Chorimas xuño 09

Page 1


o

EDITORIAL...................................................................3

• ESCOLA UNESCO.....................................................4-7 • ORIENTACIÓN.............................................................8 • CELEBRACIÓNS NO CENTRO..............................9-16 • CONCURSO NO MUSEO............................................17 • SAÍDAS CULTURAIS............................................18-30 • RECUNCHO LITERARIO......................................31-51 • BIBLIOTECA..........................................................52-59 • ENGLISH PAGE.....................................................60-62 • MÚSICA..................................................................63-67 • DEPORTES.............................................................68-73 • PASATEMPOS............................................................74 • RECOMENDACIÓNS LITERARIAS.........................75 • CONTRAPORTADA...................................................76


EDITORIAL Imaxinemos que un habitante doutro planeta, unha especie de nen@ das estrelas, chega a Monte Porreiro coa misión de estudar como é a escola no noso Planeta. Se se achegase ao noso colexio, se entrase no espazo do vestíbulo, atoparíase cunha mestura de obxectos, de sons, de murais, de exposicións, de “seres”; a realidade que configura o mundo diverso, multicultural, colorista e integrador que é a nosa Escola. Habería moitos aspectos que este extraterrestre podería analizar para chegar a entendernos. Algúns lle contarían que eses obxectos con ilustracións e palabras que esperan nos expositores, os libros, encerran mundos imaxinarios de medo, amor, aventuras, que nos fan soñar espertos e nos ensinan; que no noso centro se percorren todos eses mundos; que existe un lugar, a Biblioteca, que é o santuario onde se mima o grande tesouro da literatura. O noso visitante podería apreciar o colexio coma un lugar onde convivimos diferentes culturas, onde nos esforzamos por coñecernos mellor e aceptarnos tal como somos, onde queremos que todas as culturas sexan visibles; por iso lle contaríamos que celebramos unha Xogoolimpiada Intercultural o curso pasado, pola que foi premiada a profesora Yolanda Álvarez, e todos nós a través de ela. Tamén lle poderíamos contar que este curso celebramos no centro o Día Internacional do Pobo Xitano. Mesmo, se pasase algún tempo connosco, podería vivir algunha experiencias que lle explicarían como somos os galeg@s: o Magosto, o Nadal, o Entroido, os Maios. O cariño que lle temos aos noso maiores, polo que afianzamos as visitas dos avós e avoas e invitamos as familias a ler con nós. Claro que se o noso extraterrestre tivese máis poderes e puidese acceder aos nosos pensamentos, axiña había ver que a gran ilusión de to@s os que constituimos o CEP Marcos da Portela é medrar na mellora da educación. Mellora que tivo sempre como guía na súa profesión Ángel Martínez, quen agora se xubila, e ao que agora temos que agradecer as súas ensinanzas ao longo destes anos e desexar o mellor nesta nova etapa. Entón, se recibísemos a visita dun extraterrestre no colexio, seguro que tiraría esta conclusión: esta escola é un lugar diferente, é unha Escola Viva.


Escolas UNESCO

Este ano o noso cole pasou a formar parte da rede de escolas UNESCO. Colaboramos cos outros centros na elaboración dun libro que ten como tema Que é para ti a PAZ? Estes son algúns dos traballos.

1ºC


DÍA DA NON VIOLENCIA


CĂ“MIC

A vida de


NOVE DE CADA DEZ CONSUMIDORES OPINAN QUE REFORZA A AMIZADE, EVITA A INXUSTIZA, COMBATE OS MALOS TRATOS, IMPIDE A DISCRIMINACIÓN, FOMENTA A DIVERSIÓN, DIFICULTA A APARICIÓN DE CONFLITOS, FACILITA A COMUNICACIÓN E CREA LAZOS DE IGUALDADE O UN RESTANTE NON A PROBOU AÍNDA

Alumnado de 6ºB



O festival de entroido encheu de colorido o salón de actos e permitiunos un ano máis gozar desta festa tan divertida para o alumnado e como non para todo o profesorado que rematou o festival co “corazón partío”

Pero sen deixar atrás as nais da ANPA que , con moito humor fixeron unha parodia sobre o amor seguindo o tema do salón do libro.


1ยบ


LECTURA COAS NAIS Os

mellores

contos,

os

máis

saudables, son, precisamente, os que lles contan os pais, nais, as avoas e avós. Este curso no segundo e terceiro trimestre contamos coa colaboración de nais que compartiron con nós a ilusión pola lectura. Ler en voz alta é un acto intenso de comunicación persoal, o lector entrégase á palabra e comunícaa ao que a escoita co

desexo de compartir,

contaxiar, seducir e ilusionar. Recitar poesía, ler un conto ou narrar unha historia , é unha práctica que se está perdendo; por iso nós, desde o centro, levamos a cabo a actividade “nais e pais lectores”; e que proporcionou a ese tempo de lectura todo un mundo de matices que convén seguir practicando.

Grazas a todas polo voso tempo e dedicación!


Día internacional do pobo xitano

Día internacional do pobo xitano

O día 16 de abril celebramos no noso centro o día internacional do pobo xitano. Unha ocasión para promover un maior achegamento e visibilidade dos xitanos e xitanas na sociedade e unha data importante para afianzar os compromisos institucionais que se foron creando nos últimos años, para que a causa xitana non se estanque e continúe. As familias que se achegaron ao centro coñeceron máis de cerca as aulas, a sala de mestres , a biblioteca e participaron nos actos organizados coa colaboración do Secretariado Xitano, que dirixiu a exposición e propuxo unha representación co alumnado de etnia xitana.


Visita dos avós

"O encontro entre dúas xeracións axuda a lograr un dos grandes obxectivos da educación que é o de aprender a vivir xuntos e poder compartir as experiencias vividas”.


Visita dos avós

A pasión que transmiten os avós e avoas é moi importante na tarefa educativa,e por iso nós desde aquí queremos dar as grazas a todos e todas pola maxia que lograron crear e esperamos seguir coa iniciativa nos vindeiros anos.


A comunidade escolar do CEP Marcos da Portela estivo de noraboa co resultado obtido na Praza da Ferrería. O fermoso maio e a gran coroa proclamáronse

gañadoras de tres das categorías do Concurso de

Maios, onde obtiveron ademais o premio especial desta edición 2009. O premio especial é o principal galardón do certame, e aínda que non ten dotación económica , a figura representativa do maio outórgase pola suma das puntuacións obtidas por cada grupo nas catro categorías do certame ("maios", "cantigas", "interpretación" e "coroas"). Un resultado merecido ao esforzo realizado por todas e todos os que participaron nesa tarefa laboriosa e que tanto tempo e esforzo requeriu.



A alumna Andrea González obtivo o primeiro premio de poesía no concurso escolar Emilia Estévez. Como agasallo realizou unha viaxe en compañía da súa nai e dos outros nenos e nenas premiados . Almorzaron todos xuntos nun restaurante en Pontevedra para, finalmente,

recoller no Museo de

Pontevedra o importe en metálico de noventa euros . Os seus compañeiros e compañeiras de sexto B , sentímonos solidarios con ela , pois foi realmente un premio merecido en recoñecemento a tantas horas de dedicación e esforzo .


Salón do libro Un ano máis participamos no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que se celebrou no Pazo da Cultura do 1 de febreiro ao 15 de marzo de 2009. Para

a

conmemoración

desta

efeméride especial dedicada ao amor e na que se amplía o calendario de actividades, o Salón rendeu homenaxe á escritora pontevedresa Fina Casalderrey, pola súa traxectoria profesional e humana dedicada con afán á promoción da lectura entre os máis pequenos. Nós quixemos sumarnos a esa homenaxe coa participación dun grupo de nenas de terceiro que lle dedicaron uns bicos de prata e a lectura dun poema escrito por Isabel Pazos Ademais un grupo de alumnos e alumnas participou nas actividades de contadores de historias para primaria que resultou realmente fantastica.


SAテ好AS

1ツコA


E

EDUCACIÓN VIAL Coa finalidade de coñecer mellor as normas de circulación ,

favorecer o correcto uso das normas de tráfico, e previr os posibles accidentes, Policía

a Local

puxo en marcha unha de

campaña información

para o alumnado de quinto curso. A

primeira

lección comezou co visionado dun video e unha charla coloquio co policía que nos explicou o que debemos e non debemos facer. Posteriormente, o vintesete de abril, achegámonos ao parque de Mollabao

para

conducir

os

“Karts” e as bicis e facer alí unha

demostración

aprendido.

Alumnado 5ºB

do


COÑECE A CIDADE O día 14 de maio , 5ºA e 5ºB asistimos en Pontevedra, á ruta “COÑECE A CIDADE”. Unha monitora ensinounos o máis importante do casco antigo de Pontevedra que foi declarado conxunto histórico artístico en 1.951. Eu aprendín moito, como por exemplo: A Igrexa da Virxe Peregrina, que ten forma de vieira, é o símbolo dos peregrinos e está relacionada co camiño portugués a Santiago. O almirante Méndez Núñez deulle a esta igrexa unha cuncha enorme na que agora poñen a auga bendita. A continuación a Praza da Ferrería que se diferenza doutras polos seus soportais. Alí antigamente traballaban os ferreiros poñéndolle ferraduras aos cabalos entre outras cousas. Pegada a ela, a Praza da Estrela, coa casa das caras. Xunto a Igrexa de San Francisco, os xardíns de Castro Sampedro onde se atopa unha fonte que antes estaba no centro da praza da Ferrería. En San Francisco gárdanse varios sarcófagos como o do almirante do mar e poeta medieval Paio Gómez Chariño. Rúa abaixo atopamos a Praza da Leña, co museo de Pontevedra ao fronte. a Praza da Verdura e a Praza de Méndez Núñez, navegante que tiña nesta praza a súa casa e na que está a estatua de Valle Inclán en homenaxe ás tertulias literarias que ocorrían alí. Seguindo pola rúa Real , chegamos ata a praza do Teucro en honor a un heroe grego que chegou ás nosas costas e fundou a cidade de Pontevedra. Xunto ao Teatro Principal, a casa das Campás, lugar de xuntanza e trapicheo dos piratas, entre os que cabe citar ao famoso Benito Soto e, detrás , a “ Praza das Cinco Calles” onde está a casa na que viviu o escritor Valle Inclán. A Basílica de Santa María a Maior, co Cristo ao que os mariñeiros lle pedían sorte cando saían ao mar e o cruceiro, que estaba antes na Ponte do Burgo. Rematamos o percorrido na Alameda

coas ruinas de Santo Domingo e unha estatua

recordando aos mortos na batalla de Ponte San Paio. Ese día pasámolo realmente xenial e aprendemos unha morea de cousas da nosa cidade! Antía e Nerea Sanmartín

5ºB


TEATRO

O día 21 de abril o alumnado de 5º e 6º curso foi en autobús a unha obra de teatro no Centro Social Caixanova. A obra titulábase Marco Polo e a compañía de teatro que a puxo en escena chamábase Teloncillo. Tres personaxes contaban a historia do mozo Marco Polo que naceu en Venecia arredor do ano 1250. Sendo case un neno , con quince anos nada máis, acompañou a seu pai Nicolás e ao seu tío Mateo ás terras do Gran Khan, do que chegou a ser, pasados os anos, embaixador. Na súa misión percorreu case toda Asia. Din que esa viaxe tamén lle abriu a imaxinación porque, ao regresar ,contou tantas historias que moitos pensaron que non podían ser verdade . Nas viaxes adquiriu coñecementos , historias , sabedoría e abriu unha fronteira entre Oriente e Occidente. A min pareceume moi interesante polas viaxes que fixo , os descubrimentos e os xogos aos que xogaban, pero o que máis me gustou foi cando nos contaba civilización chinesa cos seus avances científicos e técnicos.

a fabulosa


4




Excursión de terceiro MONDARIZ - CASTELO DE VILASOBROSO - CASTRO DE TROÑA


PAULA CAMIร A , 3ยบA


Ás sete e media da mañá, saímos do colexio con moita marcha. O primeiro día estivemos moito tempo en autobús. Cantamos cancións, falamos, escoitamos aos profesores... Contáronnos cousas moi interesantes sobre o que íamos divisando polas ventás. Despois de horas de viaxe, chegamos a Segovia; onde vimos o acueducto (tremendamente grande), o Alcázar (ao que subimos) e o Palacio da Granxa que ten uns xardíns impresionantes. Estivemos un par de horas dando voltas por Segovia e, despois, volvemos ao autobús. Máis viaxe, máis cancións e máis charla. Sobre as nove e media chegamos ao hotel en Madrid, que era moi vistoso e elegante. Esperamos moito tempo no hall mentres nos organizábamos, os profesores falaban cos recepcionistas e nos entregaban as chaves das habitacións. Subimos ás habitacións, a maioría nos duchamos e baixamos a cear a un restaurante que había nunha praza do hotel. Ao acabar de cear, saímos á praza e xogamos un pouco. Regresamos ao hotel, colocamos as nosas cousas nas habitacións e fomos durmir. O segundo día espertáronnos ás sete e media da mañá e saímos a dar unha volta por Madrid, Vimos o Congreso dos Deputados (que estaba cheo de gardas), a fonte de Neptuno, que era preciosa; o Palacio de Oriente... E fomos ao “ZooAquarium” de Madrid, que estaba cerca do parque de atraccións. Vimos moitos animais: coñecidos e curiosos, grandes e pequenos, ovíparos e mamíferos... Tamén un espectáculo de golfiños (que, por certo, facíano moi ben). Cando saímos estabamos moi emocionados porque nos tocaba ir ao... ¡PARQUE DE ATRACCIÓNS! A maioría estabamos moi nerviosos; tiñamos ganas de montar en todo. Chegamos ao parque e fomos a un “buffet” libre que, por sorpresa, ¡Estaba pechado! Estabamos decepcionados porque pensabamos que iamos perder tempo esperando a que abrise; pero saíu unha moza e díxonos que pasásemos. Comemos alí; e, logo, montamos nas atraccións: o barco vikingo, a noria, os rápidos, unha barca que caía por unha fervenza, a casa do terror, os toros de auga, os tragaperras, as balsas de auga, unha especie de barco con cousas como o “Hollywood” e uns cepelíns para ver o parque dende arriba. Ás oito volvemos ao hotel; duchámonos, vestímonos e baixamos a cear. Xogamos na praciña e fomos durmir. Ao terceiro día estivemos en Aranjuez mirando o palacio , que por certo é moi grande , moi lindo , con moita historia e arte .A guía explicaba moi ben e felicitounos polo noso comportamento.


. Tamén fomos a Toledo e entramos na sinagoga de Santa María la Blanca. Estaba chea de cadros moi belos e con algunha que outra mensaxe difícil de captar. A maioría eran de persoas. Visitamos o Alcázar que é moi voluminoso, orixinal e maxestoso. Volvemos ao hotel, duchámonos... e fomos cear. Fixemos unha cea de gala á que asistimos coas nosas mellores roupas e na que empregamos os nosos mellores modais. En realidade era un concurso para saber quen era máis elegante pero, como todos nos comportamos moi ben, gañamos todos o premio: as felicitacións dos profesores. O cuarto e último día, espertamos, recollemos as cousas dos armarios, metémolas nas maletas e baixamos a almorzar. Logo marchamos ao Parque do Retiro. Case todos nos sentamos nuns bancos que tiñan resina e saímos co cu pegañento! Volvemos ao hotel a buscar as maletas e saímos a fóra a esperar ao autobús. Mentres non viña cantamos “O Cuco” e “O Verdegaio”. Cando chegou, fomos ao Escorial e a Ávila, onde subimos ás murallas pero, que pena! Estaban en obras. Demos unha volta por alí e volvemos ao autobús. Paramos a comer dous bocadillos e unha mazá e, logo, fomos ao coche. Non chegamos ata case as dúas da mañá. Namentres, no autobús non houbo máis que festa, festa e, sobre todo, festa. Cando baixamos do autobús corremos xunto aos nosos pais que estaban agardando no colexio. E así foi; unha viaxe de catro días resumida . Iso si: non se pode describir con palabras o que se sente ao estar alí.

Judith Ortigueira Viaño ,6ºC


A saída realizada co alumnado de quinto curso, tivo un percorrido moi interesante que nos permitiu

coñecer

directamente

ríos,

rías,

illas,cabos, dunas móbiles, vexetación e algunha fauna que non coñeciamos. Saímos cara a Rianxo ás nove da mañá . Ao chegar, comezamos a visita

polo peirao, a

capela de San Bartolomeu o Pazo Martelo (que agora é a Biblioteca) e

a igrexa de Santa

Comba. Seguimos pola Rúa de Abaixo na que estaban as casas onde viviron os escritores Castelao e Dieste,.. Un pouco máis adiante atopamos , a praza de Castelao, centro de reunión dos veciños, que ten unha alameda preciosa co nome de Rianxo feito con plantas. As árbores non son álamos senón carballos centenarios( “árbores dos deuses”). Alí está o concello, a casa da cultura, o Museo do Mar, antes a Casa do Coxo (antiga botica) e a Igrexa da Virxe de Guadalupe. Por último fomos polo paseo da Ribeira no que había bustos dos escritores e tamén de Rosalía de Castro e unha fonte preciosa da Rianxeira en honor á Virxe de Guadalupe e á muller traballadora de Rianxo. Compramos algunhas cousiñas e logo dirixímonos cara o monte da Curota. Dende o seu miradoiro vimos por un lado a ría de Arousa e polo outro a ría de Muros e Noia. Pola tarde achegámonos ata as dunas de Corrubedo, zona actualmente protexida para manter a súa conservación, tanto polas dunas coma pola flora e a fauna. A última parada realizámola no dolmen de Axeitos,monumento

funerario

megalítico,

levantado en época neolítica.Orixinariamente estaba cuberto de terra, o que lle proporcionaba aspecto de cova, pero hoxe está descuberto como pode apreciarse na foto.

Nerea Sanmartín 5ºB


FEITIZOS

FEITIZO PARA TER UN BO DÍA Unha folla da planta encantada da raíña das fadas, po de trasnos do rei das serpes, catro pétalos de margarida, un dente de león e un pouco de cor. Isto mestúrase todo e convértese en xabón. Lávaste con el e dis as palabras máxicas PLIQUITIFADA ABRACADABRA. E así virás ao cole encantada. Emma Barros, 5ºB FEITIZO PARA VOAR Un paxaro desplumado pega as plumas a ambos lados; busca un gato namorado e sobe rápido ao tellado . Cita as palabras do mago , días sen pensar en nada e voarás coma unha fada. Carla Martínez 5ºB

FEITIZO MÁXICO PARA QUERER VIR AO COLE

Catro gotas do sangue do corazón do teu ser querido. Dous anacos do queixo da lúa para darlle sabor ao feitizo. Sete apertas do teu amigo mais lonxevo. Dez pétalos do teu xardín E por último cen gramos de cariño e paciencia, Mestúrase todo nun frasco grande e dinse as palabras máxicas: SACATAPINA, SACATAPANA , ao cole irei con Ana. Ivana 5ºB


CONTO

Na cidade de Kansas, aló onde Cristo perdeu as zapatillas, aínda existía un poboado indio que ficaba escondido entre as árbores e que non aparecía nin nos mapas. Ese pobo era Hauhai. Segundo o xefe da tribo,”Touro recostado”, que como o seu nome indica pasaba o día na “poltrona ”, o nome do pobo proviña de tempos moi remotos, cando a xente tiña o costume de levar a cara moi pintada e o pelo…cada un como podía. Naquel poboado vivía un indio ao que todos lle chamaban Tristón, porque sempre andaba triste.Tristón era moi peculiar, de longas coletas, pernas delgadas,nariz longo e arredondado e sempre ía vestido cun taparrabos que o que se di tapar tapar…non tapaba nada. Realmente non se podía dicir que fose un tipo guapo. Quizais esa era a razón pola que ficaba solteiro. Os amigos de Tristón andaban moi preocupados e dicíanlle que debería buscar unha moza coa que compartir as súas mágoas, para que así a alegría lle voltase de novo. Así que un bo día, decidiron invocar os espíritos do amor para que lles botasen unha man. Pernacansa e Vacilón, que así era como se chamaban os amigos, comezaron co ritual unha noite de lúa chea, á beira do lume. -Invocamos os deuses Cabeza Aplastada e Manitú Ruidoso para que nos axuden a topar unha moza fermosa…! Miña nai , que susto levaron cando tal cousa dixeron!.No medio do fume apareceron dúas caras moi feas que daban tal arrepío que comezaron a tremer ata para pedir axuda. Cando o fume se foi disipando, unha moza loira e fermosa foise vislumbrando. -Miña nai , isto non pode ser real. Mesmo me deixa sen respiración!-dixo Pernacansa -É unha deusa! , -engadiu Vacilón. Os dous amigos achegáronse moito ata tocala para asegurárense que era de carne e óso. -Ei, dixo ela, menos tocar , que son real. Eu e ra unha moza do reino dos homes, pero os deuses tíñanme castigada por teimuda e presumida. Agora déronme unha segunda oportunidade. Que queredes de min? -Eu quería divorciarme e casar contigo -dixo Vacilón sen dubidalo


CONTO

- Non lle fagas caso - afirmou o seu amigo , colléndoo pola caluga.Nós, o único que desexamos é que o noso amigo Tristón sexa feliz. Teigrida, que así se chamaba ela, escoitou a petición daqueles homes e disposta a botarlles unha man , dirixiuse á tenda onde estaba Tristón. Nada máis vela exclamou: - Vála nme os deuses! Que moza fermosa! A cara de Tristón acendeuse coa mirada de Teigrida e as súas fazulas parecían carbóns acendidos. Ata mesmo comezou a sorrir dunha maneira que os amigos que o observaban atentamente , mesmo pensaron que estaba a soñar esperto. Ela, lentamente, achegouse e pousou un bico suave na súa meixela. A cara de Tristón cambiara. Incluso agora tamén el parecía guapo. O tempo foi pasando e a relación entre eles foi cada día máis forte. Falaban, paseaban, traballaban…todo o facían xuntos. Ata que por fin decidiron casar e ter fillos. Tristón deixou de ser unha persoa triste e converteuse nun home alegre e divertido que viviu moi feliz coa súa familia no medio daquel mundo para nós descoñecido. … Ai, o amor fai cousas imposibles! Vanesa Froiz 6ºA


O xirasol e as margaridas

Era unha vez un xirasol que nacera nun campo de margaridas. Aínda que non tiña a mesma cor, el non se sentía diferente pois as margaridas aceptábano e queríano. Certo día chegaron noticias de que o sol e a lúa se ían xuntar para formar un eclipse. Ás margaridas non lle preocupaba , pero o xirasol, tan pronto se enteirou, comezou a tremer co medo. Estaba moi asustado pois pensaba que o ceo quedaría escuro e el nunca soportara a escuridade. As margaridas, preocupadas por el, interesáronse polo seu problema e prometeron axudalo. No instante en que o sol e a lúa se xuntaron para darse un bico, o campo enteiro de margaridas achegouse ao xirasol. Así , protexido co abrazo das súas amigas, non tivo nin frío nin medo. Cando o eclipse pasou, as margaridas soltáronse , volvendo ao seu lugar. O xirasol , comprendeu a sorte que tivera por ter nacido rodeado das margaridas e , agradecido, bailou para elas a danza do sol. JUAN 6ºB


ALICIA 3ยบB


CONTO

O XIRASOL QUE TIÑA FRÍO

Había unha vez un xirasol que vivía nun xardín.Un día de inverno nevado e frío, o xirasol comezou a tremer.A dona da casa , vendo que se movía tanto, colleuno nunha maceta e levouno para a casa. Colocouno nun recuncho do salón

e pensou que alí estaría

contento; Pero vendo que seguía con frío , mandou chamar ao seu amigo o xardineiro , que lle aconsellou lle puxese un abrigo. Pasada a noite , o xirasol comezaba a murcharse e a pobre muller non daba atopado o remedio para solucionar o problema.Pensou entón que tal vez se sentira só e colocoulle unha margarida ao seu lado.A margarida estirou ben as súas follas e collendo un pulo , achegouse e deulle un bico tenro e doce .De súpeto o xirasol mudou a cor, e entrou definitivamente en calor. Estefanía Barreiro



RECUNCHO POÉTICO

. Días curtos, noites longas, traen o outono, chuvias e pombas. Os castiñeiros espidos, amosan ledos o frío do outono, que chega moi cedo. Que veo amarelo! Os raios do sol visitan o ceo e tráenlle calor. Xa chega o outono, que feliz estou! Trae consigo o vento, que axiña arribou. Ana Oubiña. 5ºB

No outono, caen as follas das árbores do meu soño , No outono! No outono, baila o vento, O sol quéntanos lento… No outono! No outono as árbores xa non teñen follas, As pombas choran bágoas tolas. No outono! No outono as árbores sofren o abandono, quedan soas no seu trono. No outono!

Andrea G. e Alex 6ºB


RECUNCHO POÉTICO

Outono Ao comezar o outono o chan cóbrese de follas a chuvia tingue as rúas e enchen o ceo as gaivotas. Os pintores coas súas cores pintan fermosas paisaxes. Verdes, ocres e amarelos cobren este frío val.. Camiños de follas secas que tapizan todo o chan; alfombras da natureza que pouco durarán. Cando remata o outono o inverno chega xa, coas súas folerpas brancas de tristeza invadirá. Tamara León Palacios. 6ºB.


POEMA DE AMOR

Tendidos na herba mollada. un mozo e unha moza comen amoras, cambian miradas, como os paxaros cambian o seu voo. Tendidos nun leito de nubes, unha avoa e un avĂł comen estrelas, cambian aloumiĂąos, como as abellas cambian de flor. Tendidos nun lindo poema, unha vogal e unha consoante comen palabras, cambian cantigas, como os escritores cambian de liĂąa.


Chega o outono e con el as “cabazas namoradas” coas súas mellores galas poñen fin ás romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume: son os tempos de Samaín.” Tempos difíciles para buscar parella, de aí a necesidade de poñer estes anuncios para que todos e todas colaboredes.

6º C

Cabaza seria e recatada busca noivo para casar. Xa ten listo o traxe e maila dote. Urxe celebrar a boda canto antes. Interesados achegarse a: cabazacasadeira@marital.com

Cabaza florida busca compaña con fins serios. Gustaríalle ter moita descendencia.Non dispón de vivenda propia, pero é moi leda, lista e agradable. Interesados contactar con “Leira da esquerda s/n”.

Cabaza festeira busca parella para gozar. Gústalle a marcha e bailar ata a madrugada. Prefire a cidade ao campo. Interesados contactar con: cabazapunkie@hotmail.es


Poemas de ríos

Na beira do río

O río ten frío, o sol vaille cantar unha nana curtiña que o vai acompañar.

atopei un veleiro, navega ás présas ata un esteiro. Un peixe o persigue

O río ten medo e a lúa di: palabras fermosas que o fan rir. O río ten sono, non pode durmir; o ruído das augas non o deixan vivir. O río ten sona, polos afluentes ten , é bonito por dentro , e por fóra tamén

aletea moi forte, o malo é que o peixe é bastante torpe. Nada que te nada, perseguindo o veleiro, nada o peixiño, polo mesmo carreiro. Por fín o veleiro chegou ao seu fin e o peixe xa canso

Santiago Prieto. 5ºB

púxose a durmir.

Carla Martínez. 5B


En Pontevedra imos ter unha praia fluvial. A auga é doce. Non se poden tirar papeis, latas nin restos de comida.Teño ganas de que chegue o verán para ir alí e bañarme.

David 2ºC


VENTO MAR Mar de sentimentos, de esperanza, de medo. Mar soñador, fermoso, espéndido. Mar que salta, mar que vive, mar que chora. Mar risoño. Mar tolo. ¡ Mar de todos !

Se o vento asubía no outono, canta que canta. Se o vento escoita ao merlo, baila que baila. Se o vento sorrí no campo, brinca que brinca Se o vento pasea na rúa, xoga que xoga. Se o vento mira cara ao ceo, soña que soña Sara Martínez 6ºC


Ivana Rodríguez , 3ºC

Ilustración de Noemí López Sara Rial, 3ºC

A gata gatiña é moi divertida, cantando no mar e brincando no chan.

Nieves Sánchez, 3ºC

A gata gatiña é moi presumida, cos beizos pintados está bonitiña. A gata gatiña é moi melosiña, namora a todos cos seus grandes ollos.

Nefertari Gómez, 3ºC

A gata gatiña é moi larpeiriña, come ratos e tamén sardiñas. 3ºC


Carta a un desco単ecido



RECEITA DE ESPAGUETES CON TOMATE


Marina Amestoy 4ยบ A






BIBLIOTECA

1.- Dar exemplo: as nais e os pais sodes un modelo de lectura. Lede diante dos vosos fillos e gozade lendo. 2.- Escoitar: nas preguntas dos vosos fillos e fillas está o camiño para seguir aprendendo. 3.- Compartir: o pracer da lectura contáxiase lendo xuntos. 4.- Propoñer: é mellor suxerir que impoñer. Evitemo s tratar a lectura como unha obriga. 5.- Acompañar: o apoio da familia é necesario. Non os deixemos sós cando aparentemente saben ler. 6.- Ser constantes: todos os días hai que reservar un tempo para a lectura. 7.- Respectar: os lectores teñen dereito a elixir. É importante coñecer os seus gustos e saber como evolucionan.

8.- Pedir consello: o colexio, a biblioteca, as librarías e os seus especialistas serán excelentes aliados. Fagámoslles unha visita. 9.- Estimular: calquer situación pode proporcionarnos motivos para achegarse aos libros. 10.- Organizarse: axudémoslles a organizarse: O seu tiempo, a súa biblioteca...


Expositor adicado a Andersen

Lecturas para os av贸s

Alumnos/as de 6潞A na Biblioteca

Lectura compartida: alumn@ primeiro - alumn@ sexto

Contos de ida e volta: EE II Os Campos & CEP Marcos da Portela


A partir da descrición do personaxe extraída dun relato de humor, propónselle ao alumnado que debuxe as caricaturas deste personaxe . ROBIN é un trasno frautista, non mide máis que a altura dunha man aberta e ten as orellas longas e puntiagudas. Anda sempre cun traxe verde feito pola súa madriña Habetrot e unhas zapatillas máxicas capaces de camiñar sobre o mar ou o vento. …. Leva a frauta nunha bolsa de coiro pendurada do cinto para que non se lle perda ao camiñar dun lado a outro. Se o atopas, fai o seu retrato e entrégao na biblioteca. GRAZAS!


A visita da ilustradora Noemí López converteu o noso colexio nunha galería de arte . Tomando como modelo as súas ilustracións, modificando cores, e utilizando diversas técnicas, conseguimos unha importante aportación de toda a comunidade escolar.

Desde o colexio queremos agradecer a colaboración de todas as nais que interviñeron no decorado e ambientación do escenario do salón de actos , do que a propia ilustradora quedou marabillada.

Marga Barros, Rosario Sande, Silvia Diéguez, Mónica Vahamonde, Eva Casas, Asun Vilas, Margarita Solla , María Lores, Chelo Vidal , Lupe Cendón.


Can simpático e algo traste. Boa compaña e fidelidade aseguradas . Razón: Rúa das Porcas Porquiñas, s/n.

Casiña de portas abertas, cen por cen acolledora. Lugar ideal para atoparse a un mesmo. Dirixirse á Avenida Podesvir cando queiras, nº 3. Entrar sen chamar.

Músico talentoso, experto en melodías ledas. Consultar currículum na Escola de Briador. Amiga paciente e ben disposta, capaz de “facer o indio” só por arrincar un sorriso. Preguntar a Ketumba Ke-tamba por Patidifusa.



Visita da autora

O encontro con Paula Carballeira Os encontros con autores son unha ferramenta habitual de promoción da lectura. Mediante o biblioboletín coñecemos un pouco a súa biografía , levamos a cabo as propostas didácticas que deseña a biblioteca escolar e realizamos as actividades programadas para todos os niveis. Finalmente preparamos

a escenificación dalgún

libro de teatro, poema , relato ou conto. Así o alumnado séntese máis cercano á escritora a través dos libros que escenifican ou preparan para a visita da autora. , A ambientación do salón de actos foi realizada por un grupo de nais que elaboraron un gran mural no que os protagonistas foron os referidos ao seu libro Olo Iepu-Iepu . A mellor avaliación é a realizada polo alumnado no mural dos libros seleccionados .Nun taboleiro que levaba por título “ecos na carballeira” , os nenos e nenas colocaron unhas landras de cores en cada libro lido.


“MOCHILAS VIAXEIRAS” é unha actividade que poñemos a camiñar dende a Biblioteca Escolar co fin de que podades compartir cos vosos fillos e fillas o desfrute dos diferentes tipos de lectura e servirlles así de referente na adquisición do hábito lector:

Se ti les, eles len

Buscade un momento de tranquilidade, para estar cos vosos fillos meterse nos libros, na música, ou para ler unha poesía. .. vós decidiredes cando e onde,...

A mochila viaxeira irá de a . Coidade do contido da mochila viaxeira, pensade que estará viaxando durante todo o curso pola totalidade das casas da clase.

Mochilas viaxeiras nos terceiros e nos sextos


MONSTERS IN LOVE

WHERE´S MY

I´M DIVORCED.

GIRLFRIEND ? I LOVE YOU !

ME TOO!

WE GOT

WHERE´S

MARRIED !

MY

Alumnado de 5º e 6º


I´m a little mouse. I´ve got Knives and forks. I haven´t got a house. I´m handsome and good. My hair is grey. My body isn´t blue. I like milk and cheese. I like fish and “tails”. UMMM!... Do you like me? 6º

Baltar Morgade, 6ºC


I like playing basketball, playing basketball, playing basketball. Do you like it, like it, like it, too ?

Yes, I do, do, do. I like rollerblading, rollerblading, rollerblading. Do you like it, like it, like it, too ?

Yes, I do, do, do. I like watching TV, watching TV, watching TV. Do you like it, like it, like it, too ? Yes, I do, do, do. I like canoeing, canoeing, canoeing. Do you like it, like it, like it, too ?

Yes, I do, do, do. I like swimming, swimming, swimming. Do you like it, like it, like it, too ?

Yes, I do, do, do. I like horse riding, horse riding, horse riding. Do you like it, like it, like it, too ? Yes, I do, do, do.

4ยบ


CLASE ESPECIAL DE VIOLÍN No mes de maio tivemos dous profes especiais en clase de Música: Alex Arosa e Melisa Cabanelas. Os dous están aprendendo a tocar o violín. Trouxeron á clase o seu violín. Explicáronnos moi ben como se chaman as partes e como se fai para afinar. Alex díxonos que se pode tocar de dúas formas: de “pizzicato” que é peliscando as cordas co dedo; ou rasgando co arco, que está feito de crin de cabalo. Tamén tocaron unhas pezas musicais e logo propuxéronnos un xogo e puidemos tocar nós o violín.

A tod@s nos gustou moito

a

clase,

fixérono moi ben, a profesora felicitounos e nós démoslle un grande aplauso.

¡Noraboa! 2ªA


MÚSICA As excursións que facemos no cole son todas moi divertidas, pero as mellores adoitan ser as de música. Vouvos contar como foron algunhas delas. Os do terceiro ciclo asistimos ao auditorio Caixanova ao concerto das formas musicais, no que a través de distintas pezas nos ensinaron como se estructura unha obra (alguns compañeiros ata saíron ao escenario). Tamén tivemos ocasión de bailar nun taller de danza no Salón do Libro e de rir cunha obra de teatro na que os protagonistas cantaban. A verdade é que o pasamos moi ben en todas elas. Os do segundo ciclo visitaron Caixanova para saber das agrupacións instrumentais da música tradicional galega (cuartetos, quintetos, murgas, etc), e tamén foron a unha obra de teatro na que se interpretaban pezas musicais titulada “Os músicos de Bremen”. E aquí, no noso centro, tampouco faltou a música nas diversas festas e celebracións: Nadal, día da Paz, Entroido, Maios, Letras Galegas, visita de Paula Carballeira... Como vedes, no CEP Marcos da Portela vivimos a música!

Tamara 6ºB


COMPOSICIÓN DUNHA PEZA MUSICAL

Primeiro, creamos unha parte á que lle chamamos A. Para iso, comezamos por facer un ritmo con corcheas, negras, ... Despois puxémoslle a melodía probando coa frauta que notas ían mellor. Sempre procurando non dar saltos moi grandes nas notas.

Logo, para completar, inventamos a parte B da mesma forma que a A.

A continuación creamos a nosa peza musical, é dicir, decidimos como a iamos ordenar, que pontes lle iamos poñer, como sería a introdución, etc. Ao fin, a nosa forma é esta:

Por último, engadimos un obstinato e decidimos como se tocaría o final ou coda. Tamén fixemos a partitura coa estrutura musical enteira. Sara e Lorena 6º C


O RETORNO DE PEER GYNT O COMPOSITOR: Edward Grieg (1843-1907)

Foi un compositor noruegués que naceu nuha familia de músicos. Recibiu educación musical no Conservatorio de Leipzig, un dos máis importantes de Europa. Aos 20 anos comezou a interesarse pola música folclórica do seu país. Ten dúas composicións importantes: “O concerto para piano” e “As suites de Peer Gynt”. Casou coa súa prima Nina Hagerup, unha famosa cantante. Viaxou con frecuencia ao estranxeiro e coñeceu a grandes músicos da súa época.

A OBRA: Peer Gynt Peer Gynt é un rapaz noruegués moi trasto e moi aventureiro. Viaxa por moitos países e por onde pasa arma conflitos. Ao final regresa a Noruega por ver a súa nai. Este é o momento da nosa audición. É unha música descritiva, xa que case se sente a tormenta no mar. A nós fíxonos pensar nas viaxes actuais dos caiucos dende África ata as costas españolas. INSTRUMENTOS: Os raios: Pratos Os tronos: Timbais Os lóstregos: Frautas As ondas: Trompas e trombóns A calma: Vento-madeira suave

Victor López e Jesús Fernández



DEPORTES Neste curso 2008/09 organizáronse dende a coordinación de deportes diferentes xornadas nas que quixemos seguir apostando pola promoción da actividade física como medio de goce colectivo e de adquisición de hábitos saudables.

Xogos tradicionais, xogos deportivos adaptados e deportes alternativos formaron parte dun proxecto de toda a comunidade escolar, sendo parte importante das diferentes celebracións, festas e tempos de lecer.


Intentouse con isto seguir a liña de traballo de anos anteriores sabendo da boa acollida entre alumnado e profesorado. A colaboración de todos na organización e bo desenvolvemento das actividades programadas fixo posible o éxito de todas elas, valorando de maneira positiva a posta en práctica de proxectos deste tipo. CELEBRACIÓN DO MAGOSTO A tradición popular e o xogo xuntáronse durante unha xornada lúdico-festiva na que toda a nosa comunidade escolar foi partícipe. Este ano démoslle ao elemento principal da festa, a castaña, a posibilidade de formar parte do xantar e do xogar. Primeiro porque segue sendo a protagonista da merenda máis desexada por nenos e maiores, e segundo, porque foi obxectivo a conseguir nas probas de habilidade que vos presentamos a continuación. A COLLEITA Os rapaces e rapazas víronse na obriga de recoller todas as castañas que puidesen, xa que serían estas as que o mestre Ángel botaría nas grellas. Sabían que cantas máis pillasen máis xantarían.


A ESCALADA Outra maneira boa de lles facer acadar os froitos que máis tarde paparían foi convertelos por un intre en escaladores na procura do cumio. No alto das nosas lombas atoparían a recompensa.

A CASTAÑA POR DETRÁS Adaptación con éxito do popular xogo con canción. A castaña serviu de reclamo para que grandes e pequenos bailasen e cantasen ó son dunha coñecida canción.


CAMPIONATO DE FLOORBAL O floorball como deporte alternativo e organizado a través dun campionato de centro serviu como actividade “paralela” á propia dos rapaces durante o seu tempo de lecer, o recreo. Trátase da versión escolar do hockey utilizando materiais adaptados ás idades e ás características do noso alumnado. Ao ser un deporte pouco usual, tivo unha boísima aceptación por parte de todos os grupos. Organizamos aos alumnos/as nunha liguiña de encontros separados por niveis, Os campións de cada un deles tivo que enfrontarse nunha superfinal co equipo de mestres. Temos que recoñecer que foron encontros de gran igualdade , aínda que ao final cumpriuse o refrán de que “ a experiencia é un grao” . SUPERCAMPIÓNS


RESULTADOS 3º CURSO LAPAS

2º CURSO FOGO

1º 2º

1º 2º

3º 5º CURSO 10 INVENCIBLES

4º CURSO VELOCIRAPTORES

1º 2º


6º CURSO GLOSES

1º 2º

Tentamos formar persoas activas e críticas capaces de apreciar as vantaxes de manter unha vida saudable. A práctica habitual de exercicio e a adquisición duns correctos hábitos posturais reportarannos benestar e equilibrio interno, favorecendo que afrontemos con optimismo e actitude positiva as situacións cotiás.

¡ VIVIDE ACTIVAMENTE!


QUE NOME RECIBE A CONTADORA MÁXICA ?

Cristina Fontán e Paula Pardo, 2ºB

ADIVIÑA "Un pratiño de noces que pola noite se espallan e polo día se esconden"

Trabalínguate sen medo : Do queixo non che me queixo, que o queixo ben che me sabe; quéixome de quen o vende, Que non mo deixa de balde.

XOGO PARA BOTAR A SORTES

Barrabís, barrabás, ti quedas e ti vas.


Queres coñecer máis libros amigos para gozar con eles este verán? Consulta esta lista e escolle. 1º CICLO

¿¿¿ “pK

Alcántara, Ricardo: “Óscar tiene frío” . Ed. Alfaguara Aliaga,Roberto : “Croco”. Ed. OQO Alonso, Tareixa: “Soldadito de chumbo ” Ed. Kalandraka Bruno, Pep: “Libro de contar” Ed OQO Janeiro, Almudena: “Contos en cantos” Ed. OQO Letria, José Jorge : “Animais fantásticos”. Ed. Kalandraka Maddern, Eric : “Una vaca en el tejado”. Ed. Blume Moure, Teresa: “Mamá, ti si que me entendes” Ed Galaxia Ungerer, Tomi: “ Ningún bico para mamá “Ed. Xerais 2º CICLO Aliaga, Roberto: “A boneca e a castañeira” Ed. OQO Casalderrey, Fina : “Xela volveuse vampira !!” Ed. Baía Coll, Africa : “As flores de neve e o raposiño” Brosquil edicións Diterlizzi, Tony – Black, Holly: “Las crónicas de Spiderwick” .Ediciones B Funke, Cornelia: “El misterioso caballero sin nombre ” Ediciones B Osés, Beatriz: “El secreto del oso hormiguero” Ed. Factoría K Piquemal, Michel – Delpeuch, Régis : “ 20 cuentos de los por qués” Ed. Oniro Riddell, Chris : “Ottoline y la gata Amarilla” Ed Edelvives Rivera Ferner, Marta : “Unha perla para Camila Brosquil edicións Singer Hunt, Elizabeth : “ A la caza del dinosaurio asesino”. Ed. S.M. Troshinsky : “El domador de sueños” Ed. Kókinos 3º CICLO Abril, Paco : “La pregunta del cuco” Ed. Everest Baredes, Carla : “Preguntas que poñen os pelos de punta” Ed. Cumio Calzada, Gorka : “Picasso el cubista” Ed. El rompecabezas. Col. Sabelotod@s Docampo, Xavier: “Adelaida, Henrique e demais familia” Ed. Galaxia Farias, Juan : “Algúns nenos, tres cans e mais cousas”. Ed. Oxford Fonte, Ramiro :: “ Xardín do pasatempo” Ed. Tambre. Col “Ala Delta” Honrado, Alexandre : “O soño de Xela” Ed OQO Tyldesley, Joyce : “El mundo secreto de Tutankhamón y los faraones” Ed. Everest LER EN FAMILIA Benedetti, Mario: “Vivir adrede” Ed. Alfaguara. Cali, Davide: “El enemigo” Ed. S.M. Cobos, Serxio : “ Para cantar e bailar” Ed. Cumio Serres, Alain : “ Yo seré los ojos de la tierra”. Ed. Edelvives Televisión: “Página 2”TV2 , Libro aberto (programa de libros na TVG). Revista: “Muy interesante junior” Xuño, 2009



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.