Verín CF- U.SD DE O GROVE

Xornada 23

03/02/2013

CD VALLADARES - Verín CF

Xornada 24

10/02/2013

Verín CF- CD LALIN

Xornada 25

17/02/2013

CULTURAL AREAS - Verín CF

Xornada 26

24/02/2013

Verín CF- CD CHOCO

Xornada 27

03/03/2013

XUVENTU SANXENXO - Verín CF

Xornada 28

10/03/2013

CD BARCO - Verín CF

Xornada 29

17/03/2013

Verín CF- PONTE OURENSE S.A.D.

Xornada 30

24/03/2013

CD PONTELLAS - Verín CF

Xornada 31

31/03/2013

Verín CF- CD ESTRADENSE

Xornada 32

07/04/2013

PORTONOVO SD - Verín CF

Xornada 33

14/04/2013

Verín CF- CD ARENTEIRO

Xornada 34

21/04/2013

MONDARIZ CF - Verín CF

Xornada 35

28/04/2013

Verín CF- AROSA SC

Xornada 36

05/05/2013

RIBADUMIA CF - Verín CF

Xornada 37

12/05/2013

Verín CF- PONTEVEDRA "B" SAD

Xornada 38

19/05/2013

GONDOMAR CF - Verín C



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.