Furafollas2014

Page 1


REAL COMO A VIDA MESMA

Laura Mosquera


MIL PRIMAVEIRAS MÁIS PARA A NOSA LINGUA Imos facer na nosa revista unha mención especial a tres entidades do noso contorno que reperesentan un modelo a seguir , unha icona no labor normalizador. “Louvado sexa Deus por terme dado o don da fala nosa e por terme ensinado a dicir “rula”, “bidueira”,” dorna”, “ponte” e “ fonte”. E asi, sabendo estas palabras, era verdadeiramente dono da bidueira, da fonte e da ponte (A. CUNQUEIRO) Nesta mesma idea debeu afondar D. Rafael Nogueiras, párroco de Ferreiros, que que fixo parao seu oficio uso do noso idioma, contribuíndo a normalizalo nun eido, o da igrexa, menos favorable, historicamente ao seu emprego. “ Pasiño a pasiño vaise facendo o camiño” , como diría o peregrino, así tamén pensa a Asociación de Amigos do Camiño, que leva a cabo todas as súas actividades en galego e canta aquilo de “A Santiago vou, peregrino , camiñando, coa nena Carmela, que en Composela me está esperando” “ Merca, agasalla, felicita en galego” Coma o “ Pinchaprezos” de Vilarchao, que adquiriu un compromiso activo coa lingua ao empregala nas suas relacións comerciais, sendo neste sentido unha entidade global que actúa localmente. Parabéns para eles, e mil primaveras máis para a nosa lingua.

ENDL DO CPI “ANTONIO FAÍLDE”


A NENA DESAPARECIDA

Na miña casa hai unha trampilla na planta baixa. É a única parte da casa , nuns seis meses que aquí levamos vivindo, na que non entrou ninguén que eu saiba! So unha vez, no verán que eu estaba so, pasei por alí e escoitei berrar a alguén, pareime, a voz repetiuse e tamén escoitei pasos; achegueime e descubrín que a voz pedía auxilio, pero tamén é certo que a trampilla atopábase pechada con chave e non se podía abrir. Xa pola noite comenteillo a meus pais que dixéronme que sería un gato, que o confundiría. Aquela mesma noite a miña única irmá de oito anos desapareceu para sempre. Non se soubo que pasara, e na trampilla endexamáis se volveu escoltar ruído ningún. Francisco Vázquez 2º A

ELA Ese día ía eu camiñando polo monte cando vin unha casiña de madeira. Decidín entrar para ver se estaba valeira e … efectivamente así era! So había unha pequena cama chea de po e por riba dela unha boneta. So con tocar un dos seus loiros cabelos todo desapareceu: nin casa, nin cama, nin boneta, nin nada. Tentei voltar á miña casa pero cada vez que me achego ao camiño de saída a nena, si, esa nena, a nena loira do cadro agárrame a man e lévame ao medio do monte. Esa nena era a que me daba de comer cando era so un anano; ela é ela e, cada vez que desaparece unha pequena pinga cae enriba do meu nariz e óese como chora. Ela, quéroa. Silvia Vázquez 2ºESO


OS

SURICATOS FÚTBOL CLUB

Ola! Estavos a falar un Tamarino Bigotudo. Son o presentador do partido entre os Suricatos Fútbol Clube e o Racing Clube de Berberechos. Comeza o partido… 85 minutos despois van 1-1, recordemos para os Suricatos F.C, marcou o Suricato número 9 e para o Racing Clube de Berberechos Titikub, a nova fixache deste equipo. Chega o minuto 90, o árbitro engade 2 minutos, isto está que non pode máis. O Suricato nº 11 corre pola banda, centra, cóllea o Suricato nº 9 e… Penalti! Mariano Rajoy fixo penalti! Vaino tirar o suricato nº 10. En fronte está de porteiro Pepiño o do Barrio, tira e… (óense later os corazóns do estadio pum, pum, pum…) goooool! Menudo golazo acaba de marcar! Brais Nóvoa 2º ESO

MICROFICCIÓN Saín da casa e un pato portugués cuns zapatos de mentira e un rifle de algodón. Saudoume en chinés, non lle puiden contestar. Tratei de comunicarme con el mediante xestos, mais amosoume unha foto dun tamarino e mais un suricato abrazados, despois sacou nha nutria de peluche, calva, verde e engurrada, con bigote vermello e sonbreiro de copa e fuxiu. Un coello de Duracell correu tras el con dúas pas desfibriladoras. Alcanzouno, púxollas no peito e deulle unha descarga e unha sopa Knorr de calabaza. Tras aquel suceso, continuei o meu camiño polas rúas de Polonia e Plácido Domingo apareceu con tres bollicaos á hora da merenda, ofreceume un e entretívose comigo e interrompendo así o seu traballo de Batman. Indixesteime e fun asistido por un Koala e un mapache albino que foron alí diante ,construíndo unha parede e outra e outra ata facerme unha acolledora casa. O canguro da tía Xosefa sacou unha libreta e anotou o enderezo do colexio de Cambeo, envoiu unha postal e regalou unha cebola ao Willyrex.

ADRIÁN GONZÁLEZ (2º A)


O CASTELO DE A PEROXA Situado cerca deste pobo atópanse as ruinas dun castelo medieval que durante séculos foi cabeza da xurisdición do estado de Temes. Mantívose en pé fronte aos numerosos ataques que sufriu nos seus 6000 anos de historia, pero no século XX destrúese por completo para utilizar as súas pedras na construcción da igrexa de A Peroxa.

LENDA Conta a lenda que os mouros saían por un pasadizo secreto buscar xente ao val e levábana. Nesta contenda os cristiáns contaron co apóstolo Santiago que voou co seu cabalo dende o monte que hai en fronte onde deixou as pegadas da súa ferradura sobre unhas penas (Mirador dos Cabaleiros) destruíndo o castelo. Sinuhé e Yanely 3º Primaria


Mi Experiencia en Galicia: El Cole Fabuloso de Cambeo Primer, discúlpame mi español; está mucho mejor desde los primeros días, pero no es perfecto. Es verdad, la mejor cosa de Cambeo, es como mejoré mi español. Los niños son buenos profesores! Cuando me llegué desde Canadá, no tuve ninguna idea sobre mi trabajo aquí, ninguna idea sobre los niños, ni los profesores ni la ciudad de Ourense. Estaba muy escéptica, pero no debía haberme preocupada, porque tenia profesores muy amables, especialmente Soco y Manoli para ayudarme con muchas cosas. Después de los primeros días, empecé con los niños. Qué lindos! La mayor parte de mis horas las pasé con los niños de primaria, y qué experiencia! Los niños tenían mucha, mucha energía y les gustaba mucho aprender las palabras en inglés. Me gustó mucho como los niños se enseñan los unos a los otros con la pronunciación de las palabras inglesas. Por ejemplo, “name” (nombre), se pronuncia NA-ME para aprender las letras de la palabra. Era muy precioso. Esto fue mi primera experiencia enseñando, pero fue más una experiencia de aprendizaje para mí. Todos me aprendieron muchas palabras de español mientras les estaba mostrando las palabras inglesas. ¡Un tipo de intercambio muy interesante! En relación a la vida en Ourense, menos la lluvia (mucha lluvia ), lo pasé la mayoría de mi tiempo bien. La gente, la vista, las termas, todas las fiestas y celebraciones, ¡todo me gustó! Muchas personas me dieron bienvenida la vida en Ourense, y en Galicia en general. Estoy agradecida por la oportunidad de disfrutar eventos como Magostos y Carnival, ambos en la escuela y afuera también. Las celebraciones representan otro lado de la cultura Española que no yo sabia mucho. Otra vez, una cosa nueva para aprender! Finalmente necesito darles abrazos y besos a todos por mi estancia en Ourense. Les hablaré mucho a todos en Canadá sobre mi gran experiencia en Ourense, y ojalá que la gente y las estudiantes especialmente, recuerden un poco sobre Canadá y que quizás, un día, ellos tengan la oportunidad de visitarlo.

SHEA,A CANADIANA QUE VEU DO FRÍO NA PROCURA DA CALOR.


VOCES RESGATADAS Esgutiar: aturuxar. San Cibrao das Viñas. Esmorcelado: esportillado. Coles. Tortillotes: chulas. Coles. Chafurda: casa destartalada. San Cibrao das Viñas. Figadeiras: matanzas. Coles. Farricallos: farrapos. A Barrela. Alburuxe: ánimo. Valdeorras. Decembrar: chover moito e seguido. Coles. Estonados: repelados (os labios). Valdeorras. Sabugos: carne baixo as unllas. “Encetáronselle os sabugos”.Coles. Coucheiras: nacer prantas a montóns. San Cibrao Enrixoadas: esturruxadas .San Cibrao Repolgo: cosido para rematar. Valdeorras. Sonobigar: averiguar.

Lendias: un ninguén Bertóns: berza tenra Enzorobellado: enredado.

Valdeorras.

Esgaxa: acio pequeño ou pedazo del. “ Esgarrafetarse: berrar moito e quedar agotado. Valdeorras. Aganduxar: coser para que non desfíe a tea. San Cibrao... Quiobra: cóbrega. O Bolo. Cucar: tirar algo ou alguén ao ar. San Cibrao... Pampos: cangallos da rebusca.

Esbarrondar: caer algo alto, desfacer. “ Xiringar: erguer as patas o cabalo ou burro. “ “Era moita loia”: parecía moito e quedou en nada. Coles. “Tes máis ollos que barriga”: comer coa vista. Vilamarín.


XOGOS TRADICIONAIS Os coellos Unha persoa é o garda e os demáis os coellos. O garda conta cos ollos pechados ata vintecinco máis ou menos. Os coellos escóndense todos xuntos nun lugar consensuado por todos, moi quediños para non ser descubertos. O garda buscaos e se non lle resulta doado atopalos berra: -Esgutiar! (aturuxar). Os coellos aturuxan para darlle unha pista. Cando os atopa outro poderá ser o garda e repetir a acción. (Recollido no lugar de Castroverde- San Cibrao das Viñas)


UN SOÑO QUE PARECÍA REAL Atopábame no salón da miña casa , estaba fría e as luces apagadas. Ía levantarme por un vaso de auga, pero estaba atada ao sillón. entroume un ataque de pánico. Chamaron á porta e… de súpeto despertei. Era miña nai a que entrou pola porta, todo fora un soño, pero parecía tan real… Julia Lecuona 2º ESO

A PRANTA A min encántame o Amazonas, de feito a historia que vos vou contar é sobre el. Era un día calquera, no colexio estabamos en Ciencias Naturais, no tema das prantas; de súpeto, antes de que tocara o timbre,o profesor díxonos se queriamos facer unha expedición ao Amazonas. Eu berrei: - Siii... Ao cabo dunha semana xa estabamos preparados para irnos. Despegamos e… chegamos. Alí empezamos a mirar as distintas prantas que atopamos, achegueime con moito cuidado a unha pranta carnívora, esta abriu a boca, eu alonxeime ela díxome: -Compartimos aperitivo? –Díxomo dando a volta a unha das súas follas e amosando uns insectosCo medo saín correndo e nunca máis volvín querer saber de prantas. Patricia Cambeiro 2º ESO



SEMPRE… Empezan cun simple “gorda” que ti o tomas a broma, os insultos comezan a acumularse e ti tentas facerlles fronte co pasotismo. Pouco a pouco eses adxectivos van afectándoche ata coller paranoia. “E se estou gorda?”. “Terán razón? “É verdade, claro que o son”. Xa empezaches. Xa non tés sentido nin razón. Todo che dá igual, xa caíches nese mundo de complexos e por moitos intentos que fagas, a saída está lonxe. Non comes, escóndeste e choras. “Non está gorda, non fagas caso…” dinche as amigas, pero a ti non che importa, ti cres o que din os demais: “ gorda, fea…” Ti mesma empezas a verte así… Fas tonterías. A todos lles importa o que pensan os demais. Todos estamos nesa sociedade superficial. Queres “dar a talla”. A opinión negativa dunha persoa fronte mil opinións boas é máis forte ca ti. Por desgraza, hai persoas que son felices coa infelicidade dos demais. Pódeselles, insultar, pódeselles ata pegar. A túa infelicidade aliméntaos. Hai que asumir isto porque é a crúa realidade. Cómpre facerlles fronte, pero non só coa apariencia forte, hai que ser forte dende o máis profundo de ti e pensar: “ eu non son así, eu sei como son e gústome”. A perfección non existe, e cada persoa ten os seus defectos que, grandes ou pequenos, son o que nos define. Non podes agradar a todo o mundo, pode que só agrades a dez persoas ou a cinco, pero o importante é que te aceptes como es. Non intentes cambiar para os outros, así aprenderás que a xente de verdade vale a pena e esa vaite aceptar realmente. Soamente os covardes ou envexosos se agochan tras un “anónimo”, coma as sombras na noite. Destrúen, poñen etiquetas e crean unha socoiedade que vai de mal en peor. Xa se sabe que para eles un simple “fea” é unha palabra sen sentido, un insulto “pequeno”, pero para outras é unha patada na barriga, é unha sensación que non podes comprender nin soportar. O físico importa pouco, hai un corazón dentro. PAULA SÁNCHEZ ( 2º ESO A)


ADIVIÑAS DE 1º -Que número está formado por 8 decenas e 9 unidades? -É longa, estreita e moi salvaxe.Que será?

Que número está formado por 7 decenas e 4 unidades? É un animal vivíparo e ten pelo. Unha pista…trota.

Adiviña, adiviña que animal corre máis rápido.

Adiviña, adiviña cal é o animal máis grande do mundo. Adiviña, adiviña que animal é ovíparo e ten a pel núa.


Lembras o xogo? ...Pois logo non es tan novo 1. Na matanza os nenos collían a bincha do porco enchíana de aire e xogaban con ela. 2. Roda, roda: Xogábase agrrando as mans, formando un círculo e cantando inha canción. 3. Zancos: Xogábase cuns paus que tiñan unha póliña que sobresaía. Nonde se apoiaba un pé. Nalgunhas ocasións usábase para non tocar o barro. 4. Canicas:

Xogábase facendo un orificio pequeno no chan e lanzando cunha unlla a canica ata que encaixase no burato. 5. A soga: Xógase cunha corda e unh@ nen@ ten que saltala. 6. A comba: Xogábase a saltala, coma agora, pero con outras cancións: “Ao pasar a barca/ díxome o barqueiro/as nenas bonitas non pagan diñeiro...” 7. A pita cega: Xogábase tapándolle os ollos a unha persoa cun pano. Así, ceguiña, ten que pillar ás outras persoas e adiviñar quen é. 8. Tres en raia: Debuxando un taboeiro no chan e as fichas eran paus, rochas...O mesmo xogo que agora, pero con outros materiais. 9. O truco: Fanse tres cadrados no chan e vaise saltando neles, dependendo de onde cai a pedra, pero ese cadrado non se pode pisar. 10. Tres navíos no mar : Alguén conta e tres escóndense. Os agochados din: “ tres navíos no mar”. O que conta di “ E outros tres en busca van”. ALUMNADO DE 6º PRIMARIA


OS TRABALLOS DOS NOSOS AVÓS Segundo nos contaron os nosos avós os traballos de cada estación eran os seguintes: Traballos de primavera: estercar e preparar as terras para sementar patacas, millo, fabas,, remolacha, guisantes…e poñer allos, cebolas, tomates, pementos, leitugas… “En abril augas mil”

Traballos no verán: recóllense os froitos, as patacas, régase o labor, ségase a herba e recóllese para os animais, lávanse as mantas… “En agosto e en xaneiro non tomes o sol sen sombreiro”

Traballos de outono: faise a vendima, apáñanse as castañas, as noces,os cogumelos,os cabazos, recóllese o millo,a leña e as piñas para o inverno, póñense os nabos… “A horta que se pon en outono mantén ao seu dono”

Traballos do inverno: facer a matanza, pódansee átanse as viñas, faise a augardente, técense os xerseis e as bufandas, recóllense toxos para que se deiten as vacas, repáranse as ferramentas… “No mes de xaneiro e cos pés no braseiro”

3º Primaria


PALABRAS PARA NAMORAR Bonitas bรกgoas que fan babexar Eu vexo nos teus ollos; Brincadeiras bolboretas que queren bailar Eu vexo nos teus beizos; Mais ao bater o teu peito ao te bicar, Non podo nin falar.

Andrea Lรณpez Villa 2ยบ ESO






OS MEUS AVÓS A miña avoa Carmen naceu no ano 1936, o ano en que comezou a Guerra Civil. A súa infancia non se asemella nada á que temos nós. Cando era pequena, súa nai metíaa nun cesto, pero ás veces daba a volta e a avoa andaba a comer terra do chan. Facía turnos coas irmás para ir á escola: cada unha ía unha semana e tiña que andar catro quilómetros . Moitas veces chegaba descontenta e mollada porque alí pasaba moito frío porque as ventás non tiñan todas cristais e a mestra pegáballe cunha regra de madeira. Tampouco a alimentación ao chegar era moi boa. As patacas eran ruíns e no tempo das castañas comían nelas durante tres meses ata acabalas. BRYAN 4º Primaria A miña avoa Fernanda naceu nun pobo pequeño, onde as cousas eran moi difíciles, pero os nenos tiñan máis liberdade para xogar. Podían xogar na rúa todo o día e case non había coches. Cando comezou a escola tiña sete anos. Seus pais non sabían ler nin escribir. . Xogaba coas bonecas que facía coas mans e cos cacharriños que atopaba pola rúa. Polo Nadal sempre recibía un grande agasallo: un paquete de améndoas e outro de galletas. NEVENKA 4º PRIMARIA

Meu avó Camilo naceu no ano 1947. Era fillo de labregos e o maior de tres irmáns. Xa desde ben pequeño tivo que axudar nas tarefas da labranza e antes de ir á escola dáballe de comer ao gando. Adicaba pouco tempo a estudar porque estaba canso de traballar e case non había tampouco cando xogar. Aos trece anos comezou a traballar de peón de albanel e xa non volveu a pisar a escola.

ADRIÁN 4º PRIMARIA


HAIKUS A rosa florece, o cuco canta pero eu xa non existo. Oh, ondas, preguntádelle ao vento cal de vós na rocha romperá primeiro. Soamente fermoso é o mundo, só el e a súa sombra. Só silencio é o mundo, só silencio e un baleiro profundo. A flor a agromar, o paxaro a cantar e eu a te observar

Eu non me vin, preguntádelle ás nubes se desaparecín.

Alumnado de 2ºESO


CONTOS DE PRIMEIRO A PARRULA AGRADECIDA Un día unha parrula foi buscar comida. Sen darse de conta rompeu un á. Despois veu unha nena e levouna ao veterinario para curarla. A parrula agradecida deulle de comer aos seus parruliños e máis tarde levounos ao parque para que se divertiran. Tamén lle cantaron á nena para darlle as grazas. Loaira 1º A A MIÑA MASCOTA Érase unha vez unha moza que traballaba nunha tenda de animais. Quería comprar un loro, o seu animal preferido. Cando llo dixo ao seu xefe, el respondeulle: - Nooooooon!- dixo enfadado. A moza respostoulle: -Pero por que non? Entón o xefe non lle respostou e a moza marchou chorando. Xa pola noite voltou, colleu un loro e marchou. Viviu feliz toda a vida.

A NENA DURMINDO Unha vez unha nena foi ao bosque. De tanto camiñar fíxose de noite. A nena meteuse dentro dun tronco para durmir. Ao amencer os seus pais fórona buscar e atopárona durmindo. Foron felices para sempre. Kenia 1º A


O CORPO DÁ

MOITO DE SI

¿ Sabes cantas veces botas man das partes do teu corpo empregando a lingua? Seguro que nin te decatas

PELO: - Chegar polos pelos , polos pelos dun calvo (case, moi xusto ) - Non ter un pelo de tonto ( ser máis espabilado do que parece) - Vir ao pelo ( ser oportuno, acaer) PERNAS: -Fuxir por pernas ( escapar sen ser visto) -Meter a pata ( enganarse, fracasar) CABEZA: -Non deixar títere con cabeza (estropealo todo) -Perder a cabeza (namorarse) -A cabeza non para (estar sempre facendo plans) -Non ter cabeza ( non ter xuízo, ser un insensato) PESCOZO: -Ser coma a carne do pescozo ( ser ruín, de mala calidade) - Xogarse o pescozo ( apostar ou arriscar por alguén) OLLOS: -Ter máis ollos ca barriga (gustarlle a presentación da comida) -Irselle os ollos a un (sentir atracción por alguén) -Ter ollos só para laguen ( ter favoritismo ou predilección por alguén) DENTES: - Falar entre dentes (murmurar polo baixo) -Darlle a un nos dentes ( responderlle como se merece) -Dar dente con dente (ter moito frío) LINGUA: - Botar a lingua a pacer ( falar mal dos demais, criticar) - Non ter lingua ( non falar) - Non ter pelos na lingua ( dicir as cousas claras) - Ter moita lingua ( dicir o que non se debe, falar de máis) - Tirarlle a un da lingua (sonsacalo, para que fale do que me interesa) ALUMNADO DE 2ºESO B



IMOS DE VIAXE Que nervosos estamos! Iremos de viaxe a Vigo: Primeiro ao zoo de A Madroa para ver animais, alí tamén comeremos. Despois baixaremos ao Porto de Vigo para coller o barco e cruzar a Cangas do Morrazo. Atravesaremos a Ría de Vigo onde tivo lugar a Batalla de Rande no ano 1702 entre hispano-franceses e anglo-holandeses. Veremos bateas de mexillóns e, non sei se veremos porque estarán moi fondos, galeóns, esqueletos e tesouros fundidos. Logo chegaremos a Cangas onde vivíu María Soliño, muller moi afortunada ata que a súa sorte cambiou e foi condenada por meiga. Merendaremos, xogaremos e … baixaremos á praia? -Oxalá porque nunca fomos á praia –Din Joel e Miguel. -A min dame algo de medo ir en barco –Di Laura. -E a min tamén- Dixeron outros- Nunca fomos en barco. -Espero que non chova! -Quero ir xa!

Alumnado de 2º de Primaria


CONTO PARA SER MULLER SUMISA Un home atópase cun coñecido: -Oes. Dime o que teño que facer para poder pegar á miña muller, porque a verdade é que non me dá motivo ningún. E eu, por ser home, ter teño que pegarlle. -Pois mira, moi fácil. Mañá tes que ir á feira, non si? -Teño, si. -Pois ao volver tentas meter o burro de cu na corte, e como el non ha querer sairá a túa muller berrar contigo. E aí terás un motivo para pegarlle. E así fixo, foi á feira e ao voltar quiso meter o burro de cu na corte, o burro terqueou e co espolio saiu a muller. -Que fas, meu home? -Xa ves, quero meter o burro de cu na corte pero el non se deixa. -Pois espera que te axudo, que máis veces entrou de cara. E non puido pegarlle. ENSINANZA: fai o que diga teu home e así non terás problemas no teu matrimonio.

Iso, viva a igualdade! (Conto recollido dunha avoa de 84 anos na comarca de Valdedorras).


ENGLISH JOKES An elementary school teacher sends this note to all parents on the first day of school. "If you promise not to believe everything your child says happens at school, I will promise not to believe everything your child says happens at home. A guy says to his friend, "Guess how many coins I have in my pocket." The friends says, "If I guess right, will you give me one of them?" The first guys says, "If you guess right, I'll give you both of them!" A: Meet my new born brother. B: Oh, he is so handsome! What's his name? A: I don't know. I can't understand a word he says Q: What do you call a pig with three eyes? A: A piiig. Q: What letter of the alphabet is an insect? A: B. (bee) Q: What letter is a part of the head? A: I. (eye) Q: What letter is a drink? A: T. (tea) Q: What letter is a body of water? A: C. (sea) Q: What letter is a pronoun like "you"? A: The letter " I " Q: What letter is a vegetable? A: P. (pea) Q: What letter is an exclamation? Q: What letter is a European bird?

A: O. (oh!) A: J. (Jay)

Q: What letter is looking for causes ?

A: Y. (why)

Q: What four letters frighten a thief?

A: O.I.C.U. (Oh I see you!)

Q: What comes once in a minute, twice in a moment but not once in a thousand years? A: The letter "m". Bye...


O NOSO CONVIDADO O noso convidado este ano é o escritor MARIO PEREIRA de Lalín. Coñecímolo primeiro lendo a súa obra CONTOS PARA MANUELA da que sacamos un deses contos para obsequialo cunha pequena dramatización.

ENTREVISTA: - Cando sentiu a súa vocación de escribir? Eu sempre me lembro lendo, mesmo cando non sabía ler. Daquela escoitaba o que me lían. De escoitar veu o ler e do ler o escribir. Escribía arremedando o que acababa de ler e, sobre todo, continuaba as historias. Dábame mágoa que rematasen as historias que me gustaban ou non me gustaba como remataban. Creo que aí empezou a cousa. - Que lle gusta máis ser escritor ou profesor? Creo que, ante todo, son lector. De aí deriva o resto: os estudos, a docencia, o meu traballo na biblioteca, o esborranchar folios... Gústame a miña profesión. Escribir só o fago cando estou feliz. - Sente que o seu labor como escritor é aproveitado polos seus alumnos ? Non sabería dicilo. Do que estou seguro é de que á inversa si. Desde sempre, o meu alumnado é fonte de coñecemento para min. Moito aprendín e aprendo co meu alumnado! -O título do libro que nós lemos é Contos para Manuela. Por que ese nome ? Quen é Manuela? Manuela era o nome da miña avoa (que tamén era a miña madriña). Ela era unha labradora de múltiples habilidades (tecedeira, reposteira, panadeira...), entre elas, a lingüística: tiña unha enorme capacidade de expresión e creación. Foi con ela con quen me apaixonei pola lingua. - Unha palabra que anda a buscar un lugar que non atopa, un xirasol que non se xira ao sol, unha bóla do mundo que quería ser balón de balonmán, un iglú quequere marchar para os países quentes...Moitos protagonistas dos seus contos teñen problemas de identidade. Como debemos interpretar iso?


Non o pensara así e ben que vos agradezo que enriquezades a miña visión do libriño. Tampouco me gustaría dicirvos como o interpretardes. Seguramente todos buscamos o noso lugar no mundo...

- Por que escribe varios finais para cada conto? É un xogo. A literatura ten moitos ángulos e eu creo que o ángulo lúdico (a literatura como xogo) é moi importante. Vaia, ás veces tamén digo que por nugalla e que máis que tres finais para un conto, escribo un principio para tres contos... - Que diferenza presenta esta obra en relación coa que escribiu anteriormente, Velaí vén o verme? Eu creo que as dúas pertencen ao mesmo imaxinario, teñen similar estilo e parten da miña fascinación polos "contos dos animais que falan". As dúas renden tributo a apólogos e fábulas e, con toda a intención, a múltiples referencias literarias tradicionais e cultas. A diferenza é que as fábulas de Velaí vai o verme van ganduxadas cun fío leve, o fío da propia fábula do verme que vai atravesando as outras todas... - Que consellos nos daría se nos gusta inventar historias para poder escribilas tan bonitas? Non sei se vos sabería dar consellos. En todo caso, poderíavos dar trucos. O meu encontro convosco vai xustamente diso, dalgún truco. Consellos? Ler, escribir e ler o que se escribe: lérmolo para nós e lérmosllelo aos demais. É importante ofrecelo aos demais, compartilo... Sara6º

ALUMNADO DE 2º ESO


PASTIMES

Sara 6ยบ


O FALAR TEN CANCELAS Non fales por falar, mellor semellar parco que demostralo falando Non vaias ventilando verbas baleiras, Non empregues vocablos que se vaian polas beiras Pretendes predicar palabras potentes mais parece que as escupes e despois ¿que sentes? Se oles que logo te lías, mellor cala e logo non estás ben sen ter que liala? ADRIÁN GONZÁLEZ

MINESTRA DE SENTIDOS A felicidade... A que ole? A xasmín suave, a festas de verán a sorrir ledo e pobo férti.

A que soa? Ao silencio de estar durmindo á tranquilidade e á vida dun río que percorreu a cunca que fan ás árbores na miña man. A que sabe?

A unha nube de azucre, a un xeado de fresas e menta que che refresca o padal.

ANA SANTEIRO( 2ºA)


XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Guitiriz (Lugo) 1914-1990. Estudou no seminario de Mondoñedo pero non se ordenou sacerdote. Exerceu de profesor en Madrid dende o 1948. A súa única obra publicada “Nimbos” (1961) tivo moita influencia nos poetas galegos posteriores pola súa perfección e a súa preocupación por Galicia e os problemas básicos do ser humán, reflexiona sobre o destino a través da preocupación existencial e relixiosa de comunión coa natureza. Sabía 14 idiomas e traduciu poesía galega para o exterior. O poema máis coñecido “Penélope” fai referencia a unha Galicia que permanece durmida, ainda que ofrece esperanza para esta terra. PENÉLOPE Un paso adiante e outro atrás, Galiza,

Desorballando os prados como sono,

e a tea dos teus soños non se move.

o Tempo vai de Parga a Pastoriza.

A espranza nos teus ollos se espreguiza.

Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.

Aran os bois e chove.

¡ Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro ti envólveste en sabas de mil anos, e en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo.


EXCURSIÓN

A

SALAMANCA

CRONOLOXÍA: Mércores, 14 de maio

Saímos ás 9,30 e , a paso de tartaruga e despois dunha breve parada perto de Sanabria, chegamos ás 15:00 ao noso destino. Comemos nun Kebab. Despois de xantar, demos un paseo pola zona antiga e visitamos o museo arqueolóxico. Paseamos pola praza da universidade, polo xardín de Calixto e Melibea. Que tranquilidade! Que paz! Ás 20:00 chegamos ao hotel onde…sorpresa! Ao tocar as portas dábannos unhas cambras… Pero só a nós, eh, ás profes nada de nada…Que raro! Ás 21:00 leváronos a ver un musical no que se facía unha crítica á monarquía. Puidemos comprobar que , en efecto, nós non somos tan malos actores. A continuación fomos cear e despois ao hotel a durmir. Xoves, 15 de maio

Almorzamos cumpridamente( limpeza de pratos incluída). Despois fomos visitar a Casa Lis ou museo Art-Decó no que o que máis nos impactaron foron as bonecas de porcelana ( tremendas miradas de medo). A continuación visita á Ponte Romana e despois a Cidade Rodrigo onde pasamos moita calor e xogamos a partida de sobremesa. ( Iván e Jack gañaron 120 a 0). Logo visitamoso Parador Turístico e camiñamos pola muralla. Voltamos ao hotel, fomos cear a un Burguer e despois déronnos tempo libre ata as 12:30. Transcurrido o tempo, a nosa pregunta era: “Onde está Claudia?” e a das profes: “Por onde esntrastes?” Venres, 16 de maio

Erguémonos e recollemos todo para iniciar a viaxe de volta. Jose non daba pechado a súa maleta e Óscar esqueceu as chanclas debaixo da cama. Fomos facer piragüismo. Despois xantamos hornazo ( unha especie de empanada de embutido) á beira do río e xogamos ao païntball ( distribuídos en dúas bases , lanzamos bólas de pintura). Subimos ao autobús e comezamos a ruta de volta. Chegamos ás 23:00 Agradecemos ás profesoras Ana Pazos e Carmen Torres que nos acompañaran e á súa amiga, salmantina Ángela, que nos guiara por hermosas paraxes da súa terra. ALUMNADO DE 4º ESO




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.