Autóctonas Galegas 10

Page 52

novas

52

“LA INNOVACIÓN ES BUSCARSE LA VIDA” O día 10 de febreiro asistimos á charla que ofreceu Ferrán Adriá no Pazo de Congresos de Santiago, invitados por CaixaBank. Nela falouse sobre restauración, produtos agroalimentarios e creación de empresas e marcas, pero sempre tendo en conta que debemos afrontar os nosos negocios con optimismo, ilusión e iniciativa. Adriá deixounos unha interesante frase: “La innovación es buscarse la vida”.

AS RAZAS AUTÓCTONAS PARTICIPAN NA FERIA DO GRELO NAS PONTES A fin de semana do 25-26 de febreiro de 2017 celebrouse a 37.ª Feira do Grelo das Pontes de García Rodríguez en cuxo programa de actividades se incluíu unha mostra de razas autóctonas de Galiña de Mos, Porco Celta, Ovella Galega, Cabra Galega e Can de Palleiro durante os dous días. A nosa presenza completouse cun stand con información de todas as nosas razas autóctonas, no cal asesoramos e promovemos as nosas razas e as súas producións.

O CONVENIO ABANCA-BOAGA BENEFICIARÁ A TODOS OS CRIADORES Todos os criadores de razas autóctonas integradas en Boaga poderanse beneficiar dun acordo de colaboración asinado entre a Federación e Abanca a comezos do mes de marzo. Este convenio facilita que os empresarios e emprendedores asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Así, os asociados poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe o acceso a toda a oferta para o sector agro-gandeiro. Do mesmo xeito, os asociados adheridos poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións de Abanca, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e das tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

Autóctonas Galegas Número 10

CARNE DE CALDELÁ Á CARTA EN CASA ELVIRA O sábado 11 de marzo púidose degustar a excelente carne de raza Caldelá no restaurante Casa Elvira, situado no concello ourensán Montederramo, procedente da gandería de Mónica Parente Lorenzo (Parada do Sil). Tanto Casa Elvira como a granxa son operadores do logo 100% Raza Autóctona Caldelá.

Calquera criador/a interesado/a deberá solicitarnos o certificado de pertenza á asociación e achegarse á súa oficina de Abanca. Na web de Boaga pódense consultar as condicións do convenio.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.